Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Menú principal

 

Tema: Fútbol da Costa

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12345   >

CRÓNICAS DOS ENCONTROS SABATINOS DA 3ª DA COSTA E PREVIA DOS DE HOXE.
Domingo, 17 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-21ª Xornada-

Martín "Maradona" adiantou ao Seaia que acabou perdendo.

-Vitorias de Porteño e Castrelo nos encontros sabatinos-

CF Porteño e CF Castrelo, dous dos equipos que loitan por estar na promoción de ascenso gañaron os seus encontros xogados na tarde do sábado. Os da Ponte do Porto derrotaban ao Sporting Seaia CF, (1-3), namentras que os vimianceses facíano ante o FS As Baleas, (2-0). Para hoxe Domingo 17 de Febreiro quedan 4 encontros dos que tes aquí a información. O lider SD Coristanco visita ao SD Camelle, que tras un mes sen pisar o "Rodeiro" trala desfeita sufrida no terreo de xogo por unha piara de xabarín, retorna o seu féudo. Abre a nova o copmpleto para ver como viron os adestradores os encontros xogados o sábado e a previa dos encontros de hoxe.

Segue coas crónicas dos encontros de onte e a previa dos encontros de hoxe...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
RAÚL PERISCAL DEIXA O UD CERQUEDA QUE DIRIXIRÁ MICHEL.
Domingo, 17 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
FÚTBOL DA COSTA

Raúl Periscal é unha parte inportante da historia do UD Cerqueda.

-Raúl; Periscal deixa o UD Cerqueda-

-Michel, xogador e preparador físico, é o novo adestrador-

Raúl; Periscal deixa o UD Cerqueda, (Liga da Costa), despois de varios anos unido o clube malpicán e por asuntos persoais. Nun emotivo comunicado o adestrador, gran colaborador da nosa web, dí que : "Neste momento toca parar. Sempre tiven a unha persoa ao meu lado, que me axudo, cuidou e fíxome crecer. Agora tócame a min devolver o recibido"... Despídese esperando que só sexa un "hasta logo", e agradece o cariño e apoio, tanto da diretiva, como dos xogadores e afeccionados do clube. O seu sutituto no banquiño será o xogador e preparador físico do equipo, Michel. Abrindo a nova o completo tes o comunicado de Raúl Periscal

Dende www.piratasdemuxia.es o noso desexo de que todo lle vaia do milloriño a él e os seus e as gracias pola sua colabroación todos estes anos.

Segue co comunicado de Raúl Periscal o completo...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 


 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 20ª Xda DA 3ª DA COSTA NA QUE O CABANA EMPÉÑASE EN APRETAR A LOITA POLO ASCENSO DIRETO.
Martes, 12 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-20ª Xornada-


O Porteño pasou da amargura a euforia en poucos minutos ante o Outes.

-O Cabana empéñase en apretar a loita polo ascenso direto-

-Encontro "rocambolesco" na Grixa antre Porteño e Outes-

Descansaba o lider, SD Coristanco, nesta 20ª xornada da 3ª da Costa, e miraba con tranquilade dende arriba o devir dos encontros, o estar cun bo colchón de pùntos. O Cabana SD a pasada semana daba un golpe enriba da mesa na sua visita ao SD Castríz, para desbancalo da 2ª praza, que da opción o ascenso direto. Gran traballo dos cabananeses que esta semana tiraban por terra o non pasar do empate no seu féudo ante o CF Castrelo, co que empataban, (2-2), e polos pelos aguantaban a segunda praza, por golaveraxe, xa que o SD Castríz ca sua vitoria en Camariñas, empataba a puntos cos cabaneses. Os da "Ribeira do Anllóns" empataban de penalti moi protestado "in extremis". O equipo xalleiro pola contra goleaba ao FS As Baleas, que comezaba o encontro con 11, pronto quedaba con 9, remataba o encontro con 7, e acababa con 12 goles en contra. Mérito de deportividad dos camariñáns polo seu comportamento, xa que a pesares dos contratempos quedando en cadro por lesións, en especial a de Marcos, que tiña que ser trasladado a un centro hospitalario en ambulancia, e está a espera de diagnose pendente dunha resonancia. O noso desexo de que sexa o mínimo posible e que poida voltar pronto a xogar cos compeñeiros. Podían simular unha lesión o quedar con 7 e rematar o sufrimento, pero competiron ata o final. O encontro máis "rocambolesco" xogouse na Grixa, onde o CF Porteño foise a vestiarios perdendo 0-2 ante o Outes CF, nun duelo pola promoción, quedou con 3 menos na segunda metade, (e os 3 nun minuto), e acabou remontando 4-3, nun choque que superou o minuto 100 polas perdas de tempo cas expulsións. Na loita pola promoción o FC Camariñas acadaba a primeira derrota da "Era Berto", tras caer ante o SD Laxe, (5-2), nun choque cun resultado máis abultado do que en sí foi o encontro. Aproveitou as derrotas de outeses e camariñáns o CD Nantón que derrotaba por 4-1 a un Camelle de "duas caras", que foi superior na primeira metade e desapareceu na segunda, (4-1). Desexarlle unha pronta recuperación o meta nantonés, José Manuel, que nun choque sufría unha máis ca posible rotura do tabique nasal. Para rematar o sábado xogábase o UD Corcubión-Sporting Seaia CF, no que gañaba o máis atinado a porta, (1-2) e no que no ecuador da primeira metade o equipo corcubionés, perdía por lesión a sua mellor peza, Iago Lema, ao que lle desexamos unha pronta recuperación... Abre a nova ao completo para ver as crónicas, resultados, clasificacións, pichichis, vindeira xornada, etc...

Segue coa analise dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 20ª Xda DA LIGA DA COSTA : "O CORME CF DERROTA AO MUXÍA CF E VAISE CO CF MAZARICOS NA LOITA POR TODO".
Luns, 11 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-20ª Xornada-


O CF Mazaricos volveu a ser aplastante na "Pedra d´ouro".

-"O Corme CF derrota o Muxía CF e vaise co CF Mazaricos"-

-Por abaixo só puntuaron Muros e Buño-

20ª xornada da Liga da Costa, na que grande parte das miradas estaban en dous encontros. Un o que poñía en xogo a segunda praza, o que enfrontaba ao Corme CF e ao Muxía CF. O segundo máximo goleador do campionato, contra o que era o equipo menos batido do fútbol senior de Galicia, (analizadas as 33 ligas de fútbol modesto). Gañoulle o ataque a defensa e o "killer" da competición. Alejo Cambón, decidía con dous tantos, (xa leva 32), nun choque que o presidente dos muxiáns, Álvaro Rodriguez catalogaba como : "de fútbol de Preferente", pola calidade do choque. Este resultado dalle 6 puntos de ventaxe aos cormeláns que seguen a loitar por todo. O outro gran encontro era o que enfrontaba ao SD Ponteceso e ao CD Baiñas, que podían acercarse a loita por todo, pero non se moveu o marcador, (0-0) no "Pinguel" e perden comba cos dous de arriba e recurtanlle 1 punto aos muxiáns, (3º), sí aproveitou e goleando o Volantes de Baño CF, ante o CF Lira, (0-5), que cazan aos pontecesáns e aos muxiáns con 39 puntos os 3. O SCD Malpica derrotaba a domicilio ao Sporting Zas, (0-2) e xa vive en zona de "augas tranquilas", ao igual co UD Cerqueda, que empataba co SCD Buño, (0-0), no "derbi de locais", posto que os dous xogan no "Xaviña" buñés. Nun choque que os adestradores apuntan e recalcan como "moi deportivo" e "moi limpo", pero houbo 4 expulsados nos cerquedenses. Un punto bo para os "oleiros" na loita pola permaneza, pola que sacou un resultado mellor do merecido o CD Muros, que derrotaba por 3-2 ao UC Cee, nun choque no que non mereceron perder os da "Vila da Xunqueira". Por último o SD Ameixenda, segue xogando sen porteiro e xa entregou as armas e vaiselle facer moi longa a tempada. O SD San Lorenzo goleaba, (1-5), para seguir afianzando a salvación. Darlle moitos ánimos aos lesionados, Andrés, (SD Ameixenda), que estivo cos compañeiros no campo e recibeu o seu cariño, e aos desta semana: Xabi, (CD Muros), e  Maikel, (UC Cee). Deixamos para o final o lider o CF Mazaricos que repiteu como local e volveu a gañar 4-0, desta volta ao UD Monte Louro, sendo os mazariqueses o equipo que máis "xente gol" ten, (Estéfano, 14; Isma Pedrosa, 13; Sergio, 9; Mario, 8...), o que o convirte no equipo máis goleador con 48 tantos en 20 xornadas, cunha media de 2,4 goles por encontro...Abrindo a nova completa tes os resultados, crónicas, clasificacións, pichichis, próxima xornada, etc...

Segue coa analise dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 19ª Xda DA LIGA DA COSTA NA QUE O CORISTANMCO É MÁIS LIDER E O CABANA COLLE O 2º POSTO.
Luns, 04 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-19ª Xornada-


Iago Lema comandou a vitoria do UD Corcubión en Outes.

-O Coristanco máis lider ca vitoria do Cabana en Castríz-

-O UD Corcubión da a sorpresa vencendo ao Outes CF, (3-4)-

19ª xornada da 3ª da Costa, na que o lider SD Coristanco gañou con sufrimento ao CD Nantón, (2-1), pero é máis lider o derrotar o Cabana SD ao SD Castríz, o que lle birla a segunda praza de ascenso direto, nun choque que foi un auténtico "sunami" de goles, con 12 en total, cun marcador máis propio do balonmán ou hoquei, (4-8). O CF Porteño caía no derbi ante o FC Camariñas, (2-0), nun choque no que volveu a brilar o xogador do equipo camariñán, Djibril, que facía os dous tantos e a sorpresa da xornada dábaa o UD Corcubión que derrotaba a domicilio, con remontada incluida ao Outes CF. A calidade de Iago Lema foi clave para a vitoria corcubionesa. Xa nos encontros do sábado, dos que tedes as crónicas na portada da web ou no enlace da dereita da web de "Futbol da Costa", o SD Camelle xogaba no "Hermanas Patiño" para deixar refacerse o céspede do "Rodeiro", trala "festa" dos xabaríns. Os camelláns derrotaban no derbi ao FS As Baleas, (4-2). Unha vitoria que ía adicada a Vera a recén nacida, filla do adestrador "Pupus". No outro encontro do sábado o CF Castrelo perdía a opción de presionar pola 6ª praza que da dereito a promoción o non pasar do empate ante o SD Laxe, (2-2)... Abre a nova ao completo para ver as crónicas, resultados, clasificacións, pichichis, vindeira xornada, etc...

Segue coa analise dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 19ª Xda DA LIGA DA COSTA NA QUE POR ARRIBA O MAZARICOS VAISE E APRÉTASE A LOITA POLA PROMOCIÓN.
Luns, 04 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-19ª Xornada-


Baiñas e Corme empataron no encontro da xornada.

-"Os empates do Corme e Muxía fan máis lider o Mazaricos"-

-Por abaixo só puntuaron Muros e Monte Louro-

19ª xornada da Liga da Costa, na que o lider CF Mazaricos, cumpría o seu trámite e derrotaba ao Sporting Zas sen despeinarse, (5-0), e vía como no choque da xornada o CD Baiñas e o Corme CF non pasaban do empate, (1-1). Non contaban os mazariquenses co empate do Muxía CF ante o UD Monte Louro, (3-3), que os fai poñerse con 3 puntos de vantaxe sobre os cormeláns e 6 sobre os muxiáns. O empate do Muxía CF en Louro, (3-3), foi rocambolesco, pois o equipo menos batido do fútbol galego cheaba o derradeiro minuto de encontro perdendo por 3-1, (só recibira 5 goles en 19 encontros), e conseguían no desconto igualar a contenda e ainda tras sacar de centro facían o 3-4 por medio de Roberto Pereira, un gol que pedían como legal e que o colexiado anulaba por fora de xogo. Os empates arriba tamén os aproveitou o SD Ponteceso que lle gañaba ao UC Cee, (0-1), e ponse de novo na loita pola promoción. Unha loita para a que se apunta o Volantes de Baño CF, que derrotaba ao UD Cerqueda, (2-0), para arrimarse aos de arriba e superar ao CD Baiñas na táboa. Por abaixo, tan só o CD Muros, que igualaba na cancha do SCD Buño, (1-1) e o UD Monte Louro, co empate ante os muxiáns, eran os únicos que puntuaban. O sábado o SCD Malpica dábase un "festín", ante un SD Ameixenda moi cabreado ca actuación arbitral, (7-1). Un coletivo mirado con lupa dende os problemas a pasada semana antre o presidente ceense e o colexiado do Corme-UC Cee. Así como a queixa do Louro no Sporting Zas-UD Monte Louro que a piques estivo de non saltar o terreo de xogo na segunda metade. Son detalles puntuais que non teñen nada que ver co bo nivel do arbitraxe da costa...Abrindo a nova completa tes os resultados, crónicas, clasificacións, pichichis, próxima xornada, etc...

Segue coa analise dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS SABATINOS DA 3ª DA COSTA CON EMPATES ANTRE CASTRELO E LAXE E VITORIA DO CAMELLE NO DERBI.
Domingo, 03 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-19ª Xornada-


Vieites, (centro) e Miguel Riveiro, (der.), marcaron ante As Baleas.

-Castrelo e Laxe empatan e o Camelle vence no derbi ante As Baleas-

-Previa dos encontros de hoxe-

Dous encontro había adiantados ao sábado da 19ª xornada da 3ª da Costa, tal e como vos adiantamos na "Axenda do Fútbol Afeccionado". CF Castrelo e SD Laxe enfrontábanse no Municipal de Vimianzo para buscar unha vitoria que os aguantase "vivos" na loita pola promoción, pero o final, nun encontro que puido caer de calquer lado deuse un empate, (2-2) que non lle vale a ningún dos dous. Por outra banda o SD Camelle xogaba no "Hermanas Patiño" pola desfeita dos xabaríns no "Rodeiro", o derbi camariñán ante o FS As Baleas, que é o campo dos "baleeiros" e nun choque no que na primeira volta acadaron o seu único trunfo da liga e da sua historia como equipo de fútbol afeccionado. Os camelláns venceron desta volta, con goles dos pesos pesados do equipo e puideron adicarlle a vitoria ao adestrador Ángel Rey "Pupus", que era papá por segunda vez, polo que tanto él como a sua retoño, Vera, como a sua muller Laura, tiveron a adicación da vitoria por parte dos compoñentes do clube camellán. Aproveitar para darlles tamén a nosa noraboa os papas. Abre a nova ao completo para ver as crónicas dos adestradores...

Segue coa analise dos adestradores...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
A MÁIS COMPLETA AXENDA DE TODO O FÚTBOL DA COSTA DENDE PREFERENTE ATA 3ª DA COSTA.
Sábado, 02 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
-AXENDA DO FÚTBOL AFECCIONADO COSTEIRO-

Ás ligas cas nosas foto-montaxes abrindo a nova o completo.

-Axenda dos encontros da Preferente Norte, 1ª Galicia G2,

Liga da Costa e 3ª da Costa-

Aquí tes da nosa maneira única e intransferible con foto-montaxes as previas da : Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa, da maneira máis cómoda para ver a onde queres ir.Na tarde de hoxe sábado 2 de Febreiro xóganse un total de 4 encontros. O que enfrontará ao CF Dumbría e ao Val do Ulla UD da 1ª Galicia G2. O que enfrontará na Liga da Costa ao SCD Malpica e ao SD Ameixenda e na 3ª da Costa o derbi, SD Camelle-FS As Baleas, que se xogará no "Hermanas Patiño" de Camariñas pola desfeita dos xabaríns no "Rodeiro" e o CF Castrelo-SD Laxe...Abrindo a nova o completo tes as foto-montaxes cos enfrontamentos e horarios de tódalas  ligas...


Segue coas foto-montaxes cos encontros e toda a sua información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 18ª Xda DA 3ª DA COSTA NA QUE SEGUE A LOITA POR TODO.
Luns, 28 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-18ª Xornada-


O Castríz vence e segue en posto de ascenso direto.

-Coristanco gaña ca inercia do campión-

-Cabana e Castríz non fallan a espera do seu enfrontamento direto-

18ª xornada da 3ª da Costa, na que o lider SD Coristanco goleaba ao FS As Baleas, (0-4), pero sen moito brilo, nun mal encontro. Pola sua banda o Cabana SD dábase un festín ante o SD Camelle, que xogaba cos dous porteiro, un baixo paus e outro de campo, debido as numerosas baixas, (9-1). O SD Castríz tamén goleaba e non moi lonxe de Cabana, pois vencía por 0-3 ao SD Laxe. Para a vindeira xornada os cabaneses visitan aos xalleiros nun encontro que pode ser clave para o ascenso direto. Pola sua banda o CF Porteño, (4º), derrotaba ao CF Castrelo, (1-0), co xustiño e fai que os vimianceses se sigan a alonxar dunha promoción para a que a fin de ano parecía un dos candidatos. Os vimianceses protestaron como ilegal o gol porteño e reclamaron un penalti. O Outes CF derrotaba a domicilio ao Sporting Seaia, (0-2), e segue firme no posto de promoción. Un posto o que se agarrou o FC Camariñas, que nun mal encontro derrotaba a domicilio ao UD Corcubión, (1-2), e suma a 3ª vitoria consecutiva dende que chegou o banco, Berto Suárez, que non quedou moi contento co ecoontro, pero sí cos 3 puntos. Descansou o CD Nantón. Abre a nova ao completo para ver as crónicas, resultados, clasificacións, pichichis, vindeira xornada, etc...

Segue coa analise dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 18ª Xda DA 3ª DA COSTA NA QUE POR ARRIBA SEGUE A LOITA IGUAL E ABRENSE FENDAS NA PROMOCIÓN.
Luns, 28 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-18ª Xornada-


O Castríz vence e segue en posto de ascenso direto.

-Coristanco gaña ca inercia do campión-

-Cabana e Castríz non fallan a espera do seu enfrontamento direto-

18ª xornada da 3ª da Costa, na que o lider SD Coristanco goleaba ao FS As Baleas, (0-4), pero sen moito brilo, nun mal encontro. Pola sua banda o Cabana SD dábase un festín ante o SD Camelle, que xogaba cos dous porteiro, un baixo paus e outro de campo, debido as numerosas baixas, (9-1). O SD Castríz tamén goleaba e non moi lonxe de Cabana, pois vencía por 0-3 ao SD Laxe. Para a vindeira xornada os cabaneses visitan aos xalleiros nun encontro que pode ser clave para o ascenso direto. Pola sua banda o CF Porteño, (4º), derrotaba ao CF Castrelo, (1-0), co xustiño e fai que os vimianceses se sigan a alonxar dunha promoción para a que a fin de ano parecía un dos candidatos. Os vimianceses protestaron como ilegal o gol porteño e reclamaron un penalti. O Outes CF derrotaba a domicilio ao Sporting Seaia, (0-2), e segue firme no posto de promoción. Un posto o que se agarrou o FC Camariñas, que nun mal encontro derrotaba a domicilio ao UD Corcubión, (1-2), e suma a 3ª vitoria consecutiva dende que chegou o banco, Berto Suárez, que non quedou moi contento co ecoontro, pero sí cos 3 puntos. Descansou o CD Nantón. Abre a nova ao completo para ver as crónicas, resultados, clasificacións, pichichis, vindeira xornada, etc...

Segue coa analise dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 18ª Xda DA LIGA DA COSTA : "MAZARICOS, CORME E MUXÍA ESCÁPANSE".
Luns, 28 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-18ª Xornada-


Os muxiáns adicáronlle a vitoria ao compañeiro lesionado Adrián Alcaina.

-"Mazaricos, Corme e Muxía escápanse"-

-Por abaixo o máis beneficiado da xornada o CF Lira-

18ª xornada da Liga da Costa, e parece que o lider CF Mazaricos, o segundo en discordia, Corme CF e o terceiro na pugna, Muxía CF, abren fenda e escápanse beneficiados polos resultados. O CF Mazaricos derrotaba a un  SD Ameixenda que lle plantou cara, (0-3), pero que segue con "Bicho" facendo as veces de porteiro. O Corme CF con moito traballo derrotaba a un UC Cee que lle puxo as cousas moi difíciles, (3-2), e o Muxía CF derrotaba a un rival direto na loita polo ascenso e o título o CD Baiñas, (1-0), nun choque de poder a poder, no que os baiñeses reclamaron como legal un gol que lles anularon e pediron un par de penaltis. Este resultados e o empate do SD Ponteceso na sua casa ante o SCD Buño, (1-1), (nun encontro no que errou un penalti cada equipo), fan que mazariquenses, cormeláns e muxiáns, se escapen na loita por todo, a espera de duelos diretos. No derbi muradán o Volantes de Baño CF, metíalle un gran corretivo ao CD Muros, (1-7), e os equipos da "nube", os que nen para arriba nen para abaixo, gañaron os seus encontros. A UD Cerqueda derrotaba ao SD San Lorenzo, (2-0), nun choque no que os de Verdillo mereceron puntuar. O Sporting Zas derrotaba ao UD Monte Louro, (2-1), nun choque no que os loureses, segundo o adestrador viviron : "unha falta de respeto a U.D. Monte Louro". " pola actuación arbitral, e chegou a pensar en non sair na segunda metade, e o que caía era o SCD Malpica ante o CF Lira, (3-2). Unha vitoria a "liracha" que os catapulta a fora dos postos de descenso axudado polos malos resultados dos seus rivais na loita por evitar o descenso...Abrindo a nova completa tes os resultados, crónicas, clasificacións, pichichis, próxima xornada, etc...

Segue coa analise dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
CRÓNICAS, RESULTADOS, CLASIFICACIÓNS, ETC, DA 16ª Xda DAS LIGAS FEDERADAS DE VETERANOS DA COSTA.
Mércoles, 23 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
VETERANOS DA COSTA
-16ª Xornada-


O CF Mazaricos goleou ao Rio Grande/Raxaría Os Arcos.

-División de Honra : "Moitos trocos por arriba con San Román novo lider"-

-1ª Galicia G1 : "CF Mazaricos segue agunatnado arriba"-

16 xornada tanto na División de Honra de Veteranos Costa da Morte, como na 1ª Galicia Veteranos G1 Costa da Morte. Na División de Honra a vitoria do ACD San Román sobre o que era lider, SD Soneira Veteranos, (2-0), leva aos laracheses a primeira praza e igualados a puntos co Sporting Zas que derrotaba ao A Piña, (5-2), relegando aos vimianceses a 3ª praza e ao SD San Lorenzo a 4ª. Os de Verdillo desaproveitaron a derrota do equipo vimiancés, pois podían poñerse líderes en solitario pero non pasaban do empate co Porteño Veteranos, (2-2), ao igual ca os da Ponte do Porto que de gañar podía poñerse de cheo na loita polo título, da que quedan agora a 4 puntos. No que se refire a 1ª Galicia G1 "Costa da Morte", o CF Mazaricos lider da competición, goleaba ao Río Grande/Raxaría Os Arcos, (0-6), para seguir unha semana máis mandando en solitario na liga, co Corme CF, que derrotaba ao CV Leiloio, (5-1), de segundo en posto de ascenso, por mor de que o CD Razo-Buño Veteranos SCD, quedaba suspendido polo que os "oleiros" caían a 3ª praza cun punto menos cos cormeláns....Abre a nova o completo para ver os resultados, clasificacións, pichichis, previa da seguinte xornada, etc....

Segue coa información das ligas, resultados, clasificacións, etc..

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
XUNTANZA DA RFGF E OS CLUBES DA COSTA : A "LVI COPA DA COSTA" SERÁ A ENCONTRO ÚNICO ATA CUARTOS E HABERÁ "COPA DA COSTA FEMININA".
Martes, 22 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
"LVI COPA DA COSTA"

A Gran Final seguirá a encontro único.

-A "LVI Copa da Costa" será a partido único ata Cuartos-

-Xogarase a "I Copa da Costa Feminina"-

O máis importante da xuntanza dos clubes da costa era o acordo sobre como sería a "LVI Copa da Costa", tralas protestas, (maiormente de taberna), cada ano sobre o desvirtuada e previsible que está a ser nos derradeiros anos. O SCD Malpica fixo unha proposta e a RFGF tiña outras que se debateron e finalmente chegouse ao acordo de que se xogará a partido único ata Cuartos de Final, que xa será xunto cas Semifinais a dobre enfrontamento. A Gran Final será a encontro único en campo neutral. Nós recibimos moreas de mensaxes pedindo que se debería xogar de principio a fin a encontro único e que o campo da finalísima sexa igual de lonxe para ambas afeccións. Asimesmo o presidente da RFGF, Rafael Louzán anunciou que se xogará a "I Copa da Costa de Fútbol Feminino", de maneira oficial. Xa ten habido disputas desta índole a nivel orgañizativo de clubes e asociacións, pero esta será a primeira de maneira federada. Esta final sería cun encontro antre o ED As Miúdas e o Bergantiños CF Feminino, ambos militantes na 2ª División Galega Feminina, as muradanas no Grupo 3º e as carballesas no 2º. Sería no mesmo campo da final masculina, pero pola mañán. Abre a nova para ver o que deu de sía a xuntanza.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
OS XABARÍNS VOLVEN A ENTRAR NO CAMPO DO CAMELLE E COMPLETAN A DESFEITA DO PASADO SÁBADO.
Martes, 22 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
SD CAMELLE

Os xabaríns completaron a desfeita no "Rodeiro", (Camelle).

-Novo ataque dos xabaríns no "Campo do Rodeiro", (Camelle)-

O pasado sábado o "Campo do Rodeiro", (Camelle), sufría a desfeita do bulir dunha piara de xabaríns no terreo de xogo, blando pola choivas, motivo polo que tras ser comprobados os desperfectos polos diretivos do SD Camelle e o SD Laxe, (que eran os equipos que se ían a enfrontar), e co Subdelegado da RFGF en Baio, Manolo Corredoira presente, decidíase suspender o encontro. Hoxe os camelláns cando chegaban o campo, puideron comprobar como os xabaríns volveran a entrar e a desfeita ainda é maior ca que había. Os animais o parecer entran pola única parte do campo que non está pechada de parede de bloques, no vértice SW. O pasado sábado o propio presidente do clube camellán Rubén, grababa aos xabaríns o outro lado da estrada a carón do campo. Abrindo a nova o completo tedes máis fotos da desfeita e dos xabaríns preto do campo que captaba o presidente camellán.

Segue con máis fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 17ª Xda DA LIGA DA COSTA NA QUE VOLVE A MANDAR O MAZARICOS E CRECE O NÚMERO DE CANDIDATOS.
Luns, 21 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-17ª Xornada-


O  SCD Buño igualou a un Corme CF que perde o liderato.

-"O Mazaricos volve a mandar na liga"-

-Aprétase a loita por todo e súmanse candidatos-

O empate do Corme CF ante o SCD Buño, (2-2), e a derrota do SD Ponteceso, (1-0), na 17 ª xornada da Liga da Costa, fan que ca vitoria do CF Mazaricos o sábado ante o CF Lira, (7-2), da que tes a crónica na portada da web, os mazariquenses recuperen a 1ª praza e que o Muxía CF que derrotaba ao UC Cee, (0-1), teña a tiro dunha vitoria a segunda praza de promoción de ascenso e de cheo na loita polo título. Os muxiáns adicábanlle a vitoria ao compañeiro lesionado Adrián Alcaina. Os cormeláns son agora segundos. O CD Baiñas derrotaba ao UD Monte Louro, (0-2) e tamén se pon na loita por todo. O UD Cerqueda levábase o derbi ante o SCD Malpica, (0-1), e o CD Muros caía ante o SD San Lorenzo, (3-1) e acababa moi cabreado ca actitude arbitral. Pola sua banda o Sporting Zas goleaba ao SD Ameixenda, (6-0), no que tiña que xogar de novo Bicho como porteiro. Os ceenses recibían a mala nova de que a lesión de Andrés sufrida a pasada semana era rotura de peroné. O noso desexo dunha pronta e satisfactoria recuperación para o xogador amarelo. Abrindo a nova completa tes os resultados, crónicas, clasificacións, pichichis, próxima xornada, etc...

Segue coa analise dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 17ª Xda DA 3ª DA COSTA NA QUE O EMPATE ANTRE CORISTANCO E CABANA ABRE A LOITA POLO ASCENSO DIRETO.
Luns, 21 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-17ª Xornada-


Lagoa fixo de penalti o gol do empate coristanqués.

-Coristanco e Cabana empatan e abren a loita polo ascenso direto-

-O Camariñas de Berto xa está en promoción-

17ª xornada da 3ª da Costa, con tódalas miradas no "encontro da xornada" no que o lider SD Coristanco podía dar un golpe a liga se derrotaba ao Cabana SD, non se pasou do empate, (1-1) e o único beneficiado foron os da "Terra da pataca", que seguen cun bo colchón de puntos co segundo, que pasa a ser o SD Castríz, que goleaba ao CF Porteño, (4-0), superando agora aos cabaneses nun punto, pero cun encontro máis. Na loita pola promoción o FC Camariñas derrotaba ao Sporting Seaia, (2-1), e aproveitaba o empate do sábado do CF Castrelo ante o UD Corcubión, (2-2), (Crónica na portada da web e no enlace direto de "Fútbol da Costa"). Os camariñáns desbancan aos vimianceses e súbense o tren da rpomoción poñéndose a 1 punto do Outes CF, que descansaba e a 3 do CF Porteño, 4º clasificado. Pola sua banda o CD Nantón goleaba a un FS As Baleas ao que todo lle son pulgas, (7-0). Chegaba "As Fontiñas" con 10 xogadores e segundo transcurría o choque íanlle caendo xogadores lesionados. Como xa vos informamos o sábado, o SD Camelle-SD Laxe, non se xogou polos destrozos feitos por unha piara de xabaríns no "Rodeiro". Abre a nova ao completo para ver as crónicas, resultados, clasificacións, pichichis, vndeira xornada, etc...

Segue coa analise dos adestradores e máis cousas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
"MARCADOR PIRATA" CON TÓDALAS LIGAS SENIOR CON EQUIPOS COSTEIROS E TODO O FÚTBOL BASE.
Luns, 21 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
MARCADOR RESULTADOS DE FÚTBOL

O noso marcador con tódolos resultados.
 
-Tódolos resultados da xornada do Fútbol Afeccionado e de base :
Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa
Xuvenís da Costa e da Galega, Cadetes da Costa e da Galega, Infantís, Alevíns e Benxamíns Grupos Norte e Sur
-Todo en foto montaxes-

Aquí tes comodamente nun só artigo como quedaron os encontros en tódalas ligas con equipos costeiros de fútbol modesto e de base con equipos e de ligas da costa e galegas. Todo elo nas foto-montaxes que vos estamos a brindar esta tempada polos problemas que temos no noso apartado de clasificacións. Un estilo novo que está a gustar moito. Tedes os resultados da Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa no fútbol afeccionado. E no de base : Xuvenís da Costa e da Galega, Cadetesda Costa e da Galega, Infantís, Alevíns F8 Grupo Norte e Sur e Benxamíns F8 Grupos Norte e Sur. Despois durante o día de mañá luns 21, coma sempre as crónicas dos encontros a nosa maneira única e intransferible. Do xogado o sábado xa tedes as crónicas na portada da web ou no enlace direto de cada categoría. Abre a nova o completo para ver tódolos resultados das ligas.

Segue cas foto-montaxes cos resultados por ligas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
MAÑÁN LUNS XUNTANZA EN BAIO PARA DETERMINAR COMO SERÁ A "LVI COPA DA COSTA".
Domingo, 20 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
XUNTANZA POLA COPA DA COSTA

Os equipos de Preferente gañaron 6 das 7 derradeiras finais.


-Xuntanza da RFGF cos clubes da costa para a "LVI Copa da Costa"-
-Este luns na Subdelegación de Baio-

Mañán luns 21 de Xaneiro, a partires das 20:30 horas, terá lugar a xuntanza na Subdelegación da Costa en Baio, antre os clubes da Costa e a RFGF, para tratar de chegar a un acordo sobre o modelo de competición que se levará a cabo na "LVI Copa da Costa". Na nosa web o pasado xoves presentábamosvos en exclusiva a proposta que vai facer o SCD Malpica e que xa está en poder do subdelegado Manolo Corredoira, e que será estudada xunto con outros modelos na xuntanza de mañán. Unha proposta a malpicana que non deixou indiferente a ninguén e da que recibimos dúcias de mensaxes de todo tipo, de adestradores, diretivos e afeccionados, e ata dende o ente federativo. Unhas a favor deste modelo, que pubricamos, outras con matices, outras totalmente en contra, (en especial dos clubes de categorías superiores), e o que sí recibimos en enorme cantidade, foron mensaxes en pro de que a Copa da Costa debería ser a encontro único de principio a fin, e na casa do equipo inferior, e a final en campo neutral, coa mesma distanza para os dous equipos finalistas. Abrindo a nova completa tedes a proposta que presentou o SCD Malpica, que como xa dixemos no seu día, é unha proposta que de seguro se estudará, e que pode valer de base ou non segundo decidan os clubes que son os que teñen a derradeira palabra.

Segue coa proposta para a "LVI Copa da Costa"...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
SUSPENDIDO POR DESTROZOS DE XABARÍNS O CAMELLE-LAXE E EMPATE ANTRE CASTRELO E CORCUBIÓN NA 3ª DA COSTA.
Domingo, 20 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
3ª DA COSTA
-17ª Xornada-


Estado no que deixaron o "Rodeiro" os xabaríns.

CF Castrelo 2-2 UD Corcubión

-O SD Camelle-SD Laxe suspendido por desfeita de xabaríns no "Rodeiro"-

Comezou a 17ª Xornada da 3ª da Costa, de modo anecdótico, cando nos chegaban tanto do presidente do SD Camelle, Rubén, coma do adestrador "Pupus", ou mesmamente dende e Subdelegación da Costa, as fotos do que fixeran unha piara de xabaríns no terreo de xogo do "Rodeiro". Co seu bulir no enfangado campo camelláns, os xabaríns, (que ainda andaban pola porta do campo cando chegou o presidente camellán, como podedes ver na foto), conseguiron que se tivese que suspender o encontro SD Camelle-SD Laxe, un caso inédito na costa de suspensión dun encontro. Como nos decía nunha mensaxe un afeccionado do clube camellán : "O Xabaríns CF, saeu a quentar no rodeiro con tacos de madeira e deixou o campo emporcado". Si se xogou o outro encontro adiantado a xornada e no que o UD Corcubión deu a sorpresa ante o CF Castrelo, que se está a xogar un posto na promoción de ascenso e no que os corcubioneses gañaban por 1-2 no minuto 83, cando Eloy conseguía empatar e rescatar un punto para os vimianceses, (2-2). Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro e a previa dos deste Domingo.

Segue coa crónica doi encontro e previa dos encontros do Domingo...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
CHUVIA DE GOLES NO MAZARICOS-LIRA, (7-2) ENCONTRO ADIANTADO DA 17ª Xda DA LIGA DA COSTA.
Domingo, 20 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
LIGA DA COSTA
-17ª Xornada-


O Mazaricos cos 7 goles o CF Liura xa suma 55 goles nesta tempada.

CF Mazaricos 7-2 CF Lira

-O Mazaricos debuta no Pino do Val no 2019 con forza-

Nada facía presaxiar semellante goleada do CF Mazaricos no encontro adiantado o sábado da 17ª Xornada da Liga da Costa, se temos en conta que eran os "lirachos" os que se adiantaban no marcador no primeiro minuto de xogo cun tanto de Mamadou e tendo en conta as prestacións do equipo sureño no derradeiro trito da primeira volta. Deu un golpe enriba da mesa o equipo mazariquense e remontaba con dous goles seguidos de Estéfano, (1´4 e 16´), que faría 3 máis seguidos, sendo o "home do encontro". Íanse ao descanso co resultrado de 4-1, como decimos os 4 de Estéfano que poñía o 5-1 a volta de vestiarios. Completaban a chuvía de goles na segunda metade Capelo e Sergio, despois de que Crístian Caamaño fixese o 5-2. Primeiro encontro do 2019 no Pino do Val, no que os afeccionados que fixeron fronte o frío e a chuvia, disfrutaron dun encontro cheo de goles de bela factura, para deixar momentaneamente aos mazariquenses de líderes con 39 puntos, a espera do que faga hoxe o Corme CF nun complicado encontro ante un SCD Buño que se xoga tamén moito e que querrá esquecer a goleada da pasada semana en Muxía, (6-0). Abrindo a nova ao completo tes a previa dos encontros deste Domingo 20/01.

CF Mazaricos : Miguel, Manuel, Carreira, Mario, Esteban, Isma Pedrosa, Estéfano, Capelo, Iago, Yago e Fran Pose. Tamén xogaron : Sergio, Martín, Alberto e Adrián.

CF Lira : Baitir, Óscar, Crístian Formoso, José, Marcos, Oliver, Crístian Caamaño, Mamdou, Borja, Manuel Castelo e José. Tamén xogaron : Manuel Maceiras e Demetrio.

Goles : 0-1, Mamadou, (1´); 1-1, Estéfano, (14´); 2-1, Estéfano, (16´); 3-1, Estéfano, (24´); 4-1, Estéfano, (41´) ;5-1, Estéfano, (52´); 5-2, Crístian Caamaño, (54´); 6-2, Capelo, (58´); 7-2, Sergio, (72´).

Árbitro : Davíd Vázquez Lema. Expulsou ao xogador do CF Lira Demetrio no minuto 87 con vermello direto cando levaba 15 minutos no terreo de xogo.

Segue coa previa dos encontros do Domingo...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com