Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Fútbol Femenino

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345   >

CRÓNICAS DOS ENCONTROS DA DERRADEIRA XORNADA DE LIGA DO ED AS MIÚDAS E BERGANTIÑOS CF NA DERRADEIRA XORNADA DA 2ª DIVISIÓN GALEGA DE FÚTBOL FEMININO GRUPOS 1 E 2.
Martes, 05 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-      


O Bergantiños rematou o grande a sua 2ª tempada na categoría.

-2ª Div. Galega Feminina G1 : O Bergantiños golea para pechar a liga-
-Grupo 2 : As Miúdas, caen ante as terceiras no peche da competición-

Vitoria do Bergantiños Feminino no Grupo 1 ante o Eirís, por 1-6, consolidando a Tamara que marcou dous dos goles do equipo carabllés, na 3ª praza da táboa de pichichis. Gran tempada das rapazas de Gueli Cotelo nesta segunda tempada na categoría e da sua historia. Estamos a preparar un especial da liga e do equipo carballés con tódolos datos e estatísticas do que foi a  liga e a sua traxectoria. Nesta 2ª División Autonómica de Fútbol Feminino, no Grupo 2, o ED @S Miúd@as, visitaba para rematar a sua primeira participación nesta liga, nesta tempada da sua creación como equipo, ao terceiro clasificado, Betanzos CF e recibiron unha goleda que non empaña para nada unha extraordinaria campaña, e máis ainda tendo en conta que era o ano do seu debút e moitas das rapazas non xogaran o fútbol campo, ou simplemente non xogaran nunca. Estamos a preparar un especial fin de liga con todo o que deu de si a liga e o equipo muradán. Abre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DOS ENCONTROS DA PENÚLTIMA XORNADA DO ED AS MIÚDAS E O BERGANTIÑOS FEMININO DA 2ª DIVISIÓN DE FÚTBOL.
Martes, 29 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-      


O Bergantiños fíxolle o "pasillo" o Pastoriza campión de liga.

-2ª Div. Galega Feminina G1 : O Bergantiños cae ante o campión-
-No Grupo 2 : As Miúdas, brindan unha vitoria a afección-

Derrota do Bergantiños Feminino no Grupo 1 ante o campión de liga o SCD Pastoriza, por 0-2. As bergantiñanas fixéronlle o "pasillo de campinas" ao equipo pastoricense. Nesta 2ª División Autonómica de Fútbol Feminino, no Grupo 2, o ED @S Miúd@as, recibía no derradeiro encontro de liga no seu féudo ao UD Carral e brindáronlle aos seus afeccionados, que acudiron a cita en gran número, un bonito encontro con goles de bela factura, acadando un resultado final de 3-0. Destacar que o encontro foi dirixido polo senegalés, Thiaw Mar, que está en colaboración coas escolas deportivas muradanas dos Miúdos, en proxectos de axuda aos nenos do seu país e no proxecto da creación dunha escola de fútbol dos muradáns en Dakkar. Un proxecto no que podedes colabroar cn material deportivo ou económico poñéndovos en contacto co clube que dirixe Vinto Tajes. Abre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
VITORIA DO BERGANTIÑOS E DERROTA DO MIÚDAS NOS GRUPOS 1º E 2º DA 2ª DIVISIÓN GALEGA, (CRÓNICAS E MOITO MÁIS).
Martes, 22 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-      

As Miúdas caeron goleadas en Frades.

-2ª Div. Galega Feminina G1 : O Bergantiños gaña abonado o 3-
-No Grupo 2 : As Miúdas, sufriron unha dura derrota, (6-1)-

Vitoria do Bergantiños Feminino no Grupo 1 sobre o Victoria CF "C", por 1-3, sumando a 14ª xornada da tempada na que as carballesas acaban un encopntro no que un dos dous conxuntos suma 3 goles, como xa vos vimos contando ultimamente. Nesta 2ª División Autonómica de Fútbol Feminino, no Grupo 2, o ED @S Miúd@as, visitaba ao SE Abella e traía un 6-1 moi duro, nunha tarde moi mala das muradanas. Mandarlle moitos ánimos e unha pronta recuperación a Eva do clube muradán que a pasada semana era intervida quirurxicamente dunha deda. Abre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
VITORIAS POR 3-2 DE BERGANTIÑOS E MIÚDAS NOS ENCONTROS DA 2ª DIVISIÓN GALEGA DE FÚTBOL FEMININO GRUPOS 1º e 2º.
Martes, 15 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-      

As Miúdas sufriron a capacidade goleadora da "Pichchi" da liga.

-2ª Div. Galega Feminina G1 : O Bergantiños repite un 3-2-
-No Grupo 2 : As Miúdas, gañan e deleitan a sua afección-

Tanto Bergantiños Feminino no Grupo 1 da 2ª División Autonómica de Fútbol Feminino, como no Grupo 2, o ED @S Miúd@as, gañaron os seus encontros como locais por 3-2. As bergantiñanas que como xa vos coemntamos máis dunha vez están abonadas ao 3, suman a 7ª xornada na tempada na que o encontros acaba 3-2, (ou 2-3), e 13ª na que un dos dous equipos en liza fai 3. Pola sua banda as muradanas pedían por medio do seu técnico Fran Figueroa o apoio da afección, (máis ca merecido), e así foi, a afección acudeu ao Eleuterio Balayo e disfrutou dun emocionantísimo encontro de fútbol e con vitoria das suas. Abre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DOS ENCONTROS DO ED MIÚDAS E BERGANTIÑOS CF DA 2ª DIVISIÓN GALEGA DE FÚTBOL FEMININO GRUPOS 1º E 2º.
Martes, 08 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-      

As Miúdas sufriron a capacidade goleadora da "Pichchi" da liga.

-2ª Div. Galega Feminina G1 : Vitoria do Bergantiños afiliadas ó 3-
-No Grupo 2 : Derrota das Miúdas, con exhibición de Laura-

Se a pasada semana desvelábamos para o anedotario que o Bergantiños Feminino no Grupo 1 da 2ª División Autonómica de Fútbol Feminino, sumara a sexta vez na tempada que quedaba 3-2, sexa a favor ou en contra, desta volta temos que decir que as bergantiñanas empatan con ese resultado o desta xornada de 0-3, sexa a favor ou en contra, resultado que suman por 6ª vez na tempada, e o que nos da que en 13 ocasións o 3 estivo presente pois ademáis destes que comentamos houbo un 3-4. Pola sua banda no Grupo 2, o ED @S Miúd@as, chegou a xogar co Touro SD baixo de efectivos, e por enriba tiñan en fronte a Laura Mosquera, a "Pichichi" da liga, que fixo os 5 goles da vitoria do seu equipo, (5-0), e que xa suma a frioleira de 56 goles, (2 de penalti), sendo inalcanzable para a segunda, Tamara do SE Abella que suma 31. Abre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O DEPORTIVO FEMININO PROCLAMOUSE CAMPIÓN DA "COPA DE GALICIA" DOS EQUIPOS DA 2ª DIVISIÓN NACIONAL GOLEANDO.
Martes, 01 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
"COPA GALICIA 2º DIVISIÓN NACIONAL"
-Final Fútbol Feminino-

Jaime abreu para a Esteirana a goleada sobre o SD Camelle, (6-1).

Deportivo Feminino 4-0 Atlántida Matamá
-O Deportivo Feminino gaña a coroa de Galicia-


O Deportivo Feminino proclamouse campion de Galicia da Copa dos equipos da 2ª División Nacional ao derrotar ao Atlántida Matamá por 4-0, nunha final xogada no Anxo Carro lugués. Non tivo rival no conxunto vigués o clube branquiazul ao que goleou con tantos de Miriam, Gabriela e Anize nos primeiros 20 minutos de xogo, para xa co entro controlado e deixando pasaos minutos poñer a puntilla cun tanto de Iris, que coroaba como "Raiñas de Galicia" as rapazas branquiazuis, que este ano por segunda vez consecutiva se quedaron sen gañar a liga polo enfrontamento direto co Oviedo Moderno.


A nos máis cordial noraboa a tódolos que forman o Deportivo Feminino : xogadoras, técnicos, colaboradores, axudantes e a todo o deportivismo que suma nas suas categorías, e con especial cariño hacia esta con só 2 anos de vida, un novo título nas vitrinas do clube.

Segue coa ficha técnica e foto...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DO BERGANTIÑOS FEMININO E ED AS MIÚDAS DA 2ª DIVISIÓN GALEGA DE FÚTBOL FEMININO GRUPOS 1º E 2º :
Martes, 01 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-      

Reivindicación das Miúdas de ánimos a rapaza violada pola "Manada".

-2ª Div. Galega Feminina G1 : Derrota inxusta do Bergantiños por 3-2-
-No Grupo 2 : Derrota das Miúdas, (2-0)-

Terceiro resultado consecutivo da tempada de 3-2 do Bergantiños Feminino no Grupo 1 da 2ª División Autonómica de Fútbol Feminino, dous foron en contra como o desta semana, ante o Portazgo SD, no que non mereceron a derrota, e un foi a favor. Anédota que se extende ao resto da tempada pois as rapazas de Gueli Cotelo, no que vai de tempada de 25 encontros, 6 acabaron 3-2, (4 en contra e 2 a favor). Pola sua banda no Grupo 2, o ED @S Miúd@as, caía por 2-0 no encontro de debút na porta de Yaiza, que fixo un gran encontro, arroupada por tódalas suas compañeiras. As rapazas de Fran Figueroa pousaron ante o mural do Castro Seoane féudo do Antas SD co que caeron por 2-0, cun tifo co lema : "Non estás sola!", en apoio a rapaza tristemente violada polo grupo de "salvaxes" chamados "La Manada". Un acto que tamén nos repudiamos e pedimos xustiza acorde o delito con estes impresentables. Abre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
MAÑÁN EN ZAS TERÁ LUGA O "INTERCOMARCAL DE TENIS DE MESA" EN ZAS.
Venres, 27 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
TENIS DE MESA
-Intercomarcal-

     Os rapaces disfrutan do tenis e a confraternidade nas Intercomarcais.

-Mañán en Zas o Intercomarcal de Tenis de mesa-
-60 deportistas de 8 concellos-

Acabada a liga agora quedan os torneos e campionatos. Mañán sábado 28 de abril é o Intercomarcal Escolar de Tenis de Mesa, dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia, no Pavillón Polideportivo Municipal de Zas dende ás 15:30 e ata as 19:00 horas, haberá encontros no pavillón zacense. Rematará a xornada tenística coa entrega de premios aos vencedores. Segundo nos comenta o noso colaborador Stevo Zas : "Esperamos que acudan escolares de Rianxo, Noia, Outes, Mazaricos, A Baña, Cee, Vimianzo e Zas. As categorías son benxamín mixto, e alevín, infantil e cadete en masculino e femenino. En total esperase sobre 60 deportistas aos que acompañaran varios prexenitores para ver como evolucionan os seus fillos/as e por suposto os entrenadores". Deste torneo sairán os que se clasifiquen para o Provincial que tamén será no mesmo recinto o vindeiro día 12 de maio.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
2ª DIVISIÓN FEMININA DE FÚTBOL GRUPOS 1º e 2º : "VITORIA DO BERGANTIÑOS ANTE O 3º CLASIFICADO E HISTÓRICA GOLEDA DO ED AS MIÚDAS".
Martes, 24 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-      

Goleada histórica das Miúdas con 8 goles de Bárbara.

-2ª Div. Galega Feminina G1 : Vitoria traballada do Bergantiños por 3-2-
-No Grupo 2 : Goleada histórica das Miúdas, (12-3)-

Volveu a senda do trunfo o Bergantiños Feminino no Grupo 1 da 2ª División Autonómica de Fútbol Feminino, ante un Imperator OAR que é terceiro clasificado e que ademáis tiña o alicente de poñerse segundo en posto de promoción de ascenso. Pola sua banda no Grupo 2, o ED @S Miúd@as, fixo historia no "Eleuterio Balayo" de Muros ao endosarlle ao Atlético Estrada ED un abultado 12-3, con 8 goles de Bárbara que se aupa a cuarta praza na táboa de goleadoras da competición con 22 dianas este curso. Abre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DA DERRADEIRA Xda DOS ENCONTROS DO BERGANTIÑOS E O ED AS MIÚDAS DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA GRUPOS 1º E 2º :
Mércoles, 18 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-      

Julia do Miúdas lesionouse de xeonllo.

-2ª Div. Galega Feminina G1 : Derrota do Bergantiños por 3-2-
-No Grupo 2 : Volveu a actividade con derrota das Miúdas-

Derrota do Bergantiños Feminino no Grupo 1 da 2ª División Autonómica de Fútbol Feminino, ante un SD Silva que gañaba no Campo da Grela 1, (A Coruña), por 3-2, nun choque no que tras remontar na segunda metade o gol inicial das do Ventorrillo, vían como no derradeiro suspiro lles empataban e remontaban para irse a Carballo de valeiro. Pola sua banda no Grupo 2, o ED @S Miúd@as, retomaba a competición tras un mes menos 3 días de parón e facíao cunha derrota, ante o SD Santiso, (2-1), nun mal encontro. Con todo eso o peor foi a lesión da porteira muradana, Julia Cubelo, xa no treito final do encontro nun choque fortuito cunha contraria sufría unha escordadura de xeonllo, que a manterá un tempo apartada do terreo de xogo. O noso desexo dunha ponta e satisfactoria recuperación. Que pronto a vexamos de novo coas suas compañeiras disfrutando diste deporte. Abre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DOS ENCONTROS DO BERGANTIÑOS E A ACTUALIDADE DO AS MIÚDAS NA 2ª DIVISIÓN GALEGA GRUPOS 1º E 2º:
Martes, 27 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-      

Demasiado castigo do Sporting Burgo ao Bergantiños.

-2ª Div. Galega Feminina G1 : Derrota do Bergantiños por 4-1-
-No Grupo 2 : Non hai liga ata o 15 de Abril-

Derrota do Bergantiños Feminino no Grupo 1 da 2ª División Autonómica de Fútbol Feminino, ante un Sporting Burgo que gañaba no Campo da Lavandeira, (Burgo), por 4-1, sendo só mellor as norteñas cas bergantiñanas de cara a gol. Este grupo para pola Semana Santa e non volverá a xogar ata o 8 de Abril. Pola sua banda no Grupo 2, o ED @S Miúd@as, descansou, xa que como vos informábamos a pasada semana tralo encontro das muradanas ante o CD Unión, (1-1), este grupo non retoma a actividade ata o vindeiro 15 de Abril. Con todo eso traémosvos aquí unha previa do encontro das de Muros. Abre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O DEPORTIVO FEMININO AFRONTA MAÑÁN UN CHOQUE QUE PODE DARLLE A LIGA E O "PLAY-OFF" DE ASCENSO EN BANDEXA".
Sábado, 24 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
-2ª DIVISIÓN NACIONAL FEMINA-
-23ª Xornada-

Selfie do Twitter do Deportivo Feminino nos vestiarios.

-Encontro crucial para o Deportivo Feminino-
-O Título e o Play-Off de ascenso en xogo-
-Todo vendido para o Deportivo-Oviedo Moderno-

Mañán Domingo 25 de Marzal chega a decisiva 23ª xornada da 2ªDivisión Nacional Feminina de Fútbol G1, e con ela o decisivo encontro que enfrontará ao Deportivo Feminino e o Oviedo Moderno, un choque que con toda probabilidade decidirá quen será o campión de liga e por conseguinte o que irá ao "Play-Off" de ascenso a 1ª División, xa que só vai o campión de cada grupo da 2ª División. Chegan as rapazas branquiazuis cun punto de ventaxe sobre as ovetenses. No encontro da primeira volta o resultado foi de 0-1 para as deportivistas, logo a diferenza que se establecera de 3 puntos das deportivstas rediciuse tras empatar co terceiro clasificado, CD Monte, (2-2), a 1 punto, o que hai de diferenza, pois ambas escadras gañaron tódolos seus encontros, o que fai ver que este choque será definitivo. As rapazas de Manu Sánchez chégalles un empate para seguir por diante e ir rumbo o "alirón", unha vitoria xa sería definitiva. As oventenses o único que lles vale é a vitoria...Segue ca previa abrindo a nova completa.

Segue cas crónicas e a previa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRONICAS DOS ENCONTROS DA 2ª DIVISIÓN FEMININA DE FÚTBOL G1º E G2 DO BERGANTIÑOS E DO MIÚDAS : "UNHA GUEIVOTA OBRIGOU A PARAR O ENCONTRO DAS MIÚDAS".
Martes, 20 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-      

Unha gueivota obrigou a parar o encontro das Miúdas.

-2ª Div. Galega Feminina G1 : Derrota do Bergantiños ante o 2º-
-No Grupo 2 : Empate do ED As Miudas ante o CD Unión-

Unha derrota e un empate acadaron as "nosas" representantes na 2ª División Autonómica G1 e G2 de Fútbol Feminino, no Grupo 1 o Bergantiños Feminino CF caía por 0-3 ante todo un Deportivo Orzán, segundo clasificado e que loita pola liga, facéndolles fronte. Pola sua banda no Grupo 2, o ED @S Miúd@as, conseguía sumar 1 punto ante o CD Unión co que vai da man na clasificación, ambos con 28 puntos, e por enriba as de Rianxo pola golaveraxe. Niste encontro deuse un caso para o anedotario futbolístico da Costa da Morte, cando o colexiado do encontro detivo o xogo para que fora "expulsada" unha gueivota que se pousou no Eleuterio Balayo, no trasncurso do encontro. Abre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O ED AS MIÚDAS DE MUROS ORGAÑIZA PARA FIN DE MES O "1º DÍA DA NAI FUTBOLISTA".
Mércoles, 14 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
FÚTBOL FEMININO

O AD Zas O Pinar-VTM Pinturas Figueiras derbi na 2ª Galega.

-"1º Día da nai Futbolista" en Muros-
-Orgañizado pola ED Os Miúdos para o 31 de Marzal-

Que a ED Os Miúdos de Muros é do mellor en canto a "arrastrar" a xente hacia o deporte, non cabe dúbida. A escola muradana que conta co "Piratiña da Costa", pola sua labor co deporte de base, o pasado ano creou o equipo de fútbol feminino, que está a desenrolar unha extraordinaria campaña no seu debút na 2ª División Galega G2. Desta volta e dende o equipo feminino decidiron orgañizar o "1º Día da nai futbolista", para adicarlle as nais un día especial, que terá lugar o vindeiro día 31 de Marzal a partires das 19:00 horas, cun adestramento aberto as nais que queiran participar, para logo rematar cuns "pintxos" de confraternidade co equipo muradán e tódalas nais. Dende o clube invitan a tódalas nais a acudir a cita e así nolo conta o adestrador do ED As Miúdas, Fran Figueroa :..., (Abre a nova o completo)...

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DO BERGANTIÑOS FEMININO E ED AS MIÚDAS DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL GRUPOS 1º e 2º : "O AMIGO FÉLIX DEIXOUNOS PLENO DE VITORIAS DAS NOSAS".
Luns, 12 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-      

As Miúdas leváronse o derbi ante o Carreira.

-2ª Div. Galega Feminina G1 : Goleada do Bergantiños na Torre-
-No Grupo 2 : Vitoria do ED As Miudas no derbi ante o Carreira-

Adiantamos nesta semana atípica as crónicas do noso fútbol feminino, falando do pleno de vitorias das nosas representantes na 2ª División Autonómica G1 e G2 de Fútbol Feminino, nunha xornada na que se suspenderon 3 encontros de cada grupo pòr mor da "Cicloxénese Félix", que deixou fortes ventos e dilubios provocados con chubascos treboentos virulentos, as veces asociados a predascadas. O Bergantiños Feminino no Grupo 1 que se xogaba a 19ª xornada, voltaba a senda da vitoria goleando ao SD Orzán no Campo da Torre, (0-4), da Coruña. Pola sua banda no Grupo 2, o ED @S Miúd@as repetía resultado con respecto a semana pasada, pero dista volta como visitante no derbi ante o veciño Carreira CF, (0-2), nun encontro no que antes do inicio gardábase un respetuoso minuto de silenzo polo pasamento asasinado cruelmente do neno Gabriel, D.E.P. Un sentir de rabia e desasosego ao que nos unimos plenamente e co desexo de que estas cousas non pasen nunca máis e o noso maior sentir a familia, veciños e amigos. Abre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DA XORNADA NA 2ª DIVISIÓN GRUPOS 1 e 2 DOS ENCONTROS DO ED AS MIÚDAS E BERGANTIÑOS FEMININO CF.
Martes, 06 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-      

As Miúdas recuperaron a senda da vitoria no Eleuterio Balayo.

-2ª Div. Galega Feminina G1 : Derrota do Bergantiños-
-No Grupo 2 : Vitoria do ED As Miudas-

"Cal e area" nas nosas representantes na 2ª División Autonómica G1 e G2 de Fútbol Feminino, namentras que o Bergantiños Feminino no Grupo 1 do que se xogaba a 18ª xornada, repetía derrota por tres goles, (0-3), no Grupo 2, o ED @S Miúd@as recuperaba a senda das vitorias no Eleuterio Balayo ante o seu público derrotando ao Xuventú Aguiño por 2-0, con dobrete de PatiAbre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DOS ENCONTROS DA 2ª DIVISIÓN FEMININA DE FÚTBOL GRUPOS 1º e 2º DO BERGANTIÑOS E AS MIÚDAS.
Martes, 27 Febreiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-      

O Bergantiños caeu goleado en Vioño.

-2ª Div. Galega Feminina G1 : Derrota do Bergantiños-
-No Grupo 2 : Derrota do ED As Miudas-

Mala xornada para as "nosas" na 2ª División Autonómica G1 e G2 de Fútbol Feminino,xa que tanto Bergantiños Feminino como ED @S Miúd@as caían por 3-0 e en ambos casos os equipos chegaron o choque con baixas sensibles. No Grupo 1 xogouse a 17ª xornada, na que o Bergantiños Feminino CF caeu derrotado ante o Vioño CF, (3-0). No Grupo 2, o ED @s Miud@s, caía ante o Victoria CF "C" por 3-0, nun choque no que ademáis das baixas torcíaselles ao encaixar o 1-0 na primeira xogada do encontro. Abre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DO ED AS MIUDAS E BERGANTIÑOS FEMININO DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G2 e G1.
Martes, 06 Febreiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-      

As bergantiñanas mandáronlle ánimos a sua compañeiira Jessy.

-2ª Div. Galega Feminina G1 : Empate do Bergantiños-
-No Grupo 2 : Derrota do ED As Miudas-

Unha derrota e un empate das "nosas" na 2ª División Autonómica G1 e G2 de Fútbol Feminino, neste derradeiro encontro da primeira volta da liga. Unha primeira volta que se pode catalogar de excelente tanto para as bergantiñanas como para as muradanas. No Grupo 1 xogouse a 15ª xornada, na que o Bergantiños Feminino CF non pasaba do empate a uns co SD Eirís, (1-1), baixo unha intensa nevarada. Antes do choque as rapazas amosaron un cartel de ánimos para a compañeira lesionada Jessy. No Grupo 2, o ED @s Miud@s, caía ante o Betanzos CF por 0-4, para como decíamos pechar unha brilante primeira volta no ano do seu debút. Abre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DOS ENCONTROS DO ED AS MIUDAS E BERGANTIÑOS FEMININO DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G1 e G2 :
Martes, 30 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-      

Bárbara marcou o gol da vitoria das Miúdas en Carral.

-2ª Div. Galega Feminina G1 : Derrota do Bergantiños-
-No Grupo 2 : Vitoria do ED As Miudas-

Unha derrota e unha vitoria das "nosas" na 2ª División Autonómica G1 e G2 de Fútbol Feminino. No Grupo 1 xogouse a 14ª xornada, na que o Bergantiños Feminino CF caeu por 3-0 ante o  SCD Pastoriza, no derbi de proximidade. No Grupo 2, o ED @s Miud@s, que xogou a 12ª xornada deste grupo, resarcíase da derrota da semana pasada e traíase os 3 puntos da sua visita ao UD Carral, tras vencer por 0-1 nun encontro moi serio e traballado. Suman así as uradanas, debutantes na competición, a sua 7ª vitoria en 13 encontros o que está a facer desta campaña do seu nacemento, todo un éxito. Tanto "Bergan" coma "Miúdas", rematan a vindeira semana a 1ª volta xogando como locais. Abre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 2ª DIVISIÓN FEMININA DE FÚTBOL GRUPOS 1º e 2º E DOS ENCONTROS DO BERGANTIÑOS E ED AS MIUDAS.
Martes, 23 Xaneiro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G1 e G2
-Crónicas da xornada-      

O Bergantiños Feminino CF sumou unha nova vitoria, e xa van 7.

-2ª Div. Galega Feminina G1 : Vitoria do Bergantiños-
-No Grupo 2 : Derrota do ED As Miudas-

Unha derrota e unha vitoria das "nosas" na 2ª División Autonómica G1 e G2 de Fútbol Feminino. No Grupo 1 xogouse a 13ª xornada, na que o Bergantiños Feminino CF acadou a 7ª vitoria do campinato por un axustado 3-2 ante o  Victoria CF "C", que deu máis traballo do esperado vendo a clasificación. A sua dianteira Tamara, cos 2 tantos acadados ante o equipo herculino, suma 19, sendo a "Pichichi" do campionato en solitario. No Grupo 2, o ED @s Miud@s, que xogou a 11ª xornada deste grupo caía de maneira estrepitosa ante o SE Abella SDEC, (0-6). Notou moito as baixas o clube muradán que ademáis perdía neste encontro a sua goleadora Bábara, cunhas molestias nun xeonllo e a que lle desexamos que todo se quede en nada e volva a xogar cas suas compañeiras axiña. Bárbara con 12 goles é a 4ª máxima goleadora da competición. Abre a nova o completo e tes as crónicas e moito máis destes encontros e da liga.

Segue coas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

<   12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com