Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Menú principal

 

Tema: Fútbol Sala Femenino

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12345   >

CRÓNICAS DOS ENCONTROS DA FIN DE SEMANA DOS EQUIPOS DO VIAXES AMARELLE FSF DA 1ª NACIONAL, PREFERENTE GALICIA E 1ª GALICIA.
Xoves, 07 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
-LIGAS FUTSAL FEMININO-

O primeiro equipo do Viaxes Amarelle derrotou ao Penya Esplugues.


-Crónicas da fin de semana dos equipos do Viaxes Amarelle FSF-
-Vitoria en 1ª Nacional, empate en Preferente Galicia, e vitoria en 1ª Galicia-

O equipo senior da 1ª División Nacional Feminina do Viaxes Amarelle FSF, derrotaba ao AE Penya Esplugues, (5-3) con remontada, namentras que o filial da Liga Preferente Galicia empatabva no derbi na Malata ante o Ortegal Oil A Fervenza "B", (2-2), nun choque que se decideu na primeira metade. Pola sua banda o terceiro equipo das "viaxesiras" o Amarelle Concello de Santa Comba goleaba ao TC A Instalaciones FS Pontedeume, (8-0)... Abre a nova o completo para ver as crónicas dos 3 encontros dos equipos do Viaxes Amarelle FSF, que nos achega José Núñez, xefe de prensa do clube.

Segue coas crónicas dos encontros...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DOS ENCONTROS DO FISOBER FSF E O SEU FILIAL CUNHA DERROTA E UN EMPATE.
Mércoles, 06 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
-LIGAS FUTSAL FEMININO GALEGAS-

Noe marcou o 2-3 que abreu as portas a un empate que non chegou.


-Crónicas da fin de semana dos equipos do Fisober FSF-
-Derrota en Preferente Galicia, e empate no derbi costeiro da 1ª Galicia-

O equipo senior da Liga Preferente Galicia do Fisober FSF caeu pola mínima ante o Cidade de Pontevedra nun choque no que comezaron mandando, remontaron as pontevedresas e cáseuqe iguala o equipo fisoberista, (2-3). Pola sua banda o filial da 1ª Galicia FSF visitaba ao o Atletes, no Pavillón Municipal de Esteiro, no derbi da costa e neste caso remontaron as fisoberistas o gol inicial das de Esteiro e tras poñerse1-3,viron como na segunda metade conseguían igualar a contenda as esteiranas, (3-3)...Aclarar para os que nos seguen dende terras esteiranas, que tentamos máis dunha vez, buscar quen nos dese a información dos encontros dende o Atletes, sen conseguilo. O noso email, (info@piratasdemuxia.es), está aberto a tódolos clubes que queiran colaborar, como fai o Fisober FSF antre moitos outros...Abre a nova o completo para ver as crónicas que nos achega Luis Sambad, xefe de prensa do FisoberFSF.

Segue coas crónicas e moito máis dos encontros dos dous equipos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DO FISOBER FSF DA PREFERENTE GALICIA E DA 1ª GALICIA CUNHA VITORIA E UNHA DERROTA.
Mércoles, 30 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
-LIGAS FUTSAL FEMININO GALEGAS-
O Fisober FSF derrotou o Viaxes Amarelle "B" no derbi coruñés da Preferente.


-Crónicas da fin de semana dos equipos do Fisober FSF-
-Vitoria en Preferente Galicia, e derrota en 1ª Galicia-

O equipo senior da Liga Preferente Galicia que retomaba a senda do trunfo no derbi coruñes da categoría ante o Viaxes Amarelle FSF, por 0-2, con ambos goles de Ana Mouzo, namentras que o filial da 1ª Galicia FSF caía ante o TRoula Betanzos FSF, (0-4)... Abre a nova o completo para ver as crónicas que nos achega Luis Sambad, xefe de prensa do clube, así como a visión dende o outro lado no encontro do equipos senior, no derbi ante o Viaxes Amarelle FSF "B" ca crónica de José Núñez.

Segue coas crónicas dos encontros...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DOS EQUIPOS DO FISOBER FSF DENDE O SENIOR DA PREFERENTE ATA OS ALEVÍNS.
Mércoles, 23 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
FISOBER "TEAMS"

O Fisober FSF da Preferente caeu ante o Bembrive, (3-5).


-Crónicas da fin de semana dos equipos do Fisober FSF-
-Preferente Galicia, 1ª Galicia, Infantil, Infantil Mixto e Alevín-

Aquí tes nun só artigo as crónicas dos encontros dos "Fisober Teams". O equipo senior da Liga Preferente Galicia que caía ante o Bembrive FSF, (3-5).  O filial da 1ª Galicia FSF que empataba sen goles ante o Melide FSF, e os equipos de base, da Liga Galega Infantil, que derrotaba ao CD Adarve Lugo, (4-6), e os infantís, e alevíns, das ligas "Costa da Morte"... Abre a nova o completo para ver as crónicas que nos achega Luis Sambad, xefe de prensa do clube.

Segue coas crónicas dos encontros...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DERROTA DO VIAXES AMARELLE FSF ANTE O JIMBEE ROLDÁN, (4-1), NA 1ª DIVISIÓN NACIONAL FSF.
Luns, 21 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª DIVISIÓN NACIONAL FSF
-11ª Xornada-

O Viaxes Amarelle caeu nun choque moi disputado.

Jimbee Roldán FSF 4-1 Viaxes Amarelle FSF
-Derrota das herculinas nun choque decidio en media hora-

Derrota do Viaxes Amarelle FSF na 11ª tirada da 1ª División Nacional de Fútbol Sala Feminino ante o Jimbee Roldán FSF, (4-1), nun encontro moi disutado e que se decide na primeira media hora de xogo, na que se marcaron tódolos goles. Abre a nova o completo para ver a crónica que nos achega José Núñez, xefe de prensa do clube.

Segue coa crónica do encontro...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DO FISOBER FSF DA PREFERENTE GALICIA E DO FILIAL DA 1ª GALICIA FSF.
Mércoles, 16 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
FISOBER "TEAMS"

Adriana tivo que xogar de porteira no Fisober FSF debido as baixas.


-Empate do Fisober FSF e derrota do filial-

Aquí tes as crónicas dos encontros dos "Fisober Teams". O equipo senior da Liga Preferente Galicia empataba ante o Salceda no derradeiro encontro da primeira volta , (2-2), namentras que o filial da 1ª Galicia FSF caía por 1-7 no derbi ante o Academia Red Blue 5 Coruña. Abre a nova o completo para ver as crónicas que nos achega Luis Sambad, xefe de prensa do clube.

Segue coas crónicas dos encontros...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
BRILANTE VITORIA DO COMARCAL A FERVENZA FSF NA 1ª Xda DO 2019 NA 2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA DE FÚTBOL SALA.
Domingo, 13 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
2ª DIVISIÓN NACIONAL FSF
-14ª Xornada-

Elvira, (esq) fixo os 4 goles das naronesas.

Ourense Envialia "B" 2-4 Comarcal a Fervenza FSF
-Excelente remontada do Comarcal para comezar o 2019-

O "grande" comezou o 2019 o Comarcal a Fervenza FSF na 14ª xronada da 2ª División Nacional de Fútbol Sala Feminino, no derbi xogado no Pavillón dos Remedios, (Ourense), ante o Ourense Envialia "B", (2-4), nun encontro xogado este sábado 12 de Xaneiro e no que aos 5 minutos de xogo gañaban as ourensás por 2-0 e conseguiron remontar as de Ferrolterra nunha extraordinaria segunda metade, con Elvira, autora dos 4 goles como estrela do equipo. Abre a nova o completo para ver a crónica que nos achega Adán Puentes, xefe de prensa do clube.

Segue coa crónica do encontro...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
IMPORTANTE VITORIA ANTE UN RIVAL DIRETO DO VIAXES AMARELLE NA 10ª Xda DA 1ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA DE FÚTBOL SALA.
Domingo, 13 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª DIVISIÓN NACIONAL FSF
-10ª Xornada-

A camellana Inés Suárez fixo o gol da tranquilidade das "viaxeiras".

Viaxes Amarelle FSF 2-0 Guadalcacín FSF
-Importante vitoria das "viaxeiras" ante un rival direto-

Importante vitoria do Viaxes Amarelle FSF para comezar o 2019 na 1ª División Nacional de Fútbol Sala Feminino ante o Guadalcacín FSF, (2-0), nun encontro xogado este sábado 12 de Xaneiro no Pavillón Municipal da Sagrada Familia da Coruña e correspondente a 10ª xornada. Abre a nova o completo para ver a crónica que nos achega José Núñez, xefe de prensa do clube.

Segue coa crónica do encontro...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
HOXE COMEZA O TORNEO SOLIDARIO "MÉTELLE UN GOL O CANCRO".
Venres, 28 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
-TORNEO SOLIDARIO-

Mabegondo espéravos, para participar diste evento.

-Hoxe comeza o Torneo Solidario "Mételle un gol o concro"-
-Recadación destinada o Centro Oncolóxico de Galicia-

Como cada ano dende o 2000, o CD Mabegondo, no día de hoxe comeza o torneo "Mételle un gol ó cancro", que se desenrolará os días 28, 29 e 30 de Nadal. Un evento que reune cada ano a dúcias de xogadores, e de famosos, que en torno o balón recadan cartos para axudar na sua laboura ao Centro Oncolóxico de Galicia. Un torneo masculino e feminino, nobre e solidario, para un fin contra un mal que nos toca a todos diretamente, de preto ou de resfilón, pero que por desgraza acaba ca ilusión e a vida de moitas persoas. Este ano escolleuse a modalidade dun torneo de fútbol sala. Nél participarán 12 equipos femininos e 12 masculinos como máximo establecido pola orgañización que ven da man do CD Mabegondo. Abre a información o completo e verás toda a nformación sobre o torneo "Mételle un gol o cancro".

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DA XORNADA NO FISOBER FSF E OS SEUS EQUIPOS DE BASE.
Martes, 11 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
FISOBER "TEAMS"

Adriana tivo que xogar de porteira no Fisober FSF debido as baixas.


-Derrota do Fisober FSF e os seus filiais-

Non foi unha semana moi alegre a dos "Fisober Teams", pois namentras o equipo senior da Liga Preferente Galicia caía ante o Castro FSF, (5-1), nun choque no que a pesares das baixas e de ter que recompoñer o equipo, fixo un bo partido e tras ir o descanso con empate, na segunda metade foiselle o encontro por pequenos erros que pagaron moi caros. No que respecta ao filial, da 1ª Galicia, xogaba o encontro que tiña suspendido no seu día por humidades na pista, ante o Villestro SD e caían de maneira estrepitosa por 9-2. Tamén xogaba o equipo alevín fisoberista e facíao no Campionato Galego Promesas en Narón no que se enfrontaban ao Viaxes Amarelle FSF que a postre foi o campión, e ao Adarve lucenses. Sendo unha experienza estupenda para as nenas. Abre a nova o completo para ver as crónicas que nos achega Luis Sambad, xefe de prensa do clube.

Segue coas crónicas dos encontros...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DOS EQUIPOS DO FISOBER FSF DE CATEGORÍAS INFERIORES.
Martes, 04 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
FÚTBOL SALA FEMININO BASE

Serena, (esq) fixo o gol da épica igualada.


-Unha derrota e un empate para os equipos de base do Fisober FSF-

Unha derrota e un empate foi a bagaxe dos equipos de base do Fisober FSF. O clube costeiro enfrontábase ao Castro FSF na Liga Galega Infantil no Polideportivo Municipal do Castro nas Ribeiras de Lea e a pesres de un moi bo comezo, caían por 6-2. No que se refire ao equipo da Primeira Galicia, (Liga Provincial, antigamente), as rapazas costeiras do filial fisoberista empataban a catros, (4-4), co TCA Instalaciones Pontedeume, nun choque no que chegatron a ir perdendo por 1-4 e conseguiron levantar o encontro de maneira épica co apoio da afección. Abre a nova o completo para ver as crónicas que nos achega Luis Sambad, xefe de prensa do clube.

Segue coas crónicas dos encontros...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
LIGA PREFERENTE GALICIA FSF, (10ª Xda) : "SEGUNDA VITORIA CONSECUTIVA DO FISOBER QUE O LEVA A LOITAR POLA ZONA ALTA".
Mércoles, 28 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
LIGA PREFERENTE GALICIA FSF

Culleredo e Fisober reivindicaron o : "Non a violencia de xénero".

Sport Sala Culleredo 0-1 Fisober FSF
-Segunda vitoria consecutiva do equipo costeiro-

Sumou repite vitoria pola mínima o Fisober FSF tras derrotar a semana pasada no Conco ao Couto Ourense FS, (1-0), e batir esta semana na 10ª Xda da Preferente Galicia FSF ao Galipizza Sport Sala Culleredo, (0-1), cun tanto de Ana Mouzo. Colócase así o equipo costeiro na zona media da táboa na 8ª praza con 16 puntos, os mesmos cas sétimas, Terra de Celanova FSF, e a do 6º, Cidade de Pontevedra e a 2 de Estrada Futsal e Viaxes Amarelle "B", quintas e cuartas repectivamente...Abrindo a nova completa tes a crónica e a información do encontro da man de Luis Sambad.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓNS PARA O "TORNEO SOLIDARIO MÉTELLE UN GOL O CANCRO", DE FUTSAL MASCULINO E FEMININO.
Xoves, 22 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
-TORNEO SOLIDARIO-

Mabegondo espéravos, para participar diste evento.

-Aberto o prazo de inscrición no torneo solidario "Mételle un gol o concro"-
-Recadación destinada o Centro Oncolóxico de Galicia-

Como cada ano dende o 2000, o CD Mabegondo, que tantas veces seguimos e vos trouxemos as crónicas dos seus encontros, con Bibi Santiso, como cabeza visible, como nosa colabroadora nas informacións, orgañizan un ano máis o torneo "Mételle un gol ó cancro", para os días 28, 29 e 30 de Nadal. Un evento que reune cada ano a dúcias de xogadores, e de famosos, que en torno o balón recadan cartos para axudar na sua laboura ao Centro Oncolóxico de Galicia. Un torneo masculino e feminino, nobre e solidario, para un fin contra un mal que nos toca a todos diretamente, de preto ou de resfilón, pero que por desgraza acaba ca ilusión e a vida de moitas persoas. Este ano escolleuse a modalidade dun torneo de fútbol sala. Para inscribir o teu equipo no susodito torneo terás que realizar un ingreso de 60 €, que como decimos, serán destinados integramente como donación para o Centro Oncolóxico de Galicia, na seguinte conta: Titular da Conta: Club Deportivo Mabegondo. IBAN: ES83 2080 0044 4830 0008 4715. E adxuntarlles o xustificante no formulario formulario, que podedes copiar no enlace : (https://metelleungolocancro.com/inscribete), cos datos do voso clube. Ou senón podedes enviarllo tamén o xustificante ó email (colabora@metelleungolocancro.com). O prazo de inscrición remata o 14 de decembro de 2018. Límite de 12 equipos masculinos e 12 equipos femininos. Abre a información o completo e verás toda a nformación sobre o torneo "Mételle un gol o cancro".

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
LIGA PREFERENTE GALICIA FSF, (9ª Xda) : "UN GOL DE PAULA FANDIÑO PARA O FISOBER FSF TUMBA AS "RAIÑAS DO EMPATE"
Mércoles, 21 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
LIGA PREFERENTE GALICIA FSF

O gol de Paula Fandiño ademáis de 3 puntos tivo adicatoria.

Fisober FSF 1-0 Couto Ourense FS
-As rapazas da costa derrotan a "Raiña do empate" na categoría-

Sumou unha nova vitoria na casa o Fisober FSF tras derrotar ao Couto Ourense FS, (1-0), que veñen sendo as "Raiñas do empate" da categoría, con 5 igualadas en 9 xornadas, e non lle andivo lonxe o encontro de acabar igual, se non fose por Paula Fandiño que desfacía a igualada para darlle os 3 puntos as fisoberistas...Abrindo a nova completa tes a crónica e a información do encontro da man de Luis Sambad.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA DO ENCONTRO DA 8ª Xda DA PREFERENTE GALICIA DO FISOBER FSF QUE VOLVÍA A
Martes, 13 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
LIGA PREFERENTE GALICIA FSF
O Fisober volveu de valeiro unha vez máis de "Coto Ferreiro".

Pastelería Cervela A Estrada FS 3-0 Fisober FSF

Non foi capáz de novo o Fisober FSF de gañar na cancha do Pastelería Cervela A Estrada Futsal, (3-0). Unha pista que as rapazas do cube da Costa da Morte xa teñen sinalado como "maldita", pois a pesares de que xa teñen feito méritos para moito máis, como ocurreu desta volta, acabaron perdendo. Aquí tes a crónica de Luis Sambad, deste encontro da 8ª xornada da Liga Preferente Galicia...Abrindo a nova completa tes a crónica e a información do encontro.

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
LIGA PREFERENTE GALICIA , (5ª Xda) : "CRÓNICA DA PRIMEIRA VITORIA DA TEMPADA DO FISOBER FSF".
Martes, 23 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
FISOBER FSF

María, (Fisober), conduce o balón antre duas rivais.

Fisober FSF 2-0 A Ferneza B
-Primeira vitoria da tempada do Fisober FSF-

Era visto que tiña que vir e chegou para o Fisober FSF na Liga Preferente Galicia, a primeira vitoria da tempada. Foron varios os encontros nos que as rapazas costeiras lles faltou moi pouco para conseguir o ansiado trunfo, pero unhas veces por unhas cousas e outras veces por outras non daba chegado, pero desta volta os afeccionados fisoberistas, puidero celebrar o trunfo, que chegaba ante o Comarcal a Fervenza "B", por 2-0 con goles de Paula Fandiño e Mai. Abrindo a nova completa tes a crónica e toda a información do choque, da man do noso colaborador e xefe de prensa do Fisober FSF, Luis Sambad.

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ABERTO O PRAZO DE INCRICIÓNS PARA O "II DESAFÍO DE PORTER@S CIDADE DE NARÓN".
Xoves, 18 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
"II DESAFÍO CIDADE DE NARÓN"


-"II Desafío de Porter@s Cidade de Narón 2018"-
-Aberto o prazo de inscricións ata o 23 de Outubro-

O Comarcal a Fervenza FSF ven de anunciarnos a apertura do prazo de inscricións para o "II Desafío de Porte@as Cidade de Narón" que tralo grande éxito da pasada edición polo Nadal, no que houbo 40 participantes antre nenos e nenas. O desafío que terá lugar o vindeiro 1 de Novmbro ten o prazo aberto para inscribirse ata o vindeiro 23 de Outubro. O evento terá lugar no Pavillón "As Lagoas" de Narón, dende ás 10:00 ata ás 18:00 horas. Os nenos/as, ademáis da competición en si mesma, terán un "clinic", coa participación de grandes porteiros/as do futsal, así coma adestradores de primeiro nivel. No prezo da inscrición que oscila antre os 35 e 40 euros, dependendo se se perrtence ao clube ou non, entra unha camiseta, o xantar e unha merenda. Abre a nova completa para ver a información máis polo miúdo, que nos achega, Adán Puentes, Director de Comunicación do Comarcal a Fervenza FSF.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."

VER MÁIS.



 
VITORIA A DOMICILIO DOS EQUIPOS DO VIAXES AMARELLE FSF NA PREFERENTE GALICIA E NA 1ª GALICIA.
Martes, 09 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
VIAXES AMARELLE FSF
-Base-

O Amarelle Santa Comba derrotou ao Troula a domicilio.

-Vitorias dos dous equipos de base do Viaxes Amarelle FSF-
-Crónicas dos encontros-

Tanto o Viaxes Amarelle FSF "B" que milita na Liga Preferente Galicia, como o Amarelle Concello Santa Comba que milita na 1ª Galicia Feminina, acadaron sendas vitorias a domicilio. As "preferentes" derrotaban ao FC Meigas, (1-3), na mentras que as da 1ª Galicia derrotaban ao Troula Betanzos FSF, (1-2). Abrindo a nova completa tes as crónicas dos dous encontros da man do noso colaborador e xefe de prensa do Viaxes Amarelle FSF, José Núñez.

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DOS EQUIPOS DO FISOBER FSF DA PREFERENTE GALICIA, PRIMEIRA GALICIA E LIGA GALEGA INFANTIL : "UN EMPATE, UNHA DERROTA E UNHA VITORIA".
Martes, 09 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
FISOBER FSF
O equipo senior mereceu a vitoria ante o Celanova.

-Empate do Senior, derrota do Cadete e vitoria do Infantil-
-Crónicas dos encontros dos 3 equipos do Fisober FSF-

Empate do Fisober FSF na Liga Preferente Galicia, ante o Celanova un choque emocionante non apto para cardíaos e no que só a mala sorte dun gol en propia porta impideu que as da Costa da Morte se levasen os 3 puntos, pois acabarían empatando 5-5 tras chegar o treito final gañando 5-3. Pola sua banda o equipo cadete da Primeira Galicia, caía goleado ante un "veterano" Academia Red Blue 5 Coruña, (7-0). A vitoria foi para as nenas do Fisober Infantil, que milita na Liga Galega Infantil e que derrotaba por 6-2 ao Comarcal a Fervenza Infantil. Abrindo a nova completa tes as crónicas dos 3 encontros da man do noso colaborador e xefe de prensa do Fisober FSF, Luis Sambad.

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
LIGA PREFERENTE GALICIA FS, (2ª Xda) : O VIAXES AMARELLE FSF "B" LÉVASE O "DERBI CORUÑÉS" ANTE O FISOBER FSF, (0-2).
Domingo, 23 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
LIGA PREFERENTE GALICIA
-2ª Xornada-      


O Viaxes Amarelle "B" derrotou ao Fisober FSF a domicilio.

Fisober FSF 0-2 Viaxes Amarelle FSF "B"
-O filial do Viaxes Amarelle FSF lévase o derbi coruñés-

Vitoria do filial do Viaxes Amarelle FSF na Liga Preferente Galicia, ante o Fisober FSF por 0-2 con goles de María Sequeiros, (26´) e Mónica, (36´), no Pavillón Municipal do Conco, (Dumbría), nun choque no que comezaron mandando as herculinas, e no que pouco a pouco foise facendo co dominio o equipo da Costa da Morte, para que novamente fosens as "viaxeiras" as que tomasen o dominio do encontro. Levouse pois o Viaxes Amarelle "B" o "derbi das nosas" e por conseguinte o "derbi coruñés".

Por outra banda comentar no que se refire ao Viaxes Amarelle FSF da 1ª División, xogaba o derradeiro amigable de pretempada no que deixaba moi bos sensacións a pesares de caer por 1-2 ante o Ourense Envialia....Abre a nova o completo e tes a crónica o completo do Fisober-Viaxes Amarelle "B".

Segue coa crónica ...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com