Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: escolmas de fotos

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345   >

ESCOLMA DO ENCONTRO DA LIGA DA COSTA : MUXÍA CF Vs UC CEE, 1º ENCONTRO DO EQUIPO MUXIÁN NO NOVO CAMPO DA ARLIÑA.
Venres, 20 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
escolmas de fotos

ESCOLMA DE FOTOS

-Liga da Costa-


              Abrindo a nova completa tes moitas máis fotos do encontro.

-Escolma de fotos do Muxía CF Vs UC Cee da "Liga da Costa"-

-Histórico 1º encontro do equipo senior no novo Campo d´Arliña-

-Máis fotos abrindo a nova completa-

Aquí tes unha extensa reportaxe fotográfica para a lembranza do encontro Muxía CF Vs UC Cee, correspondente a 7ª Xornada "Liga da Costa 2017/18", un encontro dirixido por Martín García, que acabou 4-0. O encontro xogado o 15 de Outubro do 2017 sirveu para o estreo do clube muxián no novo céspede artificial do Campo d´Arliña, que albergou a máis de 300 afeccionados, cunha temperatura de 28,5 graos nas vésperas do paso do Furacán Ophelia preto das nosas costa. Marcou polo Muxía CF : Josiño, (primeiro goleador no novo tepe muxián), Tomás, Víctor Alcaina e Manu Nogueira.


Segue con MÁIS FOTOS...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESCOLMA DE FOTOS DO ENCONTRO DOS XUVENÍS DA COSTA 2017-18 : MUXÍA CF Vs UD CORCUBIÓN.
Xoves, 19 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
escolmas de fotos

ESCOLMA DE FOTOS

-Xuvenís da Costa-


              Abrindo a nova completa tes moitas máis fotos do encontro.

-Escolma de fotos do Muxía CF Vs UD Corcubión dos Xuvenís da Costa"-

-Máis fotos abrindo a nova completa-

Aquí tes unha extensa reportaxe fotográfica para a lembranza do encontro Muxía CF Vs UD Corcubión, correspondente a 7ª Xornada "Xuvenís da Costa 2017/18", un encontro dirixido por Santi Boedo, que acabou 1-15. O encontro xogado o 12 de Outubro do 2017 sirveu para inaugurar o novo céspede artificial do Campo d´Arliña para os xuvenís muxiáns. Pola mañán xogaran os infantís. Marcou polo Muxía CF : Rodri. Polo UD Corcubión marcaron : David, Hugo, (5), Saulo, (5), Fran Díaz, Xulián, Luis Lojo e Abel .


Segue con MÁIS FOTOS...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESCOLMA DE FOTOS DO ENCONTROS DE INFANTÍS DA COSTA 2017-18 : MUXÍA CF Vs UD CERQUEDA.
Domingo, 15 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
escolmas de fotos

ESCOLMA DE FOTOS

-Infantís da Costa-


              Abrindo a nova completa tes moitas máis fotos do encontro.

-Escolma de fotos do Muxía CF Vs UD Cerqueda dos "Infantís da Costa"-

-Máis fotos abrindo a nova completa-

Aquí tes unha extensa reportaxe fotográfica para a lembranza do encontro Muxía CF Vs UD Cerqueda, correspondente a 7ª Xornada "Infantís da Costa 2017/18", un encontro dirixido por David Vázquez, que acabou 4-4. O encontro xogado o 12 de Outubro do 2017 sirveu para inaugurar o novo céspede artificial do Campo d´Arliña no que o primeiro gol da sua historia foi obra do rapáz de Suxo, (Muxía), Román Gómez. Marcou polo Muxía CF : Román, Martín Lodeiro, (2) e Javi. Polo UD Cerqueda marcaron : Adrián Vila, (2), Fabián e Iván Blanco.


Segue con MÁIS FOTOS...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESCOLMA DE FOTOS DO ENCONTRO DA LIGA DA COSTA 2017-18 : UC CEE Vs SD CORISTANCO.
Venres, 13 Outubro, 2017 Enviado por Pirata
escolmas de fotos

ESCOLMA DE FOTOS

-Liga da Costa-


              Abrindo a nova completa tes moitas máis fotos do encontro.

-Escolma de fotos do UC Cee Vs SD Coristanco da "Liga da Costa"-

-Máis fotos abrindo a nova completa-

Aquí tes unha extensa reportaxe fotográfica do encontro UC Cee Vs SD Coristanco, correspondente a 4ª Xornada "Liga da Costa 2017/18", un encontro dirixido por Marco García, que acabou 1-2 para os da Terra da Pataca. Marcou primeiro o equipo coristanqués por medio de Samuel, empataba para os ceenses Leo e facía o definitivo 1-2, Crístian.


Segue con MÁIS FOTOS...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESCOLMA DE FOTOS DO TRIANGULAR PRESENTACIÓN DO ED AS MIUDAS DE FÚTBOL FEMININO.
Martes, 05 Setembro, 2017 Enviado por Pirata
escolmas de fotos
FÚTBOL FEMININO

                   O 3 equipos posando para o recordo deste día.

          
-O ED As Miudas presentouse ante a sua afección-
-Xunto co Bergantiños e un Combinado xogaron un triangular-
-Escolma de fotos-

O ED As Miudas disputou o pasado sábado tal e como xa vos viñemos anunciando na nosa web en reiteradas ocasións un triangular no Eleuterio Balayo de Muros, no que xogaban ante o Bergantiños Feminino e un Combinado da Costa. Este triangular que gozou dun ambientazo, valeu para a presentación do flamante equipo muradán que disputará a 2ª División Galega da Zona de Santiago, e ao que seguiremos todo ano con crónicas, resultados e clasificación antre outras cousas, como xa vimos facendo co Bergantiños Feminino, que xoga na mesma liga, pero na Zona da Coruña, e ao que tamén seguiremos un ano máis. O resultado foi o de menos, o mellor foi a gran festa de fútbol feminino que se viveu no campo muradán, con sorteos, e fútbol, e sobre todo vendo sobre o tepe "un soño feito realidade", como nos decía fai un mes o adestrador do ED As Miudas, Fran Figueroa. Ver un equipo costeiro formado tralas "Xornadas de Fútbol Feminino" que orgañizou a ED Os Miudos e que suma unha categoría máis ao gran traballo que veñen desenrolando nesta escola que é "Piratiña da Costa", polo seu traballo co deporte de base, e que dirixe brilantemente, Vinto Tajes, co seu séquito de colaboradores. Aquí tedes unha escolma de fotos que nos mandou Fran Figueroa para que quede no recordo este día histórico.

Segue con máis fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS FOTOS.


 
ESCOLMA DE FOTOS DO EXITOSO "I TRIANGULAR DE CADETES DA SD CORISTANCO".
Luns, 28 Agosto, 2017 Enviado por Pirata
escolmas de fotos
-I TRIANGULAR DE CADETES SD CORISTANCO"-
-26/08/2017-

                 A SD Coristanco levouse o seu trofeo.
 
            
         
-Escolma de fotos do "I Triangular de Cadetes SD Coristanco"
-SD Coristanco saeu campión
-

Aquí tedes unha escolma de fotos da  "I Triangular de Cadetes do SD Coristanco", que foi todo un éxito de fútbol, confraternidade e festa no Campo da Rocheira de Coristanco e no que participaron os equipos da SD Coristanco, (que orgañizaba o evento), Cabana SD e SD Sofán, cun excelente ambente no campo coristanqués. O SD Coristanco foi o que se alzou co trofeo de campión nun triangular moi disputado polos 3 equipos e do que para que quede no recordo aquí vos traemos esta excelente reportaxe fotográfica do noso colaborador e un dos adestradores da SD Coristanco, Adrián Varela, que fai tandem con Diego Mallo.
Segue con moitas máis fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS FOTOS.


 
ESCOLMA DE FOTOS DA "IV CARREIRA PEDRESTRE CONCELLO DE MUXIA".
Martes, 11 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
escolmas de fotos
-"IV CARREIRA PEDRESTRE CONCELLO DE MUXÍA-
-09/07/2017-


                 Abre a nova completa para ver tódalas fotos.
 
            
         
-Escolma de fotos da "IV Carreira Pedrestre Concello de Muxía"
-Fotos da competición, das entregas de trofeos e do ambente
-

Aquí tedes unha escolma de fotos da  "IV Carreira Pedrestre Concello de Muxía", que se celebrou o pasado  9 de Xullo de 2017 en Muxía, con 748 atletas inscritos das categorías
dentro do "IV Circuito de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte", que orgañizan os Concellos de Muxía, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Vimianzo e Zas. Nas categorías de : Absoluto, (10 Kms), Absoluto Loita contra o Cancro, (3 Kms), Infantil, Cadete e Xuvenil, (3 Kms), Benxamín e Alevín, (1 Km) e Pitufos, (300 m). Repetir unha vez máis a gran orgañización do Concello de Muxía e o enorme traballo desenvolto polos membros das Agrupacións de Protección Civil de Muxía, Carballo, Mazaricos, Fisterra, Corcubión e Vimianzo. Así coma da Policía Local de Muxía e o Club Ciclista Costa da Morte,  e o Clube Mototur Muxía, que axudaron a que o evento deportivo transcurrise de maneira extraordinaria.

Abrindo a nova completa, tedes unha extensa escolma de fotos, das carreiras, do ambente, das entregas de trofeos e unha sserie de fotos dos atletas tralas carreiras de moi bela factura.

Segue con moitas máis fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS FOTOS.


 
ESCOLMA DE FOTOS DA FINAL DA "COPA DA COSTA DE VETERANOS 16-17" E DA ENTREGA DE TROFEOS DA TEMPADA NAS LIGAS.
Luns, 10 Xullo, 2017 Enviado por Pirata
escolmas de fotos
-FINAL COPA DA COSTA de VETERANOS-
-09/07/2017-

                 Abre a nova completa para ver tódalas fotos.
 
            
         
-Escolma de fotos da "Final da Copa da Costa de Veteranos 2016/17"
-San Román 3-2 SD Coristanco
-

Aquí tedes unha escolma de fotos da  "Final da Copa da Costa de Veteranos 2016/17", que se xogaba o 9 de Xullo de 2017 e que acababa con vitoria do San Román por 3-2 sobre o SD Coristanco. Unha finalísima xogada no "Campo AS Pedreiras" de Berdillo, (Carballo), orgañizada polo San Lorenzo de Veteranos e a Asociación de Veteranos da Costa. Trala final fíxose entrega dos trofeos de toda a tempada, dos que tedes aquí tamén as fotos das entregas de todos eles, da Gran Final, do ambente, etc...

Unha excelente reportaxe fotográfica feita polo noso colaborador o coristanqués, Paco López, para recordo e disfrute de tódolos implicados e para que quede de lembranza na nosa web para a historia do fútbol veterano da Costa.

Segue con moitas máis fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS FOTOS.


 
ESCOLMA DE FOTOS DA "GRAN FINAL DA COPA DA COSTA INFANTIL 2016-17" : UC CEE-SD SOFÁN.
Martes, 27 Xuño, 2017 Enviado por Pirata
escolmas de fotos
-FINAL COPA DA COSTA INFANTIL-
-24/06/2017-

                 Abre a nova completa para ver tódalas fotos.
 
            
         
-Escolma de fotos da "Final da Copa da Costa Infatil 2016/17"
-UC Cee-SD Sofán
-

Aquí tedes unha escolma de fotos da  "Final da Copa da Costa Infantil 2016/17", que se xogaba o 24 de Xuño de 2017 e que acababa con vitoria do SD Sofán por 1-2 sobre o UC Cee. Con goles de Lucas, (5´), por parte do equipo sofanista e o empate por medio de Leo, (44´), para os ceenses. Na prórroga desnivelaba o marcador para os de Sofán, Manu García, (83´). Un encontro cheo de emoción e cun ambentazo no San Andrés de Zas que foi a sede diste encontro, coa arbitraxe de Naim Juncal, como árbitro principal, asistido nas bandas por Eric Vázquez e Diego Seoane.

Esta escolma de fotos que vos ofrecemos para recordo dos nenos, pais, adestradores, árbitros... tanto os que sairon campións, coma os que sairon subcampións, (para nós son todos campións, porque nunha final só pode gañar un), é obra da nosa usuaria da web, e colaboradora, Susy Barreiro, que realizou para nós un enorme traballo, para disfrute de todos.

Segue con moitas máis fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS FOTOS.


 
ESCOLMA DE FOTOS DO "4º GRAN BOCADILLO DA LAREIRA-MUXÍA". "NOVO RECORD GALEGO 54 METROS"
Domingo, 18 Xuño, 2017 Enviado por Pirata
escolmas de fotos
-4º GRAN BOCADILLO DA LAREIRA-
-Muxía-

                  Parte dos orgañizadores e dos colaboradores.

 
            
         
-Escolma de fotos do "Gran Bocadillo da Lareira-Muxía"
-Estableceuse un novo record en Galicia : 54 metros
-

Este sábado 17 de Xumo do 2017 estableceuse un novo record no bocadillo máis grande de Galicia. O 4ª Bocadillo do Bar "A Lareira de Muxía", puxo o listón en 54 metros de bocadillo de :
bonito, xamón, tortilla, salami, chourizo, nocilla, mortadela, etc, etc... Comezaron fai catro anos con 38 metros, para no segundo ano pasar os 50, no terceiro 51 e desta volta 54, do que deron conta durante toda a tarde, dende ás 20:00 horas e ata a madrugada, varios centos de clientes, turistas, veciños e peregrinos, totalmente de balde. Ademáis ca música do "showman", "Manolo Delfín", e con hinchables para os nenos. Aquí tes unha escolma de fotos, da nosa redactora, Luz Digna García, dos inicios da festa, preparación, e comezo de degustación, a cal se foi sumando xente ata encher a zona do bar e o propio bar. No interior do suculento manxar había un dado vermello e o que lle tocase gañaba unha cea para duas persoas no local orgañizador. O agraciado foi Javier Martínez "Carpinteiro de Leis". Ademáis do "Gran Bocadillo" degustouse polo asado, polo "Zapateiro de Quintáns". 

Segue con moitas máis fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS FOTOS.


 
ESCOLMA DE FOTOS DO "VIII TORNEO DE CADETES DA UD PAIOSACO" E DOS SEUS EQUIPOS DE BASE NOUTROS TORNEOS.
Luns, 12 Xuño, 2017 Enviado por Pirata
escolmas de fotos
TORNEOS DE FÚTBOL BASE
-UD Paiosaco Hierros Añón-


           Once Caballeros CF, (negro) levábase o torneo de Cadetes do Paiosaco.


-Once Caballeros campión do "VIII Torneo de Cadetes UD Paiosaco"-
-Excelente xornada dos equipos de base da UD Paiosaco-

Celebrouse esta pasada fin de semana, cun gran ambientazo o "VIII Torneo de Cadetes da UD Paiosaco", no que saeu campión o equipo do Once Caballeros CF tras derrotar na finalísima ao SD San Tirso no derradeiro minuto do encontro por 1-0 ao aproveitar un contragolpe. Un torneo no que participaron 15 equipos. Eran 16 os invitados pero non se presentou o CF Dumbría. Pero a xornada foi moi frutífera para os equipos de base do UD Paiosaco Hierros Añón de base nos torneos nos que participaron. O Benxamin "A" gañaba o "Torneo de Fútbol Base da SD Sofán" o sábado, e o Prebenxamin "A" levábase o "Trofeo de Fútbol Base de Cambre", e o Benxamin "B" quedaba o Domingo, subcampión no "I Torneo de Fútbol Base do Brexo Lema", e o máis pequenos, Biberóns, quedaban subcampións do "Torneo de Fútbol Base de Betanzos".

Segue con fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESCOLMA DE FOTOS E INFORMACIÓN DOS "TORNEOS DE INFANTÍS E XUVENÍS DA SD SOFÁN".
Martes, 06 Xuño, 2017 Enviado por Pirata
escolmas de fotos
-TORNEOS FÚTBOL BASE SD SOFÁN-
-Infantís e Xuvenís-

             Tódolos datos e estatísticas da liga e en especial dos "nosos".

-A SD Sofán gaña os seus torneos de fútbol base-
-Foi campión en Infantís coma en Xuvenís-
-Crónica e Escolma de Fotos-


A semana pasada xa vos demos contada información das previas dos torneos que orgañizou a SD Sofán, tanto en Infantís, (sábado), coma en Xuvenís, (Domigo). Torneos nos que sairon campións os equipo sofanistas.
Aquí tes abrindo a nova o completo, o que deron de sí, e fotos, destes torneos, que gozaron dun excelente ambente, ademáis de confraternidade e bo fútbol. O equipo infantil, que ten no horizonte a volta da "Copa da Costa Infantil", na que está en semifinais e empatou 1-1 en Ponteceso, e xogará a volta o vindeiro venres no Carral a partires das 18:00 horas. O conxunto sofanista infantil, está invitado a vindeira semana a disputar a Copa Sálvora en Riveira, na que se enfrontarán ao Victoria CF, Once Caballeros CF e Bertamiráns CF, todos eles da Liga Galega. Segundo o seu adestrador Marco "Cantudo" : "Será unha experiencia moi bonita para os nenos".


Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.


 
ESCOLMA DE FOTOS DO MUXÍA CF-SD PONTECESO DA "LIV COPA DA COSTA SENIOR".
Venres, 26 Maio, 2017 Enviado por Pirata
escolmas de fotos

ESCOLMA DE FOTOS

-LIV Copa da Costa Senior-


              Abrindo a nova completa tes moitas máis fotos do encontro.

-Escolma de Muxía CF Vs SD Ponteceso da "LIV Copa da Costa"-

-Máis fotos abrindo a nova completa-

Aquí tes unha extensa reportaxe fotográfica do encontro Muxía CF Vs SD Ponteceso, "LIV Copa da Costa", un encontro que acabou 1-2 para os pontecesáns que tralo 1-1 da ida, supuxo o pase de estes a Cuartos de Final. Un encontro no que os prolegómenos foron de festa pois o clube muxián recibeu de man do vicepresidente da FGF, Juan Villamisar, acompñanado do Subdelegado da Federación en Baio, Manolo Corredoira, a Copa de campión da 3ª da Costa 2016/17,e no que ademáis o clube presidido por Álvaro Rodríguez tivo a ben facerlle unha homenaxe ao seu socio máis antigo, en anos e en idade, Juan Ramón Búa Lema, (26/11/1933), ao qe se lle agasallou cunha placa en cristal grabado e unha bufanda do clube muxián, e fixo o "saque de honra". Ademáis deste detalle temos que estar enormememnte agradecidos, xa que o Muxía CF fíxonos entrega dun premio-recoñecemento, de unha placa de cirstal, na que reza gravado :  "Pola labor periodística e a proxección da imaxe do Muxía CF". Un premio do que nos sentimos enormememnte orgullosos o ser o clube do noso pobo o que nos recoñece todo canto levamos feito nestes 10 anos de vida ca web, e que nos situa no "1º medio de comunicación da Costa da Morte" en canto a seguidores a diario e un dos máis seguidos de Galicia.

As fotos son de Luz Digna García e Xesús Búa, (Foto-Estudio Lolas de Muxía).


Segue con MÁIS FOTOS...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
INFORMACIÓN E ESCOLMA DE FOTOS DO "II TORNEO DE FÚTBOL 7 AS BALEAS" :
Mércoles, 24 Maio, 2017 Enviado por Pirata
escolmas de fotos
II TORNEO DE FÚTBOL 7 "AS BALEAS"
-Información e fotos-

                                Os rapaces disfrutaron dunha gran xornada de fútbol e amizade.

-Aquí tes toda a información e escolma de fotos do torneo-
-Éxito total no "II Torneo de F7 As Baleas"-
-Escolma de fotos-

Unha vez máis pódese tildar de "tremendo" o torneo que por segundo ano consecutivo orgañizou o EF As Baleas nas categorías de Prebenxamíns, Benxamíns, Alevíns e Infantis na modalidade de Fútbol 7. O éxito ven tanto no seguimento por parte dos afeccionados coma na cantidade e calidade dos equipos, que fixeron do Hermanas Patiño de Camariñas toda unha festa do fútbol base.

Segue coa información e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
MUXÍA CF E DEPORTIVO CRISTAL HOMENAXEARON NA ARLIÑA A ABDOULAYE E MOUSSA.
Sábado, 13 Maio, 2017 Enviado por Pirata
escolmas de fotos
"IN MEMORIAM"
-Abdoulaye-Moussa-

                 Os rapaces do Muxía CF e Deportivo Cristal homenaxearon
aos compañeiros desaparecidos.

-Emotiva homenaxe a Abdoulaye e Moussa do Muxía CF e o CD Cristal--
-Os rapaces lembraron aos amigos desaparecidos-

Como xa vos informamos durante a semana o Muxía CF invitou ao Deportivo Cristal da Coruña a un encontro "in memoriam" do seu rapáz traxicamente falecido fai unhas semanas na Praia do Orzán, Moussa Cissé, e aproveitando que tamén se acababa de cumprir un ano do pasamento tamén de maneira tráxica do cadete do Muxía CF, Abdoulaye Fall. Coincidencias da vida, fixeron que estes dous equipos se atopasen de novo e por desgraza polo mesmo, pois fai un ano eran os coruñeses os que invitaban aos muxiáns a un encontro homenaxe, para dar ánimos aos compañeiros de Abdoulaye. Os rapaces da Vila da Barca puxeron un ramo de froles no corner NE da Arliña na lembranza do compañeior desaparecido e fixeron entrega ao clube coruñés doutro para a familia de Moussa. Sortearon uns balóns donados por Atmósfera Sport de Muxía e unha camiseta do depor donada por Cabo Sports de Cee. A recadación irá destiñada a unha ONG. Tamén fixeron agasallos aos nenos do Deportivo Cristal e ao clube dun trofeo. O trofeo simbólico en disputa foi entregado a familia de Abdoulaye. Unha tarde mala no climatolóxico, pero "grande" no seu fin, que non foi outro que entrelazar amizade e confraternización, antre dous clubes que tiveron a mala sorte devivir a peor desgraza que foi perder a un ser querido, a un compañeiro...a un amigo.

Segue con fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa"...PARA VER MÁIS


 
ESCOLMA DE FOTOS DA ENTREGA DOS TROFEOS DE CAMPIÓNS DAS LIGAS DE F8 PREBENXAMÍN, BENXAMÍNS E ALEVÍNS.
Sábado, 13 Maio, 2017 Enviado por Pirata
escolmas de fotos
ENTREGA TROFEOS DAS LIGAS DO F8 BASE
-Campións da costa-

                 O UC Cee Prebenxamín xa ten a sua copa de campión de liga 2016/17.

-Entregáronse os trofeos de campións das ligas de Fútbol 8 Base-
-Tiveron lugar en Cee durante a Copa da Costa destas modalidades-
-Tódalas fotos abrindo a nova completa-

Aproveitando a disputa das Copas da Costa de Fútbol 8 de Prebenxamíns, Benxamíns, e Alevíns, que se están a celebrar no San Paio de Refoxos de Cee, (da que vos estamos a dar conta en direto nos nosos cadros, a dereita da web),  orgañizadas polo UC Cee e a FGF, coa cabeza visible do subdelegado costeiro da Federación, Manolo González Corredoria, fíxose entrega das copas de campións de tódalas ligas de fútbol 8, nas que o UC Cee recibeu a de campión Prebenxamín, Outes CF, (Benxamín Sur), EMF Vimianzo, (Benxamín Norte), Xallas FC, (Alevín Sur) e Corme CF, (Alevín Norte).

Segue cas fotos e información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa"...PARA VER MÁIS


 
ESTENSA ESCOLMA DE FOTOS DO "XXXIII RALI DO BERBERECO-NOIA".
Xoves, 06 Abril, 2017 Enviado por Pirata
escolmas de fotos

ESCOLMA DE FOTOS

-"XXXIII Rali do Berberecho-Noia"-


               Iago Caamaño inmortalizou ca sua lente o rali noiés.

-Escolma de fotos do "Rali do Berberecho-Noia"-

-Preto dun cento de fotos do evento deportivo noiés-

Aquí tes unha extensa reportaxe fotográfica do "33º Rali do Berberecho de Noia", do noso colaborador especialista no mundo do motor, enviado especial o rali, o ceense, Iago Caamaño. Un magnífico traballo que queda para lembranza do extraordinario rali noiés no que participaron máis de 150 coches e do que no noso enlace direto do motor tes toda a información e máis fotos.


Segue con MOITAS MÁIS FOTOS...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESCOLMA DE FOTOS DO ENCONTRO DA 3ª DA COSTA 2016-17 : MUXÍA CF Vs OUTES CF "B".
Xoves, 02 Marzo, 2017 Enviado por Pirata
escolmas de fotos
ESCOLMA DE FOTOS
-3ª DA COSTA-

                   Moitas máis fotos abrindo a nova completa...

-Escolma de fotos-
Encontro :  Muxía CF Vs Outes CF "B" da 3ª da Costa 2016/17-

Aquí tes unha escolma de fotos do encontro xogado no Campo d´Arliña, antre os equipos do
Muxía CF e o Outes CF "B" o 26 de Febreiro do 2017, correspondete a 22ª xornada da 3ª da Costa, dirixido por Ángel Acuña Piñeiro.

Un encontro que acabou co resultado de 6-1, con goles para os muxiáns de : Iván Lagoa, (3), Adrián Alcaina, Jose "Conguito" e Sergio "Peski", e por parte do Outes, Adrián Ruibal.

-A dereira da web no enlace direto de "Escolmas de fotos", quedan archivadas tódalas escolmas que colgamos-

Segue con máis fotos...


 
ESCOLMA DE FOTOS DO "21º RALI DA CORUÑA".
Xoves, 16 Febreiro, 2017 Enviado por Pirata
escolmas de fotos
ESCOLMA DE FOTOS
-21º Rali da Coruña-

                   Moitas máis fotos abrindo a nova completa...

-Escolma de fotos-
 -21º Rali da Coruña-

Aquí tes unha escolma de fotos do 21º Rali da Coruña, celebrado os días 10 e 11 de Febreiro de 2017. Unha escolma de fotos realizada polo noso enviado especial Iago Caamaño Castro.

-A dereira da web no enlace direto de "Escolmas de fotos", quedan archivadas tódalas escolmas que colgamos-

Segue con moitas máis fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS FOTOS.


 
ESCOLMA DE FOTOS DO ENCONTRO MUXÍA CF Vs EF AS BALEAS DOS INFANTÍS DA COSTA 2016-17.
Domingo, 12 Febreiro, 2017 Enviado por Pirata
escolmas de fotos
ESCOLMA DE FOTOS
-INFANTÍS DA COSTA-

                   Moitas máis fotos abrindo a nova completa...

-Escolma de fotos-
Encontro :  Muxía CF Vs EF As Baleas dos Infantís da Costa 2016/17-

Aquí tes unha escolma de fotos do encontro xogado no Campo d´Arliña, antre os equipos do
Muxía CF e o EF As Baleas o 4 de Xaneiro do 2017, baixo unha intensa chuvia. Encontro correspondente a 19ª xornada da Liga de Infantís da Costa, (1ª Autonómica G2), dirixido por Luis Sobrado Carballeira.

Un encontro que acabou co resultado de 2-8, con goles para os muxiáns de : Martín Lodeiro, (2) e por parte dos camariñáns marcaron : Pablo, (2), Raúl, Antonio Luaces, (2), Alfredo, Santi Zapater e Eric, (penalti) .

-A dereira da web no enlace direto de "Escolmas de fotos", quedan archivadas tódalas escolmas que colgamos-

Segue con moitas máis fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS FOTOS.


 

<   12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com