Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Menú principal

 

Tema: 3ª División, Preferente, 1ª Galicia

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345    

CRÓNICAS E RESULTADOS DA 1ª ELIMINATORIA DA "XXX COPA DEPUTACIÓN SENIOR".
Luns, 30 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia

-Xallas, Sofán e Soneira adiante na "XXX Copa Deputación"-

-CF Dumbría, San Lorenzo, Baio e Fisterra eliminados-

Como xa vos uinformamos na previa da 1ª eliminatoria da XXX Copa Deputación 2018, había ata 3 enfrontamentos antre equipos costeiros e neles o SD Soneira derrotaba pola mínima ao SD Fisterra, (0-1); o Xallas FC tamén pasaba co resultado pola mínima ante o CD Baio, (0-1), non así o SD Sofán que no derbi carballés goleaba ao seu veciño San Lorenzo de Verdillo, (0-6). O único que non tiña rival costeiro dos "nosos" era o CF Dumbría que caía ante o Sigüeiro por 2-0. Nos Dazaseisavos de Final que se xogarán o vindeiro 1 de Agosto, teremos a reedición da final da "LV Copa da Costa", o Xallas FC campión da mesma recibirá ao SD Sofán, namentras que o SD Soneira recibirá a todo un CD Boiro no Municipal de Vimianzo. Destacar que houbo 3 encontros que acabaron con igualada e tiveron que ir os penaltis. O Olímpico de Rutis que na previa deixara apeado ao UD Carral nos penaltis desta vez non tivo a mesma sorte e tras empatar a dous co Sporting Sada, (2-2), caía por 6-7 dende o punto de penalti. Tamén empataban o SD O Val e o Ás Pontes, neste caso a uns, (1-1), e nos penaltis pasaba o Val tras gañar por 3-2. O outro empate era a tres, (3-3), e dábase no Flavia-Órdenes, e levábasense os de Íria Flavia o pase tras gañar dende os 11 metros por 4-3. No cadro podes ver tódolos resultados e o camiño que levan as eliminatorias. Poderás consultar todo no enclace direto da dereita da portada da nosa web. Abre a nova completa para ver as crónicas dos encontros con equipos da Costa.

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
HOXE POLA TARDE TÓDOLOS ENCONTROS DA 1ª ELIMINATORIA DA "XXX COPA DEUTACIÓN DE FÚTBOL SENIOR", COS EQUIPOS COSTEIROS EN LIZA.
Domingo, 29 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia

-Hoxe 1ª Eliminatoria da "XXX Copa Deputación de Fútbol"-

-Tódolos encontros ás 19:00 horas agás dous-

Hoxe pola tarde terá lugar a 1ª eliminatoria da XXX Copa Deputación 2018, unha competición na que temos a 7 representantes da Costa e algún máis que ainda que non é costeiro si é dos que levamos tódolos anos. Os encontros serán todos ás 19:00 horas agás o AD Miño-Betanzos que comezará ás 20:00 horas e o Ortigueira-Galicia de Mugardos que comezará ás 19:30 horas. No que se refire aos equipos costeiros, temos varios enfrontamentos antre eles mesmos, Baio-Xallas, San Lorenzo-Sofán e Fisterra-Soneira, polo que teremos enfrontamentos antre equipos dos "nosos" nesta e en duas eliminatorias máis. O CF Dumbría visita ao Sigüeiro, sendo este o único que non xoga contra un veciño. O pasado día 25 houbo unha rolda previa na que o Olímpico de Rutis deu a sorpresa ao eliminar ao UD Carral, tras empatar a uns, (1-1), gañaba nos penaltis 4-3 deixando fora aos carralenses. No cadro podes ver tódolos enfrontamentos e o camiño que levan as eliminatorias. Poderás consultar todo no enclace direto da dereita da portada da nosa web.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ASÍ QUEDOU A "COPA DEPUTACIÓN 2018".
Mércoles, 18 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia

-Os equipos costeiros xogarán cáseque todos antre eles-

-A 1ª eliminatoria o 29 de Xullo-

Sorteouse a Copa Deputación 2018, unha competición que lle vale aos equipos para ir collendo forma na pretempada así como para ir axudando un pouco as suas arcas, en especial canto máis lonxe se chegue. No que se refire aos equipos costeiros da Preferente e 1ª Galicia, van todos polo mesmo lado do cadro e enfróntanse antre eles mesmos, o que fai que polo menos en 3 roldas como mínimo haberá enfrontamento antre clubes da Costa. O CD Baio terá como rival ao Xallas FC campión da "Copa da Costa", o San Lorenzo de Verdillo, derbi co SD Sofán. O SD Fisterra recibirá no Ara Solis ao SD Soneira e o ser impares o único que non ten rival da Costa é o CF Dumbría que terá que visitar ao Sigüeiro. O UD Paiosaco visita ao veciño Queixas. No resto de equipos que levamos acotío, o SD Negreira non entra ata a segunda rolda, e espera rival do Chaián-Bastavales, no equipo padronés asinou como adestrador Alinhos Romero e como segundo Juan "Tomé", ambos o ano pasado no SCDR Esteirana campión da Liga da Costa. O CF Noia esperará rival do Flavia-Órdenes e o Bergantiños CF do Unión-Arzúa. Pola sua banda o Laracha CF espera en Dazaseisavos rival do Cedeira-Eume e o Silva do Ortigueira-Galicia de Mugardos. O Fabril estrearase tamén en segunda rolda ante o gañador do Atlético Montañeros-Portazgo.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
HOXE A GRAN FESTA DO FÚTBOL GALEGO CA GRAN GALA EN SANTIAGO.
Venres, 29 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
"GALA DO FÚTBOL GALEGO"
-Programación-


Suso da Torriña recollerá o premio "Toda unha vida".

-Hoxe terá lugar a "Gala do Fútbol Galego"-
-ED Os Miúdos e Suso da Torriña os premiados da Costa-

Hoxe venres 29 de Xuño a grande cita do Fútbol Galego no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela coa "Gala do Fútbol Galego", un acto ao que estamos invitados, pero ao que nos será imposible acudir e que se levará a cabo ca orgañización conxunta da Real Federación Galega de Fútbol e a Asociación de Clubs Galegos de Fútbol e na que ademáis dos premios a campións de liga de tódolas categorías de fútbol e futsal tanto no apartado masculino coma no feminino e no mixto, e os recoñecementos e premios en determinadas parcelas relacionadas co noso fútbol e futsal, tamén se entregarán os "Premios Galicia en Goles" da Radio Galega. Por parte da Costa destacar o premio "Toda unha vida" no apartado de colaboradores e diretivos a Jesús Figueroa Ouréns, "Suso da Torriña" do Corme CF. Un premio máis que merecido e no que o nome do premio dío todo, xa que o cormelán leva "Toda unha vida adicada o seu Corme". Tamén haberá premio no apartado de "Distinción do Fútbol Base" para o ED Os Miúdos de Muros, clube ao que fai un par de anos na nosa gala tamén distinguíamos co "Piratiña da Costa-Abdoulaye" polo seu inmenso traballo na base. Merecido premio para a escola muradana presidida por Vinto Tajes e para Suso da Torriña. As nosas maiores felicitacións. Abre a nova o completo para ver toda información desta gran gala.

Segue con toda a programación da gala...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...



 
ASÍ SERÁ E ESTES SERÁN OS PREMIADOS DA "GALA DO FÚTBOL GALEGO" DO DÍA 29 DE XUÑO.
Luns, 25 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
"GALA DO FÚTBOL GALEGO"
-Programación-


O Pazo de Congresos de Santiago volve a acoller a festa do noso fútbol.

-Toda a información sobre a "Gala do Fútbol Galego"-
-Sera este venres 29 de Xuño-

Este vindeiro venres 29 de Xuño a grande cita está no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela coa "Gala do Fútbol Galego" que se levará a cabo ca orgañización conxunta da Real Federación Galega de Fútbol e a Asociación de Clubs Galegos de Fútbol e na que ademáis dos premios a campións de liga de tódolas categorías de fútbol e futsal tanto no apartado masculino coma no feminino e no mixto, e os recoñecementos e premios en determinadas parcelas relacionadas co noso fútbol e futsal, tamén se entregarán os "Premios Galicia en Goles" da Radio Galega. Abre a nova o completo para ver toda información desta gran gala.

Segue con toda a programación da gala...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
O MAZARICOS DESPÍDESE DA PROMOCIÓN CUNHA VITORIA "AGRIDOCE".
Luns, 18 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
FASES DE ASCENSO  1ª GALICIA G2
-5ª Xornada-

O Mazaricos despideuse cunha vitoria.

CF Mazaricos 1-0 SD Esclavitude
-O CF Mazaricos despídese da promoción cunha vitoria-

O CF Mazaricos despideuse da promoción de ascenso a 1ª Galicia G2, nun encontro "agridoce", pois querían despedirse da fase de ascenso cunha vitoria ante os seus afeccionados. Venceron e deixanlle o ascenso en bandexa ao SD San Mamede que visita a vindeira semana ao SD Esclavitude, na derradeira xornada desta promoción e chégalles un empate. Un gol de Ricardo Tuñas a media hora de xogo dáballe a vitoria aos mazariquenses, que lles tocou a parte ágria no que se refire a afección xa que tiveron que xogar a esa hora e o Domingo, (18:00), coincidindo ca Gran Final da "LV Copa da Costa", polo que no Peña d´ouro practicamente non había máis ca afeccionados do equipo visitante e tampouco os integrantes do CF Mazaricos non puideron ver a finalísima copeira da costa. Así se expresaban dende o clube mazariquense no seu FaceBook : "Pedimos perdon a nosa afección, así como, ao fútbol da costa. Non podemos asistir a final porque nos obrigan a xogar as 18:00 horas. Non contamos con ninguén no Peña do ouro, só cos afeccionados rivais. Gracias ao Esclavitud, non podemoa desfrutar do maior evento do fútbol da costa". Abre a nova completa para ver todo.

CF Mazaricos : José, Manuel de B. (Iago, 85´), David, Ricardo, Roberto Amoedo, Estéfano, Sergio, (Manuel Lago, 69´), Roberto, Miguel, (Crístian, 63´), Esteban e Raúl.

 SD Esclavitude : Carlos, Abel, (Arantón, 60´), Gonzalo, Ángel, Borja, Alejandro, (José A. 60´), Alfonso, Jaime, (Fariñas, 59´), Darío, Andrés e e Juan.

Gol : 1-0, Ricardo, (31´).

Árbitro : David Vázquez Lema, (Comité Costa da Morte).

Asitentes : Rai Reborido, (Comité Costa da Morte) e Óscar Rey, (Comité).


Segue ca información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
O CF MAZARICOS CAE POLA MÍNIMA ANTE O SÁN MAMEDE E DÍ ADEUS A LOITA POLO ASCENSO A 1ª GALICIA G2.
Luns, 11 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
FASES DE ASCENSO  1ª GALICIA G2
-4ª Xornada-

O Mazaricos volveu a caer ante o San Mamede pero dando máis guerra.

CD San Mamede 1-0 CF Mazaricos
-O CF Mazaricos di adeus a loita polo ascenso-

O CF Mazaricos dixo adeus a loita polo ascenso a 1ª Galicia G2, tras caer pola mínima ante o San Mamede nun encontro xogado de poder a poder e no que os de Vedra marcaban no 72 por medio de Alfonso. Un trunfo que deixa ao vedreses con 7 puntos comandando a clasificación e como firmes candidatos ao ascenso. Na vindeira xornada descansa o San Mamede e remata a fase de clasificación visitando ao SD Esclavitude que é o rival dos mazariquenses a vindeira semana no Pino do Val. Un choque no que os rapaces de Roberto Amoedo tratarán de despedir esta promoción brindándolle unha vitoria aos seus afeccionados. Con esta derrota dos mazariquenses o Outes CF xa é equipo da 3ª da Costa e tamén ten moitas posibilidades de caer o "pozo" o UC Cee cos arrastres da 1ª Galicia G2. Abre a nova completa para ver todo.


San Mamede : Álvaro, Jordan, (Alfonso, 46´), Carbajales, José Luis, David, Víctor, Javier, (Vicente, 86´), Orosa, Marque, (José, 65´), Hugo e Juan.

CF Mazaricos : José, Manuel, David, Ricardo, Manuel Lago, (Roberto Amoedo, 74´), Estéfano, Adrián, (Sergio, 59´), Roberto, Miguel, (Martín, 90´), Esteban e Fernando.

Gol : 1-0, Alfonso, (72´).

Árbitro : Miguel Ángel Castro Castro, (Comité Santiago). Expulsou no banco o xogador do Mazaricos, Orlando.

Asitentes : Rubén Rodríguez, (Comité de Santiago) e Enrique Refojo, (Comité Galego).


Segue ca información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
O UD PAIOSACO REPITE COMO CAMPIÓN DA COPA DA CORUÑA O VENCER NA FINAL O VICTORIA CF POR 1-2.
Domingo, 10 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia

COPA DA CORUÑA


O UD Paiosaco reptite de campión, (Foto : RFGF).

Victoria CF 1-2 UD Paiosaco Hierros Añón

-UD Paiosaco repite como campión e pecha unha tempada histórica-

O UD Paiosaco Hierros Añón lévase novamente a Copa da Coruña tras vencer por 1-2 ao Victoria CF e pecha unha tempada histórica co ascenso a 3ª División como colider da liga e suma a segunda copa consecutiva. A intensa choiva que fixo que o Campo do Roxo estivese moi pesado e con mala circulación do balón, foi o principal atranco para ambos equipos. Adiantouse o equipo peisaqués por medio de Miguel aos 16 minutos de xogo e pasada a media hora de xogo Bernat empataba para o Victoria CF. Non foi ata o treito final cando Iván Torres, (76´), conseguía o tanto que lles daba a Copa aos de "Peisaco".

Victoria CF : Xabier, Brais, (Iago, 61´), Jorge Rodríguez, (Jaime, 77´), Javier, Bernat, (Andrés, 37´), Jorge Raña, Emilio, (Miguel, 8´), Crístian, Adrián, Eduardo e Samuel.

UD Paiosaco Hierros Añón : Dani Moreno, (Rama, 45´), Bilal, (Andrade, 72´), Miguel, Sergio Lista, Sergio Ramón, Javi Fuentes, Pablo, José Ramón, Iván Torres, Diego Lois, (Eloy, 84´), e Pombo, (Crísthian, 82´).

Goles : 0-1, Miguel, (16´); 1-1, Bernat, (36´); 1-2, Iván Torres, (76´).

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA 4ª XORNADA DA FASE DE ASCENSO A 1ª GALICIA G2 : "DERRADEIRA OPORTUNIDADE DO MAZARICOS PARA ENGANCHARSE A LOITA POLO ASCENSO".
Sábado, 09 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
FASES DE ASCENSO  1ª GALICIA G2
-4ª Xornada-

O Mazaricoscaeu no primeiro encontro co San Mamede por 0-3.

-Derradeira oportunidade para engancharse do CF Mazaricos-

Mañán Domingo 10 de Xuño será a derradeira oportunidade para o CF Mazaricos para engancharse a loita polo ascenso a 1ª Galicia G2. Non só valería unha vitoria para os mazariquenses pois ó 0-3 do encontro no Pino do Val, dalles aos do San Mamede un plus. Moi difícil, pero non imposible. Aquí tes a previa do encontro e como vai esta fase de ascenso. Abre a nova completa para ver todo.

Segue ca información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
A FINAL DA "COPA DA CORUÑA" DE FÚTBOL O SÁBADO NO "CAMPO DO ROXO", (CERCEDA).
Martes, 05 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia

Neste cadro tes toda a información da Copa da Coruña.

-A Gran Final da "Copa da Coruña" en Cerceda o sábado-

-UD Paiosaco e Victoria CF na loita-

A RFGF designou para a finalísima da Copa da Coruña o Campo do Roxo en Cerceda, o vindeiro sábado 9 de Xuño ás 19:00 horas, xa que este ano por mor das obras nas cubertas do Estadio de Riazor non se pode levar a cabo. A entrada será única de 5 € para todo o púbrico. UD Paiosaco Hierros Añón e Victoria CF dirimirán unha final na que repite o equipo peisaqués que a gañou o ano pasado en Riazor. Para Fer Nando "Peisaco", o noso colaborador do equipo verdibranco : "Penso que Cerceda e ó mellor sitio para xogar a final póla instalación e capacidade para a nosa afección. Temos moitas gañas de acabar a tempada ca nosa 4° ? e facer un dobrete histórico para nós. As finais nunca hai un favorito craro pero temos moita confianza nas nosas posibilidades e ca nosa afección todo é posible".

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O UD PAIOSACO ACOMPAÑARÁ O VICTORIA CF NA GRAN FINAL DA "COPA DA CORUÑA" DE FÚTBOL.
Sábado, 02 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia

Neste cadro tes toda a información da Copa da Coruña.

-Victoria CF Vs UD Paiosaco Gran Final da "Copa da Coruña"-

Un gol de Alberto aos 83 minutos de xogo decideu o finalista da Copa da Coruña que faltaba por decidir, nun encontro que se decideu no derradeiro treito do encontro. Adiantouse o Órdenes SD por medio de Víctor Herves aos 74 minutos de xogo. Igualaba a contenda para os peisaqueses Alberto Tabuyo 4 minutos despois e era outro Alberto, o que facía o gol da vitoria no 83 para poñer ao UD Paiosaco Hierros Añón de novo na finalísima do 9 de Xuño. Nesa Gran Final espera dende o pasado 30 de Maio o Victoria CF que pasaba tras empatar co Vizoño SD por 1-1 e gañar nos penaltis 5-6.

Goles : 1-0, Víctor Herves, (74´); 1-1, Alberto Tabuyo, (78´); 1-2, Alberto Álvarez, (83´);

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
MAÑÁN ÓRDENES E PAIOSACO BUSCARÁN ACOMPAÑAR O VICTORIA CF NA GRAN FINAL DA "COPA DA CORUÑA".
Venres, 01 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia

Neste cadro tes toda a información da Copa da Coruña.

-Mañán sábado o Paiosaco visita ao Órdenes na "Copa da Coruña"-

-Espera o Victoria CF na Gran Final-

Se fai unha semana UD Paiosaco Hierros Añón e Órdenes SD, se enfrontaban en liga no derradeiro encontro da  Preferente Norte, mañán terán que voltalo a facer, na semifinal da Copa da Coruña a encontro único, pero o resultado da liga non valerá, pois o empate sen goles que acadaron, habería que dirimilo dende o punto de penalti para facelo, (enténdase, se tame´n continuase o empate sen goles na prórroga). Se algo ten de bonito esta copa é que vai de principio a fin a encontro único, xogando na casa o equipo de menor categoría, agás a Gran Final, que se xoga normalmente en Riazor, pero que polas obras terá que trasladarse a outro campo, ainda por definir. Os de "Peisaco" son os actuais campións e defenden o cetro. O que pase de peisaqueses e ordenses, terá como rival na finalísima ao Victoria CF que o pasado mércores deixaba fora ao Vizoño SD, nun encontro bronco e que acabou con 1-1 no marcador, pasando os coruñeses nos penaltis. Decir que o equipo vizoñés, tivo ata 4 expulsados, un deles o adestrador. Non foi o seu día, pois marcaba Samuel en propia porta ó 0-1, e empataba o seu compañeiro Crístian no 40. Marcaron os dous goles e caeron nos penaltis 5-6.

Segue ca previa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESPECIAL RESUMO DA 1ª GALICIA G2, 2017-18 E EN ESPECIAL DOS EQUIPOS COSTEIROS"
Xoves, 31 Maio, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA GRUPO 2, 2017/18

-Especial Fin de Liga-


Unha liga "cal e area" dos equipos costeiros.

-Resumo especial da 1ª Galicia Grupo 2, 2017/18-

-Datos, estatísticas, comentarios de adestradores e colaboradores...-
(Especial Fin da Liga e dos equipos costeiros)

Para a lembranza a traverso dos anos aquí vos traemos un especial de todo o que deu de sí a 1ª Galicia Grupo 2,  2017/18.
Un exame exhaustivo con tódolos datos da liga, dos seus goleadores, os comentarios dos adestradores, tanto do que foi a liga para os seus equipos, como a sua visión do que foi a liga no contexto xeral. Ademáis do contexto da liga en datos, coma cada ano facemos un especial dos equipos costeiros, aos que levamos de costume. SD Soneira, equipo mellor clasificado dos costeuiros cunha meritoria 7ª praza e que comezou no banco con Rafa Suárez para continuar con Pedro Gómez. O CD Baio, que tivo no banco a Pedro Gómez, trocou o inquilino ca volta de Diego Díaz, e aguantou o tipo para salvar a categoría. O SD Fisterra, que comezou con Felipe "Cacharro", no banco e tivo o troco por Noé, que chegaba do Xallas FC, pero que ainda que quedou fora do descenso, depende e moito dos arrastres, para non caer a Liga da Costa e arrastrar a máis equipos desta liga, que xa se sumaron co descnso do SD San Lorenzo, que comezou con Óscar Suárez e que rescatou para o fútbol a Pablo Mallón co que tiveron uns "coletazos" que daban pé a esperanza, pero que logo volveu a sumirse nas tenebras. Foi esta unha liga na que os equipos costeiros deron unha de cal e outra de area. Teremos para o ano 3 equipos fixos co ascenso do SCDR Esteirana, pero baixa un seguro e o outro con moita probabilidade, 8oxalá que non). Coincidiron todos en que todos trocaron de adestrador, pero a medida saeu ben o 50%..Abre a nova o completo para ver o especial da liga con todo o que deu de sí.

Segue co especial da liga...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
RESUMO ESPECIAL DA PREFERENTE NORTE 2017-18 E DOS EQUIPOS COSTEIROS.
Mércoles, 30 Maio, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
PREFERENTE NORTE 2017/18

-Especial Fin de Liga-


Bo nivel dos "nosos" agás o Dumbría que non acadou o obxetivo.

-Resumo especial da Preferente Norte 2017/18-

-Datos, estatísticas, comentarios de adestradores e colaboradores...-
(Especial Fin da Liga e dos equipos costeiros)

Para a lembranza a traverso dos anos aquí vos traemos un especial de todo o que deu de sí a Preferente Norte 2017/18.
Un exame exhaustivo con tódolos datos da liga, dos seus goleadores, os comentarios dos adestradores, xefes de prensa e colaboradores, tanto do que foi a liga para os seus equipos, como a sua visión do que foi a liga no contexto xeral. Con especial atención aos equipos costeiros, aos que levamos de costume. UD Paiosaco, que acabou segundo cos mesmos puntos co campión o SD Polvorín, polo que podemos consideralos coma o "co-campión", de igual maneira que cando ía empatado era o "co-lider". Atlético Arteixo, que acabou nunha meritoria 8ª praza tras flirtear cos postos de loita pola promoción. Xallas FC, que deu un tremedo troco tras facerse cas rendas do equipo Néstor Romero en detrimento de Noé, chegandoa estar na loita pola promoción. SD Sofán, que sempre estivo na parte alta e baixou o ritmo tras acadar a permanenza e acabou 12º, e CF Dumbría, que a pesares do troco de adestrador, tras ser destituido, Diego Lobelos, mellorou con Nacho Barreiro, pero non foi capáz de agarrar unha xeira de resultados positivos e acabou no descenso, pero con opcións ata o final de acadar a permanenza...Abre a nova o completo para ver o especial da liga con todo o que deu de sí.

Segue co especial da liga...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
SEGUNDA DERROTA CONSECUTIVA DO CF MAZARICOS NA PROMOCIÓN DE ASCENSO A 1ª GALICIA G2.
Luns, 28 Maio, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
FASES DE ASCENSO  1ª GALICIA G2
-2ª Xornada-

O Mazaricos alónxase do ascenso a 1ª Galicia G2.

Esclavitud SD 2-1 CF Mazaricos
-Segunda derrota do CF Mazaricos na Fase de Ascenso-

Segunda derrota consecutiva do CF Mazaricos na loita polo ascenso a 1ª Galicia G2. Non foi ata o treito final cando se rompeu o encontro e foi a través dun penalti a favor dos padroneses que materializaba Gonzalo aos 69 minutos de xogo. O desgaste do encontro de Copa fixo mella nos mazariquenses que tras dar un paso adiante viron como o rival aproveitaba para poñerse 2-0. O gol dos costeiros chegaba no derradeiro minuto do tempo de xogo, e facíao cun novo penalti, desta vez a seu favor e que trasnformaba David. Mal resultado na procura de acadar o fin do asceso e ve como os seus dous rivais suman 3 puntos a sua costa. A vindeira fin de semana os mazariquenses descansan xa que xogan San Mamed e Esclavitud, para retornanr o conxunto amarelo a competición o 10 de Xuño visitando ao San Mamed.

Segue ca información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
O FISTERRA CO FUTURO INCERTO NA 1ª GALICIA POLOS ARRASTRES.
Luns, 28 Maio, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA

Así acabou a 1ª Galicia Grupo 2.

-O SD Fisterra co futuro incerto na categoría-

Mala sorte a do SD Fisterra que nesta derradeira xornada xogaba co SD Piloño que gastaba a derradeira bala para tentar entrar na promoción da que quedou fora a pesares de derrotar aos fisterráns, (3-0), pero non fallaba o Puebla CF ante o Atlético Riveira, (5-1) e eran os do Barbanza os que acababan por golaveraxe segundos e promocionarán. Ascendeu direto como campión o SD Agolada, xa campión dende a pasada semana. O SD Soneira despedía a liga derrotando ao UD Bastabales, (0-2), a domicilio e quedando nunha meritoria 7ª praza, 1 punto por debaixo do rival desta xornada. Mérito enome tamén dos rapaces de Pedro Gómez que viñan de xogar o venres un encontro con moita esixencia na Copa da Costa ante o SD Coristanco, co pase a semifinais "in extremis". O CD Baio despideu a tempada dándolle aos seus afeccionados, non unha vitoria pero sí un gran encontro con 8 goles. Empataron os de Diego Díaz a catros, (4-4), co CD Unión, 5º clasificado. Pola sua banda o San Lorenzo acababa a tempada recibindo unha goleada, (6-1), e coa sensación de que por fin acabou a liga. Gran papel neste treito final da liga dos rapaces do xuvenil que foron debutando da man de Pablo Mallón. Agora co descenso do CF Dumbría da Preferente o SD Fisterra deberá esperar que ascenda o Puebla CF e que non haxa máis arrastres, dependendo o que pase cos que promocionan da 3ª División. Meritorio o Tordoia CF do noso colaborador José Barca, que acabou un posto por enriba dos fisterráns, e corre perigo, pero menos cos fisterráns. Cos 40 goles desta derradeira tirada da liga, marcáronse un total de 922, cunha media de 3,01 por encontro. Durante a semana faremos un especial do que foi a liga e a traxectoria dos equipos costeiros.

Segue...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
CONSUMOUSE O DESCENSO DO CF DUMBRÍA NA DERRADEIRA XORNADA DA PREFERENTE NORTE.
Luns, 28 Maio, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
PREFERENTE NORTE

Así acabou a Preferente Norte.

-Consumouse o descenso do CF Dumbría-

Mala xornada para o fútbol costeiro esta derradeira da Preferente Norte. O UD Paiosaco ascendido a fai unha semana deixou escapar a oportunidade de sair campión o non pasar do empateco Órdenes, equipo co que se medirá no Vista Alegre o vindeiro día 3 nas semifinais da Copa da Coruña. Non se moveu o marcador e non aproveitaron os peisaqueses o empate do SD Polvorín que acabou campión. Xallas FC e SD Sofán, ambos pensando máis na Copa da Costa acabaron a liga cun empate a uns, (1-1), cada un deles e o Atlético Arteixo caía neste derradeiro envite, ante o Betanzos CF, (3-2), o que perxudicaba e de que maneira ao CF Dumbría, que caía no Conco ante o San Tirso, (1-2), e eran os dumbrieses os quecaían o "pozo", e descenden, extendendo a mala xornada para os equipos costeiros a 1ª Galicia pois motiva un arrastre que pode afectar ao SD Fisterra, dependendo do que faga o Puebla CF na promoción. Durante estes días faremos un especial coa traxectoria de tódolos nosos equipos e do global da Preferente Norte que acabou con 1.115 goles, a 2,93 por encontro e como decimos co descenso dos dumbrieses, do Atlético Escairón e do Outeiro de Rei.

Tódolos nosos ánimos a os que forman o CF Dumbría : xogadores, adestradores, diretivos, axudantes do clube, colaboradores e a afección.

Segue...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
PREVIA DA 2ª Xda DA FASE DE ASCENSO A 1ª GALICIA G2 : "SEGUNDO INTENTO DO MAZARICOS PARA COMEZAR A PUNTUAR".
Domingo, 27 Maio, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
FASES DE ASCENSO  1ª GALICIA G2
-2ª Xornada-

O Mazaricos caía na primeira xornada ante o San Mamed.

-Segundo intento para o CF Mazaricos na Fase de Ascenso-

O CF Mazaricos ten hoxe en Cruces ante o Esclavitud SD a segunda oportunidade para meterse na loita polo ascenso. Trala dura derrota da 1ª xornada nate o CD San Mamed, (0-3), na Peña d´ouro, hoxe precisa unha vitoria para non quedar descolgado a primeiras de cambio na loita polo ascenso a 1ª Galicia G2. Os rapaces de Roberto Amoedo que onte quedaban fora na Copa da Costa nun chouqe no que sstaban máis ca cabeza no de hoxe, deberán trocar o "chip" da competición. Aquí tes a previa do encontro e como vai a fase e o que hai por diante. Abre a nova o completo se queres ver todo.

Segue ca información da previa...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
ESPECIAL DO CAMIÑO AO ASCENSO DO UD PAIOSACO HIERROS AÑÓN :
Luns, 21 Maio, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
UD PAIOSACO NOVO EQUIPO DA 3ª

-ESPECIAL ASCENSO-


O Paiosaco celebrou o ascenso por todo o alto.

-O UD Paiosaco Hierros Añón acada un merecido ascenso-

(Especial do ascenso)

Aquí vos traemos un especial do camiño que fixo o UD Paiosaco Hierros Añón para acadar o merecido ascenso a 3ª División, e ainda con probabilidades de acadar o título de liga, ou o de "co campión", pois pode acabar cos mesmos puntos co SD Polvorín, co que vai igualado a puntos, pero co golaveraxe en contra. Unha derrota do filial do CD Lugo, e unha vitoria ou empate dos de "Peisaco" daríalles a estes o título. Abre a nova completa para ver o especial.


A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o UD Paiosaco Hierros Añón : xogadores, técnicos, axudantes do clube, diretivos e afeccionados por este ascenso histórico.

Segue co especial...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
O UD PAIOSACO ACADA O ASCENSO A 3ª DIVISIÓN A FALLA DUNHA XORNADA PARA REMATAR A PREFERENTE NORTE.
Domingo, 20 Maio, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
PREFERENTE NORTE

O Paiosaco celebrou un máis ca merecido ascenso.

-O UD Paiosaco Hierros Añón novo equipod a 3ª División-

O UD Paiosaco Hierros Unión xa é novo equipo da 3ª División tras derrotar a domicilio ao CD Castro, (1-3). Os rapaces de Riveiro adiantábanse por medio de Iván aos 5 minutos de xogo e a pesares de que lles empataban os do CD Castro por medio de Sergio xa na segunda metade, (55´), conseguían volver a mandar no marcador cun  gol de Sergio, (65´) e xa no desconto Alberto co terceiro destaba a tolemia nos afeccionados desprazados ao Arturo Pereiro do Castro. Con esta vitoria os de "Peisaco" pechan a falla dunha xornada para o final da liga unha excelente tempada, culimnada con este ascenso máis ca merecido. Este luns faremos un especial do clube verdibranco. A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o UD Paiosaco Hierros Añón : xogadores, adestradores, axudantes do clube, diretivos e afeccionados, e en especial ao noso colaborador Fer Nando "Peisaco".

No que se refire ao resto dos nosos ao Xallas FC notouselle e moito o encontro do día anterior da Copa da Costa e caía por 0-4 co Viveiro FC e o SD Sofán metíalle un "cable" ao CF Dumbría, (2-3). Pola sua banda o Atlético Arteixo caía na casa ante o SD Dubra, (1-3).

Segue...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 

<   12345    

Theme creado por dev-postnuke.com