Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Fútbol Sala Femenino

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345   >

MAÑÁN DOMINGO 1 DE ABRIL O ERROR! FERROL A FERVENZA DISPUTARÁ A "I MINI COPA GALICIA FSF".
Sábado, 31 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
I MINI COPA GALICIA FSF

Error! Ferrol a Fervenza quedou 3º na Liga Galega Infantil.

-O Error! Ferrol A Fervenza disputará a I Mini Copa Galicia infantil-

A xogadoras rosas poderán disfrutar da gran festa do fútbol sala femenino galego

Este fin de semana tendrá lugar la fase final de la XII Copa Galicia de fútbol sala femenino, en el Pabellón Polideportivo de A Raña (Marín), donde el Comarcal A Fervenza tendrá protagonismo, en concreto en la I Mini Copa Galicia que jugarán las infantiles del Error! Ferrol A Fervenza ante el Poio Pescamar, el domingo, a partir de las 16:30 horas.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O VIAXES AMARELLE VENCE NO ENCONTRO QUE FORA SUSPENDIDO DA 17ª Xda CON 4 GOLES DA MUXIANA PATRI ROMANÍ.
Venres, 30 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA FS G4
-Suspendido da 17ª Xornada-

A muxiana Patri Romaní, (2ª der.), foi a estrela do encontro.

-Grupo IV :  O Viaxes Amarelle gaña a domicilio ao Valladolíd
con 4 goles da muxiana Patri Romaní-


Encontro suspendido na 17ª xornada no Grupo IV, que enfrontou ao Universidad de Valladolid FSF co  Viaxes Amarelle FSF e no que gañaron as herculinas por 3-4, cun papel máis ca destacado da muxiana Patri Romaní que facía os 4 goles das "viaxeiras". Este resultado fai que as coruñesas suban un chanzo na clasifiación, colocándose na 3ª posición do podio da liga. Aquí tes a crónica que nos sirve o noso colaborador José luis Núñez como en cada encontro do clube xalleiro-herculino, en tódalas suas categorías.

Segue ca crónica do encontro...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS DOS EQUIPOS GALEGOS DA 2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA DE FUTSAL GRUPOS 1º E 4º NA 22ª XORNADA.
Mércoles, 28 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA FS G1 e G4
-22ª Xornada-

O Comarcal caeu ante o Bilbo cun resultado enganoso.

-No Grupo I : "Vitoria do Valdetirres e derrota do Comarcal a Fervenza"-
-No Grupo IV :  O Viaxes Amarelle afianza a cuarta praza-
-Mala derrota do Fisober nas aspiracións de salvación-


No Grupo IV o Viaxes Amarelle FSF fai bo o empate da pasada semana no derbi ante o Fisgón, (2-2), e acada unha importante vitoria sobre o ADE Simancas/Codesu, (1-0), de cara a afianzar a cuarta praza e aspirara a máis. As heculinas, tiveron no día de onte unha xornada de portas abertas, para nenas de 7 a 14 anos e xogarán no día de hoxe mércores o encontro aprazado polo temporal na 17ª xornada. As "viaxeiras" enfrontaranse ao Universidad de Valladolid, a partires das 20:00 horas no Pavillón Universitario Fuente de la Mora vallisoletano. Pola sua banda o Fisober FSF tiña un encontro moi importante de cara a salvación, ante un rival direto coma o Majadahonda FS, pero as cousas non se deron ben e foron as madrileñas as que se levaron 3 puntos, que deixan tocado o clube enseña da Costa da Morte, que estes días está co seu campus de Semana Santa.

No Grupo I o Comarcal a Fervenza FSF caía derrotado por un avultado e enganoso 7-1 ante o Bilbo FSF, nun encontro no que as naronesas plantaron cara a un complicado rival e non merceron este resultado. Pola sua banda e o seu veciño o Valdetires Ferrol FSF deixaba a trás a dura derrota ante o lider, resarcíndose cunha vitoria moi sufrida e traballada ante o Orvina Lacturale Gurpea, (5-4), 6º clasificado.

Segue cas crónicas dos encontros do sábado...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
MAÑÁN EN MARÍN DISPÚTASE O CAMPIONATO COMARCAL GALEGO DE FSF CO DEBÚT DA SELECCIÓN DA COSTA INFANTIL.
Martes, 27 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
CAMPIONATO COMARCAL GALEGO FSF

A Selección Infantil Feminina da Costa da Morte debutará na competición.

- "Campionato Galego de Seleccións Infantil e Cadete FSF-
 -Debút da Selección Infantil da Costa de Futsal-
-Mañán en Marín-


Os polideportivos de San Narciso e A Raña de Marín acollerán mañán mércores 28 de Marzal o Campionato Galego de Seleccións Comarcais Femininas das categorías cadete e infantil. Histórico debút da Selección da Costa Infantil, que enmarcada no Grupos "A" coas seleccións da Coruña, Pontevedra e Vigo, debutará ante ás coruñesas no Pavillón da Raña a partires das 10:40 horas. En verbas da RFGF este campionato : "Será una xornada de moito fútbol sala pero tamén de convivencia, con máis de 200 xogadoras representando ás seleccións das sete delegacións da Real Federación Galega de Fútbol máis a subdelegación da Costa da Morte. En xogo está o título de campión galego de cada unha das categorías, pero máis aló do apartado meramente deportivo, a RFGF busca con estas competicións promover os valores de compañeirismo, respeto, xogo en equipo... que emanan do deporte". Abre a nova completa para ver os calendarios da xornada e moito máis.

Segue co calendario...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS 20ª Xda DA 1ª GALICIA DE FUTSAL FEMININO : "O AMARELLE CONSELLO DE SANTA COMBA ASEGURA A 2ª PRAZA".
Mércoles, 21 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª GALICIA FSF
-20ª Xornada-

O Concello de Ponteceso gañou na difícil cancha do Troula.

-O Amarelle Santa Comba asegura a segunda praza-

-O Troula cae no derbi ante o Ponteceso-

20ª xornada da 1ª Galicia Feminina de Fútbol Sala, na  o Amarelle Concello de Santa Comba, asegurou a segunda praza o derrotar ao FC Meigas, (1-4), e aproveitando que o Troula Betanzos FSF cáia no derbi das "nosas" ante o AD Vila de Pondal/Concello de Ponteceso FSF, (4-5), resarcíanse así as pontecesanas da derrota a pasada semana ante o Amarelle, que se producira da mesma maneira, nun encontro moi disputado e con emoción e incerteza no marcador ata o pitido final. Desta volta a parte amarga tocoulle as brigantinas. Pola sua banda o Fisober "B" non xoga a ta pasado mañán venres o encontro dista xornada que as enfrontará ao Cruces FSF a partires das 22:00 horas no Pavillón Municipal de Vila Cruces. Quedan un par de xornadas, máis algún encontro aprazado, pero todo apunta a que o Sport Sala Culleredo vaise a facer co título, habida conta de que depende de sí mesmo e quédanlle rivais ante os que non debe fallar. Pola sua banda o Amarelle Concello de Santa Comba debe gañar e esperar o fallo das cullerdenses. Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 21ª Xda DA 1ª AUTONÓMICA DE FÚTBOL SALA : "IMPORTANTE VITORIA DO VILLA DE CEE E DERROTAS DE AMARELLE "B" E 5 CORUÑA".
Mércoles, 21 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª DIVISIÓN AUTONOMICA FSF
-21ª Xornada-

Importante trunfo do FSF Villa de Cee de cara a permanenza.

-Paso importante do FSF Villa de Cee de cara a salvación-

-Derrotas do 5 Coruña e o Amarelle "B"-

21ª xornada da 1ª División Autonómica Feminina de Fútbol Sala, na que no derbi das "nosas", FSF Villa de Cee/Hotel O Semáforo-Ortegal Oil A Fervenza, rematou con vitoria das ceenses por 5-3. Un trunfo que supón un bo paso das da Vila da Xunqueira no camiño hacia a salvación da categoría. No que se refire aos outros encontrois con participación de equipos colaboradores da nosa web, o filial do Viaxes Amarelle, tiña un complicado compromiso ante o 3º clasificado o Bembrive FS. As herculinas plantaron cara e acabaron cedendo por un axustado 4-2. Non foi así para o outro equipo coruñés o Academia Red Blue 5 Coruña que caía goleado ante o Poio Pescamar "B", (0-5).  Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DA 2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA DE FUTSAL GRUPOS 1º E 4º : "NO 1º VITORIA DO COMARCAL E NO 4º EMPATE NO DERBI GALEGO E DUAS DERROTAS".
Martes, 20 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA FS G1 e G4
-21ª Xornada-

O Viaxes Amarelle, (laranxa) empatou no derbi galego.

-No Grupo I : "Derrota do Valdetirres e vitoria do Comarcal a Fervenza"-
-No Grupo IV :  Viaxes Amarelle e Fisgón empatan no derbi galego-
-Derrotas do Fisober e o Cidade de Pontevedra-


No Grupo IV o Viaxes Amarelle FSF cortou a xeira de resultados negativos cun empate no derbi galego ante o O Fisgón Futsal, (2-2), namentras que o Fisober FSF daba un paso atrás na loita pola permanenza ao caer derrotado no Conco, (Dumbría), polo Unión Tres Cantos FS "A", (1-2). Como alivio para as rapazas da Costa da Morte, os seus rivais pola permanenza o Cidade de Pontevedra e o Majadahonda tamén caían derrotados así coma o colista Ciudad de Guadalajara, 1 punto por debaixo das costeiras.

No Grupo I o Comarcal a Fervenza FSF voltaba a senda do trunfo cunha vitoria moi importante de cara a salvación da categoría, pois derrotaba a un rival direto como é o Stilo Kirol Kluba, (3-2) e o seu veciño o Valdetire Ferrol FSF cuarto clasificado na liga caía goleado na sua visita ao lider AD Sala Zaragoza, (8-3).

Segue cas crónicas dos encontros do sábado...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CONVOCATORIA PARA O 3º ADESTRAMENTO DA SELECCIÓN INFANTIL DA COSTA DE FÚTBOL SALA FEMININO.
Xoves, 15 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
SELECCIÓN INFANTIL FEMININA DA COSTA FS
-Adestramento-

15 das integrantes da Selección Infantil da Costa da Morte.

-3ª Convocatoria da Selección Infantil Feminina da Costa de Futsal-
-Adestramento mañán en Dumbría-

Terceiro adestramento da Selección Infantil Feminina da Costa de Fútbol Sala nas instalacións do Conco en Dumbría, (mañán venres ás 16:30 horas), de cara a prepararión do Campionato Galego Comarcal Infantil FS, que se desenrolará o vindeiro 28 de Marzal en Marín...Segue ca convocatoria.

Segue ca lista de convocadas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O FISOBER FSF PON EN MARCHA CO PRAZO DE INSCRIPCIÓNS O "4º CAMPUS FISOBER DE FUTSAL BASE SEMANA SANTA".
Mércoles, 14 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
FÚTBOL SALA BASE MIXTO


-"4º Campus de Semana Santa do Fisober FSF"-
-Os días 26, 27 e 28 de Marzal-

Segundo nos informan dende o Fisober FSF, "Pirata de Honra da Costa 2016/17", pola sua labor no eido do futsal feminino, sendo a icona deste deporte na Costa da Morte e un dos máis sobranceiros de Galicia, pon en marcha o seu "IV Campus Fisober de Semana Santa, que se celebrara os días 26, 27 e 28 de Marzal nas Instalacións Deportivas de O Conco, (Dumbría), para nenas e nenos de entre 5 e 14 anos  en horario de 10:00 a 13:30 horas.
Psicomotricidade, iniciación, perfeccionamento, xogos lúdicos, regras de fútbol sala, condición física e moitas outras actividades divertidas levaranse a cabo nas instalacións dumbriesas, nesas datas. O campus será dirixido en todo intre por monitories titulados. Os teléfonos de contacto para pedir información ou para anotarse son os de Ana : 678.321.584 e Dani : 627.366.349...Pòr outra banda o Fisober FSF ten nestes intres ata 9 rapazas ca Selección da Costa Infantil, que disputará o 28 de Marzal o Campionato Comarcal Galego da categoría...(Abre a nova o completo)...

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 1ª AUTONÓMICA FSF, (20ª Xda) . "EMPATE NO DERBI ANTRE O AMARELLE "B" E O VILLA DE CEE".
Martes, 13 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª DIVISIÓN AUTONOMICA FSF
-20ª Xornada-

Andrea Romero fixo o segundo do FSF Villa de Cee.

-Empate no derbi antre o Amarelle "B" e Villa de Cee, (2-2)-

-Derrotas do 5 Coruña e o Comarcal-

-Ourense Envialia "B" novo lider-

20ª xornada da 1ª División Autonómica Feminina de Fútbol Sala, na que no derbi das "nosas", Viaxes Amarelle "B" e FSF Villa de Cee/Hotel O Semáforo empataban a dous, (2-2), nun encontro no que as ceenses se puxeron 0-2 e acabaron cedendo un empate. Un puntiño máis para as ceenses que se van afastando dos postos de descenso. Nos outros encontros con equipos que colaboran ca nosa web cas crónicas o Academia Red Blue 5 Coruña caía goleado na sua visita ao EDM Salceda, (8-2), e as naronesas do Comarcal a Fervenza "B" caían na sua cancha ante o SD A Gaiola, (1-4). Houbo empate no encontro da xornada, no que se enfrontaban o lider, Leis Pontevedra/San Narciso e o Bembrive FSF, (3-3), terceiro clasificado. Esto fixo que o Ourense Envialia "B",  trala sua vitoria A Estrada Futsal, (1-2), sexa o novo lider por golaveraxe cos mesmo 50 puntos das do Leis Pontevedra . Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O FISOBER NON FOI QUEN DE PARAR A CAPACIDADE GOLEADORA DO ATLÉTICO "B".
Luns, 12 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA FS G1 e G4
-20ª Xornada-

O Fisober non foi quen de parar a capacidade goleadora do Atlético.

-Abultada derrota do Fisober na casa do Atlético 2º clasificado-

No Grupo IV tralas crónicas que vos trouxemos onte nesta semana atípica polas suspensións do fútbol afeccionado por mor da "Cicloxénese Félix", dos encontros do sábado do Viaxes Amarelle FSF que sufría nas mans do AD Alcorcón a primeira derrota da tempada como local, (0-2), e a segunda consecutiva deste 2018, hoxe traémosvos a crónica do encontros do Fisober FSF da man do noso colabroador e xefe de rprensa do equipo Luis Sambad. Tiña unha saida moi complicada o equipo da Costa da Morte a cancha do segundo clasificado o Atlético Navalcarnero "B", que loita polo título, e as cousas así se deron, cunha abultada derrota por 9-0 ante como decimos, un equipo doutra liga. Os outros 2 equipos galegos quye xogaban os seus encontros como visitantes na mañán do Domingo, O Fisgón/O Pirata e o Cidade de Pontevedra, tamén perdían, e polo mesmo resultado de 5-1 nas canchas do Simancas e Majadahonda respectivamente.

No Grupo I tamén tedes en portada dende onte a crónica do encontro do Comarcal a Fervenza FSF que caía por un axustado 5-4 ante o Calcetaense, namentras que o seu veciño o Valdetire Ferrol FSF cuarto clasificado na liga derrotaba ao Eurogan Red Star, rival do Comarcal na loita pola permanenza, por 7-2.

Ás crónicas dos encontros do sábado tédelas na portada da web ou no enlace direto de Fútbol Sala Feminino.

Segue ca crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS SABATINOS DOS EQUIPOS GALEGOS DA 2ª DIVISIÓN NACIONAL DE FUTSAL GRUPOS 1º E 4º:
Domingo, 11 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA FS G1 e G4
-20ª Xornada-

A muxiana Patri, disputando un balón cunha xogadora do Alcorcón.

-No Grupo I : "Vitoria do Valdetirres e derrota do Comarcal a Fervenza"-
-No Grupo IV : Segunda derrota consecutiva do ano no Viaxes Amarelle-

No Grupo IV o Viaxes Amarelle FSF sufría nas mans do AD Alcorcón a primeira derrota da tempada como local, (0-2), e a segunda consecutiva deste 2018, xa que a semana pasasa tamén caía derrotado. O resto de equipos galegos, o Fisober FSF, O Pirata/O Fisgón, e o Cidade de Pontevedra FSF, xogan todos eles na mañán de hoxe.

No Grupo I o Comarcal a Fervenza FSF caía por un axustado 5-4 ante o Calcetaense, namentras que o seu veciño o Valdetire Ferrol FSF cuarto clasificado na liga derrotaba ao Eurogan Red Star, rival do Comarcal na loita pola permanenza, por 7-2.

Segue cas crónicas dos encontros do sábado...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CONVOCATORIA PARA O SEGUNDO ADESTRAMENTO DA SELECCIÓN INFANTIL DA COSTA DE FUTSAL :
Xoves, 08 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
SELECCIÓN INFANTIL FEMININA DA COSTA FS
-Adestramento-

A Selección Infantil da Costa no primeiro adestramento no Conco.

-2ª Convocatoria da Selección Infantil Feminina da Costa de Futsal-
-Adestramento mañán en Dumbría-

O adestrador da Selección Infantil Feminina da Costa de Fútbol Sala, Fran "Pioto", xunto cos seus axudantes, Ana Mouzo e David Castro, fannos chegar a convocatoria de 17 nenas, para un adestramento mañán venres 9 de Febreiro a partires das 16:30 horas, (hora de presentación), nas instalacións do Conco en Dumbría. Esta é a segunda experienza das rapazas dos 7 equipos que representan a Costa da Morte, de cara a prepararión do Campionato Galego Comarcal Infantil FS, que se desenrolará o vindeiro 28 de Marzal en Marín. Ata a convocatoria final a idea segundo nos comentaba o adestrador Fran "Pioto" e a de : "Ter un adestramento cada venres para que as rapazas vaian acostumándose a xogar xuntas e preparar os enncontros". Segue ca convocatoria.

Segue ca lista de convocadas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DOS EQUIPOS GALEGOS NA 19ª Xda DA 2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA FS GRUPOS 1º e 4º :
Martes, 06 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA FS G1 e G4
-19ª Xornada-

Carla celebrando o gol do empate do Fisober.


-No Grupo I : "Empate de Valdetirres e do Comarcal a Fervenza"-
-No Grupo IV :  Importante empate do Fisober-
-Primeira derrota do ano do Viaxes Amarelle-

O Alcorcón mantense á fronte do Grupo IV coa súa vitoria por 7-1 ante o Simancas e conserva dous puntos sobre o Colmenarejo que vencía ao Viaxes Amarelle, (3-0), sendo a primeira derrota neste 2018 das herculinas. O Fisgón Futsal levábase o derbi galego ante o Cidade de Pontevedra, por un contundente 0-4 e empolícase na cuarta praza con 39 puntos, dous máis que o At. Navalcarnero B que non pasaba do empate a dous ante o San Fernando, (2-2). O Fisober abandona o "faroliño vermello" tras empatar ante o Mora, (1-1), cun gol de Carla aos 27 minutos cando perdían por 0-1, (ver imaxe), en detrimento do CDE Ciudad de Guadalajara que caía ante o Unami por 1-2. O Chiloeches vencía a domicilio á Universidade de Valladolid, mentres o Unión Tres Cantos facía o propio no derbi madrileño ante o Majadahonda B.

No Grupo I o Comarcal a Fervenza FSF conseguía sumar 1 punto ante o Rioja FSF, 7º na táboa, (1-1), namentras que o seu veciño, e que é o outro equipo galego deste grupo, tamén igualaba, neste caso co Rodiles FSF, (3-3), un resultado inesperado e que fai que as ferrolás se alonxen da loita pola segunda praza.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 19ª Xda DA 1ª AUTONÓMICA FSF : "PLENO DE DERROTAS NAS NOSAS CO VILLA DE CEE PLANTÁNDOLLE CARA O LIDER".
Martes, 06 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª DIVISIÓN AUTONOMICA FSF
-19ª Xornada-

O equipo ceense mereceu máis ante o lider.

-Mala xornada para as "nosas"-

-O FSF Villa de Cee plántalle cara o lider-

-Derrotas de Academia, Amarelle e Comarcal-

19ª xornada da 1ª División Autonómica Feminina de Fútbol Sala, e ningún dos 3 equipos que levamos cada tempada foi quen de sacar nada en limpo. O FSF Villa de Cee tiña un difícil baixío que superar e plantou cara e non foi ata os instantes finais cando o lider Leis Pontevedra/San Narciso se levou un encontro que sen ser destestado podería ter acabado en igualada, pero notouse a diferenza física no treito final e decantouse o choque de cara as pontevedresas. Pola sua banda o Viaxes Amarelle "B" sucumbía na sua visita ao SD Gaiola, (5-1), e o Comarcal a Fervenza "B" caía ante o Ourense Envialia "B", segundo na liga, por un contundente 9-1. O Academia Red Blue 5 Coruña a piques estaba de sacar algo positivo ante o FSF Castro, (1-2), no choque máis igualado en canto a posición na táboa, nunha xornada na que todo foron derrotas para as "nosas". Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 18ª Xda DA 1ª GALICIA FEMININA DE FÚTBOL SALA FEMININO : "O AMARELLE SANTA COMBA CONSOLIDA A 2ª PRAZA".
Martes, 06 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª GALICIA FSF
-18ª Xornada-

O Amarelle Concello de Santa Comba consolidou a segunda praza.

-O Amarelle Santa Comba consolida a segunda praza-

-O Troula ó asexo por este posto-

18ª xornada da 1ª Galicia Feminina de Fútbol Sala, na  o Amarelle Concello de Santa Comba, consolidou a segunda praza o derrotar ao AD Vila de Pondal/Concello de Ponteceso FSF, (3-4), que podía poñerse nesta loita. O Troula Betanzos non fallou ante o Fisober "B", (4-1), e segue na procura de que erre o equipo xalleiro, para asaltar a segunda praza que da pé a loitar polo ascenso. Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
LISTA DE CONVOCADAS PARA UN ADESTRAMENTO MAÑÁN VENRES DA SELECCIÓN INFANTIL FEMININA DA COSTA DE FUTSAL.
Xoves, 01 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
SELECCIÓN INFANTIL FEMININA DA COSTA FS
-Adestramento-

O Fisober FSF é o equipo que máis rapazas surte a selección.

-Convocatoria da Selección Infantil Feminina da Costa de Futsal-
-Adestramento mañán en Dumbría-

O adestrador da Selección Infantil Feminina da Costa de Fútbol Sala, Fran "Pioto", xunto cos seus axudantes, Ana Mouzo e David Castro, fannos chegar a convocatoria de 18 nenas, para un adestramento mañán venres 2 de Febreiro a partires das 16:30 horas nas instalacións do Conco en Dumbría. Esta primeira experienza das rapazas dos 7 equipos que representan, disfrutarán dun adestramento de cara a prepararión do Campionato Galego Comarcal Infantil FS, que se desenrolará o vindeiro 28 de Marzal en Marín. A idea segundo nos comenta Fran "Pioto" é de : "ter un adestramento cada venres ata chegar o campionato". Segue ca convocatoria.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.





 
CRÓNICAS 17ª Xda DA 1ª GALICIA FEMININA FS : "O CONCELLO DE PONTECESO GAÑA NO DERBI DA COSTA E ACÉRCASE A PRAZAS DE PODIO".
Martes, 27 Febreiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª GALICIA FSF
-17ª Xornada-

O Ponteceso acércase a prazas de podio tras gañar o derbi costeiro.

-Vitoria do Ponteceso no "derbi da Costa" ante o Fisober B-

-O Santa Comba gaña nun encontro aprazado-

17ª xornada da 1ª Galicia Feminina de Fútbol Sala, na  o Fisober "B" tiña de novo derbi. Se a pasada semana fora ante o Amarelle Concello de Santa Comba, desta volta era o veciño AD Vila de Pondal/Concello de Ponteceso FSF. O derbi era para as pontecesanas que gañaban por 1-6, e apúntanse a loita pola segunda praza, que consolidou o Amarelle Concello de Santa Comba, ao que lle tocaba descanso pero chegou a un acordo co Melide FSF para xogar o encontro que tiñan aprazado da 4ª xornada. Gañaron as xalleira por 7-3, e consolidan a segunda praza con 39 puntos, pero deben visitar para semana as pontecesanas, que de ser quen de sumar os 3 puntos apretarían a loita pola segunda praza. No resto de encontros da 17ª xornada o Troula FSF caía en Melide, (6-4), o que deixa a loita polo podio da liga máis apretado e o lider Sport Sala Culleredo derrotaba ao Cruces FSF, cunha goleada, (13-1), cousa que tamén facía o Meigas FC co Instal FS Pontedeume, (1-9). Pola sua banda o Ulla Oil Pontevedra goleaba ao AD Atletes, (6-2). Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 16ª Xda DA 1ª GALICIA FEMININA FS : "O AMARELLE CONCELLO DE SANTA COMBA LÉVASE O DERBI ANTE O FISOBER "B".
Xoves, 22 Febreiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª GALICIA FSF
-16ª Xornada-

O Fisober B plantou cara o Amarelle Concello de Santa Comba.

-Vitorias de Santa Comba, Troula, Ponteceso, Ulla e Culleredo-

-O Santa Comba derrotou o Fisober B no derbi-

16ª xornada da 1ª Galicia Feminina de Fútbol Sala, na que o Amarelle Concello de Santa Comba derrotaba ao Fisober "B" no derbi da Costa da Morte, (6-1), o mesmo resultado, pero como visitante que acadaba o lider Sport Sala Culleredo ante o FC Meigas, descontando unha semana menos para cantar o "alirón". O AD Vila de Pondal/Concello de Ponteceso FSF derrotaba con solvencia ao Melide FSF, namentras que o Troula Betanzos FSF facía a goleada da xornada ante o TCA Inst FS Pontedeume, (15-0). Pola sua banda o Ulla Oil Vedra tiña que suar para derrotar ao colista Cruces FSF que lles facía fronte e caía tan só por 0-1. Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
1ª DIVISIÓN AUTONÓMICA FEMININA FS, (18ª Xda) : MALA XORNADA DAS "NOSAS".
Xoves, 22 Febreiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª DIVISIÓN AUTONOMICA FSF
-18ª Xornada-

O Viaxes Amarelle "B" perdeu no duelo de filiais.

-Mala xornada para as "nosas"-

-Derrotas de Villa de Cee, Amarelle e 5 Coruña-

-Vitoria do Comarcal-

18ª xornada da 1ª División Autonómica Feminina de Fútbol Sala, e tan só o Comarcal a Fervenza "B" foi quen de acadar a vitoria derrotando ao Cidade das Burgas "B" o que beneficia ao FSF Villa de Cee O Semáforo, que caía ante o terceiro o Bembrive, (7-4), e tan só dos que loitan pola permanenza o Castro FSF acadaba a vitoria. O colista Academia Red Blue 5 Coruña sumaba a sua 13ª derrota da tempada ante o A Estrada Futsal, cuarto clasificado, (6-2), e o Viaxes Amarelle FSF "B" levaba n duro corretivo do Ourense Envialia "B", (0-10), no duelo de filiais. Non lles sentou ben o Antroino os "nosos" equipos. Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 

<   12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com