Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Fútbol Base

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345   >

CRÓNICA E RESULTADOS DA VOLTA DOS CUARTOS DE FINAL DA "COPA DA COSTA XUVENIL".
Domingo, 27 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

"COPA DA COSTA XUVENIL"

-Volta de Cuartos-


O Camariñas quedou fora ante o ED Os Miúdos".

-As Semifinais da Copa da Costa Xuvenil na proa-

-Só un posto estaba por decidir e foi para o Sabn Lorenzo-

Tal como vos apuntábamos na previa da volta dos Cuartos de Final da "Copa da Costa Xuvenil", agás o San Lorenzo-Esteirana que na ida quedara 1-1, no resto de encontros estaba todo decidido, co 6-0 da ida no Corme CF-CD Baio, os cormeláns ían relaxados e con sobreesforzo tras fase de ascenso e Copa co primeiro equipo e perdían 2-1, pero seguían adiante e terán de rival ao ED Os Miúdos que visitaba ao FC Camariñas, cun marxe de 8-0 da ida e voltava a gañars de goleada, (2-5). O mesmo lle pasaba ao Cabana SD que visitaba ao UD Corcubión, cun 6-0 da ida e repetía goleada, (1-6). Polo tanto as miradas estaban todos en Verdillo onde se xogaba realmente o pase a semifinais e a igualdade foi emocionante i eran o final os verdilleses os que pasaban o gañar por un axustado 3-2, que deu emoción ata o pitido final, pois un gol esteirán dáballes a eles o pase. Abre a nova o completo para ver a información dos encontros.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA VOLTA CUARTOS DE FINAL DA COPA DA COSTA XUVENIL : "SÓ UN POSTO POR DECIDIR PARA AS SEMIFINAIS"
Venres, 25 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

"COPA DA COSTA XUVENIL"

-Volta de Cuartos-


Rai Reborido arbitrará pola mañán en Corcubión e pola tarde en Camariñas.

-Previa da volta dos Cuartos da Copa da Costa Xuvenil-

-Só un posto por decidir de semifinais-

mañán sábado xógase a volta dos Cuartos de Final da "Copa da Costa Xuvenil", e agás o San Lorenzo-Esteirana que na ida foi 1-1, o resto de encontros xa están decididos, co 6-0 que lle fixo o Corme CF ao CD Baio, ó 8-0 dos Miúdos ao FC Camariñas ou o 6-0 do Cabana SD ao UD Corcubión. Polo que falla saber, salvo "sorpresa miragreira", quen será o rival en semifinais do Cabana SD, os de esteiro ou os de Verdillo. Aoutra semifinal será Corme CF-ED Os Miúdos. Abre a nova o completo para ver a previa dos encontros con toda a información sobre eles e como seguilos.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA "COPA DA COSTA INFANTIL" : VENRES ACABAN A IDA DE CUARTOS...SÁBADO E DOMINGO VOLTA DE CUARTOS".
Mércoles, 23 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

"COPA DA COSTA INFANTIL"

-Volta de Cuartos-


Mañán xoves unha escolma de fotos do Muxía-Concello de Zas.

-Venres remata a ida dos Cuartos da Copa da Costa Infantil-

-Sábado e Domingo xógase a volta-

Este venres 25 de Maio a partires das 18:30 horas xógase no Municipal do Conchido o encontro que queda para rematar a ida dos Cuartos de Final da "Copa da Costa Infantil", unha ida na que houbo "sorpresas" e o Muxía CF que se ía aos vestiarios cun craro 3.-1 sobre o UD Cerqueda, durmíase a volta de vestiarios o equipo muxián e os cerquedenses merecidamente levábanse o trunfo 4-5. Corme CF e Xallas FC repetían o resultado da liga o pasado 13 de Xaneiro e acababan empatando a tres, (3-3) deixando tamén todo para a volta. Pola sua banda o SD Coristanco daba a sorpesa e sacaba un empate no San Paio de Refoxos ante o UC Cee, (1-1). Na liga eran os ceenses os que se levaban os dous choque , (1-2 e 6-0). Polo tanto a espera do que pas antre outeses e sofanistas, as espadas están en todo o alto para unha praza nas Semifinais que como decimos xogaranse con 3 o sábado e a volta antre sofanistas e outeses o Domingo, (en liga gañou os dous encontros o equipo das Serra : 3-5 e 4-1). Abre a nova o completo para ver a previa dos encontros con toda a informeción sobre eles e como seguilos.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DA VOLTA DE CUARTOS DE FINAL DA "COPA DA COSTA DE CADETES" : "2 ENCONTROS SÁBADO E 2 DOMINGO".
Mércoles, 23 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

COPA DA COSTA CADETE

-Volta de Cuartos-


O Outes CF campión de liga é un dos favoritos a final.

-2 encontros sábado e 2 Domingo na Copa da Costa Cadete-

-Previa da volta dos Cuartos de Final-

Repartense antre sábado e Domingo os encontros da volta da "Copa da Costa Cadete", onde quedarán decididos os semifinalistas. Outes CF que derrotaba a domicilio ao SD Coristanco, (1-4), e SD Sofán que o facía sobre o ED Os Miúdos, (7-5); parecen os dous equipos con máis probabilidades de meterse nas "semis". Tamén gañaba pola mínima o Corme CF ao CD Concello de Zas, (3-2), pero cun marxe moi apretado. Só nun encontro houbo igualdade total, e nese sí que parten nesta volta cáseque iguaias, pois o 3-3 do UC Cee-Cabana SD, fai que aos ceenses non lles valga máis ca vitoria e aos cabaneses un empate por menos de a tres, ou a vitoria. Con todo iso todo son divagacións pois pode pasar de todo nos 4 enfrontamentos e está máis ou menos aberto segundo como vaian os choques. Abre a nova para ver a previa dos encontros, dos que a dereita da portada da nosa web podes ver o cadro de resultados tralos encontros e cando queiras, así coma de outras copas.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
BO PAPEL DO OUTES CF BENXAMÍN E ALEVÍN NA "FASE INTERMEDIA DE ASCENSO", DISPUTADAS EN BECERREÁ E A ESTRADA, (INFORMAIÓN E FOTOS).
Martes, 22 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

ESCOLMA DE FOTOS

 

En alevín o Outes plantoulle cara ao Deportivo que gañaría a fase.

-Fases Intermedias de ascenso Benxamíns e Alevíns-

-Bo papel dos equipos do Outes CF representantes da Costa-

-Escolma de fotos-

Plantaron cara e deixaron en bo lugar o fútbol de base da Costa os equipos Benxamín e Alevín do Outes CF, campións da ligas costeiras de fútbol 8 e que xogaron polo tanto a "Fase Intermedia de Ascenso Alevín e Benxamín", que se celebraron en Becerreá, (Lugo), e A Estrada, (Pontevedra) e nas que os máis pequenos outeses quedaron na 7ª praza e os alevíns na cuarta. Unha fases que foron gañadas por Deportivo e Calasánz respectivamente. Abre a nova completa para ver toda a información destas fases e fotos.

Darlle a nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman os equipos de benxamíns e alevíns do Outes CF por dalo todo e amosar a calidade do noso fútbol base de iniciación.


Segue con toda a información e  fotos ...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O CORME CF XUVENIL DEIXA A FASE DE ASCENSO CUNHA DERROTA INXUSTA.
Domingo, 20 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
FASES DE ASCENSO A GALEGA XUVENIL
-Cuartos-

O equipo cormelán mereceu moito máis ante o Porto Burela.


Corme CF 0-2 Porto Burela
 -O Corme deixa a Fase de Ascenso merecendo pasar-


Ca derrota do Corme CF Xuvenil quedamos sen representantes nas Fases de Ascenso a Liga Galega Xuvenil, Cadete e Infantil. Viaxes duros tiveron que sufrir os nosos equipos e en casos  coma os do cormelán os rapaces xogando co primeiro equipo, a fase e a Copa Xuvenil. Non mereceu caer o equipo dos "percebeiros" como nos di o seu adestrador Lelo, pero na promoción non hai lugar o erro : "Resultado inxusto visto o sucedido no campo. Como esto é fútbol non gana sempre o que máis o merece. Levamos o peso do partido en todo momento cun Burela esperando a contra. Na primeira parte dominamos pero non conseguimos rematar un par de entradas por banda. Eles conseguían adiantarse nunha mal saida da pelota por parte nosa. Na segunda parte a pelota non quixo entrar e o porteiro do Burela sería o mellor do partido con difencia. Fallamos dous mans a mans co porteiro, pase atras remate a bocaxarro. Cando non tes o día non entra. Como era o día do Burela conseguiron marcar nun rebote despois dunha falta...cousas do futbol. Agora toca pensar na Copa e recuperarse ben. Destacar o esforzo deste equipo xogando dous partidos en dous días, así tres fins de semana e competindo como campeóns". Abre a nova completa para ver todo.


Segue ca información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
O UC CEE INAFNTIL CAE "IN EXTREMIS" ANTE O EF LALÍN E DEIXA A FASE DE ASCENSO A LIGA GALEGA INFANTIL.
Sábado, 19 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
FASES DE ASCENSO  LIGA GALEGA INFANTIL
-Crónica-

Os ceenses plantaron cara o EF Lalín e acariñaron o pase.

UC Cee 1-2 EF Lalín
-O UC Cee queda fora tras dar dignamente a cara-


Palizón de viaxe dos rapaces ceenses e máis tendo en conta a maneira na que somos tratados os habitantes da Costa da Morte en canto a vía de comunicación. Puxéronse por diante os rapaces de Muchi cun tanto do "killer" dos ceenses, Alfredo aos 41 minutos de xogo. Na volta de vestiarios conseuían igualar os lalineses por medio de Hugo Rielo e cando parecía que todo quedaba a expensas dos penaltis, foi o lalinense Rubén o que facía o gol que lles daba o pase deixaba fora aos da Vila da Xunqueira, que fixeron unha fase extraordinaria e manteron alto o listón do fútbol base da Costa. A nosa cordial noraboa a tódolos que forman o UC Cee Infantil.

UC Cee : Joel, Álex Sánchez (Antón, 69´), Isaac, Álex Bujeiro, (Mauro, 64´), Oreiro,(Sergio Fidalgo, 76´),  Sergio Paz, David, (Juan Manuel, (56´), Julio, Alfredo, Rubén e Diego, (Adrián, 51´).

Goles : 0-1, Alfredo, (41´); 1-1, Hugo, (48´); 1-2, Rubén, (79´).

Segue ca información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
MAÑÁN SÁBADO "3ª TORNEO DE FÚTBOL BASE AS BALEAS FS BENXAMÍN, ALEVÍN E INFANTIL".
Venres, 18 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base


-Mañán sábado "III Torneo As Baleas FS de Fútbol 7"-

Mañán sábado 19 de Mio terá lugar a 3ª edición do "Torneo As Baleas FS de Fútbol 7 Benxamín,
Alevín, e Infantil". Un total de 15 equipos antre as 3 categorías disputarán no "Hermanas Patiño" de Camariñas, este xa consolidado torneo orgañizado polo As Baleas FS e no que colaboran Frigoríficos Camariñas SL, Concello de Camariñas e nós mesmos ca confección do cartel publicitario e a difusión do evento. Participarán en Benxamíns : As Baleas FS, EFB Corcubión, SD Fisterra, ED Os Miúdos e o Deportivo da Coruña. Nos Alevíns : As Baleas FS, Cabana SD, EFB Corcubión, SD Fisterra e Santa Mariña de Vigo. Nos Infantís : As Baleas FS, SD Laxe, Cabana SD, Bergantiños CF e Maravillas SD. Comezan os encontros á 09:00 horas para rematar co derradeiro encontro ás 20:30 horas.

Segue...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
PREVIA : CORME CF E UC CEE BUSCARÁN SEGUIR NAS FASES DE ASCENSO XUVENIL E INFANTIL RESPECTIVAMENTE.
Venres, 18 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
FASES DE ASCENSO DE BASE AS LIGAS GALEGAS
-Previa-

Os ceenses enfrontase ao EF Lalín.

-PREVIA : Corme CF a Ferrol e UC Cee a Burela nas Fases de ascenso-
 -Únicos superviventes dos equipos costeiros-


Mañán viaxa a Gándara, (Ferrol) o Corme CF Xuvenil e a Marosa, (Burela) o UC Cee infantil, os nosos únicos representantes nas Fases de Ascenso a Liga Galega Xuvenil, Cadete e Infantil, ambos buscarán dar un pasiño máis hacia o ascenso. Viaxes longas pero mentalidade gañadora de ambos conxuntos que queren estar a vindeira tempada na ligas galegas. O noso maior desexo de que volten con sendas vitorias...Abre a nova completa para ver a previa.


Segue ca información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
O UC CEE 3º NO "5º TORNEO DE FÚTBOL BASE VILA DE NOIA" QUE CONTINÚA MAÑÁN E DOMINGO COS BENXAMÍNS E PREBENXAMÍNS.
Venres, 18 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

5º TORNEO FÚTBOL BASE NOIA

  

Equipo do UC Cee alevín 3º clasificado.  

-O C. de Vigo  campión Alevín do

5º Torneo de Fútbol Base "Vila de Noia-

-Mañán sábado 19 Benxamíns e Domingo os Prebenxamíns-

Comezouonte "Día das Letras Galegas" o "5º Torneo de Fútbol Base Vila de Noia", un torneo diferente no que ademáis do fútbol das categorías Prebenxamín, Benxamín e Alevín, con xogos diversos e hinchables para os nenos. Destacar o "Lolita gol", un formato que fixera famosos "El Día despues" de Canal +, pero adaptado os nenos e en vez de puntos teñen regalos segundo por que parte da portería marquen o gol, (foto abrindo a nova completa). O torneo no que haberá participación costeira con equipos coma o UC Cee, Dumbría, SCDR Esteirana, Xallas FC ou o ED Os Miúdos. Logo ademáis de equipos de Noia e bisbarra, tamén haberá equipos de fora  como o CD Lugo, Sporting de Xixón ou Sporting Braga. Disputouse onte o torneo na categoría Alevín e nél saeu campión o Celta de Vigo, seguido do Santiago de Compostela e completou o podio brilentemente o equipo costeiro do UC Cee. Mañán será o turno do torneo para os benxamíns para rematar o Domingo 20 cos alevíns. Abre a nova completa para ver fotos.


Segue con fotos ...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DA VOLTA DE OITAVOS DE FINAL DA "COPA DA COSTA INFANTIL" QUE COMEZOU HOXE E MAÑÁN XÓGASE O COMPLETO.
Mércoles, 16 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

"COPA DA COSTA INFANTIL"

-Volta de Oitavos-


O Corme goleou o As Baleas e xa está en Cuartos.

-Hoxe comezou a volta dos Oitavos da Copa da Costa Infantil-

-Mañán 17 de Maio o resto de encontros-

-Previa da "Copa da Costa Infantil"-

Hoxe co As Baleas FS 0-6 Corme CF comezaron os encontros da volta dos Oitavos de Final da "Copa da Costa Infantil", polo tanto os cormeláns que na ida empataban cos camariñánns, 4-4, xa están en Cuartos e esperan rival do derradeiro encontro de mañán 17 de Maio, SD Sofán-CF Dumbría, (na ida 1-0 para os dumbrieses). Na maioría dos encontros, agás en dous, está todo por decidir, con ventaxes mínimas. Abre a nova o completo para ver a previa dos encontros con toda a informeción sobre eles e como seguilos.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA DO FINAL DAS LIGUIÑAS E PREVIA DA IDA DE CUARTOS DA "COPA DA COSTA CADETE".
Mércoles, 16 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

COPA DA COSTA CADETE

-Remataron as Liguiñas-


Este cadro poderalo seguir no enlace direto

da dereita da portada da web a un só "click".

-Outes e Miúdos gañan as liguiñas da Copa da Costa Cadete-

-Xa temos confeccionados os Cuartos de Final-

Remataron as liguiñas previas da "Copa da Costa Cadete", para dar paso ao bonito da Copa, as eliminatorias co sistema do "K.O.". No Grupo 1 o Outes CF foi dono e señor sumando pleno con 5 vitorias en 5 encontros e no resto todo foi según o previsto e os 4 primeiros non trocaron e acompañarano nos Cuartos de Final, o Cabana SD como segundo e o Corme CF e SD Sofán de seguintes. Quedaron fora por moi pouco o SD Ponteceso e o SCD Malpica que xa non tiña opcións. No Grupo 2,  o ED Os Miúdos caeu sopresivamente nesta xornada ante o SD Coristanco, (0-3), e ca derrota do FC Camariñas ante o SCDR Esteirana, son os camariñáns os que quedan fora e no seu eido entraron os da "Terra da pataca". Entran ademáis dos Miúdos, como campión deste grupo, o CD Concello de Zas, (2º), e o UC Cee e o SD Coristanco. Quedaron as portas e por moi pouco o FC Camariñas e o SCDR Esteirana. Mañán xoves 17 de Maio xa hai un encontro. Oresto o Domingo. Tes toda a información no cadro. Abre a nova para ver todo o que deu de sí esta derradeira xornada e as clasificacións.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
MAÑÁN COMEZA O "5º TORNEO DE FÚTBOL BASE VILA DE NOIA" QUE SE EXTENDERÁ ATA O DOMINGO.
Mércoles, 16 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

5º TORNEO FÚTBOL BASE NOIA

    

-5º Torneo de Fútbol Base "Vila de Noia-

-Xoves 17, sábado 19 e Domingo 20-

Mañán xoves 17, "Día da Letras Galegas" comeza o "5º Torneo de Fútbol Base Vila de Noia", un torneo diferente no que ademáis do fútbol das categorías Prebenxamín, Benxamín e Alevín, haberá xogos diversos e hinchables para os nenos. O torneo no que haberá participación costeira con equipos coma o UC Cee, Dumbría, SCDR Esteirana, Xallas FC ou o ED Os Miúdos. Logo ademáis de equipos de Noia e bisbarra, tamén haberá equipos de fora  como o CD Lugo, Sporting de Xixón ou Sporting Braga. No San Lazaro os pais dispoñerán de postos de xantar para completar as xornadas a carón dos seus nenos/as. Toda unha festa de deporte e confraternidade. O toneo comeza cos alevíns mañán 17, para xogar o seu trneo os benxamíns o sábado 19 e rematar o Domingo 20 cos alevíns.


Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
TODO PARA VOLTA NOS ENCONTROS SABATINOS DOS OITAVOS DA "COPA DA COSTA INFANTIL", (Crónica e previa dos de hoxe).
Domingo, 13 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

"LV COPA DA COSTA"

-Previa-


Este cadro tédelo no enlace direto a dereita da web en grande.

-Hoxe 5 encontros Oitavos da Copa da Costa Infantil-

-Todo para a volta nos encontros do sábado-

-Previa da "Copa da Costa Infantil"-

Onte sábado 12 de Maio comezaron os Oitavos de Final da "Copa da Costa Infantil", tal e como xa vos informamos o venres na previa. O CD Concello de Zas recibeu no San Andrés ao Muxía CF, nun choque fermoso con 7 goles e no que cada equipo respostou a outro. Se se adiantaban os muxiáns, eran os zacenses os que remontaban, para logo remontar os muxiáns cun "hat-trick" de Martín Lodeiro e coller ventaxe pero con todo por decidir para a volta. O mesmo pasou no Cairo, antre o Corme CF e o As Baleas FS, que ofreceron un "enorme" encontro aos afeccionados cun 4-4 final que deixa as espadas en alto para a volta. Tamén igualaban Xallas FC e SD Fisterra, (1-1) e igualmente será no encontro en Fisterra no que se dirima a eliminatoria. Para hoxe hai 5 encontros dos que vos traemos aquí a previa, cos horarios, enfrontamentos, campos, árbitros, etc... O Cadro que aparece neste artigo, tédelo como cada ano, na dereita da portada da web, a un "click", premendo en "Copa da Costa Infantil", en tamaño supergrande e no que iremos deixando toda a información de resultados e como van quedando os emparellamentos. Abre a nova o completo para ver os goleadores do sábado e a previa dos de hoxe.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
FC CAMARIÑAS E OUTES CF POR PARTIDA DOBRE, FIXÉRONSE COS TÍTULOS DAS COPAS DA COSTA DE FÚTBOL 8, (Información e fotos).
Domingo, 13 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
COPAS DA COSTA F8

-Alevín-Benxamín-Prebenxamín-


O Outes CF saeu gañador en benxamín e alevín.

-FC Camariñas en Prebenxamíns e Outes CF en alevíns e Benxamín
 campións das
Copas da Costa F8-
-Fíxose entrega dos trofeos de campión de Copa e Liga-

Ambentazo e bo fútbol no "Hermanas Patiño" de Camariñas ca disputa das "Copas da Costa de Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns de Fútbol 8",  orgañizado pola Subdelegación da RFGF na "Costa da Morte" e coa colaboración do Concello de Camariñas e o FC Camariñas. Precisamente os nenos do FC Camariñas que derrotaba ao SD Sofán en Prebenxamíns, saían campións, facendo dobrete con liga e copa, e Outes CF que derrotaba ao CF Dumbría tanto en Benxamíns, (2-1), como en Alevíns, (1-0), foron os campións, cos outeses que tamén facían dobrete. No acto final de entrega de trofeos fíxose a entrega de medallas aos participantes e a entrega dos trofeos aos campións de Copa e Liga da Costa Norte e Costa Sur, que nos sureños deuse a casualidade de que os campións fixeron como vos comentamos, dobrete, (Outes CF) así como en prebenxamíns, (FC Camariñas). Nos norteños recolleron a copa de campións o SD Ponteceso, (alevín) e EFB Corcubión, (benxamín). Aquí abrindo a nova competa traémosvos todo o que deron de sís estas copas, gracias a inextimable axuda do Subdelegado da RFGF, Manolo Corredoira, que un ano máis fíxonos chegar toda a información e fotos. Estiveron no evento deportivo ademáis do subdelegado costeiro o vicepresidente federativo, Juan Luis Villamisar. Abre a nova o completo para ver o cadro de resultados e fotos dos equipos e das entregas de trofeos.

Segue co cadro de enfrontamentos e horarios...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
MALA XORNADA NA MAIORÍA PARA OS EQUIPOS COSTEIROS NAS FASES DE ASCENSO A LIGA GALEGA XUVENIL, CADETE E INFANTIL.
Domingo, 13 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
FASES DE ASCENSO DE BASE AS LIGAS GALEGAS
-Previa-

Alfredo Vázquez igualou un 0-2 en contra do UC Cee.


-Mala xornada dos nosos nas Fases de ascenso-
 -Xuvenís, Cadetes e Infantís-


Moi mala a xornada para os nosos representantes nas Fases de Ascenso a Liga Galega Xuvenil, Cadete e Infantil. Coa eliminación de 3 dos 5 equipos costeiros. O Corme CF era o que tiña nas suas mans o ascenso direto ante o Atlético Riveira, na Gándara, (Ferrol), pero veuse sorprendido polos dos Barbanza que lles infrixían unha derrota de 1-4, o que manda aos "percebeiros" a repesca. Pola sua banda tamén en xuvenís, o SD Fisterra empataba a uns, (1-1), ante o Palas CF en Reboredo, (O Pino-Lugo), e caía na sorte dos penaltis. Os palenses metían todos e os fisterráns erraban 3. Xa nos cadetes o Outes CF víase superado polo Amio CF que xogaba na casa, (0-4), e o ED Os Miúdos caía en Lariño, (Dodro), ante o Atlético Coruña CF, (1-5). Xa nos infantís o noso único represntante o UC Cee conseguía igualarlle ao Sporting Coruñés un 0-2 adverso con dous tantos de Alfredo, (2-2). Os ceenses tiñan un desprazamento incomprensible, (coma os demais equipos costeiros), multiplicado polo horario, pois tiñan que estar en Sarria, (Lugo), ás 09:30 para xogar ás 10:30 horas. Polo tanto enorme o mérito destes rapaces que pasaron o corte nos penaltis e agora terán como rival o EF Lalín. Abre a nova completa para ver todo.


Segue ca información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
PREVIA FASES DE ASCENSO A GALEGA XUVENIL, CADETE E INFANTIL : "O CORME O ÚNICO QUE PODERÍA ASCENDER MAÑÁN".
Venres, 11 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base
FASES DE ASCENSO DE BASE AS LIGAS GALEGAS
-Previa-

O Corme CF Xuvenil xogase o ascenso direto tras derrotar o Once Caballeros.

-Fases de ascenso de Xuvenís, Cadetes e Infantís-
-O Corme CF podería ser mañán da Galega Xuvenil-


Nos encontros do pasado día 5 nos que xogaban os campións de cada categoría,o Corme CF Xuvenil foi o único que gañou  encontro de enfrontamento direto con campións de liga derrotando ao Once Caballeros, (2-3), con goles de Manu Bermúdez, Manu Tasende e Samu Costa. O Outes CF caía en cadetes ante o Orillamar SD, (3-1), e o UC Cee caía tamén ante o Orillamar SD, (1-2). Mañán sábado día 12 de Maio terá lugar para o Corme CF un encontro en Sarria, (Lugo), (verdadeiramente perxudicial en tódolos sentidos para os equipos), ante o Atlético Riveira. O que gañe será equipo da Galega Xuvenil o vindeiro ano. O que perda entrará na repesca. Pola sua banda o SD Fisterra, (2º na liga), xogará ante o Palas CF no Pino, (Ourense). Xa en Cadetes o Outes CF xoga en Amio co propio Amio CF e o ED Os Miudos en Dodro co Atlético Coruña Montañeros CF. Todos eles nos Oitavos de Final, coma se fose unha copa a encontro único e ir pasando roldas ata chegar a final que da o ascenso. O noso desexo de a maior das sortes a todos eles. Abre a nova completa para ver todo.


Segue ca información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
MAÑÁN SÁBADO DURANTE TODO O DÍA CAMARIÑAS SERÁ A "CAPITAL DO FÚTBOL BASE" COAS "COPAS DE F8 PREBENXAMÍN, BENXAMÍN E ALEVÍN".
Venres, 11 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

COPAS DA COSTA F8

-Alevín-Benxamín-Prebenxamín-


Os nenos disfrutan do lindo con estas competicións.

-Camariñas "Capital do Fútbol Base" coas Copas da Costa F8-

-Serán durante todo día de mañán sábado 12 de Maio-

Mañán sábado 12 de Maio dende ás 11:00 horas que comeza o primeiro encontro, terá lugar no "Hermanas Patiño" de Camariñas a disputa das "Copas da Costa de Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns de Fútbol 8",  o campo camariñáns recibirá a máis de 400 nenos que farán dél a "Capital do Fútbol Base da Costa. O evento está orgañizado pola Subdelegación da RFGF na "Costa da Morte" e coa colaboración do Concello de Camariñas e o FC Camariñas. Que se encargarán de que nada lles falte aos nenos duarnte toda a xornada. Abre a nova o completo para ver o cadro de enfrontamentos e horarios.

Segue co cadro de enfrontamentos e horarios...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DA IDA DOS OITAVOS DE FINAL DA "COPA DA COSTA INFANTIL" :
Venres, 11 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

"LV COPA DA COSTA"

-Previa-


Este cadro tédelo no enlace direto a dereita da web en grande.

-Mañ´na sábado comezan os Oitavos da Copa da Costa Infantil-

-Mañán 3 encontros e Domingo 5-

-Previa da "Copa da Costa Infantil"-

Trala disputa da previa que tiveron que xogar o ED Os Miúdos e o EF Concello de Carnota, na que pasaron os muradáns, e a CD Concello de Zas e o SD Laxe, na que pasaron os zacenses, e das que xa vos trouxemos toda a información, mañán sábado 12 de Maio comezan os Oitavos de Final da "Copa da Costa Infantil", para disputarse 3 encontros eo Domingo remmatar os encontros da ida con outros 5. Aquí che traemos a previa dos encontros, con todo o que debes de saber para seguilos : horarios, enfrontamentos, campos, árbitros, etc... O Cadro que aparece neste artigo, tédelo como cada ano, na dereita da portada da web, a un "click", premendo en "Copa da Costa Infantil", en tamaño supergrande e no que iremos deixando toda a información de resultados e como van quedando os emparellamentos. Abre a nova o completo para ver a previa dos Oitavos.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ASÍ QUEDARON AS FASES DE ASCENSO DE F8 PARA OS EQUIPOS DA COSTA : OUTES CF, EF LUIS CALVO, E CAMARIÑAS.
Venres, 11 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Base

FASES DE ASCENSO

-Previa Fútbol 8-


O Outes CF Alevín xogará nada menos que en Becerreá.

-Así quedaron as Fases de Ascenso Prebenxamín, Benxamín e Alevín-

-Outes CF en duas categorías, Luis Calvo e Camariñas-

Sortearonse os grupos e enfrontamentos da primeira fase da Promoción de Ascenso Prebenxamín, Benxamín e Alevín,uns encontros que se xogarán o vindeiro 19 de Maio e no que temos como representantes en Alevíns ao Outes CF, en Benxamíns ao Outes CF e ao Luis Calvo Sanz e en Prebenxamíns ao FC Camariñas e o Luis Calvo Sanz. Os alevíns outeses terán que desprazarse nada menos que a Becerreá, (Lugo), os benxamíns outeses a A Estrada, (Pontevedra), os benxamíns carballeses a Dumbría e os prebenxamíns camariñáns a Negreira. Haberá os encontros dos grupos pola mañán coezando ás 10:30 horas, polo que con estes desprazamentos, será unha dura xornada para os nenos en canto a viaxes e madrugóns, pero a ilusión aplaca todo, ainda que non deixa de ser inxusto, en especial para os da Serra que teñen que ir ata Becerreá. Os que pasen desta fase irán a loita polo ascenso a Galega de cada categoría. Decir que os equipos da Costa Norte, EFB Corcubión e SD Ponteceso de benxamíns e alevíns, non quixeron ir a esta fase. Abre a nova o completo para toda a información.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

<   12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com