Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
CLASIFICACIÓNS
 
LIGAS FÚTBOL 8
 
FÚBOL SALA COSTA DA MORTE
 
FÚTBOL SALA FEMININO/MASCULINO
 
CLASIFICACIÓNS F. VETERANOS COSTA
 
Menú principal

 

Tema: 3ª División, Preferente, 1ª Galicia

Los artículos publicados en este tema son los siguientes.

    12345   >

RIVAIS MADRILEÑOS PARA BERGANTIÑOS E PONTEVEDRA NOS OITAVOS DE FINAL DA "COPA RFEF".
Xoves, 13 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
COPA RFEF
-Oitavos de Final-

O Bergantiños está a facer unha tempada histórica en tódolos aspectos.

-Begantiños CF e Pontevedra CF xa teñen rivais na Copa RFEF-

O Bergantiños CF quedou emparellado co SAD CF Internacional de Madrid e o Pontevedra CF SAD co CDA Navalcarnero, nos Cuartos de Final da Copa RFEF. A ida será o 10 de xaneiro para os carballeses nas "Eiroas" e para os pontevedreses en "Pasarón", e a volta o 24 do mesmo mes en territorio madrileño. Quixo a casualidade que nos Oitavos, ambos equipos galegos tivesen como rivais a equipos asturianos e desta volta para ambos equipos madrileños. Abrindo a nova o completo tes tódolos emparellamentos distes Cuartos de Final.

Segue cos emparellamentos de Cuartos...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICA E MOITO MÁIS DA 15ª Xda DA 1ª GALICIA NA QUE O SD FISTERRA XA É LIDER.
Luns, 10 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-15ª Xornada-


O SD Fisterra colle o liderato e segue soñando.

-O SD Fisterra gaña o derbi ante Esteirana e xa manda na liga-

-Goleada do CD Baio e CF Dumbría e empate do SD Soneira-

A 15ª xornada da 1ª Galicia da Costa, leva as terras de Fisterra a ledicia de ser o equipo que manda na liga. O bo traballo dos rapaces de Ángel López e o seu propio quedan refrexados no liderato, tras derrotar ao SCDR Esteirana por 1-2. Unha Esteirana que foi mellor na primeira metade e que mereceu meterse por diante pero foi Adrián "Makaay", o que adiantaba aos fisterráns, que tiveron no seu porteir Iván Bouzón, foi o mellor do equipo. Xa na segunda metade o equipo "verdiño", fíxose co control do choque ante un equipo esteirán xa moi desgastado, e Jesús poñía a "puntilla", para pechar o encontreo. O gol que metía aos das Salinas no encontro chegaba no desconto. Pola sua banda o CD Baio goleaba ao Cordeiro CF, (5-1), nun choque para o disfrute da parroquia "branquiazul". Adiantábanse cun gol en propia porta e antes do descanso Alejandro facía o segundo, para a volta de vestiarios Martín MC "mataba" o encontro. Santi Díaz e de novo MC, completaban a goleada. O gol deles chegaba de penalti no 92.  Abre a nova o completo para ver o resto da crónica, clasificación e moito máis.

Segue cas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O COMITÉ DE APELACIÓN DESESTIMA O RECURSO DE INCOMPARECENCIA ANTE O CD BARCO DO UD PAIOSACO, (RECURSO EN EXLUSIVA O COMPLETO).
Mércoles, 05 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
3ª DIVISIÓN
-Resolución de Apelación-      

Apelación desestima o recurso de incomparecencia do UD Paiosaco.

-O CD Barco Vs UD Paiosaco xogarase-
-Apelación desestima a petición do Barco de imcomparecencia-

Como xa vos contamos fai xusto un mes o encontro CD Barco-UD Paiosaco Hierros Añón da 10ª xornada da 3ª División non se puido xogar por problemas mecánicos no bus que transportaba ao equipo de "Peisaco", que lle impedía tanto chegar ao seu destino, como abrir as portas do maletero no que ía todo o equipamente deportivo do equipo. O CD Barco denunciou como imcomparecencia que o equipo peisaqués non se presentase a xogar no campo de "Calabagueiros". O Comité de Competición e Apelación pideulle ao equipo de Paiosaco explicacións a sua incomparecencia, ao que o clube branquiverde respostou e apelou punto por punto ao Xuíz Único, os porqués e as causas das que o equipo non puidera presentarse a xogar no campo barqués. Apelación responde agora nunha resolución de 6 páxinas a tódolos puntos do clube de Paiosaco, pero desestima de todos modos a denuncia do CD Barco, dado que hai : "unha causa xusta da incomparecencia que enerva toda responsabilidade disciplinaria pola negativa. O Código Disciplinario da RFEF non pretende sancionar calquer tipo de incomparecencia ou negativa, sinón só aquela que reside en voluntade dolosa ou a manifesta neglicenxia do equip0o non comparecente". Polo tanto desestima o recurso e obriga aos clubes a poñerse dacordo para consensuar unha data e hora para xogarse o encontro e senón xogarse mañán mesmo, (06/12). Os gastos da arbitraxe serán a cargo do UD Paiosaco Hierros Añón. Se abres a nova o completo tes a resolución o completo en exclusiva para os lectores de www.piratasdemuxia.es

Segue coa resolución o completo de Apelación...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.








 
RAFAEL LOUZÁN REELIXIDO PRESIDENTE DA RFGF SEN NECESIDADE DE VOTACIÓN.
Martes, 04 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
ASEMBLEA RFGF

 Rafael Louzán non tivo rival na loita pola presidencia.

-Rafael Louzán proclamado de novo presidente-
-Non fixo falla votación-

Rafael Louzán Abal, foi proclamado  presidente da Real Federación Galega de Fútbol durante a Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada na sede federativa de Santiago no día de onte, unha proclamación que se produxo sen necesidade de votación, xa que Louzán foi o único que oficializou a candidatura á presidencia. Tamén foi constituida a nova Asemblea e foron proclamados os membros da Comisión Delegada. Abre a nova o completo para ver a "nota de prensa" que nos achega a RFGF dende o seu departamento de información, para ver todo o que deu de sía a asemblea.

Dende www.piratasdemuxia.es felicitar a Rafael Louzán, pola reelección e desexarlle o mellor a él e a entidade que preside que nos representa a tódolos galegos no eido do fútbol, e outros deportes.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 14ª Xda DA 1ª GALICIA G2 NA QUE O FISTERRA, BAIO E DUMBRÍA GAÑABAN, NAMENTRAS QUE ESTEIRANA E SONEIRA PERDÍAN.
Luns, 03 Decembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-14ª Xornada-


Basti capitaneou a remontada do Soneira que acabaría perdendo.

-Fisterra e Baio golean, Dumbría gaña e Esteirana e Soneira perden-

-Xornada condicionada polo forte vento e a intensa choiva-

A 14ª xornada da 1ª Galicia da Costa, foi das de "unha de cal e duas de area", para os equipos costeiros. O SD Fisterra goleaba nun encontro moi cómodo ao Bertamiráns CF, (3-0), namentras que o CD Baio facía o mesmo co Tordoia CF, do adestrador costeiro, Dani Calvete, (0-3). O CF Dumbría gañaba no descotno ao CD Unión, (1-2), e desa maneira que tanto gusta para o que gaña, sufríao a inversa, e que tanto doe, a SCDR Esteirana, que caía por 1-0, ante o CD Lalín, no minuto 96. Pola sua banda o SD Soneira plantáballe cara ao lider Sigüeiro CF, (2-3), e remontáballe un 0-1, pero acababa sucumbindo. A xornada estivo marcada pola intensa choiva e o forte vento, que un fin de semana máis fixo que os xogadores tiveran que sufrir.  Abre a nova o completo para ver os comentarios dos adestradores,  clasificación e moito máis.

Segue cas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
"O ANÁLISE DO EXPERTO" : "A 14ª XORNADA DA 3ª DIVISIÓN G1 ANALIZADA POLO NOSO EXPERTO NA CATEGORÍA : RUBÉN GARCÍA".
Martes, 27 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
-A ANÁLISE DO EXPERTO-


Rubén García analizaranos cada xornada da 3ª División.

-A análise da 14ª Xornada da 3ª División-

-Por : Rubén García-

Aquí tes unha vez máis o análise da xornada na 3ª División G1 da man do noso experto na categoría Rubén García. Dista volta tráenos o análise da 14ª xornada, na que o Bergantiños CF, gañaba e segue a facer historia, o UD Paiosaco Hierros Añón sumaba a sua segunda vitoria a domicilio, ou o Laracha CF, que segue de "capa caida", e non digamos o SD Silva, cada vez que xoga de visitante. Abre a nova ao completo para ver todo isto e moito máis na "Analise do experto".

Segue coa análise...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 1ª GALICIA G2 NA QUE PUNTUARON TÓDOLOS EQUIPOS COSTEIROS DA MELLOR MANEIRA POSIBLE.
Luns, 26 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-13ª Xornada-


O CD Baio entonou o "Non a violencia de xénero".

-Reparto de puntos no derbi antre Baio e Soneira-

-Xornada do máis positiva para tódolos equipos costeiros-

A 13ª xornada da 1ª Galicia da Costa, é das que gusta falar delas, pois douse da mellor maneira posible para todos. Gañou o CF Dumbría, gañou o SD Fisterra, gañou a SCDR Esteirana, e reparto de puntos no derbi costeiros antre CD Baio e SD Soneira, (0-0). Tanto uns coma outros prefirirían os 3 puntos, pero visto dende a parcialidade 1 punto para cada un, e (que sexan moitas veces), tódlos equipos puntuaron nesta xornada, algo moi positivo de cara aos obxetivos de cada un. O derbi costeiro amosou unha vez máis o poder do fútbol da costa, só lle faltou o gol, a unha tarde extraordinaria no "Platas Reinoso". Abre a nova o completo para ver os comentarios dos adestradores,  clasificación e moito máis.

Segue cas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
AXENDA FUTBOLÍSTICA DOS ENCONTROS DOS EQUIPOS COSTEIROS DA PREFERENTE NORTE E 1ª GALICIA G2 :
Sábado, 24 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
-AXENDA DO FÚTBOL AFECCIONADO-

As ligas nas nosas foto-montaxes abrindo a nova o completo.

-Axenda da 15ª Xda da Preferente Norte e 13ª da 1ª Galicia G2-

-Dos equipos costeiros-

Aquí tes da nosa maneira única e intransferible con foto-montaxes as previas da : Preferente Norte e 1ª Galicia G2, das que se xoga todo mañán Domingo, no que respecta aos equipos da costa, ou que antaño xogaron nas ligas costeiras. Destacar na 1ª Galicia G2 o derbi antre o CD Baio e o SD Soneira, e na Preferente Norte dous que se poden considerar como derbis, o SD Negreira-SD Sofán, que o é, con dous equipos dos "nosos", que procenden do fútbol costeiro diretamente, ainda que por aqueles anos non se atoparon na Liga da Costa, e o SD Órdenes-Xallas FC por proximidade...Abrindo a nova o completo tes as foto-montaxes das duas ligas...


Segue coas foto-montaxes cos encontros e toda a sua información...


Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
A ANÁLISE DO EXPERTO : " O ANÁLISE DA 13ª XORNADA DA 3ª DIVISIÓN POR RUBÉN GARCÍA".
Martes, 20 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
-A ANÁLISE DO EXPERTO-


Rubén García analizaranos cada xornada da 3ª División.

-A análise da 13ª Xornada da 3ª División-

Así como no día de onte comezábamos coa análise do Almería 1-1 Depor, (que podedes ver na portada da web, ou no enlace direto da dereita da web : "Depor News"), dámoslle unha volta máis a rosca e comezamos nesta 13ª xornada da 3ª División a análise coas claves de Rubén García, todo un especialista nista competición que leva cada día como redator de deportes do DXT Campeón, e que viveu nos terreos de xogo de pleno. Ademáis do seu actual status no xornal deportivo herculino, o xove de Estorde, (Cee), tamén estivo de redator no desaparecido Depor Sport, ou Radio Noroeste, así como en diversas webs de deportes. Como xogador de fútbol estivo equipos coma o Conxo, Calasánz, Laracha CF, Atlético Ateixo, Cerceda ou CF Dumbría, (antre moitos outros). Como adestrador de base acadou ascensos históricos co Cerceda, ou Atlético Arteixo, e no eido senior, fixo tandem con José Luis Lemos, no histórico ascenso do CD Boiro a 2ªB. Tamén como non, é o creador do formato actual de www.piratasdemuxia.es, e colaborador asíduo. Rubén traeranos cada semana a sua análise da xornada na 3ª División Galega, que podes ver abrindo a nova completa.

Segue coa análise...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS E MOITO MÁIS DA 12ª Xda DA 1ª GALICIA G2 NA QUE O FISTERRA DERROTU O LIDER, VENCEU O SONEIR, EMPATOU A ESTEIRANA E PERDERON BAIO E DUMBRÍA.
Luns, 19 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-12ª Xornada-


O SD Fisterra celebrou a gran vitoria ante o lider.

-Partidazo do SD Fisterra para dobregar ao lider Sigüeiro CF-

-Vitoria do Soneira, derrotas de Baio e Dumbría e empate da Esteirana-

Xornada floxeira a 12ª da 1ª Galicia da Costa, para os equipos costeiros. De 15 puntos colleitables, recolléronse 7. Tres deles para o SD Fisterra que derrotou ao lider Sigüeiro, (1-0), nun partidazo e que volve a devolver a senda do trunfo ao equipo de Ángel López, tralo "accidente" de Baio da pasada semana. Sacouse unha espiña o SD Soneira de Pedro Gómez, que goleaba ao Esclavitude SD, (5-2), para dunha vez conseguir finalizar a cantidade de ocasións que veñen desperdiciando nos derradeiros encontro. O outro punto colleitouno o SCDR Esteirana que lle facía fronte a todo un SD Piloño, (filia do CD Lugo da 2ª División), e sacaba un empate sen goles, (0-0). O empate ainda que non vaelu para sair do posto de colista, xa que o Bertamiráns CF tamén sumaba 1 punto ante o UD Bastavales, (1-1), nun duelo que se deu o mellor resultado para os esteiráns, pois son os dous equipos que os preceden. Iste empate sen goles, si valía para que os de Geno, deixaran por primeira vez na tempada a sua portería a cero. O outro clube costeiro en liza que nos queda era o CD Baio, que viña de despregar un "enorme" encontro a pasada semana no derbi costeiro ante o SD Fisterra, (4-0), pero desta volta os rapaces de Torreira, caían na sua visita ao segundo clasificado, Flavia SD, (3-0). Pola sua banda o Tordoia CF do "oleiro", Dani Calvete, derrotaba ao CF Dumbría de Julián Ferreiro, da maneira máis cruel, no miuto 93 e cun gol en propia porta. Hoxe ademáis dos nosos colaboradores habituais nas crónicas, os adestradores dos equipos costeiros, temos a Dani Calvete, (adestrador do Tordoia CF), como xogador e adestrador costeiro, e cada vez que se enfronta a un dos "nosos". Coma sempre as gracias a todos eles pola colaboración que lén cada semana deceas de miles de afeccionados. Abre a nova o completo para ver os comentarios dos adestradores,  clasificación e moito máis.

Segue cas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
AXENDA DA XORNADA DE TODO O FÚTBOL AFECCIONADO SENIOR DE PREFERENTE A 3ª DA COSTA.
Venres, 16 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia

-Axenda das ligas de Fútbol Afecionado Senior da Costa-

-Preferente, 1ª Galicia, Liga da Costa e 3ª da Costa-

Aquí tes nun mesmo artigo tódalas previas da xornada do Fútbol Senior, na Preferente Norte, 1ª Galicia G2, Liga da Costa e 3ª da Costa. Podes ver tódolos enfrontamentos, días e horarios, sen andar mirando de liga en liga. Todos nun mesmo artigo, coas nosas foto-montaxes. Ademáis tes as clasificacións para consultar como vai o equipo que che interese Abrindo a nova o completo tes a foto-montaxes de todas estas ligas...

Segue coas foto-montaxes con tódalas pevias da ligas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
CRÓNICAS DOS ENCONTROS DOMINICAIS DA 11ª Xda DA 1ª GALICIA G2 NA QUE O CD BAIO GOLEABA O SD FISTERRA NO DERBI E A ESTEIRANA CAÍA A PRAZA DE COLISTA.
Luns, 12 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-11ª Xornada-


O CD Baio saeulle un encontro redondo.

CD Baio 4-0 SD Fisterra

-Golpe enriba da mesa do CD Baio no derbi costeiro-

-Derrota do SCDR Esteirana que o afunde como colista-

Sen dúbida era o encontro da 11ª da 1ª Galicia da Costa, o derbi costeiro que tiña fronte a fronte a dous históricos da costa e os equipos en mellor forma desta competición dos "nosos". A priori non se podía dar un resultado, co por potencial dos clubes, un 2º na liga con 21, o SD Fisterra, e o outro, o CD Baio, 5º a 3 puntos. O enconto non defraudou, ambentazo con arredor dos 400 espectadores, antre os que se puido ver xogadores míticos da costa coma : Manín, Cachuso, Ayala, Dito, Juan Calabanda, Javier, Braulio, Santigo Díaz, etc... Sorprendeu o CD Baio o SD Fisterra, soubo xogar mellor cos espazos, e tras adiantarse na primeira metade cun auténtico golazo de Álex Figueiras por toda a escadra, na segunda metade eses espazos foron o mellor caldo de cultivo para Martín MC, que se desenvolveu de maneira extraordinaria e "masacrou" a defensa fisterrana, acadando un "Hat-trick". Unha vez máis, como xa pasou o sábado no CD Dumbría 3-1 SD Soneira, do que tedes a crónica no enlace direto da web desta liga ou na portada da web. Como reivindicamos sempre esto amosa a necesidade dunha 1ª Galicia da Costa que sería beneficiosa para os pobos, os afeccionaods, os propios clubes e o fútbol modesto. No outro encontro que había ds "nosos", a SCDR Esteirana xogaba ante o colista o Bertamiráns, un duelo direto e vital, para tentar sair do pozo. Non se deu o resultado esperado e os esteirán caen aó posto de colistas cos mesmos puntos dos brioneses. Abre a nova o completo para ver os comentarios dos adestradores, crónica do encontro da SCDR Esteirana,  clasificación e moito máis.

CD Baio : Dani Varela, Alejandro Figueiras, Martín "MC", Bieito, Iván Rojo, Adrián, Damián, Santi Díaz, Yago, Isaac e Alejandro Varela. Tamén xogaron : Pablo, Diego, Sergio, e José Souto.

SD Fisterra : Iván Bouzón, Bruno, Fabián, Breixo, Aarón, Adrián "Makaay", Pablo Lestón, Dani Marcote, Dani Martínez, Andrés e Julito. Tamén xogaron : Rodrigo, Javi Pacín, Luis Lado, e Jesús.

Goles : 1-0, Álex Figueiras, (35´); 2-0, Martín MC, (55´); 3-0, Martín MC, (85´); 4-0, Martín MC, (desconto).

Árbitro principal : Sergio Bermúdez
Asistentes : Genaro Gallo e Jairo Esmorís.

Segue cas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
1ª GALICIA G2, (11ª Xda) : "O PRIMEIRO DERBI DA XORNADA FOISE PARA O DUMBRÍA ANTE O SONEIRA".
Domingo, 11 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-11ª Xornada-


O Soneira perdeu a ocasión de igualar o Dumbría na clasificación.

CF Dumbría 3-1 SD Soneira

-"Yuyo" marcou a diferenza nun derbi emocionante-

 Como era de esparar, unha vez máis amosouse a necesidade dunha 1ª Galicia da Costa, por potencial dos clubes, por beneficio para os pobos, os afeccionaods, os propios clubes e o fútbol modesto. Dumbría e Soneira, ofreceron un gran encontro nun abarrotado Municipal do Conco, con afeccionados de ambos clubes, así coma da Costa da Morte en xeral, algo que se repetiurá de seguro esta tarde no CD Baio-SD Fisterra, (16:15 horas). O encontro tivo emoción e expulsados. O equipo vimiancés buscou o dominio do balón e ainda que se adiantaba o equipo dumbriés cun penalti transformado por Marcote, conseguía aos poucos igualar a contenda. A diferenza marcouna na segunda metade o camariñán, Jesús López "Yuyo", que en dous zarpazos a contra conseguía romper ao equipo vimiancés, para deixalo "tocado" e facer que o seu equipo mire hacia arriba.

Aproveitando este derbi queremos comunicar aos afeccionados do SD Soneira que nos preguntaron porqué non pubricamos o comunicado que fixo o clube sobre un conflicto vivido cun xogador que pertencía o clube e que xa non pertence. O motivo de non haber pubricado o susodito comunicado é porque a pesares da boa relación da nosa web co clube, nos 12 anos que levamos,ningún membro da diretiva nos fixo chegar o escrito, qie ao parecer pubricaron no seu  Facebook, polo tanto non puidemos dar contada información dél. Abre a nova o completo para ver os comentarios dos adestradores, clasificación e moito máis.

CF Dumbría : Iván Baña, Samuel, Matías, Marcos Mouro, Sergio Cambeiro, José Marcote, "Yuyo", Diego Cespón, Darío Capelo, Pablo Paz e Eloy. Tamén xogaron : Santi Castro, Alberto, David García e Xabier.

SD Soneira : Javi Souto, Darío, José Luis, De la Sierra, Aarón, David Agra, Basti, Mario, Alemán, Adrián Pose e Alejandro. Tamén xogaron : Samuel, Adrián Lema, Sergio e Martín.

Goles : 1-0, José Marcote, (14´ de penalti); 1-1, David Agra, (39´); 2-1, Yuyo, (58´); 3-1, Yuyo, (desconto).

Árbitro principal : Eric Vázquez
Asistentes : Diego Cusset e Víctor Jacobo.

Expulsión : O xogador do SD Soneira, De la Sierra, por dobre cartón, (90´e 90´).
 

Segue cas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DA 11ª Xda DA 1ª GALICIA G2 : "XORNADA DE DERBIS DA COSTA".
Venres, 09 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-11ª Xornada-


Enfrontamentos e horarios dos encontros desta 10ª Xda da 1ª Galicia G2.

-Xornada de "Derbis da Costa"-

-Dumbría-Soneira o sábado e Baio-Fisterra o Domingo-

-A Esteirana ten un choque vital ante o Bertamiráns-

Vaia xornada esta 11ª da 1ª Galicia G2, dous derbis costeiros antre equipos históricos e que acadaron grandes metas no fútbol costeiro e no afeccionado en xeral. O primeiro será no Conco, (16:30 horas), mañán sábado, no que ainda teremos mal tempo, pero o picar de W, xa non será o de hoxe. O CF Dumbría, (11º con 13 puntos), recibe ao SD Soneira, (14º con 10 puntos), un choque vital para ambos, que ademáis veñen de perder a semana pasada. Para Domingo temos todo o outro derbi, o que enfronta ao CD Baio, (5º con 18 puntos) e ao SD Fisterra, (2º con 21), un choque por todo o alto antre dous dos fundadores da Liga da Costa e con moito en xogo para seguir soñando cos postos altos e aguantarse para no treito final ver cal será o obxetivo. Estes encontros demostraran unha vez máis a falla que fai unha 1ª Galicia da Costa, polo gran ambente que arrastran e o poder mediático que teñen, que beneficia e moito aos pobos, ó fútbol e aos clubes. Pola sua banda a SCDR Esteirana, (17º con 6 puntos), non lle toca derbi, despois de haber vivido un par deles o mes pasado, pero chégalle un rival "directísimo", como é o Bertamiráns CF, (18º con 5 puntos), o colista, que teñen xusto por debaixo na liga e ao que lle podería meter puntos. Unha derrota esteirana, levaríaos a pechar a cancela...Abre a nova o completo para ver a clasificación e moito máis.

Segue ca previa da xornada...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DA 13ª XORNADA DA PREFERENTE NORTE NA QUE NON HAI ENFRONTAMENTOS DIRETOS ANTRE OS "NOSOS".
Venres, 09 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
PREFERENTE NORTE
-13ª Xornada-

Horarios e enfrontamentos dista 13ª xornada para os equipos costeiros.

-Tódolos encontros o Domingo-

-Ningún enfrontamento direto antre os "nosos"-

Non haberá ningún enfrontamento antre os que consideramos dos "nosos" da Preferente Norte, nesta 13ª xornada na que o primeiro que saltará o terreo de xogo será o Atlético Arteixo, (12º clasificado con 16 puntos), recibe ao medio día Domingo, ao SD Dubra, (7º con 20 puntos). O seguinte en saltar o terreo de xogo será o SD Sofán, (9º con 17) que visita ao Órdenes SD, (18º con 8), no que unha vitoria dos sofanistas botaríalle unha man aos costeiros que loitan por eludir as partes baixas. O Xallas FC, (14º con 14 puntos), ten o rival máis complicado pois visita ao lider, CD As Pontes, (1º con 33 puntos), namentras que o SD Negreira, (11º con 16), recibe ao SD Agolada, (17º con 7), nun choque no que pode alonxar a un dos de abaixo. Pola sua banda o CF Noia, (3º con 27), visita ao Agrupación Estudiantil, (colista con 1 punto), que xa suma 46 goles en contra e tan só acadou 12 a favor. Na foto-montaxe tes tódolos horarios dos encontros dos equipos costeiros, que xogan todos en Domingo.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.






 
CRÓNICAS DA 10ª Xda DA 1ª GALICIA G2 NA QUE TIVEMOS NO MEDIO DO TEMPORAL 2 VITORIAS E DUAS DERROTAS DOS EQUIPOS COSTEIROS.
Luns, 05 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-10ª Xornada-


O CD Baio adicoulle a vitoria ao compañeiro Javi Suárez lesionado de gravidade.

-Fisterra e Baio, moi ben...Esteirana e Dumbría, mal-

-O xogadorers costeiros copan a lista de goleadores-

Como pasou en tódolos encontros do Domingo a chuvia e o vento foron condicionantes a hora de xogarse os encontros desta 10ª xornada da 1ª Galicia G2, pero non todos souberon nadar ou remar igual contra as inclemencias meteorolóxicas. O SD Fisterra aí segue no segundo chanzo da clasificación e dando moi boas sensacións, nada que ver cos derradeiros anos pasando toda a liga no aramio. Os fisterráns, golearon ao Esclavitude SD, (3-1), que marcou o gol da honra no desconto. Pola sua banda o CD Baio tamén sumu de 3, e ante un histórico o CD Lalín, (1-2), que fai dous días estaba na 3ª División na que botou moitos anos. Os baieses xa tiñan moitas gañas de adicarlle un trunfo ao compañeiro lesionado con rotura do "Talón de Aquiles", Javi Suárez, e puideron facelo desta volta. A parte dos que naufragaron en medio do temporal están o CF Dumbría, que erraba un penalti cando podían poñerse no encontro, de seguido un penalti en contra e a expulsión dun xogador e o "garete". Tampouco o SCDR Esteirana puido sacar nada en limpo na casa. E mira que fai falla achicar auga, pero a pesares de ter opcións de empatar, o gol chegoulles cando o Val do Ulla UD acababa de marcar o 1-3, demasiado tarde e xa non había tempo para máis, (2-3). Abre a nova o completo para ver as crónicas, clasifiación e moito máis.

Segue cas crónicas e moito máis...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DA 10ª Xda DA 1ª GALICIA G2 NA QUE TEMOS ENCONTROS DIRETOS PARA TÓDOLOS EQUIPOS COSTEIROS.
Sábado, 03 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-10ª Xornada-


Enfrontamentos e horarios dos encontros desta 10ª Xda da 1ª Galicia G2.

-Toda a xornada xógase mañán Domingo día 4-

-Soneira, Esteirana e Fisterra na casa...Baio e Dumbría fora-

Chegamos a 10ª xornada da 1ª Galicia G2, da que o pasado día 1 xogouse o Bertamiráns CF 3-5 SD Piloño e da que se xoga na tarde de mañán Domingo 4 de Novembro o todo o resto de encontros. Dos equipos costeiros, aos que nos chamamos por seguimento e por proximidade "os nosos", o SD Soneira, SCDR Esteirana e SD Fisterra xogan na casa. Os vimianceses 13º, reciben ao, Praiña Sporting Club, 14º cos mesmos 10 putnos dos da "Terra dos Moscoso", pol que é un encontro agora mesmo "directísimo".Os esteiráns, penúltimos con 6 puntos, reciben ao Val do Ulla, (11º), que suman 12 puntos, polo que é un rival ao que se lle poden sacar puntos de cara a escapar da zona baixa, o principal obxetivo agora mesmo para os da "Terra das Salinas".  Os fisterráns, segundos na liga, reciben ao Esclavitude SD, (4º), a un punto dos fisterráns, polo que tamén é un choque de gran importancia para ver a que van a xogar os do "Cabo da fin do mundo". Os que xogarán como visitantes son o CD Baio, (7º con 15 puntos), que visita ao CD Lalín, (10º) a 3 puntos dos baieses, noutro choque de vital importanza. Para rematar o CF Dumbría, (9º con 13 puntos), tamén ten un choque crucial, ante o SD Flavia, (5º), que está a 3 putnos dos da "Porta da Costa da Morte". Polo tanto tódolos choques desta xornada para os "nosos" teñen moita máis importanza ca os puntos, de cara o futuro polo que van a loitar todos eles...Abre a nova o completo para ver a clasificación e moito máis.

Segue ca previa da xornada...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.






 
XORNADA DE DIFUNTOS PARA OS "NOSOS" NA PREFERENTE NORTE CO DERROTAS DO XALLAS, SOFÁN, NOIA E ARTEIXO E A ÚNICA VITORIA DO NEGREIRA.
Venres, 02 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
PREFERENTE NORTE
-11ª Xornada-

O SD Negreira foi o único que aguantou o tipo na xornada adiantada.

-Apareceuselle a "Santa Compaña" aos equipos costeiros-

-Vitoria do Negreira e derrotas de Xallas, Sofán, Arteixo, e Noia-

Parece que se tomaron en serio os "nosos" equipos da Preferente Norte, nesta 11ª xornada adinatada, esto do "Samaín" e debeulles de aparecer a "Santa Compaña", pois caeron todos derrotados e ademáis con goleadas, agás o SD Negreira que foi o disfrazado do grupo e goleaba ao CD Foz, (0-4), nunha extraordinaria 2ª metade. Os goles arteixáns foron obra de : Alberto Álvarez, (41´), Adrián, (52´de penalti), Ángel Cao, (62´) e Alberto Caamaño, (78´) . Despois a desfeita fopi considerable para o Xallas FC que caía por 5-1 ante o Viveiro CF, para o SD Sofán que saía derrotado ante o CD As Pontes, (3-1), o Atlético Arteixo que caía na casa ante o Puebla CF, (1-3), e o CF Noia que perdía ante o SD Dubra. Derrotas todas elas das que xa non lles da tempo a pensar, xa que o vindeiro Domingo volve a rodar o balón. Abrindo a nova o completo tes a previa da 12ª xornada, que se xoga o completo o Domingo 4 de Novembro.

Segue ca previa da 12ª Xda...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
VITORIA DO BERGANTIÑOS E PAIOSACO E EMPATE DO SILVA NOS ENCONTROS ADIANTADOS A 11ª Xda DA 3ª DIVISIÓN NESTE "SAMAÍN".
Venres, 02 Novembro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
-3ª DIVISIÓN-
11ª Xornada

Aliñación do Bergantiños Cf que drrotaba ao UD Somozas.

-O Bergantiños retoma a senda da vitoria ante un correoso Somozas-
-Vitoria do Paiosaco e empate do Silva nos adiantados-

Encontro complicado o do Bergantiños CF ante o UD Somozas nas "Eiroas", (2-1), que valeu para que os de Miguel Figueira recuperasen a senda do trunfo trala primeira derrota da tempada a pasada semana ante o Racing de Ferrol, (2-0), e tomándose un respiro ata o vindeiro día 11 que visitarán ao UD Ourense no "Couto". Os carballeses nun choque moi tratabillado, con moito contacto, (houbo ata 12 artóns amarelos), e no que foron moi superiores e non mereceron chegar o desconto co empate, vían como aos 5 minutos de xogo se adiantaban os da Somoza cun penalti que transformaba Gerardo. Non tardou Jorge Cano en nivelar a balanza, (17´), pero o sufrimento, os merecementos e a insistencia non se viron premiados ata o desconto, cando no 93, Ekedi, acadaba o gol da vitoria, para facer saltar de ledicia as bancadas do campo carballés e sumar a 9ª vitoria en 11 encontro, seguindo con un bo colchón de puntos na primeira praza con 29 puntos, 7 máis ca o CD Barco, que ten dous encontros menos polo suspenddo ante o UD Paiosaco. Un UD Paiosaco Hierros Añón que tamén adiantaba o seu encontro dista xornada e derotaba na "Porta Santa" ao CD Boiro, que se adiantaba aos 50 minutos de xogo cun tanto de Juan Ángel, e que remontaban os de "Peisaco" pola vía rápida con goles de Pablo, (68´) e Iván Torres, (75´). Pola sua banda o SD Silva, que tamén adiantaba o seu encontro a este "Samaín", empataba no "A Grela 1", co CD Choco, nun encontro no que se adiantaban os de Javier Bardanca por medio de Pedro aos 13 minutos de xogo, pero vían como rápido lles remontaban os sureños cun tanto de penalti transformado por Óscar Comis (29´), e un tanto seguido de Miguel Fiuza, (31´). O gol do empate para os do Ventorrillo chegaba por medio de Aarón, (48´) a volta de vestiarios e xa non se movería o marcador.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
A CANDIDATURA DE RAFAEL LOUZÁN ARRASA NO ESTAMENTO DE CLUBS E XA SE SABE QUEN SERÁN OS QUE REPRESENTARAN NA ASEMBLEA XERA DA RFGF.
Martes, 30 Outubro, 2018 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
Tralas votacións presenciais de hoxe falla recontar as por correo.

-A candidatura de Rafael Louzán arrasa no estamento de clubs-
-Xa se coñece os clubs que serán membros da Asemblea Xeral da RFGF-

O presidente actual da RFG, Rafael Louzán pasará dos 79 asembleistas da sua primeira lexislatura a antre 130 e 140, tras levar a sua candidatura o pleno en tódalas delegacións, agás na da Coruña na que se levou 20 das 21. á espera da resolución das diferentes reclamación, xa se coñecen os nomes dos clubs que serán membros da Asemblea Xeral da Real Federación Galega de Fútbol nos vindeiros catro anos...Abre a nova ó completo para ver a toda a información que nos achega a RFGF.

Segue coa información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

    12345   >

Theme creado por dev-postnuke.com