Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Ocio e cultura

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12345   >

SÁBADO DA BARCA 2018
Sábado, 08 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Ocio e cultura


 
Versión imprimible  
HOXE VENRES 9 DE SETEMBRO COMEZA A MÁIS GRANDE DAS ROMARÍAS DE GALICIA : A "ROMARÍA DA NOSA SEÑORA DA BARCA".
Venres, 07 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Ocio e cultura
-ROMERÍA DA BARCA-


Milleiros de persoas inundarán Muxía en especial na mañán do Domingo.

Romaría da Nosa Señora da Barca, (Muxía)

-"Hoxe venres comeza a máis grande romaría de Galicia"-

Hoxe venres 7 de Setembro comeza a máis grande romaría de Galicia, a Romaría da Nosa Señora da Barca, unha romaría que auna tradición, historia, relixión, cultura, romaría e festa. Calculan os teologos que a tradición da Virxe da Barca ven de antre o ano 570 e o 630 DC, e que as visitas a este punto da costa, veñen xa de moito antes de cultos pagáns de adoración as pedras e o sol. Foi a hermita da Virxe da Barca a primeira que se ergueu en Galicia de culto mariano, e a segunda de España trala Virxe do Pilar de Zaragoza. Tanto é así que en anos de dictadura compiteu ca virxe zaragozana como Patrona de España. Foi coroada a virxe muxiana no 1947 como Patrona de Galicia un 15 de Agosto. Aquel día barcos da Armada Española fronte ao Santuario tiraron 21 salvas na honra da Virxe e dende aquela cada día pola mañán ábrese a festa con 21 bombas de palenque. Son milleiros, centos de miles os que se acercan cada ano ao pé do Santuario, sendo o centro de peregrinaxe mariano máis importante de Galicia e o segundo tras Santiago de Compostela en culto relixioso. Só no mes de Setembro calcúlase que máis de 200.000 persoas pasan pola Punta da Barca, coa maior densidade na novena, que se leva a cabo durante 9 días antes da romaría, rematando hoxe, e que ten duas edicións diarias, con máis dun milleiro de devotos o día, e na fin de semana anterior a festa supera os 3.000 cada día. Segundo a Xunta de Galicia o Santuario da Barca é o 4º punto máis visitado de Galicia con máis de 400.000 visitas ao ano. A Barca é unha romaría de moitos números, que as veces parecen esaxerados, pero non para os que forman parte das peregrinaxes, e devocións diarias no Santuario....Segue o artigo abrindo a nova o completo.

Segue co artigo...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
FESTA GASTRONÓMICO-CUULTURAL DA "CHAGADA DO INFANTE ALFONSO" A MORAIME ESTE SÁBADO E DOMINGO.
Martes, 21 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Ocio e cultura
-A COMIDA DO INFANTE ALFONSO-


Excenificación no 2016 en Moraime da chegada do Infante Alfonso.

-Moraime rememora un episodio do seu brilante pasado-

-Sábado e Domingo Moraime volve a ser o centro de atención-

Este sábado e Domingo 25 e 26 de Agosto a localidade de Moraime, (Muxía), volve a lembrar un dos intres importantes da sua historia e un ano máis lembrarasea chegada o mosteiro de Moraime, un dos máis importantes da Galicia dos Séculos X o XIII, do Infante Alfonnso que acabaría sendo Alfonso VII,  "El Emperador", Rei de Castilla e León, e un benefactor do mosteiro. A principios do Século XI, chegaba da man do Conce de Traba, Pedro Froilaz, o Infante Alfonso de Borgoña, (Caldas de Reis 1105-Santa Elena 1157), fillo da raiña Urraca I de León e de Raimundo de Borgoña. O Infante Alfonso que foi traido o mosteiro moarimés, para agochalo da sua nai, dado que esta quería desfacerse dél para quedarse o trono de León e Castilla, a morte do seu pai. Estivo custotiado e sendo educado polo monxes co auspicio de Pedro Froilaz e do bispo Xelmirez responsable do que hoxe en día é Compostela, e desta axuda naceu en grande parte que o camiño se extendese ata as nosas terras, pois os monxes de Moraime eran donos de grande parte do que hoxe é a Costa da Morte, por petición do abade moraimés, Munio, que viaxou coa aprobación do bispo compostelán a Roma a solicitar este menester polos servizos prestados a igrexa. Moraime foi a cuna dos arqueólogos galegos na década dos 70 e volverá a selo. Son moitos a achagos que se levaron do mosteiro moraimés para Compostela e que deberían voltar a onde deberían estar e estiveron centos de anos. Un xantar o Domingo unirán a decenas de persoas polo módico prezo de 5 euros, e ata cubrir prazas, para honrar a antigua usanza cun asado de tenreira, (outros anos fíxose unha cea), e haberá postos de artesanía e gastronomía, coma un mercado no maravilloso entorno da Igrexa de Moraime. Segue ca información da festa gastronómico-cultural que orgañiza o Concello de Muxía e que se ven celebrando dende o 2015.

Segue ca información da festa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
FESTA GASTRONÓMICO-CUULTURAL DA "CHAGADA DO INFANTE ALFONSO" A MORAIME ESTE SÁBADO E DOMINGO.
Martes, 21 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Ocio e cultura
-A COMIDA DO INFANTE ALFONSO-


Excenificación en Moraime da chegada do Infante Alfonso.

-Moraime rememora un episodio do seu brilante pasado-

-Sábado e Domingo Moraime volve a ser o centro de atención-

Este sábado e Domingo 25 e 26 de Agosto a localidade de Moraime, (Muxía), volve a lembrar un dos intres importantes da sua historia e un ano máis lembrarasea chegada o mosteiro de Moraime, un dos máis importantes da Galicia dos Séculos X o XIII. A principios do Século XI, chegaba da man do Conce de Traba, Pedro Froilaz, o Infante Alfonso de Borgoña, (Caldas de Reis 1105-Santa Elena 1157), fillo da raiña Urraca I de León e de Raimundo de Borgoña. O Infante Alfonso que foi traido o mosteiro moarimés, para agochalo da sua nai, dado que esta quería desfacerse dél para quedarse o trono de León e Castilla, a morte do seu pai. Estivo custotiado e sendo educado polo monxes co auspicio de Pedro Froilaz e do bispo Xelmirez responsable do que hoxe en día é Compostela, e desta axuda naceu en grande parte que o camiño se extendese ata as nosas terras, pois os monxes de Moraime eran donos de grande parte do que hoxe é a Costa da Morte, por petición do abade moraimés, Munio, que viaxou coa aprobación do bispo compostelán a Roma a solicitar este menester polos servizos prestados a igrexa. Moraime foi a cuna dos arqueólogos galegos na década dos 70 e volverá a selo. Son moitos a achagos que se levaron do mosteiro moraimés para Compostela e que deberían voltar a onde deberían estar e estiveron centos de anos. Un xantar o Domingo unirán a decenas de persoas polo módico prezo de 5 euros, e ata cubrir prazas, para honrar a antigua usanza cun asado de tenreira, (outros anos fíxose unha cea), e haberá postos de artesanía e gastronomía, coma un mercado no maravilloso entorno da Igrexa de Moraime. Segue ca información da festa gastronómico-cultural que orgañiza o Concello de Muxía e que se ven celebrando dende o 2015.

Segue ca información da festa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESCOLMA DE FOTOS DA "XI MERCADO DAS RUTAS DO MAR, (MUXÍA 2017)"...1ª PARTE.
Luns, 06 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Ocio e cultura

ESCOLMA DE FOTOS

-"XI MERCADO DAS RUTAS DO MAR-


              Abrindo a nova completa tes moitas máis fotos do encontro.

-Escolma de fotos do "XI Mercado das Rutas do Mar", (Muxía 2017)-

-1ª PARTE-

-Máis fotos abrindo a nova completa-

Aquí tes unha reportaxe fotográfica para a lembranza do "XI Mercado das Rutas do Mar" que se celebrou en Muxía o 12 e 13 de Agosto do 2017. Agora as portas da 12ª edición desta gran festa gastronómica e de divertimento, que será os días 11 e 12 de Agosto, aquí vos traemos unha lembranza do que é este mercado mariñeiro, (nada que ver cun mercado medieval), no que nós temos a "Taberna Pirata", polo que se estiveches na nosa taberna ou no mercado podes salir nalgunha foto das que vos brindamos nesta 1ª Parte ou na 2ª que colgaremos mañán.

-Recomendamos ver as fotos no ordenador ou tv, para maior disfrute delas-

No enlace direto da dereita da portada da web quedan rexistradas a un so "click", tódalas Escolmas de Fotos que imos colgando na web, para máis facilidade de atopas para os usuarios. Ademáis nas crónicas da xornada durante a tempada poden aparecer máis fotos diste encontro.


Segue con MÁIS FOTOS...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
OS VELEIROS DA "III TRAVESÍA NAVEGA O CAMIÑO" XA ESTÁ NO PORTO DEPORTIVO DE MUXÍA.
Xoves, 26 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Ocio e cultura
-III TRAVESÍA NAVEGA O CAMIÑO"

-Veleiros-


O Porto Deportivo de Muxía acolle a penúltima etapa por mar.

-Os veleiros de "Navega o Camiño" xa están en Muxía-
-Mañán sairán cara Muros na peregrinaxe por mar-

A "Sail The Way" ou o que é o mesmo o Camiño de Santiago por mar consolídase como ruta peregrina e celebra a súa terceira edición. A ruta ao completo consta de once etapas, (10 por mar e unha a pé), que transcorriron por diferentes portos de Euskadi, Cantabria, Asturias e agora Galicia. O 10 de Xullo houbo unha saida dende o Porto de La Rochelle en Francia. Todos integrantes son da asociación North Mariñas, que conta coa aprobación do Arcebispado de Santiago. Os que a completen como mínimo dende a Coruña levarán a Compostela. Tras pasar estes días polo Porto de Hondarribia e o do Abra-Getxo, así como Santander, San Vicente de la Barquera, Xixón, Cudillero, Viveiro, Cedeira e A Coruña, chegaron hoxe a Muxía, (Porto Xacobeo), por segundo ano consecutivo e a mañán collerán rumbo a derradeira arribada da ruta por mar que será en Muros. Un total de 30 embarcacións e ao redor de 200 navegantes. A Marina Muxía situose o ano pasado no cuarto porto deportivo en volume de amarres.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
TODO O QUE DEU DE SÍ O "BEACH SOCCER VIDÚ CUP 2018" EN INFORMACIÓN E FOTOS.
Martes, 24 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Ocio e cultura


Manureva e Fisober reeditaron vellos enfrontamentos pero desta vez na area.

Fisober e Cerqueda conquistaron o areal de Canido

O Fisober de Dumbría na categoría feminina e o Cerqueda na masculina foron os grandes triunfadores da Vidú Beach Soccer Cup 2018 que enchiu de puro fútbol praia o areal malpicán de Canido.Aquí tes toda a información e fotos diste impresionante evento, que nos fai chegar a Asociación Deportiva Vidú, que conxuntamente co Concello de Malpica orgañizaron a competición.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESTE SÁBADO E DOMINGO A "PRAIA DE CANIDO" ACOLLERÁ A "VIDÚ BEACH SOCCER CUP" MASCULINA E FEMININA.
Martes, 17 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Ocio e cultura


A Praia de Canido acollerá un extraordinario cartel de equipos de ambos sexos.

-A praia de Canido acolle a "Vidú Beach Soccer Cup 2018"-
-O que era a antiga "Copa da Costa de Fúbol Praia"-

A vindeira fin de semana do 21 e 22 de xullo, a Asociación Deportiva Vidú e o Concello de Malpica de Bergantiños, en colaboración da Real Federación Galega de Fútbol, organizan a Vidú Beach Soccer Cup 2018 (antiga Copa da Costa de fútbol praia) no areal malpicán de Canido. Un ano máis, o "Canido Area" centrará toda a atención da Costa da Morte ao acoller a Vidú Beach Soccer Cup, unha competición que xa está consolidado na axenda estival do fútbol praia e que ano tras ano segue medrando en cantidade e calidade. Nesta ocasión, serán un total de dezanove equipos, (12 masculinos e 7 femininos), os que competirán na praia malpica durante dous días cheos de puro deporte.Unha vez máis a asociación que dirixe o tenista internacional en cadeira de roda, Martín Varela, copa o deporte na Costa da Morte, nunha extraordinaria capacidade para orgañizar eventos deste e outros tipos que poñen en alza o noso deporte e a nosa zona. Abre a nova completa para ver polo miúdo como será esta copa tanto no apartado masculino, (sábado 21), coma no feminino, (Domingo 22).

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ABERTO O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NAS DIVERSAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS DO "VERÁN DEPORTIVO DO CONCELLO DE MUXÍA".
Luns, 25 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Ocio e cultura
"MUXÍA DEPORTE DE VERÁN"
-Programación-


Algunhas actividades desenrólanse no porto deportivo muxián.

-Aberto o prazo de incricións para as actividades deportivas de Muxía-
-Cursos, campus, campamentos, xornadas deportivas...-

No día de hoxe quedou aberto o prazo de inscricións das actividades deportivas do "Verán Deportivo Concello de Muxía". Actividades de todo tipo e para todo tipo de persoas dende nenos a adultos. Cursos, campus, campamentos, xornadas deportivas, etc...son a carta dunha ampla programación que aquí podedes ver para elixir, e con toda a información de cando se realizan e de como inscribirse, así como do custo nas que teñen, que en todo caso é anecdótico, para o que se ofrece. Unha información que nos achega o responsable da parcela de deportes do concello muxián, Diego Castiñeiras. Abre a nova o completo para ver a programación.

Segue coa programación...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...



 
MAÑÁN SÁBADO VOLVE O "GRAN BOCADILLO DA LAREIRA DE MUXÍA" DE BALDE CON 60 METROS DE LONGO.
Venres, 15 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Ocio e cultura
O GRAN BOCADILLO DA LAREIRA


O "Gran Bocadillo da Lareira" congrega a numerosos comensais.

-Mañán o "Gran Bocadillo da Lareira" de balde para todo o mundo-

-Este ano será de 60 metros-

Mañán sábado 16 de Xuño poderedes degustar de balde na porta do Bar "A Lareira" de Muxía, a carón do Centro de Saúde e do Instituto "Ramón Caamaño" por cuarto ano cnsecutivo o "Gran Bocadillo da Lareira". O bocata máis grande de Galicia que fai 4 anos comezaba ca lonxitude de 50 metros e que este ano será de 60 metros de pan artesanal, con bonito, Nocilla, tortilla, xamón, chourizo, e diversos manxares da nosa terra. A degustación que será coma sempre de balde, comezará ás 19:00 horas e ata que se acabe. No medio haberá un premio sorpresa para o que lle toque. Dende o noso colaborador o Bar a "Lareira", convídanvos a pasarvos por onda eles e degustar este gran bocadillo.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
A "III TRAVESIA NAVEGA O CAMIÑO" QUE SAE A MEDIADOS DE XULLO DE FRANCIA VOLVERÁ A PARAR EN MUXÍA E MUROS.
Luns, 11 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Ocio e cultura





-III TRAVESÍA NAVEGA O CAMIÑO"

-Veleiros-


O Porto Deportivo de Muxía xa está consolidado e crecendo.

-O Camiño de Santiago por mar volve no mes de xullo-
-Muxía e Muros volven a ser un das paradas da peregrinaxe por mar-

A "Sail The Way" ou o que é o mesmo o Camiño de Santiago por mar consolídase como ruta peregrina e celebrará a súa terceira edición o próximo mes de xullo. A ruta ao completo consta de once etapas, (10 por mar e unha a pé), que transcorren por diferentes portos de Euskadi, Cantabria, Asturias e Galicia. Todos eles integrantes da asociación North Mariñas, que conta coa aprobación do Arcebispado de Santiago. Os que a completen como mínimo dende a Coruña levarán a Compostela. Porto de Hondarribia e o do Abra-Getxo. Nas xornadas seguintes os peregrinos-mariñeiros percorrerán Santander, San Vicente de la Barquera, Xixón, Cudillero, Viveiro, Cedeira, A Coruña, Muxía, (Porto Xacobeo), e a última arribada da ruta por mar será en Muros, onde se esperan unhas 30 embarcacións e ao redor de 200 navegantes. A Marina Muxía situose o ano pasado no cuarto porto deportivo en volume de amarres.  Está aberto o prazo de inscripcións para a preregrinaxe por mar na web : www.sailtheway.es

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESTE SÁBADO 2 DE XUÑO : "6ª ANDAINA CONCELLO DE MUXÍA : ETAPA CUÑO-MUXÍA".
Mércoles, 30 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Ocio e cultura
-6ª ANDAINA CONCELLO DE MUXÍA-
O fútbol da Costa unha envidia en toda Galicia.

-Este sábado 6ª Andaina Concello de Muxía-

-Será antre Cuño e Muxía-

Aquí tes toda a nformación da 6ª Andaina Concello de Muxía que nesta edición percorrerá os aproximadamente 10 Kms que separan a aldea de Cuño ata o peirao de Muxía. Tanto se pode ir xa dende Cuño e un autobús devolverá aos sendeiristas a voltar a coller os seus vehículos, como se pode sair en bus dende o peirao de Muxía que os levará o punto de saida. O percorrido comeza na belísima aldea de Cuño con Cabo Touriñán ao fornte e a carón da ladeira sur do Cabo da Buitra, para dirixirse tras pasar a carón da salvaxe Praia da Arnela, hacia Lourido, Río Escuro, e ata a Praia de Lourido, para pola Arliña ir hacia o Coido e Muxía. Unha zona do noso litoral con praias e coidos salvaxes e natureza pura e belísma
. Ademáis coincide que o sábado ten lugar na vila muxiana a Festa do Corpus polo que aos sendeiristas coincidiralle a chegada para tomar unha birras na sesión vermouth. Abre a información para ver toda a información desta andaina que nos manda o técnico de deportes do Concello de Muxía, Diego Castiñeira.

Segue co especial da liga...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
ÉXITO ROTUNDO DA "CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A FAME" DO CPR PLURILÍNGÜE MANUELA RIAL", (Información e fotos).
Luns, 21 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Ocio e cultura
CARREIRA PEDRESTRE
 
400 nenos de tódalas idades correron en Cee "Contra fame".

-Éxito rotundo da "Carreira Solidaria Contra a Fame"

-Orgañizada polo CPR Plurilingüe Manuela Rial-

Preto de 400 nenos e nenas do CPR Manuela Rial Mouzo participaron o pasado venres 18 na contorna da Praia da Concha, (Cee), na Carreira Solidaria contra a Fame nun ambiente festivo.O alumnado cumpriu co seu reto persoal e deu as voltas pertinentes  a cada un dos dous circuítos, (habilitados segundo a idade dos participantes, desde pitufos  ata cadetes e xuvenís), que montou   a organización. O menos importante neste caso era gañar a carreira. Abre a nova para ver toda a información e fotos.

Segue con toda a nformación e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
ESTE SÁBADO E DOMINGO O ESPECTÁCULO DO FÚTBOL PRAIA TRANSPÓRTASE A CORME CO "I TORNEO INTERNACIONAL DE FÚTBOL PRAIA : PRAIA DO OSMO".
Mércoles, 16 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Ocio e cultura
FÚTBOL PRAIA INTERNACIONAL
 
Sábado e Domingo o espectáculo do fútbol praia chaga a Costa da Morte.

"I Torneo Internacional de Fúbol Praia "Praia do Osmo"-
-Sábado 18 e Domingo 19 en Corme-

 
O vindeiro venres 18 de maio a partir das 18:00 horas e o sábado a partires das 16:30 horas,  dende a Asociación Deportiva Vidú e os orgañizadores do "I Torneo Internacional de Fútbol Praia : "Praia do Osmo" invítanvos a ir : "a gozar dos 8 mellores xogadores do fútbol praia mundial no areal do Osmo (Corme). Dende Amarelle Sport Group, a Asociación Deportiva Vidú e o Concello de Ponteceso temos o pracer de convidarvos a este evento único na Costa da Morte que organizamos en colaboración coa Real Federación Galega de Fútbol. Bruno Xavier (Brasil), Ozu Moreira (Xapón), Noel Ott (Suíza), Llorenç Gómez (España), Madjer (Portugal) ou Belchior (Portugal), son algúns dos cracks que farán as delicias dos espectadores na praia cormelana". Abre a nova para ver toda a información.

Segue con toda a nformación...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O VINDEIRO 19 MAIO O "I MINI CAMIÑO DOS FAROS CHEGA A MUXÍA".
Xoves, 10 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Ocio e cultura

-I MINI CAMIÑO DOS FAROS-


Os nenos disfrutarán dunha xornada inexquecible.
 (Foto : a orgañización).

-Capítulo 3: Traski coa Noiva do Vento-

Ainda que non se trata de fútbol, sí é un deporte, que moitos practicamos, como é o de andar pola Costa. Cando comezaron xa lles temos posto máis de un artigo sobre o que facían e que hoxe en día fan centos de persoas e xa se convirteu nun icono do sendeirismo. Aquél trasno andante, "Traski", co que comezaron un grupo de amigos, creceu de maneira espectaculra e segue a medrar e desta volta co "I Camiño dos Faros Infantil", que ten este vindeiro 19 de Maio a sua segunda etapa en Muxía, no que un pequeno grupo de nenos de 6 a 12 anos, acompañados de seus pais e nais, farán outro tramo do Camiño dos Faros cheo de máxia e aventuras. Será de 16:00 a 20:00 horas, coa quedada na Lonxa de Muxía, dende un bus levará ós participantes a Praia dos Muiños onde comeza a etapa, e que discurre en parte polo tramo final do Camiño : Santiago-Muxía, subindo polo Monte de Chorente e logo tras pasar a localidade do meso nome, baixar a Praia de Espiñeirido, para logo acabar no Santuario da Barca, na chamada polo poeta e escritor, Gonzalo López Abente, (Muxía 1878-1963), : "Noiva do sol e o vento". Abre a nova completa para ver toda a información que nos mandan dende a orgañización, coa que colaboramos dándovos divulgación dete fermoso deporte e máis ainda fascinante evento.



 
ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓNS PARA A NOVA "ESCOLA DE XADRÉZ CONCELLO DE MUXÍA".
Martes, 27 Febreiro, 2018 Enviado por Pirata
Ocio e cultura
ESCOLA DE XADRÉZ "CONCELLO DE MUXÍA"

En Muxía xa saben o que é traballar co xadréz.

-Nova Escola de Xadréz "Concello de Muxía"-
-Aberto o prazo de inscripción-

Segundo nos informa o Técnico de Deportes do Concello de Muxía, Diego Castiñeiras, queda aberto prazo de inscripción para a posta en marcha da nova  Escola Municipal de Xadrez, "Concello de Muxía", que dará comezo no mes de marzo.
As sesións serán impartidas por todo un Campión de España, Maestro fide, (MF), en 2004, Mestro internacional en 2006 e Gran mestro  (GM) en  2013. Nela poderá participar toda persoa interesada, desde os cinco anos en diante. As clases estarán separadas por niveis e desenvolveranse no edificio de usos múltiples do Concello de Muxía. Para a programación da escola ábrese o prazo de preinscrición e para formalizala, ten que poñerse en contacto co Departamento de Deportes do Concello (de 8:30 a 13:00 h. de luns a venres)  antes do vindeiro venres, día 2 de marzo, no tlf. 981 742 001 ou no enderezo eléctrónico  diego.castineira@muxia.es
 
Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROBERTO PEREIRA E MOUZI CAMPIÓNS DO "TORNEO DE TRUCO DA LAREIRA".
Xoves, 15 Febreiro, 2018 Enviado por Pirata
Ocio e cultura
IV TORNEO TRUCO "A LAREIRA"

Mouzi, (esq), e Pereira cos trofeos de campións.

-Pereira e Mouzi campións do Torneo de Truco da "Lareira"-

O "IV Torneo de Truco da "Lareira" chegou ao seu final a pasada fin de semana coa cea e a entrega de premios. Nunha "Final a 3", a parella formada por Roberto Pereira e Mouzi, impúxose as outras duas parellas, formadas por Genaro e Manolo por unha banda e Raúl e Rubén pola outra, nesta modalidade de xogo de cartas tan seguida  na nosa zona. Un total de 16 parellas participaron durante dous fins de semana no torneo, que xa está asentado antre os importantes torneos deste tipo que se celebran na Costa da Morte. O torneo está orgañizado polo Bar "A Lareira" de Muxía, colaborador da nosa web, do que podedes ver a sua publicidade e o que vos ofrece pinchando sobre ela. Segue con máis fotos abrindo a nova completa.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
UNHA FOTO NOSA PARTE DO CALENDARIO INTERNACIONAL DA EMPRESA DE TECNOLOXÍA MARÍTIMA "ZUNIBAL" PARA TODO O MUNDO.
Xoves, 04 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
Ocio e cultura

-A nosa foto ilustra o mes de Agosto-

-Seleccionada nun concurso internacional-

Unha foto nosa dende o "Pirata II" montando a "Punta da Buitra, (Muxía), foi seleccionada nun concurso no que participamos, para o calendario da empresa internacional de tecnoloxía marítima, chamada Zunibal, que opera en todo o mundo. O concurso e o calendario foi a nivel internacional e esta foto levará por todo o mundo a bravura do noso marda Costa da Morte, ilustrando o mes de Agosto deste 2018.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ÉXITO ROTUNDO DA "IV RUTA BTT CONCELLO DE MAZARICOS".
Domingo, 26 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Ocio e cultura
IV BTT CONCELLO DE MAZARICOS

Así estaba  A Picota antes da saida da ruta BTT.
 
-Éxito rotundo da "IV BTT Concello de Mazaricos-
-Preto de medio milleiro de ciclistas percorreron os picos mazariquenses-

O traxecto pola sua fermosura e o magnífico día para coller a bicicleta fixeron que a "IV Ruta BTT Concello de Mazaricos" fose un éxito total. Un pouquño antes das 10 da mañán partían dende  A Picota, (Mazaricos), preto de medio milleiro de ciclistas para percorrer os dous percorridos que tiña desiñados o apartado de deportes do Concello de Mazaricos, de 35 ou 45 Kms, antre os picos da Raña e Aro. Unha xornada extraordinaria, que como decimos foi un éxito rotundo, de participación e de orgañización.

Segue con máis fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.
 


 
FALTAN 10 DÍAS PARA A "IV RUTA BTT CONCELLO DE MAZARICOS" AQUÍ TES TODA A INFORMACIÓN.
Xoves, 16 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Ocio e cultura
-IV RUTA BTT CONCELLO DE MAZARICOS-

         Unha boa cita para os amantes da bici de montaña.

-Faltan 10 día para a "IV Ruta BTT Concello de Mazaricos-
-Ainda estás a tempo de apuntarte-

DMz e o  Concello de Mazaricos ogañizan para o 26 deste mes de Novembro a "IV Ruta BTT Concello de Mazaricos", que de seguro que vai ser un éxito como nas anteriores edicións das que xa vos falamos no seu día. A Ruta BTT mazariquense será de dous percorridos de dificultade media. Un de 45 Kms e outro de 35. Percorrerá os fermosos picos de Mazaricos, da Ruña o Aro. Os da orgañización teñen todo preparado, tanto para os participantes como para os acompañantes, pois ademáis de haber en 8 locais de hostalaría un menú económico para ese día de 10 euros, (podedes velos no cartel e máis polo miúdo na web www.mazaricos.gal), e ademáis un autobús turístico para os acompañantes baixo o lema : "Coñece Mazaricos". A ruta comezará o 26 ás 09:00 horas ca entrega de dorsais no Polideportivo da Picota, para dar o pistoletazo de saida ás 09:45. Os que queirades apuntarvos para esta fermosa maneira de facer deporte, e turismo cultural e gastronómico, podedes facelo nas oficiñas do Concello de Mazaricos,  no teléfono : 981 86 71 04, (horario de oficina), ou na web : www.mazaricos.gal. A inscripción é de balde.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com