Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Menú principal

 

Tema: Fútbol Sala Femenino

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345    

CRÓNICAS DA 14ª Xda DA 1ª GALICIA DE FÚTBOL SALA FEMININO : "LOITA ABERTA POR ARRIBA".
Mércoles, 07 Febreiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª GALICIA FSF
-14ª Xornada-

O Fisober B fíxolle fronte o Melide.

-Por arriba segue a loita-

-Sport Sala Culleredo, Troula e Amarelle loitan polo título-

14ª xornada da 1ª Galicia Feminina de Fútbol Sala, e lider Sport Sala Culleredo que derrotaba ao AD Vila de Pondal/Concello de Ponteceso FSF, (1-3), deixa as pontecesanas fora da loita polo ascenso e o título. Seguen na loita o Troula FSF que derrotaba por 8-0 ao Ulla Oil Vedra FSF e o Amarelle Concello de Santa Comba que acadaba a goleada da xornada ante o TCA Isntal FS Pontedeume, (15-0). Xa máis desenganchado queda o Melide FSF que gañaba ao xove Fisober "B", (1-4), que lle plantaba cara e non cedía ata o final do choque ao que chegaba con empate no marcador. Por último o AD Atletes sumaba 1 punto e xa chega aos 10, tras igualar a domicilio co Meigas CF, nun emocionante 4-4 que fai que as de Esteiro, (Muros), afiancen a 8 posición e a 2 puntos do filial do Fisober que as precede. Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA FEMININO QUER IR O EUROPEO DE FS COA TORRE DE HÉRCULES.
Venres, 02 Febreiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
FÚTBOL SALA

Así é a foto ca que concursa o 5 Coruña.

-O Academia Red Blue promociona a Torre de Hércules-
-Participa nun concurso internacional de VW para ir o europeo-

 O equipo sénior feminino da Academia Rede Blue 5 Coruña quixo promocionar a imaxe da Torre de Hércules, un dos monumentos máis representativos da cidade da Coruña, e de Galicia, para participar nun concurso cun premio moi apetecible para todos os amantes do fútbol sala. VOLKSWAGEN GROUP ESPAÑA DISTRIBUCIÓN, S.A puxo en marcha a promoción "VOLKSWAGEN & UEFA FUTSAL EURO". O obxectivo e temática deste concurso é elixir por sorteo 1 gañador que poderá gozar dunha viaxe a Eslovenia ( Ljubljana) co seu equipo de fútbol sala para ver en directo a Final da UEFA FUTSAL EURO 2018.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 12ª Xda DA 1ª GALICIA DE FÚTBOL SALA FEMININO :
Mércoles, 24 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª GALICIA FSF
-12ª Xornada-

O oncello de Ponteceso FSF gañou no derbi da costa ante o AD Atletes.

-O Fisober "B" plantoulle cara o lider Sport Sala Culleredo-

-Vitorias de Amarelle, Ponteceso, Troula e Melide-

12ª xornada da 1ª Galicia Feminina de Fútbol Sala, primeira da 2ª volta e todo segue igual por arriba. O lider Sport Sala Culleredo derrotaba ao Fisober FSF "B", (2-4), que lle daba moito que facer e aguanta os 2 puntos de ventaxe sobre o Amarelle/Concello de Santa Comba FSF, que derrotaba por 10-0 ao Ulla Oil Vedra FSF, e 3 puntos sobre o Troula FSF, que derrotaba por 6-0 ao Cruces FSF. O AD Vila de Pondal/Concello de Ponteceso FSF derrotaba por 3-0 ao AD Atletes, no derbi costeiro e o Melide derrotaba ao TCA Inst Pontedeume por 11-0 na goleada da xornada. Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS CON EQUIPOS GALEGOS DA 2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA FS GRUPOS 1º e 4º :
Martes, 23 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA FS G1 e G4
-16ª Xornada- 

O Amarelle levouse  ante o Fisober o derbi Coruña-Costa da Morte.

-No Grupo I : "Derrota do Comarcal e aprazado o do Valdetires"-
-No Grupo IV :  Amarelle derrota a Fisober no derbi coruñés-
-Vitoria do Pirata e derota do Pontevedra-

16ª Xornada da 2ª División Nacional Feminina de Fútbol Sala.  No Grupo I o Valdetires Ferrol FSF non xogou o aprazarse o seu encontro co Ribamontán Al Mar e o Comarcal A Fervenza, caía no sua visita ao Txantrea, (3-0), namentras que no Grupo IV o Viaxes Amarelle, colle o liderato tras derrotar ao Fisober FSF no derbi coruñés por 7-1, aproveitando a derrota do Alcorcón ante o Comenarejo, (0-1). O Pirata/O Fisgón, derrotaba ao Ciudad de Guadalajara, (2-1), para poñerse agora a 12 punto do segundo que pasa a ser o Alcorcón, e a 3 do lider, Amarelle.  Segue coas crónicas se abres a nova o completo.

Tódalas novas do Fútbol Sala Feminino quedan rexistradas no enlace direto da dereita da web, así coma dos outros deportes e seccións variadas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 11ª 1ª GALICIA FSF : "A DERROTA DO LIDER APRETA TODO POR ARRIBA".
Martes, 16 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª GALICIA FSF
-11ª Xornada-

O Fisober "B" iniciou o ano con vitoria.

-A derrota do Culleredo apreta todo por arriba-

-Vitorias de Amarelle, Ponteceso, Troula e Fisober-

11ª xornada da 1ª Galicia Feminina de Fútbol Sala, primeira do 2018 e na que o Sport Sala Culleredo sufría a primeira derrota do campionato ante o Melide FSF, (2-1), o que fai que ca vitoria do Amarelle/Concello de Santa Comba sobre o AD Atletes, (10-1), estas se poñan a 2 puntos do lider, e tamén se aproximaron e apretaron esta parte alta o Troula Betanzos FSF que derrotaba ao CF Meigas, (7-1), e o propio Melide ao derrotar as cullerdenses. Por outra banda AD Vila de Pondal/Concello de Ponteceso FSF, derrotaba ao Cruces FSF, cun "set en branco", (6-0). Tamén iniicaron o ano de manira positiva as xoves do Fisober FSF "B" , que derrotaban por 3-2 ao Ulla Oil Vedra FSF. Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
AS CAMPAÑAS DE RECOLLIDA DE XOGUETES E ALIMENTOS DO VIAXES AMARELLE FSF SALDOUSE
Martes, 09 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
"CAMPAÑA SOLIDARIA"
-Viaxes Amarelle FSF-

Unha das recollidas de xoguetes con abundancia de donacións.

-Exitosa campaña de recogida de juguetes del Viaxes Amarelle FSF-
-Recolléronse xoguetes durante todo mes de Nadal-
-Tamén hubo unha xornada Viaxes Amarelle-CRAT solidaria-

Estas navidades el Viaxes Amarelle FSF puso en marcha una campaña de recogida de juguetes el pasado mes de diciembre y esta se dio por concluida la pasada semana, procediendo a la entrega de los juguetes recogidos a Cáritas Santa Comba y Cáritas Coruña, según los puntos de recogida que se habilitaron durante estas fechas. El club quiso poner su granito de arena en estas fechas tan especiales para que todo niño pueda recibir un juguete, y por ello habilitó varios puntos de recogida durante los partidos que hubo lugar en las últimas fechas del mes de diciembre y durante el campus gratuito que tuvo lugar la semana pasada en el Municipal de Sagrada Familia.

Tamén houbo o pasado venres unha xornada solidaria no que os equipos do Viaxes Amarelle FSF e o CRAT Coruña de rugby disfrutaron de encontros no Municipal da Sagrada Familia, que tiveron un trasfondo solidario recabando alimentos para o Banco de Alimentos Rias Altas. Duas novas que non vos puidemos achegar antes por ter colapsado o noso correo con milleiros de felicitacións dos siareiros da nosa web e que tedes aquí abrindo a nova completa.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS CON EQUIPOS GALEGOS DA 2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA FS GRUPOS 1º e 4º :
Martes, 26 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA FS G1 e G4
-14ª Xornada- 
Fisober e O Pirata disputaron un bonito derbi no Grupo IV.

-No Grupo I : "Vadetires lévase o derbi galego ante Comarcal"-
-No Grupo IV :  Amarelle segundo e o Pirata, lévase o derbi ante o Fisober-

14ª Xornada da 2ª División Nacional Feminina de Fútbol Sala.  No Grupo I o Valdetires Ferrol FSF lévase o derbi galego deste grupo na sua visita ao Comarcal A Fervenza, (2-6), namentras que no Grupo IV o Viaxes Amarelle, recupera a 2ª praza tras golear ao Majadahonda, (2-9). O Fisober FSF caía no seu féudo en Dumbría ante O Pirata/O Fisgón, (1-5), no derbi galego deste grupo...Ambos grupos descansan agora ata o 13 de Xaneiro do 2018 que se reanuda a competición. Segue coas crónicas se abres a nova o completo.

Tódalas novas do Fútbol Feminino quedan rexistradas no enlace direto da dereita da web.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS 10ª Xda 1ª GALICIA DE FÚTBOL SALA FEMININO : "O ATLETES DESPIDE O ANO GAÑANDO O DERBI DA COSTA".
Martes, 26 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª GALICIA FSF
-10ª Xornada-

O AD Atletes despideu o ano gañando o derbi costeiro.
(Imaxe de arquivo).

-O AD Atletes gaña o derbi costeiro ante o Fisober "B"-

-Goleada esaxerada do lider Sport Sala Culleredo-

10ª xornada da 1ª Galicia Feminina de Fútbol Sala, coa vitoria por goleada no derbi da Costa do AD Atletes ante o Fisober "B". As de Esteiro despiden o ano con bo sabor de boca tras endosarlle un 12-2 as da Costa da Morte. Non nos gusta nunca as goleadas esaxeradas, pois non son para nada instrutivas, senón que son "humillantes", polo que se deberían evitar feitos coma o acontecido no encontro antre o lider Sport Sala Culleredo, e o penúltimo clasificado o TSA Instal FS Pontedeume, que acabou 21-0. Por outra banda o AD Vila de Pondal/Concello de Ponteceso FSF voltaba a senda das vitorias tras derrotar ao Meigas CF por un axustado e emocionante 3-4. O Amarelle Concello de Santa Comba, goleaba a domicilio ao colista Cruces FSF, (1-8), e segue instalado na segunda praza 5 puntos do lider.  O Melide FSF non tiña probemas para levarse os 3 puntos ante o Ulla Oil Vedra, (2-8), e seguir na zona alta. Marcáronse 61 goles nesta penúltima xornada da 1ª volta a 12,2 por encontro. A liga para agora ata o vindeiro 13 de Xaneiro do 2018 por mor das festas do Nadal, Aninovo e Reis. Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 14ª Xda DA 1ª DIVISIÓN AUTONÓMICA FSF : "OS NOSOS EQUIPOS ACABAN O ANO DE MANEIRA INMELLORABLE".
Martes, 26 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª DIVISIÓN AUTONÓMICA FSF
-14ª Xornada-

Andrea Romero fixo 3 dos goles do encontro das ceenses.

-Segunda vitoria seguida do FSF Villa de Cee-

-Vitorias do Amarelle "B" e Comarcal-

14ª xornada da 1ª Autonómica Feminina de Fútbol Sala, primeira da 2ª volta, e os "nosos" equipos despediron o ano da mellor maneira posible cunha vitoria cada un, a excepción do Academia Red Blue 5 Coruña que ten aprazado o encontro no que deberá visitar ao Bembrive FSF o vindeiro día 7 de xaneiro, o resto de equipos decxansan ata o día 13. O FSF Villa de Cee/Hotel O Semáforo, o que recentemente nomeamos "Pirata de Honra da Costa", parece que lle deu sorte o premio e acaba o ano de maneira extraordinaria, xa que as rapazas ceenses sumaron o seu segundo trunfo consecutivo e repetindo o 3-1 que acadaron a xornada anterior, sumando 4 vitorias e 1 empate nos derradeiros 6 encontros no que só caían nun, ante o Poio Pescamar "B", (6-1). Pola sua banda o Viaxes Amarelle "B", derrotaba por un emocionante 6-5 ao EDM Salceda para tamén rematar de maneira excelente este 2017, gañando 3 dos derradeiros 4 encontros. O Comarcal a Fervenza "B", corta para finalizar o ano unha xeira de 4 encontros consecutivos perdendo. A liga para agora ata o 13 de Xaneiro do 2018 que se xogará a 15ª xornada. Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 13ª Xda DA 2ª DIVISIÓN NACIONAL DE FUTSAL FEMININO GRUPOS 1º e 4º :
Martes, 19 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA FS G1 e G4
-13ª Xornada-  
Luis Sambad recolleu o premio "Pirata de Honra" de mans de Martín Varela.

-No Grupo I o Vadetires empata e alónxase e o Comarcal cae na casa-
-No Grupo IV gañan o Amarelle e Pirata, o Fisober cae goleado-

13ª Xornada da 2ª División Nacional Feminina de Fútbol Sala.  No Grupo I o Valdetires Ferrol FSF empata a cincos, (5-5), co Intersala Promises e alónxase da cabeza da táboa, sendo 3º a 4 puntos do lider Sala Zaragoza que gañaba ao Comarcal A Fervenza, (1-3), que lle facía fronte. No que se refire ao Grupo IV o Viaxes Amarelle, que fixo unha recollida de alimentos, na que participou o deportivista Juanfran, goleou ao Unión tres Cansos FS "A", (4-0), e O Pirata FS, tamén golea neste caso ante o FSF San Fernando, (6-1). Pola sua banda o Cidade de Pontevedra caía na casa ante o CDE Ciudad de Guadalajara, (2-3), e o representante da Costa da Morte o Fisober FSF, que o pasado venres nomeamos "Pirata de Honra da Costa", caía goleado ante o AD Alcorcón, (10-0). O clube da fisoberista recibeu o premio-recoñecemento en Muxía na gala que tivemos, premiando así a sua traxectoria inmaculada, de esforzo e entrega a un proxecto, que é o icono do futsal feminino na Costa da Morte e un dos máis grandes clubes da provincia e porque non, de Galicia, sempre coa humildade por bandeira. O clube tamén fixo entrega da recollida de alimentos que fixo para axudar a familia camellana de José Secundino, (D.E.P.), tristemente finado fai unhas semanas de maneira súpita...Segue coas crónicas se abres a nova o completo.

Tódalas novas do Fútbol Feminino quedan rexistradas no enlace direto da dereita da web.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 9ª Xda DA 1ª GALICIA FSF : "O FISOBER "B" SUMA A SEGUNDA VITORIA DO CURSO".
Martes, 12 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª GALICIA FSF
-9ª Xornada-

O Concello de Ponteceso caeu nun emocionante derbi ante o Troula.

-O Fisober "B" suma a segunda vitoria do campionato-

-O Troula aproveita o descanso do lider para acercarse-

9ª xornada da 1ª Galicia Feminina de Fútbol Sala, con vitoria do Troula Betanzos FSF na sua visita ao AD Vila de Pondal/Concello de Ponteceso, nun derbi das "nosas" no que puido gañar calquera e que con emoción ata o bocinazo final se levaron as betanceiras por 3-4, que se acercan a 3 puntos do Sport Sala Culleredo que esta semana descansaba. Pola sua banda o Fisober "B" derrotaba ao Cruces FSF por 3-1, sumando o segundo trunfo para as da Costa da Morte, neste ano de adaptación dun plantel xovencísimo. O AD Atletes, caía na sua visita o Melide FSF, pero plantando cara, (3-5), e o Amarelle Concello de Santa Comba, goleaba ao Meigas FC, (8-2), no debút das xalleiras no Pavillón Municipal da Fontenla despois das obras que se realizaron no recinto. O encontro antre o Instal. FS Pontedeume-Ulla Oil Vedra FSF era suspendido por mal estado da pista polas humidades da choiva. Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 12ª Xda DA 1ª DIVISIÓN AUTONÓMICA FEININA DE FUTSAL : "MALA XORNADA PARA AS NOSAS".
Martes, 12 Decembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª DIVISIÓN AUTONÓMICA FSF
-12ª Xornada-

O Viaxes Amarelle "B" sufreu unha dura derrota na Estrada.

-Mala xornada para as nosas-

-Derrotas do Villa de Cee, Amarelle "B" e Academia Red Blue-

12ª xornada da 1ª Autonómica Feminina de Fútbol Sala, con malos resultados das "nosas", como chamamos aos equipos que colaboran con nós. Tanto o FSF Villa de Cee, coma Viaxes Amarelle "B", coma Academia Red Blue 5 Coruña, perderon os seus encontros. O único equipo que se salvou da derrota foi o Comarcal a Fervenza "B" que lle tocaba descansar, nunha liga na que o Ourense Envialia "B", segue lider cun punto sobre o Leis Pontevedra/San Narciso. As ourensanas tiñan un complicado rival no derbi ourensán co Cidade das Burgas "B", que lles plantaba cara e que cedía por tan só 1-2. Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 10ª Xda DA 1ª DIVISIÓN AUTONÓMICA FEMININA FS : "SEGUNDA XORNADA SEGUIDA EN POSITIVO DO VILLA DE CEE".
Martes, 28 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª DIVISIÓN AUTONÓMICA FSF
-10ª Xornada-

O FSF Villa de Cee segunda semana consecutiva en positivo.

-Emoción a tope en 4 dos 6 encontros-

-O FSF Villa de Cee suma un novo punto-

10ª xornada da 1ª Autonómica Feminina de Fútbol Sala, na que o FSF Villa de Cee sumou un novo punto e acumula duas xornadas seguidas en positivo tras empatar co FSF Castro, (3-3), nunha xornada na que 4 dos 6 encontros tiveron emoción a tope ata o pitido final, pois se o FSF Villa de Cee empataba a 3, o que daba que puidera pasar de todo ata que sonase a bocina, o mesmo pasou no Poio "B" 3-4 Ourense Envialia "B", Academia Red Blue 2-3 Cidade das Burgas "B", ou o EDM Salceda 4-5 SD A Gaiola. Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 7ª Xda DA 1ª GALICIA DE FÚTBOL SALA FEMININO : "SPORT SALA E TROULA RIVAIS A BATIR".
Martes, 28 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª GALICIA FÚTBOL SALA FEMININO
-7ª Xornada-  
 
O Troula Betanzos é agora mesmo a alternativa o Sport Sala Culleredo.

-Xornada prolífica en goles con 47-
-Spor Sala Culleredo e Troula FSF rivais a batir-

7ª Xornada da 1ª Galicia de Fútbol Sala Feminino, e queda claro que Sport Sala Culleredo e Troula Betanzos FSF, son os que máis apuntan a loitar polo título. Por detrás vai o Amarelle Concello de Santa Comba que se garda regularidade pode entrar na pugna ao igual co Melide FSF, que a pesres de contar con 12 puntos coma Amarelle, Ponteceso, e FC Meigas, as melidenses teñen 2 encontros menos ca o resto a excepción das xalleiras que tamén teñen 2 menos e poderían ata coller o Troula se como decios mantivesen a regularidade ata igualarse o número de enfrontamentos. O que deu un paso atrás é o AD Vila de Pondal/Concello de Ponteceso FSF que caía ante o Amarelle por 8-3, e queda cos mesmos 12 puntos pero coo decimos con 2 xornadas máis xogadas.. Aquí tes as crónicas que nos envían os nosos colaboradores habituais e a que se poden unir calqueira dos equipos enviándonos a sua crónica a info@piratasdemuxia.es

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 6ª Xda 1ª GALICIA FEMININA : "OS 4 DE ARRIBA SOLVENTAN CON GOLEADAS OS SEUS ENCONTROS".
Mércoles, 22 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª GALICIA FÚTBOL SALA FEMININO
-6ª Xornada-  
 
O Concello de Ponteceso FSF golea no derbi o Fisober "B".

-Os 4 de arriban gañan goleando-
-Concello de Ponteceso golea o Fisober "B" no derbi da Costa-

6ª Xornada da 1ª Galicia de Fútbol Sala Feminino, e os de arriba non hai quen lle tosa, Sport Sala Culleredo, Troula Betanzos FSF, AD Vila de Pondal/Concello de Ponteceso e FC Meigas, goleaban aos seus rivais nesta xornada na que se marcaron 43 goles en 5 encontros. O equipo pontecesán facíao no derbi da Costa da Morte ante o Fisober FSF "B", (10-0). Pola sua banda o AD Atletes caía ante o Ulla Oil Vedra por 1-4. Especificar ante varios correos que recibimos durante o que vai de tempada e aos que xa lle contestamos diretamente, e ante o derradeiro de María del Carmen García, que nos pideu que puxéramos que non é por nosa parte para que os siareiros do equipo se enterasen de que por nós non era, que non poñemos as crónicas do AD Atletes, porque non nos mandan nada. Mandámoslle mensaxes por medio de amigos da zona de Esteiro e Muros, pero non recibimos resposta. A nosa web está aberta a todos aqueles clubes que queiran mandarnos a sua información, tanto da nosa zona de influenza como das zonas nos que somos menos seguidos. Aquí tes as crónicas que nos envían os nosos colaboradores habituais e a que se poden unir calqueira dos equipos enviándonos a sua crónica a info@piratasdemuxia.es

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 9ª Xda DA 1ª DIVISIÓN AUTONÓMICA DE FÚTBOL SALA FEMININO : "O VILLA DE CEE SORRÍ ANTE A SUA AFECCIÓN".
Martes, 21 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª DIVISIÓN AUTONÓMICA FSF
-9ª Xornada-

O FSF Villa de Cee acadou unha vitoria merecida fai tempo.

-O Villa de Cee cédelle o derradeiro posto o 5 Coruña-

-O Ourense segue a mandar na liga-

9ª xornada da 1ª Autonómica Feminina de Fútbol Sala, na que o FSF Villa de Cee cédelle o "pechacancelas"o Academia Red Blue 5 Coruña tras derrotar nun encontro moi traballado e sufrido ao A Estrada Futsal, 5º clasificado por 4-3. Primeira vitoria das ceenses e ademáis diante da sua afección amosando que sí se pode, non importa o rival. O Viaxes Amaelle "B", caía por 4-0 ante o Leis Pontevedra/San Narciso, namentras que o Ortegal Oil/A Fervenza, caía por goleada ante o Bembrive, (6-0). Nótase moito tanto nas ceenses como nas coruñesas e nas naronesas a gran xuventude do seu plantel a hora de afrontar os encontros contra equipos feitos para buscar o ascenso. O Academia Red Blue 5 Coruña, descansou esta semana. Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 9ª Xda 2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA FS GRUPOS 1º E 4º :
Martes, 21 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA FS G1 e G4
-9ª Xornada-  
 
O Cidade de Pontevedra derrota o Fisober no derbi galego do Grupo 4.

-No Grupo I o Vadetires perde e o Comarcal golea-
-No Grupo IV o Amarelle lider, Fisober perde no derbi e O Pirata gaña-

9ª Xornada da 2ª División Nacional Feminina de Fútbol Sala.  No Grupo I coa súa goleada por 15-3 ante o Calceatense o Sala Zaragoza conserva o primeiro posto con cinco puntos de vantaxe sobre o trío de perseguidores, Bilbo, Txantrea e Rioxa que onte vencía ao Eruogan Rede Stars, Flavióbriga e Valdetires Ferrol respectivamente. O Lacturale superaba por 6-2 ao Ribamontán e suma 16 puntos, os mesmos que Ordizia que vencía pola mínima ao San Viator 78 maño. O Comarcal A Fervenza superaba ao Rodiles por 6-0 e colócase en oitava posición, cos mesmos puntos que o Intersala Promises que vencía ao Stilo a domicilio por 1-3. No que se refire ao Grupo IV o Viaxes Amarelle convértese en novo líder tras superar por 2-0 ao Unami, tras a derrota esta mañá do Atlético Navalcarnero B ante o Alcorcón B por 6-0. Oleiras e branquivermellas quedan igualadas a 21 puntos, a un do líder, o mesmo que o San Fernando que superaba esta mañá a domicilio á Universidade de Valladolid por 4-1. Colmenarejo e o O Fisgón Futsal cos seus respectivos triunfos ante Unión Tres Cantos e Mora quedan empatados a 17 puntos na loita na zona media da táboa, mentres o Chiloeches superaba ao ADAE Simancas a domicilio co que queda empatado a quince puntos. Completou a xornada a goleada do Cidade de Pontevedra ante o Fisober da Costa da Morte e a vitoria a domicilio do Majadahonda B a sobre o Escuela Ciudad de Guadalajara...Segue coas crónicas se abres a nova o completo.

Tódalas novas do Fútbol Feminino quedan rexistradas no enlace direto da dereita da web.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 8ª Xda DA 2ª DIVISIÓN NACIONAL DE FÚTBOL SALA FEMININO GRUPOS 1 e 4 : "BOA XORNADA PARA OS EQUIPOS GALEGOS".
Mércoles, 15 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA FS G1 e G4
-8ª Xornada-  
 
O Viaxes Amarelle derrota o Cidade de Pontevedra no derbi galego con autoridade.

-No Grupo I o Vadetires gaña e o Comarcal empata-
-No Grupo IV o Amarelle golea no derbi, Fisober empata e Fisgon gaña-

8ª Xornada da 2ª División Nacional Feminina de Fútbol Sala.  No Grupo I o Sala Zaragoza mantense á fronte do  coa súa vitoria a domicilio ante o Ribamontán al Mar pola mínima, seguido polo Valdetires Ferrol que goleaba por 6-2 ao Flavióbriga. O Rioxa superaba onte por 6-7 ao Intersala Promises e alcanza os 17 puntos, os mesmos que o Bilbo que vencía ao Rodiles por 3-2, e que a UDC Txantrea que superaba na súa cancha ao Lacturale Gurpea Orvina por 4-2. O Calceatense estreou a súa marcadora de vitorias ante o Eurogan Rede Stars, o San Viator superaba na súa cancha ao Stilo por 2-1 e Ordizia eo Comarcal A Fervenza empataban a catro en feudo guipuscoano, (4-4). Terceira vez que empata a catros o equipo naronés nesta tempada. No que se refire ao Grupo IV o Atlético Navalcarnero B mantén o liderado coa súa vitoria por 3-1 ante o Colmenarejo e amplía a dous puntos a súa renda sobre o segundo clasificado, o Viaxes Amarelle que goleaba por 6-0 ao Cidade de Pontevedra, no derbi galego, supera na táboa ao AD Alcorcón B que empataba a un a domicilio ante o Moura, (1-1), para poñerse na segunda praza as herculinas. As oleiras contan con18 puntos, os mesmos que o San Fernando que empataba tamén ante o Fisober FSF da Costa da Morte, (1-1). O ADAE Simancas consolídase na quinta laza despois de vencer a domicilio ao Unami segoviano alcanzando os quince puntos, un máis que o O Fisgón Futsal que superaba ao Chiloeches por 1-2. Nos encontros dominicais o Unión tres Cantos goleaba por 5-1 ao Escuela Ciudad de Guadalajara e o Majadahonda B superaba por 3-0 ao Universidad de Valladolid...Segue coas crónicas se abres a nova o completo.

Tódalas novas do Fútbol Feminino quedan rexistradas no enlace direto da dereita da web.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS E MÁIS DA 8ª Xda DA 1ª DIVISIÓN AUTONÓMICA DE FÚTBOL SALA FEMININO.
Mércoles, 15 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª DIVISIÓN AUTONÓMICA FSF
-8ª Xornada-

O filial do Viaxes Amarelle caeu no derbi "Norte-Sur"ante o Bembrive.

-O Comarcal derrota no derbi ao Villa de Cee por 6-2-

-O Ourense convértese en lider co descanso do Leis Pontevedra-

8ª xornada da 1ª Autonómica Feminina de Fútbol Sala, na que o Leis Pontevedra/San Narciso perdía a condición de lider en pós do Ourense se Envialia "B" , que derrotaba por 4-2 ao FSF Castro. No derbi das "nosas" o Ortegal Oil A Fervenza "B", filial do Comarcal A Fervenza, derrotaba por 6-2 ao FSF Villa de Cee e o Viaxes Amarelle "B" caía por un axustado 3-4 ante o Bembrive, no duelo de rivalidade Coruña-Vigo. Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 5ª Xda DA 1ª GALICIA DE FÚTBOL SALA FEMININO : "O SPORT SALA CULLEREDO AFIÁNZASE NA CABEZA DA TÁBOA".
Martes, 14 Novembro, 2017 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª GALICIA FÚTBOL SALA FEMININO
-5ª Xornada-  
 
Inesperada derrota do Concello de Ponteceso FSF.

-O Sport Sala Culleredo segue forte arriba-
-O Concello de Ponteceso FSF descólgase cunha nova derrota-

5ª Xornada da 1ª Galicia de Fútbol Sala Feminino, e parece que o Sport Sala Culleredo vaise fortalecendo na primeira praza, xa que tras derrotar ao segundo, Troula Betanzos FSF na anterior xornada, desta volta e tras derrotar a un rival direto como o Meigas FC, cun contundente 7-0, vía como o AD Vila de Pondal/Concello de Ponteceso FSF, caía ante o Melide FSF, (5-3). As pontecesanas xa perderan coas cullerdenses fai duas semanas por un axustado 1-0, pero non se esperaba esta derrota, que as alonxa a 6 puntos das de Culleredo. Non fallou o Troula Betanzos CF que afianza a segunda praza, tras derrotar ao TCA Instalaciones FS Pontedeume, (3-9), e a goleada da xornada acadábaa o Amarelle Concello de Santa Comba na sua visita ao novel, Fisober "B", cun contundente 3-15. Por outra banda o Ulla Oil Vedra sumaba a sua primeira vitoria da tempada tras derrotar ao Cruces FSF por 2-0. Seguen sen puntuar polo tanto o Cruces FSF e o Isntal FS Pontedeume. Aquí tes a crónicas que nos envían os nosos colaboradores habituais e a que se poden unir calqueira dos equipos enviándonos a sua crónica a info@piratasdemuxia.es

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 

<   12345    

Theme creado por dev-postnuke.com