Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Menú principal

 

Tema: 3ª División, Preferente, 1ª Galicia

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345   >

AXENDA DOS ENCONTROS PARA HOXE DO FÚTBOL AFECCIONADO.
Sábado, 06 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
AXENDA DO FÚTBOL AFECCIONADO

O UD Corcubión volve o Novo Cubaleiro onde goleou no anterior encontro.

-4 encontros para hoxe no fútbol afeccionado-

Tan só 4 encontros se xogan hoxe das 5 competicións de fútbol afecionado. Na 3ª División o lider Bergantiños CF xoga esta tarde nas Eiroas, e nesta categoría tamén xoga hoxe o SD Silva. Na Preferente Norte o Xallas FC visita esta tarde ao Puebla CF, sendo o único encontro desta categoría. Non se xoga neste sábado ningún choque na 1ª Galicia G2 nen na Liga da Costa e xógase un encontro na 3ª da Costa, o que enfrontará ao UD Corcubión e o CF Castrelo, quedando para o Domingo o resto de choques. No fútbol de veteranos, como xa sabedes, agora federados, os encontros son sempre na mañán dominical. Abrindo a nova o completo tes os datos dos encontros que se xogan hoxe.


Segue coa previa dos encontros...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS DA 4ª XORNADA DA 1ª GALICIA G2 : "SÓ O BAIO ACADA OS 3 PUNTOS, CUN EMPATE DO FISTERRA E DERROTAS DE DUMBRÍA, ESTEIRANA E SONEIRA.
Luns, 24 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª Galicia G2
-4ª Xornada-


Os integrantes do CD Baio animaron o compañeiro lesionado Fachal.

-O CD Baio o único que saca os 3 puntos-

-Empate do Fisterra e errotas de Soneira, Esteirana e Dumbría-

 4ª Xornada  que volveu a se mala para a amioría dos "nosos" na 1ª Galicia G2. Dos 4 representantes da Costa o único que sacou os 3 puntos foi o CD Baio que derrotaba ao SD Piloño, que chegaba como segundo ao "Platas Reinoso", (2-1), unha vitoria que puido ser moito máis folgada. Sumou un punto o SD Fisterra ante o Tordoia CF do "oleiro", Dani Calvete, que na xornada inaugural tamén sacara 1 punto ante a Esteirana. Unha SCD Esteirana que caía pola mínima ante o Chaián CF, (0-1). Tamén caía derrotado e por goleada o SD Soneira, na sua visita ao Flavia SD, (3-0), un dos candidatos a todo. Pola sua banda o CF Dumbría cae empicado e sufría unha nova derrota, segunda cponsecutiva e 3ª en 4 encontros. Desta volta foi ante o UD Val do Ulla, (4-2), e que trala vitoria do UD Bastavales, que ainda non sumara, deixa aos dumbrieses colistas en solitario cun só punto. Abre a nova o completo para ver as crónicas dos encontros.


Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
PREVIA DA XORNADA DESTA FIN DE SEMANA NA 3ª DIVISIÓN, PREFERENTE NORTE E 1ª GALICIA G2 :
Venres, 21 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
3ª DIVISIÓN-PREFERENTE-1ª GALICIA G2

O Xallas FC visita ao Ribadeo 4º clasificado da Preferente.

-Previa dos encontros da 3ª División, Preferente Norte e 1ª Galicia G2-

Aquí tes tódolos horarios e enfrontamentos da xornada na 3ª División e Preferente Norte, nas que se xoga a 5ª xornada e da 1ª Galicia G2 na que se xoga a 4ª xornada. Agás na 3ª Galicia G2 que se xogan dous encontros mañán sábado, o resto de encontros, un total de 27 xóganse o Domingo 23. Na 3ª División xogase mañán sábado o Ourense CF-CD Barco, (20:45 h) e o UD Somozas-CD Boiro, (18:00), o resto son o Domingo. O Bergantiños CF ten outro derbi, desta vez ante o Laracha CF nas "Eiroas", (18:00), e o SD Silva recibe pola mañán, (12:15 h), ao Arosa SC. Pola sua banda o UD Piosaco Hierros Añón, volta a xogar na casa recibindo nada menos ca o SD Compostela, (18:00). Na Preferente Norte , tódolos encontros o Domingo, o Xallas FC visita ao Ribadeo CF, (18:30 horas), e o SD Sofán visita ao Puebla CF, (18:00). Pola sua banda o CF Noia, que suma 4 vitoiras nos 4 pimeiros encontros, recibe ao Boimorto CF, (18:00) e o Atlético Arteixo recibe ao CD Castro, (12:00 h). No que se refire a 1ª Galicia G2 agás o SD Soneira que xoga fora ante o Flavia SD, (18:00 horas), o resto dos equipos costeiros xogan na casa. O SD Fisterra, recibe no "Ara Solis", ao Tordoia CF, (17:00  horas). O CD Baio recibe no "Platas Reinoso" ao SD Piloño, (17:30), e a SCDR Esteirana recibe no "Xosé Luis Vara" ao Chaián CF, (18:00). Abre a nova o completo para ver tódolos horarios e enfrontamentos destas 3 ligas


Segue coa previa destas 3 ligas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS 3ª Xda DA 1ª GALICIA G2 : "O FISTERRA LÉVASE O DERBI COSTEIRO ANTE O SONEIRA E BAIO, ESTEIRANA E DUMBRÍA CAEN DERROTADOS".
Martes, 18 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª Galicia G2
-1ª Xornada-


Adrián "Makaay" macou un golazo.

-O Fisterra lévase o derbi costeiro ante o Soneira, (0-1)-

-Derrotas de Baio, Esteirana e Dumbría-

Xornada xeralmente nefasta para os "nosos" na 3ª tirada da 1ª Galicia G2, na que nun Municipal con ambente da Costa, a rebentar, e onde se veu que sería moito mellor para o fútbol, para os clubes, e para a afección que houbese esta categoría totalmente da costeira, o SD Fisterra levouse a "guinda" do pastel, que son os puntos nun choque vibrante, que o máis xusto sería que acabase en empate, pero apareceu Adrián "Makaay", no seu retorno con "verdinegros", para cun golazo levarse o derbi. No resto de equipos costeiros a xornada como decíamos foi nefasta, pois CD Baio, SCDR Esteirana e CF Dumbría caían derrotados. Abre a nova o completo para ver as crónicas dos encontros.


Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 4ª Xda DA PREFERENTE NORTE : VITORIAS DE XALLAS E NOIA E DERROTAS DE SOFÁN, ARTEIXO E NEGREIRA.
Luns, 17 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
PREFERENTE NORTE
-4ª Xornada-


O Sofán mereceu máis ante o Noia no derbi costeiro.

-Só o Xallas e Noia salvan on mobles dos "nosos"-

-Derrotas de Sofán, Negreia e Arteixo-

Xornada nefasta para os "nosos" na 4ª tirada da Preferente Norte, na que o SD Sofán, que mereceu máis, pero sobráronslle os derradeiros minutos tras un gran encontro, caía por 2-3 ante o CF Noia no derbi costeiro, que para especificación dalgún correo que recibín por acuñalo como equipo costeiro, o CF Noia, foi noutrora equipo da Liga da Costa. Peor foron as derrotas de Atlético Arteixo e Negreira, que caían goleados nos seus choque ante o CD As Pontes, (4-0) e SD Sarriana, (0-3), respectivamente. Xunto cos noieses que gañaban no derbi, os únicos que sacaban os 3 puntos era o Xalla FC que gañaba ao CD Castro nun encontro extraordinario para o espectador, pero ao mesmo tempo non apto para cardíacos, (5-4). Abre a nova o completo para ver as crónicas dos encontros.


Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
PREVIA DOS ENCONTROS DA FIN DE SEMANA DA 3ª DIVISIÓN, PREFERENTE NORTE E 1ª GALICIA G2.
Venres, 14 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
3ª DIVISIÓN-PREFERENTE-1ª GALICIA G2

O Soneira recibe ao SD Fisterra o Domingo no "Derbi Costeiro".

-Previa dos encontros da 3ª División, Preferente Norte e 1ª Galicia G2-

Aquí tes tódolos horarios e enfrontamentos da xornada na 3ª División e Preferente Norte, nas que se xoga a 4ª xornada e da 1ª Galicia G2 na que se xoga a 3ª xornada. Agás na 1ª Galicia G2 que se xogan dous encontros mañán sábado, o resto de encontros, un total de 27 xóganse o Domingo 16. Na 3ª División o Bergantiños CF visita ao UD Paiosaco, (18:00 horas), nun derbi por todo o alto que encherá a "Porta Santa" ata a bandeira. O Laracha CF visita ao Arenteiro, (18:00) e o SD Silva vista ao SD Compostela, (19:00). Na Preferente Norte dos "nosos" o Xallas FC recibe ao CD Castro, (17:00 horas), e o SD Sofán recibe no Carral ao CF Noia, (17:00), noutro derbi antre equipos costeiros. No que se refire a 1ª Galicia G2 o encontro máis destacado é o derbi que se xogará no Municipal de Vimianzo co "Derbi costeiro", antre o SD Soneira e o SD Fisterra, (17:00  horas). Pola sua banda o CD Baio visita ao recén ascendido SD Esclavitude, (18:00), e a SCDR Esteirana visita ao CD Unión, (19:00), no que por cercanía se pode considerar un derbi. Xoga na casa o CF Dumbría que recibe ao Sigüeiro CF, (18:00). Todos eles en Domingo. Os únicos encontros do sábado son desta última categoría e neles o Tordoia CF de Dani Calvete, recibe ao CD Lalín, (17:00 horas) e o Chaián CF recibe no seu féudo ao Bertamiráns CF, (20:00). Abre a nova o completo para ver tódolos horarios e enfrontamentos destas 3 ligas


Segue coa previa destas 3 ligas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.



 
CRÓNICA : O CD BAIO SUMA DE 3 NA PRIMEIRA XORNADA DA 1ª GALICIA G2.
Martes, 04 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª Galicia G2
-1ª Xornada-


O Baio soubo nadar e gardala roupa.

Sporting Praiña 0-1 CD Baio

-O CD Baio saca os primeiros 3 puntos na apertura da liga-

Onte traíamosvos as crónicas dos encontros da primeira tirada da 1ª Galicia G2-2018/19, na que debutaba a SCDR Esteirana, que empataba co Tordoia CF , (1-1), o SD Fisterra que tamén empataba na sua visita ao SD Piloño, (1-1), a vitoria por pàrte do SD Soneira que derrotaba por 1-0 ao UD Bastavales, e a deerrota do CF Dumbría que caía no Conco por 0-2 ante o recén ascendido UD Esclavitude, tras quedarse ao cuarto de hora cun menos por expulsión do porteiro nun penalti, que ademáis supoñía o 0-1. Pero por un "lapsus" quedábasenos no limbo a crónica da traballada vitoria do "decano" do fútbol da Costa, o CD Baio, polo que pedimos desculpas. O club baiés gañaba por 0-1 ao Sporting Praiña, a pesares de chegar con moitas baixas, en especial en defensa. Sairon moi ben na primeira metade os baieses e primeiro avisou Bieito e dous minutos despois Martín MC, facía o 0-1, (12´). Non pasou apuros nesta primeira metade o clube da "Porta da Costa da Morte". Na segunda chegou o fútbol direto por parte dos locais, que colgaban balóns no área na procura do empate. Puido chegar cun balón que se foi a madeira, pero polo demáis e a pesares de cercar a porta baises, os branquiazuis aguantaron o "chaparrón" para sumar os 3 primeiros puntos deste curso.


CD Baio: Dani, Isaac, Yago, Peke, Pablo (Regueira 59´), Rubio (Moreno 71´), Bieito, Santi Díaz (Sergio 59´), Iván Rojo (Josiño 86´), Javi Suárez e Martín MC.

Gol : 0-1, Martín MC, (12´).

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS DA 2ª Xda DA PREFERENTE NORTE : GRAN VITORIA DO SD SOFÁN E DERROTAS DE XALLAS FC E ATLÉTICO ARTEIXO.
Luns, 03 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
PREFERENTE NORTE
-2ª Xornada-


Vitoia apoteósica do SD Sofán no "Carral".

-Vitoria dun "gran" Sofán e derrotas de Xallas e Arteixo-

Terceira xornada na Preferente Norte, na que o SD Sofán nunha gran segunda metade e a pesares de quedar con un menos goleou ao CD Castro, (4-2), nunha reacción de gran equipo por parte dos sofanistas. Pola sua banda tanto Atlético Arteixo coma Xallas FC caeron pola mínima. Abre a nova o completo para ver as crónicas dos encontros.


Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 1ª Xda DA 1ª GALICIA G2 : VITORIA DE SONEIRA, EMPATES DE ESTEIRANA E FISTERRA E DERROTA DO DUMBRÍA.
Luns, 03 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª Galicia G2
-1ª Xornada-


Rober "Pladur" fixo o gol do empate da Esteirana.

-Vitoria do Soneira, derrota do Dumbría e empates de Esteirana e Fisterra-

Tal e como vos apuntábamos na previa da pasada semana, este Domingo comezaba a 1ª Galicia G2, na que debutaba a SCDR Esteirana, que visitaba ao Tordoia CF de Dani Calvete. Conseguían sacar un punto os das Salinas, nun encontro que acabou 1-1 con ambos goles de penalti. Tamén empataba a uns o SD Fisterra na sua visita ao SD Piloño, empataban os fisterráns cun gol de Julito nos derradeiros intres de encontro. A única vitoria da xornada para os equipos costeiros chegaba por parte do SD Soneira que derrotaba por 1-0 ao UD Bastavales, cun solitario gol de Adrián Lema, dende o punto de penalti. A nota negativa neste inicio de curso chegaba por medio do CF Dumbría que caía no Conco por 0-2 ante o recén ascendido UD EsclavitudeAbre a nova o completo para ver as crónicas dos encontros.


Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 2ª Xda DA 3ª DIVISIÓN : "VITORIAS DE BERGANTIÑOS E PAIOSACO E DERROTA DO LARACHA".
Luns, 03 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
3ª DIVISIÓN
-2ª Xornada-


A "Porta Santa" estreousena 3ª División.

-Vitorias de Bergantiños e Paiosaco-

-O Laracha cae en Boiro-

Tocaba estrearse na casa para o UD Paiosaco Hierros Añón nesta 3ª División 2018/19, e puideron brindarlle una vitoria aos seus afeccionados na Porta Santa. Houbo que sufrir pero un gol no 85 de Otero tumbaba ao Alondras e estreaba a casilla de puntos e de vitorias dos "peisaqueses". Pola sua banda o Bergantiños sumaba a segunda vitoria do curso ao derrotar a domicilio ao SD Silva no derbi da xornada, por 0-2 con tantos de Rubén Rivera e Diego Fernández, este último de penalti no desconto. A nota negativa chegaba coa derrota do Laracha CF na sua visita ao CD Boiro, (2-1).  Abre a nova o completo para ver as crónicas dos encontros.


Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
PREVIA DO COMEZO DA 1ª GALICIA G2 - 2018-19 QUE COMEZA ESTE DOMINGO CON 5 EQUIPOS COSTEIROS.
Martes, 28 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-1ª Xornada-


A SCDR Esteirana, (verde), debuta xogando en Tordoia.

-Este Domingo comeza a liga con 5 equipos costeiros-

Este Domingo día 2 de Agosto xógase a 1ª Xornada do curso 2018/19 na 1ª Galicia G2. Unha competición que vai collendo máis sabor costeiro co paso dos anos, e xa que non temos unha 1ª Galicia da Costa, como debería de ser e deixar dunha vez por todas a 3ª da Costa, e facer unha Liga da Costa potente, ainda que sexa con dous grupos. Teremos que ir apropiándonos da liga santiaguesa, a base de subir equipos, mágoa a pasada campaña do descenso do San Lorenzo, xa que este ano seríamos un tercio da liga. Non temos nada contra os equipos da zona santiaguesa, pero é perxudicial para os equipos da Costa en tódolos aspectos, nunha categoría coma esta facer semellantes desprazamentos, así como a falta de "esencia" entre o fútbol santiagués e o costeiro. Este Domingo como decimos xóganse tódolos encontros dista primeira xornada e nela o recén descendido da Preferente Norte o CF Dumbría recibe ao UD Esclavitude, recén ascendido, o CD Baio, visita ao Praiña Sporting Club e o SD Fisterra visita ao SD Piloño, namentras que o SCDR Esteirana debutante este ano na categoría tras gañar a Liga da Costa, visita ao Tordoia CF. O único que xoga como local nista primeira xornada é o SD Soneira, que recibe ao UD Bastavales. Terenmos o longo da liga un total de 20 derbis, e aí verase a diferenza, no que eu me refiro a hora de beneficio para os clubes en tódolos aspectos. Abre a nova completa para ver a previa dista liga.


Segue coa previa..

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DO DOMINGO DA PREFERENTE NORTE CO EMPATE NO DERBI COSTEIRO E A VITORIA DO ARTEIXO.
Luns, 27 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
PREFERENTE NORTE
-1ª Xornada-


Canedo, (esq) e Parafita pugnando por un balón.

Xallas FC 0-0 SD Sofán

-Xalleiros e sofanistas esquecense do gol no derbi costeiro-
-O Atlético Arteixo lévase os 3 puntos pola mínima-

Comezou o sábado o curso 2018/19 na Preferente Norte, e neste inicio tíñamos dobre derbi dos "nosos". O CF Noia coa homenaxe a "Matito" e arrimándolle o seu nome ao se campo que pasa a chamarse "Estadio San Lázaro Juan Antonio Mato "Matito", tal e como vos trouxemos na crónica que podedes ver na portada da web ou no enlace da dereita da web de "3ª División, Preferente e 1ª Galicia". Os noises derrotaban no derbi ao SD Negreira, (2-1). Onte Domingo era o turno do outro derbi, o dos costeiros. Tras unha vitoria pola mínima para cada equipo nos derradeiros enfrontamentos, volvían a verse, desta volta en terras de Santa Comba, peor o encontro tivo todo o sabor dun derbi costeiro, principalmente na bancada, pero faltoulle a salsa do gol, e o reparto de puntos deixou contentos, a ambas escadras, que se "coñecen moi ben", como apuntan ambos adestradores na sua visión do choque que tes abrindo a nova o completo. O resto da crónica abrindo a nova competa.


Segue cosa crónica horarios e enfrontamentos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS 1ª Xda DA 3ª DIVISIÓN : VITORIA DO BERGANTIÑOS E DERROTAS DO LARACHA E PAIOSACO.
Luns, 27 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
3ª DIVISIÓN
-1ª Xornada-


Bilal marcou o primeiro gol do Paiosaco na categoría.

-Vitorias de Bergantiños e derrotas de Paiosaco e Laracha-

-O Somozas primeiro lider dando a sorpresa-

Mal inicio de tempada para o debutante UD Paiosaco Hierros Añón e para o Laracha CF, que se estreaba como filial do Depor na 3ª División 2018/19. Dos equipos da nosa zona de seguimento tan só o Bergantiños CF foi quen de levarse a vitoria. Namentras que os de "Peisaco" caían por 2-1 ante o Céltiga na Illa da Arousa, e os laracheses facíano na casa ante o CD Barco, (0-1), os carballeses derrotaban por 2-1 ao CD Choco. O UD Somozas é o primeiro lider do campionato, e dando a sorpresa, pois derrotaba por 4-0 a todo un Racing de Ferrol, o máximo favorito ao ascenso e que mañán a partires das 20:30 horas xoga o "LVII Concepción Arenal" na Malata, ante o Depor, televisado pola canle do clube deportivista de YouTube, (youtube/rcdeportivo). Abre a nova o completo para ver as crónicas dos encontros.


Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
PREFERENTE NORTE, (1ª Xda) : O CF NOIA BRINDOULLE UNHA VITORIA A "MATITO" NA SUA HOMENAXE.
Domingo, 26 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
PREFERENTE NORTE
-1ª Xornada-


O CF Noia levouse os puntos e o "Trofeo San Bartolomé".

CF Noia 2-1 SD Negreira

-O Noia brindoulle unha vitoria a "Matito" na sua homenaxe-

Tal e como vos anunciábamos na previa, na tarde de onte sábado comezou o curso 2018/19 na Preferente Norte. Comezou con dous encontros, nun deles o Viveiro caía por 1-2 ante o Arzúa e no outro había derbi. O CF Noia recibía ao SD Negreira do camariñán Juan Cabrejo, na primeira xornada de liga e co "Trofeo San Bartolomé" en disputa conxuntamente cos puntos para a liga. Media hora antes había unha homenaxe a Julio Antonio Mato, "Matito", do cal levará o nome o campo noiés que pasa a chamerse "Estadio Municipal San Lázaro Julio Mato "Matito", e que estivo arroupado ademáis de pola sua familia e o clube, por toda a sua xente de Noia, e de míticos xogadores da Costa que xogaron con él e ata estivo o ex deportivista, Amancio Amaro. O encontro comezou co dominio do equipo visitante, pero sen concretar as ocasións, pero sí que estaba atinado Stefan aos 11 minutos de xogo, cando recibía un bo centro de Quintairos para facer o 1-0. O gol deulle o dominio aos da "Terra do Berberecho" e de novo Stefan vía porta, tras un centro de Angelo. Despertou o equipo nicraniense e foise a polo gol, que non chegaría. A segunda metade foi dos visitantes, que gozaron de boas ocasións, pero o gol non chegaría ata o minuto 81 no que Caamaño tras un bo control batía a pajarillo por toda a escadra. Tentárono ata o final, pero o empate non chegaría e os locais podían festexar os primeiros 3 puntos da tempada e brindarlle a vitoria a "Matito". O resto da crónica e os horarios do resto de encontros telos abrindo a nova competa.


Segue cosa crónica horarios e enfrontamentos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
PREVIA : HOXE COMEZA A 3ª DIVISIÓN E A PREFERENTE NORTE 2018.19.
Sábado, 25 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
3ª DIVISIÓN e PREFERENTE NORTE


O CF Noia ten hoxe homenaxe e derbi co Negreira.

-Hoxe comezan a 3ª División e a Preferente Norte 2018/19-

Tan só un encontro na 3ª División para abrir o curso 2018/19 e 2 na Preferente Norte. Na 3ªDivisión só se xoga hoxe o Ourense CF-Arosa SD a partires das 20:00 horas no "Couto". O resto de encontros quedan para mañan Domingo 26 de Agosto. O Bergantiños recibe nas "Eiroas" ao CD Choco, (18:00 h). O Laracha CF ao CD Barco no "Municipal da Laracha", (18:00 horas), e o UD Paiosaco debuta na categoría visitando ao Céltiga no "Salvador Otero" da Illa da Arousa, (18:00 h). No que se refire a Preferente Norte hai dous encontros o que enfronta ao Viveiro CF e ao SD Arzúa, (19:00 h) e o derbi antre o CF Noia e o SD Negreira, (19:00 h) co debút do camariñán Cabrejo no banco dos nicranienses. Antes deste encontro haberá unha homenaxe o ex xogador do CF Noia, "Matito", un acto no que estarán moitos dos xogadores da Costa que xogaron con él, (18:20 h). Xa no Domingo teremos outro derbi. O enésimo este ano antre Xallas FC e SD Sofán. Os derradeiros ca "LV Copa da Costa" e a "XXX Copa Deputación" por medio, acabaron 1-0. O primeiro que era a final, para os de Néstor Romero e o segundo para os de Iván Cancela. O resto de horarios telos abrindo a nova competa.


Segue cos horarios e enfrontamentos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.



 
O COMPOSTELA LEVOUSE A "XXV COPA DEPUTACIÓN" TRAS EMPATAR NO DESCONTO E TRAS 22 PENALTIS.
Mércoles, 15 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
"XXXV COPA DEPUTACIÓN"


O "Compos" campión tras empatar no desconto.

 SD Compostela 1-1 Racing de Ferrol
-O Compostela levouse o título nos penaltis-
 

O Compostela fíxose co título na "XXXV Copa Deputación da Coruña" logo de superar ó Racing de Ferrol nunha emocionante final que tras rematar no tempo de xogo con empate a uns, (1-1), con goles de Álex Ares por parte do equipo ferrolán que se adiantaba aos 40 minutos de xogo e de Juan Antonio para os compostelás, que igualaban no desconto, (93´). O título decidiuse nunha longa quenda de penaltis, a cal remataron os dous porteiros logo de lanzar os outros dez futbolistas de cada equipo. A final disputouse no campo O Roxo de Cerceda, cun magnífico estado do terreo de xogo e un gran ambiente nas gradas. Abrindo a nova completa tes a crónica que nos achega a RFGF.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
"XXX COPA DEPUTACIÓN" : A COSTA QUEDA SEN REPRESENTACIÓN NA COMPETICIÓN.
Luns, 06 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
"XXX COPA DEPUTACIÓN"


O D Sofán non puido co Boiro no remozado "Carral".

SD Sofán 0-4 CD Boiro

-A Costa queda sen representación nas semifinais
-

Era complicado, pero podía colarse o SD Sofán nas Semifinais da "XXX Copa Deputación" pero topouse cun gran CD Boiro que pasada a media hora sentenzou o choque con dous goles en 4 minutos, obra de Juan Ángel, (32´) e Marcos, (36´). Tentou meterse no encontro o equipo de Iván Cancela tras rematar a primeira metade co 0-2 en contra, pero un novo gol de Juan Ángel pasada a hora de xogo, xa deixaba finiquitada a eliminatoria. Marcos no 73 tamén completaba un dobrete coma o seu compañeiro, para deixar o definitivo 0-4 no marcador.

SD Sofán : Javi Rumbo, Alexandre, Iván Rey, José Luis, (Matías, 65´), Pablo, Serafín, Iván Canedo, (Jonathan, 65´), Adrián, Juan José, (Ángel, 46´), Jacobo e Fabián, (Nacho, 77´).

Árbitro : Raquel Ortega, asistida nas bandas por : David Rapela e José Luis Silvent.

Segue a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DOS EQUIPOS COSTEIROS DA "XXX COPA DEPUTACIÓN"
Xoves, 02 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
"XXX COPA DEPUTACIÓN"
-Dazaseisavos de Final-


O SD Sofán derrotou ao Xallas FC.

-O Sofán derrota ao Xallas a domicilio con sabor a "vendetta"-
-O Soneira cae nos penaltis tras chegar o 90 gañando-

Lévanse ben como equipos costeiros e cunha tradición de enfrontamentos histórica, pero a recente final da "LV Copa da Costa" que se levou o Xallas FC daba moito "morbo" ao choque para o SD Sofán e para os afeccionados costeiros. Había certo halo de "vendetta" e ainda que a copa costeira seguirá nas vitrinas xalleiras, os sofanistas déronse un chte de ledicia, tras derrotar por 0-1 aos xallaeiros e pasar a Oitavos de Final da "XXX Copa Deputación", no que se atoparán co CD Boiro. Puido ser o seu rival o SD Soneira pero non lle srríu a sorte, pois o CD Boiro empatáballes o encontro no desconto e logo gañaba 3-4 nos penaltis.Abre a nova ao completo para ver as crónicas.

Segue coas crónicas...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...




 
SORTEADA A 1ª XORNADA DA 1ª GALICIA G2 2018-19 : "SONEIRA E FISTERRA COMEZAN NA CAS E DUMBRÍA, BAIO E ESTEIRANA FORA".
Mércoles, 01 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
-1ª GALICIA G2-


A SCDR Esteirana debuta na categoría visitando ao Tordoia CF.

-Sorteado o calendario da 1ª Galicia G2 2018/19-

-Fisterra e Soneira comezan na casa e Dumbría, Baio e Esteirana fora-

Sorteouse na tarde-noite deste mércores o Calendario da 1ª Galicia G2, na que este ano teremos a 5 equipos costeiros. Esta liga que comeza o 2 de Setembro e remata o 19 de Maio tras 36 xornadas con 18 equipos en liza, terá para os equipos costeiros o comezo na casa para Fisterra que recibe ao UD Esclavitud, recén ascendido e o SD Soneira que recibe ao UD Bastavales. Pola sua banda o CD Baio deberá rendir visita ao Praiña Sporting Clube e a SCDR Esteirana que irá a casa do Tordoia CF. Tamén comeza fora o CF Dumbría que visitará ao SD Piloño. A todos eles desexámoslle a mellor das sortes. Abre a nova completa para ver a 1ª Xornada.

Segue coa 1ª xornada da liga...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
SORTEÁRONSE OS CALENDARIOS DA 3ª DIVISIÓN E PREFERENTE NA RFGF.
Martes, 31 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
CALENDARIOS FÚTBOL GALEGO


Moi concurrido o sorteo dos calendarios 2018/19.

-
Sorteados os calendarios de 3ª División e Preferente-
-Xallas e Sofán na Preferente condenados a encontrarse
-

Sorteouse na RFGF o Calendario 2018/19 para 3ª División e Preferente Norte e Sur. Na 3ª División que comezará o 26 de Agosto o Bergantiños recibe ao Choco, o debutante UD Paiosaco Hierros Añón comeza a sua andaina na categoría visitando ao Céltiga. O Silva como visitante ante o Alondras e o Laracha CF recibe ao CD Barco. A liga tras 38 xornadas remata o 19 de Maio do 2019. No que se refire a Preferente Norte que tamén comeza o 26 de Agosto, o Xallas FC  e o SD Sofán están condenados a atoparse, pois se xa xogaron a finais de Xuño a Final da "LV Copa da Costa", mañán xogan de novo nos Dazaseisavos de Final da "XXX Copa Deputación" e comezan a ligaxogando de novo na Fontenla. Derbi tamén antre o CF Noia e o SD Negreira. Os dous descendidos xogarán nesta primeira tirada da liga no San Lázaro. A liga remata o 26 de Maio tras xogarse 38 xornadas. Abre a nova o completo para ver a primeira xornada de ambas ligas.

Segue cos calendarios...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.




 

<   12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com