Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Depor News

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345   >

DEPOR ROLDA : CARMELO DEL POZO "DIXIT".
Mércoles, 01 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR ROLDA-

Carmelo del Pozo cando fala...fala.

-A actualidade do Depor da man de Carmelo del Pozo-

Cada vez que fala en rolda de prensa o Director Deportivo, Carmelo del Pozo non deixa dúbidas. As suas comparecenzas non teñen desperdizo. Nesta fala de toda a actualidade do Depor, contestando a todo e dando toda clase de explicacións.

Noutro órde de cousas o Depor xoga hpxe a partires das 20:00 horas en Bembibre ante o Real Valladolid, encontro que poderás seguir en direto polo canle de Youtube do clube : rcdeportivo. Abre a nova completa para ver a rolda de prensa.

Segue ca rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
ROLDA DE PRENSA DA PRESENTACIÓN DE DAVID SIMÓN : "O DEPOR É UN GRANDE...UN HISTÓRICO".
Martes, 31 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR ROLDA-

David Simón lateral dereito ofensivo foi presentado.

-David Simón : "O Depor era miña 1ª opción é un equipo grande"-

-Polémica antre Carmelo del Pozo e Francis-

David Simón, lateral dereito chegado dendo o UD Las Palmas tras rescindir contrato amosouse contento de chegar o noso clube que para é era a : "Primeira opción. O Depor é un grande. Un equipo histórico" e afirmou haber falado con Rubén Coméndez, (adestrador do xuvenil e co coincideu no Vecindario), e cos canarios Aytahmi, Momo e Valéron, os que lle deron boas referencias do clube, da cidade e da afección. Carmelo del Pozo que logo tivo unha extensa rolda de prensa na que falou de tódolos temas e xogadores que foi preguntado, tal e como acostuma a facer, con moita soltura e convecido do traballo que se está a facer, e amosando unha vez máis que ten todo o mando no apartado deportivo. En breve colgarémosvos a sua rolda de prensa na que tivo un mensaxe direto sobre os xogadores nestes anos que chegaron o Depor e que agora queren marchar ou marcharon e : "Non teñen que esquecer que están onde están gracias a que o Deportivo apostou por eles algún chegando de África sen cartos e sen roupa". Pois volveu a insistir que : "De aquí non se vai ninguén por que queira".  A frase sobre os "africanos" contestou rapidamente en Instagram o meta nixeriano de 19 anos, Francis : "Vín a este mundo sen roupa, así que non é tan malo que tamén viñese a Europa sen roupa. En casa ensináronme a elixir as miñas batallas sabiamente". O pouco tempo retirouno. Falla saber se Carmelo puxo esta "patada" farto de infantiladas ou se foi un "lapsus" inoportuno. Abre a nova completa para ver a rolda de prensa da presentaión de David Simón.

Segue ca rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O DEPOR ENFRONTARASE O ZARAGOZA NA ROMAREDA NA "COPA DO REI".
Luns, 30 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-

O Depor volverá a xogar co Zaragoza 5 anos despois.

-Zaragoza-Depor na Copa do Rei-

O Depor enfrontarase ao Real Zaragoza a encontro único, na 2ª rolda da Copa do Rei. O encontro será na semana do 12 de Setembro na Romareda, xa que vai segundo sae a bola do bombo e a primeira foi a zaragocista. Non tarda moito Natxo González en volver a que foi a sua casa a tempada pasada.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
UN GOL DO FABRILISTA PEDRO CORREIA DALLE O EUROPEA SUB 19 A PORTUGAL.
Luns, 30 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-

Pedro Correia, (esq) fixo campiona a Portugal.

Italia 3-4 Portugal

-O fabrilista Pedro Correia dalle o título europeo Sub 19 a Portugal-

Corría o minuto 109 en plena prórroga e o resultado na final do Campionato de Europa Sub 19 no encontro antre as seleccións de Italia e Portugal era de 3-3. Un balón colgado o área era controlado polo xogador do Fabril, Pedro Correia, (na sua camisola Pedro Martelo), que facía un control co peito dirixido e tras controlar co pe marcaba de tiro cruzado o 3-4 que o final lles daría o título de campións aos portugueses. Pedro que este ano xogará no Fabril tras seu pase polo xuvenil, chegou a "Casa Depor" despois de estar no Benfica lisboeta.

NOVAS BREVES

Noutro órde de cousas o xogador do Depor, Crístian Santos efectuouselle o drenaxe dun absceso no pé esquerdo, polo que estará uns dias de baixa. A lesión produceuselle no encontro xogado polo equipo deportivista en Carballo a pasada semana. Outra nova deportivista é que no día de hoxe o Depor entra hoxe no bombo da Copa do Rei, pero non para a primeira rolda, que tamén se sorteará hoxe, senón para a segunda.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
TERCEIRO AMIGABLE CUN EMPATE ANTE UNHA MOI BOA PONFERRADINA.
Domingo, 29 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-

O Depor tivo un bo adestramento ante unha moi boa Ponferradina.

Ponferradina 1-1 Depor

-A Ponferradina amosouse como un bo rival ante o Depor-

Moi boas sensacións deu a Ponferradina que será no vindeiro curso rival do Fabril no Grupo 1º da 2ª B e contra o que xogarán varios dos rapaces que onte foron da partida no bando do Depor e que están a adestrar co primeiro equipo. O equipo deportivista no que debutou Borja Valle en encontro de pretempada e que marcou na sua casa, fixo unha boa primeira etade pero logo sufreu en banda o influir o equipo berciano nesta parte do campo cos carrileiros deportivistas bastante desguarnecidos. Adiantouse o Depor o fío do descanso cun testarazo de Borja Valle a centro perfecto de Dubarbier e empatou pasada a hora de xogo o equipo local cun tanto de Isis tras entrada por banda. O equipo de Ponferrada xa viña de empatar noutro amigable ante o Real Oviedo. Borja Valle tralo encontro dixo que : "Vivín dous anos moi complicados a nivel persoal. Entón é difícil afrontar unha pretemporada con ilusión despois de todo o que pasou. Teño que centrarme en adestrar, en facer as cousas o mellor posible. Non mirar máis aló, se me vou, se quedo. Quero adestrar e coller boas sensacións...Teño contrato co club e como dixo este día Carmelo, ainda non é tempo de falar de renovacións".

O Depor que mañán entra no bombo da Copa do Rei, volve a xogar este mércores. Será en Bembibre na "Devesa", a partires das 20:00 horas, ante o Real Valladolíd, equipo recén ascendido a Primeira. Encontro que se poderá seguir en direto pola canle de Youtube do RCDeportivo. Segue coa crónica do encontro.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
CARTA DE DESPEDIDA DUN SEÑOR DENTRO E FORA DO CAMPO.
Sábado, 28 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News

Schär twiteaba en galego e despideuse de nós en galego.

-Fabian Schär despídese en galego sabendo o que é a morriña-

Que son moitos os xogadores que se namoran da nosa terra e que volven cada dous por tres ou que quedan a vivir aquí, xa o sabemos. Fabian Schär dixo sempre que estaba "felíz de estar aquí" e que a sua familia estaba moi agusto. Namorouse desta terra e facía os seus twits a base de traductor en galego. Tivo que irse a Newcastle cunha boa oferta para él e o clube. Para él non había problema para xogar en Segunda, pero no fútbol os cartos mandan. Chegou e amosou a sua enorme calidade, pero Seedorf namorado de Albentosa e a sua "calidade" privounos de ver máis ao suizo, que se despide de nós en galego e decindo que "agora vou saber o que é a morriña".

Que che vaia do milloriño no teu novo equipo "señor" Schär.

Segue coa rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
DEPOR ROLDA : NATXO GONZÁLEZ : "ATA O MOMENTO ESTOU SATISFEITO".
Venres, 27 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-

Natxo González di que "a evolución dos xogadores é a esperada".

-Natxo González : "Estou satisfeito ata o momento"-

O adestrador deportivista Natxo González falou polo miúdo de como vai a pretempada e de cales son as suas sensacións e asimesmo falou no intre contraceptual de algúns xogadores coma Francis, Fede Cartabia, Eneko Bóbeda, Sidnei e outros. Abre a nova o completo para ver a rolda de prensa.

Segue coa rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
DECÁLOGO DE CARMELO DEL POZO SOBRE OS XOGADORES E A SUA SITUACIÓN. HOXE CHEGA DAVID SIMÓN.
Venres, 27 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-

Carmelo del Pozo falou na presentación de Quique González.

-Carmelo del Pozo repasa a situación de varios xogadores-

-David Simón pasa hoxe recoñecemento médico-

Onte foi un día de moito axetreo na "Casa Depor", un día no que houbo novas dabondo como para encher un xornal enteiro coa actualidade deportivista, e as cales vos trouxemos ao intre e podedes ver en portada da web. Fabian Schär ía traspasado ao Newcastle por en torno aos 4 millóns de euros, Diego Rolan, cedido ao CD Leganes, por en torno ao millón de euros e cunha opción de compra de 8, Quique González era presentado en rolda de prensa, salía o horario do primeiro encontro de liga en Albacete o 17 de Agosto ás 22:00 horas retransmitido por Gol TV, Pinchi debutaba nun encontro co Atlético de Madrid ante o Arsenal de Lucas Pérez, Fabricio deixaba o Besitkas para enrolarse no Fullham ingles, e Carmelo del Pozo, que cando fala faino seguro do que ten que decir, cas ideas moi craras, falou de tódolos temas abertos, xogador por xogador. Falou de Quique González, Adrián Ortolá, Fabian Schär, Sidnei, Celso Borges, Borja Valle, Diego Rolan, David Simón, da dianteira e os movementos, de Fede Cartabia, Guilherme, Krhn-Delhi, Albentosa, Francis e Álex Cobos. De todos fixo un balance das suas situacións. Aquí abrindo a nova completa tes as frases do que dixo de cada un e cada caso. Noutro órde de cousas, o canario David Simón pasa hoxe recoñecemento médico na Clínica de Matogrande.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
FABIÁN SCHÄR VAISE O NEWCASTLE E DAVID SIMÓN SONA CON FORZA.
Xoves, 26 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Foto do Newcastle presentando a Fabian Schär.

-O Newcastle lévase o suizo Fabian Schär-

-Diego Rolán cedido o CD Leganés-

-Debutamos en liga o 17 de Agosto-

Estaba visto que a ausencia no encontro de onte de Fabián Schär auguraba que estaba pechando a sua ida o Newcastle inglés e así foi. Os "urracas" lévanse a un gran xogador e mellor persoa. Un profesional que o deu todo e que nos quedou gañas de velo máis e disfrutar das suas subidas a estilo Djukic, e os seus centro longos ao pe. Clarence Sedorf privounos de velo máis ao decantarse por Albentosa, inexplicablemente Vaise un xogador que se integrou de maravilla e que ata twiteaba en galego. Tras 27 encontros antre liga e Copa, 2 goles e duas asistencias, Schär vai a facer disfrutar ca sua calidade aos hinchas ingleses, deixando 4 millóns na caixa, tras haber pagado o Depor por él 2, así como deixar o contante dos días no Mundial de Rusia e ca sensación de que vale moito máis. No Newcastle xa se topou co ex deportivista Joselu Mato, e colgaron o intre en Twitter. Por outra banda o clube anunciou a cesión de Diego Rolán ao CD Leganés, polo que xogará un ano máis en Primeira vai cedido con opción de compra. No que a rumores se refire, dende Canarias sitúan ao lateral dereito do UD Las Palmas, David Simón no clube branquiazul. O xogador canario rescindeu contrato co equipo insular despois de toda a sua carreira nél. Con respecto a liga, comezamos o venres 17 de Agosto ás 22:00 horas televisado por GolTV.

Dende www.piratasdemuxia.es e a Peña Deportivista "Os Piratas de Muxía" o noso maior desexo de que todo lle vaia ben e o noso agradecemento por todo canto deu polo clube.

Segue coas novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR PRETEMPADA : "O DEPOR SEGUE EN POSITIVO NUN "AS EIROAS" ABARROTADO".
Xoves, 26 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR PRETEMPADA-


As Eiroas presentou unha gran entrada na volta do Depor a Carballo.

Bergantiños CF 0-3 Depor

-Segundo test con vitoria nun As Eiroas abarrotado-

Normalmente aos xogadores profesionais non lles gusta xogar en tepe de plástico, pero os xogadores do Depor adaptáronse e foron superiores en todo intre a un voluntarioso Bergantiños CF con moitos ex xogadores da canteira deportivistas, como Marcos Caridad, Rubén Rivera ou Cano, antre outros. Guilherme a pase de Blas no 39, Uxío no 70 e Quique González que se estreou como goleador branquiazul, (87´), foron os autores dos tantos do Depor. O saque de honra do encontro foi efectuado polo carballés Antonio Bouza, ex xogador deportivista, nun Campo das Eiroas abarrotado, o que deixou unha boa recadación para o clube carballés. Debutaron o meta Adrián Ortolá, que se amosou moi : "Felíz desta nova etapa no Depor e para axudar a levar o clube o sitio que se merece", xunto con Quique González, que se estreou como goleador. O equipo voltará a xogar o sábado un amigable, neste caso no Toralín ante a Ponferradina a partires das 20:00 horas, e de novo televisado pola canle de YouTube do clube, (www.youtube.com/user/OficialRCDeportivo). Onte tamén podes ver os encontros xa xogados. Abre a nova o completo para ver a crónica máis polo miúdo.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
DEPOR IN BRIEFF : "ADRIÁN ÓRTOLA NOVO XOGADOR DO DEPOR QUE CHEGA CEDIDO CON OPCIÓN DE COMPRA".
Martes, 24 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Órtola coincideu con Crístian Santos no Alavés.

-O meta Adrián Órtola novo xogador do Depor-

-Cedido por un ano con opción de compra-

Era un segredo a voces e acabou por ser confirmado. Segundo nos comunica o RC Deportivo : "Adrián Ortolá Vañó (Xàbia, 20 de agosto de 1993), converteuse este mediodía en novo xogador do Dépor 2018-2019 cedido por un ano polo Fútbol Club Barcelona con opción de compra para o Deportivo. O novo porteiro branquiazul iniciou a súa carreira no CD Roda antes de incorporarse á canteira do Vilarreal, da que chegou ao filial do Barça. Ademais de no conxunto blaugrana, tamén militou cedido no Alavés". Un meta con grandes dotes no man a man e de grandes reflexos e cunha elasticidade e rapidéz extraordinarias, sacando balóns inverosímiles. Este rapáz está chamado a ser un dos grandes porteiros do fútbol español e a pesares da sua curta idade, (cumpre 25 o 20 de Agosto), xa ten unha grande experienza, na 2ª División e con paso pola 1ª División no equipo alavesista e como internacional en diferentes categorías. Coincideu con Crístian Santos no Alavés e foi o responsable de que quedásemos eliminados da Copa, debido as suas grandes paradas. Unha delas que podía deixar fora o clube alavesista foi no desconto en Mendizorrotza, cun paradón a bocaxarro.

Segue coas novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CALENDARIO 2ª DIVISIÓN 2018-19 : "O DEPOR COMEZA VISITANDO ALBACETE E REMATA RECIBINDO AO CÓRDOBA".
Martes, 24 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-CALENDARIO 2ª DIVISIÓN 2018/19-


Bebeto ten o record na liga de marcar 4 goles en 6 minutos ao Albacete.

-O Depor comeza a liga visitando ao Albacete Balompié-

-O CD Lugo comeza recibindo ao Málaga CF-

-O Derbi co Lugo en Riazor na 20ª xornada-

Rematou o sorteo da 2ª División 2018/19 que por primeira vez é "asimétrico", non teñen porque coincidir os encontros da 1ª volta cos da 2ª volta. Un sistema que xa teñe implantado na Premier, Eredivise, Ligue 1 en fútbol, e na Liga Endesa de baloncesto. O Depor xogará como xa estaba pedido as 3 primeiras xornadas fora da casa polas obras en Riazor. Comezaremos a loita por voltar a 1ª División visitando o 19 de Agosto ao Albacete Balompié, un equipo de bos recordos de goleadas, coma a do 1 de Outubro do 1995 cando Bebeto establecía un record na liga marcadno 4 goles en 6 minutos o equipo albaceteño, e acabar 5-0 co quintqto do brasileiro. Tamén temos na lembranza un 2-8 ao Albacete na derradeira xornada de liga, que deixaba ao Compostela un ano máis na 1ª División "in extremis". Na 2ª xornada toca visitar ao Extremadura UD e na 3ª ao CD Tenerife. Na cuarta xornada o encontro para o reestreno do remozado Riazor, só podía ser superado se o visitante fose o CD Lugo, pero a falla de que non nos tocase o equipo amigo, o que nos rendirá visita será o Sporting de Xixón, o 9 de Setembro, en plena Romaría da Barca de Muxía. O derbi antre deportivistas e luguistas, tardará, pois non será na 20ª xornada o "Día de Reis", (06/01/2019). O Real Oviedo, outro dos equipos de preto de nós e que representarán "desembarcos" nun e noutro sentido, será primeiro na Coruña na 13ª xornada, (11/11). No que se refire a 2ª volta, non xogaremos 3 seguidos na casa, como cabería esperar, pois comezaremos a segunda volta co Albacete como visitante no noso féudo, pero non viría na seguinte xornada que sería a 23ª o Extremadura. Este pasa a visitarnos na 35ª xornada, nesa segunda tirada da 2ª volta, (23ª xda), visitamos o Molinón. Remataremos a liga en Riazor ante o Córdoba, (09/06/2019). Os "Play-Off" de ascenso será os días 12 e 16 de Xuño a primeira eliminatoria e os días o 19 e 23 de Xuño a eliminatoria final. Abre a nova ao completo para ver a 1ª xornada e o calendario do Depor da 1ª volta.

Segue co CALENDARIO...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF : "ESCOLA DE NOVAS DO DEPOR, (DANI GIMÉNEZ, QUIQUE GONZÁLEZ, SCHÄR, KROHN-DELHI...").
Luns, 23 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Dani Giménez foi o que pasou hoxe por rolda de prensa.

-Dani Giménez : "Dinme que hai mellor ambente ca outros anos"-

-Escolma de novas breves do Depor-

-Adrián Ortolá ultima a chegada a meta do Depor-

O meta galego do Depor, Dani Giménez, estivo n rolda de prensa e amosouse moi contento no aspecto deportivo e na calidade do vestiario do equipo, xa que segundo lle comentan : "Dinme que hai mellor ambente ca nos derradeiros anos". O meta tamén manifestou que o de xantar xuntos : "é unha cousa moi boa para que os xogadores nos coñezamos mellor e que haxa máis grupo". Preguntado sobre a sua situación sabedor de que vai vir un novo porteiro dixo que : "Eu traballo para estar o mellor posible para poñerllo difícil o adestrador, e non importa a competenza". Hoxe tamén é noticia, Quique González. O dianteiro que chega tras pagar a clausula de rescisión de 1,7 millóns de euros ao Atlético Osasuna, pasou recoñecemento médico e adestrarou cos seus compañeiros. Por outra banda o Deportivo comunicábanos que se "suspende a concentración en Vilalba polo mal estado do terreo de xogo, polo que se seguirá en Abegondo". Por ese mesmo motivo o amigable que ían xogar o Domingo o Racing Vilalbés e o Fabril, xogarase finalmente en Abegondo. Hoxe comezaban a traballar Fabián Schär e Krohn-Dehli. Hai moito interese do Newcastle por facerse cos seus servizos. O clube ingles, no que está como adestrador o español Rafa Benítez, di, (segundo a prensa inglesa), que estaría disposto a pagar os 4 millóns da sua cláusula. Pola sua banda Schär manifestaba días atrás que : "Eu estou moi felíz na Coruña. Se me vou será porque o clube lle interese que me vaia, se hai unha boa oferta por mín. A min non me importa xogar na 2ª División". Por outra banda Adrián Ortolá meta do Barcelona "B" e que o ano pasado estivo no Deportivo Alavés e co que cas suas paradas nos deixou fora da Copa, parece que será o meta que suplirá a Tytón. Un porteiro de 24 anos pero con moita experienza e de gran calidade. Viría cedido por un ano. Abre a nova ao completo para ver as novas máis polo miúdo.

Segue coas novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PECHADO O CALENDARIO DE AMIGABLES DE PREPARACIÓN DO DEPOR.
Luns, 23 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-



-Pechado o calendario de encontros amigables do Depor-

Serán 7 os encontros que disputará o Depor nesta pretempada previa a disputa da 2ª División 2018-19. O primeiro foi o pasado sábado en Abegondo ante o filial que ramatou co resultado de 1-3. O segundo será este mércores "Día da Patria Galega", nas "Eiroas", (Carballo), para enfrontarse ao Bergantiños CF. Esta mesma semana o día 28 os branquiazuis desprazaranse a Ponferrada para xogar ante o Ponferradina no "Toralín", para xa o 1 de Agosto desprazarse "A Devesa", (Bembibre), para enfrontarse ao Real Valladolíd, recén ascendido a 1ª División). O sábado 4 de Agosto o "Cantarrana" recibirá ao Depor que terá como rival en terras viveirenses ao UP Langreo. Para o día 8 visitar a un amigo como é o CD Lugo, que será tamén rival a vindeira tempada polo ascenso. Os deportivistas visitarán o "Ánxo Carro", por primeira vez esta tempada. A pretempada remata cun Depor-Oviedo no Municipal de Foz o sábado 11 de Agosto. Así será a pretempada do Depor 2018/19. Os horarios do encontros telos todos na foto do artigo. Os amigables serán todos televisados en direto pola canle de YouTube do RC Deportivo : www.youtube.com/user/OficialRCDeportivo

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
SIDNEI ROMPE O ACORDO CO KRASNODAR RUSO E VOLVE A CORUÑA.
Domingo, 22 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Sidnei volve para a Coruña.

-Sidnei rompe o acordo co Krasnodar-

Tras chegar o pasado xoves a un acordo de traspaso o Depor e o FC Krasnodar ruso, os axentes de Sidnei non chegaban a un acorodo co equipo ruso e rompían as negociacións. Sidnei que xa estaba na concentración do clube terá agora que voltar a Coruña e reincorporarse aos adestramentos. Segue desta maneira o problema de extracomunitarios no Depor e perde de facer bolsa. De todos modos o xogador brasileiro é unha "periña en doce" codiciada por varios equipos.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O DEPOR REMONTA ANTE O FABRIL, (1-3) NO PRIMEIRO ENSAIO DA PRETEMPADA, (CRÓNICA E ROLDA DE NATXO GONZÁLEZ).
Sábado, 21 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Primeiro "11" do Depor nesta pretempada.

-O Depor remonta ante o Fabril no primeiro ensaio de pretempada, (1-3)-

Depor e Fabril xogaron esta mañán de sábado un amigable preparatorio no que se adiantaron os fabrilistas por medio de Adri Castro aos 23 minutos de xogo e no que remontou o Depor por medio de Fede Cartabia, Pedro Sánchez e Carles Gil na segunda. Foi Fede Cartabia o que se amosou como o xogador máis en forma en Abegondo ante 550 deportivistas. O arxentino é un dos máis desexados para que se quede antre os nosos afeccionados. Ainda non apareceu por rolda de prensa e sembra moitas dúbidas a sua continuidade. Outro dos desexados Fabian Schär manifestou él mesmo que ainda que ten ofertas, está ben na Coruña e que non lle importa xogar na Segunda, que todo depende do que queira o clube. Sobre o encontro Natxo González dixo que hai :  "Boa actitude ante o traballo. Hai cousas que son innegociables e nese sentido ben en todos os casos". O Depor volve a ter un amistoso o mércores 25 de Xullo en Carballo ante o Bergantiños CF. Abre a nova o completa para ver a crónica do encontro e a rolda de prensa de Natxo González, todo polo miúdo e da man do RC Deportivo.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O DEPOR FICHA O DIANTEIRO QUIQUE GONZÁLEZ.
Venres, 20 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Quique González está considerado un xogador de equipo.

-Quique González novo xogador do Depor-

O Depor ven de anunciarnos a contratación de Enrique González Morales, "Quique González", (Valladolíd 16/05/1990). Dianteiro que procede do Atlético Osasuna no que a pasada tempada marcou 4 goles en 42 encontros. O equipo navarro chegou dende o UD Almería no que marcou 31 goles en 81 encontros. Co equipo almeriense xogou na 1ª División na 2014/15.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF . "ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR".
Xoves, 19 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Carles Gil outro que non sementa dúbidas e seguirá seo clube quer.

-Carles Gil : "Espero non volver coincidir con Seedorf"-

-Sidnei traspasado ao FC Krasnodar turco-

-Escolma de novas breves do Depor-

Se onte era Pedro Mosquera o que confirmaba que él seguiría no Depor en Segunda, hoxe era o turno para Carles Gil, que tamén afirmaba que non tiña "problema ningún para xogar en Segunda". O valenciano tamén se desfogaba cun rotundo : "A de Seedorf foi a miña peor etapa. Non sabería como describila, pefiro deixala a carón...Espero non volver a coincidir con él a nivel profesional". Tamén onte o xove Mujaid se apuntaba ao deportivismo ao asinar ata o 2022. O FC Krasnodar anunciou a fichaxe de Sidnei. O noso desexo de que lle vaia do milloriño e o noso agradecemento polos servizos prestados como deportivista. O RC Deportivo fainos chegar un comunicado no que renuncia a seguir na lea contra Lendoiro ao "non atopar delito" o xuíz que instrue o caso. Tamén nos anuncia que quedan duas semanas, (ata o 2 de Agosto), para renovar o carnet conservando o asento e tamén que os que queiran ir ao encontro Depor-Fabril, primeiro da pretempada, terán que ter o abono da vindeira tempada para o acceso ao campo de Abegondo. Abre a nova o completo e tes todas estas novas máis explaiadas.

Segue coas novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF : "MÁIS CA INTERESANTES ROLDAS DE PRENSA DE CARMELO DEL POZO E DIEGO ROLÁN NA SUA PRESENTACIÓN".
Martes, 17 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


Máis ca interesantes troldas de prensa na presentación de Rolán.

-Carmelo del Pozo toca tódolos temas dos xogadores e o seu futuro-

-Diego Rolán di que se se queda loitará polo ascenso-

Carmelo presentou a Diego Rolán un xogador que ainda non está craro que se quede e ao que non se deixará sair de calqueira maneira. Ou irá cedido a un Primeira ou se se vai traspasado será con bo beneficio para o Depor. O uruguaio dixo na sua presentación que está "moi contento coa cidade e cos compañeiros e non sei onde estarei, pero se estou aquí pelearei polo ascenso". Pola sua banda Carmelo del Pozo falou do futuro dos xogadores e das fichaxes que poidan vir  destapou que Juanfran foise cedido con opción de compra, que hai ofertas por Sidnei e Guilherme, que se traerá un porteiro e que Francis queda tal e como se falara con ficha do Fabril, tamén falou de Rolán, non se vai a esperar a que a algún xogador que queren que salga decida, se se queda será un máis, pero vaise traer outro xogador no seu posto, (casos Sidnei, Guilherme), os mundialistas vaise tomar unha decisión consensuada, pois hai ofertas por eles, non hai oferta por Unai Simón do Bilbao, pero sí vai vir outro porteiro, contyinuidade de Cartabia, Mosquera e Carles Gil...Abre a nova o completo para ver as roldas de prensa de Rolán e Del Pozo.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
LUIS ALBERTO MARTÍNEZ DA "PEÑA DEPORTIVISTA LA CUESTA" SERÁ O NOVO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN DE PEÑAS.
Luns, 16 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-


As peñas temos peche electoral este sábado coas eleccións.

-Luis Alberto Martínez da Peña "La Cuesta" apunta a presidente-

-As votacións este vindeiro sábado-

Pechouse o prazo de presentacións de candidaturas a presidencia da Federación de Peñas Deportivistas que tras rematar o calendario electoral estipulado pola Xunta Xestora, ten unha soa candidatura sobre a mesa a de Luis Alberto Martínez Sánchez da Peña Deportivista "La Cuesta", que presenta como vicepresidente a Iván Beceiro Cernadas (Peña Mazaricos); Secretaria: Ana Guerra Martín, (Peña Chamberí Blanquiazul); Vicesecretario: Francisco Fraga Paleo (Peña Burela); Tesoureiro: Nidia Alejandra Feal Mosquera, (Peña Bodipo-Casa Freire) e como vocal a José Manuel García Roel, (Peña Caña Derbas). Polo tanto esta é a única candidatura e salvo paso atrás serán os que leven o camiño da nosa federación de peñas. As eleccións terán lugar este sábado 21, as 11:00 horas en primeira convocatoria e 11:30 en segunda, no Centro Cívico San Diego, (Parque de San Diego, Rúa Alberto García Ferreiro, S/N, 15006 A Coruña). Poderán asistir 2 membros por peña. Confirmando a asistencia. O prazo para anotarse remata o xoves 19. Tralas eleccións haberá uns pinchos para os asistentes.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 

<   12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com