Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Menú principal

 

Tema: Depor News

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12345   >

A CRÓNICA : "DEPOR 1-1 NÁSTIC : "SEGUIMOS CAS XORNADAS DE AGASALLOS EN RIAZOR".
Domingo, 17 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-A CRÓNICA-


Edu Expósito marcou un golazo de estética e definición.

Depor  1-1 Nástic

-Seguimos cas xornadas de agasallos en Riazor-

Un empate que sabe a derrota e que senta moi mal o ser ante un equipo mediocre, que non fixo nada para levarse nada de Riazor e que se atopou cun agasallo no treito final, e ainda puido levarse outro. Un punto coa axuda, tamén hai que dicilo, do colexiado rioxano, Soto Grado, que non  pitou un par de penaltis, que sí veu, (él e todo aquel que vise o encontro). Un por mans na primeira metade, cortando a dirección do balón nun centro de Saúl, e outro na segunda con 1-0 no marcador, por agarrón a Crístian Santos, impedíndolle rematar un bo centro de David Simón. No resto o encontro na primeira metade foi dominado de cabo a rabo polo Depor, cun Nástic pechado con duas liñas de 5. Quique, Cartabia e Borja Valle puideron abrir o marcador, pero iríase con 0-0 a vestiarios. Xa na segunda metade pronto chegou o golazo de Edu Expósito, tras xogada sua, reviravolta no área e marcando polo poste longo da portería de "General". O gol abreu o encontro, pero non se aproveitaron as ocasións que se crearon, e tras unha gran xogada que puido supoñer o 2-0, no contragolpe no minuto 83, o Nástic, que non coñecía a Dani Giménez, pois ainda non lle viran a cara, plántase ante a meta deportivista e fai o 1-1. Tocou arrebato e puido chegar o 2-1, pero o disparo de Diego Caballo, foise o longueiro, e na contestación, segundo contragolpe visitante, e segunda vez que chegaba a porta deportivista e perdoaron o 1-2. Nova decepción en riazor, onde seguimos ca tempada de agasallos de Antroido, e de novo ante un equipo moi inferior, e podemos decir, (que nos perdoen os seus afeccionados), un equipo mediocre, que non ofreceu nada en Riazor, nada máis ca "autobús", faltas, perdas de tempo constantes e gozou da inextimable axuda do colexiado.


Dani Giménez, David Simón, Somma, Pablo Marí, Saúl, Edu Expósito, Álex Bergantiños, Didier Moreno (Diego Caballo, min. 83), Fede Cartabia (Montiel, min. 65), Quique (Christian Santos, min. 73) e Borja Valle.

Goles : 1-0, Edu Expósito, (49´).

Árbitro: Soto Grado, (Colexio Rioxano). Mal, moi mal. Desquiciou a Riazor, ca sua maneira de pitar, cos dous claros penaltis que non pitou e co consentimento de perda de tempo dos cataláns, para logo só decontar 3 minutos, a pesares de haber, ademáis, tódolos trocos.

Incidencias: Partido correspondente á 26ª xornada da 2ª División xogado no Estadio de Riazor ante 17.102 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Fefé García del Río, socio número 2 do RC Deportivo e homenaxeouse no descanso a Juan Fernández, campión de España de surf na modalidade de ondas grandes. Debutou no primeiro equipo, Montiel, que entrou no 65 por Fede Cartabia e fixo cousas moi interesantes. Tamén mencionar que o Depor repiteu con gol no minuto 49, como a pasada semana Quique González ante o Granada.

Segue cas manifestacións tralo encontro...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE DIEGO CABALLO QUE NON SE FÍA DO NÁSTIC.
Xoves, 14 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA  DE PRENSA-

Diego Caballo volveu a titularidade trala lesión de Saúl.

-Diego Caballo : "Iremos a por todas en Riazor, como imos sempre"-

 Deigo Caballo, pasou por rolda de prensa, e falou da satisfacción dél e dos seus compañeiros tras gañar en Granada pero avisa de que non hai que fiarse do Nástic por estar aí abaixo :  "non importa moito onde estean na clasificación os equipos porque fancho moi difícil e poden competir moi ben. Vímolo hai poucos días contra o CD Tenerife. Fiarse sería unha bobada". Tamén falou da sua competncia sá con Saúl e apostolouse sobre a sanción a Matías Nahuel, de que a sanción tamén debería ser para o que simula...Abre a nova ao completo para ver as verbas de Diego Caballo.

Noutro órde de cousas, Pedro Sánchez xa adestra co grupo e podería entrar na lista de convocados para o encontro do sábado ante o Nástic en Riazor, (16:00 horas-15:00 GMT). Tamén informarvos de que o clube oferta novos prezos para os que queiran darse de alta como socios para o decisivo treito final da liga. No que se coce todo o posto na "pota" ata o de agora.

Segue coas verbas de Diego Caballo en rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
ESCOLMA DE NOVAS BREVES DO DEPOR : BORJA VALLE, PEDRO MOSQUERA, CARMELO DEL POZO..."
Mércoles, 13 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR IN BRIEFF

Matías Nahuel, caéronlle 2 encontros por unha inxusta expulsión.

-Borja Valle, Pedro Mosquera, Matías Nahuel, Carmelo del Pozo, Francis, Ex-deportivistas...-
-Escolma de novas breves-

Aquí tes unha serie de novas de maneira breve da actualidade do Depor nas que vos falamos das verbas de Borja Valle o reciboir o premio o "Mellor xogador do mes de Xaneiro", da inoportuna lesión de Pedro Mosquera, da sanción a Matías Nahuel e das verbas de Carmelo del Pozo sobre varios temas. Juan Domínguez e Andrade teñen novo equipo e Francis está sen ficha por un "affaire" co seu recoñecemento médico...Abre a nova completa para ver todo isto.

Segue coas novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
ROLDA DE PRENSA DE PEDRO MOSQUERA : "TRABALLO PARA ACHEGAR O MÁXIMO O EQUIPO".
Martes, 12 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA  DE PRENSA-

Mosquera é "talisman" cando xoga o Depor gaña.

-Pedro Mosquera : "Sigo traballando para tentar ter continuidade e achegar o máximo ao equipo"-

O "Pirata de honra 2016/17", Pedro Mosquera, pasou por rolda de prensa, satifeito polo traballo feito ante o Granada, e con moita ilusión de cara o que queda por diante. Amosouse como un xogador plenamente de equipo, antepoñendo a sua situación a hora de non xogar a do equipo e alabando aos que non entran nistes intres no equipo : "é unha pasada como adestra a xente que non ten minutos. Adestra ao máximo sempre e iso vaise a notar de cara a final de temporada porque a xente está preparada. Salga quen salga vaino a facer ben". É pola sua banda dí "atoparse cada vez mellor" e só pensa en "seguir traballando para tentar ter continuidade e axudar o equipo o máximo, que iso é o máis importante"...Abre a nova ao completo para ver as verbas de Pedro Mosquera.

Noutro órde de cousas, Carmelo del Pozo afirmou que se a baixa de Khron-Dehli é de longa duración ficharase a un centrocampista. Tamén decir, que como se esperaba, o clube recurrirá o inxusto vermello direto a Matías Nahuel.

Segue coas verbas de Matías Nahuel en rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
A CRÓNICA : GRANADA 0-1 DEPOR : "TRUNFO CON SERIEDADE QUE VALE MÁIS DE 3 PUNTOS".
Domingo, 10 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-A CRÓNICA-


Quique marcou dous goles e déronlle un.

Granada0-1 Depor 

-Trunfo de máis de 3 puntos con seriedade-

Venceu o Depor nun encontro moi serio por parte dos de Natxo González, que non pasaron moitos apuros, chegaron a controlar o choque en moitas partes do mesmo e souberon aproveitar un erro da zaga granadina. Na primeira metade pouco que sinalar. Un par de tiros de Fede Cartabia que non colleron porta por pouco e un par de tiros dos locais, un deles unha falta o longueiro. Ben e certo que se lle anulou un gol a Quique Gozález, que só co colexiado sabe porque o anulou. Na segunda o Depor fíxose co control do encontro, púxose por diante tras marcar Quique con forte disparo dende o vértice do área, tras aproveitar un balón rexeitado dunha presión de Fede a Martínez do Granada. Quería e non podía o equipo local, e o Depor chegaba e chegaba, pero faltaba precisión no derradeiro pase, chegando en numerosas ocasións con claridade. Marcou o Granada por medio de Rodrigo cun gol marcado ca man, que o colexiado daba como válido, pero coa proesta unánime de todo o Depor o liña rectificaba o colexiado. Vergonzoso, hai que decilo as proetstas do xogador garnadino e dos seus compañeiros, sabendo claramente que o gol fora ca man. Creceuse con esta xogada o equipo andalúz e puido empatar, pero topouse cun extraordinario Dani Giménez, o xogador máis en forma do equipo branquiazul, con diferenza. Soubo o Depor deixar pasar o tempo e de paso Duarte buscou o 5º cartón e non xogará ante o Nastíc o vindeiro sábado, (16:00 horas-15:00 GMT) en Riazor.


Dani Giménez, David Simón, Domingos Duarte, Pablo Marí, Diego Caballo, Edu Expósito, Álex Bergantiños, Pedro Mosquera (Didier Moreno, min. 79), Borja Valle (Michele Somma, min. 87), Fede Cartabia (Nahuel, min. 66) e Quique González.

Goles : 0-1, Quique González, (49´).

Árbitro: Vicente Pizarro Gómez, (c. castelán-manchego). Mal. Non se entera de por onde anda. Pita faltas inexistentes e corta o xogo constantemente.

Incidencias: Partido correspondente á 25ª xornada de LaLiga 1|2|3 disputado no Novo Os Cármenes ante 13.128.
Foi expulsado con vermello direto Matías Nahuel tras dar un empuxón, que non debería pasar de cartón amarelo e coidamos que o clube reclamará a reirada do cartón vermello. Álex Bergantiños chegou aos 200 encontros como profesional doa camisola branquiazul. Inmensos os máis dun cento de deportivistas que estiveron no "Nuevo Los Cármenes".

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA : GRANADA Vs DEPOR : "ALGO MÁIS CA 3 PUNTOS".
Sábado, 09 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News



-Natxo González : "É un partido non imos dicir decisivo, non imos falar de final, pero é un partido importante polos puntos"-

-Previa do encontro-

Un encontro moi importante para ambos conxuntos, pois o Granada perdía a condición de lider, trala vitoria do Osasuna ante o Sporting de Xixón, (0-2) no encontro adiantado ao venres e para o Depor, un encopntro no que se podería colocar segundo a un punto do lider, tendo en conta tamén o que faga o Málaga no seu estadio ante o UD Las Palmas mañán Domingo, (20:00 horas-19GMT). O principal problema co que se atopa o Depor é co das lesións e deso laiouse Natxo González na rolda de prensa pre-encontro que desta vez aina que se xoga mañán adiantouna o venres. Hoxe teñen un adestramento e logo viaxará a Granada vía Madrid, para alá facer outro. Un total de 13 peñas estarán presentes no "Nuevo Los Cármenes", así coma moitos deportivistas da comunidade andaluza. Aquí tes a previa con todo para seguir o encontro, así como a rolda de prensa de Natxo González...Abre a nova completa para ver as verbas de Natxo González e a previa.

Segue coa previa e a rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE QUIQUE GONZÁLEZ E NOVAS BREVES DO DEPOR.
Xoves, 07 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
ROLDA DE PRENSA E BREVES
Quique González amosase tranquilo a pesares da sua sequía goleadora.

-Quique González : "Estou moi tranquilo. Cando marcaba goles non me volvía tolo e seguía traballando como sempre"-
-Escolma de novas breves-

Quique González foi o que pasou por rolda de prensa antes do adestramento da mañán en Abegondo, e amosouse moi tranquilo a pesares da sua sequía goleadora e con moitas gañas de que chegue o Domingo e dar outro "golpe enriba da mesa como demos en Xixón" : "Estou moi tranquilo. Cando marcaba goles non me volvía tolo e seguía traballando como sempre. Agora que non estou a marcar sigo tranquilo e traballando igual ou máis. Coa cabeza fría. Hai que manter o equilibrio. Grazas a deus levo moitos partidos nisto e se como funciona"...Abre a nova completa para ver as verbas do xogador deportivista.

Segue coa rolda de prensa e as breves deportivistas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE PRESENTACIÓN DE MATÍAS NAHUEL.
Mércoles, 06 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA  DE PRENSA-

Matías Nahuel estivo con Carmelo del Pozo na presentación.

-Matías Nahuel : "Guilherme díxome que nen o pensara duas veces en vir para aquí"-

Matías Nahuel, foi presentado en rolda de prensa, despois de que onte fora o central Íñigo López. A primeira pregunta foi como quería que se lle chamase, usando Nahuel, con tilde nun ou outro lado e respostou : "Matías, chégame". Para nada se lle nota que sexa arxentino. Chegou con 14 anos e fala español coma calquera sen acento ningún. Amosouse felíz de estar aquí e espera que sexan máis de 5 meses a sua vinculación co Depor espera : "Facelo ben estes 5 meses e prorrogar o meu contrato no Dépor"...Abre a nova ao completo para ver as verbas de Matías Nahuel.

Segue coas verbas de Matías Nahuel en rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE PRESENTACIÓN DE ÍÑIGO LÓPEZ.
Martes, 05 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA  DE PRENSA-

Íñigo López estivo respldado por Carmelo del Pozo.

-Íñigo López : "Todos sabemos o papel no que veño, Carmelo dime o que necesita de mín, xa me coñece"-

Íñigo López,foi presentado en rolda de prensa. O central ratificou o que decía onte Carmelo del Pozo, o para que foi contratado. ven para sumar e sabe cal é o seu rol no equipo : "Todos sabemos o papel no que veño. Carmelo dime o que necesita de min, xa me coñece. Levo moito tempo nisto. Encantado de estar aquí. E máis na miña situación, que paso de pelexar por un obxectivo que é salvar a categoría a outro totalmente distinto que é conseguir un ascenso, no que xa teño experiencia" ...Abre a nova ao completo para ver as verbas de Íñigo López

Segue coas verbas de Íñigo López en rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE CARMELO DE POZO E NOVAS DO DEPOR E FABRIL.
Luns, 04 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA  DE PRENSA-

Carmelo falou de todo durante máis de 45 minutos.

-Carmelo del Pozo : "Houbo ofertas moi boas por 6 ou 7 xogadores"-
-Luisito novo adestrador do Fabril-

Carmelo del Pozo, cada vez que pasa por rolda de prensa é un decálogo. Falou punto por punto de tódolos xogadores que foron noticia no mercado de inverno, da situasción do equipo e moito máis. Sen titubeos, durante máis de 45 minutos e sabendo o que dí, desguazou toda a actualidade do clube, coma sempre. Unha rolda de prensa moi interesante e informativa.

Ademáis o RC Deportivo anunciábanos que Pellicer deixaba de ser adestrador do Fabril e que : "A Dirección Deportiva do fútbol profesional do Real Club Deportivo, encabezada por Carmelo del Pozo, asume desde hoxe directamente a xestión organizativa do Fabril. A xestión estrutural do filial deportivista pertencía até a data á Dirección de Fútbol Formativo do Club". O novo adestrador do filila é o galego Luisito, ex do Racing de Ferrol, Ourense, ou Pontevedra, antre outros...Abre a nova ao completo para ver as verbas de Carmelo del Pozo.

Segue coas verbas de Carmelo del Pozo en rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
A CRÓNICA : DEPOR 0-0 TENERIFE : O TENERIFE DE OLTRA FREA O DEPOR.
Domingo, 03 Febreiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-A CRÓNICA-


Quique dispuxo de varias ocasións para desnivelar o marcador.

Depor 0-0 Tenerife

-Encontro moi táctico e aburrido para o espectador-

Estudou moi ben José Luis Oltra o Depor e soubo como facerlle cóxegas. Amarrou o medio do campo, que anulou ao deportivista, agás a Edu Expósito que foi o único que soubo como irse do muro que puxeron os tinerfeños, que tiveron a sua única e mellor ocasións aos pocuos do comezo cun disparo escorado, tras sacar unha falta en curto, a que respostou moi ben Dani Giménez. Non foi quen en toda a primeira metade o Depor se sacarse de enriba a presión dos visitantes, e a mellor ocasión foi para Quique González que desperdiciou un centro moi bo de David Simón o corazón do área. O dianteiro deportivista enliosu co balón e non puido rematar ben a bocaxarro. Na segunda metade trocou un pouco o conto co empuxe deportivista e en especial cando entrou Fede Cartabia na media hora final, e que se asociou moi ben con Edu Expósito. Chegaron varias ocasiósn todas elas de Quique, agás unha de Borja Valle que disparou alto. Na derradeira xogada do encontro puido chegar un premio que non  sería merecido, nunha falta sacafa por Fede, que non controla o meta visitante e que Quique non alcanza a meter dentro en liña de gol. O final un encontro moi táctico, feo para o espectador, frío como a noite que facíae que deixa un punto máis de desilusión poron acadar a vitoria que nons levaría a 2ª praza, que o punto en realidad logrado. Moi ben o equipo de Oltra en especial o centro do campo con Borja Lasso, o altísimo, Racic, (1,93 cm), cedido polo Valencia e Luis Milla.


Dani Giménez, David Simón, Domingos Duarte, Pablo Marí, Diego Caballo, Edu Expósito, Álex Bergantiños, Didier Moreno (Krohn-Dehli, min. 75), Quique, Christian Santos (Fede Cartabia, min. 71) e Borja Valle (Nahuel, min. 79).

Goles : 0-0.

Árbitro: López Toca (c. cántabro). Levou ben o encontro a pesares de que houbo bastantes faltas duras. Fallou no tempo de desconto, só aumentou 2 minutos, cando houbo tódolos trocos e un lesionado que estivo parado o xogo un minuto.

Incidencias: Partido correspondente á 24ª xornada da 2ª División no "Estadio de Riazor" ante 18.188. Fíxoselle unha pequena homenaxe aos rapaces da LALIGA GENUINE, que entraron no campo ata a zona de banquiños e recibiron os aplausos e o cariño dos afeccionados. Debutou Nahuel Leiva que entrou no minuto 79 sustituindoi a Borja Valle.

Segue cas roldas de prensa do técnicos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
MERCADO DE FICHAXES DO DEPOR EN DIRETO.
Xoves, 31 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
MERCADO DE FICHAXES

-Mercado de fichaxes do Depor-


-Rolan deixa o Leganés para ir cedido ao Alavés, co consentemento do Depor que escolleu esta operación para tentar que o dianteiro uruguaio xogue e se revalorice, tras pasar sen pena nen groria por Butarque.

-O meta Francis deixa o Elxe e é cedido polo Depor ao Anorthosis Famagusta chipriota.

-Fabril : O dianteiro Pedro, cedido ao Sporting Braga, e Luismi, causan baixa no Fabril neste mercado de inverno. O conxunto de Sergio Pellicer incorporou a 4 futbolistas: Arturo Segado, Ignacio Abeledo, Leto e Juanmi Carrión.

-Fichado ata final de tempada o central Íñigo López que chega libre do Extremadura.

-Fichado o extremo esquerdo Nauhel Leiva, con opción de un ano máis de cesión ou compra voluntaria. Chga do Olympiakos grego.

Segue ...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
CONFIRMADAS AS INCORPORACIÓNS DE NAHUEL LEIVA E ÍÑIGO LÓPEZ.
Xoves, 31 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR NEWS

Nahuel Leiva e Íñigo López dous máis para sumar.

-Confirmadas as fichaxes de Íñigo López e Nahuel Leiva-

-Podería haber máis entradas e saidas-

O RC Deportivo ven de confirmarnos as incorporacións de Iñigo López Montaña, (Logroño, 23/07/1982), e de Matías Nahuel Leiva Esquivel, (Rosario, Argentina, 22/11/1996). O primeiro chega libre, procedente do Extremadura e asina ata final da tempada. Central veterano, que deixa como lateral dereito suplente a Eneko Bóveda, e ocupará a praza de suplente na defensa con Somma, e o segundo chega para suplir a baixa de Carles Gil. O extremo esquerdo hispano arxentino chega ao Deportivo cedido até final de temporada polo Olympiakos grego. O club branquiazul resérvase as opcións que tiña o club grego por parte do Villareal ao que pertencía, pode ampliar a cesión o final de tempada, ou compra voluntaria. Xogou cedido polos vilarealenses no Betis no que coincideu con Dani Giménez e no Barcelona "B" no que coincideu con Ortolá. Xogou ademáis como internacional ca Selección Española Sub 19 e Sub 21. Darlle a nosa benvida a ambos, a partires de hoxe son do mellor do mundo, porque están no mellor equipo do mundo...No caso do hispano-arxentino non hai críticas. Si has hai nas redes pola do central, (pero tamén has hai en Extremadura, que se queixan de que para eles non lles vale e válelle para un equipo que busca o ascenso). Ben e certo que tamén tiveron que calar todos os que non confiaban na plantilla que formou Carmelo del Pozo no verán e criticaban cada fichaxe... Agora onde están?...

Segundo afirmaba o presidente deportivista Tino Fernández na presentación de "R" como patrocvinador do Deportivo de LALIGA GENUINE, podería haber varias chegadas e podería haber algunha saida máis. O que non prevía era a saida dalgún dos xogadores importantes do equipo. Noutro órde de cousas, Saúl adestraou no día de hoxe co grupo polo que podería ser da partida ante o Tenerife o sábado, (20:30 horas-19:30 GMT), un encontro para o que os que viaxaron a Xixón e tódolos que foron aos derradeiros 4 encontros en Riazor, teñen de agasallo pola fidelidade unha entrada para este encontro que poden coller nas taquillas da Oficina de Atención o Deportivista.

Estaremos ata ás 00:00 pendentes do que poda dar de sí o mercado, xa que podería haber máis saidas, como a de Dubarbier, e podería haber máis chegadas.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
CARLES GIL TRASASADO AO NEW ENGLAND REVOLUCIÓN DA MLS.
Mércoles, 30 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR NEWS

Carles Gil deixa o Depor tras 2 anos e medio.

-Carles Gil traspasado ao New England Revolution-

Carles Gil traspasado a Major Soccer League, (MLS), para recalar no New England Revolution, xa que na liga americana os clubes fichan por medio da propia liga e non os clubes diretamente. Polo tanto o xogador valenciano deixa de ser xogador de portivista : "O Real Club Deportivo, a MLS e Carles Gil de Pareja Vicent chegaron a un acordo para o traspaso do futbolista ao fútbol profesional americano. Deste xeito a Major League Soccer incorporará por primeira vez a un futbolista procedente do Dépor para xogar no principal campionato estadounidense nunha operación positiva para o Club e na que ademais se reserva dereitos económicos sobre futuras operacións. Após 54 partidos de LaLiga e Copa do Rei defendendo a camiseta do Dépor, Carles Gil inicia unha nova etapa futbolística para a que o Real Club Deportivo quere desexarlle a maior das sortes tanto no aspecto profesional como persoal", comunicounos o RC Deportivo. Agora todo apunta a que en breve Carmelo del Pozo presentará ao seu sustitudo. Sonan para cubrir a baixa de Carles Gi, Javi Eraso, centrocampista navarro do Leganés e oun Lehiva do Olimpyakos, cedido polo Villareal. O que non trascendeu foi a cantidade da operación do traspaso, pero sí de que é beneficiosa. Noutro órde de cousas decir que tralas probas médicas, detectouse unha rotura fibrilar no biceps femoral esquerdo a Carlos Fernández que o deixa fora para en torno a un mes.

Dende www.piratasdemuxia.es a nosa gratitude a Carles Gil por todo o que deu polas nosas cores e o noso escudo. Que teñas boa proa!!!...

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
ROLDA DE PRENSA DE DAVID SIMÓN.
Mércoles, 30 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA  DE PRENSA-

David Simón volveu a facerse dono da banda dereita.

-David Simón : "Temos que estar moi concentrados e seguir a liña que levamos nestas últimas 2 semanas"-

David Simón, pasou por rolda de prensa e xa desvelou a marcha de Carles Gil, (un segredo a voces), falou do bo intre do equipos nestes dous encontros e o troco que deron tras unha mala racha. Falou do rival do sábado en Riazor, (20:30 horas-19:30 GMT), ante o Tenerife de José Luis Oltra...Abre a nova ao completo para ver as verbas de David Simón.

Segue coas verbas de David Simón en rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
O RC DEPORTIVO PREMIA A FIDELIDADE DO DEPORTIVISMO CON ENTRADAS DE BALDE .
Mércoles, 30 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR NEWS

O Deportivo premia a fidelidade do deportivismo.

-O Deportivo premia a fidelidade-

-Entradas de balde para os que foron a Xixón e aos 4 derradeiros encontros de Riazor-

O RC Deportivo para premiar a fidelidade do deportivismo dalle 1 entrada de balde para o Depor-Tenerife do vindeiro sábado, (20:30 horas-19:30 GMT). Os destinatarios destas entradas son os máis de 1.100 que viaxaron a Xixón o pasado Domingo para animar ao equipo no "Molinón", e todos aqueles que houbesen acudido a Riazor aos derradeiros 4 encontros de liga, (Numancia, Zaragoza, Lugo e Albacete). A maneira de recollelas é a habitual coma se se fosen a mercar, na Oficina de Atención o Deportivista, na entrada os Palcos VIP, nos horarios habituais, dando o nome do socio que cumpre os requisitos. Tes abrindo a nova o completo a información máis ampla e detallada.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
A CRÓNICA : SPORTING DE XIXÓN 1-2 DEPOR : "O REMATE DUNHA RACHA E O COMEZO DOUTRA".
Luns, 28 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-A CRÓNICA-


O equipo foi 2 veces a agradecer o apoio da afección.

Sporting de Xixón 1-2 Depor

-O Depor pon fin a unha racha e comeza doutra-

Se perdésemos de seguro que todos verían o encontro de hoxe doutra maneira, pero o resultado manda. Con toda seguridade fixemos mellor encontro en Cadiz, pero 3 erros, 3 goles e a visión foi enganosa totalmente. Desta volta e con máis de 1.100 gorxas deportivistas animando, no segundo saque de curruncho a favor do Depor con 7 minutos disputados, voltaron a facer o "trenciño" diante do meta local, Cartabía saca do curruncho, o "trenciño", estírase coma un acordeón, desconcerto na zaga xixonesa, e Bergantiños quédase parado e só no medio e medio do área pequena para de testarazo facer 0 0-1, sen adicatoria xestual, pero sí con destinatario, para a sua filla que estaba na grada ca sua familia vendo o encontro. A ledicia durou pouco na parroquia deportivista, pois un erro en cadea na zaga fixo que lle chegase o balón Djurdjevic, que non perdonou e agradeceu o agasallo facendo o empate. Vertixinosos estaba a ser o inicio do encontro, e así chegou, pois nun agasallo de Peybernes ante Borja Valle, este iniciaba unha contra na que buscaba a Cartabia, plantábanse no área eles e Crístian Santos, que recibía o pase do arxentino para fulidar polo pau do porteiro e facer o 1-2. Puido facer o 1-3 o propio Crísitian, tras servicio excelente de David Simón, pero o seu forte disparo buscando o pau longo, pasou lambendo a madeira. Na segunda metade a cousa tranquilizouse. O Depor buscou con longas posesións durmir o encontro e consigueuno, o Sporting buscou a porta deportivista pero na segunda metade sí que non houbo erros de bulto, e as xogadas a balón parado, foron ven defendidas, coa incertidume e o medo que da a maneira de defender do Depor, pero que está abalada cun só gol en toda liga, tras un erro de Dani Giménez nun balón facín que non despexou en Tenerife. Con esta vitoria despois de 4 meses da derradeira, o Depor rompe esta racha e comeza unha de virias seguidas, que hai que esperar o vindeiro sábado se continúa ante o Tenerife, (16:00 horas/15:00 GMT). Con estes 3 puntos o clube blanquiazul segue 3º pero a 2 puntos do Granada, lider, e a 1 do Málaga, tralos empates de ambos nesta xornada. Tamén temos que lembrar que coa vitoria gañámoslle ao Sporting o golaveraxe individual, como tamén pasou a pasada semana co Albacete.


Dani Giménez, David Simón, Domingos Duarte, Pablo Marí, Diego Caballo, Edu Expósito (Didier Moreno, min. 61), Álex Bergantiños, Vicente Gómez, Fede Cartabia (Carlos Fernández, min. 66), Borja Valle e Christian Santos (Quique, min. 76).

Goles : 0-1, Álex Bergantiños, (min. 7); 1-1, Djurdjevic, (min. 12); 1-2, Christian Santos, (min. 15).

Árbitro: Pulido Santana (c. canario). Controlou ben o encontro e non cometeu erros considerables. Aflorou a sua fama de tarxeteiro en troques de falar cos xogadores.

Incidencias: Partido correspondente á 23ª xornada da 2ª División no "Estadio El Molinón-Enrique Castro "Quini" ante 20.740 espectadores, dos que máis de 1.100 eran afeccionados deportivistas nas bancadas. Carlos Fernandez que acabou lesionado, veu o 5º cartón amarelo polo que non poderá ser da partida o vindeiro sábado ao igual ca Vicente Gómez que tamén parará por acummulación de cartóns. Edu Expósito saeu con problemas nun xeonllo, pero parece ser que non terá problemas para estar dispoñible para o proximo encontro. Os afeccionados deportivistas a base de cánticos, fixeron que os xogadores voltasen o campo para celebrar a vitoria todos xuntos, botando con eles.

Segue cas roldas de prensa do técnicos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
PREVIA DO SPORTING DE XIXÓN-DEPOR.
Domingo, 27 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA  DE PRENSA-

O Molinón volverá a ser tomado polo deportivismo.

-Natxo González : "Darlles as grazas de antemán polo apoio que imos ter"-
-Previa do encontro-

Natxo González, pasou por rolda de prensa na previa ao encontro ante o Sporting de Xixón, (18:00 horas, (17:00 GMT). O adestrador deportivista falou do estado de forma do equipo e da previa do econtro e tivo verbas de admiración e agradecemento para os afeccionados. Máis de 1.100 deportivistas estarán no "Molinón", para animar o Depor. Un total de 61 peñas antre as que haberá representación do "Piratas de Muxía". Aquí tes todo para seguir este encontro : previa, colexiado, lista de convocados, rolda de prensa, etc...Abre a nova completa para ver as verbas de Natxo González e a previa.

Segue coa previa e a rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
CARTA DE DESPEDIDA DE RAÚL ALBENTOSA.
Venres, 25 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News

-Carta de despedida de Raúl Albentosa-

Chegou como defensa-tanque para Garitano e non tivo moita sorte. Erros enormes en intres delicados fixeron que fose indicado co dedo dende a grada e ca axuda de parte da prensa que o crucificou. Pasoulle a máxima política dos romanos : "Crea un problema para facer esquecer ou que non se vexa outro maior". Dende www.piratasdemuxia.es non podemos máis ca agradecerlle o aportado estes anos no clube e desexarlle o mellor no futuro...que teñas boa proa!!!

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE ÁLEX BERGANTIÑOS.
Xoves, 24 Xaneiro, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
-ROLDA  DE PRENSA-

O "Gran capitán", Álex Bergantiños pasou por rolda de prensa.

-Álex Bergantiños : "Manter a estabilidade, ser o máis regulares posibles. Niso está o segredo desta categoría"-

Álex Bergantiños, outro dos "Top 5" a hora de falar en rolda de prensa sen tópicos e con discursos baleiroa, pasou por rolda de prensa, como capitán e como ex do Sporting de Xixón, para falar do vindeiro encontro, do intre do equipo e do que envolve ao mesmo...Abre a nova ao completo para ver as verbas de Álex Bergantiños.

Segue coas verbas de Álex Bergantiños en rolda de prensa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com