Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Fútbol Base

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345    

PREVIA DA DERRADEIRA XORNADA DOS INFANTÍS DA COSTA : "O TÍTULO EN XOGO NO OUTES CF-UC CEE E A 3ª PRAZA TAMÉN EN XOGO".
Venres, 27 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
INFANTÍS DA COSTA
-Derradeira xornada-

     Os rapaces ceenses válelles o empate e a vitoria.

-Mañán sábado o título en xogo en Outes-
-Tamén falla decidir o 3º do podio-
Mañán sábado 28 de abril remata a Liga de Infantís da Costa, (Primeira Infantil G2 A Costa), e faino ao grande, como foi toda a tempada. Primeiro foi o lider durante 14 xornadas o UC Cee, (da 3ª a 16ª ambas inclusive), para na 17ª xornada o UC Cee coller a cabeza da táboa e ser lider ata esta 34ª xornada, na que visita o Municipal do Conchido, (Serra de Outes), para enfrontarse ao Outes CF, (10:00 horas). No que se refire a terceira praza do podio a disputa está antre os 2 equipos revelación o Muxía CF que visita ao CD Concello de Zas e o UD Cerqueda, que visita ao SD Fisterra, que ven de facer un gran encontro ante os muxiáns na Arliña, onde perderon 3-2, tras un penalti no que lles empataban os muxiáns e quedaban cun menos. O Muxía CF, UD Cerqueda e SD Sofán, loitan por ista praza de honra, tras facer unha extraordinaria tempada. O que é inconcebible agora e sempre é que dos infantís só teña o premio de ir a Fase de Ascenso a Galega Infantil o campión e que o segundo, (como mínimo), quede sen ningún premio tras loitar toda a tempada, namentras noutros lares van ata 6 equipos a fase. Pero o peor e quen ningún equipo mova ficha nas xuntanzas ca RFGF.  Abre a nova completa para ver a previa da loita polo título e a da xornada ao completo, que dará paso a Copa da Costa. Abre a nova completa para ver o especial da loita polo título e a previa da xornada.

Segue con toda previa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
ESPECIAL : "OUTES CF BENXAMÍN "B" CAMPIÓN DA LIGA DE BENXAMÍNS F8 COSTA SUR".
Mércoles, 25 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
BENXAMÍNS DA COSTA

-ESPECIAL CAMPIÓN DE LIGA-


O Outes CF campión de Benxamíns Grupo Sur e cuns números estratosféficos.

-Outes CF campión da Liga de Benxamíns F8 Costa Sur-

(Especial do campión)

Aquí vos traemos un especial do Outes CF campión da Liga de Benxamíns da Costa Sur, (1ª Benxamín F8 Costa Sur), na que se proclamou campión a falla de 3 xornadas para o remate da competición e batindo tódolos records, sendo o equipo máis realizador con 196, (cáseque 9 por encontro), e o menos batido con tan só 21, (menos de 1 por encontro). Abre a nova completa para ver o especial.


A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Outes CF, xogadores, técnicos, axudantes do clube, diretivos e afeccionados por este título de campións.

Segue co especial...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
PREVIA DA 2ª XORNADA DAS LIGUIÑAS DA "COPA DA COSTA CADETE" :
Sábado, 21 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

COPA DA COSTA CADETE

-2ª Xornada das Liguiñas-


O SD Sofán recibe mañán Domingo ao SCD Malpica.

-Dende onte e ata mañán xógase a 2ª Xda das liguiñas da

Copa da Costa Cadete-

Onte venres co FC Camariñas 1-1 SD Coristanco comezaron os encontros da 2º xornada da "Copa da Costa Cadete", no día de hoxe haberá 1 encontro e mañán haberá os outros 4. Aquí tes a previa con todo o que hai que saber para seguir etes encontros destas liguiñas previas as eliminatorias co sistema do "K.O.". Abre a nova para ver todo polo miúdo.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
EMOTIVA OFRENDA FLORAL NA MEMORIA DE ABDOULAYE NA MEMORIA DE ABDOULAYE NO 2º ANIVERSARIO DO SEU TRISTE PASAMENTO.
Venres, 20 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
XUVENÍS DA COSTA

-Adiantado 32ª Xornada-


O infantil do Muxía CF, Moha, irmán de Abdoulaye portou o ramo.

-Muxía e Fisterra lembraron a Abdoulaye no 2ª aniversario do seu triste pasamento-
-Previa 32ª Xornada-


O Muxía CF e SD Fisterra disputaron o encontro adiantado a 32ª xornada da Liga da Costa de Xuvenís, (1ª Autonómica Grupo 2, A Costa), penúltima da competición e na que os fisterráns precisaban unha vitoria na loita coa SCDR Esteirana para entrar na 2º praza que ocupan os fisterráns e que da opción a xogar a Fase de Ascenso xunto co Corme CF campión de liga. Nos prolegómenos os xogadores muxiáns depositaron un ramo de frores, portado polo irmán de "Abdulai", Moha, xogador dos infantís do Muxía CF, no saque de curruncho da banda do Vilar a do nordés de campo muxián na memoria do seu compañeiro tristemente desaparecido Abdoulaye Fall Seck, fai xusto 2 anos o vindeiro día 23 e nun encontro xustamente ante o SD Fisterra e no que participaron varios dos que hoxe estaban na Arliña de ambos equipos, pero daquela como cadetes e tamén ne penúltima xornada de liga. Despois do acto floral co colexiado e ex xogador do CD Baio, Manuel Espasandín, gardouse un minuto de silenzo, e deuse paso a un encontro no que os fisterráns se puxeron 0-2 moi pronto e que logo sufriron ao marcar o Muxía ó 1-2. Moitos nervos na escadra fisterrá ata que no 67 Dani Martínez facía o 1-3, e ca baixada de brazos dos muxiáns que estaban merecendo o empate facía dous minutos despois o 1-4. Sobrou o resto de encontro e o castigo foi tremendamente excesivo para os muxiáns que xogaron todo encontro cos 11 xustos e que abandoaron o encontro tralo 1-3, para acabar cun esxerado 1-8, con goles por parte dos do Cabo da Fin do mundo de : Ezequiel, (3), Dani Martínez, (4) e Diego. Polo equipo muxián facía o 1-2, Evaristo. En breves colgaremos unha escolma de fotos diste encontro.
Abre a nova o completo para ver os horarios do resto dos encontros.

Segue coa previa dos encontros do sábado...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
PREVIA 32ª Xda DOS XUVENÍS DA COSTA : "MAÑÁN XÓGASE O MUXÍA-FISTERRA CUNHA OFRENDA FLORAL POLO 2º ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE ABDOULAYE".
Xoves, 19 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
XUVENÍS DA COSTA

-Previa 32ª Xornada-


Como aquel fatídico día coincide un Muxía-Fisterra.

-Ofrenda floral a Abdoulaye no Muxía-Fisterra mañán venres-
-O resto da xornada toda o sábado-


Xornada 32ª xornada da Liga da Costa de Xuvenís, (1ª Autonómica Grupo 2, A Costa), penúltima da comeptición antes de meterse na Copa e só cun posto por asignar. Quen será o que vai
disputar a Fase de Ascenso, xunto co campión Corme CF.Esta xornada comeza mañán venres co Muxía CF-SD Fisterra e casualidades da vida, queixeron que cando se cumpren 2 anos da tráxica morte do xogador do equipo muxián, (daquela cadete), Abdoulaye, tamén se xogaba a penúltima xornada de liga e tamén o rival era o SD Fisterra. Un día que nunca esqueceremos ninguén dos que nos atopábamos no campo. Moitos destes rapaces que se enfrontarán mañán na Arliña, tanto do equipo muxián como do fisterrán, xogaron ese día con ou contra Abdoulaye Fall Seck, e viviron ese por desgraza inexquecible día. Cúmprense os 2 anos exactos o día 23, pero por tempo futbolístico e para lembranza de todos, cumprianos mán os rapaces muxiáns e fisterráns cunha ofrenda floral o "eterno 6" do Muxía CF e todos lembraremos a sua calidade futbolística, como persoa e a sua grande simpatia. A resposta do clube muxián, do pobo de Muxía e de todo o fútbol da Costa e galego, (e persoas non relacionadas coa zona costeira), foi inmediata e as axudas para a repatriación do neno a seu Dakkar, (Senegal), de nacemento, foi inmediata e sen parangón no deporte da Costa. Nós, dende que ocurreu o pasamento de "Abdulai", tomamos a decisión de darlle o seu nome o "Piratiña de Honra da Costa", a todos aqueles que miran e viven polo deporte de base, e así será na sua memoria, mentras teñamos alento. Abre a nova o completo para ver os horarios dos encontros.

Segue coa previa...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
COMPLETOUSE A 25ª Xda NAS LIGAS GALEGAS CADETE E XUVENIL QUE FORA SUSPENDIDA EN FEBREIRO CO TEMPORAL.
Sábado, 14 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

LIGA GALEGA XUVENIL e CADETE


O Dumbría Xuvenil derrotou no Conco o Betanzos.

-Xogouse a xornada aprazada na Galega Cadete e Xuveníl-

-Completaronse os encontros suspendidos polo temporal-

No día de hoxe xogouse a 25ª xornada tanto na Liga Galega Xuvenil, coma na Liga Galega Cadete, que foran suspendidos no seu día por mor da "Cicloxénese Félix". Como sabedes da Costa os dous representantes que hai son os equipos do CF Dumbría e o Bergantiños CF. Nos Xuvenís o CF Dumbría derrotaba no Conco ao Betanzos CF por un axustado 1-0 con gol de, Pablo Paz, aos 10 minutos de xogo, nun encontro que dirixeu o cormelán Bruno Méndez e o Bergantiños Xuvenil derrotaba ao Racing Vilalbés, (3-1), con goles de Roi Reyes, (3-1), e Diego, coa arbitraxe do carballés Adrián Pérez. Nos Cadetes tanto os dumbrieses coma os bergantiñáns xogaron o seu encontro o pasado 17 de Febreiro e namentras que o CF Dumbría caía co Viveiro "B", (1-5), o Bergantiños CF derrotaba a domicilio ao Santiago Compostlea "B". Abre a nova para ver os resultados de ambas.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DAS LIGUIÑAS DA "COPA DA COSTA CADETE" QUE COMEZA ESTE DOMINGO 15 DE ABRIL.
Venres, 13 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

COPA DA COSTA CADETE

-1ª Xornada das Liguiñas-


Este Domingo día 15 comezan as liguiñas da Copa da Costa Cadete.

-Comeza a Copa da Costa Cadete coa 1ª Xda nas duas liguiñas-

-5 encontros o Domingo e 1 o mércores día 18-

Este Domingo 15 de Abril comeza cas liguiñas previas as eliminatorias do "Torneo do K.O." da "Copa da Costa Cadete", que na pasada edición se levara o SCDR Esteirana nun encontro trepidante ante un SD Fisterra que chegaba a final coma favorito tras gañar a liga sen ninguén que lle tosese, pero nesto da Copa xa se sabe como é, (senón que llo pregunten o Madrid no "Centenariazo"). O final e tralo empate a ceros do tempo de xogo e o empate a uns, (1-1), na prórroga gañaban os esteiráns nos penaltis 5-6. Este Domingo comeza a competición cos liguiñas, nas que se disputarán 5 xornadas en cada un dos dous grupos de 6 equipos que se formaron. O remate destas liguiñas pasaran as eliminatorias a dobre encontro os 4 primeiros de cada grupo. Aquí che traemos a previa con todo que debes saber para seguir esta primeira xornada das liguiñas, das que se xogan 5 encontros o Domingo e 1 o mércores 18 de Abril. Abre a nova para ver todo polo miúdo.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA 31ª Xda DOS INFANTÍS DA COSTA E PREVIA DA 32ª :
Mércoles, 11 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
-LIGA INFANTIL DA COSTA-
-31ª Xornada-

Tanto Muxía como Miúdos gañaron os seus encontros.

-Complétase hoxe a xornada co derbi Outes-Esteirana-
-Todo segue igual sen movementos nas primeiras prazas-

A 31ª xornada da Liga Infantil da Costa, que se completa hoxe co Outes CF-SCDR Esteirana, (18:30 horas), ca arbitraxe de Víctor Mirazo do Comité de Boiro, derbi sureño no que os da Serra teñen un complicado rival, para seguir optando ao título de liga, no que o UC Cee que derrotaba o CD Concello de Zas por 5-0 suma agora 90 puntos, 5 por enriba dos outeses que non des queda outra que gañar cada encontro ata o derradeiro de liga dentro de 3 semanas no que reciben aos ceenses no Conchido. No resto non houbo variacións e o Muxía CF derrotaba ao EF As Baleas para manter a praza de podio, (3ª), pola que loitan tamén o SD Sofán, que derrotaba ao SD Fisterra, (7-0), e o UD Cerqueda, 5º cos mesmos puntos cos sofanistas e ambos a 1 punto dos muxiáns.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS


 
SÓ O DUMBRÍA XUVENIL GAÑOU DOS 4 REPRESENTANTES DA COSTA DOS CADETES E XUVENÍS NAS LIGAS GALEGAS.
Mércoles, 11 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

LIGA GALEGA XUVENIL e CADETE


O Dumbría Xuvenil gañou no Municipal das Vilas.

-Vitoria do Dumbría e empate do Bergantiños nos Xuvenís-

-Derrota de Dumbría e Bergantiños en cadetes-

28ª xornada tanto na Liga Galega Xuvenil, coma na Liga Galega Cadete, na que da Costa os dous representantes que hai son os equipos do CF Dumbría e o Bergantiños CF. Nos Xuvenís o CF Dumbría derrotaba a domicilio en terras rianxeiras ao Unión de Asados, (1-4), e o Bergantiños Xuvenil igualaba a uns co Escola A Estrada FB, (1-1) . Así os dumbrieses están na 5ª posición a 4 puntos do EF Lalín que ocupa a segunda praza. O lider CD Calasánz, vai sobrado con 61 puntos 7 por enriba do segundo. Nos Cadetes os dumbrieses caían no Conco por un contundenrte 0-7 ante o Atlético Coruña Montañeros, cuarto clasificado na competición, namentras que o Bergantiños caía a domicilio ante o Deportivo "B" por 4-1. Os dumbrieses ocupan a 14ª posición con 27 puntos, con 6 puntos sobre o 15º Bertamiráns CF, nunha liga que domina o San Tirso con 78 puntos con 14 puntos sobre o segundo, o rival da pasada semana do equipo dumbriés. Pola sua banda o Bergantiños, ocupa a 16ª posición cos mesmos puntos caos brioneses, a 6 dos dumbrieses.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS 31º Xda DOS XUVENÍS DA COSTA : "3 EQUIPOS PARA UN POSTO DE PROMOCIÓN".
Domingo, 08 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
XUVENÍS DA COSTA

-Crónica 31ª Xornada-


O Muxía CF cae o derradeiro posto que lle cede o Camariñas..

-O SD Fisterra derrota o San Lorenzo e igualao a puntos-

-3 equipos para un posto na Fase-


Completouse a 31ª xornada da Liga da Costa de Xuvenís, (1ª Autonómica Grupo 2, A Costa), na que o Corme CF xa xogou a pasada semana o encontro ante o SD Sofán, no que os de Lelo gañaban por 4-0 e do que xa vos demos en primicia e nada máis pitar o final o colexiado a crónica e un especial sobre o campión que podedes ver en Fútbol Base a dereita da portada da web. Agora só falla saber quen será os que os acompañe na previa a Fase de Ascenso.
Nesta 31ª xornada había un encontro clave o que enfrontaba ao San Lorenzo e ao SD Fisterra, (2º contra 3º). Levouse o encontro o equipo fisterrán por 1-2, con goles de Isaac Fábregas, (61´), e Christopher, (74´), que remontaban na segunda metade o gol da primeira metade de Alejandro, (31´). Con este resultado son os de Verdillo os que manteñen a segunda praza, que da opción a disputar a Fase de Ascenso, xunto co campión Corme CF. Ambos equipos suman 66 puntos, co golaveraxe particular favorable aos carballeses. Este ano o ser unha liga única, non hai a ridídcula liguiña antre os 3 primeiros de cada grupo, que daba as veces co campión e con máis dereitos a ir a quedar fora. Tamén está na loita por entrar na segunda praza o SCDR Esteirana que goleaba sen piedade ao SD Laxe, (13-0), que se presentaba con 9 xogadores. Os das Salinas están a dous puntos de verdilleses e fisterráns, na loita por entrar na promoción. Por abaixo o FC Camariñas e deixaba  o posto de colista, xa que derrotaba a un Muxía CF que non tivo o seu día, pero que fixo nas botas de Xan Nogueira dous dos goles da xornada ou do campionato. Un "olímpico" e o outro de saque de centro, ambos en 7 minutos. Abre a nova o completo para ver o resto da crónica.

Segue coa crónica...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
CAMPAÑA DA ED OS MIÚDOS DE MUROS PARA RECABAR MATERIAL DEPORTIVO PARA OS NENOS DUN EQUIPO QUE VAN CREAR EN SENEGAL.
Xoves, 05 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

FÚTBOL SOLIDARIO

-ED Os Miúdos-


A idea é axudar os nenos senegaleses creando un clube.

-A ED Os Miúdos formará equipos en Senegal-

-Calquera pode axudar donando material deportivo-

A Escola Deportiva Os Miúdos de Muros, está a levar a cabo un acto solidario e enternecedor. Tras unha conversa antre o seu presidente, Vinto Tajes e o árbitro de fútbol afaccionado, Mar Thiaw, natural de Senegal e mariñeiro en Portosín, decidiron de potenciar a creación dun equipo, (ou varios), de fútbol de nenos, en Yof, (Dakkar), de onde é o colexiado, que xa foi alá adestrador dun clube de barrio. Esa conversa deribou na recopilación de material deportivo : balóns, chandals, botas, camisetas, etc...para enviarllas a dous colaboradores cos que consigueu contactar Mar Thiaw, dous rapaces que foron xogadores dél. Así este solidario e fermoso proxecto foi tomando forma e non tardará en haber o ED Os Miúdos Dakkar Yof, que será como se chame a escola de fútbol, para acal dendo o clube muradán animan a todo aquel clube, ou persoa que queira colabrorar con material deportivo, para enviarlle aos nenos senegaleses, pode poñerse en contacto ca escola deportiva muradana. Todo será acollido con enorme gratitude para esta boa causa. Non confundir cunha manobra que o parecer se está a facer dende un suposto medio costeiro, que unha vez máis trata de interferir a motus propio, e que non é para esta campaña do ED Os Miúdos. Abre a nova para ver todo polo miúdo.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
TODO O QUE DEU DE SÍ O "IV TORNEO DE FÚTBOL BASE CONCELLO DE MALPICA/ASOCIACIÓN DEPORTIVA VIDÚ".
Martes, 03 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
FÚTBOL BASE

CF Dumbría foi o campión en alevíns.

-"IV Torneo de Fútbol Base Concello de Malpica/AD Vidú"-
-Buño converteuse nunha gran festa do fútbol base-

Aquí tes todo o que deu de sí o "IV Torneo de Fúbtol Base Concello de Malpica/Asociación Deportiva Vidú", que tal e como vos infromamos días atrás tiña lugar no Campo de Xaviña, en Buño, (Malpica) nesta Semana Santa. Un torneo que acolleu a máis de 3 milleiros de persoas e no que en tornoa 500 eran nenos/as dos equipos participantes. As Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz en prebenxamíns e benxamíns, o Dumbría en alevíns e o Laracha en infantís foron os grandes triunfadores
do torneo, xa consolidado coma unha das grandes citas do deporte costeiro. Abre a nova o completo para ver  todo o que deu de sí.

Segue coa inormación...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.





 
O CORME CF PROCLÁMASE BRILANTEMENTE CAMPIÓN DA LIGA DA COSTA DE XUVENÍS
Sábado, 31 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
XUVENÍS DA COSTA

-Adiantado 31ª Xornada-


Festa total no Cairo para celebrar o título de campións.

Corme CF 4-0 SD Sofán
-O Corme CF proclámase campión dos Xuvenís da Costa-

(Especial do campión)


Encontro adiantado a 31ª xornada da Liga da Costa de Xuvenís, (1ª Autonómica Grupo 2, A Costa), na que o Corme CF recibía ao SD Sofán como vos apuntábamos xa estes días e hoxe mesmo na previa, os cormeláns podían certificar unha "enorme" campaña, coroada co título de campións e pensar xa na Previa Fase de Ascenso e na Copa. Non fallou o equipo de Lelo e superou ao SD Sofán, (4-0), nun encontro no que se vendu todo o percebe na 1ª metade e que foi dirixido por Pablo Rama Cotelo e cun Campo do Cairo ateigado de afeccionados que non quixeron perderse este día tan especial e históricos, para un grupo de rapaces, que como xa viñemos decindo en reiteradas ocasións, pero con todo merecemento, son unha xeira de campións que veñen sumando títulos de liga e copa dende a base e para culminar esta base con este campionato a falla de 3 xornadas, (para eles). Agora só falla saber quen será os que os acompañe na previa a Fase de Ascenso.
Abre a nova o completo para ver o especial do campión.

A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Corme CF : xogadores, técnicos, axudantes do clube, diretivos e afeccionados por este título de campións.

Segue co especial do campión...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
CO EMPATE ANTRE ESTEIRANA E CERQUEDA COMPLETOUSE A XORNADA MÁIS LONGA DA TEMPADA DA LIGA DE INFANTÍS DA COSTA.
Sábado, 31 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
-LIGA INFANTIL DA COSTA-
-28ª Xornada-

O UD Cerqueda está a facer unha campaña extraordinaria.

-Completouse a xornada máis longa da tempada-
-Xornada que fora aprazada no seu día pola "Cicloxénese Félix"-

A 28ª xornada da Liga Infantil da Costa, a máis atípica dos derradeiros anos e que fora suspendida no seu día pola "Cicloxénese explosiva Félix", con fortes ventos e chuvias, rematouse no día de hoxe sábado 31 de Marzal, co encontro antre a SCDR Esteirana, que chegaba de 5º e o UD Cerqueda, 4º empatado co 3º que rematou con empate a tres, (3-3), Nun encontro que chegou a ir gañando o equipo esteirán por 3-0 e que acabaría igualando o clube cerquedense na segunda metade. Unha vitoria dos cerquedenses deixaría un empate na loita pola terceira praza co Muxía CF, (64 puntos), e para os esteiráns deixaríaos 4º a 1 punto dos da Vila da Barca. O empate fai que ambos equipos caian unha praza e suba ao 4 posto da clasificación o SD Sofán, que se une a loita pola praza de podio a falla de 4 xornadas para o remate da liga. No que se refire a liga todo segue igual e parece que o derradeiro encontro da competición no que haberá un Outes CF-UC Cee será o que deciuda quen se levará o título. Esta xornada 28 que vimos de rematar quedará como a máis longa da tempada, pois tiña que disputarse o 10 de Febreiro e xogáronse encontros o 21, 22, 27, 28, 29 e hoxe 31 de Marzal, para completar a susodita xornada. Tamén decir que o encontro CD Concello de Zas-EF Concello de Carnota que foi suspendido na 30ª xornada, disputarase o vindeio luns 2 de Abril no San Andrés de Zas, coa arbitraxe de David Cancela, do Comité da Costa da Morte.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS


 
NA TARDE DE HOXE O CORME CF PODE CONVERTIRSE EN CAMPIÓN DA LIGA DA COSTA XUVENIL.
Sábado, 31 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
-LIGA XUVENIL DA COSTA-
-Adiantado 31ª Xornada-

O Corme CF leva 141 goles 78 deles no Cairo.

-O Corme CF pode coronarse hoxe como Campión da Costa Xuveníl-
-O Cairo pode ver hoxe o campión-

Como xa vos apuntamos nas crónicas e nas axendas futbolísticas, para a tarde de hoxe decidiuse adiantar o encontro da 31ª xornada da Liga Xuvenil da Costa, na que o lider Corme CF recibe no Campo do Cairo, (Corme), ao SD Sofán. Un encontro que comezará ás 17:00 horas e no que os rapaces de Lelo, poden convertirse matematicamente en campións, se acadan unha vitoria ante os sofanistas aos que na primeira volta derrotaron por 1-7. Os "percebeiros" levan a frioleira de 141 goles a favor no que vai de campionato, sendo o equipo máis realizador. No seu féudo marcaron 78 goles do total. Este equipo cormalén pode así pechar un ciclo vitoriosos, tras haber sido moitos dos integrantes campións en tódalas categorías dende a base. Un síntoma do que representa non irse a outros equipos que non lles aporta o do seu pobo e que se ve refrexado  no primeiro equipo no que xa xogan varios dos rapaces que hoxe poden sair campións. O encontro estará dirixido por Pabo Rama Cotelo.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
AXENDA DE TODO O FÚTBOL BASE DA COSTA, QUE SE XOGOU E XOGARÁ NESTA SEMANA SANTA.
Xoves, 29 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

FÚTBOL BASE DA COSTA


Trunfo histórico do ED Muxía CF Prebenxamíns.

-Axenda de encontros de todo o fútbol base xogados e por xogar-

-Todos eles que foran aprazados fai duas semanas polo temporal-

-Dende Xuvenís ata Prebenxamíns da Costa-

Aquí tes unha axenda completa de tódolos encontros que se xogaron no día de hoxe, cos seus resultados e os que se xogarán nesta Semana Santa así como os que se ían xogar e foron suspendidos de novo. Na ligas de Xuvenís, Cadetes, Infantís, Alevíns e Benxamíns, Grupo Norte e Sur e rematando cos máis pequenos os Prebenxamíns, nos que queremos destacar a primeira vitoria en encontro oficial do ED Muxía CF, no día de hoxe na Arliña. Tamén decir que o encontro Corme CF-SD Sofán de Xuvenís que se adiantaba ao Domingo, pásase o sábado. Abre a nova o completo para ver a axenda futbolística.

Segue coa axenda de tódalas ligas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
XA TEMOS OS FINALISTAS DO CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS COMARCAIS SUB 15 :
Mércoles, 28 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

CAMPIONATO GALEGO SUB15


A Selección da Costa, (amarelo), segue a coller experienza.

-Xa hai finalistas da 2ª Fase do Campionato Comarcal Galego Sub 15-

-Masculino e feminino-

O Concello de Xinzo de Limia, (Ourense), acolleu tal como xa vos informamos na previa a 2ª Fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais Sub-15, no campo José Antonio Fernández Carrera que foi o escenario desta decisiva fase da competición, na que participaron 15 seleccións, (oito masculinas e sete femininas), antre a que estaba a da Costa da Morte, que quedou fora da fase final, pero que segue a coller experienza como selección. As selección de A Coruña, Pontevedra, Santiago e Lugo son as catro finalistas masculinas. Vigo, A Coruña, Santiago e Ferrol clasificáronse en categoría feminina. Nesta categoría a Costa non ten equipo, pero sí representación con
Marta Calvo, (Outes CF), Noelia Amarelle e Laura Torrado, (Bergantiños), que se clasificaron brilantemente ca Selección Coruñesa, que adetra outro costeiro como é Gueli Cotelo.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
HOXE, MAÑÁN E DOMINGO COMPLÉTASE A 28ª XORNADA QUE FORA SUSPENDIDA DOS INFANTÍS DA COSTA.
Mércoles, 28 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
-LIGA INFANTIL DA COSTA-
-28ª Xornada-

O Corme CF visita hoxe ao ED Os Miúdos.

-Encontros onte, hoxe, mañán e Domingo-
-Xornada que fora aprazada no seu día pola "Cicloxénese Félix"-

Ata o vindeiro Domingo 31 de Marzal teremos que esperar para completar a 28ª xornada da Liga Infantil da Costa, a máis atípica dos derradeiros anos e que fora suspendida no seu día pola "Cicloxénese explosiva Félix", con fortes ventos e chuvias, e con perigo para integridade das persoas. Ista xornada que se ía xogar o 10 de Febreiro, xa tivo encontros o pasado día 21, o 22, onte día 27 con 3, para completarse a xornada con 2 encontros hoxe 28, un mañán 29 día de Xoves Santo e para rematar o 31, Domingo de Resurrección  co derradeiro encontro da xornada máis longa, como decimos, dos derradeiros anos, polo espallado dos encontros. Abrindo a nova completa tes os horarios e enfrontamentos dos encontros para hoxe e mañán.

Segue ca previa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS




 
O OUTES CF PROCLAMOUSE DE MANEIRA BRILANTE CAMPIÓN DA LIGA DE CADETES DA COSTA.
Domingo, 25 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
CADETES DA COSTA
-22ª Xornada-

O Outes CF brilante campión da Liga da Costa Cadete.

-O Outes CF proclamouse campión da Liga de Cadetes da Costa-
-O ED Os Miúdos subcampión acompañarao na Fase de Ascenso-

22ª Xornada derradeira da Liga de Cadetes da Costa, (1ª Autonómica Cadete G2), está pendente a 20ª que fora suspendida pola "Cicloxénese Félix". O Outes CF proclamouse campión de liga tras derrotar ao SD Coristanco por 5-1. Acompañarao o ED Os Miúdos, como subcampión na Fase de Ascenso, e o quer asegurar e queda por é a 3ª praza que ocupa o CD Concello de Zas, que hoxe non pasaba do  empate ante o debutante FC Camariñas, (1-1), que a pesares de ser o colista suma a cifra de 12 puntos. Os baise-zacenses deberán sumar a lo menos 1 punto na xornada que falta porxogar para quedar na meritoria praza do podio da liga, xa que unha derrota unida a unha vitoria do Corme CF daríalle a praza de podio aos cormeláns que teñen o golaveraxe a favor cos baise-zacenses.or

A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Outes CF Cadete, xogadores, técnicos, diretivos, axudantes do clube e afeccionados, e así mesmo a tódolos que forman o ED Os Miúdos, co noso maior desexo que acaden o ascenso na promoción, que seguiremos aquí como cada ano.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
A SELECCIÓN DA CORUÑA REVALIDA O TÍTULO NO "II TORNEO ASOCIACIÓN VIDÚ" DE FÚTBOL 15.
Xoves, 22 Marzo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
FÚTBOL SUB 15

Bo papel da Selección da Costa que vai crecendo.

-II Torfeo Asociación Vidú de Fútbol Sub 15-

-A Selección Coruñesa revalida o título no Pinguel-

A Selección Coruñesa fixo pleno gañando os tres partidos que disputou no "II Torneo AD Vidú", e revalidou o título acadado a pasada tempada. O Pinguel foi testigo da segunda edición do Torneo AD Vidú, o cal acolliu case uns cen futbolistas de catro conxuntos diferentes (Selección da Costa Sub-15, Selección Coruñesa Sub-15, RC Deportivo da Coruña e Bergantiños CF), que amosaron un gran fútbol e que deleitaron con vistosos partidos aos 300 espectadores que se pasaron polo campo pontecesán.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 

<   12345    

Theme creado por dev-postnuke.com