Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Fútbol Base

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12345   >

TODO O QUE DEU DE SI A 3ª XORNADA DOS CADETES DA COSTA E A PREVIA DA 4ª XORNADA, ASÍ COMO A CONVOCATORIA DA SELECCIÓN SUB 15.
Mércoles, 17 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

Resultados da 3ª xornada nos Cadetes da Costa.

-Marcáronse 27 goles con 5 vitoria locais e 1 visitante-

-O debutante Sporting Seaia lider en solitario-

-2ª Convocatoria da Selección da Costa Sub 15 para un adestramento-

3ª Xornada da liga de Cadetes da Costa, (1ª Infantil G2), na que tan só debutante na competición e Sporting Seaia CF que derrotaba ao SCDR Esteirana, (3-1), e acadaba o terceiro trunfo en 3 xornadas disputadas. Ben e certo que o UC Cee suma dous trunfos en dous encontros disputados, ao igual co Outes CF. Ambos teñen un encontro menos o haber descansado, esta xornada os outeses e a antes os ceense. Por detras ademáis destes dous que poden coller o lider nos descanso deste se fan o mesmo, hai un grupo de ata 4 equipos máis con 6 puntos a 3 do lider, pero que suman os 6 puntos en 3 encontros. Seguen sen puntuar o Corme CF, SD Coristanco e Muxía CF. Abrindo a nova o completo tes a clasificación e o listado dos máximos goleadores da competición...Tamén podes ver a convocatoria da Selección da Costa Sub 15 para un adestramento mañán mércores no Municipal de Vimianzo.

Segue cas clasificacións, pichichis, convocatoria selección, etc...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
TODO O QUE DEU DE SI A 3ª XORNADA DOS INFANTÍS DA COSTA E A PREVIA DA 4ª :
Mércoles, 17 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

Resultados da 2ª xornada nos Infantís da Costa.

-Marcáronse 46 goles, 10 deles no Fisterra-Outes-

- Miúdos e Dumbría, únicos que repiten vitoria-

-Crónica-clasifiación-pichichis-previa 4ª xornada-

3ª Xornada da liga de Infantís da Costa, (1ª Infantil G2), e os únicos que repetiron vitoria por terceira vez foron o ED Miúdos, (lider por golaveraxe), que derrotaba ao CD Concello de Zas por 8-0 e o CF Dumbría, que tamén gañaba de goleada, niste caso ao SD Laxe por 6-0. O que podía seguir o ritmo de vitoria por encontro era o Cabana SD que venceu nos dous primeiros envites, pero dista volta tocoulle descansar. Con todo isto o encontro máis espectacular foi o que enfrontaba ao SD Fisterra e ao Outes CF que acabou cun empate a cinco, (5-5), un deses encontros que non lles gusta aos adestradores, pero que fan afección. Continúan sen puntuar o UD Cerqueda, CD Concello de Zas, SD Laxe e SD Coristanco. Marcáronse un total de 46 goles superando en 2 as duas primeiras xornadas que se conseguiron 44.  Abrindo a nova o completo tes a clasificación e o listado dos máximos goleadores da competición, así como a previa da 4ª xornada...

Segue cas clasificacións, pichichis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS 5ª XORNADA DOS XUVENÍS DA COSTA : "ED OS MIÚDOS NOVO LIDER DA COMPETICIÓN".
Domingo, 14 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
XUVENÍS DA COSTA
-5ª Xornada-


Neste mesmo artigo poñeremos os resultados tralos encontros

-Crónicas da 5ª xornada dos Xuvenís da Costa-

-O ED Os Miúdos novo lider-

Había un encontro que sobresaía sobre os demáis nesta 5ª xornada da liga de Xuvenís da Costa, i ese era o que enfrontaba ao lider, SD Fisterra contra o segundo clasificado o ED Os Miúdos, na casa diste último. Ambos con pleno de vitorias tralas 4 primeiras xornadas e ambos polo tanto invictos. Algo desto podía romperse e vaia se se rompeu, pois o equipo muradán goleaba ao fisterrán, (4-1), que só levaba 4 goles en contra. Diste xeito os muradáns son os novos lideres e os fisterráns pasan a 3ª praza, véndose superados polo Corme CF, que suma a cuarta vitoria nos 4 encontros xogados, pois descansaban a pasada semana e desta volta derrotaban ao seu rival histórico, no derbi veciñal. Vencía ao SD Ponteceso por 0-2. O Cabana SD gaña enteiros e consolida a cuarta praza tras golear a domicilio ao xove UC Cee, (0-6), e o CD Baio sumaba a segunda vitoria do campionato tras golear ao SD Laxe domicilio por 0-8. Tamén goleaba a domicilio o SD Soneira ao Sporting Zas, (2-5), e aproveitaba a derrota do SCDR Esteirana ante o , (2-1), para subirse a 5ª praza. Os sofanistas como decimos, derrotaban aos esteiráns, nun dos dous encontros máis igualados da xornada xunto co que enfrontaba ao Outes CF e o Xallas FC que acababa con vitoria outesa por 3-2. A tónica en tódolos encontro foi o forte vento e nalgún deles acompañado de choiva.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DA 5ª XORNADA DOS XUVENÍS DA COSTA.
Venres, 12 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
XUVENÍS DA COSTA
-5ª Xornada-


Neste mesmo artigo poñeremos os resultados tralos encontros

-Previa da 5ª xornada dos Xuvenís da Costa-

-Encontros interesantes-

Durante a mañán e a tarde do sábado xóganse tódolos encontros da liga de Xuvenís da Costa, na que hai un encontro que sobresae sobre o resto i é o que enfrontará ao lider, SD Fisterra contra o segundo clasificado o ED Os Miúdos, na casa diste último e ca arbitraxe de José Manuel Noya. Tamén temos un derbi "roncudopondaliano", que enfronta ao SD Ponteceso i o Corme CF, Un choque no que o actual campión tratará de sumar de 3 para seguir con pleno de vitorias, namentras que o equipo pontecesán tratará de sumar os primeiros puntos do campionato. Os cormeláns descansaron a pasada xornada e a consecuencia foi a pérdida do liderato. Este encontro estará dirixido por Pablo Rama, todo un colexiado da 3ª División ...Tralos choques, neste mesmo artigo poñeremos na foto de arriba os resultados.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E RESULTADOS DA 2ª Xda DA LIGA DA COSTA DE CADETES 2018-19 : "SÓ OUTES E SPORTING SEAIA VOLVEN A SUMAR DE 3".
Martes, 09 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base


Resultados da 2ª xornada nos Infantís da Costa.

-Marcáronse 32 goles e só 2 equipos non viron porta-

-Tan só Outes e Sporting Seaia repiten vitoria-

-Convocatoria da Selección da Costa Sub 15 para un adestramento-

2ª Xornada da liga de Cadetes da Costa, (1ª Infantil G2), na que tan só o Outes CF e o Sporting Seaia CF repetiron vitoria con nesta segunda tirada da liga. Outro que pode seguir con pleno de vitorias é o UC Cee que descansaba nesta xornada e que ten un trunfo do encontro inicial. Pola sua banda o Corme CF que descansara na primeira xornada, caía ante o Outes CF, (1-4). Meritorio inicio de liga para o Sporting Seaia CF que non só e debutante na categoría, senón que é a primeira vez que ten equipo de base o clube da parroquia malpicana e que vencía por 2-3 no derbi ante o veciño UD Cerqueda, que tamén está a crecer no fútbol base de maneira meritoria. Abrindo a nova o completo tes a clasificación e o listado dos máximos goleadores da competición...Tamén podes ver a convocatoria da Selección da Costa Sub 15 para un adestramento mañán mércores no Municipal de Vimianzo.

Segue cas clasificacións, pichichis e convocatoria selección...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA, RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS DA 2ª Xda DOS INFANTÍS DA COSTA.
Domingo, 07 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

Resultados da 2ª xornada nos Infantís da Costa.

-Marcáronse 44 goles e houbo un empate sen goles-

-Dumbría, Miúdos, Xallas e Cabana únicos que repiten vitoria-

2ª Xornada da liga de Infantís da Costa, (1ª Infantil G2), na que a pesares de que houbo un empate a ceros, antre UC Cee e Corme CF, (0-0), marcáronse 44 goles, e só os equipos do empate sen goles do San Paio de Refoxos, e o SD Fisterra, non foron quen de materializar ningún gol. O resto de equipos, todos viron porta. Lidera por golaveraxe a competición o CF Dumbría, que xunto con ED Os Miúdos, Xallas FC e Cabana SD, son os únicos que sumaron duas vitorias nas duas xornadas gastadas. Estase a notar o troco xeracional e equipos que o ano pasado tiñan moito rapáz de primeiro ano, están a ter maior protagonisto e o contrario nos que moitos rapaces xa subiron a cadetes.

Debido un problema na nosa base de datos non vos podemos traer as nosas clasificacións, cos resultados e horarios dos encontros, como acotío, ata que rematemos de facer a nova web, polo que volos traeremos dista maneira. Abrindo a nova o completo tes a clasificación e o listado dos máximos goleadores da competición...

Segue cas clasificacións e pichichis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS 4ª Xda DOS XUVENÍS DA COSTA : "O FISTERRA LIDERA EN SOLITARIO CON PLENO DE VITORIAS".
Sábado, 06 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
XUVENÍS DA COSTA
-4ª Xornada-


O Fisterra segue invicto e amosándose un rival difícil de batir.

-41 goles marcados na xornada-

-O Fisterra lidera con 4 vitorias en 4 encontros-

O SD Fisterra lidera a liga de Xuvenís da Costa, tras sumar este sábado a sua 4ª vitoria en 4 encontros, tras derrotar por 4-2 a un Cabana SD que mereceu mellor sorte, pero topouse cun equipo, rochoso e que gañou a partida nas segundas xogadas. Tan só o Corme CF pode igualar aos fisterráns, xa que suma 3 de 3 e descansou esta semana. Tamén quedou sen xogar o Xallas FC, que tiña que xogar co SD Coristanco, que como vos informábamos pola semana deixaba a competición. Marcáronse a frioleira de 41 goles, sendo o resultado máis abultado o 0-9 do ED Os Miúdos ó CD Baio...Segue cas crónica abrindo a nova o completo.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E RESULTADOS DA 2ª Xda ODS XUVENÍS DA COSTA : "SÓ SONEIRA, FISTERRA E CORME REPITEN VITORIA".
Sábado, 22 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
XUVENÍS DA COSTA
-2ª Xornada-

O Corme CF amosou poderío nun encontro complicado ante o SD Sofán.

-Soneira, Fisterra e Corme os únicos que repiten vitoria-

Segunda tirada da Liga de Xuvenís da Costa, e os únicos que sumaron 3 puntos por segunda xornada consecutiva foron o Soneira, (lider por golaveraxe), Fisterra e Corme. O Sporting Zas que xogaba por primeira vez esta tempada e derrotou o SD Ponteceso por 0-3. Volveron a marcarse 53 goles igual ca na primeira xornada, e todo gracias ao 15-0 do SD Soneira ao SD Coristanco e ao 12-0 do SCDR Esteirana-SD Laxe. Resultados espectaculares, pero que como sempre decimos non nos gustan e que se deberían evitar. Abre a nova o completo para ver tódolos resultados.


Segue coa previa da liga...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS


 
PREVIA DA 2ª XORNADA DOS XUVENÍS DA COSTA QUE SE XOGA MAÑÁN SÁBADO.
Venres, 21 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
XUVENÍS DA COSTA
-2ª Xornada-

O Sporting Zas inicia o campionato tras descansar na 1ª xornada.

-Toda a xornada disputarase o sábado-

Segunda tirada da Liga de Xuvenís da Costa, na que xa ás 11:00 horas, teremos o primeiro encontro, o que enfrontará ao actual campión o Corme CF ao SD Sofán no "Cairo". O resto da xornada disputarase pola tarde. O lider por golaveraxe, San Lorenzo, recibe ao Outes CF que a apsada xornada caía ante o equipo cormelán por 0-4 no "Conchido". Na pasada xornada conseguíronse a frioleira de 53 goles nos 7 encontros disputados, cunha extraordinaria media de 6,63 goles por encontro. Debuta nesta xornada o Sporting Zas que visita ao SD Ponteceso, que na primeira xornada caía 4-0 en terras sofanistas. Descansa esta semana, o UC Cee, xa que como vos explicábamos nas previas do inicio de liga, ao ser impares, cada xornada descansa un equipo. Os "pichichis" da liga trala primeira xornada son Brais Rey do San Lorenzo e Isaac Fábregas do SD Fisterra con 6 goles cada un. Abre a nova o completo para ver tódolos horarios e enfrontamentos.


Segue coa previa da liga...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.



 
ASÍ SERÁ A LIGA DA COSTA DE INFANTÍS 2018-19.
Xoves, 30 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
-INFANTÍS DA COSTA-


O UC Cee, (azul), defende o título da pasada tempada

-Así será a Liga da Costa de Infantís que terá 16 equipos-

-Dous equipos menos ca pasada tempada-

Xa temos o calendario da Liga da Costa de Infantís 2018/19, (1ª Autonómica Infantil G2-A Costa), que comeza o 29 de Setembro. Unha liga que terá 16 equipos, dous menos ca na pasada liga. Desaparecen con respecto a pasada campaña o EF As Baleas de Camariñas e o EF Concello de Carnota o resto repiten todos sen ningunha nova incorporación. Abre a nova o completo para ver o resto da información.

Segue co resto da información da liga...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ASÍ SERÁ A LIGA DA COSTA DE CADETES 2018-19 :
Xoves, 30 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
-CADETES DA COSTA-


O Cerqueda debuta na categoría e o Muxía volve 2 anos despois.

-Así será a Liga da Costa de Cadetes terá 18 equipos-

-Aumenta nun equipo conrespecto a pasada liga-

Xa temos o calendario da Liga da Costa de Cadetes 2018/19, (1ª Autonómica Cadete G2-A Costa), que comeza o 30 de Setembro. Unha liga que terá 13 equipos, un máis ca na pasada liga, polo tanto ao ser impares cada xornada descansará un equipo. Cáense con respecto a pasada tempada o SCD Malpica e o FC Camariñas e entran como debutantes o Sporting Seaia e o UD Cerqueda. Retorna o Muxía CF tras 2 tempadas sen equipo cadete, e por mor do troco xeracional do equipo de infantís. No caso do Sporting Seaia é a primeira experienza no fútbol base do clube da parroquia malpicana. Abre a nova o completo para ver o resto da información.

Segue co resto da información da liga...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CALENDARIO DA LIGA DA COSTA DE XUVENÍS 2018-19.
Mércoles, 29 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
-XUVENÍS DA COSTA-


Volve o UC Cee e desaparece o Muxía CF.

-Liga da Costa Xuvenil terá 18 equipos-

-Sae o Muxía CF e entran UC Cee e Outes CF-

Xa temos o calendario da Liga da Costa de Xuvenís 2018/19, (1ª Autonómica Xuvenil G2), que comeza o 15 de Setembro. Unha liga que terá 18 equipos, polos 17 que acabaron o ano pasado trala baixa do Outes CF a finais da primeira volta. Tristemente desaparece o Muxía CF, que non competirá con equipo xuvenil despois de preto de 4 décadas tendo esta categoría, da que foi campión, e quedando os rapaces que levan dende benxamíns no clube sen equipo, por falla de efectivos suficientes e entra de novo o Outes CF e o UC Cee que o ano pasado non tivo esta categoría. Polo demáis seguen os mesmos clubes. O Corme CF defenderá o título de campión e con él estarán o SD Fisterra, SCDR Esteirana, CD Baio, SD Coristanco, SD Sofán, San Lorenzo, SD Ponteceso, ED Os Miúdos, Camariñas CF, UD Corcubión, Sporting Zas, SD Laxe, Xallas FC, SD Soneira e Cabana SD, ademáis dos retornados UC Cee e Outes CF. Abre a nova o completo para ver o resto da información.

Segue co resto da información da liga...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ASÍ FOI A CLAUSURA DO "V CAMPUS JUAN GÓMEZ BARREIRO" DE OUTES.
Domingo, 15 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
"V CAMPUS FÚTBOL BASE JUAN GÓMEZ"


Foto de familia da clausura do campus outés.

-Éxito rotundo do "V Campus Juan Gomez Barreiro" en Outes-

-Clausurouse o pasado venres-


Tal e como vos adiantamos o pasado venres 13 de Xullo tiña lugar a clausura do "V Campus Juan Gómez Barreiro", no Campo Municipal O Conchido, orgañizado polo Outes CF e o concello outés. Medio cento de rapaces pechaban para este ano o campus que tivo un éxito rotundo de participación e de orgañización. No acto de clausura estaba o encargado da dirección, Carlos Romero así coma o coordinador, Juan "Tomé" e contaban ca presenza do presidente da RFGF, Rafael Louzán, así coma o subdelegado costeiro, Manolo Corredoira, e a alcaldesa da localidade, Beatríz Molinos. Para este derradeiro día do campus contaron ca participación dos , Manu de Roque, José Abelenda e Borja Facal, é durante o campuius foron varios os adestradores que impartiron docencia aos nenos. No acto de peche desta edición os nenos recibirán un diploma de participación. Abre a nova o completo para ver máis información e fotos da clausura.

Segue coa información e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
HOXE CLAUSÚRASE EN OUTES O "V CAMPUS JUAN GÓMEZ BARREIRO" CA PRESENZA DO PRESIDENTE DA RFGF.
Venres, 13 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
"V CAMPUS FÚTBOL BASE JUAN GÓMEZ"


Medio cento de nenos disfrutaron dunha semana de fútbol e convivenza.

-Hoxe clausúrase o "V Campus Juan Gomez Barreiro" en Outes-

-Acudirá o presidente da RFGF, Rafael Louzán-


Hoxe venres 13 de Xullo terá lugar a clausura do "V Campus Juan Gómez Barreiro", no Campo Municipal O Conchido da Serra de Outes e orgañizado polo Outes CF e o concello outés. Medio cento de rapaces disfrutaron do fútbol, na táctica e na práctica, así como actividades diversas de disfrute e convivenza. Na dirección do campus estivo Carlos Romero e como coordinador, Juan "Tomé". No peche desta 5ª edición que volveu a ser un éxito en tódolos aspectos, estará o presidente da RFGF, Rafael Louzán, e con él o subdelegado costeiro, Manolo Corredoira, aos que acompañará a alcaldesa da localidade, Beatríz Molinos. Os adestradores invitados desta derradeira xornada son o muradán de Tal, Manu de Roque, moi coñecido no clube polos moitos anos que pasou nél e que leva a dirección na base do CF Noia, e os adestradores do Bergantiños CF, o coristanqués, José Abelenda e o laxense, Borja Facal, todos eles co título de Adestrador UEFA-Pro. Durante a semana foron varios os adestradores, tanto do clube como doutros clubes os que impartiron docencia. No acto de peche desta edición os nenos recibirán un diploma de participación.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
TODO O QUE DEU DE SÍ O EXITOSO "I TORNEO VILA DE RONCUDO" DE FÚTBOL BASE EN INFORMACIÓN E FOTOS.
Venres, 06 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
"I TORNEO VILA DO RONCUDO"
-Fútbol Base-

Os rapaces disfrutaron dun día de fútbol e convivenza.

-FS As Baleas, EF Luis Calvo, Bergantiños CF e Corme CF
campións do "I Torneo Vila do Roncudo"-

As Baleas, Luis Calvo, Bergantiños e Corme foron os triunfadores nun exitoso "I Torneo Vila do Roncudo". 
Nin a choiva, nin o Mundial de fútbol que se está disputando en Rusia, puido cunha primeira edición dun torneo de fútbol base que foi un auténtico éxito de participación, como de asistencia, e que encheu O Cairo de puro fútbol. O evento como xa vos apuntamos días atrás nas previas foi organizado polo propio clube cormelán conxuntamente co Concello de Ponteceso e en colaboración coa Asociación Deportiva Vidú. Abre a nova o completo para ver o resto da información e fotos.

Segue con toda a información do torneo e fotos...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
ESTA FIN DE SEMANA CORME CONVERTIRASE NA CAPITAL DO FÚTBOL BASE CO "I TORNEO VILA DE RONCUDO".
Venres, 29 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
"I TORNEO VILA DO RONCUDO"
-Fútbol Base-



-Corme convertirase esta fin de semana na capital do fútbol base-
-"I Torneo Vila do Roncudo este sábado e Domingo-


O Corme CF e o Concello de Ponteceso poñen en marcha o "I Torneo de Fútbol Base Vila do Roncudo", en colaboración coa Asociación Deportiva Vidú, que preside o cormalán Martín Varela, poñen en marcha a primeira edición deste torneo nas categorías de benxamín, alevín, infantil e cadete, que se celebrará os vindeiros sábado 30 de xuño e domingo 1 de xullo cunha participación de 30 equipos. O clube cormelán e o consistorio pontecesán decidiron organizar un torneo de fútbol base no "Campo do Cairo" co obxectivo de fomentar o deporte de base na Vila do Roncudo e facer dúas xornadas donde reine unha gran convivencia e na que se fomente a deportividade. Haberá un gran televisor para tamén poder sguir o mundial e haberá un parón de un par de horas o Domingo de 4 a 6 da tarde para que os siareiros e xogadores poidan ver o España-Rusia. Abre a nova o completo para ver o resto da información.

Segue con toda a información do torneo...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
TREMENDO ÉXITO DO "X TORNEO DE FÚTBOL BASE DO CABANA SD" TANTO A NIVEL ORGAÑIZATIVO COMA DE PARTICIPACIÓN E SEGUIMENTO.
Xoves, 28 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
"X TORNEO FÚTBOL BASE CABANA SD-

O Torneo de Fútbol Base do Cabana SD un dos máis importantes de Galicia.

-Novo éxito de participación e orgañización no
"X Torneo de Fútnol Base do Cabana SD-

Alá polo 2008 comezaba a disputarse o "Torneo de Fútbol Base do Cabana SD", un torneo que traía unhas características moi difíciles de levar a cabo, pois non se trataba de xente que cobrase por montar un torneo, nen era dun concello ou entidade forte. Eran os mesmos diretivos e adestradores, e pais de rapaces do club, e mesmo xogadores, os que axudaban a levar a cabo un evento que se desenrolaba en dous días e que movía a centos de rapaces, facilitando o xantar dos rapaces e dos acompañantes no propio campo, así como a información en plan guía turística do Concello de Cabana de Bergantiños. Unha proposta que sigueu e foi levada a cabo ano tras ano e que foi crecendo e tendo máis axudas de patrocinadores. Este torneo e o bo traballo do club cabanés fixo que na pasada edición do "Piratas de Honra", levasen o "Piratiña da Costa-Abdoulaye", por votación dos siareiros na nosa web e como recoñecemento ao seu traballo co fútbol base. Este ano para a orgañización do torneo, co adestrador do clube e gran implicado do torneo José Manuel Vázquez recén operado e co presidente Michel da entidade cabanesa, que levaba 40 días hospitalizado e ca sua dona, (outra das grandes implicadas), cun pé no hospital e outro no campo, as cousas estaban complicadas de levar a cabo, e ata se chegou a pensar a suspendelo con tanta adversidade, pero ao final levouse a cabo e o éxito de orgañización, participación e de asistencia depúblico, foi unha vez máis extraordinario. Os rapaces tiveron dous días de festa, deporte e convivencia e os seus pais e acompañantes, exactamente o mesmo. Atlético Arteixo en Benxamíns, Hércules en Alevíns e Infantís e Corme CF en Cadetes, foron os gañadores do torneo, pero eso foi o de menos. O mellor foi ver a grande implicación e amizade antre todos, que é a finalidade do deporte. Por outra banda desexarlle a José Manuel, (que ainda convalecente da operación foi axudar) e a Michel, (que xa está na casa), unha pronta e satisfactoria recuperación dos seus males. Abre a nova o completo para ver a información e fotos.

Segue coa información escolma de fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ABERTO O PRAZO DE INCRICIÓNS PARA O "V CAMPUS DE FÚTBOL DO OUTES CF".
Luns, 25 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
"V CAMPUS OUTES CF"


-Chega o "V Campus de Fútbol Outes CF"-
-Aberto o prazo de inscricións-
Chega a sua 5ª edición o "Campus de Fútbol Outes CF", un campus xa consolidado e que amosa o bo facer do clube outés ca canteira. Será do 3 ao 14 de Xullo de luns a venres en horario de mañán e dirixido a nenos/as de 6 a 14 anos de idade. O prazo límite para inscribirse remata o vindeiro 28 de Xuño e o prezo é de 50 euros e poderá facerse efectivo nas oficinas do Outes CF. Contará con adestradores titulados UEFA Pro, UEFA  "A" e "B", ademáis de adestradores esepcíficos para porteiros. Os rapaces disfrutarán de traballos de perfeccionamento das técnicas futbolísticas e de convivenza.
Segue...
Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
A ENTREVISTA : "CALIDADE MADE IN A COSTA : MARTA CLAVO : "SEMPRE SOÑEI SER A HEROINA DUN PARTIDO".
Xoves, 21 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
-CALIDADE MADE IN A COSTA"


Marta cos dous trofeos acadados esta tempada.

-Marta Calvo : "Sempre soñei ser a heroina dun partido"-

-Marta marcou o gol que lle deu a Copa da Costa o Outes CF Cadete-

Se na pasada Gran Final da "Copa da Costa Cadete", houbo unha heroina esa foi Marta Calvo Noya, (21/11/2003-A Rasa-Atallo-Noia), que tras pasar unha tempada na que alternou o equipo cadete e o xuvenil do Outes CF, (este último desapareceu trala primeira volta da liga), acadou un soño que tiña de neniña e que lle comentaba a sua avoa : "Algún día quero chegar a ser unha heroina nun encontro", e foino marcando o gol que lle daba o título de campión da "Copa da Costa Cadete" ao equipo outés, nunha final reñidísma ante o SD Sofán que podía caer de calqueira banda, pero un gol de Marta no minuto 55 cando ían 1-1, dáballes o trofeo e facía que o equipo da Serra completase un "dobrete", nunha tempada que nunca esquecerá esta xove promesa do fútbol "Made in a Costa", que co crecemento do fútbol feminino na Costa non lle faltará onde xogar e quizais co tempo a vexamos no Deportivo Feminino xogando na 1ª División. Aquí che traemos unha entrevista ca "estrela" da final da "Copa da Costa Cadete". Se abres a nova o completo podes ver a entrevista.

Segue coa entrevista...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
NOVO ÉXITO DE ORGAÑIZACIÓN E PARTICIPACIÓN NA "II MALPICA VIDÚ CUP SUB 15" QUE SE LEVOU O DEPORTIVO".
Martes, 19 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
"II TORNEO MALPICA VIDÚ CUP SUB 15-

O Deportivo volveu a levarse o título do torneo.

-O Deportivo revalida o título na "II Malpica Vidú Cup Sub 15"-
-Novo éxito de orgañización e participación-

Novo éxito de orgañización e de participación tanto de cñlubes, con equipos portugueses para darlle o toque internacional e tamén gran afluencia de afeccionados, que disfrutaron de fútbol de moitos quilates. O conxunto Sub 15 do Deportivo da Coruña voltou a proclamarse campión en Xaviña, (Buño), un ano despois e logrou revalidar o título despois de ir de menos a máis durante o torneo e vencer ao Pontevedra na gran final. Un millar de persoas pasaron por Xaviña, (Buño) e A Pedra Queimada, (Malpica), para gozar dun gran evento organizado polo Concello de Malpica e a Asociación Deportiva Vidú que reuníu a varios dos mellores equipos da nosa comunidade e a dous clubes de renome de Portugal como son o Chaves e o Vitória de Guimarães. Abre a nova o completo para ver a información e fotos.

Segue coa información escolma de fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com