Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Fútbol Sala Masculino

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12345   >

O FS VILLA DE CEE GOLEA NA CASA E SEGUE CON OPCIÓNS A TODO.
Domingo, 18 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
PREFERENTE GALICIA FS GRUPO NORTE
-9ª Xornada-

O FS Villa de Cee segue pola liga e o ascenso.

FS Villa de Cee Clínica A Xunqueira 8-0 Coviran Quiroga FS
-Os ceenses na promoción-

Goleda do FS Villa de Cee Clínica "A Xunqueira" ante a sua xente na 9ª xornada da Liga Preferente Galicia FS Grupo Norte, que os coloca no 3º posto que da opción a promoción de ascenso, a 1 punto do lider Villa Petroni Stellae FS, e cos mesmos 22 puntos do segundo Unión GR9, e tamén os mesmos ca eles e os culerdendes está o CD Lugo Sala. Polo tanto a loita será dura ata o final dada a enorme igualdade na parte alta. Desta volta como decíamos os ceenses goleaban por 8-0 ao Coviran Quiroga FS, nun choque que dominaron de chicote a chicote.

FS Villa de Cee "Clínica A Xunqueira" : Pose, Ángel, Juan "O vello", Javier e Félix. Tamén xogaron : Martelo, Mario, Miguelón e Aitor.

Goles : 1-0, Juan "O vello", (4´); 2-0, Javier, (11´); 3-0, Javier, (23´); 4-0, Aitor, (27´); 5-0, Mario, (29´); 6-0, Aitor, (30´); 7-0, Miguelón, (39´); 8-0, Juan "O vello", (4´);.

Árbitro : Manuel Dans, asistido nas bandas por : Pablo Castro e Paula Garrido, (que repetiron con respecto o derradeiro encontro na casa dos ceenses).

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E RESULTADOS DA 2ª Xda DA "XXV LIGA DE FÚTBOL SALA DE CORME" NA QUE SEGUE A MANDAR O DEBUTANTE BAR LISTA.
Domingo, 18 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
"XXV LIGA FÚTBOL SALA CORME"

Así quedou a 2ª xornada de liga.

-Bar Lista segue firme na "XXV Liga de Fútbol Sala de Corme"-

Segunda xornada da "XXV Liga de Fútbol Sala de Corme", e o debutante Bar Lista que lle endosaba un 7-1 ao Bar Avenida na primeira xornada, repite resultado e desta vez ante o Seaia FS que a pasada semana caía por un axustado 3-2 ante o actual campión o Trasnportes Cotelo, que nesta xornada goleaba ao Talleres Capelán, (2-6). Con esta vitoria o Bar Lista segue lider en con 14 goles a favor e tan só 2 en contra, con duas xornadas gastadas. Suman duas vitorias ademáis do lider e o Transportes Cotelo, e o Bar Secundino/Atalaia...Abre a nova o completo para ver o calendario completo e os horarios da 3ª Xda.

Segue coa información da liga...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
HOXE COMEZAN AS LIGAS DE FÚTBOL SALA DE BASE "COSTA DA MORTE", (PREVIA).
Venres, 16 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
LIGAS DE FUTSAL DE BASE
-"Costa da Morte"-


O Manuela Rial visita nas duas categorís ao FC Camariñas.

-Hoxe venres 16 comezan as ligas de Fútbol Sala de Base "Costa da Morte" en categoría alevín e benxamín-

Tal e como vos anunciamos días atrás na previa das ligas, hoxe venres 16 de Novembro darán comezo ca disputa da 1ª xornada as Ligas de Fútbol Sala de Base "Costa da Morte", que chegan a sua 22ª edición. Un total de 9 equipos na categoría alevín e 10 en benxamín comezarán a diputar estas ligas que terán 18 xornadas, (en ambas liga hai ida e volta). Aquí vos traemos os calendario completos de ambas ligas con tódolos enfrontamentos e equipos participantes. Abre a nova completa para ver os calendarios.

Segue cos calendarios...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DA 1ª Xda DA "40ª LIGA DE FUTSAL DE CARBALLO".
Mércoles, 14 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
Liga Discoteca Al Lío do Futbol Sala de Carballo
1ª Xornada

O Bar Rosalía levouse o "derbi pondaliano" da liga carballesa.

Festín de goles entre o Bar Rosalía (Ponteceso) e o Gontad Seguros/Carnicería Eusebio (Ponteceso), partido para o espectáculo cun Bar Rosalía 10-5 Gontad Seguros Carnicería Eusebio. Debutou na liga o Taberna D’Jous/Bar Ginebra, pero non puido facer nada para frenar o ímpetu goleador do Brasería Carballo/Cervecería Beos que goleou por 7-0, e consigue así o liderato na primeira xornada. Mentres o campión da Supercopa, o Boa Estrela,  conseguía un empate a 1 gol ante un reforzado Interfutsal Deportes San Remo, (1-1). Tamén se fixo cos 3 puntos o Discoteca Al Lío/Asesoría Afico tras derrotar por 5-0 ó equipo de Anonymous. Mesmo logro para o Cervecería O Pazo que vencía por 5-1 ó Cervecería Bombonera, nesta 1ª tirada da liga carballesa que chega a sua 40ª edición. Abre a nova o completo para ver a clasifiación.

Segue coa información da liga..

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CALENDARIOS DAS LIGAS DE FÚTBOL SALA DE BASE "COSTA DA MORTE" QUE COMEZAN O VINDEIRO VENRES.
Martes, 13 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
LIGAS DE FUTSAL DE BASE
-"Costa da Morte"-


Manuela Rial e FC Camariñas enfróntanse na 1ª xornada en ambas categorías.

-O venres 16 comezan as ligas de Fútbol Sala de Base "Costa da Morte" en categoría alevín e benxamín-

Este vindeiro venres 16 de Novembro darán comezo ca disputa da 1ª xornada as Ligas de Fútbol Sala de Base "Costa da Morte", que chegan a sua 22ª edición. Un total de 9 equipos na categoría alevín e 10 en benxamín comezarán a diputar estas ligas que terán 18 xornadas, (en ambas liga hai ida e volta). Aquí vos traemos os calendario completos de ambas ligas con tódolos enfrontamentos e equipos participantes. Abre a nova completa para ver os calendarios.

Segue cos calendarios...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
BAR LISTA PRIMEIRO LIDER DA "XXV LIGA DE FÚTBOL SALA DE CORME".
Luns, 12 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
"XXV LIGA FÚTBOL SALA CORME"

Así quedou a primeira xornada de liga.

-Bar Lista primeiro lider da "XXV Liga de Fútbol Sala de Corme"-

Xogouse o pasado sábado 10 de Novembro a primeira xornada da "XXV Liga de Fútbol Sala de Corme", a das "Bodas de prata" desta competición. defende o título o Transportes Cotelo que nesta primeira tirada pasou apuros para derrotar ao Seaia FS, e o lider por golaveraxe é o debutante Bar Lista que lle endosaba un 7-1 ao Bar Avenida. Ademáis era o único dos 4 debutantes que era quen de gañar...Abre a nova o completo para ver o calendario completo.

Segue coa información da liga...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
TODO O QUE DEBES SABER DA "XXV LIGA DE FÚTBOL SALA DE CORME" QUE COMEZA ESTE SÁBADO.
Xoves, 08 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
"XXV LIGA FÚTBOL SALA CORME"

Así será a primeira xornada de liga.

-O vindeiro sábado comeza a "XXV Liga de Fútbol Sala de Corme"-
-13 equipos buscarán o título das "Bodas de prata"-

Este vindeiro sábado 10 de Novembro comeza a "XXV Liga de Fútbol Sala de Corme", que ten un matíz especial ao tratarse das "Bodas de prata" desta competición. Un total de 13 equipos buscarán alzarse co sinalado trofeo. Como novidades con respecto ao ano pasado, debutan na competición o Chiringuito Balarés, Cervecería Levels, Bar Lista e AD Residencia. Repiten o actual campión, Transportes Cotelo ademáis do Bar Mádison, Bar O Cruceiro, Talleres Capelán. Seaia FS, Bar Avenida, Bar Secundino/Atalaia, así coma o Carpintería Cerdeiro, que por ser impares é o que descansa nista primeira xornada. Os encontro que comezarán ás 15:10 horas, disputaranse coma sempre todos no Pavillón de Corme. Na foto-montaxe podedes ver os enfrontamentos e os horarios. Abrindo a competición tedes o calendario completo. Un ano máis e xa van 12 www.piratasdemuxia.es seguirá esta competición ca axuda do orgañizador Pedro Álvarez...Abre a nova o completo para ver o calendario.

Segue coa información da liga...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CA DISPUTA DA SUPERCOPA COMEZOU A "XL LIGA DE FÚTBOL SALA DE CARBALLO". (TODO O QUE DEBES SABER PARA SEGUILA).
Xoves, 08 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
"LX LIGA FÚTBOL SALA DE CARBALLO"

O Pavillón de Carballo acolleu a Supercopa e acollerá a liga.

-Comezou ca Supercopa a "XL Liga de Fútbol Sala de Carballo"-
-O "Boa Estrela" levouse o primeiro título da tempada-

Comezou a pasada fin de semana a "40ª Liga de Fútbol Sala de Carballo" coa disputa da "Supercopa Asociación Deportiva Carballo". Como cada ano ca disputa deste título dase pistoletazo de saida a liga regular que orgañiza a fundadora do evento, Asociación Deportiva Carballo fundada en 1985. Na Supercopa que se disputaron o Boa Estrela de Carballo e o Cervecería O Pazo de Ponteceso a vitoria foi por 5-2 para os carballeses, que acadan así o primeiro título da tempada. Aquí tes abindo a nova o completo todo o que deu de sí esta Supercopa e todo o que debes segui dista liga decana da costa, no que se refire a organigrama, trofeos en disputa, calendario, colaboradores e orgañizadores, etc...Abre a nova o completo.

Segue coa información da Supecopa e liga...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O FS VILLA DE CEE DA PREFERENTE GALICIA FS DERROTA O CLUB DEL MAR, (3-5) E PONSE EN PUNTOS DE PROMOCIÓN.
Domingo, 04 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
PREFERENTE GALICIA FS GRUPO NORTE

O FS Villa de Cee segue con opcións a todo.

Club del Ma San Amaro 3-5 FS Villa de Cee
-Os ceenses en puntos ca promoción-

Vitoria do FS Villa de Cee Clínica "A Xunqueira" na 7ª xornada da Liga Preferente Galicia FS Grupo Norte, ante o Club del Mar San Amaro, (3-5),que fai que os ceenses ainda que segan de cuartos, empaten co 3º  Unión GR9, a 16 puntos, xa que os de Culleredo caían da 2ª praza o caer derotados na sua visita ao Troula Betanzos FS, (5-4). Agora os da Vila da Xunqueira, están cos mesmos puntos do terceiro que promocionaría e seguen a 3 do lider Villa Petrooni Stellae FS e a 2 do segundo, agora o CD Lugo Sala. No encontro que nos concerne o equipo ceense ao cuarto de hora xa gañaba por 0-5. En 4 minutos os coruñeses parece que entraban no encontro con 3 goles seguidos, pero xa non se movería o marcador. Faltan por xogar 3 encontros que se xogan no día de hoxe Domingo, pero non teñen repercusión con respecto aos ceenses na clasifiación.

FS Villa de Cee "Clínica A Xunqueira" : Pose, Ángel, Alejandro, Juan "O vello", e Félix. Tamén xogaron : Bruno, Mario, Santi, Pablo, e Miguelón.

Goles : 0-1, Félix, (0´); 0-2, Miguelón, (4´); 0-3, Pablo, (4´); 0-4, Pablo, (15´); 0-5, Pablo, (16´); 1-5, Borja, (18´); 2-5, Andrés, (19´); 3-5, Daniel, (19´) .

Árbitro : Roberto Martínez, asistido nas bandas por : Pablo Castro e Paula Garrido.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
IMPORTANTE VITORIA DO FS VILLA DE CEE NA PREFERENTE GALICIA DE FÚTBOL SALA QUE OS COLOCA A 3 PUNTOS DOS LÍDERES.
Mércoles, 31 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
PREFERENTE GALICIA FS GRUPO NORTE

O FS Villa de Cee debutou con goleada.

FS Villa de Cee 6-2 Jogafán Órdes FS
-Os ceenses póñense a tiro de 3 do liderato-

Aproveitou o FS Villa de Cee Clínica "A Xunqueira", o empate do Unión GR9 ante o Chacalá Arzúa FS, (3-3) na 6ª xornada da Liga Preferente Galicia FS Grupo Norte, que supoñía que o Culleredo perdesen o lideratro por golaveraxe en pos do Villa Petroni Stellae FS, e o que fai que ca vitoria con goelada dos ceenses ante o Jogafán Órdes FS, (6-2), se coloquen cuartos a 3 goles dos líderes e cos mesmos puntos do 3º, CD Lugo Sala. Os ceenses tiveron un choque ante os seus afeccionados no que tiveron que remontar o gol inicial dos de órdes, e que no intre nos que tentaron entrar no encontro os visitantes, asestaron dous golpes seguidos para ter un encontro prácido e de disfrute para a sua afección. Abre a nova o completo para ver máis.

FS Villa de Cee "Clínica A Xunqueira" : Pose, Ángel, Alejandro, Juan "O vello", e Bruno. Tamén xogaron : Santi, Pablo, Miguelón, e Félix.

Goles : 0-1, Álvaro, (4´); 1-1, Juan "O vello", (11´); 2-1, Juan "O vello", (15´); 3-1, Pablo, (18´); 4-1, Santi, (19´); 4-2, Ósca, (38´); 5-2, Miguelón, (39´); 6-2, Aleandro, (39´) .

Árbitro : Francisco Pena, asistido nas bandas por : José Luis Rey e Mélanie Mendoza.

Segue coa clasificación e goleadores...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CONTINÚA ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓNS PARA A LIGA DE FÚTBOL SALA DE CORME, PARA A QUE XA HAI 14 EQUIPOS APUNTADOS.
Xoves, 18 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

LIGA DE FÚTBOL SALA DE CORME


             Os Aldeáns, equipo asíduo dista comeptición.

-Continúa o prazo de inscricións para a Liga de Futsal de Corme-

-A día de hoxe xa hai 14 equipos apuntados-

Segue aberto o prazo de inscrición de equipos para a "Liga de Fútbol Sala de Corme 2018/19", que pechará este primeiro trámite antes da orgañización final da comnpetición o 31 de Outubro. Esta liga que orgañiza a Asociación Deportiva "Vila de Pondal" e ca que colabora o Concello de Ponteceso, terá como cada ano unha xuntanza informativa no Pavillón Municipal de Corme, no que se celebran os encontros os sábados pola tarde. Esa xuntanza será a partires das 22:00 horas do 2 de Novembro, oito días antes do comezo da competición o 10 do mesmo mes. O tope de equipos que se aceptan é de 24, polo que en caso de exceder esta cifra, irase por riguroso órde de inscrición. Nestes intres, segundo nos informa Pedro Álvarez, "alma mater" dista comeptición que xa cumpre os 25 anos, hai a día de hoxe un total de 14 equipos inscritos, e a espera de algún máis. As citadas inscricións poderán facerse no teléfono 630 192 986 de luns a venres.


Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓNS PARA A "LIGA DE FÚTBOL SALA DE CORME 2018-19".
Venres, 05 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

LIGA DE FÚTBOL SALA DE CORME


             Transportes Cotelo tódolos anos un dos rivais a batir.

-Aberto o prazo de inscricións para a Liga de Fútbol Sala de Corme 2018/19-

Queda aberto o prazo de inscrición de equipos para a "Liga de Fútbol Sala de Corme 2018/19", ata o 31 de Outubro. Esta liga que orgañiza a Asociación Deportiva "Vila de Pondal" e ca que colabora o Concello de Ponteceso, terá como cada ano unha xuntanza informativa no Pavillón Municipal de Corme, no que se celebran os encontros os sábados pola tarde. Esa xuntanza será a partires das 22:00 horas do 2 de Novembro, oito días antes do comezo da competición o 10 do mesmo mes. O tope de equipos que se aceptan é de 24, polo que en caso de exceder esta cifra, irase por riguroso órde de inscrición. As citadas inscricións poderán facerse no teléfono 630 192 986 de luns a venres.


Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
DEBÚT CON GOLEADA A DOMICILIO DO FS VILLA DE CEE NA PRIMEIRA Xda DA PREFERENTE GALICIA FS GRUPO NORTE.
Martes, 18 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
PREFERENTE GALICIA FS GRUPO NORTE

O FS Villa de Cee debutou con goleada.

Muiño-Korreo Guitiríz FS 3-8 FS Villa de Cee
-Pimeira xornada de paseo por Guitiríz para os ceenses-

Debút na categoría para o FS Villa de Cee Clínica "A Xunqueira", na Liga Preferente Galicia FS Grupo Norte, tras baixar a pasada tempada inmerecidamente. Non sabemos ainda o potencial dos equipos desta categoría, pero o que sí sabemos é que os rapaces do clube ceenses son practicamente os mesmos que ascenderon e que xogaron na 3ª División, e con vos reforzos, polo que ainda que será complicada a volta a máxima categoría do fútbol sala galego, os de Cee, o haber aguantado o bloque, xa que son un grupo de amigos, terán moito gañado. O rival desta primeira xornada foi o Muiño-Korreo Guitiríz FS, que se adiantou aos 4 minutos de xogo, pero foi un espellismo ante un FS Villa de Cee, que pronto volteou o marcador para acabar goleando. Abre a nova o completo para ver máis.

FS Villa de Cee "Clínica A Xunqueira" : Bruno, Ángel, Alejandro, Juan "O vello", e Félix. Tamén xogaron : Santi, Pablo, Miguelón, Aitor e Javi.

Goles : Peke, (2), Juan "O vello", (2), Félix, Marroco, Miguelón e Aitor.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA : COMEZA HOXE SÁBADO PARA O FS VILLA DE CEE A SUA ANDAINA NA LIGA PREFERENTE GALICIA FS GRUPO NORTE.
Sábado, 15 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
PREFERENTE GALICIA FS GRUPO NORTE

O FS Villa de Cee debuta hoxe visitando Guitiríz.

-Comeza a liga para o FS Villa de Cee cun paseo a terras luguesas-

Tralo amargo e inmerecido descenso a pasada tempada da máxima categoría do futsal galego, comeza hoxe o FS Villa de Cee Clínica "A Xunqueira", a sua andaina na Liga Preferente Galicia FS Grupo Norte, o camiño de volta. Visitan a partires das 19:00 horas ao Muiño-Korreo Guitiríz FS, ca arbitrade de Eduardo Castro e David Pérez, con Iván Enríquez na mesa. O equipo ceense que estará un ano máis dirixido por Manuel Mira Llopis, conta cunha plantilla de 12 xogadores, nos que repiten a maioría con respecto a pasada tempada. Abre a nova o completo para ver máis.

Segue coa previa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
TRANSPORTES COTELO LÉVASE A GRAN FINAL DA "XXIV COPA DA LIGA DE CORME DE FÚTBOL SALA".
Sábado, 02 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino





Transportes Cotelo acada o dobrete ca Copa de Futsal de Corme

-Transportes Cotelo lévase a Copa da Liga de Futsal de Corme-

-Derrotou na final a Bar Mádiso, (5-1)-

O Transportes Cotelo levouse o cetro de campión na Gran Final da "XXIV Copa da Liga de Fútbol Sala de Corme", o derrotar na finalísima ao Bar Mádison por 5-1, tras desfacerse os "transportistas" na semifinal previa ao Bar Secundino/Atalaia por 1-4. O Bar Mádison chegaba a esta final tras derrotar por 1-3 na semifinal ao Bar Avenida por 1-3. Tralo remate da final pasouse a entrega de trofeos da tempada nos que o Transportes Cotelo que defendía o título de Copa do ano pasado recibeu o dobrete un ano máis, Bar Mádison, subcampión de Copa. O trofeo de subcampión de liga era para Os Aldeáns, o da deportividade para TPL Hostal Crisol, o de equipo máis goleador para José Alejandro, e o de menos goleado para Os Aldeáns.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
"XXIV COPA DA LIGA DE FUTSAL DE CORME" : "MAÑÁN SÁBADO SEMIFINAIS, FINAL E ENTREGA DE TROFEOS DA TEMPADA".
Venres, 01 Xuño, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

Neste cadro tes toda a información da Copa de Futsal de Corme

-Mañán sábado Semifianis e Final da Copa de Futsal de Corme-

-Trala Final entrega de trofeos e premios da tempada-

Mañán sábado 2 de Xuño de 2018 terá lugar no Pavillón Polideportivo de Corme, os encontros de Semifinais e a Gran Final da "XXIV Copa da Liga de Fútbol Sala de Corme". O polideportivo cormelán vivirá o remate da tempada 2017/18 con estes enfrontamentos de Copa nos que o Transportes Cotelo defende o título acadado o ano pasado nunha final reñidísima na que empataban 3-3 co Bar París e facían falla 21 lanzamntos de penalti para dirimir o campión, quedando o final na tanda dende os 7 metros, 11-10. Da fase final os rapaces do Transportes Cotelo, son os únicos que repite dos 4 equipos que se xogan o cetro de campión da Copa. O remate da mesma terá lugar a entrega dos trofeos de toda a tempada, como cada ano, entregaranse os trofeos do campión de liga que foi o Transportes Cotelo, así como o de subcampión, (Os Aldeáns), o da deportividade, (TPL Hostal Crisol), equipo máis goleador, (José Alejandro) e o de menos goleado, (Os Aldeáns), así como os da Copa.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESTE SÁBADO A "XXIV COPA DA LIGA DE FUTSAL DE CORME" DISPUTA OS CUARTOS DE FINAL.
Mércoles, 09 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

Neste cadro tes toda a información da Copa de Futsal de Corme

-Este sábado 12 os Cuartos da Copa de Futsal de Corme-

-O vindeiro sábado 26 as Semifinais a Final e a entrega de premios-

Este sábado 12 de Maio de 2018 terá lugar no Pavillón Polideportivo de Corme, os encontros de Cuartos de Final da "XXIV Copa da Liga de Fútbol Sala de Corme", na que saberemos quenes serán os que o sábado seguinte, (26 de Maio), loitarán nas Semifinais para xogar tralas mesmas a Gran Final. O remate da mesma terá lugar a entrega dos trofeos de toda a tempada, como cada ano, entregaranse os trofeos do campión de liga que foi o Transportes Cotelo, así como o de subcampión, (Os Aldeáns), o da deportividade, (TPL Hostal Crisol), equipo máis goleador, (José Alejandro) e o de menos goleado, (Os Aldeáns), así como cae de caixón, os da Copa. No cadro de arriba tedes tódolos emparellamentos e horarios dos encontros deste sábado así como os horarios dos da xornada final da competiciójn e nél poñerémosvos toda información tralos choques de Cuartos.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
3ª DIVISIÓN FS Gº, (27ª Xda) : "VITORIA E OUTRO PASIÑO DO FS VILLA DE CEE DE CARA A PERMANENZA".
Martes, 01 Maio, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino
3ª División G1 FS
-27ª Xornada-

Os ceenses gañan e acércanse a salvación.

FS Villa de Cee 4-2 Talleres ABC/IES Coruxo
-O FS Villa de Cee pasou o trámite ante o lider con nota-

Gran encontro do FS Villa de Cee/Clínica A Xunqueira nesta 27ª Xornada da 3ª División Nacional Grupo 1 de fútbol sala. Os ceenses derrotaban ao Talleres ABC/IES Coruxo na loita por acadar a permanenza na categoría.
Comezou enchufadísimos no partido creando ocasións o clube de Cee, e Miguelón adiantaba aos seus no marcador. "Houbo un penalti "clamoroso", (segundo nos comenta Mon Lijo, Xefe de prensa do clube), a favor que non pitaron os árbitros, e na contra empataron os visitantes. Minuto de desconcerto  dos nosos que aproveitou o Coruxo para poñerse 1-2. Xa nos minutos finais da primeira parte Dudo consegue marcar o gol para ir o descanso e facer xusticia os ceenses que non merecían ir perdendo.
A segunda parte foi totalmente de dominio noso, e Miguelón primeiro, e despois Ángel poñerían o marcador nun  4-2, que poñía terra de por medio, e mesmo falláronse moitos goles máis, pero o resultado xa sería o definitivo. Moi bo resultado para os nosos a fin de ir escapando dos postos de descenso".

Goles : 1-0, Miguelón, (2´); 1-1, Martín, (12´); 1-2, Samuel, (17´); 2-2, Dudo, (19´); 3-2, Miguelón, (21´); 4-2, Ángel, (24´).

FSF Villa de Cee :
Pose, José Ángel, Santi, Javi e Crístian.
Tamén xogaron : Bruno, Ángel, Dudo, Miguelón e Aitor.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
COPA DA LIGA DE FUTSAL DE CORME, (1ª Xda) : "SECUNDINO ACABA CA IMBATIBILIDADE DE T. COTELO".
Martes, 24 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

COPA FUTSAL CORME

-1º Xornada-


Bar Secundino, (arq), acabou ca imbatibilidade do campión de liga.

-Transportes Cotelo cae no primeiro encontro de Copa-

-Trocos na competición-

Se había que buscar algo de que falar na primeira tirada da Copa da Liga de Fútbol Sala de Corme, da que tal e como vos apuntamos na previa xogouse o pasado sábado 21 de Abril a 1ª Xornada da Copa, a nova está en que o Transportes Cotelo comezou a competición cunha derrota ante o Bar Secundino Atalaia e foi por 2-3. Xa non se lembran os rapaces da escadra "transportista" cando perderon por derradeira vez. Ista tempada sumaron 12 vitorias e 3 empates cunha media de goles marcados de 3,26 e unha media de goles encaixados de 1,3, polo tanto este 2-3, sáese dos esquemas tanto a nivel realizador como a defensivo. Informarvos que a competición sufre un pequeno troco e trala baixa do Bar o Cruceiro agora quedarán 3 grupos de 3 equipos e un grupo de 4. En todos eles pasan a fase de eliminatorias 2 de cada grupo. Aquí tes abrindo a nova completa, os resultados da primeira xornada e a previa da segunda, que se xogará o vindeiro sábado 28 de Abril dende ás 16:00 horas ininterrumpidamente. Coma sempre no Pavillón de Deportes de Corme e orgañizado pola A.D. Vila de Pondal.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ASÍ SERÁ A COPA DE CORME DE FÚTBOL SALA :
Luns, 16 Abril, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Masculino

COPA FUTSAL CORME

-1º Xornada-


Transportes Cotelo campión do ano pasado.

-Transportes Cotelo campión da Liga defenderá o título de Copa-

-A próxima semana comeza a Copa-

Este pasado sábado rematou co Transportes Cotelo, campión a Liga de Fútbol Sala de Corme, e tras a derradeira xornada que foi intrascendental xa se pasa o vindeiro sábado 21 de Abril ca 1ª Xornada da Copa. Aquí che traemos como será esta Copa, cos enfrontamentos e horarios da competición, os grupos, e como será ata o final. Unha primicia para todos vos de www.piratasdemuxia.es.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com