Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Fútbol da Costa

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345   >

CRÓNICAS, RESULTADOS, CLASIFICACIÓNS, ETC DA 7ª Xda DAS LIGAS FEDERADAS DE VETERANOS DA COSTA.
Mércoles, 31 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
VETERANOS DA COSTA
-7ª Xornada-


O SD Soneira Veteranos goleou ao lider SD San Lorenzo, (5-2).

-División de Honra : "Triple empate no máis alto"-

-1ª Galicia G1 : "A derrota do Xornes FC apreta a parte alta"-

7ª xornada tanto na División de Honra de Veteranos Costa da Morte, como na 1ª Galicia Veteranos G1 Costa da Morte. Na División de Honra o San Lorenzo caía goleado ante o Soneira Veteranos, (5-2), e perde o liderato, que ata o de agora levaba sen fisuras, desta volta está no máis alto, xa non de lider, pois por golaveraxe o Sporting Zas, que goleaba ao Sporting Bértoa, (0-4), é o novo lider, con 18 puntos, os mesmos ca o Soneira Veteranos que se coloca por golaveraxe terceiro, habendo así un triple empate no máis alto da competición...No que se refiere  a 1ª Galicia Veteranos G1, o lider Xornes FC, caía goleado ante o Corme CF, (5-1),facendo que ainda que os de San Xoan de Xornes, segan no máis alto, teñen aos cormeláns e ao CD Razo a só 2 puntos, e ambos cun encontro menos, xa que ambos xa tiveron xornada de "descanso", namentras que os xorneses non lles toca ata a 10ª xornada...Abre a nova o completo para ver os resultados, clasificacións, pichichis....

Segue coa información das ligas..

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 7ª Xda DA LIGA DA COSTA NA QUE O CORME FOI O ÚNICO QUE GAÑOU POR ARRIBA.
Luns, 29 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-7ª Xornada-


Derbi antre Corme CF e SD Ponteceso con reivindicación.

-O CF Mazaricos empata e sente o Come CF a 1 punto-

-O Corme CF levouse o derbi ante o SD Ponteceso-

7ª xornada da Liga da Costa na que o lider CF Mazaricos, non pasaba do empate ante o SD San Lorenzo, (1-1), e xa sente na caluga os vaos do Corme CF que derrotaba no "derbi pondaliano" ao SD Ponteceso, (2-1), e viña sendo o equipo cormelán o máis beneficiado da xornada, tralo inesperado empate do Muxía CF ante o CD Muros, (0-0), do que tedes dende o seu remate a crónica na portada da web e no enalec direto "Fútbol da Costa" da dereita da web. Con todo isto os cormeláns sitúanse na 2ª praza a só 1 punto dos mazariquenses, e 2 por enriba dos pontecesáns, e 3 dos muxiáns. Bo golpe o do Volantes de Baño CF, que derrotaba ao Sporting Zas por 2-0, e aupábase a 5ª praza, aproveitando os "pinchazos" dos equipos que os que precedía, coma o CD Baiñas e UD Cerqueda que empataban, (1-1), ou o SD San Lorenzo que empataba co lider, (1-1), e o seu rival o equipo zacense co que estaba empatado a puntos. Vitoria importante do SCD Malpica sobre o UD Monte Louro, (2-3) que mereceu mellor sorte. Trunfo de moral para o SD Ameixenda ante o SD Buño, a domicilio, (2-3), ao igual co do UC Cee sobre o CF Lira, (3-0); que segue sen dar refrexo ao fútbol que desenrola e segue cun punto como colista.  Abre a nova completa para ver as crónicas, clasificación e moito máis.

Segue cas crónicas e outros datos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DOMINICAIS DA 7ª Xda DA 3ª DA COSTA E MOITOS DATOS MÁIS DE COMO VAI A LIGA.
Luns, 29 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-7ª Xornada-


O Cabana gañou o Castrelo e agárrase a parte alta.

-Goleadas de Camariñas e Cabana nos encontros dominicais-

-A parte de arriba aprétase máis-

Goleadas do FC Camaiñas sobe o SD Laxe, (4-0) e do Cabana SD ante o CF Castrelo, (2-5), nos encontros que quedaron para Domingo da 7ª xornada da 3ª da Costa. Como xa vos indicamos nas crónicas dos encontros do sábado, o SD Castríz collía o liderato o derrotar ao FS As Baleas, (4-2), e superaba na táboa ao SD Coristanco que esta semana descansaba. O SD Camelle tamén gañaba no seu choque ante o CD Nantón, (2-0), e poñíase na "pomada" dos de arriba, a que se une o Cabana SD e na que están preto CF Castrelo, (que podía esta máis se gañase), e CF Porteño...Abre a nova completa para ver as crónicas dos encontos dominicais e moito máis.

Segue cas crónicas e outros datos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA DO MUXÍA CF 0-0 CD MUROS E PREVIA DA 7ª Xda DA LIGA DA COSTA.
Domingo, 28 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-Previa 7ª Xornada-


O Muxía non foi quen de derribar a defensa muradana.

Muxía CF 0-0 CD Muros

-Previa da 7ª Xornada-

O Muxía CF volve a tropezar na casa cun equipo dos de abaixo, dos chamados a loitar pola salvación , como xa lle pasara semanas antes ante o UC Cee. En ambos choques os rapaces muxiáns non viron porta, e sumaron 1 punto cun empate sen goles. O CD Muros chegaba sen medo pero con moito respecto a Arliña e cunha férrea defensa conseguiron sumar un punto máis na sua loita por asentarse na categoría. Abrindo a nova completa tes as impresións dos adestradores deste encontro e a previa da 7ª xornada da Liga da Costa, cos encontros para hoxe. Abre a nova completa para ver a previa dos encontros de hoxe.

Segue coa crónica deste encontrop e a previa do resto de choques...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DOS ENCONTROS SABATINOS DA 3ª DA COSTA NA QUE TEMOS NOVO LIDER NO SD CASTRÍZ.
Domingo, 28 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-7ª Xornada-


Barreiro fixo os dous goles do SD Camelle.

-SD Castríz sube o liderato-

-Vitorias de Castríz, Camelle e Seaia nos encontros sabatinos-

Xógáronse 4 dos 6 encontros da 7ª xornada da 3ª da Costa este sábado, tal e como vos apuntamos na previa, e onte cos resultados tralos encontros e neles o SD Castríz derrotaba a un FS As Baleas que vai a máis, (4-2), e que tras recibir un 3-0 claro, chegou a meterse no encontro con dous goles de Jesús Vigo. Este trunfo deu aos de David Velo o liderato, xa que o SD Coristanco tocáballe descansar e queda desbancado da primeira praza con 14 puntos a 2 dos xalleiros. A parte alta aprétase ca vitoria do SD Camelle sobre o CD Nantón, (2-0), que por cuestións de traballo non puido unha vez máis contar co seu adestrador, Carlos Regueira, e que nos brinda a visión do encontro do presidente do clube, Carlos Vidal, no seu comentario. Os de "Pupus" sitúanse momentanemente na 3ª praza con 12 puntos a 4 do lider e a 2 dos coristanqueses. Pode apretarse máis a parte alta se hoxe o CF Castrelo é quen de dobregar ao Cabana SD, (19:00 h), que tamén pode poñerse de cheo na "pomada" dos de arriba. Desaproveitou entrar no "podio" o CF Porteño que non pasaba do empate ante o Outes CF, (1-1), que tamén estaba con opcións de arrimarse aos de arriba e que reclamou falta no gol dos da Ponte do Porto. Chegou nista xornada a primeira vitoria do Sporting Seaia CF de Da Silva, que a pesares de que estaba a facer un bo fútbol, ainda non tivera o premio dos puntos...Abre a nova completa para ver as crónicas e moito máis.

Segue cas crónicas e outros datos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DA 7ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : "4 ENCONTROS SÁBADO E 2 DOMINGO".
Venres, 26 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-Previa 7ª Xornada-


Encontros e horarios da 7ª xornada.

-4 encontos mañán sábado e 2 o Domingo-

-Previa da 7ª Xornada-

Aquí tes a previa da 7ª xornada da da Costa, unha liga moi igualada e na que as cousas vanse poñer moito máis igualadas por arriba, pois descansa o lider SD Coristanco, que se pode ver desbancado da primeira praza se o SD Castríz derrota ao FS As Baleas, e igualado a puntos polo CF Castrelo se este derrota ao Cabana SD e encimado a un punto polo CF Porteño se os da Ponte do Porto derrotan ao Outes CF no "Conchido". Son todo conxeturas, pero que descanse o que vai de lider, pode dar pé a que as cousas se igualen e que entren máis equipos nista "pasta" que se está a formar na loita por todo e que fai máis atractiva esta liga. Xóganse 4 encontros mañán sábado 27 e os outros dous que quedan xogaranse o Domingo, un deles, o que enfronta ao FC Camariñas e ao SD Laxe será pola mañán no "Hermanas Patiño", (12:00 horas). Na foto, o xogador do CF Castrelo, Luis Roget, o xogador máis veterano en activo do fútbol afeccionado costeiro. Se abres a nova ao completo tes as designacións arbitrais e máis información da liga.

Segue coas designacións arbitrais e máis cousas da liga...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DA 7ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : "1 ENCONTRO O SÁBADO E O RESTO O DOMINGO".
Venres, 26 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-Previa 7ª Xornada-


Encontros e horarios da 6ª xornada.

-Un enconto p sábado e o resto o Domingo-

-Previa da 7ª Xornada-

Aquí tes a previa da 7ª xornada da Liga da Costa, na que sen dúbida Un encontro é adiantado a mañán sábado a partires das 16:15 horas. Este encontro é o que representará a primiera visita do CD Muros, baixo esta denominación, e asimesmo a primeira vez que o equipo de "Bibi" pisará o novo céspede da "Arliña". O resto de encontros xóganse o Domingo, e xa dende moi cedo, pois O UD Monte Louro-SCD Malpica, que comezará no "Agra de Filgueira" a partires das 12:00 horas. O lider visita ao SD San Lorenzo, nunha saida moi complicada ante un equipo o de Verdillo que ven a máis e que ainda non amosou totalmente o potencial que ten. Pola sua banda o segundo en concordia o SD Ponteceso, visita ao Corme CF, (3º), n "encontro da xornada". Un choque para o que mirarán de reollo os muxiáns. Abre a nova completa para ver máis información.

Segue con máis información da liga...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 3ª DA COSTA : "O CORISTANCO SEGUE MANDANDO E O PORTEÑO LÉVASE O DERBI CAMARIÑÁN".
Martes, 23 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-6ª Xornada-


"Wii" perseguido polos compañeiros no gol o Camariñas.

-SD Coristanco gaña o xusto para seguir liderando-

-O Porteño levouse un derbi ante o Camariñas que tivo de todo-

6ª xornada da 3ª da Costa e o SD Coristanco volve a gañar pola mínima para seguir en solitario o fronte da táboa, tras derrotar ao CD Nantón, (0-1), nun encontro moi complicado. Situase na segunda praza o SD Castríz a un punto dos da "Terra da Pataca", tras derrotar a domicilio ao Cabana SD, tamén pola mínima, (1-2), e quen desaproveitou a ocasión foi o CF Castrelo que igualaba co SD Laxe, (1-1). Pola sua banda o "encontro da xornada" xogábase na Grixa, onde o derbi camariñán, dos dous que había, (o outro supuxo a primeira vitoria da historia do EF As Baleas e foi ante o SD Camelle, (2-1), e do que tedes a crónica xa dende o sábado na web). No derbi xogado na Ponte do Porto, non faltou de nada : ambentazo, emoción, tensión, goles, polémica, tanganas, e ata se decideu no minuto 96, e rematou con 2 expulsados por parte dos camariñáns, unha delas a do delegado. Ou sexa, se o do sábado foi un derbi "lght", este foi un "derbi dos de antes". O trunfo no longo desconto foi para o CF Porteño por 3-2, con remontada no propio desconto. Pola sua banda o UD Corcubión e o Outes CF empataban no "Novo Cubaleiro", (2-2) ...Abre a nova completa para ver as crónicas e moito máis.

Segue cas crónicas e outros datos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 6ª Xda da LIGA DA COSTA : "O EMPATE ANTRE PONTECESO E MUXÍA DEIXA O MAZARICOS LIDER EN SOLITARIO".
Luns, 22 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-6ª Xornada-


O SD Ponteceso deixou escapar vivo o Muxía CF.

-O CF Mazaricos quédase só no máis alto tralo empate do Ponteecso-

-O Corme CF tamén se beneficia do empate antre Ponteceso e Muxía-

-O CF Mazaricos reivindicou o "non ao peche de Alcoa"-

6ª xornada da Liga da Costa na que o CF Mazaricos, que reivindicou o "non o peche de Alcoa", como xa fixeran pola mañán os veteranos, se era lider por golaveraxe, dista volta xa o é en solitario, tralo empate no "encontro da xornada", antre o SD Ponteceso e o Muxía CF, (0-0), no que os pontecesáns foron os que levaron o peso do encontro, pero topáronse cun Muxía CF moi ben plantado en defensa. Os muxiáns xogan o vindeiro sábado, (16:15 h), o encontro ante o CD Muros da 7ª xornada. Os mazariquenses teñen unha cousa da que adoecían a pasada tempada...gol. Dista volta golearon ao SCD Malpica, (3-0), que non mereceu tanto castigo, pero o dito. Agora hai gol nos de Roberto Amoedo, que non puido ser da partida por problemas físicos. Do empate antre pontecesáns e muxiáns, aproveitouse o Corme CF que goleaba ao UD Monte Louro, nun choque de moitas baixas en ambos equipos, pero que notaron máis os de Óscar Leis. Volveulle o sorriso ao CD Baiñas, que goleaban a domicilio ao debutante na competición, CD Muros, (0-4). Neste encontro deuse a anédota de que por baixas polas lesións o porteiro corcubionés Paulo, xogou de xogador de campo. Entraba no 77 e no 83 facía o 0-3 para os baiñeses. Tamén goleaba o Sporting Zas, ao San Lorenzo, nun choque no que os de Verdillo que estaban a facer un bo encontro desapareceron co primeiro gol zacense. O Cerqueda e o UC Cee xogaban sábado e tedes a crónica na portada da web dende que rematou o encontro, (2-0), e o Volantes de Baño CF, urgaba na ferida do SD Ameixenda, (1-4), que non está a aproveitar as ocasións e logo vese superado, desta volta ante un Volantes que foi mellor nas duas áreas. O SD Buño segue a sua xeira de resultados tralo troco de patrón e suman 3 novos puntos con Chema Rivadulla e desta volta goleando a un CF Lira, (0-4), que non mereceu tanto castigo. A capacidade goleadora foi cativa en xeral, pois só se acadaron 25 goles, pero eso sí, 24 de 7 equipos.  Abre a nova completa para ver as crónicas e moito máis.

Segue cas crónicas e outros datos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
TÓDOLOS RESULTADOS DA 6ª XORNADA DA LIGA DA COSTA 2018-19.
Domingo, 21 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-Resultados 6ª Xornada-


Resultados da 6ª xornada.

-Mañán luns podedes ver na nosa web coma sempre

todo o que deu esta liga, como vai ,e as crónicas-

Aquí tes os resultados da 6ª xornada da Liga da Costa,mañán luns colgaremos como cada luns tódalas crónicas dos encontros do Domingo, (o do sábado podedes leela na portada da web), así como todo o que deu de sí e como vai a liga nas clasificacións, pichichis, etc...Todo da nosa maneira única de contar e informar de todo.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
RESULTADOS 6ª XORNADA DA 3ª DA COSTA 2018-19.
Domingo, 21 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-Resultados 6ª Xornada-


Resultados da 6ª xornada.

-Mañán luns todo o que deu esta liga, como vai e as crónicas-

Aquí tes os resultados da 6ª xornada da da Costa,mañán luns colgaremos como cada luns tódalas crónicas dos encontros do Domingo, (o do sábado xa está na web), así como todo o que deu de sí e como vai a liga nas clasificacións, pichichis, etc...Todo da nosa maneira única de contar e informar de todo.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
TODO O QUE DERON DE SI AS LIGAS FEDERADAS DE VETERANOS DA COSTA FEDERADOS : "MAZARICOS E RAZO REIVINDICARON O SEU APOIO AOS TRABALLADORES DE ALCOA".
Domingo, 21 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
VETERANOS DA COSTA
-6ª Xornada-


O CD Razo e CF Mazaricos manifestáronse en contra do peche de Alcoa.

-División de Honra : "San Lorenzo segue forte e sen fisuras"-

-1ª Galicia G1 : "Xornes FC aguanta a presión e segue firme"-

-Mazaricos e Razo reivindicaron o apoio aos traballadores de Alcoa-

6ª xornada tanto na División de Honra de Veteranos Costa da Morte, como na 1ª Galicia Veteranos G1 Costa da Morte e na que temos que destacar na división de prata dos veteranos da Costa federados o detalle do CD Razo e o CF Mazaricos no que os xogadores e aoss que se uneu o colexiado do encontro David Cancela, reivindicáronse en contra do peche de Alcoa, posando para www.piratasdemuxia.es con cartulinas que rezaban : "Alcoa non se pecha". Unha sentir e un apoio ó que nos unimos totalmente. Xa pasando o meramente futbolístico, na División de Honra o San Lorenzo segue a amosarse moi forte e goleaba o Sporting Bértoa, (3-0), no derbi carballés. Dos perseguidores, que seguen a presionar aos de Verdillo, todos sacaron os 3 puntos. Polo que todo segue igual por arriba, (abrindo a nova completa tes tódolos datos desta xornada e da liga)...No que se refiere  a 1ª Galicia Veteranos G1, segue a total igualdade por arriba, sendo o que manda na táboa o Xornes FC, que derrotaba ao CV Leiloio pola mínima, (1-0), sendo esta a terceira vez que os de San Xoan de Xornes, vencen por 1-0 en 6 xornadas disputadas, o que fala as caras da seriedade en defensa do lider e do ben que rendaviliza as suas ventaxes. O resto de perseguidores, gañaron todos e segue todo igual...Abre a nova o completo para ver os resultados, clasificacións, pichichis....

Segue coa información..

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
LIGA DA COSTA, (6ª Xda) : "O UD CERQUEDA LÉVASE O ENCONTRO ANTE O UC CEE NO ENCONTRO SABATINO, (2-0)".
Domingo, 21 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-6ª Xornada-


Luis Lojo mandou un balón a madeira con 0-0 no marcador.

UD Cerqueda 2-0 UC Cee

-O Cerqueda lévase 3 puntos moi importantes-

Encontros adiantado o sábado da 6ª xornada da Liga da Costa no que dous equipos chamados, (en principio) a loitar pola permanenza, tiñan un choque dos que os puntos sempre son moi importantes. Foron os cerquedenses os que se levaron a vitoria nun choque moi igualado e que non se decantou definitivamente de cara aos da vila malpicana ata o desconto. Gustou e moito o UC Cee en terras cerquedenses, pero foise de vacío por cuarta vez na tempada. Adiantáronse os de Raúl Periscal aos 39 minutos de xogo cun tanto de José Guillamet, e non foi ata o desconto cando Diego Castro facía o definitivo 2-0, para sellar a vitoria, nun enfrontamento como decíamos que ata este intre puido pasar de todo. Abrindo a nova o completo tes as manifestacións dos adestradores e a previa dos encontros de hoxe.

UD Cerqueda : Diego Dourado, Marcos, Javi Souto, Fran Fernández, José Guillamet, Diego Pérez, Lorenzo, Dani García, Adrián, Martín e Miguel Sande. Tamén xogaron : Crístian, Jonathan, Gonzalo e David Dourado.

UC Cee : Maikel, Dani Freire, Pablo, Alberto, Aitor, José Carlos, Brais, Esteban, José Bermúdez, Luis Lojo e Iván. Tamén xogaron : Jon, Martín e Leo Picallo.

Goles : 1-0, José Guillamet, (38´); 2-0, Diego Castro, (93´).

Árbitro : Daniel Martínez Ferreiro.

Segue cas manifetsacións dos adestradores e a previa da xornada...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
3ª DA COSTA, (6ª Xda) : "O FS BALEAS ACADA A PRIMEIRA VITORIA DA SUA HISTORIA".
Sábado, 20 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-6ª Xornada-


Mal encontro dos acamellásn ante un Baleas que puxo moitas gañas.

FS As Baleas 2-1 SD Camelle

-Primeira histórica vitoria do FS As Baleas no derbi veciñal-

Esta 6ª xornada da 3ª da Costa deparábanos 2 derbis veciñais antre equipos do Concello de Camariñas. O primeiro tal e como vos aputábamos na previa era o que enfrontaba ao FS As Baleas, como sabedes, equipo de novo cuño nista categoría e o segundo mañán Domingo a partires das 16:30 horas no "Campo da Grixa", e que enfrontará ao CF Porteño e ao FC Camariñas. Niste primeiro derbi de hoxe no "Hermanas Patiño", o FS As Baleas facía historia e acadaba o primeiro trunfo da sua historia, así coma os primeiros puntos. Desta volta Vicente Castiñeiras, tiña fondo de banquillo e os seus adiantábanse aos 38 minutos cun gol de Xoxé. Coa vitoria mínima íanse os dous equipos ao vestiario e non era ata o 75 cando Tedín empataba para os camelláns, pero unha vez máis os camelláns deixaban escapar os puntos no derradeiro suspiro do encontro e Jesús Vigo, no 82 facía tamén historia dándolle a primeira vitoria o equipo camariñán. Os camelláns, potestaon os dous goles. No primeio cando se concedeu o gol o balón non atravesara a liña de gol e o posterior remate iumpacta na man do porteiro que sufría unha contusión na man. No segundo pediron suposta fora de xogo, pero ambos goles subiron o marcador.

FS As Baleas : Carlos Cousillas, Brais, Brian, Nicolás, Álvaro, Daniel, Carlos, Bieito, Jesús Vigo, Juan Lado, e Xoxé. Tamén xogaron : Fernando, Crístian e Darío.

SD Camelle : Roi, Sergio, Valiña, Carlos, Pablo, Barreiro, Vieites, Varu, David Vázquez, David Vieites e Rodrigo. Tamén xogaron : José, Tedín e Adrián.

Goles : 1-0, Xoxé, (38´); 1-1, Tedín, (75´); 2-1, Jesús Vigo, (82´).

Árbitro : Rai Reborido Rodríguez.

Segue ca previa da xornada...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DA 6ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : "XORNADA DE DERBIS E EMOCIÓNS".
Venres, 19 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-Previa 6ª Xornada-


Encontros e horarios da 6ª xornada.

-Tódolos encontros o Domingo agás o derbi FS As Baleas-SD Camelle-

-Previa da 6ª Xornada-

Aquí tes a previa da 6ª xornada da da Costa, unha liga moi igualada e na que o que perda pode caer varios postos, pois tralo lider  con 11 puntos, que ten un complicado derbi de proximidade nas Fontiñas ante o CD Nantón, que ten 9 e vai 6º, isto xa di as craras a igualdade da liga. Desta xornada o único que se adianta o sábado é o FS As Baleas-SD Camelle, que se xogará no "Hermanas Patiño", (Camariñas), e que representa o primeiro derbi antre estes dous equipos, dado que como sabedes o equipo "baleeiro" é de novo cuño nesta categoría, despois de moitos anos brilando no fútbol base, cousa que seguen a facer. Somos dos que pensamos que esta liga debería xogarse toda en sábado, en beneficio dos afeccionados, que os sábados non teñen moita oferta de encontros senior e o Domingo xóganse cáseuqe sempre o completo as duas ligas fortes, e sumandolle os equipos costeiros que están na 1ª Galicia G2 e na Preferente Norte. Volvendo a previa dista liga, como xa vos apuntábamos en primicia o SD Camelle, sumou 3 puntos o gañar na denuncia por aliñación do UD Corcubión-SD Camelle, (4-1), da primeira xornada, polo que apretan máis a liga por arriba e deixan tocados os corcubioneses, que gañaran no terreo de xogo, facendo un "enorme" encontro, en especial de Iago Lema. Os camelláns, (9 puntos a 2 do lider),  xunto co SD Castríz, (2º con 10 puntos a 1 do lider), CF Castrelo, (3º con 10 puntos), e Cabana SD, (4º con 9 puntos), estarán moi pendentes do encontro antre nantoneses e cabaneses, dos que firmarán un empate. O encontro da xornada ademáis do que se disputará nas Fontiñas, sen dúbida é o derbi CF Porteño-FC Camariñas, un derbi que nunca está falto de emoción e tensión. Se abres a nova completa podes ver a designacións arbitrais para estes encontros dos que tes o resto da información na foto de entradiña.

Segue coas designacións arbitrais...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA 6ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : "TÓDOLOS ENCONTROS O DOMINGO AGÁS UN QUE SE ADIANTA O SÁBADO".
Venres, 19 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-Previa 6ª Xornada-


Encontros e horarios da 6ª xornada.

-Tódolos encontros o Domingo agás o UD Cerqueda-UC Cee-

-Previa da 6ª Xornada-

Aquí tes a previa da 6ª xornada da Liga da Costa, na que sen dúbida o "encontro da xornada" é o que enfrontará ao SD Ponteceso, (2º) e ao Muxía CF, (3º), ambos invitos e con 2 puntos de diferenza. Os pontecesáns colideran a liga co CF Mazaricos, (que recibe ao SCD Malpica), con 15 puntos cada un e os muxiáns con 13. Estarán moi pendentes diste encontro ademáis dos mazariquenses os cormeláns, que aceron a 4ª praza e que reciben no "Cairo" ao UD Monte Louro. Este é o grupiño que abreu unha fenda na clasificación, que o 6º en discordia o San Lorenzo ou 6º, SCD Malpica, xa están a  puntos dos cormeláns, que marcan a rotura na táboa. Abrindo a nova completa tes os árbitros para estes encontros, dos que na foto tes toda a información dos enfrontamentos e horarios. Tal como vos apuntamos, na mesma, xóagse un encontro o sábado, o que enfrontará ao UD Cerqueda e o UC Cee, (18:30 horas).

Segue coas designacións arbitrais...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
3ª DA COSTA : O COMITÉ RETÍRALLE 3 PUNTOS AO UD CORCUBIÓN POR ALIÑACIÓN INDEBIDA ANTE O CAMELLE.
Venres, 19 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-Sancións-


Carlos Blanco, (8), motivo da reclamación do Camelle, nese encontro.

-O Comité dalle os 3 puntos o Camelle do encontro ante o Cocubión-

-Os camelláns reclamaran aliñación indebida-

O Comité da RFGF ven de anunciarnos que lle da a razón ao SD Camelle da 3ª da Costa, na sua reclamación de aliñación indebida do UD Corcubión, do encontro da 2ª xornada dista liga, xogado no Novo Cubaleiro, (Corcubión), o pasado 22 de Setembro, e que acabou co resultado de 4-1 para os corcubioneses. Un encontro dirixido por Carlos Señarís Balsas e no que os camelláns reclamaron a aliñación indebida do xogador número "8", Carlos Blanco, que arrastraba unha sanción da pasada tempada. O Comité estimou retirarlle os 3 puntos ao UD Corcubión e darle o encontro por gañado ao SD Camelle por 0-3. Con estes 3 puntos o equipo camellán sube a 5ª posición con 9 puntos os mesmos co Cabanas SD, (3º) e CD Nantón, (6º) e a 2 puntos do lider SD Coristanco, e a 1 punto do segundo, (SD Castríz), e do 3º, (CF Castrelo). O equipo corcubionés contiunará na 11ª posición, perro con 1 punto en lugar dos 4 cos que contaba. A aliñación do xogador polo que ven a sanción, ven motivada, por mor dun encontro aprazado, que contaron como un máis na sanción que tiña. Nesta categoría tamén foron sancionados cun encontro de suspensión os xogadores : Iván Caamaño, (CF Castrelo), Adrián Sendón, (CF Porteño), ambos por dobre cartón na pasada xornada, e Borja Iglesias, (SD Laxe), por vermello direto.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
TODO O QUE DEU DE SÍ A 5ª Xda DAS LIGAS DE VETERANOS DA COSTA FEDERADAS E A PREVIA DA 6ª.
Martes, 16 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
VETERANOS DA COSTA
-5ª Xornada-


O CF Mazaricos derrotou con apuros ao AC San Ramón Veteranos, (4-3).

-División de Honra : "San Lorenzo consolida o liderato"-

-1ª Galicia : "Xornes FC lidera unha liga con moita igualdade"-

Quinta xornada tanto na División de Honra de Veteranos Costa da Morte, como na 1ª Galicia Veteranos G1 Costa da Morte e o que teña un tropezo vese superado, dada a igualdade dos equipos na parte alta da competición. Na División de Honra o San Lorenzo consolida o seu potencial ao golear a domicilio ao ADC de Veteranos Ponteceso, (1-4), que chegaba segundo e podía arrebatarlle o liderato aos de Verdillo e cae así a 4ª praza, superado por Sporting Zas e Soneira de Veteranos, ambos con 12 puntos a 3 do lider e 2 por enriba dos pontecesáns...No que se refiere  a 1ª Galicia G1, existe total igualdade por arriba, xa que ainda que manda na táboa o Xornes FC, que derrotaba ao pola mínima ao SD Fisterra Veteranos, (0-1), e suma 12 putnos, por detrás veñen o CD Razo, que goleaba a domicilio ao Soandres FC, (0-3), e o CV Leiloio, que derrotaba ao Rio Grande/Raxaría Os Arcos, (4-3), ambos teñen dous puntos menos cos de San Xoan de Xornes, pero cun encontro menos. Logo cun encontro máis ca eles veñen o SD Sofán e o  CF Mazaricos, con 8 puntos a 2 dos perseguidores e a 4 do lider. Polo tanto moita igualdade...Abre a nova o completo para ver os resultados, clasificacións, pichichis, previa seguinte xornada....

Segue coa información..

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 5ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : "SD CORISTANCO NOVO LIDER".
Luns, 15 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-5ª Xornada-


O SD Coristanco desbanca o CF Castrelo da primeira praza.

-SD Coistanco novo lider en solitario-

-Marcáronse 20 goles, 11 deles en 2 encontros-

5ª xornada da 3ª da Costa e a derrota pola mínima do CF Castrelo por 0-1 ante o CF Porteño, fixo que os "deportivistas" de Vimianzo caeran da primeira praza en detrimento do SD Coristanco que goleaba sen problemas ao EF As Baleas, (5-0). Tamén sorprendía a goleada do SD Castríz, anet un SD Laxe, (6-0), que anda antre "lusco e fusco" por mor das lesións. Tamén caía o SD Camelle ante o Cabana SD un encontro que chegou a ir gañando 2-0, pero que estaba a ser un espellismo do que vía no terreo de xogo. Remontaron os cabaneses, (2-3), ante un equipo o camellán, que tiiña moitas baixas e moi importantes. Pola sua banda o Outes CF derrotaba sen moitos atrancos ao Sporting Seaia, (3-0), e o FC Camaiñas e o UD Corcubión, firmaban táboas, sen mover o marcador. Descansou o CD Nantón...Abre a nova completa para ver as crónicas e moito máis.

Segue cas crónicas e outros datos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 5ª XORNADA DA LIGA DA COSTA NA QUE O CORME PERDE A IMBATIBILIDADE E MAZARICOS E PONTECESO SEGUEN CON PLENO.
Luns, 15 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-5ª Xornada-


O SD Ponteceso segue sumando de 3 en 3.

-Mazaricos e Ponteceso seguen lideando con pleno de vitorias-

-O Corme CF cae en Muxía no choque da xornada-

5ª xornada da Liga da Costa na que o CF Mazaricos, (lider por golaveraxe), volveu a sumar unha vitoria ao seu inmaculado andar pola competición, desta volta derrotando ao UD Monte Louro a domicilio, (0-3), ao igual ca o SD Ponteceso, que derrotaba ao CD Baiñas, (3-1), para seguir da man cos mazariquenses. Soltouse da man o  Corme CF, que tiña un difícil choque na Arliña ante o Muxía CF, (2-1), outro dos equipos que vai a loitar por todo este ano. Quentiño estivo o encontro que enfrontaba ao SCD Malpica e ao Sporting Zas, (3-1), no que houbo ata 12 acrtóns, 4 deles vermellos. Volveu a gañar o San Lorenzo, desta volta ao SD Ameixenda, (3-1), e xa asoma a cabeza pola zona alta, xunto cos malpicáns. Falando de malpicáns, vaia derbi máis extraordinario o que protagonizaron o SD Buño e o UD Cerqueda, cun resultado máis propio doutros deportes, co 5-5 final. Moi bo para os afeccionados, pero non así para os adestradores. Tamén houbo goles no derbi sureño antre o Volantes de Baño CF e o CF Lira, un total de 6, (3-3), e con diferentes pareceres a hora de valorar o punto. Por outa banda o UC Cee sumaba a pimeia vitoia do campionato,, (3-1), ante un CD Muros, ao que colle na táboa cunha vitoia e un empate nesta pimeias 5 xonadas de liga. Abre a nova completa para ver as crónicas e moito máis.

Segue cas crónicas e outros datos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

<   12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com