Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Depor News

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345   >

ROLDA DE PRENSA DA PRESENTACIÓN DE VICENTE GOMEZ.
Mércoles, 22 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEEF-

Vicente Gómez foi presentado por Carmelo del Pozo.

-Presentación de Vicente Gómez-

-Carmelo del Pozo dixo que virá un central e un dianteiro-

Carmelo del Pozo presentou a Vicente Gómez e trala sua presentación atendeu as preguntas dos xornalistas e confirmou que xa teñen fichado a un central, marche Albentosa ou non, (cre que se irá), e que virá un dianteiro. Que "non podemos estar esperando ao derradeiro día e temos que dar un paso adiante". Tamén cré que Krohn-Dehli quedará, salvo que lle chegue algo irrexeitable, (En breve colgaremos a sua rolda de prensa). Pola sua banda Vicente Gómez, que se amosou moi vcontento de estar aquí e ilusionado co proxecto, dixo que : "Necesitaba cambiar de aires. Carmelo me llamó, me insistió mucho. El Dépor es un Club de Primera, que por un momento está en Segunda. Es un Club de Primera División, con unas instalaciones muy buenas, una afición, una gran ciudad. El cambio era a mejor". Abre a nova completa para ver a rolda de prensa.

Segue coa rolda e as breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF : "ROLDA DE PRENSA DE PRESENTACIÓN DE DIDIER MORENO E OUTRAS NOVAS BREVES".
Martes, 21 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEEF-

Didier Moreno xa adestrou cos seus novos compañeiros.

-Escolma de novas breves do Depor-

-Presentado Didier Moreno-

Acompañado de Carmelo del Pozo, foi presentado esta mañán na sala de prensa de Abegondo, o colombiano,
Didier Andrés Moreno Asprilla, "Didier Moreno", (Bajo Gaudó, Chocó, Colombia 15/09/19), seráque se amosou emocionado de chegar a "unha gran institución" : "Chego a unha gran institución, e os compañeiros acolléronme moi ben. Sentín o calor humano. Veño para aproveitar esta nova experienza e disfrutar o máximo". O xogador que xa adestrou as órde de Natxo González e podería entrar na lista para o encontro do venres, ante o Extremadura, (20:00 horas), amósase coma un xogador : "Con caracter, aguerrido, que lle pode ofrecer moito o equipo, pero iso hai que velo dentro do campo. Veño para facer o que precise de min o "profesor", e dar o que me pida". Abre a nova o completo para ver o resto da rolda de prensa.

Segue coa rolda e as breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
: DEPOR IN BRIEFF : QUIQUE GONZÁLEZ, VICENTE GÓMEZ, DIDIER MORENO, FRANCIS, ETC...
Luns, 20 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEEF-

Vicente Gómez xa adestrou cos novos compañeiros.

-Escolma de novas breves do Depor-

-Vicente, Francis, Quique González, Didier Moreno, etc...-

Volveu ao traballo o Depor tralo día de lecer que lles deu Natxo González e comezou a mañán ca rolda de prensa de Quique González, que falou de que "ainda temos moita marxe de mellora". O vallisoletano cre que : "neste equipo non hai titulares nen suplentes, estamos todos para sumar". Xa estivo adestrando o canario Vivente Gómez, tras pasar recoñecemento médico e asinar o seu contrato por 3 anos. Tamén pasou recoñecemento médico o colombiano Didier Moreno, que chega cedido polo Independiente de Medellín, con opción de compra. Por outra banda o meta nixeriano Francis Uzoko parece ser que irá cedido ao Elxe, segundo nos comentaron. Un feito que está por confirmar.

Segue coas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF : ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR.
Domingo, 19 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEEF-

Fede Cartabia sufreu unha escordadura de nocello en Albacete.

-Escolma de novas breves do Depor-

-Fede Cartabia, Crístian Santos, Sebastien Sáelles...-

Non houbo sorpresas nesta primeira convocatoria para xogar ante o Albacete Balonmpié mañán venres a partires das 22:00 horas, televisado pola GolTV dende o Carlos Belmonte, un campo no que haberá moitos deportivistas desprazados dende diversos puntos da nosa comunidade. Albentosa, Guilherme, Tytón, Saúl, así coma os lesionados, Crístian Santos e Bicho. Abre a nova comnpleta para ver a rolda de prensa de Natxo González.

Guilherme o Olimpiakos

Guilherme dos Santos, estivo hoxe ausente con permiso do clube. Dende varios medios apuntan a que viaxa a Grecia para facer o recoñecemento médico co Olimpiakos. Todo apunta a un traspaso por 2,5 millóns de euros. Unha cifra menor ca que pagou o clube branquiazul, que ronda os 5 millóns de euros, pero no caso coma o de Sidnei, antre o soldo e o seu traspaso, viría quedando a pre, e descargaríase unha boa cifra para o tope salarial. Por outra banda o Deportivo xa confirmou a fichaxe do centrocampista colombiano Didier Moreno.

Segue coa rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
A CRÓNICA : ALBACETE 1-1 DEPOR : "UN PUNTO QUE SABE A POUCO".
Sábado, 18 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-A CRÓNICA-

Primeiro "once" do Depor posando co apagón en Albacete.

Albacete Balompié 1-1 Depor

-Un punto con boas sensacións que sabe a pouco-

Comezou a 2ª División e vivímola en direto. Bo encontro do Depor durante unha hora e excelente do equipo en especialen defensa, xa que a pesares de que no treito final se viñeron atrás non concederon nen unha ocasión de gol. Dani Giménez que foi o meta elixido por Natxo González, non pasou nen un apuro en todo o encontro e o único gol que encaixou, chegou dun penalti inexistente de David Simón sobre un Fran García que tiña que haber sido expulsado minutos antes por unha entrada "criminal" o propio David Simón. Como decimos moi ben o equipo branquiazul en defensa, algo máis froxo en medio campo e insistente en ataque, creando varias ocasións de gol. O colexiado ademáis do penalti no 84 e a non expulsión do albaceteño Fran García, expulsou a Krohn-Dehli por decirlle : "Eres moi malo", motivado polo penalti. Fede Cartabia ata que foi cambiado a raíz dun golpe nun nocello que lle provocou molestias, amosou a sua enorme calidade e que vai a ser unha das estrelas da división. Mandou un balón a madeira a media hora de xogo e fixo varias "exquesiteces". Diego Caballo, foi o mellor do equipo, moi ben en ataque e cando tocou defender e con numerosos centros o área con moito perigo. O primeiro puido acabar en gol de Quique González. O encontro comezou un cuarto de hora máis tarde por apagóns debido a unha forte treboada. Noutro órde de cousas, o clube anunciaba a contratación do canario Vicente Gómez para ocupar a praza de Guilherme que asinou polo Olimpiakos. Segue ca crónica e novas do Depor.

Segue ca Crónica e máis novas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
A PREVIA : ALBACETE Vs DEPOR : "COMEZA O CAMIÑO DA ÉPICA".
Venres, 17 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-A PREVIA-

Os xogadores do Depor deberán vestirse de guerreiros épicos.

Albacete Balompié VS Depor

-Comeza a Segunda 2018/19 co obxetivo de asceder de maneira épica-

Hoxe no "Carlos Belmonte" comeza para o Depor a Liga da 2ª División 2018/19 co obxetivo de por terceira vez ascender o mesmo ano que se baixa. Vai ser unha tempada na que vai haber que tirar da épica para repetilo, e máis tendo en conta a enomre remodelación do equipo e do clube en sí, e tendo en conta que a grande maioría dos equipos teñen ese obxetivo. Uns porque acaban de baixar, (Malaga e Las Pamas), outros porque se quedaron fora por pouco, (Sporting, Numancia, Zaragoza,), e outros porque tras unha tempada de consolidación, toca ir a polo ascenso, (Osasuna, Granada, Oviedo, Cadiz, Tenerife ou Lugo), e outros que querrán meterse arriba por se sae a oportunidade. Polo tanto será unha tempada moi dura e nunha liga moi igualada, na que ninguén e mellor ca ninguén e na que o primeiro pode caer na sua asa co colista. Unha liga infinaitamente máis complicada ca 1ª División, na que os cartos fan a clasificación, agás un, dous ou tres casos. Segue ca previa abrindo a nova conmpleta.

Segue ca Previa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
1ª LISTA DE CONVOCADOS E OUTRAS NOVAS DO DEPOR.
Xoves, 16 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEEF-

Sen sopresas na primeira lista de convocados.

-1ª Lista de Convocados, Natxo González en rolda de prensa, Guilherme o Olimpiakos, Didier confirmado...-

Non houbo sorpresas nesta primeira convocatoria para xogar ante o Albacete Balonmpié mañán venres a partires das 22:00 horas, televisado pola GolTV dende o Carlos Belmonte, un campo no que haberá moitos deportivistas desprazados dende diversos puntos da nosa comunidade. Albentosa, Guilherme, Tytón, Saúl, así coma os lesionados, Crístian Santos e Bicho. Abre a nova comnpleta para ver a rolda de prensa de Natxo González.

Guilherme o Olimpiakos

Guilherme dos Santos, estivo hoxe ausente con permiso do clube. Dende varios medios apuntan a que viaxa a Grecia para facer o recoñecemento médico co Olimpiakos. Todo apunta a un traspaso por 2,5 millóns de euros. Unha cifra menor ca que pagou o clube branquiazul, que ronda os 5 millóns de euros, pero no caso coma o de Sidnei, antre o soldo e o seu traspaso, viría quedando a pre, e descargaríase unha boa cifra para o tope salarial. Por outra banda o Deportivo xa confirmou a fichaxe do centrocampista colombiano Didier Moreno.

Segue coa rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O COLOMBIANO DIDIER MORENO VIAXA A CORUÑA PARA FICHAR POLO DEPOR.
Xoves, 16 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR FICHAXE-

Didier Moreno, (der), viaxa a Coruña, (Foto : mundo.com)

-O colombiano Didier Moreno será o sustituto de Celso Borges-

O colombiano Didier Andrés Moreno Asprilla, "Didier Moreo", (Bajo Gaudó, Chocó, Colombia 15/09/19), será o sustituto de Celso Borges na plantilla do Depor. Confirmouno o seu equipo de procedencia o Independiente de Medellín, que anunciaba na sua web que : "Didier Moreno realiza a partir de hoy, uno de sus grandes sueños personales y profesionales. El mediocampista viajará a España para realizar las revisiones médicas en el Real Club Deportivo de La Coruña, uno de los equipos históricos de ese balampié". O clube da terra de Pablo Escobar, pídelle a sua afición que o apoie nesta decisión, e dí que se sente : "Orgullosos de que nuestros jugadores avancen en sua carreras", xa que era o capitán do equipo e estaba en plena disputa do Torneo Clausura colombiano. Didier Moreno que cumprirá nun mes 27 anos, mide 1,79 m, e leva xogado na 1ª División de Colombia, 252 encontros, nos que asinou 6 goles. Participou na Selección Colombiana Sub 20 no Mundial do 2011, chegando a Cuartos de Final.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF : "A ACTUALIDADE DO DEPOR DE MODO BREVE"
Mércoles, 15 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-

Edu Expósito pasou pola rolda de prensa.

Escolma de novas breves do Depor

-Edu Expósito, Secretaría Técnica, baixas, etc...-

Aquí tes unha serie de novas do Depor e do deportivismo de maneira resumida. A rolda de prensa de Edu Expósito que está cos pés no chan e preparado para o que lle pida o "mister" e no aspecto colectivo afirma que : "estamos ansiosos porque chegue o inicio de liga". No que se refire ao equipo, o clube anunciounos que Crístian Santos ten unha lesión muscular de Grao 1 e é xunto con Bicho, os únicos que serán baixa para o Carlos Belmonte este venres a partires das 20:00 horas e televisado en aberto por Gol TV. Ambos xogadores practicamente non fixeron pretempada polas lesións. Por outra banda o Deportivo presentou a toda a Secretaría Técnica. Abre o completo para ver as novas breves abrindo a nova completa.

Segue cos breves do Depor e das peñas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR E DAS PEÑAS DEPORTIVISTAS".
Martes, 14 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-

Diego Caballo e Saúl loitarán por un posto no lateral zurdo.

Escolma de novas breves do Depor e do deportivismo

-Diego Caballo, Concepción Arenal, Novas das peñas, etc-

Aquí tes unha serie de novas do Depor e do deportivismo de maneira resumida. A rolda de prensa de Diego Caballo que está "felíz" coma un rapaciño con zapatos novos. O Depor xogará o Concepción Arenal ante o Racing de Ferrol, finalista da "XXX Copa Deputación", e co que respecta as peñas a disputa do "I Memorial Os Irmáns da Lexía", "Tofeo Bebel" e "Homenaxe a Cheka". Abre o completo para ver as novas breves abrindo a nova completa.

Segue cos breves do Depor e das peñas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF : ESCOLMA DE NOVAS DE ACTUALIDADE DO DEPOR, DE MANEIRA BREVE.
Martes, 14 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-

Celso deixa o Depor tras preto de 100 encontros.

Escolma de novas breves do Depor

-Celso Borges traspasado, Caballo o primeiro equipo, etc...-

Acércase o debút na tempada 2018/19 do Depor e acumúlanse as novas, en especial de movementos, pois ainda queda moito que aprender dos ingleses, para os que comezou a liga e con ela acabaron os movementos de fichaxes. Aquí como nos ten pasado máis dunha vez, ainda che poden levar a un xogador ca liga empezada. Fede Cartabia, (que onte estivo en rolda de prensa e que aquí vola traemos), deu o Domingo o paso adiante e anunciou que se queda a pesares das ofertas que tiña, unha delas, (segundo el mesmo comentou), moi importante. Esperábamos a decisión de Celso Borges, pero este con 30 anos, (5 máis co arxentino), decideu irse o Göztepe turco, e asinar o contrato da sua vida, pois como decía Carmelo del Pozo : "Nos non podemos pagar nen a quinta parte do que lle ofrecen". Vaise o "tico", unha peza que podía ser fundamental, por como, (disque) era tanto no vestiario, coma no campo. Non podemos máis ca agradecerlle todo o que deu polo noso clube e desexarlle moita sorte. Por outra banda, Diego Caballo recibeu a nova de que se lle fai ficha do primeiro equipo, polo que Saúl ten as horas contadas como deportivista. Segue cas novas breves abrindo a nova completa.

Segue cos breves do Depor...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
A MELLOR NOVA DA FIN DE SEMANA : FEDE CARTABIA QUÉDASE.
Luns, 13 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-

O arxentino tiña numerosas ofertas.

-Fede Cartabia quédase-

Todo o deportivismo estábamos desexando esta nova...Fede Cartabia quédase...e non houbo que sufrir e esperar ata o peche do mercado. No día de onte él mesmo nos daba a excelente nova no seu Instagram desta maneira :
"Llegado el momento después de haberla meditado mucho tiempo mi cabeza y mi corazón han tomado la decisión de QUEDARME en una ciudad y un club en el QUE SOY MUY FELIZ". Escrito tal cual así, recalcando en maiusculas o de quedarse e a sua felicidade na cidade e no clube. O arxentino que xa puxo moito da sua parte para irse do Valencia e voltar aquí, amosa unha vez máis o que lle quer o Depor, e non só os cartos, pois cobrará menos ca na Primeira e rexeitando boas ofertas. é de seguro que se as lesións o respetan, un dos mellores xogadores da categoría. Fede dende a sua chegada na tempada, leva xogados co Depor un total de 35 encontros , nos que marcou 4 goles e deu 4 asistencias.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.





 
DEPOR ROLDA : NATXO GONZÁLEZ FALLOU UN POUCO DE TODO NO POST-ENCONTRO".
Xoves, 09 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR ROLDA-

O adestrador deportivista está : "contento con onde estón e como imos".

-Natxo González : "A vindeira semana elixiranse os capitáns"-

O adestrador deportivista Natxo González falou durante preto de media hora da actualidade do equipo e recalcou que se sente : "Contento primeiro de onde estou e despois de como vai todo, o traballo do día a día do equipo, a idea que van collendo e que imos sendo cada vez máis un equipo tanto no futbolístico coma no resto e iso o final da puntos, porque imos todos no mesmo barco". Tamén dixo que : "Do que se está a ver con respecto a liga, isto non se parece en nada", con respecto o que é a pretempada. Falou ademáis da situación de algúns xogadores, da elección de capitáns e da voráxime de encontros fora seguidos, antre outras cousas. Abre a nova o completo para ver a rolda de prensa.

Segue coa rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
"XXXV MANOLO MARTÍN" : "O DEPOR LÉVASE O TROFEO CON AUTORIDADE NO XOGO".
Mércoles, 08 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
"XXXV MANOLO MARTÍN"


              Manolo Martín con García de Loza entregaron o trofeo

ca imaxe da Virxe da Barca, (Foto : CD Lugo).

CD Lugo 1-2 Depor

Non sei porqué toda a prensa poñe o de "memorial", pois o avogado muxián Manolo Martín, gracias a Deus está antre nó i este foi o "XXXV Manolo Martín". O encontro non foi o que se esperaba e o Depor foi moi superior, e o resultado foi curto. O CD Lugo marcou o seu goliño e tivo uns minutos o final que apretou algo. moi ben o Depor en tódalas liñas e con moi boas ocasións en especial a balón parado. José Carlos en propia porta no 36 e Pedro Sánchez no 44 fixeron os goles deportivistas. Polos luguistas marcou Jona no 56. O principal foi o obxetivo do encontro, que era recadar para o Banco Farmaceutico e consigueuse.


Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR ROLDA : CARMELO DEL POZO FALOU NA PRESENTACIÓN DE DOMINGOS DUARTE.
Venres, 03 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR ROLDA-

Carmelo del Pozo falou na presentación de Domingos Duarte.

-Carmelo del Pozo antre outras cousas disculpouse con Francis-

O Director Deportivo, Carmelo del Pozo falou na presentación de Domingos Duarte da actualidade do Depor, pideu disculpas das suas verbas que ían coma dardos contra Francis, decindo que xa falou aos poucos con él, e explicou a postura do clube neste eido, e tamén do traspaso de Sidnei, a suposta oferta do Málaga por Tytón, así como claro, da chegada de Domingos Duarte. O central luso dixo que :  "Tiña outras opcións pero a do Dépor sempre foi a opción máis concreta. Falei con persoas próximas a min e sabendo a historia que ten o Deportivo, tomei esta decisión", e dixo que ven a : "Axudar ao equipo principalmente e facer un bo ano co Dépor, e que todo salga ben para nós".

Segue ca rolda de prensa de Carmelo del Pozo...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR IN BRIEFF : SIDNEI VAISE O BETIS...DOMINGOS DUARTE CHEGA AO DEPOR".
Venres, 03 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-

Domingos Duarte chega cedido do Sporting de Lisboa.

(Foto : ceroacero.es)

-Sidnei vaise...Domingos Duarte ven-

Tal e como se apuntaba, Sidnei asinou polo Betis Balompié e chega cedido do Sporting de Lisboa, Domingos de Sousa Coutinho Menezes Duarte, "Domingo Duarte", central de 23 anos de 1,90 m, que o ano pasado estivo cedido polo clube lisboeta no Chaves no que xogou 30 encontros na Primeira Portuguesa e a temporada anterior no Belenenses, no que xogou tamén na máxima categoría lusa un total de 28 encontros. O parecer chega cedido sen opción de compra.

O noso agradecemento a Sidnei Rechel, por todo o que deu polo Depor nos 4 anos que estivo connosco e nos que disputou 94 encontros.

Segue ca rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR ROLDA : "TINO FERNÁNDEZ PRESENTOU UN CONVENIO DE AMPLIACIÓN CON LUCKIA E FALOU DA ACTUALIDADE DO CLUBE".
Xoves, 02 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR ROLDA-

Así están hoxe as obras na Preferencia e Maratón.

-Tino Fernández presentou o covenio con Luckia ata 2021-

-Falou da actualidade do clube e dos xogadores-

O presidente deportivista Tino Fernández deu unha rolda de prensa para presentar o convenio coa casa de apostas coruñesa Luckia, tendo así para moitos anos 3 empresas coruñesas na publicidade, xunto ca casa de aposta, Estrella Galicia e Abanca. Tino trala presentación do acordo, falou dos xogadores que causan dúbidas antre a afección e máis na prensa a pesares de que estamos a vivir con Carmelo del Pozo o mellor ano da historia do clube con respecto a información e o modo en que se fai. Sobre Sidnei dixo que se se pecha o acordo, "inferior co que tiñamos co Krasnodar, pero bo para as tres partes", podería chagr ata hoxe mesmo o seu sustituto. Sidnei pasou recoñecemento médico e o Betis xa confirmou a sua fichaxe. No seu eido fálase do xove luso de 23 anos, Domingos Duarte do Sporting de Lisboa. Falou de Francis e zanxou calqueira disputa, de Tytón, Celso Borges, Cartabia, etc...e tamén do Estadio de Riazor, que confía en que : "esté listo para o 9 de Setembro, pero non o 100%, polo que haberá que mover afeccionados, o ser o Sporting que move moitos afeccionados". Tamén se amosou ledo de que vaian renovados, e con altas, máis de 17.000 socios, "movéndose en números parecidos aos do ano pasado por estas datas". Abre a nova completa para ver a rolda o completo.

Segue ca rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
SIDNEI EN SEVILLA PARA FICHAR POLO BETIS BALOMPIÉ.
Mércoles, 01 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR PRETEMPADA-


As numerosas lesións foron un lastre para Sidnei.

-Sidnei en Sevilla para fichar polo Betis-

Segundo unha información de "El Desmarque" o central brasileiro do Depor, Sidnei Rechel da Silva, está en Sevilla para fichar polo Real Betis Balompié. Os compañeiros do xornal dixital colgaban unha foto de Sidnei no aeroporto sevillano. Haberá que esperar a que se peche todo e non pase coma co Krasnodar ruso. Descargaría así o clube branquiazul unha ficha de extracomunitario e podería traer outro, pois agora mesmo só está sen carnet europeo, Celso Borges, que tamén podería abandoar o barco pois ten ofertas e quédalle un ano de contrato. Sidnei xogou co Depor un total de 94 encontros ca camiseta branquiazul, marcando neles 1 gol. O central brasileiro que cumprirán 29 anos o 23 de Agosto, chegou na 2014-15 cedido polo Benfica lisboeta e no 2016 fíxose cos seus dereitos o Depor tras pagarlle ao clube luso 6,5 millóns de euros, polo que se prevé que o contante da sua venda sexa como mínimo igual, pois como filosofea Carmelo del Pozo : "Daquí non se vai ninguén sen que sexa beneficioso para o Depor". Tamén falou craro a hora de decir, por cada un que se vai virá outro de calidade.

Noutro órde de cousas. O clube superou no día de hoxe os 16.000 abonados.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR PRETEMPADA : VALLADOLÍD 1-1 DEPOR :"O DEPOR EMPATA UN ENCONTRO QUE MERECEU GAÑAR CON SOLVENCIA"
Mércoles, 01 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR PRETEMPADA-

Cartabia marcou e Celso Borges debutou ca asistencia.

Valladolíd 1-1 Depor

-O Depor mereceu moito máis en especial na 2ª Parte-

Tras unha 1ª metade insulsa na que unicamente cabe destacar que o Valladolíd aproveitou un erro do meta deportivista Dani Giménez ao pasarlle o balón o borde do área a Álex Bergantiños antre dous rivais, e propiciar o gol en bandexa. Na 2ª metade o equipo deportivista que visteu na nosa terra veciña de Bembibre a camiseta das "Nosa Letras", foi inmensamente superior ao cadro vallisoletano, no que foi un pracer ver a Borja Fernández. O cadro deportivista gozou de numerosas ocasións, e unhas veces o meta pucelano, outras a defensa e outras a falla de puntería, evitaron que se levase a vitoria. Non errou Fede Cartabia, que volveu tola a zaga valladolista e que acadou o gol da vitoria cunha fermosa vaselina sobre o meta rival, tras un preciso pase de Celso Borges as espaldas da zaga contraria. O Valladolíd non tirou antre os 3 paus nada máis co gol. Podedes ver o encontro na canle de Youtube do Depor : rcdepotivo.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR PRETEMPADA : VALLADOLÍD 1-1 DEPOR :"O DEPOR EMPATA UN ENCONTRO QUE MERECEU GAÑAR CON SOLVENCIA"
Mércoles, 01 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR PRETEMPADA-

Cartabia marcou e Celso Borges debutou nesta pretempada.

Valladolíd 1-1 Depor

-O Depor mereceu moito máis en especial na 2ª Parte-

Tras unha 1ª metade insulsa na que unicamente cabe destacar que o Valladolíd aproveitou un erro do meta deportivista Dani Giménez ao pasarlle o balón o borde do área a Álex Bergantiños antre dous rivais, e propiciar o gol en bandexa. Na 2ª metade o equipo deportivista que visteu na nosa terra veciña de Bembibre a camiseta das "Nosa Letras", foi inmensamente superior ao cadro vallisoletano, no que foi un pracer ver a Borja Fernández. O cadro deportivista gozou de numerosas ocasións, e unhas veces o meta pucelano, outras a defensa e outras a falla de puntería, evitaron que se levase a vitoria. Non errou Fede Cartabia, que volveu tola a zaga valladolista e que acadou o gol da vitoria cunha fermosa vaselina sobre o meta rival. O Valladolíd non tirou antre os 3 paus nada máis co gol.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

<   12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com