Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Menú principal

 

Tema: 3ª División, Preferente, 1ª Galicia

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12345   >

PRESENTADO UN CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE EN SANTA COMBA QUE SERÁ DE MARZAL A FINAIS DE MAIO.
Mércoles, 13 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
CURSO MONITOR DE BASE
-Santa Comba-


Manuel Mosquera e Manolo Corredoira ca alcadesa xalleira

e a sua conelleira de deportes

-Curso de Monitor de Fútbol Base en Santa Comba-

-Do 13 de Marzal o 29 de Maio-

Segundo nos informan dende a RFGF : "A Escola Galega de Adestradores acaba de abrir o prazo de inscrición para un novo curso de Monitor de Fútbol Base, este a celebrar no Concello de Santa Comba desde o 13 de marzo ata o 29 de maio. A actividade desenvolverase no edificio Multiusos as clases teóricas e no campo A Fontenla as prácticas, os luns e mércores de 19:30 a 22:30 horas".

A alcaldesa de Santa Comba, María Pose, presentou a actividade, acompañada de Silvia Cancela, concelleira de Deportes e directiva da Real Federación Galega de Fútbol, e tamén asistiron o subdelegado na Costa, Manuel Corredoira, e o director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 22ª Xda DA 1ª GALICIA G2 : "VITORIAS DE FISTERRA, SONEIRA E DUMBRÍA, EMPATE DA ESTEIRANA E DERROTA DO BAIO.
Luns, 11 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-22ª Xornada-


Volveu Raúl Lestón a Esteirana e xogou cunha protección.

-O Fisterra con moitas baixas gaña ben. O Baio cae ante o lider merecendo máis. A Esteirana empata pero segue escalando. O Dumbría dase un "festín", e o Soneira completa un gran encontro gañando e convencendo-

22ª tirada da 1ª Galicia G2, na que agás o CD Baio que visitaba ao lider Sigüeiro CF, e facía mértios para puntuar, (2-0), o resto sumaron en positivo. O SD Fisterra segue na 3ª praza e derrotaba ao Cordeiro CF, cun axustado 2-1, pero a pesares das baixas o encontro estivo controlado e puido caer algún máis. O CF Dumbría dábase un "festín" na casa do Bertamiráns ao que lle facía unha "manciña", (0-5), (de paso botáballe un cable ao SCDR Esteirana, ante un dos seus rivais pola salvación e antes de que os esteiráns visiten a vindeira xornada o Conco), e o SD Soneira completaba un gran encontro para golear ao SD Piloño, (4-1). Mágoa que só sumara a SCDR Esteirana un punto ante o Praiña Sporting Club, (1-1), rival direto. Así e todo os esteiráns que fixeron mértios para levarse os 3 puntos, seguen escalando posicións. Celebrar nos das Salinas, a volta os terreos de xogo do dianteiro, Raúl Lestón, que tras "sufrir" a desatención do apartado médico que temos para os nosos xogadores, (en moitas ocasións), o final e tras máis dun mesda sua lesión no tabique nasal, volveu a xogar co seu equipo, cunha protección facial, para cuidar a zona afectada..Abre a nova completa para ver as crónicas cos comentarios dos adestradores, resultados, clasificación, pichichis, seguinte xornada, etc...

Segue coa analise dos encontros dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
"MARCADOR PIRATA" CON TÓDOLOS RESULTADOS DO FÚTBOL SENIOR CON EQUIPOS COSTEIROS E DE TODO O FÚTBOL BASE COSTEIRO.
Domingo, 10 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
MARCADOR RESULTADOS DE FÚTBOL

O noso marcador con tódolos resultados.
 
-Tódolos resultados da xornada do Fútbol Afeccionado e de base :
Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa
Xuvenís da Costa e da Galega, Cadetes da Costa e da Galega, Infantís, Alevíns e Benxamíns Grupos Norte, Centro e Sur e Prebenxamíns.
-Todo en foto montaxes-

Aquí tes comodamente nun só artigo como quedaron os encontros en tódalas ligas con equipos costeiros de fútbol modesto e de base con equipos e de ligas da costa e galegas. Todo elo nas foto-montaxes que vos estamos a brindar esta tempada polos problemas que temos no noso apartado de clasificacións. Un estilo novo que está a gustar moito. Tedes os resultados da Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa no fútbol afeccionado. E no de base : Xuvenís da Costa e da Galega, Cadetesda Costa e da Galega, Infantís, Alevíns F8 Grupo Norte, e Sur e Benxamíns F8 Grupos Norte, Centro e Sur e Prebenxamíns da Costa. Despois durante o día de mañá luns 11, coma sempre as crónicas dos encontros a nosa maneira única e intransferible... Abre a nova o completo para ver tódolos resultados das ligas.

Segue cas foto-montaxes cos resultados por ligas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
A MÁIS COMPLETA AXENDA DE TODO O FÚTBOL AFECCIONADO EN FOTO-MONTAXES DENDE PREFERENTE ATA 3ª DA COSTA.
Sábado, 09 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
-AXENDA DO FÚTBOL AFECCIONADO COSTEIRO-

Ás ligas cas nosas foto-montaxes abrindo a nova o completo.

-Axenda dos encontros da Preferente Norte, 1ª Galicia G2,

Liga da Costa e 3ª da Costa-

Aquí tes da nosa maneira única e intransferible con foto-montaxes as previas da : Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa, da maneira máis cómoda para ver a onde queres ir. Na tarde de hoxe sábado 9 de Febreiro tan só se xoga 1 encontro. O que enfrontará ao UD Corcubión e ao Sporting Seaia da 3ª da Costa...Abrindo a nova o completo tes as foto-montaxes cos enfrontamentos e horarios de tódalas  ligas...


Segue coas foto-montaxes cos encontros e toda a sua información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 21ª Xda DA 1ª GALICIA G2 NA QUE GAÑABAN ESTEIRANA, BAIO E DUMBRÍA, EMPATABA FISTERRA E CAÍA SONEIRA.
Luns, 04 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-21ª Xornada-


O SD Soneira mereceu máis ante o Flavia SD.

-O Fisterra empata e segue na loita por arriba. O Baio volve a gañar e mira hacia promoción. A Esteirana continúa a escalada. O Dumbría recupera a senda da vitoria e o Soneira cae inxustamente-

21ª tirada da 1ª Galicia G2, na que o SD Fisterra empataba no duelo de equipos revelación ante o Tordoia SD, (0-0) e debutaba nos fisterráns o estordense, Rubén García que xogaba 37 minutos. O que está coma unha moto é o CD Baio que goleaba a domicilio ao SD Piloño, facéndolle unha "manciña", (0-5), e suma nesta segunda volta 12 goles a favor por tan só 1 en contra. O SD Soneira caía ante o Flavia SD, pero sen merecemento, (2-3), pois os vimianceses desperdiciaron numerosas ocasións de gol, ante un Flavia que non amosou ser un equipo da zona en quie está. Por outra banda o SCDR Esteirana xa se aficionou a escxalada e segue firme na sua ruta hacia arriba e derrotaba por 0-1 ao Chaián CF. O CF Dumbría voltaba a senda do trunfo e remontando ante o Val do Ulla UD no encontro xogado na tarde do sábado..Abre a nova completa para ver as crónicas cos comentarios dos adestradores, resultados, clasificación, pichichis, seguinte xornada, etc...

Segue coa analise dos encontros dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
MAÑÁN SÁBADO EN BAIO "3ª EDICIÓN DE DESENVOLVEMENTO E FORMACIÓN DE ÁRBITROS XOVES DE GALICIA" EN BAIO.
Venres, 01 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
XORNADA DESENVOLVEMENTO ARBITRAL


Os ábitros terán xornada de mañán e tarde en Baio.

-3ª Edición do "Porgrama de Desenvolvemento e Formación de Árbitros Xoves de Galicia", mañán sábado en Baio-

Segundo nos informan dende a RFGF, a  Subdelegación de Árbitros na Costa da Morte será anfitrioa, mañá sábado, da segunda xornada da terceira edición do "Programa de Desenvolvemento e Formación de Árbitros Xoves de Galicia", (PDFAG). Un día de formación para os 22 árbitros seleccionados que traerá á Costa da Morte a unha selección dos árbitros menores de 21 anos con maior proxección de Galicia.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 20ª Xda DA 1ª GALICIA G2 NA QUE O SD FISTERRA RECUPERA O LIDERATO TRAS GAÑARLLE O SONEIRA NO DERBI.
Luns, 28 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-20ª Xornada-


O SD Soneira plantou cara ante o de novo lider SD Fisterra.

-O Fisterra recupera o liderato tras derrotar no derbi ao Soneira. O Baio gaña e mira hacia promoción. A Esteirana empata e da un pasiño máis hacia a salvación. O Dumbría cae cun gol en cada tempo-

Tíñamos nesta 20ª tirada da 1ª Galicia G2, o segundo derbi da costa consecutivo. O SD Fisterra que o pasado venres nos anunciaba a fichaxe do estordés, Rubén García, levábase o derbi ante un SD Soneira, (2-1), que deu moita guerra e non foi doado de vencer. Os fisterráns recuperan o liderato empatados co SD Flavia que caía ante o SD Piloño, (0-1). A nova fichaxe dos fisterráns, non debutou no clube "verdiño" debido a unha viaxe a Filipinas. Pola sua banda o CD Baio gañou, (2-0), sen MC e segue nunha boa dinámica para poder loitar polo posto de promoción. O CF Dumbría caía ante o Sigüeiro, (2-0), nun día deses que é mellor non sair da casa. Dous lesionados no ecuador da primeira metade, e expulsión inxusta de Rivi na segunda. O SCDR Esteirana sacou un punto ante o CD Unión, do que se podería chamar un "derbi sureño", por proximidade co Barbanza, (0-0), e xa é 3º pola cola, separándose das posicións de descenso direto, pouco a pouco, pasiño a pasiño, tras un 2019 que lles trouxo unha moi boa dinámica, tras un 2018 para esquecer no que a resultados se refire..Abre a nova completa para ver as crónicas cos comentarios dos adestradores, resultados, clasificación, pichichis, seguinte xornada, etc...

Segue coa analise dos encontros dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
A MÁIS COMPLETA AXENDA DE RESULTADOS DE TODO O FÚTBOL SENIOR DA COSTA E FÚTBOL BASE DA COSTA E DAS GALEGAS CON EQUIPOS DA COSTA.
Domingo, 27 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
MARCADOR RESULTADOS DE FÚTBOL

O noso marcador con tódolos resultados.
 
-Tódolos resultados da xornada do Fútbol Afeccionado e de base :
Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa
Xuvenís da Costa e da Galega, Cadetes da Costa e da Galega, Infantís, Alevíns e Benxamíns Grupos Norte e Sur
-Todo en foto montaxes-

Aquí tes comodamente nun só artigo como quedaron os encontros en tódalas ligas con equipos costeiros de fútbol modesto e de base con equipos e de ligas da costa e galegas. Todo elo nas foto-montaxes que vos estamos a brindar esta tempada polos problemas que temos no noso apartado de clasificacións. Un estilo novo que está a gustar moito. Tedes os resultados da Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa no fútbol afeccionado. E no de base : Xuvenís da Costa e da Galega, Cadetesda Costa e da Galega, Infantís, Alevíns F8 Grupo Norte e Sur e Benxamíns F8 Grupos Norte e Sur. Despois durante o día de mañá luns 28, coma sempre as crónicas dos encontros a nosa maneira única e intransferible... Abre a nova o completo para ver tódolos resultados das ligas.

Segue cas foto-montaxes cos resultados por ligas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
AXENDA EN FOTO-MONTAXES DE TODO FÚTBOL MODESTO CON EQUIPOS COSTEIROS DENDE A PRE
Sábado, 26 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
-AXENDA DO FÚTBOL AFECCIONADO COSTEIRO-

Ás ligas cas nosas foto-montaxes abrindo a nova o completo.

-Axenda dos encontros da Preferente Norte, 1ª Galicia G2,

Liga da Costa e 3ª da Costa-

Aquí tes da nosa maneira única e intransferible con foto-montaxes as previas da : Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa, da maneira máis cómoda para ver a onde queres ir. Tódolos encontros do fútbol senior da costa e con equipos costeiros xógase mañán Domingo 27/01...Abrindo a nova o completo tes as foto-montaxes cos enfrontamentos e horarios de tódalas  ligas...


Segue coas foto-montaxes cos encontros e toda a sua información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O SD FISTERRA REFÓRZAS CON RUBÉN GARCÍA QUE XA COINCIDEU NOUTROS EQUIPOS COA MAIORÍA DOS FISTERRÁNS.
Venres, 25 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
-1ª GALICIA G2-

Rubén García, (der) con José Álvarez director deportivo do SD Fisterra.

-A SD Fisterra refórzase con Rubén García-

O contrastado xogador Rubén García, analista de fútbor na nosa web, redactor do DXT Campeón, e ex xogador de equipos coma o CF Dumbría, Laracha CF, ou Atlético Arteixo, antre outros e ex adestrador do Atlético Arteixo e Cerceda, na base, cos que acadou históricos ascensos a Nacional, ou o histórico ascenso co CD Boiro en seniors a 2ª B, en tandem con José Luis Lemos, volve a toparse no seu camiño deportivo con Ángel López, que o repesca para o SD Fisterra. Rubén García e o adestrador fisterrán coincidiron nos mellores anos do CF Dumbría, co que o xogador de Estorde, (Cee), acadou a Copa da Costa con Ángel López como director deportivo dumbriés e o seu irmán José como adestrador, nos maiores éxitos dumbrieses. Rubén é un xogador que se desenvolve principalmente pola banda esquerda e que goza de moita calidade, e destaca pola sua velocidade e centros dende a banda. Un bo "socio" para Adrián "Makaay" co que tamén se reencontra e co que comparteu numerosos éxitos. Tamén coincideu con Aarón, Julito, Cote, e Roa, polo que chega a un grupo de amigos que xa pasaron moitas tardes de fútbol xuntos. Na tarde-noite deste venres xa realizou o primeiro adestramento e podería entrar na lista de convocados para o derbi deste Domingo ante o SD Soneira no Ara Solis a partires das 17:30 horas.

Dende www.piratasdemuxia.es desexámoslle a Rubén García toda a sorte do mundo, por todo que nos une e por militar nun equipo dos "nosos".


Segue...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 19ª Xda DA 1ª GALICIA G2 NA QUE BAIO, SONEIRA E ESTEIRANA GAÑARON E DUMBRÍA E FISTERRA PERDERON.
Luns, 21 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-19ª Xornada-


Dani Rama, (SCDR Estreirana).

-O Baio lévase os puntos de Dumbría. Vitoria traballa da do Soneira. A Esteirana gaña e mira o horizonte doutra maneira. O Fisterra perde o encontro e o liderato-

O CD Baio levouse o derbi ante o CF Dumbría, (0-2), nun bonito choque no que se levou a vitoria o equipo que máis atinado estivo nas suas ocasións de cara a porta, nesta 19ª tirada da 1ª Galicia G2, na que o lider SD Fisterra, tiña un encontro altamente complicado ante o segundo. Caeron os fisterráns ante o Flavia SD, (2-0), nun choque no que os padroneses desbancan do liderato os fisterráns, con suposta certa axuda arbitral nos dous goles. Na zona sur o SCDR Esteirana volve a sorrír e mirar o horizonte doutra maneira tras derrotar ao Cordeiro CF, (0-1) e deixarlle o derradeiro posto ao UD Bastavales. Traballada vitoria do SD Soneira, (2-1), que non mereceu chegar o final do encontro cun resultado tan corto...Abre a nova completa para ver as crónicas cos comentarios dos adestradores, resultados, clasificación, pichichis, seguinte xornada, etc...

Segue coa analise dos encontros dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
A MÁIS COMPLETA AXENDA DO FÚTBOL AFECCIONADO DA COSTA PARA ESTA FIN DE SEMANA E EN FOTO-MONTAXES.
Venres, 18 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
-AXENDA DO FÚTBOL AFECCIONADO COSTEIRO-

Ás ligas cas nosas foto-montaxes abrindo a nova o completo.

-Axenda dos encontros da Preferente Norte, 1ª Galicia G2,

Liga da Costa e 3ª da Costa-

Aquí tes da nosa maneira única e intransferible con foto-montaxes as previas da : Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa, da maneira máis cómoda para ver a onde queres ir. Para sábado 19/01, temos 3 encontros. Deles 2 son na 3ª da Costa, e 1 na Liga da Costa. O resto xóganse todos Domingo 20/01. A Preferente Norte e a 1ª Galicia o completo, nos encontros con equipos costeiros, xa que na 1ª Galicia G2, xógase sábado o Chaián CF-Val do Ulla UD, (17:30 h), que non participa ningún equipo costeiro, ainda que sí é de interese para eles...Abrindo a nova o completo tes as foto-montaxes cos enfrontamentos e horarios de tódalas  ligas...


Segue coas foto-montaxes cos encontros e toda a sua información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 18ª Xda DA 1ª GALICIA G2 : "VITORIA DE BAIO, SONEIRA E ESTEIRANA, EMPATE DO FISTERRA E DERROTA DO DUMBRÍA".
Luns, 14 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-18ª Xornada-


Carlos Rama abreu o marcador na vitoria da SCDR Estreirana.

-Vitorias de Baio, Soneira e Esteirana, empate do Fisterra e derrota do Dumbría-

-Primeira xornada do 2019-

Comezou a rodar o balón neste 2019 na 1ª Galicia G2, na que o lider SD Fisterra, tiña unha complicada "pedra de toque" para comezar o ano, o SD Piloño. Un equipo complicado e que estaba chamado a máis nesta tempada. Acadaron os rapaces fisterráns un empate, (1-1), que lles permite seguir liderando a clasificación en solitario. Agora co Flavia SD a 1 punto e o Sigüeiro CF a 2. Comezou ben o ano para o CD Baio, que afianza a 6ª praza tras derrotar ao Praiña Sporting Club, (3-1), e gracias a derrota do Tordoia SD ante o SCDR Esteirana, (2-0), comezo esperanzador para os esteiráns, ante un granrival, (2-0), e tamén beneficiou aos baieses a derrota do CF Dumbría, que caía ante o Esclavitud SD, (2-1), e perdía a ocasión de seguir da man cos de Baio, nun duelo direto con santiagueses...Abre a nova completa para ver as crónicas cos comentarios dos adestradores e moito máis.

Segue coa analise dos encontros dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
AXENDA COMPLETA EN FOTO-MONTAXES DO FÚTBOL AFECCIONADO DENDE A 3ª DA COSTA ATA A PREFERENTE NORTE.
Sábado, 12 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
-AXENDA DO FÚTBOL AFECCIONADO COSTEIRO-

Ás ligas cas nosas foto-montaxes abrindo a nova o completo.

-Axenda dos encontros da Preferente Norte, 1ª Galicia G2,

Liga da Costa e 3ª da Costa-

Aquí tes da nosa maneira única e intransferible con foto-montaxes as previas da : Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa, da maneira máis cómoda para ver a onde queres ir. Para hoxe sábado 12/01, temos 3 encontros. Deles 2 son na 3ª da Costa, e 1 na 1ª Galicia G2. Na Preferente Norte e na Liga da Costa xóganse todos mañán Domingo. Destacar hoxe na 3ª da Costa o derbi CF Porteño-SD Camelle na Grixa, (Ponte do Porto - 16:30 horas)..Abrindo a nova o completo tes as foto-montaxes cos enfrontamentos e horarios de tódalas  ligas...


Segue coas foto-montaxes cos encontros e toda a sua información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O ANÁLISE DO XOGADO NO 2018 NA 1ª GALICIA G2 E O QUE TEMOS POR DIANTE NO 2019, COS COMENTARIOS DOS ADESTRADORES COSTEIROS E MOITO MÁIS.
Venres, 04 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-O ANÁLISE-


Xogáronse 17 xornadas no 2018 e quedan outras 17.

-"Todos miran para arriba"-

-Analízanos cos adestradores costeiros a

1ª Galicia G2 xa xogada no 2018, e o que ven por diante no 2019-

Continuando coas análises das ligas nas que hai equipos da costa, (en portada están as outras xa feitas e a do Depor), do que se leva xogado ata o final do 2018, e o que falta para rematalas neste 2019, dista volta tócalle o turno a 1ª Galicia G2, na que temos ao SD Fisterra, (Campión de inverno), no máis alto con 39 puntos e sen complexos, e co CD Baio na 5ª praza a 10 puntos dos fisterráns e mirando tamén hacia arriba, ao igual ao CF Dumbría, que vai un posto por debaixo dos baieses, e cun punto menos. As revelacións sen dúbida son o Esclavitude SD, (4º con 30 puntos) e o Tordoia CF, adestrado polo buñés, Dani Calvete, (7º con 28 puntos). Por abaixo e buscando escapar da zona "quente", o SD Soneira, acabou o 2018 na 11ª posición con 19 puntos, pero sen marxe de erros, e o que peor o ten, neste final-comezo de ano, é o SCDR Esteirana, que é o "pechacancelas" con 11 puntos, pero as sensacións do seu xogo non son a dun equipo afundido na táboa o que da moito pé a esperanza. O mellor que todos teñen un obxetivo común : "Todos miran para arriba". Uns para buscar ascender e outros para eludir o descenso. Os equipos refórzanse de cara a segunda volta que comeza o día 13 e de seguro que vai cambiar moito a cousa, a uns para mellor e a outros para peor. Destacar que na táboa de "Pichcichis" son 3 xogadores costeiros os que mandan na clasifiación no podio de goleadores. O noso maior desexo neste 2019 para tódolos equipos costeiros da categoría e o noso agradecemento pola colaboración dos mesmos...Abre a nova completa para ver o análise o completo.

Segue coa analise dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
ANALISE DA PREFERENTE NORTE DO QUE VAI XOGADO NO 2018 E DO QUE NOS QUEDA NO 2019, POR IVÁN CANCELA.
Xoves, 03 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
PREFERENTE NORTE


Xallas FC e SD Sofán están ben situados, pero non se pode baixar o ritmo.

-"A LIGA DA IGUALDADE"-

-Iván Cancela analízanos a Preferente Norte que levamos

e a que ven por diante-

Continuando os análises das ligas nas que hai equipos da costa, (así como a do Depor), do que se leva xogado ata o final do 2018, e o que falta para remtalas neste 2019, recén encetado, dista volta Iván Cancela, adestrador do SD Sofán, un gran coñecedor dista liga e do fútbol afeccionado, desentráñanos o que pasou e o que temos por diante, na competición de maneira global, e dos equipos diretamente costeiros, (SD Sofán e Xallas FC), que afrontan a segunda volta cun bo colchón de puntos sobre o descenso direto e os postos de posibles "arrastres", pero que non se poden durmir. Por arriba o CD As Pontes é para darlle de xantar aparte, pois bate tódolos rexistros positivos do que vai de competición e só perdeu un encontro, o da 14ª xornada ante o Boimorto CF, (3-2), o resto todo foron vitorias. Lévalle ao 2º clasificado Viveiro CF "A", nada menos ca 15 puntos. O resto como día Iván Cancela é : "A liga da igualdade"...Abre a nova completa para ver o análise o completo.

Segue co artigo de Iván Cancela...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
RUBÉN GARCÍA BRINDOU COS LESIONADOS DA 3ª DIVISIÓN, ANGERÍZ, IRISO E AGULLÓ : "POR UN 2019 SEN LESIÓNS".
Mércoles, 02 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
3ª DIVISIÓN


Rubén García brindou cos 3 xogadores na redacción do DXT Campeón.

-"Por un 2019 sen lesións"-

-Rubén García, (DXT) brinda con Angería, Isrios e Agulló-

O noso analista e reporteiro do DXT Campeón, que coñece a 3ª División como a palma da sua man, xuntou nunha mesa a 3 importantes xogadores dos equipos da zona e que por desgraza, sufriron lesións que lles impidiron desenrolar o que máis lles gusta, cos seus equipos, Javi Angeríz, (Laracha CF), que tivo o problema de duas herniás discais. Pablo Agulló, (Bergantiños CF), que rompeu un xeonllo na pretempada e Chrístian Iriso, (UD Paiosaco Hierros Añón), que por lesión non chegou a debutar,. Ningún dos 3 tivo sorte neste acabado 2018 e en torno a mesa falaron con Rubén, do seu estado nestes intres, do futuro deles e dos equipos e como non brindaron : "Por un 2019 sen lesións" ...Abre a nova completa para ver o artigo completo.

Segue co artigo de Rubén García...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 16ª Xda DA 1ª GALICIA G2 :
Luns, 17 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-16ª Xornada-


O CD Baio sacou un punto no Municipal de Vilas.

-O SD Fisterra gaña exercendo de lider-

-Vitoria do SD Soneira, empate do CD Baio, e derrotas de CF Dumbría e SCDR Esteirana-

A 16ª xornada da 1ª Galicia da Costa, deparounos a vitoria do Fisterra sobre o UD Bastavales, (3-0), na defensa do liderato dos fisterráns, que amosaron que isto de mandar vai en serio e o que parecía unha utopía na pretempada, cada vez vai collendo máis forza. Do resto de equipos costeiros tamén sacaba os 3 puntos o SD Soneira, o derrotar ao Bertamiráns CF, (2-1), nun encontro que era clave gañar ante un rival direto e que podía deixar aos vimianceses malparados. Non pasaba do empate o CD Baio na sua visita ao CD Unión, (0-0) o que frea a xeira ascensdente dos baieses nas derradeiras xornadas. Unha xeira gañadora que tamén vía freada o CF Dumbría tras caer ante o Praiña Sporting Club, tras 3 vitorias seguidas. O que non lle dan saido as cousas e nesta xornada que podía aproveitar ao caer varios dos rivais polo ascenso ante os equipos costeiros, foi o SCDR Esteirana, que saía inmerecidamente goleado ante o Flavia SD, (4-0), que se levou un resultado esaxerado para o que se veu no encontro...Abre a nova o completo para ver as crónicas, clasificacións e moito máis.

Segue cas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
RIVAIS MADRILEÑOS PARA BERGANTIÑOS E PONTEVEDRA NOS OITAVOS DE FINAL DA "COPA RFEF".
Xoves, 13 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
COPA RFEF
-Oitavos de Final-

O Bergantiños está a facer unha tempada histórica en tódolos aspectos.

-Begantiños CF e Pontevedra CF xa teñen rivais na Copa RFEF-

O Bergantiños CF quedou emparellado co SAD CF Internacional de Madrid e o Pontevedra CF SAD co CDA Navalcarnero, nos Cuartos de Final da Copa RFEF. A ida será o 10 de xaneiro para os carballeses nas "Eiroas" e para os pontevedreses en "Pasarón", e a volta o 24 do mesmo mes en territorio madrileño. Quixo a casualidade que nos Oitavos, ambos equipos galegos tivesen como rivais a equipos asturianos e desta volta para ambos equipos madrileños. Abrindo a nova o completo tes tódolos emparellamentos distes Cuartos de Final.

Segue cos emparellamentos de Cuartos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DA 15ª Xda DA 1ª GALICIA NA QUE O SD FISTERRA XA É LIDER.
Luns, 10 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-15ª Xornada-


O SD Fisterra colle o liderato e segue soñando.

-O SD Fisterra gaña o derbi ante Esteirana e xa manda na liga-

-Goleada do CD Baio e CF Dumbría e empate do SD Soneira-

A 15ª xornada da 1ª Galicia da Costa, leva as terras de Fisterra a ledicia de ser o equipo que manda na liga. O bo traballo dos rapaces de Ángel López e o seu propio quedan refrexados no liderato, tras derrotar ao SCDR Esteirana por 1-2. Unha Esteirana que foi mellor na primeira metade e que mereceu meterse por diante pero foi Adrián "Makaay", o que adiantaba aos fisterráns, que tiveron no seu porteir Iván Bouzón, foi o mellor do equipo. Xa na segunda metade o equipo "verdiño", fíxose co control do choque ante un equipo esteirán xa moi desgastado, e Jesús poñía a "puntilla", para pechar o encontreo. O gol que metía aos das Salinas no encontro chegaba no desconto. Pola sua banda o CD Baio goleaba ao Cordeiro CF, (5-1), nun choque para o disfrute da parroquia "branquiazul". Adiantábanse cun gol en propia porta e antes do descanso Alejandro facía o segundo, para a volta de vestiarios Martín MC "mataba" o encontro. Santi Díaz e de novo MC, completaban a goleada. O gol deles chegaba de penalti no 92.  Abre a nova o completo para ver o resto da crónica, clasificación e moito máis.

Segue cas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com