Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Fútbol Sala Femenino

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345   >

O VIAXES AMARELLE FSF ESTARÁ NO "PLAY-OFF" DE ASCENSO A 1ª DIVISIÓN FSF E TERÁ COMO RIVAL O ALMAGRO FSF.
Martes, 29 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino

PLAY OFF DE ASCENSO A 1ª FEMININA FS


O Viaxes Amarelle comeza a loita polo ascenso o día 9 de Xuño.

-O Viaxes Amarelle FSF enfrontarse ao Almagro FS-

-Reinou a cordura e as heculinas pasaron como segundas-

Reinou a cordura eo Viaxes Amarelle FSF xogará os "Play-Off" de ascenso a 1ª División Nacional Feminina de Fútbol Sala como segundas de grupo. O equipo "herculino-xalleiro", xa antes de saber en que posto quedaba reclamou a federación que se o Alcorcón SAD non podía acceder o asecnso o ter xa equipo na máxima categoría do futsal feminino, fose o segundo como primeiro e o terceiro, (na práctica 2º), se tiña mellor coeficiente cos outros segundos, fose como segundo. Así se deu. O Amarelle, quedou terceiro empatado a puntos co segndo da sua liga o Colmenarejo, e as coruñesas, tiñan mellor coeficiente ca os outros segundos e a liga dictaminou tal e como se solicitaba, pois era "ex equo", o que marca a lei deportiva. Esta mesma tarde fíxose o sorteo e as rapazas de Pili Costa xogarán o vindeiro 9 de Xuño a partires das 18:00 horas no Pavillón A Sagrada Familia da Coruña,o encontro de ida deste "Pla-Off" recibindo ao Almagro FSF, campi-on do Grupo 3º. A volta o 16 ou 17 de Xuño en Ciudad Real.

O noso maior desexo de sorte e que o vindeiro ano vexamos de novo ao Viaxes Amarelle FSF na élite do futsal español.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
O FISOBER DÍ ADEUS A 2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA G4 CUNHA HOMENAXE AO EQUIPO INFANTIL.
Martes, 29 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino

2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA FS G4


As nenas do Infantil do Fisober tiveron unha merecida homenaxe.


-O Fisober despideuse da categoría no seu feudo-

-Pasillo de campionas para o Fisober Infantil-

O Fisober FSF equipo ensela do fútbol sala feminino na Costa da Morte, así como o máis laureado, motivos polos que o pasado ano lle concedemos o "Pirata de Honra da Costa", rematou a sua andaina na 2ª División Nacional Feminina de Fútbol Sala Grupo 4 e fíxoo ante os seus afeccionados e agasallou xunto co Simancas, que era o rival da despedida, (3-5), cun "pasillo de campionas" as rapazas do equipo infantil, que tal como vos informábamos a semana pasada, saían campionas da Provincial da categoría, a que chegarán sendo campionas na Intercomarcal. Abre a nova o completa para ver o resto da información.

Durante estes días como acostumamos faremos un especial do que deu de sí esta categoría nos grupos 1º e 4º e cun estudo esatístico dos equipos que seguimeos todo ano : Fisober FSF, Viaxes Amarelle FSF e Comarcal a Fervenza FSF.

Segue co comunicado...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
COPA PROVINCIAL FEMININA FS : "CONCELLO DE PONTECESO E FISOBER "B" CLASIFICADOS PARA AS ELIMINATORIAS".
Mércoles, 23 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
COPA PROVINCIAL FEMININA FS
-4ª Xornada-

O Concello de Ponteceso lidera un grupo complicado.

-Fisober B e Concello de Ponteceso clasificados para as roldas-

Xogouse a penúltima xornada da Copa Provincial Feminina de Fútbol Sala,na que o AD Vila de Pondal/Concello de Ponteceso lidera o Grupo A tras derrotar esta semana ao Melide FSF por 1-4, unha vitoria importante ante un rival ao pase as eliminatorias do "K.O.". As pontecesanas suman 6 puntos en 3 encontros xogadoes. Por detrás ven o actual campión de liga o Sport Sala Culleredo que suma os mesmos 6 puntos cas de Ponteceso, pero cun encontro menos. O Outro equipo costeiro deste grupo, o AD Atletes, segue sen puntuar tras 2 encontros disputados. No Grupo B o Fisober FSF "B", derrotaba a domicilio ao  FC Meigas por 1-2 e está de colider con 6 puntos en 2 encontros disputados, os mesmos do Amarelle Concello de Santa Comba. Con unha xornada por disputar para pasar as eliminatorias estes dous equipos xa están clasificados, xa que FC Meigas e Troula FSF non puntuaron.

Verdadeiramente esta Copa está sendo un desbaraxuste xa que se retiraron varios equipos e outros non xogaron nin un encontro. Mellor o de anos anteriores "Copa pura e dura".

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
A "XXV COPA DE FÚTBOL SALA DE CORME" PARA ESTA SEMANA POLO "I TORNEO INTERNACIONAL DE FÚTBOL PRAIA : PRAIA DE OSMO".
Venres, 18 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino

Neste cadro tes toda a información da Copa de Futsal de Corme

-Este sábado descansa a Copa de Futsal de Corme-

-O vindeiro sábado 26 as Semifinais a Final e entrega de premios-

Este sábado 18 de Maio toca descanso forzado na "XXIV Copa da Liga de Fútbol Sala de Corme", por mor do 2I Torneo Internacional de Fútbol Praia : Paraia do Osmo", que traerá a vila cormelana aos mellores xogadores do mundo, antre hoxe venres e mañán sábado, tal e como xa vos informamos durante a semana. As Semifinais e a Gran Final, así como a entrega dos trofeos de toda a tempada, quedan para o vindeiro sábado 26 de Maio no Pavillón de Corme. Trala disputa da Copa como cada ano, entregaranse os trofeos do campión de liga, que foi o Transportes Cotelo, así como o de subcampión, (Os Aldeáns), o da deportividade, (TPL Hostal Crisol), equipo máis goleador, (José Alejandro) e o de menos goleado, (Os Aldeáns), así como cae de caixón, os da Copa. No cadro de arriba tedes tódolos emparellamentos e horarios dos encontros do vindeiro sábado 26.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESPECIAL RESUMO FIN DE LIGA DA 1ª DIVISIÓN AUTONÓMICA FSF : "TÓDOLOS DATOS DA LIGA E DOS "NOSOS" EQUIPOS.
Xoves, 03 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª DIVISIÓN AUTONOMICA FSF
-Especial Fin de Liga-

Todo o que deu de sí a liga para as nosas representantes.

-Especial fin de liga dos "nosos" equipos-

-Permanecen Villa de Cee e Fervenza-

-Descenden Viaxes Amarelle e 5 Coruña-

Rematou a 1ª División Autonómica Feminina de Fútbol Sala, e tivemos a "cara e cruz" nos "nosos" equipos, os que colaboran connosco toda atempada mandándonos os comentarios dos seus encontros e fotos para poder facervos chegar toda a información sobre eles. Namentras que o Hotel o Semámoro/FSF Villa de Cee conseguía a permanenza, za na penúltima xornada, tras un duro comenzo de liga, e o Oil Vedra A Fervenza, tamén o facía, o Viaxes Amarelle "B" quedaba as portas e o Academia Red Blue 5 Coruña cun equipo moi xovenciño, acababa na posición de "pechacancelas". Ben e certo que agora haberá aque esperar a ver se hai baixas e renuncias ao ascenso, o que faría que algún dos que baixan puidesen permanecer na categoría. No quie se refire as campionas, foron o Ourense Envialia "B" que sumou 65 puntos os mesmos cao Leis Pontevedra/San Narciso, pero con mellor golaveraxe e serán as ourensás as que teñen a opción do ascenso. Aquí tes un especial fin de liga con tódolos datos da liga e dos "nosos" equipos.

Segue co especial da liga...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DOS EQUIPOS GALEGOS DA 2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA DE FUTSAL GRUPOS 1º E 4º :
Mércoles, 25 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
FÚTBOL SALA FEMININO
-2ª División Nacional G1º e 4º-

O Viaxes Amarelle tomouse "vendetta" do Chiloeches.

-O Fisober caeu en Valladolid goleado-

-Viaxes Amarelle e Comarcal sacaron sendas vitorias-

Derrota do Fisober FSF ante o Universidad de Valladolíd, (7-0), na 25ª xornada no Grupo 4º da 2ª División Nacional de Fútbol Sala Feminino. Neste mesmo grupo o Viaxes Amarelle FSF derrotaba por 5-1 ao CD Chiloeches e tomabase a su particular "vendetta" do 4-1 da primeira volta. As herculinas afianzan así as suas opcións de "Play-Off". Pola sua banda O Pirata FS empataba a catros, (4-4) co Atlético Navalcarnero "B", e o Cidade de Pontevedra caía 1-3 co Unami CP. No Grupo 1 o Comarcal a Fevenza FSF acadaba unha clara vitoria ante o San Viator 78, para ter máis preto a salvación matemática. As suas veciñas do Valdetires Ferrol FSF acadaban ante o Stilo Kirol Kluba a goleada da xornada, cun contundente 0-11. Abre a nova o completo para ver as previas dos nosos colaboradores.

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS PENÚLTIMA XORNADA DA 1ª AUTONÓMICA GALEGA FSF : "O VILLA DE CEE CERTIFICA A PERMENENZA A PESARES DE PERDER".
Mércoles, 25 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª DIVISIÓN AUTONOMICA FSF
-25ª Xornada-

Merecida permenza para o FSF Villa de Cee.

-O FSF Villa de Cee acada a permanenza-

-Descenden Viaxes Amarelle e 5 Coruña co Castro e Burgas-

25ª xornada da 1ª División Autonómica Feminina de Fútbol Sala, penúltima da competición ligueira e na que o FSF Villa de Cee/Hotel O Semáforo, que ven de asinar un convenio co Bertantiños CF para o fomento do Fútbol Feminino,  precisaba un par de puntos para acadar a permanenza matemática, pero non lle fixo falla, pois a pesares de caer por 0-3 ante o filial do Poio Pescamar, a derrota do filial do Cidade das Burgas, no derbi ante o filial do Ourense Envialia, (7-1), deixaba as ceenses con 4 puntos sobre as das Burgas a falla de unha soa xornada, polo que as "centolas" voltarán a ser de "1ª" a vindeira tempada e irán a xogar co colista Academia Reb Blue 5 Coruña, o vindeiro sábado no Pavillón Municipal de Mesoiro, (A Coruña), a pratires das 16:30 horas, sen presión ningunha. Foi dura a tempada para as ceenbses, debutantes na categoría, pero foron quen de non virse abaixo e foron a máis ata acadar a merecida permanenza. Perden polo tanto a categoría de abaixo arriba o Academia Red Blue 5 Coruña, FSF Castro, Viaxes Amarelle "B" e Cidade das Burgas "B". Algún destes podería salvar a categoría, se hai renuncias, ou baixas, que acostuma a pasar máis do desexado niste deporte, por problemas principalmente de patrocinio. No tocante o título o Ourense Envialia "B" proclamouse campión de liga.  Abre a nova para ver as crónicas.

A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Hotel o Semáforo/FSF Villa de Cee, "Pirata de Honra da Costa 2016/17" : xogadoras, técnicos, diretivos, axudantes do clube, colaboradores e como non aos afeccionados.


Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS 24ª Xda DA 1ª AUTONÓMICA FEINNA DE FUTSAL : "O VILLA DE CEE SEGUE A 3 PUNTOS DA SALVACIÓN MATEMÁTICA".
Xoves, 19 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª DIVISIÓN AUTONOMICA FSF
-24ª Xornada-

Faltanlle 3 puntos o FSF Villa de Cee para asegurar a permanenza.

-O FSF Villa de Cee segue 4 puntos por enriba do descenso-

-O Viaxes Amarelle "B" vence no derbi coruñés-

25ª xornada da 1ª División Autonómica Feminina de Fútbol Sala, na que o FSF Villa de Cee/Hotel O Semáforo  tiña un complicado encontro ante o 5º clasificado o EDM Salceda e a pesares de dar a talla como acostuman a facer as "centolas" ante os de arriba, acababan caendo derrotadas, (5-2). A derrota non perxudica as ceenses para nada que seguen con 4 puntos sobre o descenso xa que o Cidade das Burgas "B" descansaba e por abaixo o único que sumaba era o Viaxes Amarelle "B" que gañaba por 1-2 ao Ortegal Oil/A Fervenza "B", no derbi das "nosas" e coruñés de por si. As ceenses precisan gañar un dos dous encontros que quedan para asegurar matematicamente a permanenza xa que teñen o golaveraxe particular cas das Burgas empatado e no total están moito mellor as ourensás. As ceenses reciben este sábado 21 de Abril no Pavillón de Cee ao Poio Pescamar "B", unha vitoria ceense xa lles chegaría e non terían que mirar as sureñas, e despois acaban a liga na cancha do Academia Red Blue 5 Coruña, (colista), o 28 de Abril ás 18:30 horas. Pola sua banda o Viaxes Amarelle "B" ten o golaveraxe en contra coas ceenses e a favor cas ouresás, polo que o único obxetivo é superar as das Burgas para logo poder optar en primeiro posto a posibles baixas, por renuncia dalgún equipo. O Academia Red Blue 5 Coruña, colista e xa descendido fai semanas, caía por 0-8 ante o Ourense Envialia "B"Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
PREVIA DA XORNADA DOS EQUI'POS GALEGOS DA 2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA GRUPOS 1º E 4º :
Venres, 13 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
FÚTBOL SALA FEMININO
-2ª División Nacional G1º e 2º-

O Fisober recibe o Cidade de Pontevedra no Conco.

-O Fisober recibe o Domingo a un rival direto-

-Viaxes Amarelle e Comarcal viaxan fora-

Esta fin de semana o Fisober FSF recibe o Domingo no Pavillón Municipal do Conco ao Cidade de Pontevedra, (12:00 horas), no derbi galego da xornada no Grupo 4º da 2ª División Nacional de Fútbol Sala Feminino. Neste mesmo grupo o Viaxes Amarelle FSF visita ao Unami FP ás 20:00 horas do sábado 14, e O Fisgón Futsal visita ao Mora FSF o Domingo a partires das 12:30 horas. No que se refire ao Grupo 1º o Comarcal a Fervenza FSF visita ao Rodiles FSF, rival direto pola permanenza, a partires das 18:45 no Polideportivo Municipal de VillaviCiosa. O outro equipo galego neste grupo o Valdetires Ferrol FSF, recibe no Pavillón de Esteiro, (Ferrol), ao Rioja FSF a partires das 18:00 horas. Abre a nova o completo para ver as previas dos nosos colaboradores.

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 


 
DERROTA DO EQUIPO MASCULINO E VITORIA DO FEMININO DO FSF VILLA DE CEE NA LOITA POLA PERMANENZA.
Mércoles, 11 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
FÚTBOL SALA
-Masculino e Feminino-

Importante trunfo das ceenses que acariñan a permanenza.

-Derrota do FS Villa de Cee masculino na 3ª División-

-Vitoria do equipo feminino ceense na 1ª Autonómica-

Unha vitoria e unha derrota foi a vagaxe desta pasada xornada nos equipos ceenses de Fútbol Sala. As féminas da 1ª Autonómica, derrotaban ao FSF Castro por 5-1, un rival direto pola permanenza que teñen cada vez máis preto as rapazas do FSF Villa de Cee/Hotel O Semáforo, que se situan agora con 24 puntos na 9ª posición. Pola sua banda o equipo masculino ceense da 3ª División Nacional Grupo 1, caía por un contundente 0-4 ante o Valdesuso Peugeot Vilalba FS, 5º clasificado da competición. A pesares da derrota os rapaces ceenses seguen moi ben situados para sacar a diante a tempada e acadar a permanenza. Nesta xornada só o Bueu FS que está por enriba deles a 4 puntos agora mesmo, sacou os 3 puntos, e dos que están por debaixo perderon todos agás o Santiago Futsal que sumou 1 punto. Con 2 puntos por enriba deles tamén perdía o Academia Red Blue 5 Coruña, (12º). Abre a nova para ver as crónicas destes dous encontros da man do Xefe de prensa do clube ceense, Mon Lijó.

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESPECIAL RESUMO FINAL DE LIGA DA 1ª GALICIA FEMININA FS 2017-18 :
Martes, 10 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª GALICIA FSF
-22ª Xornada-

Unha das aliñacións do Sport Sala Culleredo campión.

-Remata a liga co Sport Sala Culleredo campión-

-Amarelle Santa Comba e Melide completan o podio-

22ª xornada da 1ª Galicia Feminina de Fútbol Sala, derradeira da liga regular e na que as rapazas do Sport Sala Culleredo con 57 acaba como campionas con 19 encontros gañados e un só perdido e con 163 gole a favor e tan só 18 en contra, sendo o equipo máis goleador e menos batido. A sua xogadora Ángela Iglesias, foi a segunda máxima goleadora tras Nuria Paz do Amarelle Concello de Santa Comba que sumou 60, (2 de penalti). As xalleiras ocuparon a segunda praza a 3 puntos das campionas e terán opción de ascenso, e o podio completouno o Melide FSF. O erquipo mellor situado das costeiras foi o AD Vila de Pondal/Concello de Ponteceso FSF que sumou 42 puntos a só 1 punto das terceiras. O Troula FSF poder coller as pontecesanas a puntos, se gaña o único encontro que queda por disputar desta liga e que se suspendeu nesta derradeira xornada e no que as de Brigantium deben rnder visita ao FC Meigas. Empatarían a puntos pero a cuarta praza seguiría sendo das pondalianas por golaveraxe. Abre a nova para ver as o resumo da liga.

Segue co resumo da liga...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICA DA DERROTA DO BERGANTIÑOS FEMININO NA 2ª DIVISIÓN FEMININA G1 E PREVIA DA Xda NO GRUPO 2.
Martes, 10 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-      

O Sporting Cambre derrotou a un Bergantiños que mereceu máis.

-2ª Div. Galega Feminina G1 : Derrota do Bergantiños por 3-4-
-No Grupo 2 : Non hai liga ata o 15 de Abril-

Derrota do Bergantiños Feminino na 22ª xornada do Grupo 1 da 2ª División Autonómica de Fútbol Feminino, ante un Sporting Cambre nun encontro no que as bergantiñanas chegaron a ir 3-1 e viron como nunha mala segunda metade as cambresas lles remontaban o encontro para finalizar cun axustado 3-4, merecendo máis as rapazas caraballesas.  Pola sua banda no Grupo 2, o ED @S Miúd@as, descansou, xa que como vos informábamos a pasada semana. Este grupo non retoma a actividade ata o vindeiro Domingo 15 de Abril. Con todo eso traémosvos aquí unha previa do encontro das de Muros. Abre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
EXTRAORDINARIO PAPEL DA SELECCIÓN DA COSTA INFANTIL FSF NO CAMPIONATO GALEGO COMARCAL CELEBRADO EN MARÍN.
Sábado, 31 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
CAMPIONATO COMARCAL GALEGO FSF

A Selección Infantil da Costa só caeu ante a campiona.

-Magnífico papel da Selección da Costa Infantil FS

no Campionato Galego Comarcal-

Como xa vos viñemos informando nas derradeiras semanas, cos adestramentos que levaron a cabo as rapazas da 1ª Selección Infantil da Costa da Morte de Fútbol Sala Feminino e ca previa do Campionato Comarcal Galego, que se disputou en Marín, as rapazas costeiras, comandadas polo muxián Fran Toba, "Pioto", co carballés, David Castro e a vimiancesa, Ana Mouzo, como axudants, disputaron o campionato por primeira vez e fixeron un extraordinario papel. Se caían no primeiro encontro ante a Selección da Coruña, (0-5), tralo madrugón e a longa viaxe ata Marín, no segundo encontro plantábanlle cara a Vigo e sacaban un empate, (0-0), ao igual ca ante o combinado de Pontevedra, (1-1), deixando alto o listón do futsal costeiro feminino de base. A nosa máis cordial noraboa para todo o grupo desprazado a terras marinesas. Pontevedra en cadete e A Coruña en infantís foron os campións deste campionato. Abrindo a nova vcompleta tes toda a información que nos achega a RFGF.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
MAÑÁN DOMINGO 1 DE ABRIL O ERROR! FERROL A FERVENZA DISPUTARÁ A "I MINI COPA GALICIA FSF".
Sábado, 31 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
I MINI COPA GALICIA FSF

Error! Ferrol a Fervenza quedou 3º na Liga Galega Infantil.

-O Error! Ferrol A Fervenza disputará a I Mini Copa Galicia infantil-

A xogadoras rosas poderán disfrutar da gran festa do fútbol sala femenino galego

Este fin de semana tendrá lugar la fase final de la XII Copa Galicia de fútbol sala femenino, en el Pabellón Polideportivo de A Raña (Marín), donde el Comarcal A Fervenza tendrá protagonismo, en concreto en la I Mini Copa Galicia que jugarán las infantiles del Error! Ferrol A Fervenza ante el Poio Pescamar, el domingo, a partir de las 16:30 horas.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
O VIAXES AMARELLE VENCE NO ENCONTRO QUE FORA SUSPENDIDO DA 17ª Xda CON 4 GOLES DA MUXIANA PATRI ROMANÍ.
Venres, 30 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA FS G4
-Suspendido da 17ª Xornada-

A muxiana Patri Romaní, (2ª der.), foi a estrela do encontro.

-Grupo IV :  O Viaxes Amarelle gaña a domicilio ao Valladolíd
con 4 goles da muxiana Patri Romaní-


Encontro suspendido na 17ª xornada no Grupo IV, que enfrontou ao Universidad de Valladolid FSF co  Viaxes Amarelle FSF e no que gañaron as herculinas por 3-4, cun papel máis ca destacado da muxiana Patri Romaní que facía os 4 goles das "viaxeiras". Este resultado fai que as coruñesas suban un chanzo na clasifiación, colocándose na 3ª posición do podio da liga. Aquí tes a crónica que nos sirve o noso colaborador José luis Núñez como en cada encontro do clube xalleiro-herculino, en tódalas suas categorías.

Segue ca crónica do encontro...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS DOS EQUIPOS GALEGOS DA 2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA DE FUTSAL GRUPOS 1º E 4º NA 22ª XORNADA.
Mércoles, 28 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA FS G1 e G4
-22ª Xornada-

O Comarcal caeu ante o Bilbo cun resultado enganoso.

-No Grupo I : "Vitoria do Valdetirres e derrota do Comarcal a Fervenza"-
-No Grupo IV :  O Viaxes Amarelle afianza a cuarta praza-
-Mala derrota do Fisober nas aspiracións de salvación-


No Grupo IV o Viaxes Amarelle FSF fai bo o empate da pasada semana no derbi ante o Fisgón, (2-2), e acada unha importante vitoria sobre o ADE Simancas/Codesu, (1-0), de cara a afianzar a cuarta praza e aspirara a máis. As heculinas, tiveron no día de onte unha xornada de portas abertas, para nenas de 7 a 14 anos e xogarán no día de hoxe mércores o encontro aprazado polo temporal na 17ª xornada. As "viaxeiras" enfrontaranse ao Universidad de Valladolid, a partires das 20:00 horas no Pavillón Universitario Fuente de la Mora vallisoletano. Pola sua banda o Fisober FSF tiña un encontro moi importante de cara a salvación, ante un rival direto coma o Majadahonda FS, pero as cousas non se deron ben e foron as madrileñas as que se levaron 3 puntos, que deixan tocado o clube enseña da Costa da Morte, que estes días está co seu campus de Semana Santa.

No Grupo I o Comarcal a Fervenza FSF caía derrotado por un avultado e enganoso 7-1 ante o Bilbo FSF, nun encontro no que as naronesas plantaron cara a un complicado rival e non merceron este resultado. Pola sua banda e o seu veciño o Valdetires Ferrol FSF deixaba a trás a dura derrota ante o lider, resarcíndose cunha vitoria moi sufrida e traballada ante o Orvina Lacturale Gurpea, (5-4), 6º clasificado.

Segue cas crónicas dos encontros do sábado...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
MAÑÁN EN MARÍN DISPÚTASE O CAMPIONATO COMARCAL GALEGO DE FSF CO DEBÚT DA SELECCIÓN DA COSTA INFANTIL.
Martes, 27 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
CAMPIONATO COMARCAL GALEGO FSF

A Selección Infantil Feminina da Costa da Morte debutará na competición.

- "Campionato Galego de Seleccións Infantil e Cadete FSF-
 -Debút da Selección Infantil da Costa de Futsal-
-Mañán en Marín-


Os polideportivos de San Narciso e A Raña de Marín acollerán mañán mércores 28 de Marzal o Campionato Galego de Seleccións Comarcais Femininas das categorías cadete e infantil. Histórico debút da Selección da Costa Infantil, que enmarcada no Grupos "A" coas seleccións da Coruña, Pontevedra e Vigo, debutará ante ás coruñesas no Pavillón da Raña a partires das 10:40 horas. En verbas da RFGF este campionato : "Será una xornada de moito fútbol sala pero tamén de convivencia, con máis de 200 xogadoras representando ás seleccións das sete delegacións da Real Federación Galega de Fútbol máis a subdelegación da Costa da Morte. En xogo está o título de campión galego de cada unha das categorías, pero máis aló do apartado meramente deportivo, a RFGF busca con estas competicións promover os valores de compañeirismo, respeto, xogo en equipo... que emanan do deporte". Abre a nova completa para ver os calendarios da xornada e moito máis.

Segue co calendario...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS 20ª Xda DA 1ª GALICIA DE FUTSAL FEMININO : "O AMARELLE CONSELLO DE SANTA COMBA ASEGURA A 2ª PRAZA".
Mércoles, 21 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª GALICIA FSF
-20ª Xornada-

O Concello de Ponteceso gañou na difícil cancha do Troula.

-O Amarelle Santa Comba asegura a segunda praza-

-O Troula cae no derbi ante o Ponteceso-

20ª xornada da 1ª Galicia Feminina de Fútbol Sala, na  o Amarelle Concello de Santa Comba, asegurou a segunda praza o derrotar ao FC Meigas, (1-4), e aproveitando que o Troula Betanzos FSF cáia no derbi das "nosas" ante o AD Vila de Pondal/Concello de Ponteceso FSF, (4-5), resarcíanse así as pontecesanas da derrota a pasada semana ante o Amarelle, que se producira da mesma maneira, nun encontro moi disputado e con emoción e incerteza no marcador ata o pitido final. Desta volta a parte amarga tocoulle as brigantinas. Pola sua banda o Fisober "B" non xoga a ta pasado mañán venres o encontro dista xornada que as enfrontará ao Cruces FSF a partires das 22:00 horas no Pavillón Municipal de Vila Cruces. Quedan un par de xornadas, máis algún encontro aprazado, pero todo apunta a que o Sport Sala Culleredo vaise a facer co título, habida conta de que depende de sí mesmo e quédanlle rivais ante os que non debe fallar. Pola sua banda o Amarelle Concello de Santa Comba debe gañar e esperar o fallo das cullerdenses. Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 21ª Xda DA 1ª AUTONÓMICA DE FÚTBOL SALA : "IMPORTANTE VITORIA DO VILLA DE CEE E DERROTAS DE AMARELLE "B" E 5 CORUÑA".
Mércoles, 21 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
1ª DIVISIÓN AUTONOMICA FSF
-21ª Xornada-

Importante trunfo do FSF Villa de Cee de cara a permanenza.

-Paso importante do FSF Villa de Cee de cara a salvación-

-Derrotas do 5 Coruña e o Amarelle "B"-

21ª xornada da 1ª División Autonómica Feminina de Fútbol Sala, na que no derbi das "nosas", FSF Villa de Cee/Hotel O Semáforo-Ortegal Oil A Fervenza, rematou con vitoria das ceenses por 5-3. Un trunfo que supón un bo paso das da Vila da Xunqueira no camiño hacia a salvación da categoría. No que se refire aos outros encontrois con participación de equipos colaboradores da nosa web, o filial do Viaxes Amarelle, tiña un complicado compromiso ante o 3º clasificado o Bembrive FS. As herculinas plantaron cara e acabaron cedendo por un axustado 4-2. Non foi así para o outro equipo coruñés o Academia Red Blue 5 Coruña que caía goleado ante o Poio Pescamar "B", (0-5).  Abre a nova para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DA 2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA DE FUTSAL GRUPOS 1º E 4º : "NO 1º VITORIA DO COMARCAL E NO 4º EMPATE NO DERBI GALEGO E DUAS DERROTAS".
Martes, 20 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMININA FS G1 e G4
-21ª Xornada-

O Viaxes Amarelle, (laranxa) empatou no derbi galego.

-No Grupo I : "Derrota do Valdetirres e vitoria do Comarcal a Fervenza"-
-No Grupo IV :  Viaxes Amarelle e Fisgón empatan no derbi galego-
-Derrotas do Fisober e o Cidade de Pontevedra-


No Grupo IV o Viaxes Amarelle FSF cortou a xeira de resultados negativos cun empate no derbi galego ante o O Fisgón Futsal, (2-2), namentras que o Fisober FSF daba un paso atrás na loita pola permanenza ao caer derrotado no Conco, (Dumbría), polo Unión Tres Cantos FS "A", (1-2). Como alivio para as rapazas da Costa da Morte, os seus rivais pola permanenza o Cidade de Pontevedra e o Majadahonda tamén caían derrotados así coma o colista Ciudad de Guadalajara, 1 punto por debaixo das costeiras.

No Grupo I o Comarcal a Fervenza FSF voltaba a senda do trunfo cunha vitoria moi importante de cara a salvación da categoría, pois derrotaba a un rival direto como é o Stilo Kirol Kluba, (3-2) e o seu veciño o Valdetire Ferrol FSF cuarto clasificado na liga caía goleado na sua visita ao lider AD Sala Zaragoza, (8-3).

Segue cas crónicas dos encontros do sábado...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 

<   12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com