Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Menú principal

 

Tema: Depor News

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12345   >

A CRÓNICA : OSASUNA 2-1 DEPOR : "MÁIS LUSCO QUE FUSCO NO DEBÚT DE MARTÍ".
Domingo, 14 Abril, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-A CRÓNICA-


Álex foi do mellor do equipo na primeira metade.

Osasuna 2-1 Depor

-O novo Depor de Martí durou 15 minutos-

Saeu o Depor ben o Sadar e xa na primeira aos 15 segundos puido adiantarse cun forte disparo de Crístian Santos que Rubén Martínez mandou a saque de curruncho cunha gran parada. Non tardou en poñerse por diante o equipo nranquiazul, tras un pase excepcional de Álex Bergantiños que Quique non desaproveitou. Pouco durou a ledicia pois un balón longo a espaldas da defensa foi recepcionado por Rubén García que batía a Dani Giménez. O propio Rubén a media hora de xogo facía o gol da remontada de libre direto a escadra. Non foi quen o Depor de acadar o empate pra polo menos recurtar un punto a Granada e Málaga que perderon os seus encontros. Tivo un par de boas ocasións pero non foi merecedor dese desexado empate. Máis fusco ca lusco no debút de Martí, que amosou non coñecer moi ben aos xogadores, en especial coa posición de Edu Expósito, pegado a banda e desaparecido e a entrada no treito final de Didier Moreno, perdendo 2-1.


Dani Giménez, Bóveda, Domingos Duarte, Pablo Marí, Diego Caballo, Pedro (Didier Moreno, min. 82), Álex Bergantiños (Nahuel, min. 70), Pedro Mosquera, Edu Expósito, Christian Santos (Borja Valle, min. 61) e Quique.

Goles : 0-1, Quique González, (10´); 1-1 Rubén García, (14´); 2-1, Rubén García, (31´).

Árbitro:  Figueroa Vázquez (c. andaluz). Cartón amarelo a Pablo Marí (min. 30), Christian Santos (min. 43), Rubén García (min. 70), Rubén (min. 81), Domingos Duarte (min. 82) e Rober Ibáñez (min. 87).

Incidencias: Partido correspondente á 34ª xornada da 2ª División no Estadio de El Sadar ante 16.383 espectadores. Máis de 500 deportivistas de 37 peñas estiveron animando ao equipo no estadio pamplonica.

Segue cas manifestacións tralo encontro...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
1ª ROLDA DE PRENSA PRE-ENCONTRO DE JOSÉ LUIS MARÍ.
Venres, 12 Abril, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
ROLDA DE PRENSA

Martí estivo moi enriba dos xogadores nos adestramentos.

-José Luis Martí : "Quero un equipo moi ordenado, moi equilibrado e cunha mentalidade moi clara, moi valente, moi ambiciosa de ir a por o partido"-
-Máis de 500 deportivisttas animarán o equipo-

Quique González deu a sua primeira rolda de prensa como técnio no pre-encontro e deu a sua primeira convocatoria composta por 18 xogadores, nos que destaca a inclusión de Dubardier e a baixa de Saúl, (nos mentideiros comentáronnos que xa fichou polo Xetafe), a pesares de que o coñece de telo no Tenerife, pero di que o arxentino : "vino moi ben e por eso está na lista, e non podo levar a todos". Tamén son baixa poor decisión técnica, Íñigo López e Vitor Silva. Por lesión Fede, Carlos, David Simón e Krhon-Dehli. No que respecta a rolda de prensa pideu un "Deportivo valente que vaia a polo encontro. Foi feito este equipo para telo balñón e cando non o teña ten que ior a recuperalo". O técnico mallorquín amosou unha vez máis a sua idea de facer en pouco tempo un equipo : "ordenado, equilibrado, cunha metalidade ambisiosa". Máis de 500 deportivistas de 37 peñas, estarán animando o equipo no "Reyno de Navarra", no encontro de mañán sábado a partires das 18:00 horas, (16:00 GMT), ante o Atlético Osasuna...Abre a nova completa para ver as verbas do adestrador deportivista e a lista de convocados.

Segue coa rolda de prensa e a rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE QUIQUE GONZÁLEZ QUE VOLVE O QUE FOI O SEU ANTERIOR EQUIPO.
Venres, 12 Abril, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
ROLDA DE PRENSA
Quique González está mentalizado en ir a gañar ao "Reyno de Navarra".

-Quique González : "Agora mesmo o máis importante é ir a sumar 3 puntos e non pensamos noutra cousa"-

Quique González que volve o "Reyno de Navarra", para xogar ante o equipo no que militaba o ano pasado, pasou por rolda de prensa máis serio que noutras ocasións e só pensa en "ir a sumar os 3 puntos", está moi agradecido do trato que recibeu en Pamplona de onde o fichou o Depor pagando a sua clausula de rescisión de 1,7 millóns de euros, e non pensa en como será recibido...Abre a nova completa para ver as verbas do xogador deportivista.

Segue coa rolda de prensa e as breves deportivistas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE DANI GIMÉNEZ, "MELLOR XOGADOR DE MARZAL" E NOVAS BREVES DO DEPOR.
Mércoles, 10 Abril, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA  DE PRENSA E NOVAS BREVES-

Dani Giménez falou en rolda de prensa.

-Rolda de prensa de Dani Giménez-
-Novas Breves : Lesión de Carlos Fernandez e outras-

 Dani Giménez, o xogador que mellor fala e ve todo o que pasa no equipo, pasou por rolda de prensa. Coma sempre falou con moito criterio do que se viveu estes días ca derrota ante o Rayo Majadahonda e coas sensacións co novo adestrador José Luis Martí, así como das suas sensacións de cara o que queda por afrontar. Fíxoo no marco da entrega do premio "Estrella o mellor xogador de Marzal", que recibeu esta mañán. Ademáis da rolda de prensa do meta galego do Depor, tes unha serie de novas breves sobre Carlos Fernández que saeu lesionado no adestramento cun problema nos isquios, ou sobre a oferta de prezos para o Depor-Extremadura do Domingo 21 de Abril e prereserva de entradas para o Numancia-Depor da xornada seguinte, (26 Abril ás 21:00 horas-19:00 GMT). Abre a nova ao completo para ver as verbas de Dani Giménez e as novas breves.

Segue coas verbas de Dani Giménez e as novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
NATXO GONZÁLEZ DESPIDEUSE DO DEPORTIVO E DO DEPORTIVISMO EN ABEGONDO.
Martes, 09 Abril, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
DESPEDIDA

Natxo na sua despedida con Carmelo del Pozo.
 
-Natxo González despideuse do Deportivo en Abegondo-

Como xa se avanzara onte Natxo González despideuse esta mañán do Deportivo, dos xogadores e da afección nas instalacións de Abegondo a carón de Carmelo del Pozo. Unha rolda de prensa que riazor.org trasmiteu en direto para o deportivismo. Amosouse contento de formar parte da histopria do Deportivo, dixo que lle gusta o novo adestrador José Luis Martí, ao que "coñezo da sua etapa no Tenerife e paréceme unha boa opción", dixo que xa lle comentou ao director deportivo que : "Martí é un bo tipo e creo que o Dépor acerta aínda que non teña moita experiencia pero creo que ten capacidade para coller este reto". Non quixo extenderse dos motivos da sua destitución pero sí que dixo que : "non me colleu de sorpresa. Dixéronmo o día despois da derrota contra o Rayo, pero era algo que de algunha maneira xa me temía". Abre a nova ao completo para ver algunhas das verbas de Natxo González e de Carmelo del Pozo na despedida do xa ex adestrador branquiazul, ao que lle agradecemos todo o traballo desenrolado no Depor e desexámoslle toda a sorte do mundo.

Segue coas verbas de Natxo González...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
ROLDA DE PRENSA DE PRESENTACIÓN DE JOSÉ LUIS MARTÍ.
Luns, 08 Abril, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
José Luis Martín foi presentado en Riazor.

-José Luis Martí : "Moi ilusionado e con convencemento no cadro sabendo que quedan 9 partidos complicadísimos, como é esta categoría"-
-Rolda de prensa conxunta de Martí, Tino e Carmelo-

José Luis Martí Soler, (Palma de Mallorca 28/04/1975), (que así se chama e non Pep Lluis Martí), foi presentado en Riazor acompañado do presidente deportivista Tino Fernández e o Director Deportivo, Carmelo del Pozo, que tamén respostaron as preguntas dos xornalistas. José Luis Martí está segundo comentou : "Moi ilusionado, por chegar a un equipo histórico do fútbol español" e quer ir : "encontro a encontro, agora só pènso no próximo encopntro ante o Osasuna". Dixo que ía a falar con tódolos xogadores para ir coñecéndoos e saber as suas inquedanzas e tratar de recuperar "dende xa", para afrontar esta liga que lles queda de 9 encontros na procura do que todos pensa : "todos queremos o ascenso é o obxetivo do clube, tanto ten como chegue. Hai que estar todos unidos para conseguilo", referíndose a si de maneira direta ou na promoción. Asinou por estes 3 meses e a vindeira tepada se se dan os obxetivos cumpridos. Abre a nova para ver a rolda de prensa do RC Deportivo.

Segue ca rolda de prensa da presentación...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CONFIRMADO!!!...JOPSÉ LUIS MARTÍ NOVO ADESTRADOR DO DEPOR.
Luns, 08 Abril, 2019 Enviado por Pirata
Depor News

-José Luis Martí xa é novo adestrador deportivista-

José Luis Martí Soler, (Palma de Mallorca 28/04/1975), xa é o novo adestrador do Depor en detrimento de Natxo González que era destituido no día de onte. O novo adestrador que xogou como medio no Real Mallorca, (nos inicios e o final onde colgaría as botas), CD Tenerife, Sevilla CF, e Real Sociedad, viveu no clube sevillista os seus mellores anos, acadando duas Europa League, unha Supercopa de Europa, unha Copa do Rei e 1 Supercopas de España. Disputou preto de 600 encontros a maioría na élite do fútbol español e nacional. Como adestrador debutou aos 6 meses de colgar as botas como xogador, no CD Tenerife ao que colleu en descenso e levou ata o "Play-Off" de ascenso quedando fora por un só gol, tras gañar na casa 1-0 e perder na volta por 3-1 ante o Getafe CF. Dirixeu 98 encontros no clube tinerfeño.

Vaia por diante o nosos agradecemento primeiro a Natxo González que nos fixo disfrutar na primeira metade do campionato dun Depor que gañaba con solvencia e que ofrecía un fútbol de moitos quilates. Desexarlle toda a sorte do mundo e por outra banda darlle a benvida ao novo adestrador José Luis Martí, e desexarlle toda a sorte do mundo, pois a sua sorte será a nosa.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
NATXO GONZÁLEZ DESTITUIDO.
Domingo, 07 Abril, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR NEWS

Natxo foi o elixido e pasou do éxito a depresión.

-Natxo González destituido-
-Sona como sustituto o mallorquín Martí-

O RC Deportivo anunciounos da destitución do adestrador Natxo González. Era o máis normal para tratar de buscar un troco pois non se poden meter fora a 4, 5 ou 6 xogadores. O Depor con Natxo pasou de xogar dunha maneira espectacular a ser un equipo "mediocre", e iso levou a que o destituiran. O único que non compartimos nunca con él e o de trocar o equipo cada semana sen ser capáz de ter un equipo recoñecible. Sona como sustituto o mallorquín José Luis Martí, que dirixeu o Tenerife durante ano e madio e leva máis dun ano no paro. Este era un dos adestradores que tiña Carmelo del Pozo na sua lista antes de asinar a Natxo González. Nos medios baleares din que o adestrador estará este luns na Coruña, dando por feito a sua fichaxe e aluden a fontes cercanas o técnico mallorquín.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
Versión imprimible  
DESASTROSO ENCONTRO DUN DEPOR CON NÚMEROS DE DESCENSO NO 2019.
Sábado, 06 Abril, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-A CRÓNICA-


Carlos Fernández entregouse pero non tivo "socios" de viaxe.

Depor 0-2 Rayo Majadahonda

-De números de ascenso direto a números de descenso-

Un Depor sen ideas, plano, desordenado e nervoso deulle carpetazo practicamente ao ascenso direto cunha derrota sonroxante que levantou aos afeccionados, en especial o final do encontro, o berro de "Diretiva dimisión". Pasou o equipo deportivista de números de ascenso direto a dilapidar a sua marcha con números de descenso direto se comezase a liga no 2019. Natxo González agochado gran parte do encontro no banquillo e saindo a tentar poñer órde no equipo o seu segundo, non dou ca tegra para endereitar o rumbo do equipo e para evitar as protestas dos afeccionados. O máis normal para tentar darlle unha volta de rosca a situación sería que ou hoxe ou mañán na xuntanza dos luns da diretiva, se despedise o adestrador vasco, que é por onde rompen estas situacións a corda. Agora mesmo a sensación é de que nin conseguiremos entrar en postos de promoción.


Dani Giménez, Bóveda (Pedro, min. 71), Domingos Duarte, Pablo Marí, Diego Caballo, Vicente Gómez (Vítor Silva, min. 46), Didier Moreno, Edu Expósito (Borja Valle, min. 75), Nahuel, Carlos Fernández e Quique.

Goles : 0-1, Aythami, (min. 86).

Árbitro: Gorostegui Fernández-Ortega (c. vasco). Cartón amarelo a Edu Expósito (min. 10), Benito (min. 46), Carlos Fernández (min. 48), Didier Moreno (min. 49) e Vítor Silva (min. 90).

Incidencias: Partido correspondente á 33ª xornada da 2ª División no Estadio de Riazor ante 15.800 espectadores. Homenaxeouse no descanso as rapazas do equipo feminino campión da 2ª División Española e no inicio os nenos da Depor Escola fotografáronse co equipo.

Segue cas manifestacións tralo encontro...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE NATXO GONZÁLEZ PRE -ENCONTRO.
Venres, 05 Abril, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA DE PRENSA-

Natxo di que están na "pomada" dos equipos que se xogan o ascenso.

-Natxo González : "Ilusionados por tratar de pór no campo nosa mellor versión"-

Rolda de prensa pre-encontro de Natxo González, na que falou de todo en torno o equipo e do encontro de mañán sábado ante o Rayo Majadahonda, (16:00 horas-14 GMT), un dos equipos que mellor fútbol practica da categoría...Abre a nova ao completo para ver as verbas de Natxo González.

Segue coas verbas de Natxo González e as breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
ROLDA DE PRENSA DE TINO FERNÁNDEZ E PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL : "SUPERDEPOR QUÉROTE IGUAL".
Mércoles, 27 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA DE PRENSA e NOVAS BREVES-

Os participantes na presentación do documental sobre o SuperDepor.

-Tino Fernández : "Aférrome a que temos un bo grupo de futbolistas, o corpo técnico, e espero que se poidan recuperar as versións e os rendementos doutras fases da temporada"-
-Presentación documental : "SuperDepor quérote igual"-

Tino Fernández, falou a petición dos xornalistas trala presentación esta mañán do documental, "SuperDepor quérote igual", que trasmitirá este xoves Movistar Plus no seu programa "Informe Róbinson". Un acto no que estivo Augusto César Lendoiro, Aldana, Guillín, "Barritos Botana", Pachi Dopico e outros persoerios daqueles gloriosos anos. Non estivo Arsenio Iglesias por motivos de saúde. No acto todos eles falaron daqueles anos e desvelaron anédotas. Tras este acto como decimos, falou o actual presidente deportivista que está convencido de que o equipo volverá a dar o rendemento do meses atrás...Abre a nova ao completo para ver as verbas de Tino Fernández e Novas breves.

Segue coas verbas de Tino Fernandez e Novas Breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE CARLOS FERNÁNDEZ QUE AMOSOU "BOAS SENSACIÓNS" E NOVAS BREVES DO DEPOR.
Martes, 26 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA DE PRENSA e NOVAS BREVES-

Carlos Fernández amosou "boas sensacións" en rolda de prensa.

-Carlos Fernández : "Non creo que o equipo me necesite para gañar. Todos os compañeiros están preparados e eu son un máis. Non son o salvador de nada nin estou por encima de ninguén"-
-Escolma de novas breves-

Pasou por rolda de prensa de Carlos Fernández, o que poderíamos chamar "O desexado", dado que parece, (ou eso queren facer crer algúns), que con él todo será moito mellor, e iso irá en contra do propio xogador, se iso non se da de repente, xa que ven dunha inactividade de practicamente 3 meses. Ogallá salga e faga 3 ou 4 goles, ou un que valga para gañar. O mellor é que o xogador, ao que ninguén lle quita a calidade que atesoura, (pero que tamén estivo no 0-0 en Riazor ante o CD Lugo), é que desprendeu un ar de atoparse por fin ben e sen dúbidas. A xulgar polas suas verbas, nas que repiteu unha e mil veces a palabra "boas sensacións", parece que salvo contratempos inesperados, ven paar quedarse e sumar, que nestes intres de malos resultados e mal xogo nos derradiros dous encontros, fan falla todos e sacarse cunha vitoria a tensión acumulada. Parece ser que para o encontro do Domingo ante o Real Oviedo, (18:00 horas-16:00 GMT), ao que asistiremos máis de 2.100 deportivistas, Natxo González podería recuperar o "rombo", ca chegada de Carlos. Sacaron un comunicado moi molestos co ente futbolístico no equipo ovetense, polo trato recibido tanto no campo, como aos afeccionados por parte da seguridade do Sporting de Xixón a pasada semana no derbi asturiano, (1-0 para o Sporting e un gol legal anulado ao Oviedo), algo que xa vivimos os deportivistas os derradeiros 2 anos que visitamos o estadio xixonés. Os diretivos ovetenses non acudirán aos seus asentos no palco ata o minuto 12 en protesta polo trato recibido...Abre a nova ao completo para ver as verbas de Carlos Fernández e Novas breves.

Segue coas verbas de Carlos Fernandez e Novas Breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE BORJA VALLE : "QUEDA UNHA LIGA DE 11 ENCONTROS E HAI QUE SER OS MELLORES NELA".
Luns, 25 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA DE PRENSA-

Borja Valle falou en rolda de prensa sobre o equipo e o entorno.

-Borja Valle : "Queda un mundo. Unha Liga de 11 partidos e hai que ser os mellores nesa Liga"-

Rolda de prensa de Borja Valle, na que falou durante un cuarto de hora maiormente do "colapso mental" que vive o equipo e para o cal a sua receita é o "traballo diario", tamén  falou do cariño que lle ten o Real Oviedo, proximo rival coruñés o vindeiro Domingo a partires das 18:00 horas, (17:00 GMT), nun choque no que se desprazarán máis de 2.100 deportivistas a animar o equipo. Borja, un dos "top 5" o falar sobre os problemas e virtudes do equipo, tamén se congratulou da volta de Carlos Fernández, que esta semana xa adestrará co grupo, como xa o fixo a mediados da pasada semana. Tamén contestou a pregunta da relación co adestrador Natxo González : "Faremos todo o posible porque siga connosco, apoiámolo cento por cento. Confiamos no seu criterio, a súa palabra e a súa forma de facer as cousas. O club igual e é un tema do que non se debería falar"...Abre a nova ao completo para ver as verbas de Borja Valle.

Segue coas verbas de Borja Valle...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
RIAZOR ESTREA ANTE O ALMERÍA UN ALUMEADO PERIMETRAL A ALTURA DE POUCOS CAMPOS.
Xoves, 21 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR NEWS-

O estadio deportivista gozará dun alumeado a altura de poucos estadios.

-Riazor estreará o alumeano en toda avolta do estadio-

Tal e como nos informan dende o RC Deportivo : "O Dépor-Almería que se disputa mañá en Abanca-Riazor a partir das 21:00 h. suporá a estrea do anel de iluminación completo do terreo de xogo. A infraestrutura instalada polo Real Club Deportivo en dúas fases, o pasado mes de setembro (Tribuna e Preferencia) e neste arranque de 2019 (Marathón e Pavillón), foi testada a pasada noite polos técnicos especialistas para garantir o seu correcto funcionamento de cara ao partido de mañá. O proxecto de iluminación, no que o Real Club Deportivo investiu 1,9 millóns de euros, foi desenvolvido en base ás especificacións de LaLiga coa participación da empresa coruñesa Área 34 Enxeñaría e Servizos, utilizando proxectores Philips fornecidos por Grupo Novelec Galicia e instalados por Arias Infraestruturas..."...Abre a nova ao completo para ver a informació que nos chega deste fito histórico dende o RC Deportivo.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE NATXO GONZÁLEZ : "AUMENTAR O NOSO RENDEMENTO É O RETO PERSOAL DE TODOS".
Xoves, 21 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA DE PRENSA-

Natxo cré que é o intre de reivindicarse e mellorar todos.

-Natxo González : "É un reto persoal que temos todos, o de aumentar o noso rendemento"-

Rolda de prensa pre-encontro de Natxo González, no que se amosou satisfeito do troco de mentalidade que supuxo o parón da semana pasada para sacar tensións : "É o obxectivo e creo que o conseguimos. Como sempre mañá é o termómetro para medir como temos esas cabezas", referíndose a limpeza de mente que supuxo esta semana sen xogar. Tamén falou das posibilidades de que Vitor Silva entre no equipo de inicio : "O tema é pór o límite de minutos porque si que habería un risco, pero está para xogar. Fáltalle ritmo de partiodos pero si que podería xogar de inicio". Sobre os tocados, Quique e Matías Nahuel : "Mañán probaremos pero creo que non haberá problema". E sobre o "desexado", Carlos Fernández esperarán a vindeira semana : "non lle imos a forzar esta semana. A idea é que o luns se incorpore co grupo ao 100%"...Abre a nova ao completo para ver as verbas de Natxo González.

O Estadio de Riazor lucirá mañán o alumeado perimetral, por primeira vez terá alumeano en toda a volta do estadio e deixarase atrás as sombras nas porterías, ainda que xa tal como estaba co novo alumeado de led millorouse moito con respecto a tempoas pasado. No encontro deste venres ante o UD Almería en Riazor, (21:00 horas-20:00 GMT), volverá a haber protesta entrando 5 minutos máis tarde, esto contra os horarios de televisión e datas dos encontros que sempre afectan aos mesmos clubes e afeccionados...Non o fútbol moderno!!!.

Segue coas verbas de Natxo González e as breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE PABLO MARÍ : "NON ESTAMOS AFUNDIDOS, ESTAMOS MÁIS UNIDOS CA NUNCA".
Mércoles, 20 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Depor News

-ROLDA DE PRENSA-

Pablo Marí ve máis unidos ca nunca a tódolos seus compañeiros.

-Pablo Marí : "Cando vas ben non te deixas ir, e cando as cousas van mal non estamos afundidos. Todo o contrario, estamos máis unidos que nunca"-

Rolda de prensa de Pablo Marí, falou convencido de que "non están afundidos", que a visita do outro día dos Riazor Blues : "deunos un plus de forzas, saber que están aí, que imos todos xuntos. Foi moi bonito poder falar con eles, sentirse arroupados pola xente cando xogamos na casa danos moito", dixo o central deportivista que apuntillou que : "Quizá neste momento da tempada pódese dar todo por perdido ou pensar que se está moi lonxe. Pero se o miras obxectivamente, queda moito. Queda moito por diante"...Abre a nova ao completo para ver as verbas de Pablo Marí.

Carlos Fernández xa fixo parte do adestramento co grupo, namentras que Matías Nahuel e Quique González fixérono co readaptador. O clube xa vendeu grande parte das 900 entradas que recibeu e a Federación de Peñas xa adxudicou as que recibeu. En total 2.111 entradas. No encontro do vindeiro venres ante o UD Almería en Riazor, (21:00 horas-20:00 GMT), volverá a haber protesta entrando 5 minutos máis tarde, esto contra os horarios de televisión e datas dos encontros que sempre afectan aos mesmos clubes e afeccionados...Non o fútbol moderno!!!.

Segue coas verbas de Pablo Marí e as breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE PEDRO SÁNCHEZ : "FALTA MOITÍSIMO E PODE PASAR DE TODO PARA BEN OU PARA MAL".
Mércoles, 20 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Depor News



-ROLDA DE PRENSA-

Pedro Sánchez todo un experto no balón parado.

-Pedro Sánchez : "De aquí ao final queda moitísimo. Moitos partidos. Pode pasar de todo, tanto para ben como para mal"-

Rolda de prensa de Pedro Sánchez, un dos futbolistas con máis experiencia na 2ª División, manifestou que : "temos que fixarnos en nós mesmos, tentar facer as cousas mellor para poder estar a pelexar cos mellores". O atacante deportivista advirte que : "a Segunda é moi difícil. Calquera equipo pódeche complicar a vida tanto en na casa como fóra. É unha liga moi competitiva. Esperamos estar á altura, competir cada domingo o mellor posible". Coñecedor do que fala advirte que : "de aquí ao final queda moitísimo. Moitos partidos. Pode pasar de todo, tanto para ben como para mal"...Abre a nova ao completo para ver as verbas de Pedro Sánchez.

Noutro órde de cousas, os Riazor Blues estiveron animando en Abegondo o adestramento dos xogadores para insuflarlle aos mesmos o apoio incondicional da afección de verdade. No encontro do vindeiro venres ante o UD Almería en Riazor, (21:00 horas-20:00 GMT), volverá a haber protesta entrando 5 minutos máis tarde, esto contra os horarios de televisión e datas dos encontros que sempre afectan aos mesmos clubes e afeccionados...Non o fútbol moderno!!!.

Segue coas verbas de Pedro Sánchez e as breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE QUIQUE GONZÁLEZ : "OS QUE LEVAMOS MÁIS TEMPO NESTO TEMOS QUE DAR UN PASO Ó FRONTE".
Luns, 18 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA DE PRENSA-

Quique xa suma 13 dianas 3 menos ca sua mellor marca na élite.

-Quique González : "A xente que levamos máis tempo nisto debemos dar un paso á fronte. Axudar, que se note esa experiencia"-

Rolda de prensa de Quique González, un dos "Top 5" a hora de sair a falar e decir algo saíndose dos tótip
cos de sempre ou de contestacións valeiras. O dianteiro vallisoletano do Depor só pensa en adestrar ben e gañarlle ao UD Almería o venres, (21:00 horas), para comezar a "sumar de 3 en 3 e ir partido a partido". Quique enfrontarase ao que foi varios anos o seu equipo, no que acadou a cifra dos 16 goles e que espera superar este ano : "o importante non é os goles que marque, senón que valgan para o equipo. Si que me gustaría superar a cifra que acadei no Almería, pero que valgan para algo". O ariete deportivista aboga porque os que teñen máis táboias son os que teñen que "dar un paso ó fronte nestes intres"..Abre a nova ao completo para ver as verbas de Quique González

Segue coas verbas de Quqie González e as breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA MÁIS CA INTERESANTE DE CARMELO DEL POZO.
Xoves, 14 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA DE PRENSA-

Carmelo deu conta de tódalas preguntas dos xornalistas.

-Carmelo del Pozo : "É o momento no que todos temos que dar un paso adiante e saír adiante destas complicacións"-

Rolda de prensa con tódalas frase do Director Deportivo do RC Deportivo, Carmelo del Pozo falando de tódolos temas como en él é habitual, falando con firmeza e sen deixar dúbidas...Abre a nova ao completo para ver as verbas deCarmelo del Pozo.

Segue coas verbas de Carmelo del Pozo e as breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF : "PRESENTACIÓN DE VÍTOR SILVA E NOVAS BREVES".
Xoves, 14 Marzo, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-

O portugués Vítor Silva foi presentadoi no día de hoxe.

-VÍTOR SILVA : "Son un xogador con características máis técnicas que físicas. Un xogador de último pase, de posesión de balón, de xerar xogo. É o meu perfil"-
-Escolma de novas breves-

O portugués Vítor Silva foi presentado antes do adestramento deste xoves acompañado por Carmelo del Pozo que despois de que falase o xogador atendeu as preguntas dos xornalistas. O xogador portugués defineuse coma "un xogador máis técnico que físico" e dixo que o seu "intermediario foi Natxo". O xogador de Penafiel, (Portugal), ven a reforzar o sitio deixado por Carles Gil, (que tampouco deixou moito), xa que Matías Nahuel é máis un extremo. O luso xogará co número 25...Abre a nova ao completo para ver as verbas de Vítor Silva e as novas breves.

Segue coas verbas de Vítor Silva e as breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com