Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Menú principal

 

Tema: Fútbol da Costa

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345   >

"MARCADOR PIRATA" CON TÓDALAS LIGAS SENIOR CON EQUIPOS COSTEIROS E TODO O FÚTBOL BASE.
Luns, 21 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
MARCADOR RESULTADOS DE FÚTBOL

O noso marcador con tódolos resultados.
 
-Tódolos resultados da xornada do Fútbol Afeccionado e de base :
Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa
Xuvenís da Costa e da Galega, Cadetes da Costa e da Galega, Infantís, Alevíns e Benxamíns Grupos Norte e Sur
-Todo en foto montaxes-

Aquí tes comodamente nun só artigo como quedaron os encontros en tódalas ligas con equipos costeiros de fútbol modesto e de base con equipos e de ligas da costa e galegas. Todo elo nas foto-montaxes que vos estamos a brindar esta tempada polos problemas que temos no noso apartado de clasificacións. Un estilo novo que está a gustar moito. Tedes os resultados da Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa no fútbol afeccionado. E no de base : Xuvenís da Costa e da Galega, Cadetesda Costa e da Galega, Infantís, Alevíns F8 Grupo Norte e Sur e Benxamíns F8 Grupos Norte e Sur. Despois durante o día de mañá luns 21, coma sempre as crónicas dos encontros a nosa maneira única e intransferible. Do xogado o sábado xa tedes as crónicas na portada da web ou no enlace direto de cada categoría. Abre a nova o completo para ver tódolos resultados das ligas.

Segue cas foto-montaxes cos resultados por ligas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
MAÑÁN LUNS XUNTANZA EN BAIO PARA DETERMINAR COMO SERÁ A "LVI COPA DA COSTA".
Domingo, 20 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
XUNTANZA POLA COPA DA COSTA

Os equipos de Preferente gañaron 6 das 7 derradeiras finais.


-Xuntanza da RFGF cos clubes da costa para a "LVI Copa da Costa"-
-Este luns na Subdelegación de Baio-

Mañán luns 21 de Xaneiro, a partires das 20:30 horas, terá lugar a xuntanza na Subdelegación da Costa en Baio, antre os clubes da Costa e a RFGF, para tratar de chegar a un acordo sobre o modelo de competición que se levará a cabo na "LVI Copa da Costa". Na nosa web o pasado xoves presentábamosvos en exclusiva a proposta que vai facer o SCD Malpica e que xa está en poder do subdelegado Manolo Corredoira, e que será estudada xunto con outros modelos na xuntanza de mañán. Unha proposta a malpicana que non deixou indiferente a ninguén e da que recibimos dúcias de mensaxes de todo tipo, de adestradores, diretivos e afeccionados, e ata dende o ente federativo. Unhas a favor deste modelo, que pubricamos, outras con matices, outras totalmente en contra, (en especial dos clubes de categorías superiores), e o que sí recibimos en enorme cantidade, foron mensaxes en pro de que a Copa da Costa debería ser a encontro único de principio a fin, e na casa do equipo inferior, e a final en campo neutral, coa mesma distanza para os dous equipos finalistas. Abrindo a nova completa tedes a proposta que presentou o SCD Malpica, que como xa dixemos no seu día, é unha proposta que de seguro se estudará, e que pode valer de base ou non segundo decidan os clubes que son os que teñen a derradeira palabra.

Segue coa proposta para a "LVI Copa da Costa"...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
SUSPENDIDO POR DESTROZOS DE XABARÍNS O CAMELLE-LAXE E EMPATE ANTRE CASTRELO E CORCUBIÓN NA 3ª DA COSTA.
Domingo, 20 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-17ª Xornada-


Estado no que deixaron o "Rodeiro" os xabaríns.

CF Castrelo 2-2 UD Corcubión

-O SD Camelle-SD Laxe suspendido por desfeita de xabaríns no "Rodeiro"-

Comezou a 17ª Xornada da 3ª da Costa, de modo anecdótico, cando nos chegaban tanto do presidente do SD Camelle, Rubén, coma do adestrador "Pupus", ou mesmamente dende e Subdelegación da Costa, as fotos do que fixeran unha piara de xabaríns no terreo de xogo do "Rodeiro". Co seu bulir no enfangado campo camelláns, os xabaríns, (que ainda andaban pola porta do campo cando chegou o presidente camellán, como podedes ver na foto), conseguiron que se tivese que suspender o encontro SD Camelle-SD Laxe, un caso inédito na costa de suspensión dun encontro. Como nos decía nunha mensaxe un afeccionado do clube camellán : "O Xabaríns CF, saeu a quentar no rodeiro con tacos de madeira e deixou o campo emporcado". Si se xogou o outro encontro adiantado a xornada e no que o UD Corcubión deu a sorpresa ante o CF Castrelo, que se está a xogar un posto na promoción de ascenso e no que os corcubioneses gañaban por 1-2 no minuto 83, cando Eloy conseguía empatar e rescatar un punto para os vimianceses, (2-2). Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro e a previa dos deste Domingo.

Segue coa crónica doi encontro e previa dos encontros do Domingo...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
CHUVIA DE GOLES NO MAZARICOS-LIRA, (7-2) ENCONTRO ADIANTADO DA 17ª Xda DA LIGA DA COSTA.
Domingo, 20 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-17ª Xornada-


O Mazaricos cos 7 goles o CF Liura xa suma 55 goles nesta tempada.

CF Mazaricos 7-2 CF Lira

-O Mazaricos debuta no Pino do Val no 2019 con forza-

Nada facía presaxiar semellante goleada do CF Mazaricos no encontro adiantado o sábado da 17ª Xornada da Liga da Costa, se temos en conta que eran os "lirachos" os que se adiantaban no marcador no primeiro minuto de xogo cun tanto de Mamadou e tendo en conta as prestacións do equipo sureño no derradeiro trito da primeira volta. Deu un golpe enriba da mesa o equipo mazariquense e remontaba con dous goles seguidos de Estéfano, (1´4 e 16´), que faría 3 máis seguidos, sendo o "home do encontro". Íanse ao descanso co resultrado de 4-1, como decimos os 4 de Estéfano que poñía o 5-1 a volta de vestiarios. Completaban a chuvía de goles na segunda metade Capelo e Sergio, despois de que Crístian Caamaño fixese o 5-2. Primeiro encontro do 2019 no Pino do Val, no que os afeccionados que fixeron fronte o frío e a chuvia, disfrutaron dun encontro cheo de goles de bela factura, para deixar momentaneamente aos mazariquenses de líderes con 39 puntos, a espera do que faga hoxe o Corme CF nun complicado encontro ante un SCD Buño que se xoga tamén moito e que querrá esquecer a goleada da pasada semana en Muxía, (6-0). Abrindo a nova ao completo tes a previa dos encontros deste Domingo 20/01.

CF Mazaricos : Miguel, Manuel, Carreira, Mario, Esteban, Isma Pedrosa, Estéfano, Capelo, Iago, Yago e Fran Pose. Tamén xogaron : Sergio, Martín, Alberto e Adrián.

CF Lira : Baitir, Óscar, Crístian Formoso, José, Marcos, Oliver, Crístian Caamaño, Mamdou, Borja, Manuel Castelo e José. Tamén xogaron : Manuel Maceiras e Demetrio.

Goles : 0-1, Mamadou, (1´); 1-1, Estéfano, (14´); 2-1, Estéfano, (16´); 3-1, Estéfano, (24´); 4-1, Estéfano, (41´) ;5-1, Estéfano, (52´); 5-2, Crístian Caamaño, (54´); 6-2, Capelo, (58´); 7-2, Sergio, (72´).

Árbitro : Davíd Vázquez Lema. Expulsou ao xogador do CF Lira Demetrio no minuto 87 con vermello direto cando levaba 15 minutos no terreo de xogo.

Segue coa previa dos encontros do Domingo...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
EXCLUSIVA : "PROPOSTA DOS CLUBES PARA A "LVI COPA DA COSTA" QUE SE DEBATIRÁ O LUNS NA XUNTANZA CA RFGF.
Xoves, 17 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
EXCLUSIVA

O Xallas FC foi o campión da pasada edición.


-Proposta dende os clubes da costa para a "LVI Copa da Costa"-
-Debatirase o luns na xuntanza ca RFGF en Baio-

Aquí tes en exclusiva para os lectores de www.piratasdemuxia.es unha proposta que se debatirá o vindeiro luns 21 de Xaneiro, a partires das 20:30 horas, na xuntanza na Subdelegación da Costa en Baio, antre os clubes da Costa e a RFGF. Unha proposta que busca a igualdade na competición e que volva a ser atractiva tanto economicamente como deportivamente para os equipos das ligas costeiras. Os clubes non están dacordo con ningunha das 4 propostas que lles fixo a RFGF e tras 7 anos nos que a supremacía dos clubes de Preferente, (menos 1 que gañou un de 1ª Galicia), non sexa tan abrumante e perda interese a competición xa nos seus inicios. Abrindo a nova o copmpleto tes a proposta que defenderán os clubes costeiros. Unha nova que só www.piratasdemuxia.es vos trae e da que ten a total exclusiva, xa que non foi mandada oficialmente a ninguén. Queremos deixar craro que é unha proposta, non que sexa como finalmente se faga. 

Segue coa proposta para a "LVI Copa da Costa"...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CONVOCATORIA DA SELECCIÓN DA COSTA SUB 12 E XUNTANZA DA RFGF PARA CONFECCIONAR A COPA DA COSTA 2019.
Martes, 15 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
-FEDERACIÓN DE PEÑAS DEPORTIVISTAS-


Xogarán a 2ª Fase do Campionato Galego o 26 de Xaneiro.

-Lista de convocados para un adestramento da Selección da Costa Sub 12-

-Xuntanza para a Copa da Costa en Baio-

Aquí tedes a convocatoria da Selección da Costa da Morte Sub12 para un partido de adestramento o vindeiro xoves, 17 de Xaneiro, ás 19:00 horas, en Esteiro, (Muros), ante a SCDR Esteirana infantil. Un adestramento preparatorio para a 2ª Fase do Campionato Galego Comarcal de Seleccións Sub12 que terá lugar o sábado 26 de Xaneiro, na localidade lucense de Sarria.

Por outra banda, o luns día 21, ás 20:30 horas, teremos reunión de clubs da costa na sede da Subdelegación da RFGF na Costa, en Baio, para segundo nos informa o subdelegado costeiro, Manolo Corredoira : "Ir confeccionando as datas da Copa da Costa, así como o sistema da mesma. Proximamente realizaremos o sorteo da competición".

Segue coa lisa de convocados...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 16ª Xda DA 3ª DA COSTA NA QUE POR ARRIBA SEGUE A PUGNA ANTRE CORISTANCO E CABANA E POR ABAIXO A LOITA POLA PROMOCIÓN.
Martes, 15 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-16ª Xornada-


O Camariñas vence e apreta a loita pola promoción.

-Coristanco e Cabana non ceden e aprétase a loita pola promoción-

Iniciouse o 2019 na 3ª da Costa, co  lider SD Coristanco gañando con soltura en Laxe, (0-3), e co segundo o Cabana SD remontando e goleando ante o CD Nantón, (5-2), nun choque que se lles puido complicar e moito. Para a semana o SD Coristanco-Cabana SD pode ser un encontro no que o equipo da "Terra da Pataca" sentence a liga se gaña, ou no que o da "Ribeira do Anllóns", presente credenciais o título e deixe todo aberto se gaña. Un empate deixaría todo como está, pero cunha xornada menos e con todo de cara para os coristanqueses. Onde hai empuxóns e na loita pola promoción. A derrota do Castrelo ante o Sporting Seaia, (1-0), da que vos falamos o sábado, e a derrota do Outes CF ante o FC Camariñas, (1-2), con Berto Suárez no banco camariñán, así como a vitoria do CF Porteño sobre o SD Camelle, (4-2), e a do SD Castríz ante o UD Corcubión, (1-7), fai que todo apunte a unha loita sen tregua por duas das 4 prazas da promoción das que hai unha loita pechada de 4 equipos para 2 postos. Abre a nova ao completo para ver as crónicas e moito máis.

Segue coa analise dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 16ª XORNADA DA LIGA DA COSTA NA QUE POR ARRIBA TODOS GAÑARON E NA QUE HOUBO LESIONADOS GRAVES.
Luns, 14 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-16ª Xornada-


Adrián Alcaina sufreu a rotura do peroné nunha dura entrada.

-"Ninguén falla por arriba"-

Parece que lles sentou ben o descanso da festas navideñas aos equipos da parte alta na Liga da Costa. O lider Corme CF recibía a un Volantes de Baño CF que acabou o ano moi forte, pero que non está a dar a talla cos rivais diretos de arriba, de cara a poñerse de cheo a loita por todo e caía nun gran encontro ante os cormeláns, (2-1). Pola sua banda o CF Mazaricos tiña unha saida complicada para este reinicio, ante o UD Cerqueda, un dos equipos máis complicados da categoría. Vencían con moito traballo e sufrimento os mazariquenses pola mínima, (0-1). O SD Ponteceso tamén tiña rival complicado no SD San Lorenzo, pero solventaban con autoridade o choque, (3-0), e o Muxía CF recibía a un SD Buño, que coas baixas e ca marcha días atrás de 4 xogadores, chegaba a Arliña con 10 dispoñibles. Aguantaban ata o desconto da primeira metade e na segunda o Muxía CF pasaba o "rodillo". Lamentar a grave lesión do xove xogador muxián Adrián Alcaina, por unha entrada durísima que lle producía a rotura total do peroné. Unha lesión que non sentou nada ben aos muxiáns e o seu presidente Álvaro Rodríguez consideraba moi doido polo sucedido que : "A entrada foi o pé de apoio. Dame igual o color da tarxeta, dame igual sanciòn, e dame igual a impotencia, e dame igual, como lle queiran chamar. Hai que pensar en algo máis antes de facer esa entrada, que esto é un deporte señores, e non vivimos desto. Mañán hai que levantarse e uns temos que ir traballar, e outros facer as nosas vidas"...Por outra banda o CD Baiñas segue a mirara para arriba e goleaba ao UC Cee, (3-0). Por abaixo onde os resultados non axudaron nada, destacar a vitoria do UD Monte Louro, ante o SD Ameixenda, (0-1), que afunde máis aos ceenses e que lle da un respiro aos loureses cos resultados habidos na xornada. Destcar tamén o empate do CF Lira ante o Sporting Zas, (2-2), e a vitoria do SCD Malpica sobre o CD Muros, (0-1), unha vitoria adicada ao compañeiro Brais..Abre a nova completa para ver o análise dos encontros por parte dos nosos colaboradores, adestradores e xente dos clubes e outras cousas da liga.

Dende www.piratasdemuxia.es desexarlle a Adrián Alcaina unha pronta e satisfactoria recuperación, para que pronto volva a estar cos seus compañeiros disfrutando do que máis lle gusta. Igualmente desexarlle unha pronta recuperación ao xogador do SD Ameixenda, Andrés, que sufreu unha escordadura de nocello moi grave, sen rotura ósea, pero cos ligamentos afectados. Desexarlle unha pronta e satisfactoria recuperación. Tamén queremos darlle tódolos ánimos do mundo ao xogador da SCD Malpica, Brais, que esta semana perdía a sua nai, (D.E.P.). Acompañámolo no sentimento a él, a sua familia e amigos.

Segue coa analise dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...




 
MARCADOR PIRATA DO FÚTBOPL AFECCIONADOP E DE BASE DO 12 E 13 DE XANEIRO 2019.
Domingo, 13 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
MARCADOR RESULTADOS DE FÚTBOL

O noso marcador con tódolos resultados.
 
-Tódolos resultados da xornada do Fútbol Afeccionado e de base :
Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa
Xuvenís da Costa, Cadetes, Infantís, Alevíns e Benxamíns Grupos Norte e Sur
en foto-montaxes-

Aquí tes comodamente nun só artigo como quedaron os encontrso en tódalas ligas con equipos costeiros de fútbol modesto e de base con equipos e de ligas da costa. Todo elo nas foto-montaxes que vos estamos a brindar esta tempada polos problemas que temos no noso apartado de clasificacións. Tedes os resultados da Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa no fútbol afeccionado e no de base : Xuvenís da Costa, Cadetes, Infantís, Alevíns F8 Grupo Norte e Sur e Benxamíns F8 Grupos Norte e Sur. Despois durante o día de mañá luns 14, coma sempre as crónicas dos encontros a nosa maneira única e intransferible. Do xogado o sábado xa tedes as crónicas na portada da web ou no enlace direto de cada categoría. Abre a nova o completo para ver tódolos resultados das ligas.

Segue cas foto-montaxes cos resultados por ligas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PORTEÑO E SPORTING SEAIA DERROTAN A CAMELLE E CASTRELO NOS ENCONTROS SABATINOS DA 3ª DA COSTA.
Sábado, 12 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-16ª Xornada-
Resultados e encontros para mañán Domingo.

-Vitorias do Porteño e Sporting Seaia ante Camelle e Castrelo-

-Previa dos encontro de hoxe Domingo-

Nos encontros adiantados a xornada deste sábado o CF Porteño derrotaba ao SD Camelle, (4-2) nun choque moi tenso no que parecía que tiña o encontro gañado o equipo da ponte do Porto cando se poñía cun craro 3-0 a media hora de xogo con goles de Javi Antelo o primeiro de penalti aos 23 minutos de xogo e quedando os camelláns con un menos por expulsión de Jose. Wii marcaba dous goles en 3 minutos, (28´e 31´), pero antes do descanso Miguel Riveiro, (44´), acurtaba distanzas e a volta de vestiarios poñía un esperanzador, 3-2, (58´). Jorge Velo sentenzaba o choque aos 78 minutos ante un Camelle que quedaba antes do final con outros dous menos por expulsión de Dido, (65´e 75´) e Barreiro, (83´e 88´). Por parte dos porteños recibía dobre cartón o adestrador, Sergio Varela, (65´e 75´). Derbi puro e duro, con goles, polémica e expulsados, e sobre todo ambentazo na Grixa. No outro encontro adiantado a xornada, o Sporting Seaia comezaba o 2019 da mellor maneira, e era cun trunfo na Pedra Queimada sobre o CF Castrelo, nun choque xogado de poder a poder e que desnivelaba Pablo aos 39 minutos de xogo. Gol que lles valía para sumar os 3 puntos e frear os vimianceses na loita pola promoción...

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
O ANÁLISE DO XOGADO NO 2018 NA 3ª DA COSTA E O QUE QUEDA NO 2019: "ACABOU O ANO COAS PATACAS DE CORISTANCO E 12 MÁIS NA LEIRA"
Martes, 08 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-O ANÁLISE-


Espéranos unha segunda volta moi dura para entrar en ascenso e promoción.

-"As patacas de Coristanco e 12 máis na leira"-

-Analízamos a 3ª da costa co xa xogado no 2018,

e o que ven por diante no 2019-

Continuando coas análises das ligas co que deron de sí ata o final do 2018, e o que falta para rematalas neste 2019. Dista volta tócalle o turno a da Costa, (3ª Galicia G4 A Costa), na que nesta primeira volta, (xa van dous encontros da 2ª volta), ata final de 2018, houbo un equipo que destacou sobre todos, o SD Coristanco de Eloy Calvo e que aventaxa ao segundo clasificado o Cabana SD en 8 puntos, pero cun encontro máis. Os coristanqueses dan nestes intres do campionato a sensación de que non te preguntas se van a ascender, senón...cando?. A superioridade amósana en tódolos rexistros, máximos goleadores, menos batidos, máis encontros gañados, e sen coñecer a derrota. Logo pola segunda praza de ascenso direto está o Cabana SD, que ten na opugna como maiores pretendendtes ao SD Castríz, CF Porteño e Outes CF, este último comezou dubitativo, pero foise consolidadndo e xa é unha realidade na loita polo ascenso direto. Polo visto no que se leva xogado no 2018 a loita polas prazas de promoción vai a estar moi dura, pero por unha ou duas das prazas, e aí petan na porta, CF Castrelo, CD Nantón, SD Laxe, FC Camariñas e SD Camelle. Un tanto descolgados por unha mala primeira volta o Sporting Seaia, UD Corcubión e FS As Baleas, un debutante ao que lle está a costar acoplarse a categoría, pola xuventude de moitos dos seus compoñentes e o curto da plantilla. Moitas cousas poden dar un volco a esta situación actual no 2019, dadop que os equipos recuperarán xogadores e haberá máis de un fichaxe, para tratar de reverter a situación...Abre a nova completa para ver o análise o completo.

Segue coa analise dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
O ANÁLISE DO XOGADO NO 2018 DA LIGA DA COSTA E O QUE TEMOS POR DIANTE NO 2019 : "UNHA LIGA CON CORSÉ POR ARRIBA E CON FAIXA POR ABAIXO".
Luns, 07 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-O ANÁLISE-


Acabouse a 1ª volta e comeza a 2ª co 2019.

-"Unha liga con corsé por arriba e faixa por abaixo"-

-Analízanos a Liga da costa co xa xogada no 2018,

e o que ven por diante no 2019-

Continuando coas análises das ligas co que deron de sí ata o final do 2018, e o que falta para rematalas neste 2019. Dista volta tócalle o turno a Liga da Costa, na que tanto por arriba coma por abaixo hai fricción máxima. Saltan chispas polos postos de ascenso coma polos de descenso. Poderíamos dicir que por arriba están os equipos cun corsé pe por abaixo nunha faixa, pois calquera que perda ou empate vese superado, agás un par de equipos que fan de visagra, que nen para arriba nen para abaixo, pero en tódolos sentidos esto pode trocar, pois hai equipos que xa se reforzaron neste final de ano e outros que se reforzarán, por mor do curto das plantillas, un feito que se recrudece nos equipos que non teñen equipos de base. O inverno de fortes chuvias ecampos pesados, fixo que haxa moitos lesionados en tódolos equipos, e por desgracia moitos de lesións de longa duración o que mermou aos seus equipos..Abre a nova completa para ver o análise o completo.

Segue coa analise dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
UN BAIÑAS EFECTIVO DERROTA AO MAZARICOS E FAI O CORME "CAMPIÓN DE INVERNO".
Domingo, 30 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-Suspendido da 11ª Xornada-


O Mazaricos marcaba tras un saque de falta o 2-1.


CD Baiñas 3-1 CF Mazaricos

-O Baiñas lévase os puntos e o Corme o "Campiónato de inverno"-

Fermoso encontro no Municipal de Vimianzo, con máis de 300 afeccionados de toda a costa, antre dous dos grandes da Liga da Costa, no encontro que fora suspendido o 29 de Novembro debido as inclemencias meteorolóxicas. O CD Baiñas, foi máis efectivo ante un CF Mazaricos, que perdonou en exceso e non mereceu caer derrotado. Comezou mandando o equipo mazariquense e puido poñerse por diante do marcador, pero topouse cun Paulo que estivo enorme cas suas paradas e na anticipación. Non consigueu batir o meta corcubionés do CD Baiñas o equipo mazariquense, pero sí aproveitaba a sua ocasión Javi "Rubio" o fío do descanso tras un saque de curruncho que introducía na meta defendida por Miguel, co corpo pegado o pau. Puido empatar nun par de ocasións antes de irse a caseta o equipo "amarelo", en especial unha ocasión de Isma Pedrosa, pero non chegaría a igualada. A volta de vestiarios o equipo mazariquense foise arriba con todo, e de novo topouse ca figura do meta baiñés, que desbaratou máis dunha ocasión. Nunha contra moi ben levada o "arma letal" do equipo vimiancés, Pablo Muiño, encimado por rivais desparaba a porta e facía o segundo tras un rexeite dun central rival. Non tardaba en chegar o 2-1 que metía de novo de cheo aos visitantes no choque. Un saque de falta era aproveitado por Isma Pedrosa, o "killer" mazariquense para batir a Paulo, ca axuda dun compañeiro que lle desviaba o disparo de Isma. Buscou con maior tesón o equipo visitante a igualada, en especial con Estéfano que era un puñal por banda dereita e que surtía de balóns a dianteira. Non chegou o empate, pero si chegaría un golazo que xa ven puido ser de Pablo Muiño, pero o rexeite do seu tiro era aproveitado por Javi "Rubio", para pechar a falla de dous minutos un choque que se lles estaba a facer moi longo co asedio visitante. Mereceu o empate o equipo mazariquense que acaba a primeira volta na segunda praza a 1 punto do Corme CF, "Campión de inverno". Pola sua banda o CD Baiñas acaba o 2018 na 5ª praza cos mesmos 27 puntos co Volantes de Baño CF, meténdose na loita por todo, nunha segunda volta que vai a ser moi competida...Abre a nova completa para ver o resto da crónica do encontro e as clasificacións xeral e de pichichis.

Segue ca crónica e outros datos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DO ENCONTRO QUE FORA APRAZADO DA 11ª Xda DA LIGA DA COSTA : CD BAIÑAS Vs CF MAZARICOS QUE SE XOGA NA TARDE DE HOXE EN VIMIANZO.
Sábado, 29 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-Suspendido da 11ª Xornada-


Pablo Muiño, "Arma letal" do CD Baiñas suma 11 goles esta tempada.

-Hoxe xógase o CD Baiñas-CF Mazaricos suspendido da 11ª Xornada-

-Non se xogara por inundación no Municipal de Vimianzo-

Na tarde de hoxe a partires das 17:00 horas o Municipal de Vimianzo vestirase de luxo para disfrutar dun encontro antre dous dos mellores equipos da competición. Un choque da 11ª xornada da Liga da Costa suspendido o 29 de Novembro debido ao forte vento e as fortes chuvias. Xusto antes xogárase un CF Castrelo-SD Camelle, da 3ª da Costa, que debería ter sido tamén suspendido, pois na segunda metade, nun día dos máis chuviosos en Galicia dende que hai contro de litros caidos por metro cadrado, aos xogadores chegáballes o auga por enriba do nocello. O CD Baiñas, (6º clasificado con 24 puntos), tratará de derrotar ao CF Mazaricos, (2º clasificado con 33 puntos), para sumarse en principio e con toda a segunda volta por diante, ao grupo que loitará polo ascenso a 1ª Galicia G2. Unha vitoria levaríaos a 5ª praza cos mesmos 27 puntos do Volantes de Baño CF, e a 6 da segunda praza que da opción a promoción. Pola sua banda o CF Mazaricos, buscará recuperar a primeira praza, que ostenta o Corme CF a 1 punto. Ata un empate lles chegaría aos mazariquenses para alzarse de novo no máis alto, sería por golaveraxe cos cormeláns. Ambos equipos chegan con baixas a iste encontro, por lesións e por vacacións navideñas, pero iso non quita de que esteñamos ante un dos grandes encontros, antre dous equipos cun sistema de xogo moi semellante , equipos aos que lles gusta ter o balón e dende aí construir para chegar a porta contraria, en pos de como vaia o choque. Os adestradores, ven con ilusión o choque e con moita igualdade ...Abre a nova completa para ver o resto da previa do encontro coas verbas dos adestradores e máis cousas.

Segue ca crónica e outros datos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O FÚTBOL DA COSTA DE LOITO : PROFUNDA DOR NA SD FISTERRA POLO PASAMENTO DE MANUEL LÓPEZ, (D.E.P.).
Xoves, 27 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa


-O SD Fisterra de loito polo pasamento de Manuel López-

O SD Fisterra e por conseguinte o Fútbol da Costa está de loito polo pasamento de Manuel López Marcote, (D.E.P.), ex xogador do clube fisterrán, irmán do mítico xogador "Manín", e tío de Bebeto, ex xogador do equipo "verdiño", co que era un dos máximos orgañizadores e animadores da torcida fisterrana "Os Rapacollóns Big Band". Profunda a dor no entorno do clube fisterrán, polo que representa a perda dun familiar, dun ser querido, dun amigo. Parece que os finais de ano cébanse coa familia "verdiña", fai un par de anos, estábamos sufrindo a perda de Desiderio Nemiña, tras un ictus na mañán de fin de ano, presidente da entidade e gran colaborador da nosa web, e tamén unha persoa xove, (D.E.P.).

Dende www.piratasdemuxia.es non podemos máis ca darlle moitos ánimos a Manín e Bebeto, de principio como colaboradores da nosa web e amigos, así como a toda a sua familia e amigos, e acompañalos no sentimento. D.E.P. 


 
Versión imprimible  
AXENDA PIRATA CON TÓDDALAS LIGAS ENIOR CON EQUIPOS COSTEIROS E DO FÚTBOL BASE DE PREFERENTE AOS INFANTÍS.
Luns, 24 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

O noso marcador con tódolos resultados.
 
-Tódolos resultados da xornada do Fútbol Afeccionado e de base :
 Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa
Xuvenís da Costa, Cadetes da Costa, e Infantís
-Todo en foto montaxes-

Aquí tes comodamente nun só artigo como quedaron os encontros en tódalas ligas con equipos costeiros de fútbol modesto e de base con equipos e de ligas da costa. Todo elo nas foto-montaxes que vos estamos a brindar esta tempada polos problemas que temos no noso apartado de clasificacións. Un estilo novo que está a gustar moito. Tedes os resultados da Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa no fútbol afeccionado e no de base : Xuvenís da Costa, Cadetes e Infantís, xa que enAlevíns F8 Grupo Norte e Sur e Benxamíns F8 Grupos Sur, xa parou a liga ata o 13/01/2019. Abre a nova o completo para ver tódolos resultados das ligas.


Segue cas foto-montaxes cos resultados por ligas...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS SABATINOS DA 3ª DA COSTA E PREVIA DOS DE HOXE DOMINGO.
Domingo, 23 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-15ª Xornada-


O Camelle superou ao Corcubión nun choque moi disputado.

-Vitorias do Camelle e Outes ante Corcubión e Castrelo-

-Previa dos encontro de hoxe Domingo-

Nos encontros adiantados a xornada deste sábado o SD Camelle non lle choveron os millóns como predecía unha vidente que quería o seu número da lotaría, pero sí tivo un día de saúde, con vitroia no campo e logo cea de Nadal cos socios e afeccionados. Derrotou a un correoso Corcubión, nun Rodeiro que ben podería chamarse no día de onte, "Lameiro". Os camelláns vencían por 3-1 aos corcubioneses. No outro encontro adiantado o Outes CF derrotaba ao CF Castrelo por 1-3, na loita pola promoción de ascenso. Os da Serra con ista vitoria póñense provisionalmente na 3ª praza e con opcións a loitar polo ascenso direto...Abre a nova completa para ver as crónicas dos encontros sabatinos, e a previa dos de hoxe Domingo

Segue cas crónicas e a previa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
AXENDA DE TODO O FÚTBOL CON EQUIPOS COSTEIROS SENIOR PARA O 23 E 23 DE NADAL.
Sábado, 22 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
-AXENDA DO FÚTBOL AFECCIONADO COSTEIRO-

Ás ligas cas nosas foto-montaxes abrindo a nova o completo.

-Axenda dos encontros da Preferente Norte, 1ª Galicia G2,

Liga da Costa e 3ª da Costa-

Aquí tes da nosa maneira única e intransferible con foto-montaxes as previas da : Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa, da maneira máis cómoda para ver a onde queres ir. Para hoxe sábado 22/12, temos 5 encontros. Deles 2 son na 3ª da Costa, 1 na 1ª Galicia G2, e 2 na Preferente Norte co derbi SD Sofán-Xallas FC. Na Liga da Costa xóganse todos mañán Domingo...Abrindo a nova o completo tes as foto-montaxes da duas ligas...


Segue coas foto-montaxes cos encontros e toda a sua información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
RUBÉN COMÉNDEZ DA COSTA O DEPORTIVO E DO DEPORTIVO AO MÁNCHESTER CITY.
Mércoles, 19 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
-O PERSOAXE-      

Rubén Coméndez na sua época no Xallas de Santa Comba CF.

-Rubén Coméndez deixa o Deportivo para irse o Mánchester-
-Pasa de adestrador a olleador-

Rubén Coméndez Arranz, (Valladolid, 27/07/1972), deixa a sua faceta como adestrador do Deportivo Xuvenil "A", no que fixo un brilante traballo nas derradeiras 4 tempadas dende a chegada de Tino Fernández ao clube, para pasarse ao Manchester City, na faceta de olleador de xogadores de idade xuvenil para España e Portugal. O pucelano que tantas veces colaborou coa nosa web, nas duas tempadas que estivo no Xallas de Santa Comba CF, levando o primeiro equipo e o xuvenil, é o xogador con máis encontros na Segunda B, con 614. Xogou no Celta Turista, Arosa, Lugo, Fabril, (2 tempadas), Elche, Mensajero, Terrassa, Premiá, Pájara-Playas, (3), Universidad de Las Palmas, (3) e Vecindario, (4), no que se retitou. Marcou un total de 62 na sua carreira na categoría de bronce do fútbol español. Logo comezou a sua experienza nos banquillos, na que primeiro estivo unha tempada no Vecindario tras colgar as botas como xogador, e como dixemos estivo duas tempadas no Xallas de Santa Comba CF, na Preferente Norte, pero tivo que ser sustituido na sua segunda tempada, tras unha serie de malos resultados que levaran ao equipo de Santa Comba, tras 6 derrotas consecutivas, aos postos de descenso, i era sustituido por Juan Carlos Lois. Lembramos daquela que a pesres de que o equipo estaba a xogar ben comentábanos que : "Xuntouse a mala sorte a hora de fallar na finalización e conceder demasiado atrás e as numerosas baixas de homes importantes e de moito peso no equipo".

Dende www.piratasdemuxia.es non podemos máis ca desexarlle toda a sorte do mundo nesta nova andaina.

Segue cos resultados, clasificacións...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
BERTO SUÁREZ NOVO ADESTRADOR DO FC CAMARIÑAS.
Martes, 18 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
-3ª DA COSTA-      

 Berto Suárez na sua etapa na SD Ponteceso.


-Berto novo adestrador do FC Camariñas-

Segundo nos informan dende o FC Camariñas, Berto Suárez, é o novo adestrador do equipo camariñán. Vicente Carril, presidente do clube camariña´n, coméntanos que : "Tivemos unha xuntanza da diretiva e creemos que o mellor para darlle un impulso ao equipo era facer un cambio e chegamos a un acordo para que Berto sexa o nosos adestrador". Berto retorna ao equipo da sua terra, para tratar de devolvelo a Liga da Costa, sustitue no cargo a Tono "do Atlántico". O clube camariñán ocupa na 3ª da Costa a 8ª posición a 4 puntos do Outes CF que marca na 6ª praza a derradeira de promoción de ascenso.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

<   12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com