Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Fútbol da Costa

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345    

COSTA IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO FÚTBOL DA COSTA".
Venres, 08 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
 COSTA IN BRIEFF

-Novas-


Trala xuntanza o Muxía CF terá unha churrascada na Arliña.

-Xuntanza e merenda do Muxía CF con tódalas categorías-

-Breves do Fútbol Costeiro-

-O Muxía CF terá xuntanza e merenda con tódalas categorías. O Muxía CF que preside o hosteleiro Álvaro Rodríguez, manterá unha xuntanza hoxe venres a partires das 19:00 horas con tódalas suas categorías, no Salón do Voluntariado do Edificio Multiusos da Camposa, (Muxía), para logo desta xuntanza informativa sobre a vindeira tempada, pasar a unha merenda a base de churrasco e bebidas no Campo d´Arliña. Dende o clube tamén nos confirmaron que o adestrador do primeiro equipo seguirá sendo un ano máis Adrián Lema. Abre a nova o completo para ver máis breves da Costa.

Segue coas novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DA VOLTA DE OITAVOS E PREVIA DA IDA DE CUARTOS DA "COPA DA COSTA DE VETERANOS".
Xoves, 07 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

COPA DA COSTA VETERANOS

-Crónicas e previa-


O SD Buño volveu a derrotar ao CD Baio e xogará ante o Hosgran en Cuartos.

-Crónicas da volta de Oitavos e previa da ida de Cuartos

da Copa da Costa de Veteranos-

A quí tes ascrónicas dos encontros da volta de Oitavos e a previa dos encontros de ida de Cuartos da "Copa da Costa de Veteranos". Un traballo que nos achega o presidente da Asociación de Clubes Veteranos da Costa, Modesto Parga. Abre a nova para ver as crónicas e a  previa dos encontros, dos que a dereita da portada da nosa web podes ver o cadro de resultados tralos encontros e cando queiras, así coma de outras copas.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DE SEMIFINAIS DA "LV COPA DA COSTA" : "TODO PODE PASAR NA VOLTA".
Luns, 04 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

"LV COPA DA COSTA"

-Crónicas-


O malpicán Camilo sumou o seu 5º gol co Xalla FC na Copa.

-Ventaxe para os "Preferentes" na ida-

-Pode pasar de todo na volta-

Ainda que gañaron os dous equipos de Preferente na busca dun lugar na Final da "LV Copa da Costa", ainda pode pasar de todo nos encontros de volta. O gol que marcaba a SCDR Esteirana na Fontenla no 3-1 para o Xallas FC dalles moitas ás de cara a buscar a "machada" na volra no Xosé Luis Vara. Pola sua banda a escasa vantaxe do SD Sofán sobre un SD Soneira que intimidou o equipo sofanista, fai que a volta sexa de plena emoción. Aquí tedes tódolos datos destes dous encontros e a visión dos mesmos de cada un dos adestradores. Abre a nova o completo para ver as crónicas e os datos destas Semifinais.

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PRESENTADO EN CAMARIÑAS UN CURSO DE MONITOR DE FÚTBOL BASE PARA OS MESES DE AGOSTO E SETEMBRO.
Luns, 04 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
-CURSO DE MONITOR DE BASE-

Membros da RFGF  e do Concello de Camariñas co alcalde a cabeza, (der.).

-Nada dito nas semifinais da Raiña da Costa-

-O curso será nos meses de Agosto e Setembro-

Esta mañá presentouse no Concello de Camariñas, o Curso de Monitor de Fútbol Base que levará a cabo no citado concello, nos meses de agosto e setembro. O curso, que será o sétimo que se realiza na Costa, tras os desenvolvidos en temporadas pasadas en Dumbría, Santa Comba (2), Fisterra, Muros e Baio. Segundo nos comentan dende a Subdelegación da RFGF da "Costa da Morte", sita en Baio : "O curso foi solicitado polo concello camariñán, para poder liquidar o problema de non contar con suficientes técnicos titulados no fútbol da zona, en especial nos catro equipos que forman parte do propio concello camariñán, (FC Camariñas, Porteño CF, SD Camelle e As Baleas FS), e cubrir esa demanda para todos eles, e os clubs de proximidade". O acto estivo presidido polo alcalde do concello, Alonso "Pichurri", quen estivo acompañado polo concelleiro de deportes e a coordinadora do Fútbol Base do FC Camariñas. Por parte da Real Federación Galega de Fútbol asistiu ao mesmo o vicepresidente Juan Villamisar; o director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera, e o delegado da RFGF na Costa da Morte e coordinador do curso, Manuel Corredoira.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
NADA DECIDIDO NA IDA DAS SEMIFINAIS DA "LV COPA DA COSTA".
Domingo, 03 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

Este cadro en supergrande na dereita da portada da web.

-Nada dito nas semifinais da Raiña da Costa-

Non se pode decir que esteña algo feito na ida de Semifinais da "LV Copa da Costa", pois a pesares de que todo mundo pensa que a final será SD Sofán-Xallas FC, tanto SD Soneira como SCDR Esteirana avisaron que está aí. O equipo vimiancés, aguantoulle o tipo ao sofanista e terá que loitar na volta a vindeira semana contra un 1-0, que non é excesivo. Juan de Dora marcou o gol dos sofanistas aos 20 minutos de xogo. Na outra semifinal o equipos esteirán caeu poor 3-1 e aférrase a ese gol para a volta. O incombustible, Doro, fixo o 1-0 aos 27 minutos de xogo e pouco despois Álex Blanco poñía un 2-0 con moi mala pinta para os das Salinas, (33´). Pablo Rama recuperaba a esperanza para os costeiros na derradeira xogada do primeiro tempo e a volta de vestiarios o malpicán Camilo, facía o 3-1, que sería definitivo. Impresionante a Copa que está a facer Camilo que xa leva 5 goles en 7 encontros.

Mañán luns traerémosvos a visión dos adestradores detes encontros.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
SEN SORPRESAS NA VOLTA DOS CUARTOS DE FINAL DA "COPA DA COSTA DE VETERANOS".
Domingo, 03 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
http://piratasdemuxia.es/IMAGES/COPADACOSTA/cadros/2018/copa%20veteranos-18.JPG

Este cadro en supergrand na dereita da portada da web.

-Sen sopresas nos encontros que estaban decantados-

Non houbo sopresas nos encontros que quedaron decantados na ida dos Oitavos de Final da Copa da Costa de Veteranos. SI houbo que sufrir ata o pitido final nos encontros que foron igualados na ida e o final o San Román que empatara na ida 2-2 co SD Soneira pasaba cun axustado 2-1, ante un equipo vimiancés con moitas baixas. Tamén foi igualado o encontro antre SD Castríz e o SD Coristanco, que gañaron os xalleiros 1-0, (3-2 para os coristanqueses na ida), e pasaron polos goles fora da casa. O SD Buño pola sua banda volveu a derrotar de maneira axustada ao CD Baio, 2-1, (na ida 2-3). Con todo esto xa tedes no cadro de arriba como quedan os Cuartos.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA A IDA DE SEMIFINAIS DA "LV COPA DA COSTA" : MAÑÁN DOMINGO PRIMEIRO ASALTO PARA CHEGAR A FINAL.
Sábado, 02 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

"LV COPA DA COSTA"

-Previa-


Podería repetirse unha final Soneira-Xallas.

-Sofán-Soneira e Xallas-Esteirana ás Semifinais-

-Mañán Domingo pola tarde cos de Preferente na casa-

Cada vez falta mnos para o gran día do fútbol da Costa. Unha final para q que todos esperan xa dende inicio un SD Sofán-Xallas FC, pero terán que pedirlle permiso a SD Soneira e SCDR Esteirana, que chegados a este punto poden dar a sorpresa e meterse na Final da "LV Copa da Costa", pero antes, mañán Domingo pola tarde terá lugar a ida das Semifinais e a ver como quedan os marcadores para a volta. Aquí tes toda a información para seguir estes dous encontros. Abre a nova o completo para ver a previa destas Semifinais.

Segue cos crónicas e a PREVIA...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DA VOLTA DE OITAVOS DE FINAL DA "COPA DA COSTA DE VETERANOS".
Xoves, 31 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

"COPA DA COSTA DE VETERANOS"

-Volta de Oitavos-


O SD Soneira visita o San Román tras empatar na casa 2-2.

-Hai equipos que xa teñen moito feito para ir a Cuartos-

Como xa vos comentábamos o Domingo tralos encontros, houbo equipos na ida de Oitavos de Final da "Copa da Costa de Veteranos", coma CF Dumbría e Sporting Zas, que xa deixaron, (salvo sorpresa monumental), resolta a eliminatoria o derrotar os dumbrieses ao SD Fisterra, por 4-0 e os zacenses ao CD Nantón, por 1-6. Tamén deixaron moi encarrilado o pase a Cuartos equipos coma o Porteño, que derrotaba ao Corme CF por 3-0, e o Hosgran, mellor ainda pois era un 0-3. No resto de encontros igualdade con todo para a volta este Domingo, do que che traemos aquí a previa. Abre a nova o completo para ver previa da volta de Oitavos.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
IDA OITAVOS DE FINAL DA COPA DA COSTA DE VETERANOS : "VARIOS EQUIPOS XA SENTENZARON A ELIMINATORIA".
Luns, 28 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

"COPA DA COSTA DE VETERANOS"

-Ida de Oitavos-


O Porteño derrotou ao Corme por 3-0.

-Varios equipos xa deixaron sentenzada a eliminatoria-

Non houbo miramentos en varios dos encontros da ida de Oitavos de Final da "Copa da Costa de Veteranos", e equipos coma CF Dumbría, Sporting Zas, xa deixaron practicamente resolta a eliminatoria contra equipos dos que entraban nas quinielas de favotiros coma o SD Fisterra ou o CD Nantón, dos que se esperaba máis igualdade na eliminatoria. Tamén deixaron practicamente feito o pase a Cuartos equipos coma o Porteño ou Hosgran, que gañaron os seus encontros por 3-0. Igualdade no resto de encontros, con todo para a volta. Abre a nova o completo para ver o que deron de sí esta ida de Oitavos.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DA VOLTA DE CUARTOS DA "LV COPA DA COSTA" : "AS SEMIFINAIS CONCRETADAS SEN SORPRESAS".
Domingo, 27 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

"LV COPA DA COSTA"

-Previa-


Rober "Pladur" solventou a eliminatoria pola vía rápida no Pino do Val.

-Sofán-Soneira e Xallas-Esteirana ás Semifinais-

-Só o Coristanco-Soneira tivo emoción ata o final-

-Crónicas volta Cuartos da "LV Copa da Costa"-

Todo foi segundo se pensaba o inicio desta copa e os que tiñan que estar, están, sen sorpresas.Remataron os Cuartos de Final da "LV Copa da Costa", e o Xallas FC e SD Sofán pasaron sen apuros. O SD Soneira está en semifinais e ben podía estar o SD Coristanco, pero está e na banda dos da Liga da Costa na ida hubo igualdade pero na volta dous foles de Rober "Pladur" en 11 mnutos xa puxeron ao CF Mazaricos a pensar no encontro de hoxe da Fase de Ascenso ante o SD Esclavitud. Aquí tes as crónicas dos encontros de onte e os de antonte que xa vos trouxemos tralos encontros. Abre a nova o completo para ver as crónicas dos xogados e a previa da volta dos Cuartos.

Segue cos crónicas e a PREVIA...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E PREVIA : "XALLAS E SONEIRA ESPERAN RIVAIS HOXE PARA SEMIFINAIS".
Sábado, 26 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

"LV COPA DA COSTA"

-Previa-


O Coristanco tivo contra as cordas ao Soneira.

-Xallas e Soneira esperan hoxe rivais para Semifinais-

-Hoxe turno para Sofán, Corme, Esteirana e Mazaricos-

-Previa volta Cuartos da "LV Copa da Costa"-

Todo vai indo segundo se pensaba o inicio desta copa e os que tiñan que estar, están, sen sorpresas. Hoxe rematan os Cuartos de Final da "LV Copa da Costa", e o Xallas FC espera rival do enfrontamento CF Mazaricos-SCDR Esteirana, (17:30 h), namentras que salvo sorpresa de derradeiro intre o SD Soneira terá como rival ao SD Sofán que se enfronta no Carral ao Corme CF, (17:00 h), que caeu na ida, 0-3. Abre a nova o completo para ver as crónicas dos xogados e a previa da volta dos Cuartos.

Segue cos crónicas e a PREVIA...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA : COMPLETADA A IDA DE CUARTOS DE FINAL DA "LV COPA DA COSTA", HOXE E MAÑÁN A VOLTA".
Venres, 25 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

"LV COPA DA COSTA"

-Previa-


Torrado será baixa no Corme para mañán sábado en Sofán.

-O Sofán despexou se había algunha dúbida goleando o Corme-

-Hoxe e mañán xóganse os encontros de volta dos Cuartos-

-Previa da "LV Copa da Costa"-

Non houbo sorpesa no Corme CF-SD Sofán xogado onte e o equipo sofanista da Preferente Norte goleaba a un Corme que o puxo todo empeño, e que acabou con 2 menos por expulsións de Torrado, (72´) e Cousillas, (83´), ambos por dobre cartón. Este encontro que foi aprazado por mor do encontro da Fase de Ascenso dos xuvenís do equipo cormelán, do que xa vos demos contada información, xogouse no Xaviña de Buño, por cusetións de iluminación e foi seguido por moitísimos afccionados. O encontro foi moi disputado e tenso de principio a fin. Adiantaba aos sofanistas Canedo pasada a hora de xogo, (68´); e xa no treito final, Quintela, (80´), facía o 2-0, cos cormeláns en inferioridade e José Luis poñía a puntilla, (83´), para deixar practicamente a eliminatoria resolta. Este encontro pechou a ida dos Cuartos de Final da "LV Copa da Costa", e hoxe venres xóganse dous encontros da volta e mañán sábado os outros dous. Aquí tes a previa para saber todo do encontro que che interese ir ver, ou por mera información. Abre a nova o completo para ver a previa da volta dos Cuartos.

Segue con toda a PREVIA...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DOS CUARTOS DA "LV COPA DA COSTA) : "HOXE PÉCHASE A IDA E ANTRE MAÑÁN VENRES E O SÁBADO XÓGASE A VOLTA".
Xoves, 24 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

"LV COPA DA COSTA"

-Previa-


O Corme enfróntase a un dos favoritos o título.

-Hoxe xógase o Corme-Sofán da ida dos Cuartos da "LV Copa da Costa"-

-Mañán e sábado xóganse os encontros de volta-

-Previa da "LV Copa da Costa"-

Hoxe xoves 24 de Maio, xógase o Corme CF-SD Sofán, (21:00 h), no Xaviña de Buño con entrada de balde. Este encontro que foi aprazado por mor do encontro da Fase de Ascenso dos xuvenís do equipo cormelán, do que xa vos demos contada información. Este encontro pecha a ida dos Cuartos de Final da "LV Copa da Costa". Xa sen respiro nesta Copa moi criticada por moitos motivos, xóganse mañán venres dous encontros da volta e o sábado os outros dous, xa que os equipos de superior categoría están inmersos na derradeira xornada das suas ligas. Un total de 5 equipos dos que ainda aguantan son da Liga da Costa, (Corme, Coristanco, Esteirana, Mazaricos e Sporting Zas), 1 da 1ª Galicia G2, (SD Soneira) e os dous que entraron da Preferente, (Xallas e Sofán), Aquí tes a previa para saber todo do encontro que che interese ir ver ou por mera información. Abre a nova o completo para ver a previa do encontro de hoxe da ida e os da volta dos Cuartos.

Segue con toda a PREVIA...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
IGUALDADE EN 2 DOS 3 ENCONTROS XOGADOS DA IDA DOS CUARTOS DE FINAL DA "LV COPA DA COSTA".
Domingo, 20 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

Este cadro telo en tamaño supergrande no enlace da "Copa da Costa Senior".

-Moita igualdade na ida dos Cuartos da "LV Copa da Costa"-

A falla dun encontro para completar a ida dos Cuartos de Final da "LV Copa da Costa", en dous dos 3 encontros xogados moita igualdade. O SD Coristanco segue a sorprender e tras eliminar ao San Lorenzo consigueu sacar un valioso empate ante o SD Soneira en Vimianzo, (1-1), e o CF Mazaricos a pesares das baixas e do duro "pau" na fase de ascenso coa derrota por 0-3 ante o San Mamed foi a casa do campión da Liga da Costa e a pesares de caer foi pola mínima, (1-0). Si que foi a lóxica o Xallas FC e derrotou por 0-2 ao Sporting Zas e apunta a semifinalista. O encontro antre o Corme CF e o SD Sofán xogarase o vindeiro día 24 ás 21:00 horas no Xaviña de Buño, para completar esta ida de Cuartos.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
XA TEMOS AO COMPLETO OS OITAVOS DE FINAL DA "COPA DA COSTA DE VETERANOS".
Domingo, 20 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

Este cadro telo en tamaño supergrande no enlace da "Copa da Costa Veteranos".

-Xa temos os Oitavos da "Copa da Costa de Veteranos"-

Tralos encontros de hoxe da Previa da "Copa da Costa de Veteranos", quedaron confeccionados os Oitavos de Final, nos que xa entran, Hosgran, Deportivo Carballo, CD Baio e SD Buño, que quedaran exentos desta previa, así como o SD Coristanco tras abandoar o SD Laxe eo Club do Mar que tamén estaba sen xogar o abandoar o Atlético Milagrosa.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
"LV COPA DA COSTA " : "CRÓNICA E GOLEADORES DOS OITAVOS E PREVIA DA IDA DOS CUARTOS".
Venres, 18 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

"LV COPA DA COSTA"

-Crónica e Previa-


O Muxía CF quedouse a un gol do pase ante o Corme CF.

-Xogada a volta dos Oitavos da "LV Copa da Costa"-

-Mañán sábado 2 encontros e Domingo 1 dos Cuartos-

-Crónica de Oitavos e Previa de Cuartos-

Con motivo de que o "Día das Letras Galegas", foi festivo para algunha xente, tal e como vos adiantamos na previa e onte cos resultados tralos encontros, xogouse na sua totalidade a volta dos Oitavos de Final da "LV Copa da Costa", o San Lorenzo e o SD Fisterra foron os primeiros de superior categoría en caer. Ambos da 1ª Galicia G2, da que agora só queda o SD Soneira que caeu ante o FC Camariñas, (3-1), pero xa tiña o traballo feito da ida, (7-0). Os fisterráns que están máis pendentes da liga na que se xogan a vida, deixaban a Copa da que son os actuais campións, ante un dos máximos favoritos coma o SD Sofán, cunha nova derrota. O rival dos sofanistas será o Corme CF, que derrotaba ao Muxía CF, que caía por 3-1, nun encontro de resultado incerto xa que un gol dos muxiáns daríalles a eles o pase tralo 1-0 da ida. Falábamos do SD Soneira que pasaba sen problemas e que terá de rival a un SD Coristanco que lle gañou os dous encontros ao San Lorenzo, sendo unha das sorpresas destes Oitavos, (2-4). Nun duelo de iguais o Sporting Zas derrotaba por 2-0 ao SCD Malpica, facendo valer o gol que marcara na ida para enfrontarse en Cuartos ao Xallas FC que goleaba ao Outes CF, (1-5). Moi igualado o choque antre a SCDR Esteirana que fixo valer o valor dos goles en campo contrario, tras caer a pasada fin de semana ante o UD Cerqueda e gañar onte por 2-0, e a piques estivo o SD Ponteceso de igualar a eliminatoria co CF Mazaricos, pero o final o empate a uns, (1-1), deulle o pase aos mazariquenses que se verán a cara nos Cuartos cos esteiráns. Xa sen descanso mañán sábado xóganse 2 encontros distes Cuartos e o que falamos finalmente antre esteiráns e mazariquenses o Domingo, xa que os mazariquenses comezan a andaina na Fase do Ascenso o sábado no Pedra d´ouro ante o CD San Mamed, (16:30 h). O SD Sofán-Corme CF está sen decidir xa que os cormelán teñen mañán promoción co equipo xuvenil que abastece de xogadores o primeiro equipo e o equipo sofanista Domingo ten liga, polo que está sen decidir o día. Aquí tes como foron os encontros de Oitavos e a previa dos Cuartos. Abre a nova o completo para ver toda a información das eliminatorias.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA : HOXE XÓGANSE TÓDOLOS ENCONTROS DA VOLTA DOS OITAVOS DE FINAL DA "LV COPA DA COSTA".
Xoves, 17 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

"LV COPA DA COSTA"

-Previa-


Este cadro telo en tamaño supergrande no enlace da "Copa da Costa Senior".

-Hoxe toda a volta dos Oitavos da "LV Copa da Costa"-

-Os Cuartos comezan sábado e Domingo-

-Previa da "LV Copa da Costa"-

Hoxe xoves 17 de Maio, "Día das Letras Galegas", xogase na sua totalidade a volta dos Oitavos de Final da "LV Copa da Costa", cousa que non lle fai moita gracia aos equipos, xa que os rapaces que están de prácticas dos seus estudos non baixan para xogar. Os que traballan en moitos casos non poderán facelo por atender aos seus traballos, pois non é festivo para todo o mundo, e ademáis os que se están a xogar algo, caso do Fisterra ou Mazaricos, este encontro, sumado a que voltarán a xogar sábado e Domingo, antre Copa, que retorna o sábado, e os seus encontros de liga e promoción. Logo están os Xallas, San Lorenzo, Baio, e Sofán, que ainda que non se xogan nada na liga acumularán 3 encontros en 4 días. Con todo isto aquí tes esta previa con todo o que debes saber se che interesa ver algún encontro, e para seguilos todos xa sabes que tes o noso cadro a drereita da portada da web, no que poñereos tódolos resultados e como quedan os Cuartos. Abre a nova o completo para ver a previa da volta dos Oitavos.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
MOITOS EQUIPOS DEIXAN PRACTICAMENTE A ELIMINATORIA NA IDA DA PREVIA DA "COPA DA COSTA DE VETERANOS".
Luns, 14 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
COPA DA COSTA DE VETERANOS
-Ida da Previa-  
 
Este cadro podes consultalo cando queiras a dereita da web.

-Varios equipos deixan a eliminatoria practicamente resolta-
 -Só 4 encontros moi igualados-

 Tal e como vos adiantábamos a pasada semana na previa, e ca presentación do noso cadro de resultados e emparellamentos, que podes ver a un "click" na dereita da portada da web, para seguir a Copa da Costa de Veteranos,que comezaba coa ida da previa e na que equipos coma o CD Nantón que derrotaba por 1-6 ao CD Poniente, ou o San Román que facía o propio co San Lorenzo, (4-0), e o Sporting Zas que derrotaba a domicilio ao UD Cerqueda, (2-5), parece que xa deixaron sentenzada a eliminatoria e cunha moi boa ventaxe tamén remataron o SD Fisterra, que gañaba por 4-2 ante o Leiloio, ou o CF Porteño que vencía ao SCD Malpica por 0-3, mesmo resultado que acadaba o SD Coristanco ante o SD Laxe, ou o SD Soneira que lle gañaba ao Sporting Bertoa por 0-2. Os únicos encontros con moita igualdade foron os empates de Cabana SD 1-1 Corme CF; Corcoesto 2-2 CF Dumbría ou as vitorias pola mínima de SD Ponteso sobre o San Isidro, ou o SD Castríz sobre o SD Sofán, ambos por 1-0.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O CERQUEDA DEU A ÚNICA SORPRESA DA IDA DE OITAVOS DE FINAL DA "LV COPA DA COSTA".
Luns, 14 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

"LV COPA DA COSTA"

-Ida de Oitavos-


Adrián Alcaina foi o "cicerone" da vitoria dos muxiáns sobre o Corme.

-O UD Cerqueda deu a sorpresa nesta ida de Oitavos de final-

-O resto de encontros dentro do esperado-

Comezou o venres a disputa dos Oitavos de Final da "LV Copa da Costa", que se extendeu ata o Domingo. Se falábamos en anteriores novas que non houbera sorpresas nos encontros con equipos de Preferente e 1ª Galicia, que gañaron con maior ou menor solvencia, coa goleada do SD Soneira ao FC Camariñas, (7-0). A vitoria do Xallas FC, sobre o Outes CF, (0-2), de a máis axustada do San Lorenzo. No duelo que se aventuraba máis igualado, cun equipo de Preferente, e outro da 1ª Galicia, era o SD Sofán de maior categoría o que goleaba ao actual campióno SD Fisterra, (5-1). Quedaban para onte Domingo 4 encontros todos eles con equipos da Liga da Costa e a sorpresa dábase no Xaviña de Buño onde o UD Cerqueda derrotaba por 4-2 ao campión de liga, SCDR Esteirana. Non por gañar senón por conseguir marcarlle 4 a un equipo que en liga recibeu 1,33 por encontro e o equipo cerquedense marcou 1,30 por encontro. No resto todo dentro do normal. O Muxía CF moi forte na casa todo o ano, derrotaba ao subcampión de liga, Corme CF, (1-0), con máis apuros ca no encontro da pasada liga, e nun choque máis "físico" no que houbo trío arbitral e amosáronse 12 cartóns amarelos. O SCD Malpica desafogado dos apuros da liga derrotaba a un similar como o Sporting Zas, (2-1), e o mesmo facía o CF Mazaricos, nunha boa pedra de toque de cara a fase de ascenso, e derrotaba ao SD Ponteceso, (1-2) a domicilio. Con todo esto agás o SD Soneira, e o SD Sofán, e coidamos que o Xallas FC, o resto está todo no ar. Tamén lembrarvos que ata Cuartos traemos tódolos anos unha crónica conxunta e o marcador ca ficha técnica dos encontros. Xa logo despois traeremos de cada encontro nos Cuartos as crónicas co parecer dos adestradores. Xa sabes que premendo no enlace direto da dereita da portada da web podes consultar cando queiras esta e as outras copas. Abre a nova o completo para ver estes encontros dos Oitavos.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DOS ENCONTROS DE HOXE DA "LV COPA DA COSTA" E CRÓNICA DOS XOGADOS.
Domingo, 13 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

"LV COPA DA COSTA"

-Previa-


Este cadro telo a un "click" na dereita da portada da web.

-Hoxe 4 encontros dos Oitavos da Copa da Costa-

-Os equipos de superior categoría encarrilaron a eliminatoria-

Comezou o venres a disputa dos Oitavos de Final da "LV Copa da Costa", que rematarán hoxe Domingo con 4 encontros. Non houbo sorpresas nos encontros con equipos de Preferente e 1ª Galicia, que adiantaron os seus encontros para xogar hoxe a xornada de liga e o SD Soneira deixaba a eliminatoria resolta ante o FC Camariñas cun craro 7-0. Pola sua banda o Xallas FC, vencía na sua visita ao Outes CF, (0-2), deixando tamén moi encarrilada a eliminatoria. Pasaba máis traballo o San Lorenzo na sua visita ao SD Coristanco o que derrotaba por 0-1, pero con probabilidades ainda para os da Terra da Pataca. No duelo que se podía considerar máis igualado, cun equipo de Preferente, (SD Sofán) e un da 1ª Galicia, (SD Fisterra), no que o campión actual, podía dar guerra, foson os sofanistas os que se levaron o encontro, e practicamente a eliminatoria, (5-1). Ben e certo que o SD Fisterra estase a xogar a permanenza na categoría. Xa sabes que premendo no enlace direto da dereita da portada da web podes consultar cando queiras esta e as outras copas. Abre a nova o completo para ver  estes encontros e a previa dos Oitavos.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

<   12345    

Theme creado por dev-postnuke.com