Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Fútbol da Costa

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345   >

CRÓNICAS DA 1ª Xda DA LIGA DA COSTA NA QUE SE MARCARON 31 GOLES EN 8 ENCONTROS.
Luns, 17 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-1ª Xornada-


O CD Baiñas comeza mandando na liga por golaveraxe.

-5 vitorias visitantes e 3 locais na primeira tirada da liga-

-Marcáronse 31 goles : 3,88 por encontro-

Comezou forte a Liga da Costa 2018/19, xa que de 8 encontros ningún acabou en empate e de 16 equipos tan só dous quedaron sen ver porta, o SD Buño eo SD Ameixenda. Nada menos ca 31 goles foron os que se marcaron nestes 8 choques, con 5 vitorias visitantes, e 3 locais. En 2 encontros o equipo vistante marcou 4 goles e en e en 4 foron 3 goles o do equipo gañador, sendo por golaveraxe o lider nista primeira tirada da liga o CD Baiñas que goleaba por 0-1 ao UC Cee. Abre a nova o completo para ver as crónicas dos encontros.


Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
PREVIA : ESTA FIN DE SEMANA COMEZA O CURSO 2018-19 PARA 75 EQUIPOS COSTEIROS DE 7 LIGAS.
Mércoles, 12 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
FÚTBOL DA COSTA
-Inicio de ligas-


Comeza o curso para 75 equipos costeiros en 7 ligas.

-Este fin de semana comezan 7 ligas con equipos costeiros-

-75 equipos : 2 Afeccionados, 2 veteranos, 1 base e 2 de fémininas-

Este vindeiro sábado, (con 8 encontros de xuvenís e un de afeccionados) e Domingo, (26 encontros de homes e 2 de mulleres), comeza a actividade en 7 ligas con equipos costeiros. Un total de 75 equipos costeiros comezan a sua andaina neste curso 2018/19. Agás nas das rapazas, no resto son ao completo equipos da Costa, pois comeza a Liga da Costa, (2ª Galicia G2 "A Costa"), con 16 equipos costeiros, a 3ª da Costa, (3ª Galicia G4 "A Costa"), con 13 equipos, a División de Honra de Veteranos G1 "Costa da Morte" con 14 equipos costeiros, a 1ª Galicia de Veteranos G1 "Costa da Morte" con 13 equipos, a de Xuvenís da Costa, (1ª Autonómica Xuvenil G2, "A Costa"), con 17 equipos, e logo a 2ª División Feminina Grupo 2, co Bergantiños CF e o Grupo 3 co ED Os Miúdos. Abre a nova o completo para ver tódolos horarios da primeira xornada destas ligas.


Segue coa previa dos horarios destas ligas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
SAN LORENZO E SAN ROMÁN LEVÁRONSE AS SUPERCOPAS DE VETERANOS XOGADAS EN PONTECESO, (Crónicas).
Mércoles, 12 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
VETERANOS DA COSTA
-Supercopas-


O A Piña-San Lorenzo foi un choque moi reñido e resolveuse nos penalti.

A Piña 0-0 San Lorenzo

(5-6 nos penaltis)

San Román 3-0 Porteño CF

-San Lorenzo e San Román campión das Supercopas de Veteranos-

Este pasado "Domigno da Barca" xogábanse no "Pinguel", as portas das  "Festas da Barquiña" pontecesanas, a "Supercopa de Veteranos" da División de Honra de Veteranos G1 Costa da Morte e da 1ª Galicia de Veteranos Costa da Morte, que é como se denominan agoa as que asntes era 1ª División de Veteranos da Costa e 2ª División de Veteranos da Costa, que comezan esta fin de semana e da que xa vos demos contada información, (tédela no enlace direto "Fútbol da Costa"), e da que vos estamos a preparar unha previa. Xogaron no campo pontecesán na mañán dominical, primeiro o A Piña, (antes Hosgran), e o San Lorenzo, que empataban a ceros no tempo de partido e logo gañaban os de Berdillo, 5-6 nos penaltis e levábanse a Supercopa. Tras este encontro era o turno do San Román e o Porteño CF, e neste encontro sí se decidía trodo no tempo de partido, sendo para os laracheses o título cun craro 3-0. Esta foi a primeira edición cos equipos xa federados e baixo a tutela da RFGF. Abre a nova o completo, para ver a visión dos encontros por parte dos nosos colaboradores, Juan Abelenda, (A Piña) e Javi Baña, (Porteño CF). 


Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
VETERANOS DA COSTA : ASÍ SERÁ A 1ª GALICIA G1 "COSTA DA MORTE" E A SUPERCOPA DESTE DOMINGO.
Xoves, 06 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
1ª GALICIA G1 DE VETERANOS
-Calendario e Supercopa-


O SD Fisterra quedouse o ano pasado as portas do ascenso.

-Así será a 1ª Galicia de Veteranos G1 "Costa da Morte"-

-A liga comeza o 16 de Setembro-

O vindeiro 16 de Setembro vota a andar a 1ª Galicia de Veteranos G1 "Costa da Morte", a que engloba aos equipos da Costa da Morte que militaban na 2ª División de Veteranos da Costa, (non federada), e algún de nova factura. Na liga que ao igual ca División de Honra de Veteranos, (tes o especial da liga no enlace direto en "Fútbol da Costa" a dereita da web), que engloba aos equipos que estaban na 1ª División da Costa da Morte, (non federada), comeza o 16 de Setembro e nela participarán 13 equipos, polo que cada semana descansará un equipo. Aos xa vellos coñecidos, SD Fisterra, CV Leiloio, Corme CF, Asociación de Veteranso SCD Malpica, SD Sofán, SD Buño Veteranos, e Deportivo Carballo, temos que sumar o CD Razo, (antes San Isidro), Mazaricos CF, Río Grande-Raxaría Arcos, Xornes FC e ACD San Ramón de Veteranos. Tanto esta liga como a División da Honra, son a primeira experienza do fútbol federado como federados e da man da RFGF. Pero non hai que esquecer que todo esto chegou gracias ao traballo anterior ca fundación das ligas da Costa cun organigrama igual co que pode haber en calquer liga federada. Este vindeiro Domingo tamén se xogan os encontros da Supercopa de Veteranos no "Campo do Pinguel" de Ponteceso. Abre a nova o completo para ver o especial inicio de liga e da Supercopa.


Segue co calendario e os datos da nova liga e a Supercopa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
ASÍ SERÁ A DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS DA COSTA 2018-19 NO GRUPO DA COSTA DA MORTE.
Luns, 03 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS
-Calendario-


O CF Dumbría comeza a liga visitando ao SD Soneira.

-Tódolos equipos da Costa encadrados na División de Honra G1-

-A liga comeza o 16 de Setembro-

O vindeiro 16 de Setembro vota a andar a División de Honra de Fútbol de Veteranos, liga da Real Federación Galega de F´çutbol, na que xogarán 15 equipos da Costa por primeira vez, e para os que se formou o Grupo "Costa da Morte", no que ademáis do SD Ponteceso, CF Dumbría, SD Soneira, Sporting Zas, San Román, Porteño CF, San Lorenzo, Sporting Bértoa, SD Coristanco, SD Castríz, Cabana SD, SD Corcoesto e CD Nantón, estará como novidade o A Piña, que ven sendo o que antes se chamaba Hosgran e que foi o ano pasado campión da 1ª División. Tendo en conta os que estaban nas ligas da Costa.


Segue co calendario e os datos da nova liga...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
ESTE VINDEIRO DOMINGO NO "PINGUEL" A 5ª EDICIÓN DA SUPERCOPA DE FÚTBOL DE VETERANOS.
Luns, 03 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
VETERANOS DA COSTA
-Supercopas-


O Porteño, (vermello), xoga a finalísima da Costa contra o San Román.

A Piña Vs San Lorenzo

San Román Vs Porteño CF

-O vindeiro Domingo Supercopa de Veteranos da Costa-

Este vindeiro Domingo 9 de Setembro, "Domingo da Barca", terá lugar o dobre enfrontamento pola Supercopa de Veteranos da Costa que chega a sua 5ª edición. Ás 09:30 horas será o turno do A Piña, campión da 1ª División, e o San Lorenzo, para dende ás 11:30 horas xogar a finalísima antre o San Román, (campión da liga da Costa) e o Porteño CF, (campión da Copa). Os dous encontros disputaranse no Campo "O Pinguel" de Ponteceso. Orgañiza a RFGF.


Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
FÚTBOL DA COSTA IN BRIEFF : NOVAS DO FÚTBOL COSTEIRO CONTADAS DE MANEIRA BREVE.
Venres, 24 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
-A PREVIA-

A ver se emulamos a Julio César.

Extremadura VS Depor

-Segunda xornada para amosar algo máis-

Segunda xornada da Liga da 2ª División 2018/19, para un Depor que no debút en Albacete deu boas sensacións, pero faltoulle algo máis arriba. Dominou, creou e marcou, pero fora moitas veces non chega un gol, e así foi. Un penalti inexistente non só lle deu un punto aos albaceteños, senón que supuxo que quedásemos con 10 e que Krohn-Dehli se perda 2 encontros, xa que o Comité de Disciplina non tivo en conta, (coma sempre), que as suas verbas recollidas no acta do "suposto" árbitro : "Eres muy malo", foron nun intre de quentura, e motivados por un erro grave arbitral, que afectou o resultado final. Xa no encontro desta noite, 22:00 horas no Francisco de la Hera de Almendralejo ante o Extremadura UD, toparémonos cun equipo recén ascendido, que xogou na fase de ascenso co Fabril e que chega ca forza de ser novo equipo de 2ª División, por primeira vez no fútbol profesional, pois é o xerme daquel CF Extremadura, que desapareceu polas débedas, e co que o Depor xogou fai cáseuqe 20 anos, sendo daquela adestradr dos extremeños, un xove, Rafa Benítez, e o Depor na temporada anterior o título de liga. Os branquiazuis toparanse cun equipo rochoso, con moito xogo físico e que sorprendeu a semana pasada ao Oviedo, empatándolle o encontro cun só tiro a porta. Segue ca previa abrindo a nova completa.

Segue ca Previa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
FÚTBOL DA COSTA IN BRIEFF : NOVAS DO FÚTBOL COSTEIRO CONTADAS DE MANEIRA BREVE.
Xoves, 23 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
FÚTBOL DA COSTA IN BRIEFF


A homenaxe a Jano e Naso mañán venres en Muros.

-Escolma de novas breves do Fútbol Afeccionado-

Aquí  che brindamos coma durante todo o verán unha serie de novas de actualidade do Fútbol da Costa que foron chegando a nosa "redacción", antre elas, torneos, memoriais, trofeos, fichaxes, etc...Abre a nova completa para ver as novas.


Segue con novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
CALENDARIOS DA LIGA DA COSTA E 3ª DA COSTA 2018-19 :
Martes, 21 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
-FÚTBOL DA COSTA-
-Calendarios-

-Así serán a Liga da Costa e a 3ª da Costa 2018/19-

-Calendarios 1ª Xornada e datos-

Aquí tes os Calendarios da Liga da Costa e 3ª da Costa 2018/19 e os datos para seguilas. Abre a nova o completo para ver toda a información ao respecto distas duas competicións. Nas nosas clasificacións podes ver xa os calendarios ao completo a un "click" na esquerda da poratada da web. Unha información que nos fai chegar a RFGF. Abre a nova o completo para ver toda a información.

Segue cos calendarios e máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.





 
FÚTBOL DA COSTA IN BRIEFF : ESCOLMA DE NOVA BREVES DO FÚTBOL DA COSTA.
Sábado, 18 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
FÚTBOL DA COSTA IN BRIEFF


O UD Cerqueda xoga hoxe o seu "Trofeo Os Petóns".

-Escolma de novas breves do Fútbol Afeccionado-

Aquí tes unha serie de novas de actualidade do Fútbol da Costa que foron chegando a nosa "redacción", e que vos brindamos. Antre elas, torneos, memoriais, trofeos, fichaxes, etc...Abre a nova completa para ver as novas.


Segue con novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
FÚTBOL DA COSTA IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS DE MANEIRA BREVE DO FÚTBOL COSTEIRO E AFECCIONADO".
Xoves, 16 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
FÚTBOL DA COSTA IN BRIEFF


"Conguito" xogador do Muxía CF.

-Escolma de novas breves do Fútbol Afeccionado-

Aquí tes unha serie de novas de actualidade do Fútbol da Costa que foron chegando a nosa "redacción", e que vos brindamos. Antre elas, torneos, memoriais, trofeos, fichaxes, etc...Abre a nova completa para ver as novas.


Segue con novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
OS CILCÓNS DO MAIO LEVÁRONSE O "XLI CAMPIONATO DE BARRIOS DE ESTEIRO", E FANO POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO.
Xoves, 16 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
"XLI CAMPIONATO DE BARRIOS"


Os Ciclóns terán que poñer unha estrela máis na bandeira.

Ciclóns 2-1Independiente
-Repiteuse campión e resultado no "XLI Campionato de Barrios de Esteiro"-

Parece que lle ten a medida tomada o Ciclóns do Maio ao Independiente de Uhía e como xa pasara o ano pasado os maieses levábanse por 2-1 a Gran Final do "XLI Campionato de Barrios". Foi máis dominador o equipo de Uhía, pero estivo moi ben en defensa e soubo asestar os golpes no intre preciso o equipo maiés. Polo tanto a "vaca branca" sobre fondo azul, (a que lle teñen que sumar unha estrela máis), seguirá ondeando un ano máis no mastil de campión diste tremendo torneo que levamos seguindo nos 11 anos que ten a nosa web e que é seguido cada ano "insitu" no "Xosé Luis Vara" en cada xornada de maneira masiva e na Gran Final como sucedía onte, con abarrote total. Os do Maio que xa celebraron onte, día de festa en Esteiro, por todo o alto a consecución do título, teñen este sábado 18 de Agosto a sua festa anual, na "Fonte da Pontella" na que seguirán celebrando o campionato . Abrindo a nova completa tes a crónica do encontro que nos fai chegar o noso colaborador "Rama".

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
HOXE NO "XOSÉ LUIS VARA" A GRAN FINAL DO "XLI CAMPIONATO DE BARRIOS DE ESTEIRO".
Mércoles, 15 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
"XLI CAMPIONATO DE BARRIOS"


O "Xosé Luis Vara" encherase hoxe coma cada encontro.

 -Hoxe a Gran Final do "XLI Campionato de Barrios de Esteiro"-
-Ciclóns-Independiente volven loitar polo título-
 
Trala disputa das semifinais nas que o Ciclóns do Maio derrotaba ao Cánchester por 4-1 e o Independiente de Uhía goleaba ao Carallo Santo por 5-0 no día de hoxe teremos no "Xosé Luis Vara" de Esteiro, (Muros), a Gran Final do "XLI Campionato de Barrios". Un torneo estival que vimos seguindo nos derradeiros 12 anos na nosa web, este ano da man do noso colaborador, "Rama", e que goza dun seguimento espectacular con abarrote no campo esteirán. Hoxe a partires das 19:30 horas os do Maio e os de Uhía voltarán a loitar por un trofeo, obra de "Gerente" que o ano pasado nesta mesma final levávase o preciado trofeo o Ciclóns o derrotar ó Independiente por 1-2. Abrindo a nova completa tes as crónicas das semifinais.

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
FÚTBOL COSTEIRO IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO FÚTBOL AFECCIONADO E DE BASE".
Mércoles, 08 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
FÚTBOL DA COSTA IN BRIEFF


"O que o noso ollo ve" : Un porteiro de 13+1.

-Escolma de novas breves do Fútbol Afeccionado-

-Comezo das ligas da Costa senior e de base-

Segundo nos informan dende a Subdelegación da Real Federación Galega de Fútbol en verbas do seu máximo responsable, Manolo Corredoira, as Ligas da Costa Senior, (2ª Galicia e 3ª), Xuvenís e Infantís da Costa, comezarán o 16 de Setembro e a de Cadetes farao o 30 de Setembro. Polo tanto este ano non haberá o problema con coincidir ca Romaría da Barca que se celebra a semana do 7, 8, 9 e 10 de Setembro. Os calendarios estan en proceso de confección e pronto sairán a luz.


Segue con novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
FÚTBOL DA COSTA IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS BREVES DE ACTUALIDADE DO FÚTBOL AFECCIONADO"
Martes, 07 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
FÚTBOL DA COSTA IN BRIEFF


O fútbol costeiro non para nin no verán.

-Escolma de novas breves do Fútbol da Costa-

Aquí tes unha serie de novas breves que nos foron chegando por medio de diretivas, xogadores ou mesmamente afeccionados, dos equipos que levamos das diferentes ligas de fútbol afeccionado. Novas de torneos, altas e baixas de xogadores, asembleas, campionatos, voltas o traballo, etc... No enlace direto da dereita da portada da web tes moitas máis breves dos días pasados. Abre a nova completa para ver as novas breves.


Segue cass novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
DERRADEIRA XORNADA DO "XLI CAMPIONATO DE BARRIOS DE ESTEIRO" CON MOITO EN XOGO.
Venres, 03 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
-"XLI CAMPIONATO DE BARRIOS-


Carallo Santo e Abelleira teñen unha pequena ventaxe.

-Derradeira xornada da liga regular-

-Dous postos por decidir para a Fase Final-

Antre mañán sábado 4 de Agoto e pasado mañán Domingo 5 rematará a liga regular do "XLI Campionato de Barrios de Esteiro". Dous encontros que teñen unha gran emoción pois co Ciclóns do Maio clasificado como campión desta liga regular e o Independiente de Uhía como segundo, falla saber quenes serán os outros dous equipos que disputen a fase final cos dous primeiros. Todo en xogo nestes dous encontros, pois deles sairán os finalistas xa que antre eles só hai 1 ou 2 puntos de diferenza. O Abelleira, nestes intres 3º clasificado con 8 puntos enfróntase ao Cánchester, que suma 6 puntos e vai 5º por golaveraxe co Tal, que con outros 6 puntos enfrontarase ao Carallo Santo, que vai 4º con 7 puntos. Xogouse desta xornada o Praias de Reimúndez-Ciclóns que acabou cun apabullante 0-18 para os do Maio e que lles deu a 1ª praza. Ten asegurada a "Culler de pau" como "pechacancelas" o Praias de Reimúndez que suma 0 puntos en 6 encontros. A Fase Final xogarase os días 11 e 12 de Agosto, xogando o 1º contra o 4º e o 2º contra o 3º. A Gran Final no "Xosé Luis Vara", na que está en xogo o trofeo diseñado por "Gerente", será o 15 de Agosto coincidindo coma sempre cas festas en Esteiro. Abre a nova competa para ver a clasificación.

Segue ca rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
OS CLUBES DE VETERANOS DA COSTA E A RFGF DISEÑARON A "FOLLA DE RUTA" DAS NOVAS LIGAS FEDERADAS.
Venres, 27 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
-LIGAS DE VETERANOS FEDERADAS

-Xuntanza-


Os clubes de veteranos debatiron ca RFGF as novas ligas.

-Os veteranos xa teñen diseñada a "folla de ruta" das ligas federadas-
-Haberá duas ligas cos equipos costeiros-

Xuntanza onte en Baio dos equipos de Veteranos da Costa e a RFGF. Unha xuntanza na que se diseñou a "folla de ruta" das ligas. A 1ª División da Asociación de Clubes Veteranos da Costa, pasará a chamarse División de Honra e a 2ª División pasará a ser a 1ª de Veteranos. Na División de Honra o campión e o segundo xogarán a Liga Galega de Veteranos, e haberá unha terceia praza que se xogarán nun "Pla-Off" ó 3º, 4º, 5º e 6º. Descenderán 3 diretos. Na 1ª de Veteranos, ascenderán diretos o campión e o segundo, e nos "Play-Off" loitarán pola 3ª paza de ascenso o 3º, 4º, 5º e 6º. As ligas comezarán o 15 de Setembro e na máxima categoría serán 14 equipos e na outra 13, a espera de algunha nova incorporación, como podería ser a do CF Mazaricos, que xa tiña idea de entrar na Asociación de Clubes costeira. Os delegados para representar os clubes en tódolos asuntos ca RFGF serán, Modesto Parga, presidente da Asociación de Clubes e o Sporting Zas. No concernente a Copa, non será obrigatorio xogala. Xogarán aqueles equipos que así o queiran. Polo tanto a "folla de ruta" está feita, agora falla asegurar os equipos que van ser, coas incorporacións que haxe e logo farase o calendario.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
FÚTBOL DA COSTA IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS DE ACTUALIDADE DO FÚTBOL COSTEIRO".
Domingo, 22 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
FÚTBOL DA COSTA IN BRIEFF


O Muxía CF da Liga da Costa comezou a traballar.

-Escolma de novas breves do Fútbol da Costa-

Aquí tes unha serie de novas breves que nos foron chegando por medio de diretivas, xogadores ou mesmamente afeccionados, dos equipos que levamos das diferentes ligas de fútbol afeccionado. Novas de torneos, altas e baixas de xogadores, asembleas, campionatos, voltas o traballo, etc... No enlace direto da dereita da portada da web tes moitas máis breves dos días pasados. Abre a nova completa para ver as novas breves.


Segue cass novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
O PORTEÑO CF CAMPIÓN DA "COPA DA COSTA DE VETERANOS" TRAS ACEPTARSE A SUA DENUNCIA NUNHA ASEMBLEA NA QUE VARIOS EQUIPOS DECIDEN IRSE A RFGF.
Sábado, 21 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
FÚTBOL DE VETERANOS DA COSTA


O presidente do Porteño CF recibeu o diploma de campións da Copa.

-O Porteño CF campión da Copa da Costa de Veteranos-

-25 equipos poderían irse ca RFGF-


O Comité de Competición de Veteranos da Costa dictaminou tras estudiar toda a documentación que o Porteño CF é o campión da "Copa da Costa de Veteranos". O Club do Mar que foi o que gañou a susodita copa no encontro xogado o pasado 8 de Xullo no Campo O Carral de Sofán, (3-2), non presentou alegacións a denuncia de aliñación indebida do equipo da Ponte do Porto, tal e como refrexa a resolución do Comité que nos fai chegar Modesto Parga presidente do órgano deportivo. Os porteños recibiron o título e agora ínstase aos caioneses a que devolvan o trofeo para facerlle entrega ao novo campión, así como abonar unha multa de 90 euros polas aliñacións indebidas. Este era o primeiro punto da Asemblea de Clubes de Veteranos da Costa que tivo lugar no Local da 3ª Idade de Neaño, (Cabana de Bergantiños).  segundo punto era se cabe ainda máis importante pois tras un par de xuntanzas ca RFGF moitos dos equipos teñen pensado pasarse as ligas de veteranos de federados o que daría pé a creación dunha Liga da Costa de Veteranos da RFGF. Estamos a espera da información por parte da Asociación de Clubes Veteranos da Costa, no obstante dende o Porteño CF que estivo na asemblea coméntannos que serían só 5 os que non decidiron pasarse os federados, ainda que hai equipos que ainda non o teñen craro. Abre a información para ver máis.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
HOXE TERÁ LUGAR A ASAMBLEA DA ASOCIACIÓN DE CLUBES DE VETERANOS DA COSTA MÁIS IMPORTANTE DOS DERRADEIROS ANOS.
Venres, 20 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
FÚTBOL DE VETERANOS DA COSTA


O Porteño CF reclama a Copa de Veteranos.

-Hoxe será a Asemblea da Asociación de Clube de Veteranos da Costa-

-Unha asemblea con moito que decidir-


No día de hoxe venres 20 de Xullo terá lugar a Asemblea de Clubes de Veteranos da Costa a partires das 21:30 horas no Local da 3ª Idade de Neaño, (Cabana de Bergantiños). Dene a Asociación dos Veteranos, Modesto Parga presidente da mesma, pide a asistencia dos delegados de tódolos equipos, pola grande importanza da xuntanza, pois nela darase a coñecer o veredicto trala denuncia do Porteño CF por "aliñacións indebidas" do Club do Mar na Gran Final da "Copa da Costa de Veteranos", que gañaron os caioneses por 3-2, e aliñaron a 2 xogadores sen ficha, segundo os da Ponte do Porto. O Comité dictará sentenza e pode haber novo campión. Ademáis no segundo punto do día, tralo da Copa, falarase da proposta da RFGF de pasarse o fútbol federado. Varios equipos xa nos manifestaron que o farán, pero a xuntanza de hoxe dará a coñecer se o final se van ou se quedan na liga costeira. Máis dunha dúcia de equipos teñen idea de irse. Nesta xuntanza ademáis tratarase a presentación de novas solicitudes, (segue aberto o prazo de novas inscricións), pago de sancións da Copa, presentación e sorteo do calendario para a 2018/19, estudo de datas de comezo da liga, proposta da Supercopa, as contas da pasada tempada e os "Rogos e preguntas". Abre a nova o completo para ver a órde do día da Asemblea Xeral da Asociaicón de Clubes de Veteranos da Costa.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 

<   12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com