Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Fútbol Sala Femenino

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12345   >

CRÓNICAS DOS ENCONTROS DA XORNADA NO FISOBER FSF E OS SEUS EQUIPOS DE BASE.
Martes, 11 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
FISOBER "TEAMS"

Adriana tivo que xogar de porteira no Fisober FSF debido as baixas.


-Derrota do Fisober FSF e os seus filiais-

Non foi unha semana moi alegre a dos "Fisober Teams", pois namentras o equipo senior da Liga Preferente Galicia caía ante o Castro FSF, (5-1), nun choque no que a pesares das baixas e de ter que recompoñer o equipo, fixo un bo partido e tras ir o descanso con empate, na segunda metade foiselle o encontro por pequenos erros que pagaron moi caros. No que respecta ao filial, da 1ª Galicia, xogaba o encontro que tiña suspendido no seu día por humidades na pista, ante o Villestro SD e caían de maneira estrepitosa por 9-2. Tamén xogaba o equipo alevín fisoberista e facíao no Campionato Galego Promesas en Narón no que se enfrontaban ao Viaxes Amarelle FSF que a postre foi o campión, e ao Adarve lucenses. Sendo unha experienza estupenda para as nenas. Abre a nova o completo para ver as crónicas que nos achega Luis Sambad, xefe de prensa do clube.

Segue coas crónicas dos encontros...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DOS EQUIPOS DO FISOBER FSF DE CATEGORÍAS INFERIORES.
Martes, 04 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
FÚTBOL SALA FEMININO BASE

Serena, (esq) fixo o gol da épica igualada.


-Unha derrota e un empate para os equipos de base do Fisober FSF-

Unha derrota e un empate foi a bagaxe dos equipos de base do Fisober FSF. O clube costeiro enfrontábase ao Castro FSF na Liga Galega Infantil no Polideportivo Municipal do Castro nas Ribeiras de Lea e a pesres de un moi bo comezo, caían por 6-2. No que se refire ao equipo da Primeira Galicia, (Liga Provincial, antigamente), as rapazas costeiras do filial fisoberista empataban a catros, (4-4), co TCA Instalaciones Pontedeume, nun choque no que chegatron a ir perdendo por 1-4 e conseguiron levantar o encontro de maneira épica co apoio da afección. Abre a nova o completo para ver as crónicas que nos achega Luis Sambad, xefe de prensa do clube.

Segue coas crónicas dos encontros...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
LIGA PREFERENTE GALICIA FSF, (10ª Xda) : "SEGUNDA VITORIA CONSECUTIVA DO FISOBER QUE O LEVA A LOITAR POLA ZONA ALTA".
Mércoles, 28 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
LIGA PREFERENTE GALICIA FSF

Culleredo e Fisober reivindicaron o : "Non a violencia de xénero".

Sport Sala Culleredo 0-1 Fisober FSF
-Segunda vitoria consecutiva do equipo costeiro-

Sumou repite vitoria pola mínima o Fisober FSF tras derrotar a semana pasada no Conco ao Couto Ourense FS, (1-0), e batir esta semana na 10ª Xda da Preferente Galicia FSF ao Galipizza Sport Sala Culleredo, (0-1), cun tanto de Ana Mouzo. Colócase así o equipo costeiro na zona media da táboa na 8ª praza con 16 puntos, os mesmos cas sétimas, Terra de Celanova FSF, e a do 6º, Cidade de Pontevedra e a 2 de Estrada Futsal e Viaxes Amarelle "B", quintas e cuartas repectivamente...Abrindo a nova completa tes a crónica e a información do encontro da man de Luis Sambad.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓNS PARA O "TORNEO SOLIDARIO MÉTELLE UN GOL O CANCRO", DE FUTSAL MASCULINO E FEMININO.
Xoves, 22 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
-TORNEO SOLIDARIO-

Mabegondo espéravos, para participar diste evento.

-Aberto o prazo de inscrición no torneo solidario "Mételle un gol o concro"-
-Recadación destinada o Centro Oncolóxico de Galicia-

Como cada ano dende o 2000, o CD Mabegondo, que tantas veces seguimos e vos trouxemos as crónicas dos seus encontros, con Bibi Santiso, como cabeza visible, como nosa colabroadora nas informacións, orgañizan un ano máis o torneo "Mételle un gol ó cancro", para os días 28, 29 e 30 de Nadal. Un evento que reune cada ano a dúcias de xogadores, e de famosos, que en torno o balón recadan cartos para axudar na sua laboura ao Centro Oncolóxico de Galicia. Un torneo masculino e feminino, nobre e solidario, para un fin contra un mal que nos toca a todos diretamente, de preto ou de resfilón, pero que por desgraza acaba ca ilusión e a vida de moitas persoas. Este ano escolleuse a modalidade dun torneo de fútbol sala. Para inscribir o teu equipo no susodito torneo terás que realizar un ingreso de 60 €, que como decimos, serán destinados integramente como donación para o Centro Oncolóxico de Galicia, na seguinte conta: Titular da Conta: Club Deportivo Mabegondo. IBAN: ES83 2080 0044 4830 0008 4715. E adxuntarlles o xustificante no formulario formulario, que podedes copiar no enlace : (https://metelleungolocancro.com/inscribete), cos datos do voso clube. Ou senón podedes enviarllo tamén o xustificante ó email (colabora@metelleungolocancro.com). O prazo de inscrición remata o 14 de decembro de 2018. Límite de 12 equipos masculinos e 12 equipos femininos. Abre a información o completo e verás toda a nformación sobre o torneo "Mételle un gol o cancro".

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
LIGA PREFERENTE GALICIA FSF, (9ª Xda) : "UN GOL DE PAULA FANDIÑO PARA O FISOBER FSF TUMBA AS "RAIÑAS DO EMPATE"
Mércoles, 21 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
LIGA PREFERENTE GALICIA FSF

O gol de Paula Fandiño ademáis de 3 puntos tivo adicatoria.

Fisober FSF 1-0 Couto Ourense FS
-As rapazas da costa derrotan a "Raiña do empate" na categoría-

Sumou unha nova vitoria na casa o Fisober FSF tras derrotar ao Couto Ourense FS, (1-0), que veñen sendo as "Raiñas do empate" da categoría, con 5 igualadas en 9 xornadas, e non lle andivo lonxe o encontro de acabar igual, se non fose por Paula Fandiño que desfacía a igualada para darlle os 3 puntos as fisoberistas...Abrindo a nova completa tes a crónica e a información do encontro da man de Luis Sambad.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA DO ENCONTRO DA 8ª Xda DA PREFERENTE GALICIA DO FISOBER FSF QUE VOLVÍA A
Martes, 13 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
LIGA PREFERENTE GALICIA FSF
O Fisober volveu de valeiro unha vez máis de "Coto Ferreiro".

Pastelería Cervela A Estrada FS 3-0 Fisober FSF

Non foi capáz de novo o Fisober FSF de gañar na cancha do Pastelería Cervela A Estrada Futsal, (3-0). Unha pista que as rapazas do cube da Costa da Morte xa teñen sinalado como "maldita", pois a pesares de que xa teñen feito méritos para moito máis, como ocurreu desta volta, acabaron perdendo. Aquí tes a crónica de Luis Sambad, deste encontro da 8ª xornada da Liga Preferente Galicia...Abrindo a nova completa tes a crónica e a información do encontro.

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
LIGA PREFERENTE GALICIA , (5ª Xda) : "CRÓNICA DA PRIMEIRA VITORIA DA TEMPADA DO FISOBER FSF".
Martes, 23 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
FISOBER FSF

María, (Fisober), conduce o balón antre duas rivais.

Fisober FSF 2-0 A Ferneza B
-Primeira vitoria da tempada do Fisober FSF-

Era visto que tiña que vir e chegou para o Fisober FSF na Liga Preferente Galicia, a primeira vitoria da tempada. Foron varios os encontros nos que as rapazas costeiras lles faltou moi pouco para conseguir o ansiado trunfo, pero unhas veces por unhas cousas e outras veces por outras non daba chegado, pero desta volta os afeccionados fisoberistas, puidero celebrar o trunfo, que chegaba ante o Comarcal a Fervenza "B", por 2-0 con goles de Paula Fandiño e Mai. Abrindo a nova completa tes a crónica e toda a información do choque, da man do noso colaborador e xefe de prensa do Fisober FSF, Luis Sambad.

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ABERTO O PRAZO DE INCRICIÓNS PARA O "II DESAFÍO DE PORTER@S CIDADE DE NARÓN".
Xoves, 18 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
"II DESAFÍO CIDADE DE NARÓN"


-"II Desafío de Porter@s Cidade de Narón 2018"-
-Aberto o prazo de inscricións ata o 23 de Outubro-

O Comarcal a Fervenza FSF ven de anunciarnos a apertura do prazo de inscricións para o "II Desafío de Porte@as Cidade de Narón" que tralo grande éxito da pasada edición polo Nadal, no que houbo 40 participantes antre nenos e nenas. O desafío que terá lugar o vindeiro 1 de Novmbro ten o prazo aberto para inscribirse ata o vindeiro 23 de Outubro. O evento terá lugar no Pavillón "As Lagoas" de Narón, dende ás 10:00 ata ás 18:00 horas. Os nenos/as, ademáis da competición en si mesma, terán un "clinic", coa participación de grandes porteiros/as do futsal, así coma adestradores de primeiro nivel. No prezo da inscrición que oscila antre os 35 e 40 euros, dependendo se se perrtence ao clube ou non, entra unha camiseta, o xantar e unha merenda. Abre a nova completa para ver a información máis polo miúdo, que nos achega, Adán Puentes, Director de Comunicación do Comarcal a Fervenza FSF.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."

VER MÁIS.



 
VITORIA A DOMICILIO DOS EQUIPOS DO VIAXES AMARELLE FSF NA PREFERENTE GALICIA E NA 1ª GALICIA.
Martes, 09 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
VIAXES AMARELLE FSF
-Base-

O Amarelle Santa Comba derrotou ao Troula a domicilio.

-Vitorias dos dous equipos de base do Viaxes Amarelle FSF-
-Crónicas dos encontros-

Tanto o Viaxes Amarelle FSF "B" que milita na Liga Preferente Galicia, como o Amarelle Concello Santa Comba que milita na 1ª Galicia Feminina, acadaron sendas vitorias a domicilio. As "preferentes" derrotaban ao FC Meigas, (1-3), na mentras que as da 1ª Galicia derrotaban ao Troula Betanzos FSF, (1-2). Abrindo a nova completa tes as crónicas dos dous encontros da man do noso colaborador e xefe de prensa do Viaxes Amarelle FSF, José Núñez.

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DOS EQUIPOS DO FISOBER FSF DA PREFERENTE GALICIA, PRIMEIRA GALICIA E LIGA GALEGA INFANTIL : "UN EMPATE, UNHA DERROTA E UNHA VITORIA".
Martes, 09 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
FISOBER FSF
O equipo senior mereceu a vitoria ante o Celanova.

-Empate do Senior, derrota do Cadete e vitoria do Infantil-
-Crónicas dos encontros dos 3 equipos do Fisober FSF-

Empate do Fisober FSF na Liga Preferente Galicia, ante o Celanova un choque emocionante non apto para cardíaos e no que só a mala sorte dun gol en propia porta impideu que as da Costa da Morte se levasen os 3 puntos, pois acabarían empatando 5-5 tras chegar o treito final gañando 5-3. Pola sua banda o equipo cadete da Primeira Galicia, caía goleado ante un "veterano" Academia Red Blue 5 Coruña, (7-0). A vitoria foi para as nenas do Fisober Infantil, que milita na Liga Galega Infantil e que derrotaba por 6-2 ao Comarcal a Fervenza Infantil. Abrindo a nova completa tes as crónicas dos 3 encontros da man do noso colaborador e xefe de prensa do Fisober FSF, Luis Sambad.

Segue coas crónicas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
LIGA PREFERENTE GALICIA FS, (2ª Xda) : O VIAXES AMARELLE FSF "B" LÉVASE O "DERBI CORUÑÉS" ANTE O FISOBER FSF, (0-2).
Domingo, 23 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
LIGA PREFERENTE GALICIA
-2ª Xornada-      


O Viaxes Amarelle "B" derrotou ao Fisober FSF a domicilio.

Fisober FSF 0-2 Viaxes Amarelle FSF "B"
-O filial do Viaxes Amarelle FSF lévase o derbi coruñés-

Vitoria do filial do Viaxes Amarelle FSF na Liga Preferente Galicia, ante o Fisober FSF por 0-2 con goles de María Sequeiros, (26´) e Mónica, (36´), no Pavillón Municipal do Conco, (Dumbría), nun choque no que comezaron mandando as herculinas, e no que pouco a pouco foise facendo co dominio o equipo da Costa da Morte, para que novamente fosens as "viaxeiras" as que tomasen o dominio do encontro. Levouse pois o Viaxes Amarelle "B" o "derbi das nosas" e por conseguinte o "derbi coruñés".

Por outra banda comentar no que se refire ao Viaxes Amarelle FSF da 1ª División, xogaba o derradeiro amigable de pretempada no que deixaba moi bos sensacións a pesares de caer por 1-2 ante o Ourense Envialia....Abre a nova o completo e tes a crónica o completo do Fisober-Viaxes Amarelle "B".

Segue coa crónica ...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
CRÓNICA DO EMPATE SEN GOLES DO FILIAL DO VIAXES AMARELLE FSF NA 1ª Xda DA LIGA PREFERENTE GALICIA FSF.
Mércoles, 19 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
LIGA PREFERENTE GALICIA
-1ª Xornada-      


Primeiraconvocatoria do Viaxes Amarelle "B".

Viaxes Amarelle FSF "B" 0-0 FS Cidade de Pontevedra
-Empate das "viaxeiras" ante un recén descendido-

Empate do filial do Viaxes Amarelle FSF na Liga Preferente Galicia, ante un recén descendido e máximo favorito a loita polo ascenso o FS Cidade de Pontevedra. A pesares de pouco rodaxe dos equipos e de non haber goles, o choque estivo entretido e non falto de emoción polo marcador, que en caqluer xogada podía caer de calqueira banda, e máis no treito final...Abre a nova o completo e tes o resto da crónica.

Segue coa crónica ...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
LIGA PREFERENTE GALICIA FSF : O FISOBER CAE NA SUA "CANCHA MALDITA" NO DEBÚT NA LIGA.
Martes, 18 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
LIGA PREFERENTE GALICIA
-1ª Xornada-      


Kenny, Sharay, Saray e Naira do Fisober FSF, (esq-der).

Bembrive FS 2-0 Fisober FSF
-O Fisober cae na sua "cancha maldita"-

Comezou a Liga Preferente Galicia na que tal e como vois adiantamos na previa que nos facía chegar Luis Sambad, (Xefe de prensa do Fisober FSF), xogaba o Fisober FSF tralo descenso da pasada tempada da 2ª División Nacional de FSF. As da Costa da Morte chegaban a unha cancha que para elas era, e segue a ser "maldita", pois caían por 2-0, e seguen sen saber o que é gañarlle ao Bembrive FS no seu féudo...Abre a nova o completo e tes o resto da crónica.

Segue coa crónica ...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
PREVIA : MAÑÁN SÁBADO COMEZA A PREFERENTE GALICIA FSF PARA FISOBER E VIAXES AMARELLE "B".
Venres, 14 Setembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
PREFERENTE GALICIA FSF


-Comeza a liga para o Fisober FSF e Viaxes Amarelle "B"-


Volta a competición o Fisober FSF e o Viaxes Amarelle FSF, e faino na Liga Preferente Galicia Feminina, a outrora chamada Autonómica Feminina FS, o que ven a ser a máxima competición do fútbol sala feminino galego. O turno das rapazas do Fisober FSF será mañán  sábado día 15 a partires das 16:00 horas no Pavillón Municipal de Bembrive, para enfrontarse as locais do Bembrive F.S. Pola sua banda o Viaxes Amarelle "B" comeza na sua cancha a da Sagrada Familia da Coruña, recibindo ao FS Cidade de Pontevedra, a partires das 19:00 horas, de mañán sábado. Abre a nova o completo para ver a previa do Fisober FSF máis extendida e da man do noso colaborador Luis Sambad.


Segue coa previa...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.



 
FÚTBOL SALA FEMININO IN BRIEFF : "ESCOLMA DE NOVAS DE ACTUALIDADE DO FÚTBOL SALA FEMININO"
Luns, 27 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
FÚTBOL SALA FEMININO IN BRIEFF


O Fisober FSF recibe este mércores en Copa ao Burela Pescados Rubén.

-Escolma de novas do Fútbol Sala Feminino-
-Fisober, Viaxes Amarelle, Comarcal a Fervenza...-

Aquí tes unha serie de novas do Fútbol Sala Feminino contadas de maneira breve. Nelas podeás ver a previa que nos chega do Fisober FSF, as "Xornadas de Portas Abertas" do Academia Red Blue 5 Coruña, ou as novidades do Viaxes Amarelle con renovacións e amigable en Teixeiro. Tes todo abrindo a nova competa.


Segue coas novas breves...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..."
para VER MÁIS.



 
O VIAXES AMARELLE CAE POLA MÍNIMA NO "TORNEO NACIONAL DE MARÍN".
Luns, 20 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
-FÚTBOL SALA FEMININO-

Patri Romaní fixo o gol do equipo herculino.

-O Viaxes Amarelle cae 2-1 ante o Fisgón no "Torneo Nacional de Marín"-

O Viaxes Amarelle FSF caeu no "Torneo Nacional de Marín" ante O Fisgón Futsal, nun encontro no que se adiantaban aos 11 minutos de xogo cun tanto da muxiana Patri Romaní, pero que pronto lles remontaban as pontevedresas con tantos de Crís e Lucía. Abrindo a nova completa tes a crónica do noso colaborador José Núñez e tódolos datos do encontro que representaba a primeira proba de pretempada para as herculinas.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
"XORNADAS DE PORTAS ABERTAS DO FISOBER FSF" OS DÍAS 8 E 14 DE AGOSTO EN DUMBRÍA.
Luns, 06 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino

         

-Xornadas de portas abertas do Fisober FSF-

O Fisober FSF propón para todas aquelas rapazas de 8 anos en diante unhas "Xornadas de portas abertas", os días 8 e 14 de Agosto, co fin de amosar o que ofercen no clube e invitar as rapazas a unirse o clube, tal e como nos apunta Luis Sambad, xefe de prensa do clube costeiro de manior sona a nivel nacional : "Dende o Fisober F.S.F. coma sempre estamos abertos a incorporar a novas rapazas que queiran desfrutar do noso deporte e do noso club". Abre a nova o completo para ver máis información.


Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O FISOBER FSF EXPLÍCAMOS COMO VAI A SER A "XIII COPA GALICIA DE FÚTBOL SALA FEMININO".
Luns, 06 Agosto, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino

"XIII COPA GALICIA FSF"


O sorteo tivo lugar na RFGF.

-O Fisober FSF explícanos como vai a ser a "XIII Copa Galicia FSF"-

Dende o Fisober FSF o seu xefe de prensa Luis Sambad, explícanos como quedaron os grupos e como será a "XIII Copa Galicia FSF". Unha competición na que están os mellores conxuntos de Galicia e que antes se denominaba "Copa Xunta" e que pasou a denominación actual dende que a RFGF se fixo cargo das competicións de fútbol sala. Non ten data de disputa, pero sí que deberán estar xgados os encontros antes de 30 de Decembro. Abre a nova completa para ler o traballo do noso colaborador fisoberista.

Segue co artigo de información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
PILI COSTA NON CONTINUARÁ NO VIAXES AMARELLE FSF E PODERÍA PASARSE A UN BANCO MASCULINO.
Xoves, 12 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino

FÚTBOL SALA FEMININO


Pili Costa deixa ao Viaxes Amarelle FSF no máis alto.

-A adestradora Pili Costa non continúa no  Viaxes Amarelle FSF-

-Podería irse a un banquillo no masculino-

Parecía que Pili Costa ía a renovar co Viaxes Amarelle FSF co que acadou o ascenso a 1ª División Nacional Feminina FS, as novas que primeiro nos chegaban de que podería haber acordo, torcéronse e ao final os camiños da adestradora naronesa e o clube herculino-xalleiro sepáranse. Segundo nos comentan ao parecer o destiño de Pili Costa, tralo seu paso por equipos femininos coma o Ártabras, Comarcal ou a Selección Sub 21 Galega,  podería ser un banquillo de fútbol ou futsal masculino. O Viaxes Amarelle FSF comeza a sua andaina na éite do futsal feminino o vindeiro 29 de Setembro e formará parte dunha liga con 15 equipos nos que a representación galega será a do Ourense Envialia FSF, Poio Pescamar FSF e Burela Pescados Rubén FSF, xunto coas herculinas.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CAMBIOS NA ESTRUTURA DO FUTSAL FEMININO NO ACADEMIA RED BLUE 5 CORUÑA.
Xoves, 05 Xullo, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Sala Femenino
-FÚTBOL SALA FEMININO-

-Academia Red Blue 5 Coruña-


Savia nova para a estrutura do futsal feminino do 5 Coruña.

-Cambios na estrutura do Futsal Feminino no Academia Red Blue 5 Coruña-

-Buscase o crecemento no futsal feminino do clube-

O Academia Red Blue 5 Coruña que no apartado deportivo está inmerso nas "Xornadas de portas abertas", con 40 nenas disfrutando delas con deporrte, e convivenza, anúncianos trocos na estrutura do Fútbol Sala Feminino, buscando o crecemento nista parcela para ir sumando millas ao camiño de igualarse aos hmes que no clube herculino conta con máis de 200 fichas. Buscarán por tanto crear novos equipos femininos da Liga Galega e das Ligas Locais. Para este traballo pasan a iste entramado a fisterrana, Leny López, xunto con Fani Martínez, Sandra Blanco, Eva Sánchez e Daniela Vázquez. Abre a nova para ver a nova ao completo.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com