Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Menú principal

 

Tema: Fútbol Sala Masculino

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345    

O FS VILLA DE CEE CORTOU A RACHA DE DERROTAS COA PRIMEIRA VITORIA COMO LOCAL.
Mércoles, 25 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª DIVISIÓN NACIONAL FS
-6ª Xornada-  
 
O FS Villa de Cee cortou a racha de derrotas ante os seus.

FS Villa de Cee/Clínica A Xunqueira 6-5 Gritizon Carballiño FS
-Sufrida e necesaria 1ª vitoria como locais dos ceenses-

6ª xornada da 3ª División Nacional de Fútbol Sala G1, na que o FS Villa de Cee recibía ao colista nun encontro de necesidades para ambos equipos. Os ceenses precisaban unha vitoria que cortara a xeira de 4 derrotas consecutivas tras comezar gañando ante o Santa Isabel, (4-7) e esa vitoria chegou 35 días despois pero chegou. Unha vitoria sufrida ante o Gritizón Carballiño FS, pero balsámica a vez para os rapaces de Mira Llopis, que ademáis puideron brindar aos seus afeccionados a primeira vitoria na categoría como local ante a sua afección.

Segue coa crónica e máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICA DA SUPERCOPA DE FUTSAL DE CARBALLO QUE GAÑO "O PAZO" E CALENDARIO DA LIGA REGULAR.
Martes, 24 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
SUPERCOPA FUTSAL CARBALLO
 
Cervecería O Pazo campión da Supercopa de Futsal de Carballo.

Bar Rosalía 4-5 Cervecería O Pazo
-Cervecería o Pazo campión da "39ª Supercopa Asesoría Cervantes"-

Arrincaba o 19 de outubro no Pavillón Carballo Calero, unha das edicións máis emocionantes da Liga de Fútbol Sala de Carballo a 39ª, e co primeiro trofeo do ano en xogo a Supercopa Asesoría Cervantes. Por unha banda os subcampións da anterior edición da Liga Regular Alonso Moda o “Bar Rosalía” de Ponteceso (o campión da Liga non se presentou este ano), pola outra, o campión da Copa Hotel Restaurante Punta del Este o “Cervecería O Pazo” de Pazos (Ponteceso). O partido prometía posto que os dous equipos son de alto nivel, e contan nas súas alineacións con xogadores de calidade para facer dano na portería contraria. Este encontro tal como vos indicamos a pasada semana é o pistoletazo de saida para o comezo de liga, que levaremos un ano máis na nosa web coa colabroación de Juan Ferreiro Lago e co calendario e resultados de cada semana nas nosas clasificacións. Aquí tedes como será a primeira xornada de liga ademáis da crónica da Supercopa.

Segue coa crónicas e o calendario da liga...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
3ª DIVISIÓN NACIONAL DE FUTSAL MASCULINO : "O VILLA DE CEE SUMA A CUARTA DERROTA DA TEMPADA".
Mércoles, 18 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª DIVISIÓN NACIONAL FS
-5ª Xornada-  
 
O FS Villa de Cee leva 4 derrotas seguidas.

Sport Sala Culleredo 8-1 FS Villa de Cee/Clínica Xunqueira
-O FS Villa de Cee segue sendo afectado por decisións arbitrais-

5ª xornada da 3ª División Nacional de Fútbol Sala G1, na que o FS Villa de Cee volveu a caer. Non é disculpa do mal encontro que fixeron os ceenses que caeron con xustiza en Culleredo, (8-1), pero se en Bueu fai un par de semanas se vía afectados polas decisións arbitrais ata caer por 2-1, habendo feito méritos para golear, no encontro desta fin de semana o meta do Sport Sala Culleredo, David Castro, tería que ter sido expulsado na primeira metade por mans fora do área, e evitando un gol cantado, tal e como nos apuntan dende o clube ceense. Tanto é así que no minuto 1 xa era expulsado polas protestas o adestrador ceense, Mira Llopy, e aos 3 minutos xa gañaban o cullerdenses por 2-0. A crispación e o mal encontro fixeron que practicamente quedara todo resolto na primeira metade cun craro 5-1. Agora só cabe pensar na vindeira xornada na que os rapaces ceenses reciben no Municipal de Cee o sábado a partires das 18:00 horas ao GRI Carballiño FS, colista da competición. Abrindo a nova completa podes ver a crónica do encontro ante os de Culleredo no Municipal de Tarrío que nos manda o noso colaborador, Mon Lijó.

Segue coa crónica e máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
PREVIA : "ESTE XOVES CA SUPERCOPA COMEZA A "39ª LIGA DE FUTSAL DE CARBALLO".
Martes, 10 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
LIGA DE FÚTBOL SALA DE CARBALLO

O Pazo é un dos equipos que xogará a Supercopa este xoves.

-Este xoves comeza a 39ª Liga de Fútbol Sala de Carballo-
-Farao ca disputa da Supercopa-
-Previa da Liga e Copa 2017/18-

O vindeiro xoves día 19 de outubro comezará a 39ª edición da liga de Fútbol sala de Carballo, organizada pola sección de fútbol sala da Agrupación Deportiva Carballo coa colaboración do Concello de Carballo. Un ano máis a edición estrearase coa disputa da Supercopa Asesoría Cervantes, esta competición xógase a partido único entre o campión da Liga Regular "Alonso Moda" e o campión da Copa "Hotel Restaurante Punta del Este", neste caso devandito mérito corresponde aos equipos Bar Rosalía de Ponteceso e "Cervecería O Pazo" de Pazos (Ponteceso). A Supercopa Asesoría Cervantes dá inicio a unha nova tempada que este ano estará formada por 13 equipos da Bisbarra de Bergantiños...

A Liga será a unha soa volta e a Copa recupera o formato do Torneo do K.O. Abre a nova o completo para ver como será a liga a copa e quenes participarán, así como os trofeos en xogo.

Segue ca previa da liga...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓNS PARA A LIGA DE FUTSAL DE CORME 2017-18.
Martes, 10 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
LIGA DE FÚTBOL SALA DE CORME
               
         Transportes Cotelo foi o campión do ano pasado.

-Aberto o prazo de inscripcións ata o 27 de Outubro-
-Comezará o 4 de Novembro-

Aberto o prazo de inscripcións de equipos para a Liga de Fútbol Sala de Corme, ata o día 27 de Outubro. Ata o intre hai 16 equipos que xa confirmaron a sua participación. O responsable da orgañización, o noso colabrorador Pedro Álvarez, infórmanos de que : "O máximo de equipos será de 24, tendo preferenza para inscribirse os equipos que participaron o ano pasado, e o mesmo día 27 de Outubro haberá unha xuntanza informativa e sorteo da liga no Pavillón Municipal de Corme a partires das 21:00 horas". Está previsto que a liga comece o 4 de Novembro e que a competición se desenrole os sábados, como o ano pasado, e nela só poden participar maiores de 16 anos. Os interesados en inscribir un equipo poden facelo de luns a venres no teléfono : 630 172 986.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
3ª DIVISIÓN NACIONAL FUTSAL MASCULINO G1 : "NO FS VILLA DE CEE NON SE PODEN CRER A ARBITRAXE SUFRIDA EN BUEU".
Martes, 03 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª DIVISIÓN NACIONAL FS
-3ª Xornada-  
 
No FS Villa de Cee non se poden crer a arbitraxe sufrida en Bueu.

AD FS Bueu 2-1 FS Villa de Cee
-O FS Villa de Cee cae sinteuse "atracado" en Bueu-

3ª xornada da 3ª División Nacional de Fútbol Sala G1, na que o FS Villa de Ceeque se desprazou a BVueu para xogar o encontro correspondente a esta xornada, sinteuse "atracado" pola arbitraxe sufrida. "O arbitraxe foi nefasa", cargáronse o encontro en 5 minutos", decíanos o xogador e colaborador noso Mario de José, que nos comenta que : "Aos 3 minutos expúlsannos a Perce, sen sabéremos porque, cando recibía unha falta él. Pouco despois Aitor pide distancia nunha falta, non lla contan, pasan os 4 segundos collen eles o balón e márcannos. A gota que colmou o vaso foi que empata Aitor e despois o porteiro deles para o balón ca man e nen falta pitan, pouco despois o mesmo pero con Pose e expúlsano. Estivemos 4 minutos con 3 no campo, faltando 10, e ainda así non nos marcaron gol"...

Segue coa crónica e máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 2ª Xda 3ª DIVISIÓN NACIONAL FS MASCULINO G1 : "O VILLA DE CEE NON PUIDO BRINDARLLE UNHA VITORIA AOS SEUS".
Martes, 26 Setembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª DIVISIÓN NACIONAL FS
-2ª Xornada-  
 
O FS Villa de Cee non puido brindarlle unha vitoria aos seus.

-O FS Villa de Cee cae no seu estreo como local-
-Pazos de Borbén, Vasan Inversia e Sala Ourense, mandan na liga -

Segunda xornada da 3ª División Nacional de Fútbol Sala G1, na que o FS Villa de Cee xogaba no seu féudo tras gañar na primeira xornada. Moitas baixas, con só 8 xogadores, pero a intención era a de sumar unha nova vitoria e desta volta ante o seu púbrico e para asinar a primeira vitoria na categoría en terras ceenses. No foi posible, e os puntos viaxaron ao Barbanza ca vitoria do Ribeira FS por 3-6. Nesta xornada que se marcaron a nada desdeñable suma de 62 goles, moi por debaixo da xornada inicial que sumou 79, tan só o Pazos de Borbén, (1º), o Vasán Inversia Estrada Futsal, (2º), e o Sala Ourense 2014, (3º), foron quen de repetir vitoria, nunha liga na que seguen sen puntuar o Santiago Futsal "B", Bueu FS e Gritizon Ourense. O Academia Red Blue 5 Coruña que gañara na primeira xornada desta volta caeu ante o Sala Ourense 2014 por 5-1. Segue coas crónicas e máis abrindo a nova completa.

Segue cas crónicas e máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 1ª Xda 3ª DIVISIÓN NACIONAL FS MASCULINO : "DEBÚT HISTÓRICO DO FS VILLA DE CEE".
Martes, 19 Setembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª DIVISIÓN NACIONAL FS
-1ª Xornada-  
 
Histórico debút do FS Villa de Cee nesta competición.

-O FS Villa de Cee debuta gañando a domicilio-
-Xornada goleadora con nada menos ca 79 goles-

Tal e como vos apuntamos a pasada semana, na fin de semana comezaba a 3ª División Nacional de Fútbol Sala G1, na que o FS Villa de Cee debutaba por primeira vez na sua historia, nos 3 anos que ten tan só de vida, e facíao visitando ao equipo lucense do Santa Isabel FS, ao que derrotaba por 4-7. Pola sua banda o Academia Red Blue 5 Coruña recibía no seu féudo ao Campito FS, ao que derotaba por un axustado 6-5. Segue coas crónicas e máis abrindo a nova completa.

Segue cas crónicas e máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O 15 DE SETEMBRO REMATA O PRAZO DE INSCRIPCIÓNS DE EQUIPOS PARA A LIGA DE FÚTBOL SALA DE CARBALLO.
Martes, 05 Setembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
FÚTBOL SALA

                   A liga carballesa goza dun alto nivel.

          
-A Liga de Fútbol de Carballo vai tomando forma-
-O 15 de Setembro pecha o prazo de inscripcións-

O vindeiro 15 de Setembro péchase o prazo de inscripcións para a Liga de Fútbol Sala de Carballo, segundo nos informan da orgañización. O número máximo de equipos é de 20, e a falla de 10 días para o peche de ionscrpcións de equipos son 14 os que xa fixeron efcitva a sua, para a Liga 2017/18, polo que ainda estades a tempo e hai sitio para apuntarse. A idea e de comece a competición a principios de Outubro. Podedes inscribirvos en https://www.facebook.com/futbolsalacarballo (por mesaxe privada), ou no correo electrónico futbolsalacarballo@gmail.com e no teléfono 628 115 468.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
SERGI BLANCO LEVARÁ O ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA DA LIGA GALEGA XUVENIL DE FUTSAL.
Martes, 22 Agosto, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
FÚTBOL SALA   
 
Sergi Blanco levará os xuvenís do 5 Coruña.

-Sergi Blanco dirixirá o 5 Coruña da Liga Galega Xuvenil FS-
-Será sua primeira experienza nista competición-

O equipo xuvenil da Academia Rede Blue 5 Coruña competirá por primeira vez na Liga Galega Xuvenil de fútbol sala. Ao mando desta nova etapa estará Sergi Blanco que a pasada tempada estivo a dirixir ao Mera FS en liga provincial senior, ademais de compaxinar os seus labores coordinativas dentro da Academia Rede Blue 5 Coruña. Por outra banda Jes Otero que xogaba no clube no equipo da 3ª División farase cargo do equipo feminino senior.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O PREBENXAMÍN "A" DO 5 CORUÑA FOI RECIBIDO POLO ALCALDE CORUÑÉS XULIO FERREIRO.
Mércoles, 19 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
FÚTBOL SALA BASE
               
          O Prebenxamín "A" do 5 Coruña cos trofeos no Concello da Coruña

-Recepción o Prebenxamín "A" do 5 Coruña no Concello da Coruña-
-Os rapaces levaron a homenaxe a unha tempada extraordinaria-
-Os nenos tiveron un día inexquecible-

Tal e como vos apuntábamos fai uns días o equipo Prebenjamin "A" da Academia Rede Blue 5 Coruña ía a ser recibido en recepción no Concello da Coruña, polo alcalde coruñés Xulio Ferreiro, para recoñecerlle a gran vaía destes rapaces, tras proclamarse Campións de Galicia na súa categoría, (7 anos), e despois de conseguir ser Campión da liga Local da Coruña, Campión de Copa, Campión do Trofeo Teresa Herrera, Campión Provincial, Campión da Fase Galega Grupo Norte, Campión do Memorial Heroes do Orzan 2017 e Campións do "Torneo Virgen de Gracia" en Madrid. Pois así foi o alcalde coruñés recibeunos xunto co Concelleiro de Deportes, José Manuel Sande. Xulio Ferreiro trasmiteulle aos nenos o agradecemento pola "gran a imaxe transmitida polo equipo ao longo da xeografía galega nos diferentes campionatos". Pola sua banda Sergio Blanco que foi o encargado de tomar a palabra do clube coruñés agradeceu "a recepción no concello e felicito o labor de xogadores, adestradores e familiares ao longo de toda a tempada". Esta foi unha cita inexquecible para os nenos os seus adestradores e para os seus familiares.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PRIMICIA : "O FS VILLA DE CEE MASCULINO É EQUIPO DA 3ª DIVISIÓN DE FUTSAL".
Venres, 07 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª DIVISIÓN FUTSAL MASCULINO

Os ceenses están a crecer de maneira extraordinaria.
       

-O FS Villa de Cee ascende a 3ª División-
-Os ceenses fan historia no futsal da Costa da Morte-

-Equipos que formarán a liga 2017/18-

O FS Villa de Cee ven de recibir unha gran nova : "Son equipo da 3ª División Nacional de Fútbol Sala Maculino". Estaban a esperar a confirmación da Federación, tras manter onte unha xuntanza para cumprir os requisitos. Unha gran nova para os clube ceense e unha gran nova para a Costa da Morte, xa que este é un deporte máis dos que están a despuntar na nosa bisbarra. Xa temos facendo marabillas polo deporte nacional e de élite a equipos de balonman, boleibol, futsal feminino, piragüismo, etc...e agora os da Vila da Xunqueira, cunha traxectoria inmaculada. Dende os tempos do "Praia da Serra" que logo pasou a chamarse "Bodegón Anchoa", e despois Fisterra FS, (Perce, José Antonio, Miguelón, Aitor, e Pelada, que xogan no equipo ceense xa xogaran nalgún daqueles equipos), o futsal masculino na Costa da Morte practicamente non tiña nome, pero agora si o ten de novo e con que forza :
FS Villa de Cee : 2 anos de vida, 2 ascensos e 2 copas, (unha provincial e unha autonómica). Aquí abrindo a nova completa, tes os equipos que formarán a 3ª División 2017/18.

"A nosa máis cordial noraboa a toda a "Familia" do FS Villa de Cee en especial aos xogadores e técnicos"

Segue coa conformación dos equipos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
OS PREBENXAMÍNS DO ACADEMIA RED CLUE PECHAN A TEMPADA COMO CAMPIÓNS DE GALICIA.
Martes, 04 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
FUTSAL BASE
-Campionato Galego Prebenxamín-

          Os nenos do Academia RedBlue gañaron todo canto disputaron.

-O Academia RedBlue 5 Coruña Prebenxamín Campión de Galicia-
-Os coruñeses fixeron unha Fase Final impecable-


O equipo prebenxamín do Academia RedBlue 5 Coruña pecha a tempada proclamandose campión de Galicia. O pasado sábado a localidade de Redondela, (Pontevedra), acolleu a Fase Final do Campionato Galego da Categoría Prebenxamín. O equipo Prebenjamin "A" da coruñés conseguÍu alzarse co título tras derrotar nas semifinais ao Salesianos, (Vigo), por un resultado de 9-1, e na final 8-1 ao EDO Ourense.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
A CANTINA GAÑOU O "MARATÓN DE FUTSAL DA ASOCIACIÓN XUVENIL COMAREA".
Luns, 12 Xuño, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
ASOCIACIÓN XUVENIL COMAREA
-Maratón de Futsal-

           A Cantina foi o campión con Miguelón "Pichchi" e Aitor, "MVP".


-A Cantina gañou o "Maratón de futsal da Asociación Xuvenil Comarea"-

A Cantina foi o campión do "Maratón de Fútbol Sala da Asociación Xuvenil Comarea", que se disputou este pasado sábado no Pavillón Polideportivo de Muxía, dentro dos actos de verán da citada asociación. A Cantina derrotou por 3-0 ao Doce Café na finalísima. Na final de consolación o Caramba Caramba derrotaba nos penaltis ao Carantoña FS.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O FS VILLA DE CEE FAI HISTORIA E GAÑA A COPA AUTONÓMICA DE FUTSAL MASCULINO.
Sábado, 03 Xuño, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
COPA AUTONÓMICA FS MASCULINO
-Crónica e fotos da Final-


                          O FS Villa de Cee suma a sua segunda Copa en dous anos.

Gondomar 6-3 FS Villa de Cee
-O FS Villa de Cee fai historia acadando a Copa Autonómica-

Disputouse en Gondomar o encontro de volta da Gran Final da "Copa
Autonómica de Fútbol Sala Masculino", nun abarrotado Pavillón Municipal de Gondomar, e o FS Villa de Cee fixo valer a vitoria por 5-1 da ida para seguir facendo historia e acadar a segunda Copa en 2 anos de existencia, tras haber gañado a Copa Provincial o ano pasado e traese para Cee a Copa Autonómica, nun encontro no que souberon sobrepoñerse a presión para tocar a groria cos dedos.

Segue con toda a información, crónicas e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O ACADEMIA REDBLUE 5 CORUÑA PON EN MARCHA O "2º CAMPUS DE VERÁN DE FUTSAL" PARA NENOS/AS DE 4 A 13 ANOS.
Mércoles, 31 Maio, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
"II CAMPUS DE VERÁN DE FUTSAL"
-Academia RedBlue 5 Coruña-

            
-O Academia RedBle 5 Coruña pon en marcha o
"2ª Campus de verán de Futsal".-

-Haberá dous turnos do 3 ó 7 de Xullo e 10 a14-

O Academia RedBlue pon en marcha o "II Campus de verán de Fútbol Sala", (mixto), que terá dous turnos. O primeiro do 3 o 7 de Xullo, (
ambos inclusive), e o segundo do 10 o 14, (ambos inclusive). O campus que se impartirá no Polideportivo Municipal do Barrio das Flores, (A Coruña), vai dirixido a nenos/as de 4 a 13 anos e estará apadriñado polo xogador profesional Iván Rumbo que actualmente milita no Peñíscola RehabMedic da LNFS. Aquí tes toda a información das actividades que compoñen este campus e de como apuntarse para calqueira dos turnos que ofrecen.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS



 
O FS VILLA DE CEE A UN PASO DA "COPA AUTONÓMICA FS MASCULINO".
Martes, 30 Maio, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
COPA AUTONÓMICA FUTSAL MASCULINO
-Gran Final-

             O FS Villa de Cee a un paso do título de Copa.

-O FS Villa de Cee prepara unha expedición a Gondomar-
-O equipo ceense parte cun excelente 5-1 da ida-

O FS Villa de Cee invita aos seus afeccionados a desprazarse a Gondomar o vindeiro sábado a volta da Gran Final, (18:30 horas), da "Copa Autonómica de Fútbol Sala Masculino". Con este fin o clube ceense fletará un autobús totalmente de balde para os afeccionados que queiran ir a arroupar o seu clube na disputa da volta desta gran final, na que os ceenses viaxarán ca excelente renda de 5-1 acadada o pasado sábado no Pavillón Polideportivo de Cee. Os interesados deberan comunicarlle ao clube mediante unha mensaxe a sua páxina de  Facebook, (https://www.facebook.com/fsfvilladecee/), para xuntar o número suficiente de siareiros para cubrir a viaxe.

 Os ceenses teñen a oportunidade de sumar a sua segunda copa consecutiva en duas tempadas de existencia, tras acadar o pasado ano a Provincial.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS



 
O FS VILLA DE CEE XOGA ESTE SÁBADO A IDA DA FINAL DA COPA AUTONÓMICA FS EN CEE ANTE O GONDOMAR.
Xoves, 25 Maio, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
COPA AUTONÓMICA DE FÚTBOL SALA
-Final Masculina-

                   O FS Villa de Cee gañoulle a Provincial o ano pasado o Brión FS.

-O FS Villa de Cee xoga este sábado a ida da Final
da Copa Autonómica en Cee-

-Será ás 19:30 horas no Pavillón ceense ante o Gondomar-

Este ano parece que as copas de futsal andan cun considerable desorgañización. No apartado feminino foron varios equipos os que se retiraron polo que xa nin fixemos os cadros coma en anos anteriores. No apartado masculino que xogaban a dobre encontro o Sport Sala Culleredo e o Gondomar FS, segundos de Grupo Norte e Grupo Sur, retirouse o equipo cullerense, polo que o seu lugar ocuparao o FS Villa de Cee, que recibe no encontro de ida desta Final ao Gondomar FS. Un encontro que será este vindeiro sábado 27 de Maio no Pavillón Polideportivo de Cee e para o cal o clube ceense invita a todos a acompañalos e axudalos na procura de tentar sumar esta copa a Provincial que lle gañaban o ano pasado ao Brión FS.

Mario de José : "Animamos aos nosos siareiros, ao pobo de Cee, e aos que lles guste o fútbol sala a pasarse polo Pavillón de Cee este sábado a partir das 19:30, a animar e a a disfrutar de bo fútbol sala".

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O VIMIANZO TM DE TENIS DE MESA ORGAÑIZA UN MARATÓN CON SUCULENTOS PREMIOS.
Xoves, 25 Maio, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
MARATÓN DE FÚTBOL SALA
-Vimianzo-

                   O Pavillón Polideportivo de Vimianzo albergará a comeptición.

-O Vimianzo TM de tenis de mesa orgañiza un maratón de futsal
 con suculentos premios-

-Será os días 16, 17 e 18 de Xuño en Vimianzo-

O equipo de Tenis de mesa, Vimianzo TM orgañiza para os días 16, 17 e 18 de Xuño un Maratón de Fútbol Sala no Polideportivo Municipal de Vimianzo con susulentos premios. O equipo que gañe o torneo levará 1.000, o subcampión 500 e o campión da final de consoloación, (3º), 300, ademáis do trofeo acreditativo da sua posición cada un deles. A inscripción para participar será de 100 e para que se leve a cabo o maratón terase que chegar a un mínimo de 20 equipos inscriptos, que poderán facer a sua inscripción nos teléfonos : 662 19 19 18, (De la Sierra) ou no 666 19 57 98, (Javi). O sorteo dos emparellamentos terá lugar o día antes do comezo do maratón, (15 de Xuño), no bar, Coffe Room de Vimianzo. Lugar onde se fará o pagamento da inscripción previamente realizada. O maratón do clube Vimianzo TM comezaría o día 16 de Xuño ás 21:00 horas e nél os equipos que se inscriban xogarán un mínimo de 3 encontros. Nas instalacións haberá cantina e terán churrasco.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
TODA A INFORMACIÓN E FOTOS DA FASE FINAL DA COPA DA LIGA DE CORME QUE SE LEVOU O TRANSPORTES COTELO NOS PENALTIS.
Sábado, 20 Maio, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
COPA DA LIGA DE CORME
-Fase Final-

              Transportes Cotelo, campión de Copa e Liga.

-Transportes Cotelo campión nos penaltis nunha final trepidante-

-Bar París e Transportes Cotelo empataron 3-3
-Entregáronse os trofeos de Liga e Copa-

Éxito rotundo con máis de 200 afeccionados que disfrutaron dunha trepidante fase final da Copa da Liga de Corme de Futsal, que se levou o Transportes Cotelo nos penaltis tras empatar na Gran Final co Bar Paris 3-3.

Aquí tes a información e fotos de todo o que se viveu no Pavillón Polideportivo de Corme coa disputa da Fase Final que pon o Broche d´ouro" a tempada de futsal en Corme, con esta fase final da Copa e coa entrega dos trofeos da tempada.

Segue ca información e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

<   12345    

Theme creado por dev-postnuke.com