Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Depor News

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345    

DEPOR IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR".
Luns, 16 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Eneko Bóbeda un bo reforzo para a volta.

-Eneko Bóbeda : "Foi fácil ter claro que a opción que eu quería, que eles querían, era seguir aquí"-

Eneko Bóbeda ao que moitos xa daban por fora do equipo nada máis acabar a pàsada tempada, foi craro en rolda de prensa ao esbotar que tras Falar con Carmelo del Pozo : "Os dous falamos o mesmo idioma nesto do fútbol. Foi doado elixir a opción que eu quería e que eles querían que era seguir aquí". O lateral vasco que tamén pode xogar de central amosouse contento de seguir a pesares de que tiña o opción de irse, pero será unha peza importante e con experienza para Natxo González. Abre a nova para ver a rolda de prensa  enteira.

Segue ca rolda de prensa e outras novas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
TINO FERNÁNDEZ PRESIDENTE PARA 5 ANOS MÁIS CO 98,998 % DAS ACCIÓNS.
Xoves, 12 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


O "Salón Arao" de Palexco albergou un bo número de accionistas.

-Tino Fernández supérase co 98,998% dos apoios-

-Sumou preto de 16.000 apoios máis ca fai 4 anos e medio-

Xa se sabía que Tino Fernández ía a sair reforzado da Asemblea de Accionistas do RC Deportivo, pero faltaba saber de que maneira e non tivo nen candidato en contra, nen accionariado. Debe ser que todo o mundo debe estar contento ca xestión, pois aquí era o lugar para amosar o descontento e as contas fortalecen a Tino e a sua diretiva na que entra Ramón Piña. Un 98,998% do accionariado deulle o seu favor o presidente con 1,002% de votos nulos. Miguel Otero no apartado de parlamento arremeteu contra Tino Fernández acusándoo de "apoderarse" do clube tendo accións a mofo particular e con varias empresas o que Tino contestou que o "maximo accionista do club é Hijos de Rivera, (Estrella Galicia)", e que él conta con 605 e que Altia non ten accións xa que "tiveron que apartarse do club polos contínuos ataques e traballan máis de 1.000 persoas que merecen un repecto". Otero espera que se teña que celebrar de novo a asemblea cando dicte sentenza o Mercantil da Coruña en tanto en canto a sua denuncia a maneira en que foi convocada e a desestimación das suas propostas cando presentou as accións para solicitar a asemblea. O propio Miguel Otero non votou nen a favor nen en contra, nen apareceron as accións que supostamente estarían en contra e que solicitaban eleccións. Tino dixo que na proxima comparecencia explicaría todo xa que se verteran "acusacións moi graves". Tivo o reelixido presidente deportivista 59.298 accións ao seu favor e recoñeceu tras facer balance da boa saúde no apartado económico e na canteira, do mal resultado no deportivo, que "esperamos revertir, que nadie lle de a espalda o clube, ainda que non lles guste o presidente, entrenador ou equipo...o camiño de volta comeza hoxe", dixo Tino Fernández sacando peito polos resultados.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF : PRESENTACIÓN DE PABLO MARÍ E CESIÓN DE JUANFRAN".
Xoves, 12 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Pablo Marí aposta por convencer o Depor durante a tempada no campo.

-Pablo Marí : "A calquera dalle ganas de facer algo grande aquí"-

-Juanfran a un paso do Leganés-

Hoxe antes do adestraamento en Abegondo foi o turno para Pablo Marí, na presentación dos novos e con Carmelo del Pozo a seu carón, que só falou para responder a que o central valenciano viña cedido polo Manchester City cunha opción de compra e que : "Oxalá a final de tempada estemos a gusto as duas partes e se poida facer efectiva esta opción". Pola sua banda o zagueiro amosouse contento de racalar no Depor e agradeceu que lle deran a oportunidade de estar aquí xa que segundo él : "Veño con moitísimas ganas, con moitísima ilusión. Vir a un Club histórico creo que a calquera futbolista danlle ganas de facer grandes cousas aquí". Por outra banda Juanfran que adestrou aparte tanto onte coma hoxe con adestramento específico, está a piques de pechar a sua cesión ao leganés por un ano e cunha compensación para o Depor, que poderá recuperalo a vindeira tempada. Carmelo del Pozo xa explicou esta semana que : "de aquí non se vai a ir ninguén de balde", ante as informacións que se extenderon polos medios de que os xogadores podían ir de balde o equipo que quixeran. Segue coa rolda de prensa.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF : PEDRO SÁNCHEZ : "O DEPOR É O REAL MADRID DA 2ª DIVISIÓN".
Mércoles, 11 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Pedro Sánchez moi contento de estar no Depor.

-Pedro Sánchez : "O Depor é o Real Madrid da Segunda"-

-Comezou a rodar o balón en Abegondo-

Antes de comezar a rodar o balón en Abegondo e tras dous días de probas médicas, Pedro Sánchez foi presentado en rolda de prensa con Carmelo del Pozo ao seu carón. O xogador de Aspes, (Valencia), amosouse moi contento e ilusionado coa sua chegada ao Depor do que dixo que era : "O Real Madrid da Segunda. Impresionoume nos catro días que levo aquí, encantoume a min e a miña familia. Un club moi grande e vén de Primeira". Para o novo xogador a tempada vai a se complicada pola sua dureza : "A Segunda é moi longa, vai haber momentos bos e malos. Aquí calquera pode gañarlle a calquera. Oxalá me equivoque e sexa todo bonito. Temos que chegar ás dez últimas xornadas con opcións de cumprir o noso obxectivo". O novo xogador deportivista tamén se amosou impresionado pòlas instalacións do Depor e polo novo sistema que quer implantar Del Pozo con respecto a unha maior convivenza antre os xogadores e técnicos : "O novo plan é sensacional. Unha idea incrible. Superbuena. Coñecerémonos moito máis, estaremos máis preto, e iso agradécese". Segue co a rolda de prensa e as novas.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
TINO FERNÁNDEZ SAIRÁ MÁIS REFORZADO DA ASEMBLEA DE ACCIONISTAS DO RC DEPORTIVO QUE SE CELEBRA ANTRE HOXE E MAÑÁN.
Mércoles, 11 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Tino non terá rival o que medirse na asemblea.

-Tino Fernández sairá máis reforzado da Asemblea-

Hoxe ás 19:00 horas terá lugar a primeira convocatoria da Asemblea de Accionistas do RC Deportivo. Unha convocatoria para a que non vai a haber "quorum". Mañán a mesma hora e en Palexco de novo, terá lugar a segunda convovatoria. Tino Fernández ao final será o único candidato a presidencia, trala retirada de Miguel Otero, que tras un amago quedouse como único rival e acabou por arriar, e ver como se desestimada a sua impugnación a asemblea, o dilucidar a xustiza que : "A celebración da asemblea non supón comisión de danos irreparables". Con todo isto Tino Fernández que varias veces tivo que escoitar dende a grada o de "Tino dimisión" ou "Diretiva dimisión", vaise ver máis fortalecido no seu proxecto, e todo apunta que superando ás máis de 41.000 accións do 2014. A única cara nova que presenta na diretiva é a de Ramón Piña e repiten : Enrique Calvete, Daniel Ramos, Juan José Jaén e Martín Pita. Pola outra banda Miguel Otero díxo nos medios que estará na asemblea cas suas 12 accións e de seguroi que algo terá que decir nos rogos e preguntas. Ata antes da asemblea poden retirarse os cartóns para poder votar, un feito que se ven levando a cabo dende o 6 de Xullo, na OAD, (Oficina de Atención o Deportivista).

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF : "O NOVO DISEÑO DO DEPOR DE CARMELO DEL POZO CUNTA ORGAÑIZACIÓN, CONVIVENZA E DISCIPLINA".
Martes, 10 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Os xogadores compartirán tódolos días mesa e mantel.

-O novo Depor de Carmelo del Pozo aposta pola

orgañización, convivenza,  e disciplina-

O novo Depor diseñado por Carmelo del Pozo non só vai a selo na maneira de fichar e de deixar sair. Primeiro foron saindo os xogadores máis polémicos, (Andone, Çolak ou Luisinho), logo tocou diseñar o novo organigrama no que él é a cabeza visible e no que coma se dun árbol xeanolóxico se tratase, vanse derivando ramificacións con dependencias unha para o fútbol profesional e outra para a canteira. Logo e cas novas incorporacións, a busca do mellor para os que queiran sair ou quedar e no medio de todo esto e cas melloras que se fixeron en Abegondo, antre elas unha moi significativa e importante, un comedor para que os xogadores desaiunen cada día antes de adestrar, (agora e durante a liga), e que xanten despois de adestrar xuntos : "Un xogador debe ser profesional as 24 horas do día. Non chegar adestrar un par de horas e acabouse. Que convivan e que falen de fútbol, que se sintan correlacionados", dixo Del Pozo a este feito. Ademáis de apuntar que haberá unhas normas de disciplina que todos deberán cumprir. Abre a nova o completo para ver todo.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF : "DUBARBIER E CARMELO DEL POZO EN ROLDA DE PRENSA".
Martes, 10 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Dubarbier e Carmelo del Pozo falaron en rolda de prensa.

-Dubarbier : "O Depor un club do máis grande de España"-

-Carmelo del Pozo analizou a situación dos xogadores-

 Onte era o turno de Álex Bergantiños en rolda de prensa tralas probas médicas, e era taxante sobre os males do Depor e dos trocos positivos que estaba a ver : "Nos últimos anos si houbo demasiados problemas, demasiadas cousas extradeportivas das que se falaba. Outras que non chegaron a saír. Nese aspecto ten que haber un cambio radical. Eu mesmo nese aspecto agora coa perspectiva faría cousas de distinta maneira. Iso teno claro o Club". Hoxe foi o turno de outra das incorporación, o arxentino Dubarbier, que se amosou moi contento de estar no clube dixo que chegaba : "A un dos máis grandes de España". Nesta rolda de prensa de presentación, Carmelo del Pozo analizaba a situación de varios xogadores que están na parrilla de saida, coma Borges, Sidnei, ou Juanfran, así como da situación de Mosquera, Schär, Carles Gil, Rolán...e con un foi craro : "Tytón vai sair". Abre a nova o completo para ver todo.

Segue coas breves do Depor...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
HOXE BOTA A ANDAR O DEPOR 2018-19 CON MOITAS CARAS NOVAS.
Luns, 09 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


-Hoxe bota a andar o Depor 2018/19-

 No día de hoxe comeza a andar o proxecto do Depor 2018/19 un novo proxecto e coma cada ano ilusionante. Polo de agora non chegaron "nomes" como dixo o novo Director Deportivo, Carmelo del Pozo, pero a ver se como él mesmo acuño chegan "homes". As portas da Asembleas de Socios para as eleccións e con Tino Fernández e Miguel Otero como únicos candidatos, este ano as cousas caen todas no apartado deportivo nas mans de Carmelo del Pozo, que está a constrtuir un entramado de persoas, que terán unha función específica en cada apartado, tanto de adestramentos, coma de olleadores e de canteira. Del Pozo contratou a Natxo González para o banco, que terá no día de hoxe o primeiro toma de contacto cos xogadores, no apartado de probas médicas para o mércores pisar Abegondo. Abre a nova o completo para ver todo.

Segue coas breves do Depor...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR".
Xoves, 05 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Crístian Santos asinou por 2 anos e un opcional.

-Escolma de novas breves do Depor-

-Crístian Santos pasa recoñecemento médico na Coruña e asina o contrato. O novo dianteiro do Depor, Crístian Santos pasou o recoñecemento no Hospital o Modelo da Coruña. O xogador que manifestou que o clube deportivista é : "Un equipo histórico e isa foi unha das razóns para vir. Este é un gran club que gañou ligas, Copas e estivo en Chámpions. Creo que vir é unha boa decisión. Hai que pasar páxina do que pasou e enfocarnos en subir". O venezolano de nacemento e criado en Alemaña estará o vindeiro luns 9 de Xullo co resto de compañeiros para comezar a pretempada do clube. Segundo comentou, estes días estivo preparándose baixo a tutela dun adestrador persoal. Sobre a pregunta a cifra de goles que sepon como meta dixo que : "A tarefa dun dianteiro é meter goles. Se todos poñemos o noso granito de area podemos lograr grandes cousas. Espero marcar moitos goles co Depor. Unha das miñas virtudes é o xogo aéreo. Gústame rematar de cabeza e estar preto da área. Quero repetir o que fixen en Holanda, que nos dous últimos anos foime complicado, pero valeume para madurar”. O novo xogador deportivista asinou por 2 anos e un opcional. Abre a nova o completo para ver todo.

Segue coas breves do Depor...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O DEPOR CONFIRMA A FICHAXE DE ÁNGEL BECERRA PARA A SECRETARÍA TÉCNICA.
Luns, 02 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Ángel Becerra, (centro) fixo un gran traballo no Extremadura.

(Foto : UD Extremadura).

-Ángel Becerra asina como Secretario Técnico-

-Ocupará o posto de Ernesto Bello-

Trala confirmación da fichaxxe do central Pablo Marí Villar, (Almussafes, Valencia, 31/08/1993), após de superar o recoñecemento médico e pechar toda a documentación pendente dos trámites do tránsfer internacional,cedido polo Mánchester City con opción de cpompra, chéganos no día de hoxe a confirmación do Depor da contratación de Ángel González Becerra, (Madrid, 21/02/1973), que é, desde hoxe, novo secretario técnico do clube. Até esta temporada, durante campaña e media, foi director deportivo do Extremadura UD. Antes, durante 4 temporadas, (unha delas como secretario técnico único), foi o secretario técnico do Real Betis Balompié. Entre medias, refundou como directivo e director xeral o Polideportivo Ejido, club no que desenvolveu a súa carreira futbolística durante 15 temporadas en 2ª División, (anotando un histórico gol para a salvación do equipo), 2ª B e Terceira. Mentres militaba no club almeriense como futbolista nas categorías non profesionais, Ángel Becerra compatibilizou o deporte coa xestión e administración en Abengoa, empresa de solucións tecnolóxicas innovadoras para o desarrollo sostenible.

A nosa benvida e que o seu traballo dé os froitos necesarios para que o noso clube creza sen pasos atrás.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O CENTRAL PABLO MARÍ CHEGA CEDIDO CON OPCIÓN DE COMPRA.
Domingo, 01 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


O Depor deu a sorpresa cun xogador xove e inesperado.

-Confirmada a fichaxe de Pablo Marí-

-Chega cedido con opción de compra dende o Manchester City-

Segundo nos informan dende o Deportivo : "Pablo Marí Villar (Almussafes, Valencia, 31/08/1993) é, após superar o recoñecemento médico e pechar toda a documentación unicamente pendente dos trámites do tránsfer internacional, novo xogador do Real Club Deportivo para a próxima temporada. Defensa central formado na canteira do RCD Mallorca, debutou en 2011, con só 18 anos, no primeiro equipo 'bermellón', nun partido de Primeira División fronte ao Granada no Nuevo Los Cármenes. En 2013 fichou polo Nàstic de Tarragona, onde xogou tres temporadas, até ser traspasado ao Manchester City. Desde entón, o club inglés cedeuno ao Girona (2016-2017) e ao NAC Breda holandés (2017-2018), equipo no que luciu o brazalete de capitán. Pablo Marí chega ao Deportivo cedido por unha temporada con opción de compra". O Depor deu a sorpesa cun xogador que non estaba nas especulacións da prensa.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CHRÍSTIAN SANTOS E YVÁN CASTILLO DUAS INCORPORACIÓNS MÁIS PARA O DEPOR 2018-19.
Xoves, 28 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Chrístian Santos marcoulle este ano o Depor, (Foto : Carabobeño).

-Confirmada a fichaxe de Chrístian Santos-

-Yván Castillo novo adestrador de porteiros-

 Trala confirmación de Pedro Sánchez esta mañán, que asinou por duas tempadas, o Depor ven de confirmarnos o que era un segredo a voces e do que só faltaba que se desvinculase do Deportivo Alevés, o venezolano de nacemento, (deixou o país sudamericano aos 6 anos), Chrístian Santos. Un dianteiro que non tivo a sorte de cara no equipo alavesista a pesares de ser fichado pola sua gran progresión no fútbol alemán, belga e holandés e que asinará por duas tempadas. Por outra banda dende o Depor tamén nos confirman a fichaxe de Yván Castillo como adestrador de porteiros, procedente do Reus Deportivo. O Director Deportivo deportivista Carmelo Del Pozo dixo que Samuele Longo do Tenerife ten unha oferta do Depor pero que non van esperar, que : "Dende que o tren se pon en marcha hai que subirse a él se se quere que senón segue o seu curso".  Abre a nova o completo para ver todo.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF : ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR.
Xoves, 28 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Pedro Sánchez é a cuarta incorporación do Depor 2018/19.

-Escolma de novas breves do Depor-

-Pedro Sánchez confirmado como novo xogador deportivista. O Depor fai oficial a fichaxe de Pedro Antonio Sánchez Moñino, "Pedro Sánchez", (Aspe, 12/12/1986). Xa volo adiantaba antes ca ninguén www.piratasdemuxia.es o pasado 20 de Xuño, gracias a un amigo e siareiro da nosa web andalúz próximo ao Granada CF. Formado nas categorías inferiores do Alacante CF, debutou en 2008 no primeiro equipo branquiazul. Ao finalizar esa temporada comezou o seu periplo polo fútbol español, que o levou ao Real Murcia (2009-2012), ao Córdoba CF (2012-2014), Real Zaragoza (2014-2016), Elche (2016-2017) e Granada CF a pasada temporada. Na súa traxectoria acumula 300 partidos en LaLiga 1|2|3, 8 de promoción de ascenso e 11 na Copa do Rei, con 42 goles e 37 asistencias. Asina por duas tempadas e xa pasou o recoñecemento médico no día de hoxe. Abre a nova o completo para ver todo.

Segue coas breves do Depor...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
BOTOU A ANDAR O "II DEPOR-CAMPUS DE ZAS" CON 40 NEN@S.
Luns, 25 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
"II DEPOR-CAMPUS ZAS"


Os nen@s tiveron o priemiro contacto co Depor-Campus.

-Botou a andar o "II Depor-Campus Zas"-
-Será dende hoxe ata o 29 de Xuño-

Tal e como vos apuntábamos días atrás, hoxe daba comezo o "II Depor-Campus Zas", que terá lugar dende hoxe e ata o 29 de Xuño, (ambos inclusive), no "Platas Reinoso" de Baio. Durante estes 5 días os 40 nen@s que levarán a cabo o campus, disfrutaran de xornadas de deporte e convivenza, con técnicos do Depor e da Costa. 

Segue...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
O DEPOR FICHA A XOVE PROMESA CANARIA VÍCTOR GUEDES.
Sábado, 23 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Víctor Guedes aparente máis edade da que ten, (Foto : Mario García).

-O Depor ficha a xove promesa canaria Víctor Guedes-

Segundo nos conta o xornalista canario Mario García de La Santa o Depor tras varios meses de negociacións pechou a fichaxe por 3 anos do xove Víctor Guedes Bordon, (Agúimes, 24/6/2000), xogador polivalente con marcado carácter ofensivo que alternou esta campaña entre o primeiro equipo, (Terceira División) e o Xuvenil da UD San Fernando. Segundo comenta Mario, estaba cedido no UD San Fernando polo UD Las Palmas que era o que estaba en contra de deixalo vir o clube branquiazul, pero os desexos do rapáz e do seu equipo ao traspaso ao final cuaxou. Victor Guedes foi internacional ca Selección Española Sub16, ademáis de xogar nas Seleccións Canarias Sub 18 e Sub 19. Esta xove promesa canaria polo que tamén estaba interesado o Villareal, ven a ser o terceiro canario na canteira deportivista, xunto con "Peke" e Kilian Molina.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
OS MEMBROS DA OFICINA DE ATENCIÓN Ó DEPORTIVISTA RECIBIRON O PREMIO DA "PEÑA DEPORTIVISTA DE VIVEIRO".
Sábado, 23 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Os membros da OAD recibiron o premio nunha cea en Viveiro.

-Merecido premio para os membros da Oficina de Atención o Deportivista-

-Concedeullo a "Peña Deportivista de Viveiro"-

Xa vos adiantamos fai un día que a "Peña Deportivista de Viveiro" tiña a ben concederlle o premio de "Deportivista do ano" aos membros da Oficina de Atención o Deportivista, (OAD), un máis ca merecido premio para esta xente que traballa na escuridade pero que son os que con moito tesón axudan a que todos poidamos estar en Riazor. Incansable traballo de despacho de carnets, abonos mensuais e entradas para os encontros, día tras día incluidos os fins de semana, e moitas veces aguanrtando os cabreos polas colas ou os malestares co equipo, sen culpa. Temos que ter en conta que eles sendo 5 atenden a preto de 27.000 socios, tanto en canto no Real Madrid, por poñer un exemplo, para atender a 60.000 son máis de 200. O noso aplauso para os membros da OAD : José Manuel, Javier, Fernando, (que non puido estar no acto), María, Lucía e a xefa do departamento Gelines. E tamén noso aplauso para os amigos deportivistas de Viveiro por acordarse deles.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DIMITE INEXPERADAMENTE A DIRETIVA DA FEDERACIÓN DE PEÑAS DEPORTIVISTAS E CONVOCA ELECCIÓNS.
Venres, 22 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Diretiva sainte da Federación de Peñas Deportivistas.

-Dimite a diretiva da Federación de Peñas Deportivistas e convoca eleccións-

-Serán o 21 de Xullo no Centro Cívico San Diego-

Tani Gómez presidenta da Federación de Peñas Deportivistas anúncianos a dimisión dela e da sua xunta diretiva : "por motivos persoais", e convocan eleccións para o 21 de Xullo. Unhas eleccións para as que mañán mesmo terá lugar a presentación do censo electoral dunha folla de ruta que terá o vindeiro día 27 de Xuño as posibles reclamacións e o día seguinte o prazo de presentación de candidaturas ata o 13 de Xullo e o día seguinte a verificación das candidaturas. O 15 de Xullo as posibles reclamacións as candidaturas e o día seguinte as solucións as posibles reclamacións. Día de Reflexión o 20 e as eleccións o 21 no Centro Cívico de San Diego, (Rua García Ferreiro s/n-A Coruña), en primeira convocatoria ás 11:00 horas e segunda, media hora máis tarde. Teñen dereito a voto e poden presentar candidato un total de 130 peñas que está federadas. Dende a diretiva deportivista que fixo un "enorme" traballo estes derradeiros 3 anos despídense tras : "Unha etapa que se pecha antes do que tocaba pero enche de cousas boas. Agradecémosvos de corazón todo o voso apoio durante estes 3 anos, vémonos en Riazor e FORZA DEPOR SEMPRE"...

O noso total agradeceemtno ao grandísimo traballo desenvolvido por Tania Gómez e a sua diretiva ao fronte da Federación de Peñas.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF : "PEDRO SÁNCHEZ FICHADO, ROLDA DE PRENSA CONXUNTA DE TINO, NATXO E CARMELO, CARTA DESPEDIDA DE LUISINHO..."
Mércoles, 20 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Pedro Sánchez será a cuarta incorporación do Depor 2018/19.

-Pedro Sánchez, Tino Fernández, Natxo González,

Carmelo del Pozo, Luisinho...-

-Escolma de novas breves do Depor-

Pedro Antonio Sánchez Moñino, "Pedro Sánchez", (Aspe, 12/12/1986), é novo xogador do Depor. Segundo nos informan un amigo da prensa, o extremo alicantino, non fará efectiva a sua renovación por encontros disputados co Granada e será anunciado en breve polo clube branquiazul, dado que ven libre. Xogador de grande experienza na 2ª División e que ten gol. Era pretendido por varios equipos e así o manifestou Carmelo del Pozo na rolda de prensa da presentación do novo adestrador do Depor, Natxo González : "Pedro Sánchez é un xogador moi interesante e unha boa posibilidade. Equipos que descenderon quéreno, equipos de Primeira liña quéreno. E nós. Esperemos que esa situación poida desencadear nun obxectivo cumprido. É un moi bo xogador de Segunda División. Ten moitas noivas". Tamén tes a  quí tes unha serie de novas breves do Depor como o que expuxo Tino Fernández na sua presentación do proxecto, a presentación e primeiras palabras de Natxo González e diversas cuestións consultadas a Carmelo del Pozo. Abre a nova o completo para ver todo.

Segue coas breves do Depor...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ÁLEX BERGANTIÑOS RETORNO AO DEPOR.
Sábado, 16 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Álex decideu volverá a vestir de branquiazul.

-Álex Bergantiños volve o Depor-

-Decideu retornar ao clube que o veu nacer-

Confírmannos dende o Depor que Álex Bergantiños retorna a sua casa, da que nunca debeu de marchar. No día de onte na prensa asturiana decían que Álex Bergantilños tiña 11 días para decidirse se seguía no Sporting de Xixón ou se voltaba o Depor trala cesión na que él tiña a derradeira palabra. Non lle fixeon falla eses 11 días e no día de hoxe daba o "si quero" ao novo proxecto do Depor, que esta fin de seman tivo a confirmación de Natxo González como adestrador, a incorporacíon do lateral esquerdo arxentino, Dubarbier e a de Álex, así como a saida hacia Huesca de Luisinho e a chegada o Fabril de Tito Ramallo.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF : LUISINHO VAISE O HUESCA E CHEGA DUBARBIER".
Venres, 15 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Dubarbier terceira incorporación do Depor 2018/19.

-Luisinho ao Huesca e Dubarbier o Depor-

-Vaise un gran lateral esquerdo e ven un arxentino-

O Depor ven de anunciarnos a saida de Luisinho rumbo a Huesca e a chegada do lateral esquerdo Sebastian Dubarbier. Vaise un grandísimo lateral esquerdo e chega un de corte rudo ao máis puro estilo arxentino. Decía Carmelo del Pozo este día que nonhabía petición ningunha do Huesca por Luisinho, pero que a ninguén lle extrañase que se foran xogadores que levan tempo no clube e que algún ía a soprender, pero que non quería a ninguén que non quixese estar no equipo e arrimar o hombreiro sen excusas. Luisinho é a primeira sorpresa desta reestructuración. Tamén dixo que xa tiña un par de xogadores "amarrados" e Dubarbier é un deles. Vaise un peso pesado e un soldo dos máis altos e chega un xogador que non o supera en nada, pero a realidade da marcha, (vaiu traspasado tras asinar esta tempada ata o 2020), había que sabela para opinar e ese non é o noso estilo. Darlle as gracias ao portugués por todo canto deu para o clube, (que foi moito), e darlle a benvida ao arxentino. Decir tamén que o Zaragoza dixo que ainda non se pagara a cláusula de Natxo Gonzalez, unha cláusula que ten que pagar él mesmo e como vos decíamos pola mañán, Tito Ramallo será o novo adestrador do Fabril 2018/19. Se abres a nova o completo podes ver as novas de maneira máis extensa.

Segue coa previa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

<   12345    

Theme creado por dev-postnuke.com