Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: Fútbol Femenino

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12345   >

DENDE ESTE VENRES 14 O DOMINGO 18 O "CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS FEMININAS SUB 15 e SUB 17" EN COMPOSTELA, (TODA A INFORMACOIÓN E FOTOS).
Mércoles, 12 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino


-Campionato de España de Seleccións Sub 15 e Sub 17 Femininas-
-Do 14 de Nadal ao 16 en Santiago de Compostela-

Dende este vindeiro venres 14 de Nadal ao Domingo 16, (ambos incluidos), dispútase en Santiago de Compostela o Campionato de España (1ª Fase) de Seleccións Autonómicas Sub15 e Sub17 femininas, no campo Municipal de Santa Isabel. Os seleccionadores galegos, Quin Valbuena en Sub17 e Susú Cores en Sub15, deron hoxe a coñecer a listaxe definitiva de xogadoras que defenderán a Galicia nesta fase na que ocombinado galego exerce de anfitrión. Achegámovos da man da RFGF, as dúas convocatorias, e o calendario, das seleccións galegas, as cales farán aínda unha última sesión de adestramento mañá xoves, pola tarde en Santa Isabel. Tamén nos mandan fotos das dúas seleccións desta mesma semana, (están abrindo a nova o completo). Destacar a presenta de Marta Calvo, (Outes CF) no combinado Sub 17.  Está previsto que Vero Boquete, "buque enseña" do fútbol feminino galego, visite ás seleccións e para darlle ánimos ás xogadoras, o que aproveitaran para facer unha foto conxunta...Abre a nova completa para ver o calendario de encontros e fotos das duas seleccións femininas.

Segue coa información e fotos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DA VITORIA DO BERGANTIÑOS FEMININO CF ANTE O BREXO LEMA SD, NA 12ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G2 :
Martes, 04 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G2
-12ª Xornada-      

María Insua autora do tanto da vitorioa bergantiñana.


Brexo Lrema SD 0-1 Bergantiños Feminino CF
-Un golazo de María Insua deulle a vitoria ao  Bergantiños-

Un só tanto, pero un verdadeiro golazo de María Insua, foi suficiente para levarse os 3 puntos ó Bergantiños Feminino CF na 12ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, ante o Brexo Lema SD, nun choque no que as bergantiñanas faltoulle definir as ocasións que crearon. O resultado foi moi curto para o visto no "Pinares", o que aguantou a incertidume ata o pitido final, dado que as inclemencias climatol´ñoxicas, podían albergar algún que outro susto...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Gueli Cotelo, adestrador do clube bergantiñán, así como as clasificacións da liga e goleadoras, e outros datos.

Segue coa crónica e a clasificación...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DA VITORIA ANTE O BAMIO DO ED AS MIÚDAS NA 12ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL GRUPO 3.
Martes, 04 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3
-12ª Xornada-      

 ED As Miúdas recuperou a terceira praza en Bamio.


CD Bamio 1-3 ED As Miúdas
-O ED As Miúdas recupera a senda da vitoria-

Recupera o sorriso o ED As Miúdas na 12ª Xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol G3, tras derrotar ao 10º clasificado o CD Bamio,  (agora 11º), e a pesres das numerosas baixas e das inclemencias meteorolóxicas. Ademáis a vitoria traía premio, xa que recuperaban as muradanas a 3ª praza trala derrota do Xuventu Aguiño na casa do lider SD Chispa, (6-1)...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Fran Figueroa, adestrador do clube muradán e moitas cousas máis da liga.

Segue coa crónica e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
crónica e moito máis do encontro do bergantiños feminino da 2ª división galega de fútbol grupo 2º na sua 11ª xornada.
Martes, 27 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G2
-11ª Xornada-      

O Bergantiños rivindicou nas "Eiroas" o : "Non a violencia de xénero".


Bergantiños Feminino CF 5-3 UD Carral
-O Bergantiños levouse un encontro emocionante-

Vitoria do Bergantiños Feminino CF na 11ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, ante o UD Carral Feminino, nun choque dos que disfruta o afeccioando. Un choque moi disputado no que agás no empate a uns no inicio de encontro, tras adiantarse as propias bergantiñanas, sempre foi por diante, pero co equipo carralense sempre metido no encontro. Soubo sufrir e aguantar a presión do rival o equipo carballés e levarse 3 puntos e consolidarse na metade da táboa mirando de preto chanzos máis altos...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Gueli Cotelo, adestrador do clube bergantiñán.

Segue coa crónica e a clasificación...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DO ENCONTRO DO ED AS MIÚDAS DE MUROS DA 11ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3.
Martes, 27 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3
-11ª Xornada-      

 ED As Miúdas reivindicaron o : "Non a violencia de xénero".

ED As Miúdas 2-3 EFM Concello de Boiro
-O ED As Miúdas cae a 4ª praza tras unha derrota inxusta-

Non foi o día do ED As Miúdas na 11ª Xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol G3, e acabou caendo ante o EFM Concello de Boiro, que chegaba na cuarta posición, (a que caen agora as muradanas), nun encontro no que as muradanas foron superiores pero puidéronlle a falla de puntería e os nervos. A falla de definición, porque tiveron ocasións para levarse ben o encontro, e os nervos, porque o final o encontro volveuse tenso e acabarían con duas expulsadas que non poderán estar o vindeiro Domingo en Bamio. Coa derrota do equipo costeiro, pasa a segunda praza o Xuventú Aguiño SD, con 28 puntos e na terceira praza o EFM Concello de Boiro con 27, polos 25 das muradanas. O SD Chispa abre fenda no liderato índose aos 33 puntos...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Fran Figueroa, adestrador do clube muradán e moitas cousas máis da liga.

Segue coa crónica e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DO ENCONTRO DO BERGANTIÑOS FEMININO CF NA 10ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G2 NA QUE ACADOU UN EMPATE QUE SOUBO A MOI POUCO.
Martes, 20 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G2
-10ª Xornada-      

O Bergantiños deixou escapar 2 puntos no Municipal de Santiso.


UD Santiso FC 1-1 Bergantiños Feminino CF
-O equipo bergantiñán desperdiciou numerosas ocasións de gol-

Chegaba Bergantiños Feminino CF a esta 10ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, coa moral moi alta tras golear a pasada semana ao Bandeira SD, (8-1), e notouse no seu xogo, máis alegre e creando numerosas ocasións de gol, pero desta volta erraron na puntería e non pasaban dun empate auns, (1-1) ante o UD Santiso FC, que lles sabía a moi pouco...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Gueli Cotelo, adestrador do clube bergantiñán.

Segue coa crónica e a clasificación...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DO ENCONTRO DO ED AS MIÚDAS NA 10ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G3 NO QUE ACADABA UN EMPATE "AGRIDOCE".
Martes, 20 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3
-10ª Xornada-      

Penalti por empuxón non pitado ao ED As Miúdas no minuto 84.

SD Noalla 2-2 ED As Miúdas
-Empate insulso do ED As Miúdas que non perde a 2ª praza-

Non foi bo o encontro do ED As Miúdas na 10ª Xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol G3, pero con todo eso acadaron un empate ante o SD Noalla no "Campo A Lanzada" de Sanxenxo que as manteñen na segunda praza, pero agora cos mesmos pountos cas terceiras, Xuventú Aguiño. Con todo eso o resultado podería ter trocado se o colexiado vise, (ou quixese pitar), o claro penalti que podedes ver na imaxe de Chema Caamaño, que coma sempre nos abastece de estupendas fotos dos encontros das muradanas, o cal agradecemos enormemente...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Fran Figueroa, adestrador do clube muradán e moitas cousas máis.

Segue coa crónica e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DA VITORIA "IN EXTREMMIS" DO ED AS MIÚDAS NA 9ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA DE FÚTBOL G3.
Martes, 13 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3
-9ª Xornada-      

As "miúdas" gañaron sobre o pitido final.

ED As Miúdas 2-1 SD Puentearnelas
-Vitoria "in extremis" dun Miúdas que non perdeu a esperanza-

Non foi ata o 95 cando Bárbara batía a meta visitante defendida por Vanesa, e poñía o 2-1 definitivo no marcador do Eleuterio Balayo de Muros e facía estalar de ledicia a tódolos visitantes. Era o gol número 15 da pichichi da liga, pero posiblemente o de máis ledicia da tempada, pois tras adiantarse o Puentearnelas e conseguir empatar as muradanas enriba do pitido final da primeira metade por medio de Noelia, e quedar na segunda metade as visitantes cunha xogadora menos por expulsión de Alba con dobre cartón e media hora por diante, non foi ata o derradeiro suspiro que daba premio a insistencia e a non peder a esperanza. Ben e certo que dende o bando contrario sentou coma un xarro de auga xeada, dado que tralo gran esforzo de manter o 1-1 tanto tempo, cun dobre esforzo con unha menos, se lles fose o mel dos beizos dista maneira, pero o fútbol entende moito de "lusco e fusco"...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Fran Figueroa, adestrador do clube muradán e moitas cousas máis.

Segue coa crónica e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O BERGANTIÑOS FEMININO RECUPERA O SORRISO NA 9ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G2 TRAS GOLEAR O BANDEIRA SD, (8-1).
Martes, 13 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G2
-9ª Xornada-      

O Bergantiños goleou nunha excelente segunda metade.


Bergantiños Feminino CF 8-1 Bandeira SD
-O equipo carballés recupera o sorriso-

Tras duas derrotas consecutivas o Bergantiños Feminino CF recupera o sorriso nesta 9ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, a costa das colistas, Bandeira SD, (8-1). A pesares do resultado, na primeira metade non parecía que a cousa se ía a poñer tan ben, pois tras adiantarse as carballesas por parte de Tamara aos 2 minutos de xogo, 3 minutos despois empataban as de Bandeira, cun tanto de Nazaret e xusto antes do descanso Fra poñía o 2-1. Na segunda metade as bergantiñanas foron unha "apisonadora"...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Gueli Cotelo, adestrador do clube bergantiñán.

Segue coa crónica e a clasificación...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA DA VITORIA POR 6-2 DO ED AS MIÚDAS AO JUVENTÚ CAMBADOS DA 8ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3.
Martes, 06 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G3
-8ª Xornada-      


As "miúdas" golearon para manterse na 2ª praza.

ED As Miúdas 6-2 Juventú Cambados
-Goleada da "miúdas" que xa suman 34 goles a favor en 8 choques-

Se a semana pasada falábamos de que facían historia o ED As Miúdas, o acadar a segunda praza, non só neste aspecto están a escribir os seus nomes en letras grandes as rapazas do clube muradán a nivel da Costa da Morte, senón que o están a facer na sua traxectoria. Tras un primeiro ano de contacto con este fútbol, con moitas rapazas que ou viñan do futsal ou non xogaran nunca, agora seguen na 2ª praza e con 7 vitorias en 8 encontros, ca frioleira de 34 goles a favor e tan só 11 en contra, e deses 11, 5 foron nun encontro, o que lle gañaba o SD Chispa, (lider da liga), por 5-1. Tan só recibiron gol, en 5 encontros e ademáis a sua dianteira Bárbara lider a lista de máximas goleadoras da liga con 14 tantos..Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Fran Figueroa, adestrador do clube muradán e moitas cousas máis.

Segue coa crónica e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA DO ENCONTRO DA 8ª XORNADA DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA G2 : SE ABELLA 3-0 BERGANTIÑOS FEMININO CF.
Martes, 06 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G2
-8ª Xornada-      

Lara Sánchez é a xove gardamallas do Bergantiños Feminino CF.


SE Abella SDEC 3-0 Bergantiños Feminino CF
-Mereceu máis o equipo carballés a pesares do que dí o resultado-

Derrota demasiado abiultada do Bergantiños Feminino CF nesta 8ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, nun encontro no que as bergantiñanas fixeron como para sacar algo en positivo, pero os puntos foron para o que estivo máis acertado, niste caso o SE Abella SDEC, (3-0)...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Gueli Cotelo, adestrador do clube bergantiñán.

Segue coa crónica e a clasificación...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
BRILANTE PAPEL DA SELECCIÓN DA CORUÑA SUB 14 NO CAMPIONATO GALEGO COMARCAL DE FÚTBOL FEMININO CON 4 RAPAZAS DA COSTA NAS SUAS FILAS.
Venres, 02 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino

Brilante papel da Selección da Coruña no Campionato Galego.

-Impecable a Selección da Coruña Feminina Sub 14-

-Goleou nos dous encontros da 1ª Fase do Campionato Galego-

A Selección da Coruña Feminina Sub 14, coas rapazas da costa : Ana, (Malpica), Lucía Rodríguez, (Cabana), Laura Caamaño, (Esteiro) e Alexia Lorenzo, (Coristanco), que formaban parte do grupo de 21 rapazas que convocou o seleccionador coruñes, e tamén costeiro, Gueli Cotelo, xunto ca sua axudante Laura Seoane, xogadorsa do Bergantiños CF,  fixeron un brilante, impecable torneo na 1ª Fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais Femininas Sub 14, goleando no primeiro encontro a Selección de Pontevedra, (3-0), para despois facerlle un "set en branco" a Selección de Lugo, (6-0). Decir sobre as rapazas costeiras, que amosaron un gran nivel e a coristanquesa Alexia foi a autora de 2 dos 9 goles que marcou o combinado coruñés. Abrindo a nova o completo tes toda a información que nos achega o seleccionador Gueli Cotelo.

Segue coa crónica dos encontros...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DA DERROTA DO BERGANTIÑOS CF NA 7ª Xda DA 2ª DIVISIÓN FEMININA DE FÚTBOL G2 :
Martes, 30 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G2
-7ª Xornada-      

Marta Fra fixo o segundo tanto do Bergantiños Feminino.

Bergantiños Feminino CF 2-4 Betanzos CF
-As bergantiñanas acusaron as baixas ante as brigantinas-

Trala vitoria da pasada semana o Bergantiños Feminino CF nesta 7ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, volveu a caer derrotado. Chegaron a este encontro as rapazas bergantiñanas con numerosas baixas e iso fíxose notar ante o Betanzos CF, un dos equipos fortes da categorías, que ademáis tiveron a sorte de cara a porta, e souberon reacciónar e matar o encontro cando as carballesas se poñían de cheo co 2-3 na loita por puntuar. Dirixeu o encontro o baiés, Manuel Espasandín...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Gueli Cotelo, adestrador do clube bergantiñán.

Segue coa crónica e a clasificación...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
GOLEADA DO ED AS MIÚDAS NA 7ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA DE FÚTBOL G3 QUE AS COLOCA NUN HIISTÓRICO 2ª POSTO.
Martes, 30 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G3
-7ª Xornada-      


As "miúdas" golearon e fixeron historia.

CD Mosteiro 0-7 ED As Miúdas
-Histórica segunda praza do ED As Miúdas-

Segue a facer historia e a facerse grande o ED As Miúdas, que trala goleada ante o CD Mosteiro, (0-7), nesta 7ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3,  colócanse nunha histórica segunda praza a estas alturas da tempada e ademáis a sua xogadora Bárbara que marcou 6 dos 7 goles do seu equipos ponse con 12 tantos na cabeza da táboa de máximas goleadoras da categoría, 2 máis ca segunda Laura Gómez do CD Unión...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Fran Figueroa, adestrador do clube muradán e moitas cousas máis.

Segue coa crónica e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CONVOCATORIA DA SELECCIÓN COMARCAL FEMININA SUB 14 PARA UN AMIGABLE NO "ROXO", (CERCEDA).
Xoves, 25 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino

Esta é a lista de convocadas.

-Amigable da Selección Comarcal Feminina Sub 14-

-Será o luns 29 ante o CD Queixas no "Roxo"-

A Selección Comarcal Feminina Sub 14, ten preparado un amigable o vindeiro luns 29 de Outubro no Municipal do "Roxo", (Cerceda), ante o CD Queixas Infantil, preparatorio para o Campionato Galego de Seleccións Comarcais. Un total de 21 rapazas antre as que están as costeiras : Lucía Rodríguez, (Cabana SD), Laura Caamaño, (SCDR Esteirana) e Alexia Lorenzo, (SD Coristanco), disfrutarán deste amigable as órdes de Gueli Cotelo, adestrador da selección e actualmente adestrador do Bergantiños Feminino CF da 2ª División Galega Feminina G2...

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESTE VINDEIRO SÁBADO COMEZA A "LIGA GALEGA PROMESAS" UN PASO ADIANTE NO POTENCIAMENTO DO FÚTBOL FEMININO.
Martes, 23 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
LIGA GALEGA PROMESAS

A "Liga Promesas" é un paso adiante no potenciamento do fútbol feminino.

-Este sábado 27 de Outubro comeza no Sur a "Liga Promesas"-
-No Norte comezará o 11 de Novembro-


O histórico e máis ca interesante e importante proxecto que comeza das "Ligas Promesa" de prebenxamíns, benxamíns e alevíns femininas de fútbol, do que xa vos temos falado, comeza este sábado 27 de Outubro poñendo en liza a 14 clubes da Zona Sur. Os da Zona Norte comezarán o vindeiro 11 de Novembro. Iste gran proxecto de promoción do fútbol feminno dende a base comeza con moita ilusión. Abre a nova o completo para ver todo a información que nos achega a Real Fedearción Galega de Fútbol xunto cos calendarios de ambas zonas.

Segue con toda a información e calendarios das ligas...


Preme abaixo en "Ler a nova completa" para VER MÁIS...


 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA VITORIA DO BERGANTIÑOS FEMININO CF NA 6ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G2.
Martes, 23 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G2
-6ª Xornada-      

As bergantiñanas suman a primeira vitoria fora da casa.

Arzúa FCF 0-2 Bergantiños Feminino CF
-As carballesas retoman a senda da vitoria co 1º trunfo a domicilio-

Tras duas derrotas consecutivas o Bergantiños Feminino CF nesta 5ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, retoma a senda da vitoria, tras derrotar por 0-2 ao Arzúa FCF no Municipal do Viso, sumando así a primeira vitoria a domicilio no que vai de tempada....Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Gueli Cotelo, adestrador do clube bergantiñán.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DA VITORIA DO ED AS MIÚDAS NA 6ª Xda DA 2ª DIVISIÓN GALEGA DE FÚTBOL G3.
Martes, 23 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G3
-6ª Xornada-      


As "miúdas" acadaron unha remontada sufrida das que saben de maravilla..

ED As Miúdas 3-2 Carreira CF
-Traballada e sufrida remontada do ED As Miúdas-

Tocoulle remontar nesta 6ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3,  o ED As Miúdas que o ecuador da primeira metade xa perdía por 0-2. Non desfaleceron as muradanas e conseguiron o gol da remontada no desconto, tras conseguir empatar cando pouco faltaba para o remate do tempo regulamentario, ante un bo Carreira CF, que se topou cun Miúdas que se contaxiou dos ánimos da grada do "Eleuterio Balayo"...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Fran Figueroa, adestrador do clube muradán e moitas cousas máis.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
5ª Xda 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G2 : DERROTA DO BERGANTIÑOS FEMININO CF ANTE O LIDER POR 1-4".
Martes, 16 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G2
-5ª Xornada-      

As bergantiñanas víronse superadas polo lider da competición.

Bergantiños Feminino CF 1-4 Sporting Cambre
-2ª derrota consecutiva das carballesas desta volta ante o lider-

Unha primeira metade para esquecer nestaTiña un rival complicado o Bergantiños Feminino CF nesta 5ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, nada menos ca o lider da competición. Trataron de facerlle fronte coas suas armas as rapazas carballesas, pero os erros defensivos e a falla de acerto, fixeron que o Sporting Cambre, non errase e se levase os 3 puntos...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontro que nos trae Gueli Cotelo, adestrador do clube bergantiñán.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
5ª Xda 2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA DE FÚTBOL G3 : ATLÉTICO ESTRADA ED 1-6 ED AS MIÚDAS : "AS MIÚDAS ENGRANDÉCENSE ANTE AS BAIXAS E AS INCIDENCIAS".
Martes, 16 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
Fútbol Femenino
2ª GALEGA FEMININA G3
-5ª Xornada-      


A "killer", Bárbara, (8), encara a porta estradense.

Atlético Estrada ED 1-6 ED As Miúdas
-O ED As Miúdas engrandeceuse ante as baixas e as incidencias-

5ª xornada da 2ª División Galega Feminina de Fútbol Grupo 3, e o ED As Miúdas que se presentaba no Municipal "Manuel Regueiro", (antigo "Figueroa" da Estrada), con moitas baixas, para enfrontarse ao Atlético Estrada ED, engrandeceuse para non só gañar, senón que golear a domicilio e facerse grandes resistindo a antideportividade que se viveu das varandillas hacia afora. As rapazas muradanas con esta vitoria suman a cuarta en 5 encontros, neste espectacular inicio de liga...Abre a nova o completo para ver a crónica do encontroque nos trae Fran Figueroa, adestrador do clube muradán.

Segue coa crónica...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com