Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Fútbol Sala Masculino

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12345   >

CONTINÚA ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓNS PARA A LIGA DE FÚTBOL SALA DE CORME, PARA A QUE XA HAI 14 EQUIPOS APUNTADOS.
Xoves, 18 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

LIGA DE FÚTBOL SALA DE CORME


             Os Aldeáns, equipo asíduo dista comeptición.

-Continúa o prazo de inscricións para a Liga de Futsal de Corme-

-A día de hoxe xa hai 14 equipos apuntados-

Segue aberto o prazo de inscrición de equipos para a "Liga de Fútbol Sala de Corme 2018/19", que pechará este primeiro trámite antes da orgañización final da comnpetición o 31 de Outubro. Esta liga que orgañiza a Asociación Deportiva "Vila de Pondal" e ca que colabora o Concello de Ponteceso, terá como cada ano unha xuntanza informativa no Pavillón Municipal de Corme, no que se celebran os encontros os sábados pola tarde. Esa xuntanza será a partires das 22:00 horas do 2 de Novembro, oito días antes do comezo da competición o 10 do mesmo mes. O tope de equipos que se aceptan é de 24, polo que en caso de exceder esta cifra, irase por riguroso órde de inscrición. Nestes intres, segundo nos informa Pedro Álvarez, "alma mater" dista comeptición que xa cumpre os 25 anos, hai a día de hoxe un total de 14 equipos inscritos, e a espera de algún máis. As citadas inscricións poderán facerse no teléfono 630 192 986 de luns a venres.


Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓNS PARA A "LIGA DE FÚTBOL SALA DE CORME 2018-19".
Venres, 05 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

LIGA DE FÚTBOL SALA DE CORME


             Transportes Cotelo tódolos anos un dos rivais a batir.

-Aberto o prazo de inscricións para a Liga de Fútbol Sala de Corme 2018/19-

Queda aberto o prazo de inscrición de equipos para a "Liga de Fútbol Sala de Corme 2018/19", ata o 31 de Outubro. Esta liga que orgañiza a Asociación Deportiva "Vila de Pondal" e ca que colabora o Concello de Ponteceso, terá como cada ano unha xuntanza informativa no Pavillón Municipal de Corme, no que se celebran os encontros os sábados pola tarde. Esa xuntanza será a partires das 22:00 horas do 2 de Novembro, oito días antes do comezo da competición o 10 do mesmo mes. O tope de equipos que se aceptan é de 24, polo que en caso de exceder esta cifra, irase por riguroso órde de inscrición. As citadas inscricións poderán facerse no teléfono 630 192 986 de luns a venres.


Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEBÚT CON GOLEADA A DOMICILIO DO FS VILLA DE CEE NA PRIMEIRA Xda DA PREFERENTE GALICIA FS GRUPO NORTE.
Martes, 18 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
PREFERENTE GALICIA FS GRUPO NORTE

O FS Villa de Cee debutou con goleada.

Muiño-Korreo Guitiríz FS 3-8 FS Villa de Cee
-Pimeira xornada de paseo por Guitiríz para os ceenses-

Debút na categoría para o FS Villa de Cee Clínica "A Xunqueira", na Liga Preferente Galicia FS Grupo Norte, tras baixar a pasada tempada inmerecidamente. Non sabemos ainda o potencial dos equipos desta categoría, pero o que sí sabemos é que os rapaces do clube ceenses son practicamente os mesmos que ascenderon e que xogaron na 3ª División, e con vos reforzos, polo que ainda que será complicada a volta a máxima categoría do fútbol sala galego, os de Cee, o haber aguantado o bloque, xa que son un grupo de amigos, terán moito gañado. O rival desta primeira xornada foi o Muiño-Korreo Guitiríz FS, que se adiantou aos 4 minutos de xogo, pero foi un espellismo ante un FS Villa de Cee, que pronto volteou o marcador para acabar goleando. Abre a nova o completo para ver máis.

FS Villa de Cee "Clínica A Xunqueira" : Bruno, Ángel, Alejandro, Juan "O vello", e Félix. Tamén xogaron : Santi, Pablo, Miguelón, Aitor e Javi.

Goles : Peke, (2), Juan "O vello", (2), Félix, Marroco, Miguelón e Aitor.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA : COMEZA HOXE SÁBADO PARA O FS VILLA DE CEE A SUA ANDAINA NA LIGA PREFERENTE GALICIA FS GRUPO NORTE.
Sábado, 15 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
PREFERENTE GALICIA FS GRUPO NORTE

O FS Villa de Cee debuta hoxe visitando Guitiríz.

-Comeza a liga para o FS Villa de Cee cun paseo a terras luguesas-

Tralo amargo e inmerecido descenso a pasada tempada da máxima categoría do futsal galego, comeza hoxe o FS Villa de Cee Clínica "A Xunqueira", a sua andaina na Liga Preferente Galicia FS Grupo Norte, o camiño de volta. Visitan a partires das 19:00 horas ao Muiño-Korreo Guitiríz FS, ca arbitrade de Eduardo Castro e David Pérez, con Iván Enríquez na mesa. O equipo ceense que estará un ano máis dirixido por Manuel Mira Llopis, conta cunha plantilla de 12 xogadores, nos que repiten a maioría con respecto a pasada tempada. Abre a nova o completo para ver máis.

Segue coa previa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
TRANSPORTES COTELO LÉVASE A GRAN FINAL DA "XXIV COPA DA LIGA DE CORME DE FÚTBOL SALA".
Sábado, 02 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino





Transportes Cotelo acada o dobrete ca Copa de Futsal de Corme

-Transportes Cotelo lévase a Copa da Liga de Futsal de Corme-

-Derrotou na final a Bar Mádiso, (5-1)-

O Transportes Cotelo levouse o cetro de campión na Gran Final da "XXIV Copa da Liga de Fútbol Sala de Corme", o derrotar na finalísima ao Bar Mádison por 5-1, tras desfacerse os "transportistas" na semifinal previa ao Bar Secundino/Atalaia por 1-4. O Bar Mádison chegaba a esta final tras derrotar por 1-3 na semifinal ao Bar Avenida por 1-3. Tralo remate da final pasouse a entrega de trofeos da tempada nos que o Transportes Cotelo que defendía o título de Copa do ano pasado recibeu o dobrete un ano máis, Bar Mádison, subcampión de Copa. O trofeo de subcampión de liga era para Os Aldeáns, o da deportividade para TPL Hostal Crisol, o de equipo máis goleador para José Alejandro, e o de menos goleado para Os Aldeáns.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
"XXIV COPA DA LIGA DE FUTSAL DE CORME" : "MAÑÁN SÁBADO SEMIFINAIS, FINAL E ENTREGA DE TROFEOS DA TEMPADA".
Venres, 01 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

Neste cadro tes toda a información da Copa de Futsal de Corme

-Mañán sábado Semifianis e Final da Copa de Futsal de Corme-

-Trala Final entrega de trofeos e premios da tempada-

Mañán sábado 2 de Xuño de 2018 terá lugar no Pavillón Polideportivo de Corme, os encontros de Semifinais e a Gran Final da "XXIV Copa da Liga de Fútbol Sala de Corme". O polideportivo cormelán vivirá o remate da tempada 2017/18 con estes enfrontamentos de Copa nos que o Transportes Cotelo defende o título acadado o ano pasado nunha final reñidísima na que empataban 3-3 co Bar París e facían falla 21 lanzamntos de penalti para dirimir o campión, quedando o final na tanda dende os 7 metros, 11-10. Da fase final os rapaces do Transportes Cotelo, son os únicos que repite dos 4 equipos que se xogan o cetro de campión da Copa. O remate da mesma terá lugar a entrega dos trofeos de toda a tempada, como cada ano, entregaranse os trofeos do campión de liga que foi o Transportes Cotelo, así como o de subcampión, (Os Aldeáns), o da deportividade, (TPL Hostal Crisol), equipo máis goleador, (José Alejandro) e o de menos goleado, (Os Aldeáns), así como os da Copa.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESTE SÁBADO A "XXIV COPA DA LIGA DE FUTSAL DE CORME" DISPUTA OS CUARTOS DE FINAL.
Mércoles, 09 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

Neste cadro tes toda a información da Copa de Futsal de Corme

-Este sábado 12 os Cuartos da Copa de Futsal de Corme-

-O vindeiro sábado 26 as Semifinais a Final e a entrega de premios-

Este sábado 12 de Maio de 2018 terá lugar no Pavillón Polideportivo de Corme, os encontros de Cuartos de Final da "XXIV Copa da Liga de Fútbol Sala de Corme", na que saberemos quenes serán os que o sábado seguinte, (26 de Maio), loitarán nas Semifinais para xogar tralas mesmas a Gran Final. O remate da mesma terá lugar a entrega dos trofeos de toda a tempada, como cada ano, entregaranse os trofeos do campión de liga que foi o Transportes Cotelo, así como o de subcampión, (Os Aldeáns), o da deportividade, (TPL Hostal Crisol), equipo máis goleador, (José Alejandro) e o de menos goleado, (Os Aldeáns), así como cae de caixón, os da Copa. No cadro de arriba tedes tódolos emparellamentos e horarios dos encontros deste sábado así como os horarios dos da xornada final da competiciójn e nél poñerémosvos toda información tralos choques de Cuartos.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
3ª DIVISIÓN FS Gº, (27ª Xda) : "VITORIA E OUTRO PASIÑO DO FS VILLA DE CEE DE CARA A PERMANENZA".
Martes, 01 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª División G1 FS
-27ª Xornada-

Os ceenses gañan e acércanse a salvación.

FS Villa de Cee 4-2 Talleres ABC/IES Coruxo
-O FS Villa de Cee pasou o trámite ante o lider con nota-

Gran encontro do FS Villa de Cee/Clínica A Xunqueira nesta 27ª Xornada da 3ª División Nacional Grupo 1 de fútbol sala. Os ceenses derrotaban ao Talleres ABC/IES Coruxo na loita por acadar a permanenza na categoría.
Comezou enchufadísimos no partido creando ocasións o clube de Cee, e Miguelón adiantaba aos seus no marcador. "Houbo un penalti "clamoroso", (segundo nos comenta Mon Lijo, Xefe de prensa do clube), a favor que non pitaron os árbitros, e na contra empataron os visitantes. Minuto de desconcerto  dos nosos que aproveitou o Coruxo para poñerse 1-2. Xa nos minutos finais da primeira parte Dudo consegue marcar o gol para ir o descanso e facer xusticia os ceenses que non merecían ir perdendo.
A segunda parte foi totalmente de dominio noso, e Miguelón primeiro, e despois Ángel poñerían o marcador nun  4-2, que poñía terra de por medio, e mesmo falláronse moitos goles máis, pero o resultado xa sería o definitivo. Moi bo resultado para os nosos a fin de ir escapando dos postos de descenso".

Goles : 1-0, Miguelón, (2´); 1-1, Martín, (12´); 1-2, Samuel, (17´); 2-2, Dudo, (19´); 3-2, Miguelón, (21´); 4-2, Ángel, (24´).

FSF Villa de Cee :
Pose, José Ángel, Santi, Javi e Crístian.
Tamén xogaron : Bruno, Ángel, Dudo, Miguelón e Aitor.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
COPA DA LIGA DE FUTSAL DE CORME, (1ª Xda) : "SECUNDINO ACABA CA IMBATIBILIDADE DE T. COTELO".
Martes, 24 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

COPA FUTSAL CORME

-1º Xornada-


Bar Secundino, (arq), acabou ca imbatibilidade do campión de liga.

-Transportes Cotelo cae no primeiro encontro de Copa-

-Trocos na competición-

Se había que buscar algo de que falar na primeira tirada da Copa da Liga de Fútbol Sala de Corme, da que tal e como vos apuntamos na previa xogouse o pasado sábado 21 de Abril a 1ª Xornada da Copa, a nova está en que o Transportes Cotelo comezou a competición cunha derrota ante o Bar Secundino Atalaia e foi por 2-3. Xa non se lembran os rapaces da escadra "transportista" cando perderon por derradeira vez. Ista tempada sumaron 12 vitorias e 3 empates cunha media de goles marcados de 3,26 e unha media de goles encaixados de 1,3, polo tanto este 2-3, sáese dos esquemas tanto a nivel realizador como a defensivo. Informarvos que a competición sufre un pequeno troco e trala baixa do Bar o Cruceiro agora quedarán 3 grupos de 3 equipos e un grupo de 4. En todos eles pasan a fase de eliminatorias 2 de cada grupo. Aquí tes abrindo a nova completa, os resultados da primeira xornada e a previa da segunda, que se xogará o vindeiro sábado 28 de Abril dende ás 16:00 horas ininterrumpidamente. Coma sempre no Pavillón de Deportes de Corme e orgañizado pola A.D. Vila de Pondal.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ASÍ SERÁ A COPA DE CORME DE FÚTBOL SALA :
Luns, 16 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

COPA FUTSAL CORME

-1º Xornada-


Transportes Cotelo campión do ano pasado.

-Transportes Cotelo campión da Liga defenderá o título de Copa-

-A próxima semana comeza a Copa-

Este pasado sábado rematou co Transportes Cotelo, campión a Liga de Fútbol Sala de Corme, e tras a derradeira xornada que foi intrascendental xa se pasa o vindeiro sábado 21 de Abril ca 1ª Xornada da Copa. Aquí che traemos como será esta Copa, cos enfrontamentos e horarios da competición, os grupos, e como será ata o final. Unha primicia para todos vos de www.piratasdemuxia.es.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
TRANSPORTES COTELO CONVÍRTESE NO CAMPIÓN DA LIGA DE FUTSAL DE CORME A FALLA DUNHA XORNADA PARA O REMATE DA LIGA REGULAR.
Sábado, 07 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

LIGA FUTSAL CORME

-Penúltima xornada-


Transportes Cotelo unha vez máis campión.

-Transportes Cotelo campión da Liga Regular-

-A próxima semana acaba a liga regular-

A falla dunha xornada para o remate da liga regular o Transportes Cotelo, convirteuse no campión da Liga de Fútbol Sala de Corme, que dirixe Pedro Álvarez. Os "transportistas", derrotaban na tarde deste sábado ao Faldra Folk, (2-4), e facíanse co título de campión da liga regular un ano máis. Non foron cos seus 49 goles marcados o equipo máis goleador, nen cos seus 17 encaixados o menos batido, pero foron o equipo que máis encontros hgañou con 12, polos 11 que gañou o segundo, Os Aldeáns, con 34 puntos, que puxan por esta posición co Bar Avenida, (33), e José Alejandro, (32), pero os de Cotelo son os únicos que están invictos a falla dunha xornada, pois empataron 2 encontros e non perderon ningún. A sua regularidade deixaos un ano máis no máis alto.

Nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Transportes Cotelo : xogadores, técnicos, diretivos, axudantes, patrocinadores, etc...

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DO ENCONTRO FS VILLA DE CEE 3-5 SALA OURENSE DA 3ª DIVISIÓN NACIONAL MASCULINA DE FUTSAL G1.
Mércoles, 21 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª División G1 FS
-23ª Xornada-

Os ceenses cumpliron ante o lider deixando boa imaxe.

FS Villa de Cee 3-5 Sala Ourense
-O FS Villa de Cee pasou o trámite ante o lider con nota-

Complicado rival o que tiña en fronte o FS Villa de Cee nesta 23ª Xornada da 3ª División Nacional Grupo 1 de fútbol sala, nada menos ca o lider da clasificación, Sala Ourense, que vai só e sen freos na procura do título de liga. Os ceenses, neste encontro que non vai moito ca sua loita, fixeron fronte e amosáronse coma un equipo que non está na táboa onde dí o seu futsal. Agora queda xa pnsar no encontro da vindeira semana que sí é importantísmo de cara a acadar a ansiada permanenza,. Os ceenses vistan a cancha do Club Polideportivo Casas, que cos mesmos 20 puntos ca eles, está xusto por enriba por golaveraxe. Nesta xornada só o colista, dos que loitan pola permanenza, sacou os 3 puntos, o resto acadaron derrotas, polo que a derrota dos da Vila da Xunqueira, quedou máis atenuada se cabe. Segue ca crónica e moito máis.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
3ª DIVISIÓN NACIONAL G1, (22ª Xda) : "EXCELENTE VITORIA DO FS VILLA DE CEE QUE OS SACA DO DESCENSO".
Martes, 13 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª División G1 FS
-22ª Xornada-

Os ceenses celebraron a gran vitoria en Chapela.

Campito FS 3-8 FS Villa de Cee
-Partidazo do FS Villa de Cee que deixa os postos de descenso-

Excelente encontro do FS Villa de Cee nesta 22ª Xornada da 3ª División Nacional Grupo 1 de fútbol sala que tras adiantarse no marcador e ver como lles remontaban, souberon xogar cas situacións de partido para remontar de novo e sacar partido do bo xogo e da situación para levarse 3 puntos moi importantes que os sacan do descenso, nunha xornada na que a "Cicloxénese Félix" so afectou a suspensión dun dos encontros, o que enfrontaba ao Santiago Futsal e o GRI Carballiño. Segue ca crónica.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
A XORNADA NA LIGA DE CORME FOI SUPENDIDA POLOS CORTES DE LUZ CO TEMPORAL.
Domingo, 11 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
SUSPENSIÓN


A "Cicloxénese Félix" fixo estragos na Costa da Morte.

-Suspendida a xornada na Liga de Futsal de Corme-

-O temporal provocou cortes de luz-

Dende a tarde do venres xa vos viñemos nformando das suspensións de encontros nas provincias da Coruña e Pontevedra, así como todo fútbol afeccionado e base na Costa da Morte, así coma das Ligas de Veteranos da Costa. No que se refire aos deportes polideportivos, si houbo actividade na 3ª Nacional FS, e na 1ª Autonómica e 1ª Galega de futsal masculino e feminino, pola contra a Liga de Fútbol Sala de Corme que desenrola toda a xornada na tarde do sábado, tivo que ser suspendida polos cortes de luz que provocou a "Cicloxénese Félix" que trouxo rachas de vento de ata 140 Kms/h, e que fixo estragos na Costa da morte. A liga cormelá seguirá exactamente igual, esta xornada non se pasa a ningunha data, senón que coma no caso do fútbol veterano, esta xornada xógase a vindeira semana e así sucesivamente, co único troco de que a liga regular acaba unha semana máis tarde. Na foto deste artigo que nos manda o noso colaborador Javier Baña, podedes ver un enorme árbol caido cortando a estrada no "Cruce da Ferralla", na Ponte do Porto. Cruce que se debe tomar para ir a Camelle ou anterior o que vai ao "Campo de Fútbol da Grixa".

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O FS VILLA DE CEE CAEU ANTE O PAZOS DE BORBÉN POLA FALLA DE DEFINICIÓN, (6-3).
Martes, 20 Febreiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª División G1 FS
-19ª Xornada-

O ceenses sufriron a diferenza de cara a porta.

Pazos de Borbén 6-3 FS Villa de Cee
-Sorte esquiva para o FS Villa de Cee ante o segundo-

Estivo esquivo ca sorte o FS Villa de Cee nesta 19ª Xornada da 3ª División Nacional Grupo 1 de fúsbol sala. Os ceenses mereceron máis ante o segundo clasificado da competición, pero a cada ocasión deles a chegaba un gol dos de Borbén. Conseguiron remontar pero de novo a eficacia dos locais sumada a falla de definición deron cun resultado esaxerado e non sería descabelado decir que mereceron puntuar os de Mira Llopis. Aquí tes abrindo a nova completa, a crónica de como foi o partido e os datos do mesmo da man do noso colaborador Mario de José xogador do equipo ceense.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
3ª DIVISIÓN NACIONAL DE FÚTBOL SALA, (18ª Xda) : "O FS VILLA DE CEE REMONTA UN 0-2 ANTE O AD FS BUEU".
Martes, 13 Febreiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª División G1 FS
-18ª Xornada-

O SF Villa de Cee sacou os putnos ante un rival direto.

FS Villa de Cee 5-2 AD FS Bueu
-Remontada do FS Villa de Cee ante o Bueu FS-

"Orgullo costeiro" amosou o FS Villa de Cee que loita pola permanenza nesta 18ª Xornada da 3ª División Nacional Grupo 1 de fúsbol sala. Os rapaces de Mira Llopis amosaron ese orgullo cando ían perdendo por 0-2, ante un rival direto coma o AD FS Bueu e foron quen de darlle a volta o marcador cun definitivo 5-2, para seguir soñando coa permanenza.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
3ª DIVISIÓN NACIONAL FS G1, (15ª Xda) : "O DERBI COSTA DA MORTE-CORUÑA" FOI PARA O ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA".
Mércoles, 24 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª División G1 FS
-15ª Xornada-

O Academia Red Blue 5 Coruña xoga en Pazos de Borbén o sábado.

-O Academia Red Blue 5 Coruña levouse o derbi en Cee-
-Primeira final que se lle escapa ao FS Villa de Cee-

15ª Xornada da 3ª División Nacional Grupo 1 de fúsbol sala,derradeira da primeira volta e nela tíñamos marcado en letras vermellas un encontro. Un derbi, Costa da Morte-Coruña, no que os 3 puntos eran importantísimos para ambos conxuntos, que tratan de eludir as prazas dabaixo para non ter que sufrir ata o derradeiro encontro. A importancia do encontro suliñábana nas entrevistas que fixemos durante a semana a Mario de José, (que retornou o equipo), e a Santi do Villa de Cee e ao adestrador do 5 Coruña, Pachi Fernández. Un excelente traballo da man do propio Mario de José. O encontro que gozou dun gran ambente, púxoselles costa arriba aos ceenses no derradeiro suspiro da primeira metade, cun penalti co que os herculinos íanse o descanso con 0-1. A volta de vestiarios facían o segundo e cnseguía pouco despois acuratr o equipo ceense por medio de Miguelón, pero pasou o que acostuma neste deporte, unha contra e caía o 1-3, que caía coma un xarro de auga fría, o que aproveitaban os norteños para pechar o encontro. Abre a nova completa para ver a crónica do noso colaborador, e Xefe de prensa do FSF Villa de Cee, Mon Lijó, así como a ficha técnica e a previa da 16ª xornada, comezo da 2ª volta.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
FESTIVAL DE GOLES NA 8ª XORNADA DA LIGA DE FÚTBOL SALA DE CORME.
Sábado, 20 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
LIGA FUTSAL DE CORME

O lider Transportes Cotelo segue sumando de 3 en 3.

-Festival de goles na Liga de Corme de Futbol Sala-

 Xogouse na tarde deste sábado a 8ª xornada da Liga de Fútbol Sala de Corme. Unha xornada na que se viron 54, sendo a 3ª mellor marca desta tempada, igualando a primeira e despois da 5ª que tivo 69, sendo a mellor marca e 1 menos ca 6º que acadou a cifra de 55 dianas. A desta semana ten un caríz especial xa que se deron 3 empates con cantidade de goles. O máis emocionante foi o 6-6 que se refrexou no marcador do final do HTL Hosta Crisol-Beres Apligasa. Non lle quedaron moi atrás o Bar Avenida-Bar París que empataban 4-4, e o José Alejandro-O Cruceiro que empataban a tres, (3-3). No que se refire o lider Transporte Cotelo viveu un encontro moi disputado e no que gañou con moito sufrimento ao Bar Mádison, (1-2). Os "trasnportistas" suman así 8ª vitoria en 8 encontros, sendo xunto co Bar Avenida os únicos invictos, só que os rapaces do Avenida sumaron dous empates o que fai a diferenza que ten o lider de 4 puntos.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
ESTA TARDE NOITE ADESTRAMENTO DE PORTAS ABERTAS DO BETIS FS EN OUTES.
Venres, 19 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
FÚTBOL SALA

O Betis FS estará esta tarde en Outes.

-O Betis de Fútbol Sala adestra hoxe en Outes-
-Todo aquel que queira poderá ir ver o adestramento-

Hoxe a partires das 20:00 horas no Pavillón da Serra de Outes fará unha sesión de adestramento de portas aberta o Betis Balompé da 2ª División Nacional de Fútbol Sala. Un adestramento ao que poden acudir todos aqueles aos que lles interese presenciar a un equipo de élite, unha oportunidade especialmente para os máis pequenos. O motivo desta visita é que o equipo bético xoga mañán sábado a partires das 18:15 horas co Noia Portus Apostoli na Terra do Berberecho, na 17ª xornada de liga. Na primeira volta o resultado foi de 4-3 para os verdibrancos. O equipo noiés loita por evitar o descenso e está na antepenúltima posición da táboa, (14º), con 13 puntos. Os andaluces son 7º con 23 puntos a 6 puntos do lider o Barcelona "B".

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ENTREVISTA A : SANTI LÓPEZ, (FS VILLA DE CEE) : "O QUE POIDA QUE SE ACERQUE A ANIMAR ESTE DOMINGO NESTE ENCONTRO TRASCENDENTAL".
Xoves, 18 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
A ENTREVISTA

Santi, (FS Villa de Cee), defendendo un balón, (vermello).
(Foto : ?).

-Entrevista a Santi, xogador do FS Villa de Cee-
-"Non teño ninguha dúbida, de que vamos a conservar a categoría"-
-"O que poda que se acerque a animar, cada partido agora é trascendental"-

Entrevista a Santiago López Insua, "Santi", xogador do FS Villa de Cee, ante o crucial encontro do vindeiro Domingo a partires das 19:00 horas, clave para o devir da permanenza na 3ª División G1. Acabase a 1ª volta e o rial o Academia Red Blue 5 Coruña, do que onte mesmo vos trouxemos unha entrevista co seu adestrador Pachi Fernández, é un rival direto pola salvación. Nesta entrevista de hoxe a Santi, o xogador desgránanos o intre do equipo, con moitas baixas, na maioría por decisións arbitrais, "teatrais", como a do derradeiro encontro do ano, que os colexiados suspenderon o enontro tras acumular eles mesmos varios erros de regulamento, expulsadno a varios xogadores ceenses xa nos vestiarios. Mario de José, que é o autor desta entrevista para www.piratasdemuxia.es xa nos facía o artes unha dura crítica a situación que está a vivir o clube, ao que volve "para axudar os compañeiros". Tanto Mario coma Santi pídenlle a afección : "o seu apoio, acudindo a animarnos". Santi a este respecto dinos que : "O que poida que se acerque a animar, cada partido a partir de agora vai ser trascendental, é o momento de estar máis unidos que nunca. En momentos como este e cando se demostra a grandeza dun clube".

O Academia Red Blue 5 Coruña chega a Cee como 12º con 11 puntos, un máis cos ceenses, que ocupan a 14ª praza con 10, nunha zona que está moi apretada tendo o CD Casas que vai de 10º, con 12 puntos polos 8 do penúltimo A Estrada Futsal "B", (15º). Abre a nova completa para ver a entrevista.

Segue coa entrevista...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com