Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Menú principal

 

Tema: Fútbol Sala Masculino

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345   >

ESTA TARDE NOITE ADESTRAMENTO DE PORTAS ABERTAS DO BETIS FS EN OUTES.
Venres, 19 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
FÚTBOL SALA

O Betis FS estará esta tarde en Outes.

-O Betis de Fútbol Sala adestra hoxe en Outes-
-Todo aquel que queira poderá ir ver o adestramento-

Hoxe a partires das 20:00 horas no Pavillón da Serra de Outes fará unha sesión de adestramento de portas aberta o Betis Balompé da 2ª División Nacional de Fútbol Sala. Un adestramento ao que poden acudir todos aqueles aos que lles interese presenciar a un equipo de élite, unha oportunidade especialmente para os máis pequenos. O motivo desta visita é que o equipo bético xoga mañán sábado a partires das 18:15 horas co Noia Portus Apostoli na Terra do Berberecho, na 17ª xornada de liga. Na primeira volta o resultado foi de 4-3 para os verdibrancos. O equipo noiés loita por evitar o descenso e está na antepenúltima posición da táboa, (14º), con 13 puntos. Os andaluces son 7º con 23 puntos a 6 puntos do lider o Barcelona "B".

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ENTREVISTA A : SANTI LÓPEZ, (FS VILLA DE CEE) : "O QUE POIDA QUE SE ACERQUE A ANIMAR ESTE DOMINGO NESTE ENCONTRO TRASCENDENTAL".
Xoves, 18 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
A ENTREVISTA

Santi, (FS Villa de Cee), defendendo un balón, (vermello).
(Foto : ?).

-Entrevista a Santi, xogador do FS Villa de Cee-
-"Non teño ninguha dúbida, de que vamos a conservar a categoría"-
-"O que poda que se acerque a animar, cada partido agora é trascendental"-

Entrevista a Santiago López Insua, "Santi", xogador do FS Villa de Cee, ante o crucial encontro do vindeiro Domingo a partires das 19:00 horas, clave para o devir da permanenza na 3ª División G1. Acabase a 1ª volta e o rial o Academia Red Blue 5 Coruña, do que onte mesmo vos trouxemos unha entrevista co seu adestrador Pachi Fernández, é un rival direto pola salvación. Nesta entrevista de hoxe a Santi, o xogador desgránanos o intre do equipo, con moitas baixas, na maioría por decisións arbitrais, "teatrais", como a do derradeiro encontro do ano, que os colexiados suspenderon o enontro tras acumular eles mesmos varios erros de regulamento, expulsadno a varios xogadores ceenses xa nos vestiarios. Mario de José, que é o autor desta entrevista para www.piratasdemuxia.es xa nos facía o artes unha dura crítica a situación que está a vivir o clube, ao que volve "para axudar os compañeiros". Tanto Mario coma Santi pídenlle a afección : "o seu apoio, acudindo a animarnos". Santi a este respecto dinos que : "O que poida que se acerque a animar, cada partido a partir de agora vai ser trascendental, é o momento de estar máis unidos que nunca. En momentos como este e cando se demostra a grandeza dun clube".

O Academia Red Blue 5 Coruña chega a Cee como 12º con 11 puntos, un máis cos ceenses, que ocupan a 14ª praza con 10, nunha zona que está moi apretada tendo o CD Casas que vai de 10º, con 12 puntos polos 8 do penúltimo A Estrada Futsal "B", (15º). Abre a nova completa para ver a entrevista.

Segue coa entrevista...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
A ENTREVISTA : PACHI FERNÁNDEZ : "O VILLA DE CEE É UN EQUIPO MOI INTENSO, CUNHA CAPACIDADE COMPETITIVA MOI ALTA".
Mércoles, 17 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
A ENTREVISTA

Pachi Fernández adestrador do 5 Coruña.

-Entrevista a Pachi Fernández, adestrador do 5 Coruña-
-"O Villa de Cee é un equipo moi intenso..."-
-"Cunha capacidade competitiva moi alta"-

O vindeiro Domingo a partires das 19:00 horas o FSF Villa de Cee ten un encontro dos que poden ser clave para o devir da permanenza na 3ª División G1. Onte, Mario de José, que volve ao equipo para axudar ante a vaga de baixas, (moitas polo al trato arbitral, segundo as suas verbas), pedíalle aos afeccionados ir a animalo equipo, consideraba o encontro como "crucial". Para Pachi Fernández, adestrador do Academia Red Blue 5 Coruña, rival dos ceenses este Domingo, o encontro é importante, pero cré que : "Chegarase o treito final da tempada cos equipos dabaixo moi igualados". O adestrador dos coruñeses ve no FS Villa de Cee : "Un equipo moi intenso cunha capacidade competitiva moi alta, e iso e o noso "Talón de Aquiles". Son un equipo maduro e a pesar de ser novo na categoría, teñen moitas armas para loitar cada partido".

O Academia Red Blue 5 Coruña chega a Cee como 12º con 11 puntos, un máis cos ceenses, que ocupan a 14ª praza con 10, nunha zona que está moi apretada tendo o CD Casas que vai de 10º, con 12 puntos polos 8 do penúltimo A Estrada Futsal "B", (15º). Abre a nova completa para ver a entrevista.

Segue coa entrevista...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
MARIO DE JOSÉ VOLVE AO FS VILLA DE CEE : "VOLVO PARA ESTAR A TOPE COS COMPAÑEIROS ANTE A LACRA QUE NOS ESTÁN FACENDO".
Martes, 16 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª DIVISIÓN G1 FS

Mario gañouno todo co FS Villa de Cee.

-Mario de José volve o FS Villa de Cee-
-"Volvo para estar a tope cos compañeiros ante a lacra que nos están facendo"-
-Anima a todos ao crucial encontro que ten o equipo o Domingo-

O talentoso xogador ceense, Mario García Martínez, "Mario de José", que tivera que  deixar o FS Villa de Cee por motivos laboras, e que foi partícipe da historia máis brilante do xove clube costeiro, retorna ao equipo : "Polas baixas que arrastramos e outra porque quero estar a tope cos compañeiros ante esta lacra que nos estan facendo". O xogador a pesares de non xogar sigueu polo miúdo os compañeiros e estivo sempre o seu carón e amósase ao igual co grupo moi cabreado co trato que está a recibir o equipo ceense : "Nos teremos algo de culpa, pero é que as arbitraxes birláronnos 10-12 puntos. Non sei si é culpa de que teñen moitos kilómetros ata Cee e a algún árbitro, (non a todos gracias a Deus), pésalles ter que vir ata aquí, ou se algún afín a anterior Federaciòn está tomando pola súa conta algunha represalia contra nós".

Segue co artigo...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
O ACADEMIA REB BLUE 5 CORUÑA XOGA ESTE SÁBADO UN ENCONTRO SUSPENDIDO E TRALO GRAN ÉXITO DA "VI Xda SOLIDARIA" DO CLUBE.
Martes, 09 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª División G1 FS
-Aprazado 13ª Xda-

O Academia Red Blue 5 Coruña xoga en Pazos de Borbén o sábado.

-O Academia Red Blue 5 Coruña senior masculino xoga este sábado-
-Encontro suspendido na 13ª xornada-
-Éxito total da "VI Xornada Solidaria do clube coruñés-

Aínda que a efectos de calendario a 3ª División Nacional Grupo 1 de fúsbol sala, non se reanuda ata o sábado 20 de Xaneiro, o Academia Red Blue 5 Coruña retoma a competición este sábado desprazándose á localidade de Pazos de Borbén para disputar o partido aprazado correspondente á xornada 13ª de liga, que tivo que ser aprazado polas condicións climatolóxicas adversas, que produciron humidades na pista do Pavillón Municipal de Pazos de Borbén, (Pontevedra). O partido xogarase a partires das 18:00 horas. Ao choque o conxunto herculino chegará con varias baixas importantes, pero confían en poder sacar un resultado positivo ante un rival complicado, que aspira a finalizar nos postos altos da clasificación.

Segue coa información da xornadas solidarias...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
TODO O QUE DEU DE SÍ O "CAMPIONATO DE MAZARICOS" QUE GAÑOU ASENSO E BRINDE DE MAZARICOS CON LEITE.
Martes, 02 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
CAMPIONATO INTERPARROQUIAL
-Mazaricos-


Asenso impúxose 4-2 o Cives na Gran Final.

-Asenso campion do Campionato Interparroquial de Mazaricos-

-Todo o que deron de sí as semifinais, 3º e 4º posto e Gran Final-

-Mazaricos brindou con leite por un bo 2018-

Asenso proclamouse campión do Campionato Interparroquial de Mazaricos, orgañizado polo Mazaricos CF e ca colaboración do concello, de Mazaricos, tras derrotar a Cives na Gran Final por. Aquí tes fotos da 2ª xornada, así coma os resultados, e os encontros de hoxe. Todo,  4-2. En semifinais o Cives derrotaba por 5-0 ao Beba, namentras que o Asenso deixaba fora da Gran Final ao Os Vaos por 1-0. No 3º e 4º posto era o Beba o que lle chegaba con xogar un tempo para derrotar a un Os Vaos sen forzas. Aquí tes fotos e todo o que deron de sí as semifinais, 3º e 4º posto e a Gran Final da man do noso colaborador, Jorge Villar.

-Brinde con leite-

Fora do que é o deporte o pobo de Mazaricos nun acto que xa se fixo hobitual nos derradeiros anos, xuntouse para brindar con leite para desexar e pedir un feliz 2018 e de paso reivindicar o poduto estrela deste concello, o leite. Aquí tedes fotos tamén deste acto, abrindo a nova completa.

Segue ca información e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA DA XORNADA DE ONTE DO "CAMPIONATO INTERPARROQUIAL DE MAZARICOS" E PREVIA DA XORNADA FINAL DE HOXE."
Domingo, 31 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
CAMPIONATO INTERPARROQUIAL
-Mazaricos-


Moi bo ambente no Pavillón da Picota.

-Onte 2ª xornada do Campionato Interparroquial de Mazaricos-

-Hoxe semifinais, 3º e 4º posto e Gran Final-

Tal como vos informamos a semana pasada cas crónicas e todo o que deu de si o Campionato Interparroquial de Mazaricos, orgañizado polo Mazaricos CF e ca colaboración do concello, no día de onte xogábase a 2ª xornada e no día de hoxe 31 de Nadal xogase a xornada final que terá lugar hoxe no Pavillón de Deportes da Picota, (Mazaricos),  e na que se disputarán as semifinais, (16:00 horas e 16:50), o 3º e 4º posto, (17:40 horas), e para rematar ca Gran Final, (18:30 horas). Aquí tes fotos da 2ª xornada, así coma os resultados, e os encontros de hoxe. Todo, coma sempre, gracias o traballo do noso colaborador Jorge Villar.

Segue ca información e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PRIMEIRA XORNADA DO DO CAMPIONATO INTERPARROQUIAL DE MAZARICOS.
Luns, 25 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
CAMPIONATO INTERPARROQUIAL
-Mazaricos-


O Corzón derrotou ao Coiro por 5-3.

-Coma cada ano chega o Campionato Interparroquial de Mazaricos-

-Onte foi a primeira xornada-

Coma cada ano e por este tempo o Campionato Interparroquial de Mazaricos chega a escea. O Pavillón da Picota énchese de futsal ca loita polo campionato antre as parroquias do concello mazariquense : Arcos, Asenso, Cives, Corzón, Coiro, Beba, Mazaricos, Baos e Baroñas, loitarán polo cetro de campión niste torneo navideño. A liga que comezou onte día de Noiteboa, terá a sua segunda xornada o sábado 30 para o día de Fin de Ano xogarse as semifinais, (16:00 horas e 16:50), o 3º e 4º posto, (17:40 horas), e rematar ca Gran Final, (18:30 horas), para logo ir a despedir este 2017 e pensar xa nas revanchas para o 2018. Aquí tes fotos da primeira xornada, resultados, clasificación e calendario de encontros.

Segue ca información e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CONVOICATORIA E INFORMACIÓN DA SELECCIÓN SUB 16 DE FUTSAL QUE PARTE XOVES O CAMPIONATO DE ESPAÑA.
Martes, 12 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

SELECCIÓN GALEGA SUB16 FUTSAL


A Selección buscará o pase a seguinte fase.

-A expedición de xogadores parte este xoves hacia Murcia-

-Murcia, Ceuta e Madrid rivais no Campionato de España-

Un total de 12 xogadores son os convocados para partir este xoves para sair da Coruña en dirección Murcia a Fase Previa do Campionato de España de Fútbol Sala Sub 16, no que os rapaces da galega se enfrontarán o venres a Murcia, ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Serrerías, (Molina de Segura), o sábado a Ceuta no mesmo escenario e a mesma hora e o Domingo no mesmo pavillón ante Madrid ás 10:15 horas. Os convocados son : Anxo Cousillas e Esteban Santos do Academia Red Blue 5 Coruña, Juan Caramunda e Sergio Carballeira, (A.D. Liceo), Nicolás Conde, (ADC Sala Lugo), Mario Novo, (ADFS Bueu), Hugo Bueno, (Cios Vigo FS), Gustavo Henrique e Nicholás López, (Burela FS Pescados Rubén), Ángel Cháns, (Club do Mar de San Amaro), Iago Rodríguez, (O Parrulo Ferrol FS), e Alan Álvarez, (Santiago Futsal).

Segue...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS 11ª Xda DA 3ª DIVISIÓN NACIONAL DE FUTSAL MASCULINO : "DERROTAS AXUSTADAS DE VILLA DE CEE E 5 CORUÑA".
Mércoles, 29 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª DIVISIÓN NACIONAL FS Grupo 1
-11ª Xornada-

Non mereceu perder o Villa de Cee ante o Estrada Futsal.

-Derrotas axustadas de FS Villa de Cee e Academia Red Blue 5 Coruña-

11ª xornada da 3ª División Nacional de Fútbol Sala G1, na que o FS Villa de Cee, caía por un axustado 4-5 ante o A Estrada Futsal, namentras que o Academia Red Blue 5 Coruña facíao na sua visita aio Ribeira FS co que caía por 4-2. Aquí tes as crónicas e tódolos datos destes encontros da man dos nosos colaboradores, Mon Lijó e Sergi Blanco. Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
DERROTAS DO VILLA DE CEE E O 5 CORUÑA NA 10ª Xda DA 3ª DIVISIÓN NACIONAL DE FÚTBOL SALA G1 :
Martes, 21 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª DIVISIÓN NACIONAL FS Grupo 1
-10ª Xornada-

O 5 Coruña caía na sua pista ante o Santa Isabel.

-Derrotas do FS Villa de Cee e Academia Red Blue 5 Coruña-

10ª xornada da 3ª División Nacional de Fútbol Sala G1, na que o FS Villa de Cee, caía por 4-2 na sua visita a cancha do Valdesuso Peugeot Vilalba FS por 4-2, namentras que o Academia Red Blue 5 Coruña caía na sua pista ante o Santa Isabel por 0-3. Aquí tes as crónicas e tódolos datos destes encontros da man dos nosos colaboradores, Mon Lijó e Sergi Blanco. Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS, RESULTADOS, ETC...DA 4ª Xda DA LIGA DE FUTSAL DE CARBALLO.
Martes, 21 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
LIGA FUTSAL DE CARBALLO
-Crónicas 4ª Xornada-

A liga carballesa cobra emoción por arriba.

-Todo o que deu de sí a 4ª Xornada da Liga de Futsal de Carballo-
-Crónicas, resultados, previa 5ª xornada, etc..."

Aquí tes todo o que deu de sí a 4ª Xornada da Liga Regular Alonso Moda, de fútbol sala de Carballo, da man do noso colaborador e especialista nista competición Juan Ferreiro. A crónica, resultados, clasificación, goleadores, etc...

Segue cas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS E TODO QUE DEU DE SÍ A 3ª Xda DA "LIGA ALONSO MODA" DE FÚTSAL DE CARBALLO.
Martes, 14 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
LIGA FUTSAL DE CARBALLO
-Crónicas 3ª Xornada-

A liga carballesa cobra emoción por arriba.

-O Cervecería O Pazo sube a primeira praza-
-Crónicas, resultados, trofeos, vindeira xornada, etc..."

Trala disputa da 3ª Xornada da Liga Regular Alonso Moda, de fútbol sala de Carballo, temos que destacar a recuperación de confianza da Cervecería Troula, que viña de perder un partido importante cun rival directo e o asalto á cabeza da táboa por parte da Cervecería O Pazo, que desbanca por diferencia de goles ó Dolce&Café que atopou no Interfutsal Deportes San Remo un gran rival, impedíndolle obter un maior resultado no marcador. Aquí tes abrindo a nova completa o traballo do noso colaborador Juan Ferreiro, que nos trae como cada semana, as crónicas dos encontros da xornada disputada, clasificación xera, e dos trofeos, Pichichi, Zamora e a Deportividade, así como a previa cos encontros da 4ª xornada.

Segue cas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 9ª Xda 3ª DIVISIÓN NACIONAL DE FUTSAL : "VITORIA BALSÁMICA DO 5 CORUÑA E EMPATE AGRIDOCE DO FS VILLA DE CEE".
Martes, 14 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª DIVISIÓN NACIONAL FS Grupo 1
-9ª Xornada-

Miguelón fixo 2 dos goles ceenses.

-Empate "agridoce" do FS Villa de Cee ante o Casás-

-Vitoria balsámica do 5 Coruña-


9ª xornada da 3ª División Nacional de Fútbol Sala G1, na que o FS Villa de Cee, sumaba 1 punto tras duas xornadas con derrotas, e ca sensación de que se puideron sumar os 3, pero con ise sabor agridoxe de que : "non gañamos, pero polo menos sumamos". Os ceenses nun Pavillón Municipal de Cee entregado, empataban 4-4 co Polideportivo Casas. Pola sua banda o Academia Red Blue 5 Coruña acadaba a segunda vitoria do campionato a costa do Gritizón Carballiño FS, (3-7). Unha vitoria balsámica para os rapaces de Sergi Blanco, que suman a segunda xornada consecutiva en positivo, tralo empate da pasada semana co Santiago Futsal "B", (1-1). Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS, RESULTADOS, CLASIFICACIÓNS, ETC...DA 2ª Xda DA "LIGA DE FUTSAL ALONSO MODA" DE CARBALLO.
Martes, 07 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

-LIGA REGULAR ALONSO MODA-

-2ª Xornada-


Ainda hai 4 equipos sen puntuar.

-Crónicas 2ª Xornada da liga carballesa de fútbol sala-

Completouse a segunda xornada da Liga Regular Alonso Moda do Fútbol Sala de Carballo. Xornada na cal os equipos comezan a definirse nas posicións da táboa e na que un efectivo Javier Alvite se fai coa primeira posición do Pichichi Clínica de Fisioterapia Javi Teijeiro. Aquí tes as crónicas dos encontros, clasificacións da liga e previa da 3ª xornada e as clasificacións dos trofeos, zamora, pichichi e a deportividade, todo da man do noso colaborador, Juan Ferreiro.

Segue coas crónicas e máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E RESULTADOS DA 1ª XORNADA DA 24ª LIGA DE FÚTBOL SALA DE CORME.
Martes, 07 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

-24ª LIGA DE FUTSAL DE CORME-


              Bar París, primeiro lider, (foto do ano pasado).

-59 goles na 1ª Xda da Liga de Fútbol Sala de Corme-

-Bo comezo goleador da 24ª edición desta liga-


Tal e como vos apuntamos ca previa o pasado venres, o sábado comezaba a Liga de Fútbol Sala de Corme, orgañizada pola AD Vila de Pondal, (Ponteceso), unh aliga que seguimos por 7º ano consecutivo e que chega a sua 24ª ediución. Un total de 59 goles foron os que se marcaron nesta primeira tirada da liga nos 8 encontros disputados coma sempre no Pavillón de Deportes de Corme. Tan só 2 equipos non viron porta, sendo o primeiro lider por golaveraxe o Bar París con +5, o mesmo ca Talleres Capelán. A liga será un ano máis a 1 volta, con 15 xornadas, na liga regular, (sempre en sábado), para logo xogarse a fase final e dar paso a Copa.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
HOXE POLA TARDE COMEZA A "24ª LIGA DE FÚTBOL SALA DE CORME".
Sábado, 04 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

-24ª LIGA DE FUTSAL DE CORME-


              Os Aldeáns, equipo dos míticos da competición.

-Hoxe comeza a liga de Fútbol Sala de Corme-

-16 equipos xogarán tódolos sábados-

Hoxe a pola tarde comeza a Liga de Fútbol Sala de Corme, orgañizada pola AD Vila de Pondal, (Ponteceso), e baixo a dirección de Pedro Álvarez. Unha liga que xa chega a 24ª edición, unha das máis antigas e sobranceiras da Costa da Morte. Dende ás 15:00 horas no Pavillón Municipal de Corme co encontro Bar Avenida-Seaia FS, comezará a rodar o balón desta edición que volve a ser a un encontro, todos contra todos, para o remate da liga ir a Copa. Este ano coma nos derradeiros 10 anos seguiremos ao por miúdo esta competición coa crónica semanal e cos resultados tralos encontros nas nosas clasificacións.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 1ª Xda DA "LIGA REGULAR ALONSO MODA" DE FUTSAL DE CARBALLO :
Martes, 31 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

-LIGA REGULAR ALONSO MODA-

-1ª Xornada-


Marcáronse 46 goles nesta primeira tirada da liga.

-Crónicas 1ª Xornada da liga carballesa de fútbol sala-

Comezou a Liga Regular Alonso Moda, que como vos apuntamos a pasada semana na previa chega a sua 39ª ecidion e que ten lugar no Pavillón de Deportes "Carballo Calero" de Carballo, e comezou con partidos moi interesantes que deixaron entrever detalles da efectividade goleadora dalgúns deles e a capacidade de reacción de outros, que puideron, algúns igualar o resultado e algún outro remontar o partido cun marcador desfavorable. Aquí vos traemos as crónicas dos encontros e fotos do noso colaborador e experto nesta liga, Juan Ferreiro.

Segue coas crónicas e máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
3ª DIVISIÓN NACIONAL FS GRUPO 1, (7ª Xda) : "NON GUSTOU NADA A ACTITUDE DOS ÁRBITROS AO FS VILLA DE CEE ANTE O CAMPITO FS".
Martes, 31 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª DIVISIÓN NACIONAL FS Grupo 1
-7ª Xornada-

Non gustou nada en Cee a actitude dos colexiados do encontro ante o Campito FS.

-Malestar no FS Villa de Cee pola arbitraxe e actitude dos colexiados-


7ª xornada da 3ª División Nacional de Fútbol Sala G1, na que o FS Villa de Cee, caía por 1-6 ante o Campito FS, nun encontro que ao parecer xa comezou mal dende antes do seu inicio pola acitude dos colexiados : David Pérez, Borja Moreira e Iván Enríquez, tal e como nos relata o noso colaborador, e responsable de prensa do clube ceense, Mon Lijó : "A actitude mostrada polo árbitros dende que chegaron o pavillón, poñendo problemas cas linas do campo, cas porterías, co marcador, que se non cumprían o regulamento (Pavillón Homologado pola Federación en Setembro 2017), desesperando os delegados, que si coincidía o color da cazadora do adestrador do equipo rival ca do porteiro noso, etc, etc, e normal que se lles fose das mans o partido, e e normal que cando se quere ser protagonista finalmente se consiga". Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA : ESTE SÁBADO COMEZA A "24ª LIGA DE FÚTBOL SALA DE CORME".
Martes, 31 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

-24ª LIGA DE FUTSAL DE CORME-


              O Bar Mádison comeza a liga enfrontándose Os Aldeáns.

-Este sábado 4 comeza a liga de Fútbol Sala de Corme-

-16 equipos xogarán tósdolos sábados-

Este sábado 4 de Novembro en pleno Samaín comeza a Liga de Fútbol Sala de Corme, orgañizada pola AD Vila de Pondal, (Ponteceso), e baixo a dirección de Pedro Álvarez. Unha liga que xa chega a 24ª edición, sendo unha das máis sobranceiras da Costa da Morte e na que se poden ver a moitos dos mellores xogadores costeiros sobre a pista. Un total de 16 equipos forman esta edición e que xogarán tódolos sábados dende ás 15:00 horas no Pavillón Municipal de Corme. Este ano coma nos derradeiros 10 anos seguiremos ao por miúdo esta competición coa crónica semanal e cos resultados tralos encontros nas nosas clasificacións.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

<   12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com