Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: 3ª División, Preferente, 1ª Galicia

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

<   12345   >

CRÓNICAS DOS ENCONTROS DO DOMINGO NA 9ª Xda DA 1ª GALICIA G2 NA QUE HOUBO 2 EMPATES E 1 DERROTA DOS EQUIPOS COSTEIROS.
Luns, 29 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-9ª Xornada-


A SCDR Esteirana caeu goleada ante o lider Sigüeiro CF.

-Empates de Soneira e Baio e derrota da Esteirana-

-Crónicas dos encontros dominicais-

Cativa a 8ª xornada dominical da 1ª Galicia G2 para os equipos costeiros. Mereceron máis o SD Soneira e o CD Baio, pero ao final as dianteiras non estiveron moi atinadas, ou as defensas contrarias e os seus porteiros gañáronlle a partida, e leváronse 1 punto e a sensación de merecer por ocasións e fútbol os 3. pola sua banda o SCDR Esteirana, visitaba ao Sigüeiro CF, lider da categoría e que suma 8 encontros gañados de 9 disputados. No "derbi da Costa" do sábado o SD Fisterra levábase os puntos do Conco, (Dumbría), gañando 1-2, para colocarse segundo tralos santiagueses. Deste encontro xa tedes desde o seu remate a crónica cas visións dos adestradores, na portada da web ou indo o enlace direto da dereita da web "3ª División-Preferente-1ª Galicia". Abre a nova o completo para ver as crónicas, clasifiación e moito máis.

Segue cas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PRFERENTE NORTE, (10ª Xda) : "O SD SOFÁN DERROTA AO SDC ARZÚA POR 2-0 SENDO MOI SUPERIOR".
Domingo, 28 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
PREFERENTE NORTE
-10ª Xornada-

O SD Sofán foi moi superior ao Arzúa.

SD Sofán 2-0 SDC Arzúa

-O equipo sofanista suma a 4ª vitoria da tempada-

Encontro moi completo do SD Sofán, que tivo en Jacobo, autor dos dous goles, ao seu xogador máis atinado diante, xa que gozaron de ocasións para levarse unha renda moi superior. Así nolo contaba Iván Cancela, (Adestrador do SD Sofán) : "Encontro no que fomos superiores de principio a fin, sen concederlle nada a eles, que non nos crearon nen unha soa ocasión de gol. Estivemos moi serios en defensa, e aproveitando moi ben os espazos en ataque. Coido que foi un dos encontros máis completos, e no que fomos superiores. Inclusive decir que a renda puido ser un pouquiño maior, se aproveitásemos as ocasións. Un bo resultado ante un bo equipo, como é o Arzúa, e que nos da ánimos para enfrontarnos a outro duro rival como é o As Pontes".

SD Sofán : Javi Rumbo, Antonio, Félix, Raúl, (Juan Díaz, 72´), Serafín, (Ángel, 80´), Pablo, Iván Canedo, Jonathan, Jacobo, (Adrián, 56´), Camilo, (Matías, 66´), e Fabián.

CSD Arzúa : Pablo, Juan, Jorge, Marcos, (Brais, 52´), Iker, Miguel, Diego, Adrián, (Roberto, 78´), David, Álvaro, (Jesús, 54´), e Enjamio, (Manuel, 52´).

Goles : 1-0, Jacobo, (24´); 2-0, Jacobo, (42´).

Árbitro principal : Adam Rodríguez González
Asistentes : Óscar Lista e Martín González.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA DA VITORIA DO SD FISTERRA NO DERBI DA 1ª GALICIA 2 ASÍ COMO PREVIAS DESTA LIGA E PREFERNETE E CRÓNICA DO ENCONTRO DO XALLAS FC.
Domingo, 28 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-9ª Xornada-

Pablo Lestón fixo os dous goles da vitoria sobre o CF Dumbria.

CF Dumbría 1-2 SD Fisterra

-O Fisterra corta a progresión do Dumbría e segue ca sua-

-Tamén tes a previa do resto da xornada en Preferente e 1ª Galicia G2-

Tal e como vos apùntábamos na previa, na tarde do sábado ademáis do importante Depor-Reus Deportivo, (2-0), tíñamos o derbi costeiro antre o CF Dumbría e o SD Fisterra nesta 9ª xornada da 1ª Galicia G2. Un encontro antre dous equipos en forma. Os fisterráns, que da man de Ángel López, chegaban de segundos e facendo un bo fútbol e visitaban a un CF Dumbía, que tas un comezo titubenate, consigueu  Julián Fereiro dar un golpe de timón e tiveron unha progresión extraordinaria nas derradeiras xornadas para flirtear coas primeiras posicións e neste encontro poder dar o golpe definitivo enriba da mesa, pero forn os fisterráns os que se levaban os 3 puntos para levarse os 3 puntos con dous goles de Pablo Lestón, (53´e 62´). Puxo emoción ao final Xabier, (87´), pero o seu gol chegou demasidado tarde, ainda que deu o que se di "vidiña".  Ademáis niste choque houbo reencontro de varios compoñentes de un e outro equipo que xogaron nos dous. Abrindo a nova o completo tes as opinións do encontro dos adestradores e a ficha técnica. Para hoxe Domingo temos en liza o resto dos "nosos". O SD Soneira, visita ao Chaián CF a partires das 12:15 horas, namentras que o CD Baio recibe no "Platas Reinoso" ao UD Bastavales, (16:30 h), namentras que o SCDR Esteirana visita ao actual lider o Sigüeiro CF, (17:00 h). Abre a nova o completo para ver o resto da crónica e demáis cousas do derbi e a previa cas designacións arbitrais dos encontros de hoxe. Tamén a previa dos encontros dos "nosos" na Preferente Norte e a crónica do Xallas FC 2-0 Agrupación Estudiantil.

Segue coas manifetsacións dos adestradores, previas, etc...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DA 10ª XORNADA DOS EQUIPOS COSTEIROS DA PREFERENTE NORTE E DA 9ª DA 1ª GALICIA G2 :
Venres, 26 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
PREFERENTE e 1ª GALICIA G2
-Pevia 10ª e 9ª Xornada-


Encontros e horarios dos equipos costeiros nas duas ligas.

-Previa da 10ª Xornada na Preferente Norte-

-Previa da 9ª Xornada da 1ª Galicia G2-

Aquí tes a previa dos encontros dos equipos costeiros que xogan a 10ª xornada na Preferente Norte e a 9ª na 1ª Galicia G2. Na Preferente Norte o Xallas FC adianta o seu encontro a mañán sábado e recibe ao Agrupación Estudiantil a partires das 17:00 horas, na mentras que a SD Sofán recibe o Domingo pola mañán ao CSD Arzúa no "Carral" a partires das 12:30 horas. No que se refire a 1ª Galicia G2, de novo temos derbi, pois na tarde do sábado, o CF Dumbría, recibe ao SD Fisterra, (17:30 horas). Un choque moi especial para moitos dos xogadores, xa que son moitos os que xogaron en ambos clubes, e en especial para o adestrador fisterrán Ángel López, que foi un dos que participou en crear o que hoxe en día é o CF Dumbría. Xa o Domingo xogan o resto dos "nosos". O SD Soneira, visita ao Chaián CF a partires das 12:15 horas, namentras que o CD Baio recibe no "Platas Reinoso" ao UD Bastavales, (16:30 h), namentras que o SCDR Esteirana visita ao actual lider o Sigüeiro CF, (17:00 h). Abre a nova o completo para ver as designacións arbitrais e moito máis.

Segue cas designacións arbitrais e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 8ª Xda DA 1ª GALICIA G2 NA QUE TÓDOLOS NOSOS EQUIPOS DERON POSITIVO.
Luns, 22 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-8ª Xornada-


O lesionado grave Javi Suárez, (esq), con Canay e Martín MC, (CD Baio).

-Pleno o 3 de SD Fisterra, CF Dumbría e SD Soneira-

-Reparto de puntos no derbi SCDR Esteirana-CD Baio-

Foi prolífica a 8ª xornada da 1ª Galicia G2 para os equipos costeiros, pois se xa onte vos adiantábamos a crónica do derbi da Costa antre o SCDR Esteirana-CD Baio, que ademáis dun ambentazo espectacular no "Xosé Luis Vara", tiña emoción, tensión e ata polémica, pois co resultado de 1-1, tralo empate dos baieses no 91, chegaba un gol no 94 para os esteiráns, que era anulado por falta o porteiro. Hoxe volvémovos a traer a crónica, pero ampliada, pois faltábanos o comentario do adestrador do CD Baio, Pablo Torreira, que por desgraza non nos puido contestar onte porque estaba pendente do hospital en constante contacto por Javi Suárez, que estaba a ser intervido dunha diserción do Talón de Aquiles,. Unha operación que se realizou de forma positiva e agora o xogador terá que gardar repouso, e despois comezar ca rehabilitación. Unha lesión que sufreu Donato no Depor, xogando o máximo nivel con 40 anos, e da que se recuperou satisfactoriamente en poucos meses. O cal lle desexamos ao xogadore baiés totalmente. Voltando a liga, o SD Fisterra, segue a amosar o seu bo intre de xogo e resultados e tras derrotar por 3-1 e remontando ao Praiña Sporting Club, colócase na segunda metade. O CF Dumbría, sacouse de enrriba a incertidume que estaba a espallar e tras derrotar ao mítico, CD Lalín, (0-1), colócase na 7ª posición a só 2 puntos dos fisterráns, que como decimos van segundos e a 5 puntos do lider Sigüeiro CF. Tamén o SD Soneira deu un golpe enriba da mesa e consegue no desconto derrotar ao CD Unión, outro dos habituais da 3ª División. Os vimianceses, a pesares errar unha ristra de ocasións e de que lles empataron cando o encontro daba os seus derradeiros suspiros, non se viñeron abaixo e gañaban no desconto cun tanto de Alemán

Segue cas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
1ª GALICIA G2, (8ª Xda) : "REPARTO DE PUNTOS ANTRE A SCDR ESTEIRANA E O CD BAIO NUN "DERBI DA COSTA" CHEO DE EMOCIÓN E AMBENTE".
Domingo, 21 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-8ª Xornada-


Os capitáns e os colexiados do derbi no "Xosé Luis Vara".

SCDR Esteirana 1-1 CD Baio

-Reparto de puntos nun derbi da costa moi concurrido-

A 8ª xornada da 1ª Galicia G2 deparounos outro debi da costa, outra mostra máis do interesante e beneficioso que sería en tódolos aspectos unha 1ª Galicia só da Costa, económico, social, atractivo, e que ademáis daría máis maiores opcións ao crecemento dos clubes costeiros, con maior presenza na Preferente. O derbi aglutinou coma sempre, emocións, tensións e ambentazo. O "Xosé Luis Vara" visteuse de gala para recibir este encontro e estivo a altura, como o estiveron os dous equipos dando emoción ao choque ata o pitido final. Adiantouse o equipo esteirán a volta de vestiarios na primeira xogada de ataque que finalizaba Carlos Rama e o empate chegou no desconto, cando Iván Rojo batía a Xandro, para levarse un punto do campo esteirán, que se quedaba sen 2 cando xa tiña o mel nos beizos, e non sen a polémica que da o "toque de pementa" os nosos derbis, cun gol a saida dun saque de curruncho dos das Salinas anulado no 94 por falta o porteiro baiés.  Abre a nova o completo para ver a visión dos adestradores, resultados e clasificacións.

SCDR Esteirana : Xandro, Samuel, Alves, Josiño, Carlos Rama, Adrián, Pablo Rama, Dani Rama, Alberte, Tobío e Raúl Lestón. Tamén xogaron : Manuel, Rafael, Iker e Brais Romero.

CD Baio : Dani Varela, Norberto, Martín "MC", Bieito, Iván Rojo, Iván García, Adrián, Damián, Santi Díaz, Yago e Alejandro. Tamén xogaron : Javi Suárez, Diego, Isaac e Pablo.

Goles : 1-0, Carlos Rama, (47´); 1-1, Iván Rojo, (91´).

Árbitro : Pablo Botana Rey, asistido nas bandas por René Fernández e Alejandro Álvarez.

Segue cas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA DA 8ª Xda DA PREFERENTE NORTE : "SOFÁN "FURACANADO", XALLAS VENCENDO, NOIA EMPATANDO E ARTEIXO E NEGREIRA CAENDO DERROTADOS.
Martes, 16 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
PREFERENTE NORTE
-8ª Xornada-


O SD Sofán pasou por enriba do colista coma un furacán.

-Vitorias con goleada de Sofán e Xallas-

-Derrotas de Arteixo e Negreira e empate do Noia-

Tremenda goleada a do SD Sofán nesta a 8ª xornada da Preferente Norte ante o colista, Agrupación Estudiantil, nada menos que por 7-2, con goles de : Fabián, Eibe, Matías, (2), Iván Rey e Raúl, (2). Tamén goleaba o Xallas FC ao SD Dubra, niste caso a un equipo de metade da táboa, (3-0), con goles de : Babacar, Marcos e Iván. Namentras que o CF Noia non pasaba do empate ante o Ribadeo FC, (1-1), nun encontro que Quintairos empataba no 68 para salvar ese punto, e os que non sacaban nada en limpo eran o Atlético Arteixo e o SD Negreira. Os arteixáns caía por 1-2 ante o SD Órdenes, namentras que os nicrenienses saían derrotados do seu envite ante o lider o CD As Pontes, (0-2). Con istes resultados o CF Noia ocupa a 3ª praza con 20 puntos, 2 menos co segundo, SD Sarriana e 4 menos co lides CD As Pontes. O seguinte dos "nosos" é o Atlético Arteixo que vai de 8º con 13 e séguelle o SD Sofán que ocupa a 10ª praza con 11, e cos mesmos puntos o Xallas FC ocupa a 12ª. O SD Negreira está na 16ª posición con 6 puntos. Segue sen puntuar o Agrupación Estudiantil.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 7ª Xda DA 1ª GALICIA G2 COAS VITORIAS DO BAIO, FISTERRA E SONEIRA E O POLÉMICO EMPATE DO ESTEIRANA.
Luns, 15 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-7ª Xornada-


Tódolos resultados dos "nosos".

-CD Baio e SD Fisterra súben o podio da clasifiación-

-Dumbría e Soneira despéganse e Esteirana suma-

7ª xornada da 1ª Galicia G2 e parece que as novas positivas vanse contaxiando nos equipos costeiros. O CD Baio e o SD Fisterra, están a facer un extraordinario inicio de liga, con bo xogo e seguen na liña positiva e cas suas vitorias sobre Bertamiráns, os baieses, (2-1), e Chaián os fisterráns, (0-3), sitúanse no podio da liga, 2º e 3º espectivamente, por detras do lider indiscutible o Sigüeiro. Pola sua banda o CF Dumbría suma a sua terceira vitoria seguida e deixa como un mal soño os postos baixos para encaramarse a 10ª praza con 10 puntos. Os de Julián Ferreiro nos derradeiros 3 encontros marcaron 12 goles e só recibiron 2. Desta volta derrotaban ao Bastavales por 2-1. Tamén recuperaba o sorriso o SD Soneira, que derrotaba a domicilio por 0-1 ao Cordeiro, cun gol de Sandelo no desconto e tras parar un penalti Javi Souto, e cortaban unha xeira de 5 derrotas consecutivas. Ben e certo que agás a derrota ante o Flavia por 3-0, o resto foron pola mínima. Empate do SCDR Esteirana no casa do Esclavitude, (2-2), un empate do que nos comentaba un amigo socio do clube esteirán : "Un roubo non, Pirata, o que ven despois", e o propio adestrador, Geno, que tachaba a arbitraxe de "nefasta", reclamando ata 4 penaltis. As expresións xa refrexan o sentir do que foi o encontro para os da "Terra das Salinas" Abre a nova o completo para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O BERGANTIÑOS CF CELEBROU POR TODO O ALTO A CONSECUCIÓN DA COPA FEDERACIÓN.
Venres, 12 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
COPA RFEF
-Gran Final-


O Bergantiños comezou a celebrar o título no campo.

Foto : Luis Calvo Sanz.

-O -Bergantiños CF celebrou por todo o alto a Copa Federación

-Os carballeses superaron o Ribadumia nos penaltis-

O Bergantiños CF celebrou por todo o alto a consecución da Copa Federación tras vencer ao Ribadumia no San Lázaro de Santiago, na tanda de penaltis. O meta Bugy, despois do mal que o pasou fai uns meses por temas de saúde, puido disfrutar, sendo o heroe do encontro, pois nun encontro no que o tempo de xogo acabaron 1-1 e o meta carballés, parou un penalti xusto despois de que o seu compañeiro Ekedi puxera o empate de penalti. Na prórroga o resultado final era de 2-2, polo que se foi a quenda de penaltis, na que Bugy só encaixou 2 goles. O equipo celebrou a consecución da Copa ata altas horas da madrugada.

Dende www.piratasdemuxia.es a nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o Bergantiños CF : xogadores, técnicos, axudantes do clube, diretivos e como non...os afeccionados.

Goles : 0-1, Hugo Soto, (32´); 1-1, Ekedi, (59´de penalti)
Prórroga : 2-1, Cañizares, (95´); 2-2, Pablo Deben, (112´)
Penaltis : 1-0, Rubén Rivera; 2-0, Jorge Saez; 3-0, Jorge Cano; 3-1, Hugo Soto; 3-2, Manuel Bugallo.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREFERENTE NORTE, (7ª Xda) : DERROTA DA SD SOFÁN EN SARRIA ONDE MERECEU ELLOR SORTE".
Martes, 09 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
PREFERENTE NORTE
-7ª Xornada-


O SD Sofán mereceu a lo menos o empate en Sarria.

SD Sarriana 2-0 SD Sofán

-Mereceu máis o equipo sofanista ante un dos "cocos"-

Caeu o SD Sofán nesta a 7ª xornada da Preferente Norte ante o SD Sarriana que camiña da man co CF Noia na segunda praza con 19 puntos a 2 do lider CD As Pontes. Os sofanistas, que nunha primeira metade insulsa vía como lles birlaban unha pena máxima sobre Fabián a 2 minutos do final da primeira metade, tiñan nas botas do propio Fabian nada máis reanudarse o xogo unha ocasión inmellorable, pero este erraba no "man a man" co meta local Ayoub. Non aproveitou a sua o clube carballés, e nunha contra poñía por diante o clube lugués. Non reaccionou o gol o equipo de Iván Cancela e dez minutos despois sufría o segundo, ante un equipo local que non estaba a facer méritos para tanto. Puido meterse de cheo o clube "branquivermello", pero un disparo de Juanjo era repelido pola madeira.

Sarriana SD : Ayoub, Mecos, (Joao 60´), Álvaro, (Manu 80´), Edgar, Almeida, (Luisma 46´), Núñez, Marzán, Rubén Díaz, Quiroguita, Josito e Mauro, (Omar 75´).

S.D. Sofán : Javi Rumbo, Sera, Pablo, Antonio, Rubén, Canedo, Eibe, (Juanjo 73´), Fabián, Camilo, Alexandre (Jonathan 67´), e Raúl, (Quintela 60´).

Goles: 1-0, Quiroguita, (65´); 2-0, Luisma, (76´).

Árbitro : Daniel Hernández, asistido nas bandas por Vanesa Abadín e Borja Cardoso.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DA 6ª XORNADA DA 1ª GALICIA G2 : "O DUMBRÍA DESTÁPASE NO DERBI GOLEANDO O ESTEIRANA".
Luns, 08 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-6ª Xornada-


A expulsión de Xandro aos 2 minutos de xogo condicionou o derbi costeiro.

-Goleada do Dumbría a domicilio no derbi costeiro ante a Esteirana-

-Vitoria do Fisterra e derrotas do Soneira e Baio-

6ª xornada da 3ª da Costa na que tíñamos un derbi costeiro antre dous equipos moi necesitados, o SCDR Esteirana e o CF Dumbría. Todo apuntaba a moito respeto e moita igualdade, pero a expulsión do meta dos esteiráns, Alexandro aos 2 minutos de xogo, condicionou o encontro. Un choque no que o camariñán, Yuyo, soubo nadar a pracer facendo 4 dos goles do seu equipo no definitivo 1-6. Queda tocado o equipo das Salinas, ao igual que o SD Soneira que caía no seu féudo ante o Tordoia CF do "oleiro", Dani Calvete, (1-2), que deixa aos vimianceses como colistas cun punto por debaixo dos esteiráns que os preceden. Por último o CD Baio caía na sua visita ao Val do Ulla, (3-2), nun choque no que puido traerse a lo menos un punto. Sumou en positivo o SD Fisterra, que cada día vai xogando mellor e que derrotaba por 3-0 ao CD Unión. Abre a nova o completo para ver as crónicas.

Segue cas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
1ª GALICIA G2 : RESULTADOS 6ª XORNADA.
Luns, 08 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia

-Crónicas e resultados 6ª xornada-

Estamos traballando nas crónicas da xornada, a espera de que nos vaian chegando os comentarios dos adestradores e colaboradores ca sua visión dos encontros do Fisterra, Esteirana, Dumbría, Soneira, e desta volta do Tordoia, o estar o adestrador buñés, Dani Calvete, que xogaba ante o Soneira. Tan pronto completemos os comentarios pasarémolos a web. Aquí na foto, tes tódolos resultados da xornada.

Segue ..

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
CRÓNICAS 7ª Xda DA 3ª DIVISIÓN : VITORIA DO BERGANTIÑOS QUE SEGUE IMPARABLE E DERROTA CON POLÉMICA DO SILVA".
Sábado, 06 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
3ª DIVISIÓN
-7ª Xornada-


O Bergantiños CF segue facendo historia na categoría.

-O Bergantiños derrota ao Vilalbés e segue imparable, (2-1)-

-Derrota do Silva na casa nun choque moi polémico, (0-2)-

Non lle fraquean as pernas ao Bergantiños e saeu moi enchufado ao encontro e pronto se puxo cun craro 2-0 ante o Racíng Vilalbés, con goles de Jorge, (16´) e Rubén Rivera, (21´). Reaccionou o Racing Vilalbés que acurtaba distanzas no 36, para logo pasar a unha segunda metade de moita disputa e loita, pero os puntos quedaríanse nas Eiroas, sumando así os rapaces de Miguel Figueira que seguen a facer historia nesta categoría. Xogou no equipo vilalbés o costeiro, Juan de Dora, que comezaba o encontro no banco e saía na 2ª metade, sustituindo ao seu compañeiro, Ballesteros, (79´). Pola sua banda o SD Silva caia no "A Grela I", por 0-2 ante o UD Ourense, nun choque moi discutido polos do Ventorrillo, que acababan con 2 homes menos polas expulsións de Mauro, (4´e 36´), por dobre cartón e con vermello direto Carlos, (38´), e o delegado do equipo, José Núñez. Encaixaron o 0-1 no minuto 20 por medio de Hugo e mataba o encontro no 90 Alfredo. A pesares de xogar unha hora con 2 menos, e recibir ata 9 cartóns, a loita dos xogadores foi encomiable.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
AXENDA DOS ENCONTROS PARA HOXE DO FÚTBOL AFECCIONADO.
Sábado, 06 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
AXENDA DO FÚTBOL AFECCIONADO

O UD Corcubión volve o Novo Cubaleiro onde goleou no anterior encontro.

-4 encontros para hoxe no fútbol afeccionado-

Tan só 4 encontros se xogan hoxe das 5 competicións de fútbol afecionado. Na 3ª División o lider Bergantiños CF xoga esta tarde nas Eiroas, e nesta categoría tamén xoga hoxe o SD Silva. Na Preferente Norte o Xallas FC visita esta tarde ao Puebla CF, sendo o único encontro desta categoría. Non se xoga neste sábado ningún choque na 1ª Galicia G2 nen na Liga da Costa e xógase un encontro na 3ª da Costa, o que enfrontará ao UD Corcubión e o CF Castrelo, quedando para o Domingo o resto de choques. No fútbol de veteranos, como xa sabedes, agora federados, os encontros son sempre na mañán dominical. Abrindo a nova o completo tes os datos dos encontros que se xogan hoxe.


Segue coa previa dos encontros...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS DA 4ª XORNADA DA 1ª GALICIA G2 : "SÓ O BAIO ACADA OS 3 PUNTOS, CUN EMPATE DO FISTERRA E DERROTAS DE DUMBRÍA, ESTEIRANA E SONEIRA.
Luns, 24 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª Galicia G2
-4ª Xornada-


Os integrantes do CD Baio animaron o compañeiro lesionado Fachal.

-O CD Baio o único que saca os 3 puntos-

-Empate do Fisterra e errotas de Soneira, Esteirana e Dumbría-

 4ª Xornada  que volveu a se mala para a amioría dos "nosos" na 1ª Galicia G2. Dos 4 representantes da Costa o único que sacou os 3 puntos foi o CD Baio que derrotaba ao SD Piloño, que chegaba como segundo ao "Platas Reinoso", (2-1), unha vitoria que puido ser moito máis folgada. Sumou un punto o SD Fisterra ante o Tordoia CF do "oleiro", Dani Calvete, que na xornada inaugural tamén sacara 1 punto ante a Esteirana. Unha SCD Esteirana que caía pola mínima ante o Chaián CF, (0-1). Tamén caía derrotado e por goleada o SD Soneira, na sua visita ao Flavia SD, (3-0), un dos candidatos a todo. Pola sua banda o CF Dumbría cae empicado e sufría unha nova derrota, segunda cponsecutiva e 3ª en 4 encontros. Desta volta foi ante o UD Val do Ulla, (4-2), e que trala vitoria do UD Bastavales, que ainda non sumara, deixa aos dumbrieses colistas en solitario cun só punto. Abre a nova o completo para ver as crónicas dos encontros.


Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
PREVIA DA XORNADA DESTA FIN DE SEMANA NA 3ª DIVISIÓN, PREFERENTE NORTE E 1ª GALICIA G2 :
Venres, 21 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
3ª DIVISIÓN-PREFERENTE-1ª GALICIA G2

O Xallas FC visita ao Ribadeo 4º clasificado da Preferente.

-Previa dos encontros da 3ª División, Preferente Norte e 1ª Galicia G2-

Aquí tes tódolos horarios e enfrontamentos da xornada na 3ª División e Preferente Norte, nas que se xoga a 5ª xornada e da 1ª Galicia G2 na que se xoga a 4ª xornada. Agás na 3ª Galicia G2 que se xogan dous encontros mañán sábado, o resto de encontros, un total de 27 xóganse o Domingo 23. Na 3ª División xogase mañán sábado o Ourense CF-CD Barco, (20:45 h) e o UD Somozas-CD Boiro, (18:00), o resto son o Domingo. O Bergantiños CF ten outro derbi, desta vez ante o Laracha CF nas "Eiroas", (18:00), e o SD Silva recibe pola mañán, (12:15 h), ao Arosa SC. Pola sua banda o UD Piosaco Hierros Añón, volta a xogar na casa recibindo nada menos ca o SD Compostela, (18:00). Na Preferente Norte , tódolos encontros o Domingo, o Xallas FC visita ao Ribadeo CF, (18:30 horas), e o SD Sofán visita ao Puebla CF, (18:00). Pola sua banda o CF Noia, que suma 4 vitoiras nos 4 pimeiros encontros, recibe ao Boimorto CF, (18:00) e o Atlético Arteixo recibe ao CD Castro, (12:00 h). No que se refire a 1ª Galicia G2 agás o SD Soneira que xoga fora ante o Flavia SD, (18:00 horas), o resto dos equipos costeiros xogan na casa. O SD Fisterra, recibe no "Ara Solis", ao Tordoia CF, (17:00  horas). O CD Baio recibe no "Platas Reinoso" ao SD Piloño, (17:30), e a SCDR Esteirana recibe no "Xosé Luis Vara" ao Chaián CF, (18:00). Abre a nova o completo para ver tódolos horarios e enfrontamentos destas 3 ligas


Segue coa previa destas 3 ligas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS 3ª Xda DA 1ª GALICIA G2 : "O FISTERRA LÉVASE O DERBI COSTEIRO ANTE O SONEIRA E BAIO, ESTEIRANA E DUMBRÍA CAEN DERROTADOS".
Martes, 18 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª Galicia G2
-1ª Xornada-


Adrián "Makaay" macou un golazo.

-O Fisterra lévase o derbi costeiro ante o Soneira, (0-1)-

-Derrotas de Baio, Esteirana e Dumbría-

Xornada xeralmente nefasta para os "nosos" na 3ª tirada da 1ª Galicia G2, na que nun Municipal con ambente da Costa, a rebentar, e onde se veu que sería moito mellor para o fútbol, para os clubes, e para a afección que houbese esta categoría totalmente da costeira, o SD Fisterra levouse a "guinda" do pastel, que son os puntos nun choque vibrante, que o máis xusto sería que acabase en empate, pero apareceu Adrián "Makaay", no seu retorno con "verdinegros", para cun golazo levarse o derbi. No resto de equipos costeiros a xornada como decíamos foi nefasta, pois CD Baio, SCDR Esteirana e CF Dumbría caían derrotados. Abre a nova o completo para ver as crónicas dos encontros.


Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
CRÓNICAS 4ª Xda DA PREFERENTE NORTE : VITORIAS DE XALLAS E NOIA E DERROTAS DE SOFÁN, ARTEIXO E NEGREIRA.
Luns, 17 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
PREFERENTE NORTE
-4ª Xornada-


O Sofán mereceu máis ante o Noia no derbi costeiro.

-Só o Xallas e Noia salvan on mobles dos "nosos"-

-Derrotas de Sofán, Negreia e Arteixo-

Xornada nefasta para os "nosos" na 4ª tirada da Preferente Norte, na que o SD Sofán, que mereceu máis, pero sobráronslle os derradeiros minutos tras un gran encontro, caía por 2-3 ante o CF Noia no derbi costeiro, que para especificación dalgún correo que recibín por acuñalo como equipo costeiro, o CF Noia, foi noutrora equipo da Liga da Costa. Peor foron as derrotas de Atlético Arteixo e Negreira, que caían goleados nos seus choque ante o CD As Pontes, (4-0) e SD Sarriana, (0-3), respectivamente. Xunto cos noieses que gañaban no derbi, os únicos que sacaban os 3 puntos era o Xalla FC que gañaba ao CD Castro nun encontro extraordinario para o espectador, pero ao mesmo tempo non apto para cardíacos, (5-4). Abre a nova o completo para ver as crónicas dos encontros.


Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 
PREVIA DOS ENCONTROS DA FIN DE SEMANA DA 3ª DIVISIÓN, PREFERENTE NORTE E 1ª GALICIA G2.
Venres, 14 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
3ª DIVISIÓN-PREFERENTE-1ª GALICIA G2

O Soneira recibe ao SD Fisterra o Domingo no "Derbi Costeiro".

-Previa dos encontros da 3ª División, Preferente Norte e 1ª Galicia G2-

Aquí tes tódolos horarios e enfrontamentos da xornada na 3ª División e Preferente Norte, nas que se xoga a 4ª xornada e da 1ª Galicia G2 na que se xoga a 3ª xornada. Agás na 1ª Galicia G2 que se xogan dous encontros mañán sábado, o resto de encontros, un total de 27 xóganse o Domingo 16. Na 3ª División o Bergantiños CF visita ao UD Paiosaco, (18:00 horas), nun derbi por todo o alto que encherá a "Porta Santa" ata a bandeira. O Laracha CF visita ao Arenteiro, (18:00) e o SD Silva vista ao SD Compostela, (19:00). Na Preferente Norte dos "nosos" o Xallas FC recibe ao CD Castro, (17:00 horas), e o SD Sofán recibe no Carral ao CF Noia, (17:00), noutro derbi antre equipos costeiros. No que se refire a 1ª Galicia G2 o encontro máis destacado é o derbi que se xogará no Municipal de Vimianzo co "Derbi costeiro", antre o SD Soneira e o SD Fisterra, (17:00  horas). Pola sua banda o CD Baio visita ao recén ascendido SD Esclavitude, (18:00), e a SCDR Esteirana visita ao CD Unión, (19:00), no que por cercanía se pode considerar un derbi. Xoga na casa o CF Dumbría que recibe ao Sigüeiro CF, (18:00). Todos eles en Domingo. Os únicos encontros do sábado son desta última categoría e neles o Tordoia CF de Dani Calvete, recibe ao CD Lalín, (17:00 horas) e o Chaián CF recibe no seu féudo ao Bertamiráns CF, (20:00). Abre a nova o completo para ver tódolos horarios e enfrontamentos destas 3 ligas


Segue coa previa destas 3 ligas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.



 
CRÓNICA : O CD BAIO SUMA DE 3 NA PRIMEIRA XORNADA DA 1ª GALICIA G2.
Martes, 04 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª Galicia G2
-1ª Xornada-


O Baio soubo nadar e gardala roupa.

Sporting Praiña 0-1 CD Baio

-O CD Baio saca os primeiros 3 puntos na apertura da liga-

Onte traíamosvos as crónicas dos encontros da primeira tirada da 1ª Galicia G2-2018/19, na que debutaba a SCDR Esteirana, que empataba co Tordoia CF , (1-1), o SD Fisterra que tamén empataba na sua visita ao SD Piloño, (1-1), a vitoria por pàrte do SD Soneira que derrotaba por 1-0 ao UD Bastavales, e a deerrota do CF Dumbría que caía no Conco por 0-2 ante o recén ascendido UD Esclavitude, tras quedarse ao cuarto de hora cun menos por expulsión do porteiro nun penalti, que ademáis supoñía o 0-1. Pero por un "lapsus" quedábasenos no limbo a crónica da traballada vitoria do "decano" do fútbol da Costa, o CD Baio, polo que pedimos desculpas. O club baiés gañaba por 0-1 ao Sporting Praiña, a pesares de chegar con moitas baixas, en especial en defensa. Sairon moi ben na primeira metade os baieses e primeiro avisou Bieito e dous minutos despois Martín MC, facía o 0-1, (12´). Non pasou apuros nesta primeira metade o clube da "Porta da Costa da Morte". Na segunda chegou o fútbol direto por parte dos locais, que colgaban balóns no área na procura do empate. Puido chegar cun balón que se foi a madeira, pero polo demáis e a pesares de cercar a porta baises, os branquiazuis aguantaron o "chaparrón" para sumar os 3 primeiros puntos deste curso.


CD Baio: Dani, Isaac, Yago, Peke, Pablo (Regueira 59´), Rubio (Moreno 71´), Bieito, Santi Díaz (Sergio 59´), Iván Rojo (Josiño 86´), Javi Suárez e Martín MC.

Gol : 0-1, Martín MC, (12´).

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.


 

<   12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com