Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Fútbol Base

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345   >

GRAN CARTEL PARA O "III TORNEO AS BALEAS FS DE F7 BENXAMÍN, ALEVÍN E INFANTIL".
Xoves, 10 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base


-Gran cartel no "III Torneo As Baleas FS de Fútbol 7"-
-Será o 19 de Maio en Camariñas-


Terceira edición e de novo un enorme cartel o que presenta o "Torneo As Baleas FS de Fútbol 7 Benxamín,
Alevín, e Infantil". Un total de 15 equipos antre as 3 categorías disputarán o vindeiro 19 de maio no "Hermanas Patiño" de Camariñas, este xa consolidado torneo orgañizado polo As Baleas FS e no que colaboran Frigoríficos Camariñas SL, Concello de Camariñas e nós mesmos ca confección do cartel publicitario e a difusión do evento. Participarán en Benxamíns : As Baleas FS, EFB Corcubión, SD Fisterra, ED Os Miúdos e o Deportivo da Coruña. Nos Alevíns : As Baleas FS, Cabana SD, EFB Corcubión, SD Fisterra e Santa Mariña de Vigo. Nos Infantís : As Baleas FS, SD Laxe, Cabana SD, Bergantiños CF e Maravillas SD.

Segue...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
TODO O QUE DEBES SABER PARA SEGUIR AS "COPAS DA COSTA DE FÚTBOL 8" ALEVÍN, BENXAMÍN E PREBENXAMÍN DESTE VINDEIRO SÁBADO.
Mércoles, 09 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

COPAS DA COSTA F8

-Alevín-Benxamín-Prebenxamín-


O UC Cee defende o título en Alevíns.

-No "Hermanas Patiño" en disputa as Copas da Costa F8-

-Será durante todo día deste sábado 12 de Maio-

Este vindeiro sábado 12 de Maio terá lugar no "Hermanas Patiño" de Camariñas a disputa das "Copas da Costa de Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns de Fútbol 8",  o campo camariñáns recibirá a máis de 400 nenos que farán dél a festa do futbol bas da Costa. UC Cee, (Prebenxamíns e Alevíns), Outes CF, (Benxamíns), foron os campións da pasada edición. Aquí tes tódolos horarios e enfrontamentos, que comezarán ás 11:00 horas e rematarán trala disputa da derradeira final que será a dos benxamíns e que comezará ás 19:00 horas, para logo ter lugar a entrega de trofeos. Orgañiza o evento a Subdelegación da RFGF na "Costa da Morte" e colaboran o Concello de Camariñas e o FC Camariñas. Abre a nova o completo para ver o cadro de enfrontamentos e horarios.

Segue co cadro de enfrontamentos e horarios...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESPECIAL FIN DE LIGA DE PREBENXAMÍNS DA COSTA F8 E DO CAMPIÓN DE LIGA 2017/18.
Mércoles, 09 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

LIGA PREBENXAMÍN F8 DA COSTA

-Especial Fin de Liga-


O FC Camariñas foi campión invicto.

-O FC Camariñas brilante campión de liga-

-Especial de toda a liga e do campión-

Aquí tes para a lembranza dos nenos un especial da Liga de Prebenxamíns Fútbol 8 da Costa,  así coma un especial do campión, FC Camariñas que acabou o torneo invicto e loitou ata o final co SD Sofán, que tamén acabou  invicto pero decantou a liga a diferenza de que os nenos camariñáns só empataron 1 encontro por 2 dos xalleiros. Neste especial traémosvos tódolos números da liga en contexto e os do campión, subcampión e terceiro, que son os que forman o podio. Abre a nova o completo para ver todo.

"A nosa maior noraboa para tódolos que forman o FC Camariñas : xogadores, adestradores, diretivos, axudantes do clube, colaboradores e afeccionados. Tamén darlle a noraboa ao SD Sofán pola sua excelente tempada e moitos ánimos porque só pode quedar un campìón,pero son todos os equipos, aos que felicitamos pola sua gran competición".

Segue co especial..

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESPECIAL FIN DE LIGA DOS ALEVÍNS DA COSTA NORTE F8 2017-18 E DO CAMPIÓN SD PONTECESO.
Martes, 08 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

LIGA ALEVÍN F8 COSTA NORTE

-Especial Fin de Liga-


O SD Ponteceso dominou a liga de principio a fin.

-O SD Ponteceso comezou 1º e non deixou o posto-

-Especial de toda a liga e do campión-

Aquí tes para a lemrbanza dos nenos un especial da Liga  de Fútbol 8 Costa Norte de Alevíns,  así coma un especial do campión, SD Ponteceso que colleu o liderato na primeira xornada e xa non o deixou. Neste especial traémosvos tódolos números da liga en contexto e de cada equipo ca sua evolución de principio a fin. No que se refire ao campión, tamén todo o que fixo e quenes son os que o fixeron posible. Abre a nova o comp'leto para ver todo.

"A nosa maior noraboa para tódolos que forman o EF Corcubión : xogadores, adestradores, diretivos, axudantes do clube, colaboradores e afeccionados".

Segue..

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ASÍ QUEDARON OS EMPARELLAMENTOS DAS FASE DE ASCENSO A LIGA GALEGA XUVENIL, CADETE E INFANTIL.
Martes, 08 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
FASES DE ASCENSO DE BASE AS LIGAS GALEGAS
-Previa-

Manu Bermúdez un dos baluartes do Corme CF xuvenil.

-Desprazamentos longos para os equipos da costa-
-Fases de ascenso de Xuvenís, Cadetes e Infantís-


Tralos encontros do pasado día 5 nos que xogaban os campións de ada categoría, este vindeiro sábado día 12 de Maio terán lugar os Oitavos de Final, na loita polo ascenso a Liga Galega Xuveníl, Cadete e Infantil, nas que temos como representantes da Costa ao Corme CF e SD Fisterra en xuvenís, Outes CF e ED Os Miúdos en cadetes e tan só ao UC Cee nos infantís, xa que só vai un equipo a promoción nesta categoría, en detrimento doutras ligas nas que van ata media dúcia. Aquí tes os rivais, campos e horarios dos encontros de tódlos "nosos", que terán longos e duros desprazamntos na sua maioría, un "handicap", xa a hora de competir. Abre a nova completa para ver todo.


Segue ca información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...



 
ESPECIAL FIN DE LIGA E CAMPIÓN DE LIGA DE BENXAMÍNS DA COSTA NORTE F8 :
Luns, 07 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

LIGA BENXAMÍN F8 COSTA NORTE

-Especial Fin de Liga-


O EFB Corcubión levouse un título moi disputado.

-O EFB Corcubión campión dos benxamíns costeiros-

Rematou a liga de Fútbol 8 Costa Norte de Benxamíns,  e rematou con emoción total, pois como vos adiantamos na previa o UD Cerqueda e o EFB Corcubión xogábanse o título nun enfrontamento direto nesta derradeira xornada no Xaviña de Buño, e foi o equipo corcubionés o que sorbía as meles do éxito ao derrotar aos cerquedeneses 1-3 e levábase os 3 puntos e o campionato por goleveraxe cos mesmos 18 puntos dos cerquedenses. Aquí tes un especial da liga e do campión.

"A nosa maior noraboa para tódolos que forman o EF Corcubión : xogadores, adestradores, diretivos, axudantes do clube, colaboradores e afeccionados. Tamén darlle moitos ánimos aos rapaces do UD Cerqueda, que son tamén todos uns campións".

Segue..

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
POUCAS VARIACIÓNS NA 4ª XORNADA DAS LIGUÑAS DA "COPA DA COSTA CADETE"".
Luns, 07 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

COPA DA COSTA CADETE

-4ª Xornada das Liguiñas-


O Pontecesoe Malpica empataron no derbi, (2-2).

-Poucas variacions na 4ª Xda das liguiñas da Copa da Costa Cadete-

Penúltima xornada das liguiñas previas da "Copa da Costa Cadete", as eliminatorias co sistema do "K.O.". No Grupo 1 o Outes CF volveu a gañar e é o único que suma os 4 encontros con vitoria. O mesmo pasa no Grupo 2, no que o ED Os Miúdos é o único que consiguue sumar de 3 en 3 nas 4 xornadas. Abre a nova para ver todo o que deu de sí esta xornada e as clasificacións.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CD CONCELLO DE ZAS E ED OS MIÚDOS PASAN A OITAVOS NA "COPA DA COSTA INFANTIL".
Luns, 07 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
COPA DA COSTA INFANTIL
-Volta da eliminatoria previa-

ED Os Miúdos recibe ao Muxía CF a vindeira semana en Oitavos.

-Concello de Zas e Miúdos pasan a Oitavos da Copa Infantil-

Tralos encontros de volta das previas da  "Copa da Costa Infantil", o CD Concello de Zas que empataba a tres, (3-3) co SD Laxe no Cabo d´area, e o ED Os Miúdos que derrotaba de novo ao EF Concello de Carnota, (1-3), son os que pasan a Oitavos de Final. Así os zacenses terán como rival o vindeiro día 13 ao Muxía CF no San Andrés e os muradáns recibirá ao Outes CF no Eleuterio Balayo. O resto de enfrontamentos dos Oitavos son : UD Cerqueda-SCDR Esteirana, SD Ponteceso-UC Cee, SD Coristanco-Cabana SD, CF Dumbría-SD Sofán, Corme CF-EF As Baleas e Xallas FC-SD Fisterra.
Poderás consultar o cadro desta Copa no enlace direto da dereita da portada da nosa web.

Segue...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
PONTECESO, CORCUBIÓN E cAMARIÑAS OS CAMPIÓNS DO F8 COSTA NORTE.
Domingo, 06 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

LIGAS F8 BASE

-Derradeira xornada-


Remataron as ligas no F8 de base que dan paso a Copa.

-Na Costa Norte Ponteceso, Corcubión e Camariñas os campións-

Derradeira xornada das ligas de Fútbol 8 Costa Norte e Costa Sur de Benxamíns e Alevíns e no grupo único de Prebenxamíns da Costa. No que se refire a Costa Sur xa fai semanas que estaba todo decidio e do cal vos trouxemos especiais, non así nos norteños.Na liga de Benxamíns da Costa Norte, A pugna estaba moi igualda antre o UD Cerqueda e o EF Corcubión e foron os corcubioneses os que se levaron o título por golaveraxe, quedando ambos no máis alto con 18 puntos. Nos alevíns foi o SD Ponteceso tras gañar no derbi ao Corme CF os que se proclamaban campións e nos prebenxamíns era o FC Camariñas o que se alzaba co título de campións. Mañán luns faremos un especial destas ligas e dos campións. Nas nosas clasifiacións a esquerda da portada da web tes tódolos resultados destas e outras ligas.

Segue..

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
SEN DEMASIADAS SORPRESAS NA IDA DOS OITAVOS DA "COPA DA COSTA XUVENIL".
Sábado, 05 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base


-Moita igualdade nesta ida de Oitavos-
-O campión de liga Corme CF xoga mañán Domingo-


 Xogáronse 6 dos 7 encontros da ida dos Oitavos de Final da "LV Copa da Costa", e na maioría dos encontros houbo moita igualdade e queda todo para a volta. Se cabe a sorpresa deuse no Xallas FC-FC Camariñas, máis ca nada polo resultado de 4-6. No que se refire ao campión do ano pasado, SD Ponteceso, conseguía igualar co San Lorenzo e o lider Corme CF comeza a sua andaina nesta competición mañán Domingo.


Segue...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...



 
PREVIA DA DERRADEIRA XORNADA EN TODO O FÚTBOL 8 BASE DA COSTA : "NA COSTA NORTE E PREBENXAMÍNS TÓDOLOS TÍTULOS EN XOGO".
Sábado, 05 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

LIGAS F8 BASE

-Derradeira xornada-


En Prebenxamín o SD Sofán depende do que faga hoxe o FC Camariñas.

-Na Costa Norte tódolos campións sairán desta xornada-

-Na Costa Sur todo "peixe vendido"-

-En Prebenxamín o Camariñas cun trunfo será hoxe campión-

Derradeira xornada das ligas de Fútbol 8 Costa Norte e Costa Sur de Benxamíns e Alevíns e no grupo único de Prebenxamíns da Costa. No que se refire aos Benxamíns da Costa Norte, queda para esta derradeira xornada saber quen será o campión. UD Cerqueda e EF Corcubión xogaranse no Xaviña, (Buño-Malpica), mañán Domingo o título. Unha vitoria dos cerquedenses ou un empate daralles o campionato, unha vitoria corcubionesa darallo a eles. Na Costa Sur xa quedou campión o Outes CF fai unhas semanas e xa vos trouxemos un especial do equipo que podedes ver buscando en "Fútbol Base". No que se refire aos Alevíns, na Costa Norte tamén se decide o título nista derradeira xornada. O EMF Vimianzo que derrotaba onte ao SD Coristanco por 2-1, espera primeiro con 19 puntos, os mesmos ca o SD Ponteceso, que este non sume puntos ante o Corme CF co derbi veciñal, que se xoga mañán Domingo a medio día no Pinguel. Os "pondalianos" chégalles o empate para ser campións. Na Costa Sur, xa pensan na Copa, pois o campión do que vos trouxemos un especia foi a semana pasada o Outes CF. Pero sí hai emoción e da boa nos Prebenxamíns, pois o FC Camariñas, lider, visita hoxe ao Xallas FC, (13:00 horas), e precisa gañar para asegurarse o título, pois ainda que gañasen os xalleiros, os camariñás con respecto a eles teñe moi por enriba o golaveraxe, e seguirían primeiros, pero sí que lles podía arrebatar o título o SD Sofán "A", con mellor golaveraxe e a só 2 puntos. Polo tanto unha vitoria camariñana hoxe faríaos campións. Unha derrota, ou un empate, sumado a unha vitoria mañán do Sofán, daríalles aos sofanistas o título. Abre a nova para ver a axenda desta derradeira xornada nestas ligas.

Segue coa axenda das ligas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DA PENÚLTIMA XORNADA DAS LIGUIÑAS PREVIAS A "COPA DA COSTA CADETE".
Sábado, 05 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

COPA DA COSTA CADETE

-4ª Xornada das Liguiñas-


O Ponteceso recibe ao Malpica ambos con só 1 punto.

-1 encontro hoxe e 5 mañán Domingo da 4ª Xda das liguiñas da

Copa da Costa Cadete-

Penúltima xornada das liguiñas previas da "Copa da Costa Cadete", as eliminatorias co sistema do "K.O.". Como xa vos temos informado dende que sairon os enfrontamentos, son 2 grupos de 6 equipos cada un, dos que aquí como cada semana vos traemos as previas dos encontros e as clasifiacións. Tan só se xoga hoxe un encontro, o resto son mañán Domingo. Abre a nova para ver todo polo miúdo.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA : VOLTA DA PREVIA DA "COPA DA COSTA INFANTIL" : "HOXE SÁBADO SABERASE QUEN PASAN A OITAVOS".
Sábado, 05 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
COPA DA COSTA INFANTIL
-Volta da eliminatoria previa-

ED Os Miúdos visita o EFC Carnota cun 2-1 a favor.

-Hoxe sábado volta das previas da "Copa da Costa Infantil"-

Hoxe sábado 5 de Maio terán lugar os encontros de volta das previas da  "Copa da Costa Infantil",nas que o s vencedores desta eliminatoria pasarán a Oitavos de Final. Nos encontros da ida o ED Os Miúdos de Muros recibía ao EF Concello de Carnota no Eleuterio Balayo nun encontro que acababa 2-1 para os muradáns polo que pode pasar de todo. Hoxe a partires das 11:00 horas terá lugar o encontro de volta no Municipal de Lombáns, (Carnota) coa arbitraxe de Iván Ferreiro Santos. O vencedor da eliminatoria quedará encadrado en Oitavos co Outes CF para xogar a ida o vindeiro 13 de Mao e a volta o 17, "Día das Letras Galegas". Na outra eliminatoria, o CD Concello de Zas xa deixou a eliminatoria practicamente resolta o derrotar ao SD Laxe por 7-1. O encontro de volta tamén será hoxe no Cabo d´area, (Laxe), a partires das 16:00 horas, coa arbitraxe de Rai Reborido Rodríguez. O vencedor desta eliminatoria xogará en Oitavos co Muxía CF os días 13 e 17 de Maio.


Segue...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
PREVIA DA IDA DE OITAVOS DE FINAL DA "XIII COPA DA COSTA XUVENIL".
Venres, 04 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base



-Ida de Oitavos de Final da "XIII Copa da Costa Xuvenil"-
-Sábado e Domingo-


Mañán sábado xóganse 5 dos encontros da ida dos Oitavos de Final da "XIII Copa da Costa Xuvenil", da que xa se xogou o pasado día 1 o encontro CD Baio 3-1 SD Coristanco e ten a continuidade mañán sábado con 5 encontro e 1 para o Domingo. Defende o título o SD Ponteceso que na final derrotou ao UC Cee por 2-0. Os enfrontamentos como xa deduciredes son ao reves do que aparece no cadro cando sexan os encontros da volta. Os resultados en vermello serán cando se trate da ida e en azul cando se trate da volta. Os horarios e días dos encontros poñerémolos sempre neste cadro da previa. Con respecto a edición pasada, nos Oitavos hai dobre enfrontamentos. Abrindo a nova completa tedes o cador do ano pasado para ver como foi. Coincide nesta Copa o enfrontamento antre Corme e Sofán, que o ano pasado gañaran os cormeláns por 0-5. A dereita da web podedes ver o cadro de resultados sempre que queirades cun só "click" e
na copa que queirades consultar.


Segue coa información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
ESPECIAL RESUMO FIN DE LIGA DOS XUVENÍS DA COSTA 2017/18 :
Xoves, 03 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
XUVENÍS DA COSTA

-Especial Fin de Liga-


Todo o que deu de sí a liga de xuvenís costeiros.

-Especial Fin de Liga : Xuvenís da Costa 2017/18-

-Excelente liga dos equipos da Costa todos xuntos-
(Especial Fin de Liga)

Rematou a Liga dos Xuvenís da Costa, (1ª Autonómica Xuvenil Grupo 2, A Costa), na que xogaron en troques doutros anos con dous grupos e dous campións do que en realidade era unha liga, que logo tiña outro campión nunha previa a Fase de Ascenso na que podían quedar fora, (omo ten pasado), algún dos campións da liga...Baixa Hitchcock que subo eu!!!...Este ano houbo unha soa liga, como tantas veces reclamamos nos 11 anos que levamos ca web e pódese tachar de excelente, na calidade da liga e dos encontros. Preto de 1.500 goles, (47 por xornada), cun Corme CF que a pesares de ser un equipos de "estrelas" que veñen gañando liga tras liga dende benxamíns, pero que non puido baixar o ritmo ata a falla de 2 xornadas para o final. Ata o derradeiro encontro estivo en xogo a praza de promoción que quedaba, que se levou o SD Fisterra na pugna co SCDR Esteirana, e semanas antes estaba tamén o San Lorenzo nesta loita, e logo a excepción de equipos con falta de efectivos, que se lles fixo longa a liga, como ao EF Corcubión, FC Camariñas, Muxía CF e Outes CF, o resto dos equipos competiron de maneira excelente superándose os 33 puntos do 12º SD Laxe para arriba. O único negativo foi a retirada na segunda volta do Outes CF por non ter xogadores dabondo para poder competir. Agora a Copa da Costa que comeza esta semana, tamén gañou co sistema de todos xuntos, pois xa se vai as eliinatorias e os equipos que promocionan on teñen que multiplicarse e cometir por ascender con dobre desgaste.
Abre a nova o completo para ver o especial da liga con todo o que deu de sí.

Segue co especial da liga...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.



 
COMEZOU CAS PREVIAS A "COPA DA COSTA INFANTIL".
Martes, 01 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
COPAS DA COSTA INFANTIL
-Eliminatoria previa-

ED Os Miúdos toma unha pequena ventaxe na sua eliminatoria.

-Onte xogouse o ED Os Miúdos 2-1 EFC Carnota-
-CD Concello de Zas Vs SD Laxe esta mañán-


Comezou de onte a  "Copa da Costa Infantil", cun dos dous encontros da eliminatoria previa que se xogará antre hoxe o vindeiro sábado. Os vencedores desta eliminatoria pasarán a Oitavos de Final. O ED Os Miúdos de Muros recibía ao EF Concello de Carnota no Eleuterio Balayo nun encntro que acababa 2-1 para os muradáns. Un encontro dirixido por Miguel Ferrol e no que se adiantaban os carnotáns por medio de Aarón aos 15 minutos de xogo. Igualaba pouco despois para os muradáns Ángel, (37´), e na primeira xogada a volta de vestiarios era Sergio, (41´), o que poñía o definitivo 2-1, para ir o encontro que decidirá a eliminatoria cunha lixeira ventaxe. Hoxe dende ás 11:00 horas no San Andrés de Zas o CD Concello de Zas, recibe ao SD Laxe, coa arbitraxe de Iván Ferreiro.


Segue co cadro da copa...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...



 
ESPECIAL : "OUTES CF CAMPIÓN DA LIGA DE F8 ALEVÍN COSTA SUR 2017-18" :
Luns, 30 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
ALEVÍNS DA COSTA SUR F8
-Especial do Campión-

   Os ceenses celebraron o título co trunfo no féudo do máximo rival.

-Especial : "Outes CF campión da Liga de Alevíns F8 Costa Sur"-

A falla de duas xornadas para o remate da Liga de Alevíns F8 da Costa Sur, o Outes CF ven de proclamarse campión brilantemente e tras golear no seu féudo ao CF Dumbría que era o seu máximo rival polo título, (0-7). Os rapaces que dirixe Carlos Romero e Jorge Carou, son, a falla de duas xornadas ademáis de campións, os máximos goleadores da categoría e os menos batidos. Aqui tedes este especial con tódolos datos do campión, para que lles quede aos nenos de lembranza.

Dende www.piratasdemuxia.es a nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Outes CF Alevín : Xogadores, adestradores, diretivos, axudantes do clube, colaboradores e afeccionados, por iste título brilantemente acadado. O fútbol base do Outes CF está esta tempada ao máximo nivel, co equipo benxamín campión, o de cadetes tamén agora os alevíns...NORABOA!!!.

Segue co especial...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
ESPECIAL : "UC CEE CAMPIÓN DA LIGA DE INFANTÍS DA COSTA 2017-18".
Luns, 30 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
INFANTÍS DA COSTA
-Especial do Campión-

   Os ceenses celebraron o título co trunfo no féudo do máximo rival.

-Especial : "UC Cee campión da liga de Infantís da Costa"-

O pasado sábado 28 de Abril rematou a Liga de Infantís da Costa, (Primeira Infantil G2 A Costa), e fíxoo co UC Cee como campión a 1 só punto dos 100 e a dous dos 102 posibles xa que gañou 33 encontros e tan só perdeu 1. Tralo encontro e gracias a colaboración do seu adestrador "Muchi", xa vos trouxemos toda a información do clube ceenses e completamos o especial de fin de liga, cos números do que deu de sí a liga e a traxectoria dos 3 primeiros, (UC Cee, Outes CF e Muxía CF), Un especial que podedes ver no enlace direto da dereita da web : "Fútbol base". Por desgraza nesta liga só o campión ten a opción de ir a Fase de Ascenso, algo que vimos criticando nos derradeiros 11 anos e que non nos cansaremos de criticar e pedir que se solucione, pois como mínim o segundo tiña que ter o premio de ir a promoción. Trocando de tema e tal como vos prometimos e estamos a facer sempre con tódalas ligas, aquí tedes un especial monográfico sobre o campión de liga : UC CEE .

Dende www.piratasdemuxia.es a nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o UC Cee : Xogadores, adestradores, diretivos, axudantes do clube, colaboradores e afeccionados, por iste título brilantemente acadado. A todos eles noraboa e sorte na Copa.

Segue co especial...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
ESPECIAL FIN DE LIGA DA COSTA INFANTIL : "O UC CEE PROCLAMOUSE BRILANTE CAMPIÓN DE LIGA".
Sábado, 28 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
INFANTÍS DA COSTA
-Derradeira xornada-

     O UC Cee campión da Liga da Costa de Infantís 2017/28.

-UC Cee campión de liga-
-Outes CF subcampión e Muxía CF terceiro-

Rematou a Liga de Infantís da Costa, (Primeira Infantil G2 A Costa), e faino co UC Cee como campión a 1 só punto dos 100 e a dous dos 102 posibles xa que gañou 33 encontros e perdeu 1. Con 200 goles a favor xustos e tan só 31 goles en contra, (a menos de 1 por encontro). Batiron tódolos rexistros os rapaces de Muchi, pero o título, (tal como vos adiantamos na nosa previa), non se decideu ata hoxe, porque o Outes CF viña por dtrás a 2 puntos e xogábanse todo neste encontro, pero non lles temblou o pulso aos da Vila da Xunqueira e vencían aos outeses no Conchido por 1-5, para cantar o "alirón" e ser o equipo que loite na Fase de Ascenso a Galega Infantil, (vergonzoso que da Costa só vaia 1 equipo). Mañán faremos un especial do Campión de Liga, como vimos facendo con tódalas ligas. Na loita polo 3º posto do podio o Muxía CF non fallou ante o CD Concello de Zas, (1-4), e son os muxiáns quenes tomen esa posición de honra, ca que loitaron toda tempada co UD Cerqueda que goleaba en Fisterra, (5-12), pero que ao gañar os da Vila da Barca non lles chegaba para alzarse a terceira posición, pero ca testa moi alta sendo un dos equipos revelación que no ano do seu debút aí estiveron ata o derradeiro intre. Igualmente o SD Sofán que optaba o terceiro chanzo cos mesmos puntos cos cerquedenses, pero con peor golaveraxe, e a 1 punto dos muxiáns, pero tras certificar unha extraordinaria campaña quedan na 5ª praza cos mesmos puntos cos de Cerqueda e a 1 punto da 3ª praza. Aquí tes un especial do que foi esta liga.

Dende www.piratasdemuxia.es a nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o UC Cee : Xogadores, adestradores, diretivos, axudantes do clube, colaboradores e afeccionados, por iste título brilantemente conseguido e así mesmo ao Outes CF pola sua "enorme" tempada feita, que lle queda o disgusto do subcampión, pero sendo o segundo mellor, e así mesmo a Muxía, Cerqueda, Sofán, etc...por competir a un gran nivel. A todos eles noraboa e sorte na Copa.

Segue co especial...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
PREVIA DA 3ª Xda DAS LIGUIÑAS DA COPA DA COSTA DE CADETES.
Venres, 27 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

COPA DA COSTA CADETE

-3ª Xornada das Liguiñas-


O ED Os Miúdos recibe ao SCDR Esteirana no derbi sureño.

-3ª Xda das liguiñas da Liguiña da Copa da Costa Cadete-

-Tódolos encontros o Domingo-

Aquí tes a previa da 3º xornada da "Copa da Costa Cadete",na que os 6 encontros, (3 de cada grupo), xóganse o Domingo.  Abre a nova para ver todo polo miúdo.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

<   12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com