Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Depor News

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345   >

DEPOR IN BRIEFF : "AS ACERAS EXTERIORES DE RIAZOR PASARÁN A SER O DOBRE DE ANCHAS".
Mércoles, 07 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR IN BRIEFF-
As aceras da zona de Tribuna lucirán unha necesaria reforma.

-As aceras de Tribuna pasarán a máis do dobre de ancho-

  Non é o primeiro que cae o ir polas aceras exteriores da zona exterior de Tribuna, na "Rúa, Manuel Murguía". Unhas aceras que non pasan do metro de ancho e en algúns tramos menos. Aproveitando as obras da cubertas do estadio o concello ven de anunciar que se levarán unha melloras nas aceras que pasaran a ter en torno aos 2,15 m de ancho, o que fará que se mellore na seguridade viaria, pois en días normais de tránsito, os vehículos pasaban a carón dos peatóns. As obras que superan os 48.000 euros, non quitarán ancho ao vial dado que se anulan unha vintena de aparcamentos que había no lado contrario e habilitarase a zona do polígono de Náutica que albergará 115 prazas de aparcamento. A obra espérase que esteña concluida para o Teresa Herrera do vindeiro 14 de Novembro, no que o Depor, tanto senior coma feminino xogarán ante o Atlhetic Club de ambas modalidades.

Noutro ámbito de cousas e sobre o Depor decir que o 2ª adestrador d equipo Bernardo Tapia que foi expulsado a pasada semana por encararse co adestrador do UD Las Palmas, Manolo Jiménez, foi sancionado cun encontro de suspensión.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE DOMINGOS DUARTE E BREVES DO DEPOR.
Martes, 06 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA  DE PRENSA-

Domingo Duarte é o "Kaiser" da defensa deportivista.

-Domingos Duarte : "Tocounos sufrilo en Tenerife e agora tocounos marcar"-

 Domingos Duarte, pasou por rolda de prensa e tocoulle falar dos dous goles que marcou que supuxeron puntos para o equipo. Non se corta e antre risas dí que "quero marcar 2 ou 3 máis", e cré que foi o premio o traballo do equipo que : "non merecíamos perder", como exemplo dista situación de marcar nos derradeiros minutos lembrou que : "Tocounos sufrilo en Tenerif e agora tocounos marcar". O de Cascais, (Portugal), sorrío cando de dixeron se o respescaría para o Sporting de Lisboa, o novo adestrador : "Non sei", (dixo antre risas)...

Noutro órde de cousas, decir que Pedro Sánchez será baixa para o Depor-Oviedo por unha lesión miofascial de Grao 1 no bíceps femoral esquerdo. O Deportivo mandoulle ao clube oventense 3.000 entradas para os seus afeccionados...No tema de lesionados, a boa nova foi que Krohn-Dehli xa adestra co grupo...Abre a nova completa para ver as verbas de Domingos Duarte na rolda de prensa.

Segue coa rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
A CRÓNICA : O DEPOR VOLVE A PUNTUAR NO DESCONTO GRACIAS A UN NOVO GOL DE DOMINGOS DUARTE.
Domingo, 04 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-A CRÓNICA-


O Depor volveu a puntuar no descnto coma ante o Sporting.

UD Las Palmas 1-1 Depor

-O Depor suma un punto cun gol "in extremis" de "Minguinhos"-

O encontro foi un pouco o que me esperaba, ainda que non me esperaba que o dominio fose tan grande do Depor, como o foi na primeira metade onde superou o 60%. Carlos Fernández puido adiantar os nosos ao pouco de comezar o choque cun testarazo picado que foi a bater na cruceta e pouco despois Pedro Sáncjhez, lanzaba un "misil" centrado que desviaba a saque de curruncho, Carlos Fernández. Mereceu o gol o Depor nos primeiros 45 minutos, por ocasións e por insistencia, pero todo trocaba no segundo tempo cando un zapatazo dende 25 metros de Ruíz de Lagarreta, (48´), batía no longueiro e colábase dentro. Un tanto inesperado e polo visto ata o de entonces a todas luces inxusto. O gol deulle forzas e convicción aos canarios, que ata foran asubiados en algúns intres do encontro. Puxeron en apretos o conxunta da das "Letras Galegas", pero sen ter que intervir Dani Fernández, que estivo sempre moi atento aos balóns colgados. O Depor puido empatar en algunha contra, pero faltou o remate final, e cando todo parecía abocado a vitoria local, que puido sentenxzar nun erro de entrega de Carles Gil, (a segunda vez que lle pasa na tempada en balóns atrás), pero chegaba un saque de curruncho xa no fío do 95, (o colexiado aumentara 5 minutos, en pos a unha trifulca no costado antre os adestradores), Carles Gil, sacaba ao primeiro pau, onde Quique González peiteaba hacia atrás, e no segundo pau, Domingos Duarte, remataba a pracer o fondo da mallas. Un gol ao máis puro estilo Arsenio Iglesias, sempre con Donato no primeiro pau para que no segundo pau, rematase, ou Bebeto, Claudio, Ribera, etc....Segundo tanto de Domingos Duarte, ao que en Portugal chaman "Minguinhos", e que segue a amosar a sua enorme calidade, tanto en defensa como a hora de rematar a porta. Decíannos fai uns días en Lisboa, un socio do seu equipo de orixe, que era "incrible" que o Sporting de Portugal, deixase ir cedido a este rapáz, que era mellor ca os dous centrais titulares dos verdibrancos xuntos : "pero o da casa non gosta e tráennos mellor aos de fora". Abre a nova o completo para ver a ficha técnica.

Segue coa ficha técnica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
PREVIOUS ROLDA : "BERNARDO TAPIA DI QUE SE GAÑASEN EN GRAN CANARIA SERÍA A REPANOCHA".
Venres, 02 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA  DE PRENSA-

Bernardo Tapia debutou con vitoria sobre o Reus.

-Bernardo Tapia : "Se conseguimos gañar, sería a repanocha"-

 Bernardo Tapia, 2º adestrador do Depor, que ocuparaá de novo o banco no segundo e deradeiro encontro de sanción de Natxo González, falou na rolda de prensa previa ao encontro deste sábado ante o UD Las Palmas, no "Estadio de Gran Canaria", (20:30 horas), do rival, que ve neste encontro o : "Primeiro test importante ante un rival que vai a ser direto", e considerou que de puntuar : "Se conseguimos xa non digo gañar, que sería a repanocha, pero si puntuar, ao final te mantés nesa zona importante, mantés a distancia de puntos cun rival que seguro que será directo". O encontro estará dirixido por un novato na categoría, pero xa de 38 anos, o toledano, César Soto Grado, do Colexio Castela-A Mancha, recén ascendido a 2ª División....Abre a nova completa para ver as verbas do 2º adestrador deportivista e a lista de convocados.

Segue coa rolda de prensa e lista de convocados...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE DIEGO CABALLO :
Xoves, 01 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA  DE PRENSA-

Diego Caballo volveu a recuperar a titularidade ante o Reus.

-Diego Caballo : "A competencia é o que nos fai grandes. Hai que seguir, apertar e non baixar os brazos"-

 Diego Caballo, falou en rolda de prensa do seu intre no equipo, da competencia con Saúl e do encontro do vindeiro sábado a partires das 20:30 horas, no "Estadio de Gran Canaria"O xogador ve moi ben a competencia e cré que é unha das principais bazas do equipo : "Ter 24 xogadores no equipo que poden xogar é moi bo para todos. A competencia é o que nos fai grandes. Hai que seguir, apertar e non baixar os brazos"....Abre a nova completa para ver as verbas do xogador deportivista.

Segue coa rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR ROLDA : VICENTE GÓMEZ : "VAI SER O ENCONTRO MÁIS EMOTIVO DA MIÑA VIDA".
Xoves, 01 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA  DE PRENSA-

Vicente deulle o pase do gol a Pedro Sánchez ante o Reus dende 30 metros.

-Vicente Gómez : "Seguramente vai ser o máis difícil da miña vida porque vas loitar contra os teus sentimentos".-

 Vicente Gómez, ex xogador do UD Las Palmas o que nos enfonatmeos o  vindeiro sábado a patires das 20:30 horas, no "Insular" de Palma de Gran Canaria, pasou pola rolda de prensa e amosouse máis sensible co feito de xogar conta o equipo no que se formou, con respecto a seu compañerio e que viveu a mesma situación, David Simón :  "vai ser o máis emotivo da miña carreira. Seguramente vai ser o máis difícil da miña vida porque vas loitar contra os teus sentimentos. Oxalá que chegue o máis rápido posible, que o deixe todo no vestiario e salga a xogar ao fútbol que é o que sei facer". Tanto Vicente coma David Simón, reafirmáronse no acerto en haber trocado de aires. O centrocampista, fala un pouco de todo o seu sentir e de porque buscou a saida e do felíz que se atopa na sua nova andaina no Depor, así do que lles espera neste encontro en terras canarias...Abre a nova completa para ver as verbas do xogador deportivista.

Segue coa rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR ROLDA : DAVID SIMÓN : "EU VOU MIRAR POLOS MEUS INTERESES QUE SON QUE O DEPOR ACADE OS SEUS OBXETIVOS".
Martes, 30 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA  DE PRENSA-

David Simón está a ser un baluarte no lateral dereito.

-David Simón : "Vou mirar polos meus intereses. Para mín o máis importante é que o Deportivo consiga os seus obxectivos".-

 David Simón, ex xogador do noso rival o  vindeiro sábado a patires das 20:30 horas, pasou pola rolda de prensa e foi craro e conciso a hora de falar de sentimentos encontrados, ou algo polo estilo ao haber xogado toda a sua vida no UD Las Palmas : "É pasado. Eu vivo agora o presente. Cada día estou aquí máis a gusto. Vou mirar polos meus intereses. Para min o máis importante é que o Deportivo consiga os seus obxectivos". O canario que a pasada xornada fixo un auténtco partidazo, falou un pouco de que se van a atopar no "Insular", así de como está a liga...Abre a nova completa para ver as verbas do xogador deportivista.

Segue coa rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
A CRÓNICA : DEPOR 2-0 REUS DEPORTIVO :"O DEPOR VOLVEU A GAÑAR SENDO SUPERIOR EN RIAZOR".
Domingo, 28 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-A CRÓNICA-


O Depor volveu a gañar sendo moi superior en Riazor.

Depor 2-0 Reus Deportivo

-O Depor amosa o seu poderío en Riazor e no fondo de banquillo-

O Depor esqueceu o mal intre vivido en Córdoba coa bochornosa actuación dun mal árbitro e a vez mala persoa, mentereira e follonera, voltando a ofrecer un monólogo e pinceladas de detalles de calidade, nun encontro no que todos aventuraban que ía a ser diferente aos outros 4 que se levan xogado no nosos estadio, que sigue amosando as carencias da necesaria falla de que se acaben as obras dunha vez por todas, pois onte tiveron que escapar cos chubascos de nrte, dúcias de afeccionaodos o chover nas localidades ocupadas. Voltando ao encontro, o Depor mandou, creou, tivo o balón e creou ocasións. Aos 40 segundos, tras xogada colectiva, Carlos Fernández facía a sua 5ª diana, e aos 2 minutos xa podíamos ir 2-0, tras ocasión carar de Quique González. A proposta do Reus Deportivo foi crara ao sair cunha defensa de 5, en contra do que se falaba deles, pero o gol tan cedo, deixounos "descolocados". Ainda que baixou o "pistón" o equipo deportivista no treito final da 1ª metade, volveu a levantalo a volta de vestiarios, e consegueu o segundo tanto, tras un pase "delicatessen" de Vicente Gómez e remate só baixo paus de Pedro Sánchez, que ao berro "coñero" de : "Presidente, presidente!!!", celebraba facendo cos dedos unha "A", o seu primeiro gol oficial co Depor. Puido vir o teceiro por parte de Carlos Fernández a bocaxarro de testa o apu, de Carles Gil ou de Quique González, pero non chegou e o equipo catalán tivo algo de língua no treito fianl, cando o Depor baixou o ritmo e deixoulle un pouco o balón. Deu pé a ver unha gran parada de Dani Giménez. Debutou con moi boa nota Michelle Somma na defensa deportista. O tempo e a hora do encontro, fixo que moitos afeccionados non acudiran a Riazor, pois op día era de "cans" e para a xente maior que ten que desprazarse, tendo en conta que máis da metade dos socios deportivistas somos de fora da Coruña, é moi complicado, pero con todo iso 15.576 deportivistas estivemos presentes, para ver unha nova vitoria dun equipo en "obras", que vai para arquitecto, loitando contra as inxustizas deportivas e amosando que hai fondo de banquiño e sendo o único equipo que só perdeu un encontro no que vai de liga. Abre a nova o completo para ver a crónica polo miúdo.

Segue coa crónica completa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEPOR ROLDA PREVIOUS : "BERNARDO TAPIA, 2º DE NATXO GONZÁLEZ".ROLDA DE PRENSA DE
Venres, 26 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-PREVIOUS ROLDA-
Bernardo Tapia, segundo Natxo González deu a rolda de prensa previa.

-Bernardo Tapia : "As imaxes valen máis que mil palabras. Iso queda aí aparcado. A partir de aquí o importante é o partido"-
-Lista de Convocados-

 Bernardo Tapia, 2º adestrador do Depor, deu a rolda de prensa previa o encontro deste sábado ante o Reus Deportivo, (16:00 horas), en Riazor coa arbitraxe do canario, Daniel Jesús Trujillo Suarez, un colexiado que estivo duas tempadas na 1ª División e que foi descendido o ano pasado. Tapia fixo os comentarios as preguntas dos xornalistas, dado que Natxo González está sancionado por dous encontros e o clube en concordancia co adestrador, tomaron a decisión de que fose o 2º dabordo quen cpomparecese, como o fará tralo encontro, esta semana e a vindeira no Insular ante o UD Las Palmas, (sábado 3 de Novembro ás 20:30 horas). Bernardo Tapia, falou das sancións, querendo "pasar páxina, porque estamos indefendidos, e falou do papel que lle toca vivir, así coma do Reus Deportivo, no que estivo con Natxo e ao que ve un equipo moi atrevido e que busca a posesión do balón, pola contra dos equipos que levan pasado por Riazor...Abre a nova completa para ver as verbas do adestrador deportivista.

Segue coa rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
A "LEI MORDAZA" DA LIGA DE FÚTBOL PROFESIONAL.
Venres, 26 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-SANCIÓNS-


Borja Valle dille o colexiado que quen fixo a falta foi él.

-A "Lei mordaza" da LFP e os ataques aos socios e afeccionados-

O Comité de Competición ven de desestimar o recurso presentado polo Deportivo a sanción de 1 encontro para Pablo Marí, dado que como se ve nas imaxes de televisión o xogador non é o que fai a falta sinalada e que lle costou o segundo cartón, senón que é Borja Valle o infractor. A pesaes disto e véndose que non tería que haber recibido o cartón, nen siquera, e ainda que fixera a falta, pois non é unha falta de cartón. O Comité, nun acto de pasotismo, inxustiza e burla, sostén o encontro de sanción ao central valenciano do Depor. Esta é unha proba máis da "Lei Mordaza" que existe na LFP de Tebas, onde só uns poucos poden fala e o resto masacralos en tódolos eidos e aos seus socios e afeccionados o mesmo. Xa o decía Natxo González, que lle caeron 2 encontros, por algo que é imposible saber, e que é imposible que cun estadio berrando, que un 4º árbitro ou calquer persoa, escoite o que di a outra a 10 ou 15 metros...imposible. Como é decía na rolda de prensa posterior os incidentes : "No tengo ninguna defensa. Por desgracia no nos podemos defender de nada. Nos tenemos que callar. Nos la tenemos que comer. No puedo defenderme porque si tratara de hacerlo, iba a decir cosas que posiblemente me iban a perjudicar. Me siento bastante perjudicado para aún más todavía"...Segue o artigo abrindo a nova completa.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS


 
DANI GIMÉNEZ EN ROLDA DE PRENSA : "oOQUE DÍ O ACTA NON É CERTO O 100%".
Xoves, 25 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA  DE PRENSA-

O meta galego do Depor está nun gran intre de forma.

-Dani Giménez : "O que dí o acta non e cento o 100%"-

 Dani Giménez, pasou pola rolda de prensa e ante a pegunta de se o que dixo Ais ieg no acta foi clao na sua postua afimando que : "O que pon o acta non é certo ao 100%", pero quer que non se entre nese tema, que : "cando falas moito do árbitro acaba soando a escusa. E iso é o que non queremos. Temos que centrarnos no que nos vén xa. Temos que aprender dunha vez que o árbitro é unha persoa independente a nós, que aínda que pode influír no resultado, máis influímos se a nosa conduta non é a adecuada". O meta galego do Depor ademáis da actalidade sobre a arbitraxe do pasado sábado, falou do Reus Deportivo o can ve "perigoso", pola proposta de fútbol que ten, e tamén cré sobre o seu ntre de xogo que : "De nada che vale facer 10 xornadas boas se na 11 non estás ao nivel"...Abre a nova completa para ver as verbas do xogador deportivista.

Esra rolda de pensa foi antes de que se soubese as sancións que foron de 4 encontros para Borrja Valle, 2 para Natxo González e 1 para Pablo Marí, todo un bochorno, xa que o Comité pode valoralas en frío. Un insulto o Deportivo e o deportivismao, así coma o fútbol con honradez. Son un ataque a verdade e os intereses deportivos do clube. Como nos apuntaba un amigo e usuario da web : "Será tan difícil que cheguen o Comité as conversacións, ou o que se oe nos trasmisores do árbitro e liñas?"

Segue coa rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
INFAMES, VERGONZOSAS E UNHA BURLA, AS SANCIÓNS DO COMITÉ A BORJA VALLE, PABLO MARÍ E NATXO GONZÁLEZ.
Mércoles, 24 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-SANCIÓNS-


Un insulto o deportivismo motivado por un impresentable.

-Infames, vergonzosas, e unha burla, as sancións a
Borja Valle, Pablo Marí e Natxo González-

Xa non nos esperábamos ningún regalo, pero tras saber o resultado das decisións do Comité de Competición, non podemos máis ca tachalas de vergonzosas, infames e unha burla, o Depor, como institución, ao deportivismo e ao fútbol. Foron 4 encontros para Borja Valle, que ainda que lle chamase "sinvergonza" ao coleaxido Ais Reig, foi provocado polo propio árbitro, que como recoñeceron varios xogadore, primeiro él insultou ao xogador deportivista. 1 encontro a Pablo Mari, ao que non lle retiraron o segundo cartón amarelo, a pesares de que como se ve na imaxe, él non fai falta, e 2, a Natxo González, que non lle dixo nada o 4º árbitro, senón que gesticulou ca cabeza ante a incredulidade do que estaba a pasar. Unha sarta de mentiras nunha acta arbitral feitas por un colexiado que xa está demostrado que minteu en outras ocasións noutros follóns con él mesmo de protagonista, fai que se perxudique o Deportivo e ao deportivismo e él queda impugne, despois de ser o responsable de todo eso e de que afectase no resultado.

Como presidente dunha peña deportivista, como socio e accionista, dende aquí pido pubricamente ao clube que ainda que sabemos que non nos podemos defender, pois este fútbol moderno de Tebas é unha ditadura, inda indo a xustiza ordinaria, pagaríannolas por outro lado, deberían facer un escrito de protesta pola decisión do Comité e pedi que este colexiado non nos diixa nunca máis un encontro. 

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS


 
ROLDA DE PRENSA DE VICENTE GÓMEZ E ESCOLMA DE NOVAS BREVES DEPORTIVISTAS.
Martes, 23 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA  DE PRENSA E BREVES-

Vicente Gómez, está con Borja Valle, pero pide "pasar" dos árbitros.

-Vicente Gómez : "Eu estaba o seu carón e corroboro todo canto dixo que pasou Borja"-
-Escolma de breves do Deportivismo-

O canario Vicente Gómez, pasou po rolda de prensae no tema do que pasou antre Borja Valle e o colexiado Ais Reig, afirmaou que el estaba a carón do xogador deportivista Borja Valle cando pasou esta situación e que corrobora : "Todo canto dixo Borja sobre o sucedido". Quixo que todos sen centren no ven de todos e esquecerse dos árbitros ou de : "evitar o de que nos están perseguindo". O canario usou un dito mariñeiro para expresar o seu sentir sobre este tema : "Hai que ser un equipo maduro para saber navegar en todo tipo de augas, non só co vento a favor". Sobre o próximo rival o Reus Deportivo, no que milita Juan Domínguez que a apsada semana fixo o gol da vitoria do equipo, non cré que : "Sexa un equipo que se vaia a replegar, vainos apertar arriba, vai tentar ter moito o balón, vai vir coa sensación de que ten pouco que perder. Vai ser un bo desafío". Noutro órde de cosusas do Deportivo, desvelouse que Krohn-Dehli ten unha rotura muscular de Grao 1 , menos do que se esperaba, e que o novo adestrador do Fabril no eido de Tito Ramallo que era destituido onte e que se lle ofreceu seguir na canteira deportivista, será Sergio Pellicer, que chega do Málaga CF, no que formou parte do corpo técnico ...Abre a nova completa para ver as verbas de Vicente Gómez e as breves deportivistas.

Segue coa rolda de prensa e as novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS


 
O REPRESENTANTE DE BORJA VALLE CHÁMALLE "MENTEREIRO" AO COLEXIADO AIS REIG.
Domingo, 21 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-MANIFESTACIÓNS-


Ais Reig quixo ser o protagonista amosando unha actitude bochornosa.

Córdoba 1-1 Depor

-O representante de Borja Valle chámalle mentereiro ao colexiado Ais Reig-

Rodrigo Lovelle, represnetante do deportivista Borja Valle, sabe mellor ca ninguén quen é e como é o xogador ponferradino, do que Dani Giménez decía que : "Nunca rompeu un prato". Lovelle manifestou na sua conta de Facebook de Protio Sport que : "Dáme pena e entristéceme que alguén minta no acta. Non se pode xogar coa xente e mentir. Ao final a Borja Valle sancionarano varios partidos por algo que non dixo, pero o que ten validez é o que di o árbitro. Aínda que minta. Señores, estamos nun deporte que buscamos o "xogo limpo" e para iso hai que ser serios e contar a verdade. O meu xogador será sancionado pero por algo que non é realidade"...decía o representante de Borja Valle. Tamén decía Lovelle que covida : "A todos a que vexan as imaxes e que cada un saque a súa propia conclusión. Quen coñeza ao xogador sabe como é, e que nunca reaccionaría así nun campo. Non me gustan as inxustizas. Ao final, por decisións arbitrais o Deportivo xa perdeu 2 puntos", e acababa reivindicacndo : "Loitemos pola xustiza e pola verdade. Indígname a mentira“....Segue o artigo abrindo a nova completa...

Segue co artigo...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
A CRÓNICA : CÓRDOBA 1-1 DEPOR : "BOCHORNOSA ACTUACIÓN DO COLEXIADO VALENCIANO AIS ROIG".
Sábado, 20 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-A CRÓNICA-


O colexiado valenciano Ais Roig deixou o Depor con 9.

Córdoba 1-1 Depor

-Bochornosa actuación do colexiado Ais Roig-

O Depor adiantouse nas primeiras de cambio cun gol no que Saúl centra dende a banda, Carles Gil deixa pasar e Quique González fai o seu quinto gol da tempada. Ata o derradeiro minuto da primeira metade Dani Giménez fixo ata 3 paradas de mérito, máis unha na que o balón xa ía fora. No derradeiro minuto antes do tempo de lecer, Quique González puido facer o 0-2. Na segunda metade tras intercambio de "golpes", puido marcar David Simón de testarazo colocado o pau contrario e Dani Giménez a man cambiada sacou un bo disparo cordobesista. Apretaba o equipo local e o Depor tentaba tocar, pero todo se trocou contra o final. Primeiro lesión de Krhon-Dehli no pube, logo Pablo Marí, nunha xogada na que toca balón e logo é Borja Valle o que fai falta. Segunda inxusta para Marí e o Depor con 10. Pouco despois cobadazo a Borja Valle en tres cuartos de campo, o colexiado da a lei da ventaxe, o deportivista manda fora para atender a Borja Valle, que se levanta e o colexiado amósalle vermello direto decindo que lle chamou 3 veces sinvergoña, non saía do seu asombro o xogador ponferradino e o equipo deportivista, o que menos faltas comete da liga, que se quedaba con 9, e ademáis vía como o xgador do cobadazo non recibía nen cartón amarelo. Nas protestas, por todo o banquillo o 4º árbitro acusa de "algo" a Natxo González que tamén é expulsado. Tocaba defender e nunha contra Carlos Fernández tivo o gol da vitoria, pero nun barullo no área no 94 chegaba o empate. Xusto pola loita e ocasións para o Córdoba, pero as que parou Dani Giménez, son acerto do meta galego, como cando acerta un dianteiro co gol. O final reparto de puntos ca sensación de que nos roubaron 2 puntos, tras moito traballo ante un equipo que se xoga a vida, e que tivo a axuda do colexiado para chegar a acadar o punto.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA PREVIA DE NATXO GONZÁLEZ E LISTA DE CONVOCADOS.
Venres, 19 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-PREVIOUS ROLDA-

Dar a lista de convocados é "jodido" segundo Natxo González.

-Natxo González : "É un partido fóra de casa, sabemos que van apertar, están a xogarse moito"-
-Lista de Convocados-

 Natxo González, deu a rolda de prensa previa o encontro deste sábado ante o Córdoba, (20:00 horas), e falou ademáis do choque, no que non se fía do rival, ainda que vaia colista, pois tódolos puntos os fixo na casa e ven de gañarle 1-4 ao Elxe a domicilio. Tamén falou de Álex Bergantiños, ao que ve coma un "lider no vestiario e no campo e ao que todos respetan polo que representa", un Álex, do que se "filtrou", que ten opción a duas tempadas máis e se quer, cando colgue as botas seguir no organigrama do clube. Natxo González laiouse dos que teñen que quedar fora, (Eneko Bóbeda, Gerard Valentín, Didier Moreno e Pedro Sánchez) e divagou coa certeza de que : "se entrasen estes estaría triste por deixar a outros. É o día máis duro da semana cando hai que facer a convocatoria", dixo. Falou de porque deixaba fora a Didier, que só adestrou un día tras longa viaxe, e tamén de que quedan ata Domingo por mor dos vóos. Noutro órde de cousas, decir que máis de 200 deportivistas estarán no "Nuevo Arcángel", apoiando aos nosos e que o Depor colabora ca Asociación Española Contra o Cancro, neste día no que todos nos unimos a tódalas, (e tódolos) que sufren o cruel cancro de mama do que hoxe é o seu Día Internacional...Abre a nova completa para ver as verbas do adestrador deportivista.

Segue coa rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE CARLOS FERNÁNDEZ.
Xoves, 18 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA  DE PRENSA-

Carlos Fernández e Quique González suman 10 goles antre os dous.

-Calos Fenández : "o máis importante é tentar gañar, tentar sumar e levar ao Dépor todo o máis alto-

Desta volta tocoulle a Carlos Fernández, pasar pola rolda de prensa. O sevillano amosouse moi contento con como lle van as cousas, e só pensa en ir mellorando e así axudar ao equipo. Ve no encontro ante o Córdoba un "encontro especial por voltar a miña terra e porque estarán familiares meus" e cre que o Depor : "é o primeiro ou segundo equipo que máis goles meten os seus puntas. Falamos a principios de temporada que o equipo defensivamente estaba ben, que concedía pouco, que encaixaba pouco e que quizais faltaba no xogo de ataque ter máis fluidez, que nos parecésemos un pouco máis ao Dépor de casa"...Abre a nova completa para ver as verbas do xogador deportivista.

Segue coa rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE CARLES GIL E ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR E DO DEPORTIVISMO.
Mércoles, 17 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA  DE PRENSA E BREVES-

Carles Gil amosouse ledo co seu intre no equipo pero esíxese máis.

-Carles Gil : "Carmelo e Natxo deixaron ben craro o camiño a seguir dende o inicio"-
-Escolma de novas breves-

Carles Gil, pasou da grada con Seedorf a sen unha peza clave na media punta con Natxo González. Cré que ´le ten "moito marxe de mellora", como tamén o equipo e séntense contento de como lle está a ir a él e ao equipo. Non quer falar dee antes e de agora, e dí que "Tanto a afección coma nos trocamos o "chip", ao baixar de categoría e ter outros obxetivos". Non se fía do Córdoba polo feito de estar de colista, pois para él : "ainda vai moi pouco xogado e agora podes estar abaixo e logo arriba, esta categoría é moi cambiante, hai que estar preparado para cando veñas as malas". O valenciano dixo que Carmelo del Pozo e Natxo González : "Desde un primeiro momento deixaron moi clara a idea e o camiño a seguir. Tanto os que estabamos aquí como a xente que veu de fóra adaptámonos enseguida a todo. Reflíctese un pouco nese inicio de liga". Tamén apuntou a que : "Carmelo ten moita experiencia neste sentido, igual que Natxo González; e viñeron cunha idea moi clara, un obxectivo moi claro. Estamos todos no mesmo camiño"...Abre a nova completa para ver as verbas do xogador deportivista e unha escolma de novas breves do Depor e do deportivismo.

Segue coa rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE BORJA VALLE
Mércoles, 17 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR EN ROLDA-

Borja Valle xa ten esquecida a lesión nunha deda.

-Borja Valle : "Só temos que pensa en nós e non fixanos en coimo van os demáis"-

Borja Valle, voltou o pasado sábado a disfrutar do fútbol en activo e celebrouno cun gol e a piques estivo de marcar outro, de non ser pola parada de José Juan, o longueiro e o poste, na mesma xogada. O dianteiro de Ponferrada, amosouse contento de como vai o equipo e de ter esquecida a sua lesión nunha deda : "Primeiro era unha fisura, que se transformou nunha rotura",  e alaba a competencia en tódolos postos, que para él : "É unha cousa boa para o deportivismo", que calquera que salga o faga ben e que o adestrador teña problemas a hora de elixir quen xogue, pero por que todos dean un bo nivel. O ponferradino ainda que dí que : "Só temos que pensar en nós e non fixarse no que fan os demáis", tamén ve que a pesares de enfrontarse esta semana ao colista : "É un rival perigoso, porque eles querrán sair desa situación, pero nos temos que pensar en nós mesmos e facer o noso traballo"...Abre a nova completa para ver as verbas do xogador deportivista.

Segue coa rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE BORJA VALLE :
Martes, 16 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Depor News
-DEPOR EN ROLDA-

Borja Valle xa ten esquecida a lesión nunha deda.

-Borja Valle : "Eu estou aquí para sumar e desexo continuar así"-

Borja Valle, voltou o pasado sábado a disfrutar do fútbol en activo e celebrouno cun gol e a piques estivo de marcar outro, de non ser pola parada de José Juan, o longueiro e o poste, na mesma xogada. O dianteiro de Ponferrada, amosouse contento de como vai o equipo e de ter esquecida a sua lesión nunha deda : "Primeiro era unha fisura, que se transformou nunha rotura",  e alaba a competencia en tódolos postos, que para él : "É unha cousa boa para o deportivismo", que calquera que salga o faga ben e que o adestrador teña problemas a hora de elixir quen xogue, pero por que todos dean un bo nivel. O ponferradino ainda que dí que : "Só temos que pensar en nós e non fixarse no que fan os demáis", tamén ve que a pesares de enfrontarse esta semana ao colista : "É un rival perigoso, porque eles querrán sair desa situación, pero nos temos que pensar en nós mesmos e facer o noso traballo"...Abre a nova completa para ver as verbas do xogador deportivista.

Segue coa rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

<   12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com