Web número 1 do Deportivo e do fútbol en galego
JULIO LEMA

 
CURRO PESCA
 
CAFE BAR A LAREIRA

 
TRANSPORTES MANUEL RIVEIRO

 
CAFÉ BAR OASIS

 
FOTOS DO RECORDO

 
CONTIDOS

 
Menú principal

 


EMPARELLAMENTOS DOS CUARTOS DE FINAL DA "LVI COPA DA COSTA" TRALO SORTEO.
Luns, 20 Maio, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa

-Así quedan os Cuartos de Final da "LVI Copa da Costa"-

 Novas sorpresas houbo nos Oitavos da "LVI Copa da Costa", nos que o Cabana SD deixaba fora ao campión da Liga da Costa, CF Mazaricos, tras empatar a uns, (1-1) e pasar nos penaltis. O mesmo co SCD Malpica que tras empatar a ceros, (0-0) co Volantes de Baño CF, deixabao fora nos penaltis. Un Volantes máis pendente da Fase de Ascenso a 1ª Galicia G2 na que goleaba ao Cacheira por 5-0, colocándose lider na liguiña. A sorpresa monumental foi a do venres do SD Coristanco 2-0 SD Fisterra, (tamén pendente da liga que gañaba onte), e ado SD Castríz 3-0 CF Dumbría, nuns Oitavos que xa deixan atrás o de encontro único para pasar xa a encontros de ida e volta e con emparellamentos a sorteo, (que moitos non saben nen por que motivo estes modelos). O sorteo foi na tarde deste luns e no cadro podedes ver como quedaron os emparellamentos co SCDR Esteirana-CD Baio como emparellamento máis importante cos dous equipos de 1ª Galicia G2. Os encontros serán ás 18:00 horas e terán unha entrada de 3 euros.

Xa falta menos!!!...en breve daremos a benvida a nova piratasdemuxia.es!!!

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
COMUNICADO DE REPULSA POR ACOSO A UNHA RAPZA NO LUGO-DEPOR.
Luns, 20 Maio, 2019 Enviado por Pirata
Depor News

-Totalmente o noso aopio e a nosa repulsa a todo tipo de abuso ou violencia sexa do ámbito que sexa-


 
Versión imprimible  
PORTEÑO E SAN ROMÁN DEIXAN A ELIMINATORIA DE CUARTOS DE "VI COPA DE VETERANOS DA COSTA" PRACTICAMENTE SENTENZADA.
Luns, 20 Maio, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
Asi vai a Copa nos veteranos costeiros.

-San Román e Porteño con pé e mediuo en Semifinais-
-Ida de Cuartos de final da "VI Copa da Costa de Veteranos"-

 Tanto o San Román que derrotaba ao Coristanco por 4-0 coma o Porteño que facía o mesmo co Natón, deixaron practicamente sentenzada a eliminatoria de Cuartos de Final da "VI Copa da Costa de Veteranos". Non hai nada dito nos outros dous encontros xa que o Soneira gañaba por 3-2 sobre o San Lorenzo e o Mazaricos non pasaba da igualada, (1-1) co Ponteceso, polo que o vindeiro Domingo o resultado é totalmente incerto nestes dous choques de volta...

Xa falta menos!!!...en breve daremos a benvida a nova piratasdemuxia.es!!!

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
FALTA O FISTERRA-DUMBRÍA QUE SE XOGA MAÑÁN MARTES PARA COMPLETAR OS OITAVOS DE FINAL DA "COPA DA COSTA INFANTIL".
Luns, 20 Maio, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Base
 
-Falta o Dumbría-Fisterra para completar os Oitavos de Final da
"Copa da Costa Infantil"-

Mañán martes 21 a partires das 18:30 horas xógase no "Ara Solis" o SD Fisterra-CF Dumbría para completar os Oitavos de Final da "Copa da Costa Infantil", un encontro do que sairá o rival do Muxía CF que derrotaba por 0-5 ao CD Concello de Zas. Xa temos os emparellamentos  de Cuartos completados co : Corme CF-ED Os Miúdos; UC Cee-Cabana SD; e Xallas FC-SCDR Esteirana.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
COMPLETADOS OS OITAVOS DA "COPA DA COSTA XUVENIL" XA TEMOS EMPARELLAMENTOS DE CUARTOS.
Luns, 20 Maio, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Base


-Completados os Oitavos de Final da "Copa da Costa Xuvenil"-
-Cabana-Outes; Esteirana-Soneira; Corme-Miúdos e Sofán-Xallas en Cuartos-

Faltaba o Outes CF-CD Baio para completar os Oitavos de Final da "Copa da Costa Xuvenil", e non houbo sorpresa, e os outeses voltaron a gañar e veranse as caras co Cabana SD que xa non xogou nos Oitavos o non presentarse a xogar o SD Laxe por falta de xogadores. Nos Cuartos a outeses e cabaneses acompañaranlle o Esteirana-Soneira, Corme-Miúdos e Sofán-Xallas, que tamén debutarán na copa, debido os sofanistas a que pasaron de rolda por sorteo e os xalleiros o retirarse o Camariñas. Por fin parece que haberá competición para todos nos Cuartos o vindeiro sábado.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O DEPORTIVO FEMININO DESEMBARCA ÁS 14:05 HOXE EN ALVEDRO.
Luns, 20 Maio, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
As deportivistas xa son de Primeira.

Fermarguín 1-4 Deportivo Feminino
-As deportivistas devolven a 1ª División Fenminina a Galicia-

Non se opde tachar máis ca de maravilloso o periplo do Deportivo Feminino que en 3 anos consigue un merecido e histórico ascenso a Liga Iberdrola, a máxima competición do fútbol feminino español. As rapazas de Manu Sánchez devolven así a Galicia a 1ª División, despois de que o Karbo Deportivo tamén estivese. En Arguineguín as deportivistas non deron pé a sustos e gañaron con solvencia. A nosa máis cordial noraboa a tódolos/as que forman o Deportivo Feminino que volta a Coruña no día de hoxe, chegando a Alvedro ás 14:05 horas, onde seguro serán recibidas como se merecen...Bravo campionas!!!.

CD Femarguín: Aco, Carla, Sara, Lorena, Hari (Zule, min. 15), Cinthya, Chami, Eli (Mawi, min. 64), Zaira, Nayara e Kia.

Deportivo ABANCA: Miralles, Cris, Silvia Mérida (Raquel, min. 46), Iris, Patri Díaz, Teresa Abelleira, Lía (Kika, min. 82), Alba Merino, Maya Yamamoto (Nuria, min. 75), Peke (Michelle Romero, min. 87) e Gaby.


Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
O VOLANTES COMEZA A FASE DE ASCENSO A 1ª GALICIA G2 DÁNDOLLE UN BAÑO O CACHEIRAS.
Luns, 20 Maio, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
-FASE ASCENSO A 1ª GALICIA-

O Volantes goleou respaldado pola sua afección.

Volantes de Baño CF 5-0 Cacheiras SD
-Baño do Volantes para coller o primeiro posto na liguiña-

O Volantes deulle un "baño" ao Cacheiras SD no primeiro encontro dos de Sil na Fase de Ascenso a 1ª Galicia G2 nun "Eleuterio Balayo" que gozou dunha grande animación para levar ao equipo en volandas na procura do ansiado e histórico ascenso. Comezou arrasando o equipo muradán que a media hora de xogo gañaba por 3-0 con goles de Alejandro, Berto e "Pesco", que repetía a volta de vestiarios e completaba a "manciña" Fernando no desconto. A vindeira fin de semana os de Baño visita ao Villestro SD, xa sen o inconvinte da copa da que quedaron apeados tras caer nos penaltis ante o Malpica, (0-0). Abre a nova ao completo para ver calenadario e clasificación.

Volantes de Baño CF : Marcos, Thiago, Jesús, Santi, Godo, Ángel "Pesco", Berto, "Rachón", Alejandro Vázquez, Fernando, Alejandro Rodríguez.Tamén xogaron : Iván, Damián, Raúl e Juan.

Cacheiras SD : Alvaro, Alberto, Adrián, Luis, Alejandro, Santiago, Adiráns, Abel, Alejandro, Charles e Leonardo. Tamén xogaron : Hugo, Simón, Gonzalo e Jairo.

Goles : 1-0, Alejandro Vázquez, (2´); 2-0, Berto, (10´); 3-0, "Pesco", (28´); 4-0, "Pesco", (74´); 5-0, Fernando, (94´).

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PONTECESO-ESTEIRANA E OUTES MIÚDOS AS SEMIFINAIS DA "COPA DA COSTA CADETE".
Luns, 20 Maio, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Base

-Ponteceso-Esteirana e Outes-Miúdos as semifinais
da "Copa da Costa Cadete"-

 O previa do pasado venres poñíamos que o UC Cee defendía un 3-0 da ida de Cuartos e que era o que mellor o tiña. Un erro que queremos subsanar e polo que pedimos disculpas, xa que en realidade o resultado da ida fora un 0-3 a favor dos pontecesáns, que pasaban a semifinais tras caer no día de onte por 1-2 ante os ceenses o seu rival nas Semifinais da "Copa da Costa Cadete", será o SCDR Esteirana que goleaba ao SD Coristanco, (0-5) e na outras esemifinal estarán o Outes CF que apeaba ao Cabana SD tras gañarlle 4-2 e o ED Os Miúdos que derrotaba o Corme CF por 2-0.

Xa falta menos!!!...en breve daremos a benvida a nova piratasdemuxia.es!!!

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O FISTERRA PROCLAMOUSE CAMPIÓN DA 1ª GALICIA G2 E A ESTEIRANA VOLVERÁ A LIGA DA COSTA.
Luns, 20 Maio, 2019 Enviado por Pirata
3ª División, Preferente, 1ª Galicia
1ª GALICIA G2
-34ª Xornada-


Os "Rapacollóns" puxeron unha vez máis a festa..

-O SD Fisterra campión de liga, boa clasificación de CD Baio, CF Dumbría e SD Soneira e o lunar do descenso do SCDR Esteirana-

Rematou a 1ª Galicia G2 2018/19, e o SD Fisterra trala decepción de quedar fora da Copa da Costa chegoulle a euforia de proclamarse campión da categoría e co ascenso a Preferente Norte no peto, sendo o equipo máis goleador, (72 tantos) e o segundo menos goleado, (27), sufrndo tan só 3 derrotas en 34 encontros e sumando 79 puntos. Os fisterráns non tiveron piedade do CD Lalín ao que lle fixeron unha "manciña", (5-0), para disfrute e celebración da parroquia fisterrana que animou e celebrou o título por todo o alto. Adrián "Makaay" fixo 4 dos goles e o outro Jesús. O fisterrán "Makaay" quedou a 1 gol de Martín MC que onte facía tamén un "poker" de goles. A decepción chegounos co descenso do SCDR Esteirana que ainda que quedou antepenúltimo os rarastres farán que volva a Liga da Costa. Os esteiráns caían no derradeiro encontro desta liga ante o SD Soneira no derbi costeiro, cun tanto de Toni aos 56 minutos de xogo. Os vimianceses acabaron a tempada nun meritorio 9º posto. Moi boa clasificación do CD Baio, cuartos con 60 puntos tras golear a domicilio ao Chaián CF, (0-4), con goles de Martín MC os 4 que o convirten no "Pichichi" da liga con 34 goles. Por detrás dos baieses quedaba o CF Dumbría, (5º) con 51 puntos. Os dumbrieses derrotaban a domicilio ao SD Piloño que lles remontaba o gol inicial de Marcote, e que remontaban de novo con goles de Marcote e "Yuyo"...Abre a nova completa para ver moito máis...

Xa falta menos!!!...en breve daremos a benvida a nova piratasdemuxia.es!!!

Segue coa información da xornada e da liga cun especial do campión...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS...



 
PREVIA DOS OITAVOS DA "LVI COPA DA COSTA" NA QUE SE XOGARON 3 ENCONTRO NO "DÍA DAS LETRAS GALEGAS".
Sábado, 18 Maio, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa


-O Coristanco deixa fora o Fisterra-
-Previa dos encontros de hoxe sábado e mañán Domingo-

 O "Día das Letras Galegas" sentoulle ben ao SD Coristanco que segue a cuaxar unha tempada extraordinaria e segue invicto. Os da "Terra da pataca" daban a sorpresa nos encontros adinatdados deixando fora ao SD Fisterra tras derrotalo 2-0 con goles de Marcos o primeiro aos 54minutos e de Lagoa, que transformaba unha pena máxima aos 70 minutos de xogo. Que os fisterráns estén xogándose o título da 1ª Galicia G2 influíu no seu rendemento, pero non saca mérito a proeza dos coristanqueses que se verán as caras en Cuartos ca SCDR Esteirana que facía os deberes ante o SD Laxe ao que derrotaba por 1-5 con goles de Elías e Raúl Lestón na primeira metade, (16´e 36´), que remontaban o gol inicial de Felipe, (8´), e na segunda metade completaban a goleada, Brais, (57´) e Carlos, que facía un dobrete, (76´e 82´). Tampouco fallaba o CD Baio que goleaba ao SD Buño, (0-8) con goles de Martín MC que facía un par deles na primeira metade, (3´, de penalti e 35´). Na segunda metade completaban a goleada : Figueiras, (56´), Iván Rojo, (58´), Toniño, (76´); Norberto, (79´) e repetía no desconto Figueiras, (91´).

Para hoxe sábado hai o SD Castríz-CF Dumbría e SCD Malpica-Volantes de Baño CF, ambos ás 17:00 horas e para mañán Domingo hai os : CormeCF-UD Cerqueda, (17:30), FC Camariñas-UD Monte Louro, (18:00), e Cabana SD-CF Mazaricos, (17:00)..

Xa falta menos!!!...en breve daremos a benvida a nova piratasdemuxia.es!!!

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
"DÍA DAS LETRAS GAEGAS" : "GONZALO LÓPEZ ABENTE SEMPRE PRESENTE".
Venres, 17 Maio, 2019 Enviado por Pirata
Ocio e cultura


-17 de Maio "Día das Letras Galegas"-
-Gonzalo López Abente o "Cantor de Nemancos" sempre presente-

 Hoxe venres 17 de Maio, adicado a Antón Fraguas, (Loureiro/Cotobade-Pontevedra-1905-1999), celébrase como cada ano "Día das Letras Galegas", dende 1963, ano no que morreu o poeta muxián, Gonzalo López Abente, (Muxía-1878-1963), ao que se llle adicou este día no 1971, ano no que se colocou unha escultura na sua honra que podedes ver no xardín da entrada do pobo, cunha nai e a sua filla no regazo. Nun día coma este non podemos esquecer a figura deste muxián grande das letras galegas e da loita polas libertades.

"Asegún baixaba cara Monxía iban as lembranzas dos meus tempos de neno espertando e remexéndose no seu niño. Erguíanse en bandadas e estendían os seus voos inquedos na serenidade da alma. Cada paso que daba era un recordo que me peteiraba no corazón. Diante daquela ría, que tantas veces cruceei no balandriño branco e lixeiro do meu pai saquei o somreiro e recei. Atopábase revolta a bruadora, baixo o sopro varil da ceiba travesía. Os seus tombos rexos e solemnes desfacíanse choando no albo areal do Esteiro, en que un regato escorría tristeiro e aterido...

Xa falta menos!!!...en breve daremos a benvida a nova piratasdemuxia.es!!!

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DA VOLTA DE CUARTOS DE FINAL DA "COPA DA COSTA CADETE" CON DOUS ENCONTROS HOXE E DOUS DOMINGO.
Venres, 17 Maio, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Base
-Hoxe venres 17 de Maio dous encontros, e os outros dous o Domingo-
-Volta de Cuartos de final da "Copa da Costa Infantil"-

 Hoxe venres 17 de Maio, "Día das Letras Galegas", haberá dous encontros da volta dos Cuartos de Final da "Copa da Costa Cadete", da que se xogarán os outros dous que completan esta rolda o Domingo 19 de Maio, tal e como podedes ver no cadro que ilustra este artigo e no que tedes os horarios. O único que ten unha venaxe considerable é o UC Cee que visita ao SD Ponteceso cunha ventaxe de 3-0 da ida. Polo demáis os resultados dan pé a todo con dous empates e unha vitoria pola mínima, e máis tratándose destas categorías. Xa sabedes que no cadro o ser a volta tedes que ler os enfrontamentos de abaixo arriba, sendo o local o de abaixo. Tralos encontros subiremos a este cadro os resultados...No que se refire a "Copa da Costa Infantil" pasaron de rolda nos encontros de onte de Oitavos, (a encontro único), o UC Cee que derrotaba por 4-0 ao UD Cerqueda e o SCDR Esteirana que empataba a tres, (3-3) co Outes CF, pasando os esteiráns nos penaltis. Tedes no cadro de nfantís na portada da web e no enlace direto "Fútbol Base", un artigo coa previa desta copa.

Xa falta menos!!!...en breve daremos a benvida a nova piratasdemuxia.es!!!

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ROLDA DE PRENSA DE ÁLEX BERGANTIÑOS QUE VE UN DERBI "VITAL PARA AMBOS EQUIPOS".
Xoves, 16 Maio, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
ROLDA DE PRENSA

Álex é dúbida para o encontro ante o CD Lugo.

-Álex Bergantiños : "Derbi fundamental para os dous equipos. Partido importantísimo para nós. Estamos agora mesmo fóra do play off, practicamente coma se fose unha fase previa"-

Álex Bergantiños, falou en rolda de prensa do seu estado físico, que esperaba no adestramento de hoxe comprobar como seguía do pinchazo sufrido o pasado Domingo ante o Cadiz e falou sobre todo do derbi e da importanza do mesmo, tanto para o Depor coma para o Lugo, considéravo, "vital para ambos equipos. Eles xogándose o obxetivo da tempada, o da permanenza e nós o do ascenso, para nós o estar fora do "Play-Off" é como se xogásemos unha previa por entrar nél"...Abre a nova completa para ver as verbas do xogador deportivista.

Segue coa rolda de prensa de Álex Bergantiños...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DOS OITAVOS DE FINAL DA "COPA DA COSTA INFANTIL" QUE COMEZA HOXE CON 2 ENCONTRO, 5 SÁBADO E 1 O MARTES 21 DE MAIO.
Xoves, 16 Maio, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Base

Os horarios dos encontros no artigo.

-Hoxe xoves 16 de Maio dous encontros, 5 sábado, e un o martes-
-Oitavos de final da "Copa da Costa Infantil"-

 Hoxe xoves 16 de Maio haberá dous encontros da ida dos Oitavos de Final da "Copa da Costa Infantil", da que se xogarán 5 o sábdo 18 e o outro que faltaría o martes 21. Estes Oitavos de Final será a encontro único e son neles comezan a disputar a copa a maioría dos equipos, pois tal e como xa vos falamos na previa a semana pasada só se xogou o Corme CF-SD Sofán, (do que vos demos a información), no que os cormeláns pasaban de rolta o gañar por 8-1. Os encontros que se xogan no día de hoxe, xoves son o UC Cee-UD Cerqueda, (18:15 horas) e o Outes CF-SCDR Esteirana, (19:00 h). Para sábado quedan o : SD Ponteceso-Corme CF, (11:00); ED Os Miúdos-Xalleiros CF, (11:00); Cabana SD-SD Laxe, (11:00); CD Concello de Zas-Muxía CF, (11:30); e SD Coristanco-Xallas FC, (11:00). Para o martes 21 queda o SD Fisterra-CF Dumbría, (18:30 horas), Tralos encontros subiremos a este cadro os resultados...

Xa falta menos!!!...en breve daremos a benvida a nova piratasdemuxia.es!!!

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
PREVIA DA IDA DE CUARTOS DE FINAL DA "VI COPA DA COSTA DE VETERANOS".
Xoves, 16 Maio, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
Os horarios dos encontros no artigo.

-Os catro encontros na mañán do Domingo-
-Ida de Cuartos de final da "VI Copa da Costa de Veteranos"-

 Este vindeiro Domingo 19 de Maio terán lugar os 4 encontros da ida dos Cuartos de Final da "VI Copa da Costa de Veteranos" que xunta aos equipos da Costa da Morte da División de Honra e aos da 1ª Galicia G1, que xogaron a pasada tempada por primeira vez como equipos federados baixo o auspiciamento da RFGF. No que se refire a xornada copeira os primeiros campos nos que se dará o pistoletazo de saida, será na "Porta Santa", (Paiosaco), e no "Municipal de Vimianzo". No campo peisaqués, o ACD San Román recibe ao SD Coristanco coa arbitraxe de Juan Manuel Prieto a partires das 10:00 horas, ao igual cao  do campo vimiancés, SD Soneira Veteranos-San Lorenzo SD, que comezará a mesma hora ca arbitraxe de Bruno Méndez. Xa ás 11:00 horas comezará o CF Mazaricos-ADC de Veteranos Ponteceso que se xogará no campo da "Picota", coa arbitraxe de Juan Marcos Ríos. O derradeiro en comezar será o CF Porteño Veteranos-CD Nantón que comezará ás 11:30 horas no campo da "Grixa" coa arbitraxe do xove Rai Reborido...

Xa falta menos!!!...en breve daremos a benvida a nova piratasdemuxia.es!!!

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.

 


 
MARTÍNEZ LOIRA PRESENTA O SEU PROXECTO E FERNANDO VIDAL ANUNCIA A SUA CANDIDATURA.
Xoves, 16 Maio, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
DEPOR NEWS

Martínez Loira, (centro) na presentación.
(Foto : captura vídeo riazor.org)

-Fernando Vidal anuncia que o martes presentará a sua candidatura-
-Martínez Loira conatrá con Tito Ramallo e Sofía Loro-

 Fernando Vidal anunciou pubricamente que o vindeiro martes 21 de Maio presentará a sua candidatura a presidencia do RC Deportivo nun coñecido hotel coruñés. O que fora diretivo de Tino Fernández do apartado deportivo, no desvelou nada de quen o acompañará na loita polo sillón presidencial. Por outra banda Jesús Martínez Loira anunciou no día de hoxe que no caso de que saira elixido presidente, mantería no cargo a Carmelo del Pozo, un fixo que tamén anunciou Paco Zas na sua presentación como candidato a presidencia. Loira tamén dixo que o seu Secretario Técnico sería Tito Ramallo que estivo o seu carón esta mañán e que dixo sobre o tema do Direcxtor Deportivo que : "Onte falei con Carmelo e deume moitos ánimos. Esa estrutura poñeríase á orde do director deportivo, en paralelo non habería nada. Se cada vez que pase alguén tes que dar unha volta de calcetín, mal imos", dixo o extecnico deportivista nunha presentación que foi dada en direto pola web riazor.org. Loira na sua comparecencia dixo non entender, o de "reunirse cos máximos accionistas", e que : "Ao final de todo isto espero contar co apoio do actual presidente, do anterior, dos grandes patrocinadores e da entidade á que debemos uns compromisos que debemos adquirir. Non estou obsesionado coas delegacións. O fin é acceder á presidencia pero co mellor equipo e proxecto posible". Martínez Loira presentou ao seu equipo que ainda non está pechado : Vicente Castro, (empresario), Luis Salgado, (empresario), Sofía Toro, (regatista), Juan C. Vázquez, (presidente do Victoria CF) e Tito Ramallo, (adestrador)...

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
QUIQUE GONZÁLEZ RECIBEU O TROFEO AO MELLOR XOGADOR DO MES E SÓ PENSA EN GAÑAR EN LUGO.
Mércoles, 15 Maio, 2019 Enviado por Pirata
Depor News
ROLDA DE PRENSA

Quique González igualou a sua mellor marca de 16 goles.

-Quique González : "É un partido moi importante e hai que deixarse a vida en Lugo. Só pensamos en conseguir estes tres puntos que son claves"-

Quique González, falou na entrega do seu segundo galardón "Estrella de Galicia" como mellor xogador do mes e non se andivo con paliativos sobre o encontros do vindeiro Domingo ante o CD Lugo no "Ánxo Carro", (e non Ángel Carro como se empeña en chamar un medio de comunicación coruñés), a partires das 20:00 horas, (18:00 GMT) : "É un partido moi importante e hai que deixarse a vida en Lugo. Só pensamos en conseguir estes tres puntos que son claves e non podemos estar pendentes do que fan os nosos rivais porque se che descentras, a cagas". Máis de 1.300 deportivistas estaremos no campo lugués, (porque non había máis entradas senón seríamos moitos máis)...Abre a nova completa para ver as verbas do xogador deportivista.

Segue coa rolda de prensa e as breves deportivistas...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
O VOLANTES DE BAÑO DEBUTA ESTE DOMINGO NA FASE DE ASCENSO A 1ª GALICIA G2 NA PROCURA DOS PRIMEIROS PUNTOS.
Mércoles, 15 Maio, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol da Costa
-FASE ASCENSO A 1ª GALICIA-

O Volantes foi un equipo que creceu e moito durante a tempada.

-O Volantes  buscará o Domingo os primeiros puntos polo ascenso-

Este vindeiro Domingo 16 de Maio o Volantes de Baño CF tomará contacto coa Fase de Ascenso a 1ª Galicia G2 recibindo no "Eleuterio Balayo" de Muros ao SD Cacheiras a partires das 17:00 horas, un choque no que os rapaces comandados por José Manuel Sil buscarán unha vitoria para así poñerse na cabeza da clasificación tralo empate antre SD Cacheiras e SD Villestro do pasado Domingo. Un choque que acabou co resultado de 1-1, tras adiantarse os cacheirenses cun tanto en propia porta de Iván a hora de encontro, e empatar os visitantes cun tanto de Rubén no derradeiro treito do encontro, (87´). Comeza pois para os de Baño o vindeiro Domingo unha fase de ascenso histórica, xa que nunca a disputaran e para a cal lle desexamos toda a sorte do mundo e esperamos celebrar na nosa web, (xa na nova) o seu ascenso a 1ª Galicia G2. Abre a nova ao completo para ver calenadario e clasificación.

Segue ca información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.




 
ESTE XOVES EN MUXÍA : "FAGAMOS DEPORTE EN IGUALDADE" E "VOLTA A MUXÍA 2,5 K".
Martes, 14 Maio, 2019 Enviado por Pirata
Atletismo
-CARREIRA PEDRESTRE-

Os nenos terán unha xornada de deporte e convivencia.

-"Fagamos Deporte en Igualdade"-
-"Volta a Muxía 2,5K" este xoves 16 de Maio-

Este vindeiro xoves 16 de Maio enmarcado nos actos do "Día das Letras Galegas", terá lugar en Muxía  a "II Xornada Deportiva da Costa da Morte", orgañizada polo IES Ramón Caamaño e ca colaboración do Concello de Muxía e a participación de ademáis do intituto muxián, do IES Fin do Camiño, (Fisterra), IES Fernando Blanco, (Cee) e IES Agra de Raices, (Baio). A xornada terá dende 09:00 horas ata ás 13:30 actividades deportivas no Pavillón Municipal de Muxía, hora na que comezará o acto principal ca carreira "Volta a Muxía 2,5 K", que rematará en torno ás 14:00 horas que se dará fin a esta xornada de confraternización e deporte dos institutos citados e que xa gozou o ano pasado dunha gran participación e éxito orgañizativo.

Segue...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 
ESTE VINDEIRO VENRES "DÍA DAS LETRAS GALEGAS" O "CAMPO DO SINDE" ACOLLE A FASE FINAL DO "CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS COMARCAIS FEMININAS E MASCULINAS SUB 14 E SUB 15".
Martes, 14 Maio, 2019 Enviado por Pirata
Fútbol Base


-O "Municipal de Sinde", (O Val-Narón) acolle a Fase Final do Campionato Galego Feminino e Masculino Sub 14 e Sub 15 o "Día das Letras Galegas"-

Este vindeiro venres 17 de Maio, "Día das Letras Galegas", o "Municipal de Sinde", (O Val-Narón), acolle a Fase Final do "Campionato Galego de Seleccións Comarcais Sub 14 e Sub 15, Feminino e Masculino". As seleccións de A Coruña, Ferrol, Pontevedra e Vigo loitarán polo trono galego das categorías. Abre a nova ao completo e poderás ver os calendarios e toda a información dos encontros que nos achega a RFGF.

Segue con toda a información...

Preme abaixo en "Ler a nova completa..." para VER MÁIS.



 

    12345   >

ACCESOS DIRETOS

 
SIGUENOS AQUÍ, (Preme)
 
REXÍSTRATE
 
COPA DEPUTACION

 
COPA FEDERACIÓN

 
FÚTBOL-8 COPAS DA COSTA 2018

 
COPA DA COSTA 2018

 
COPA VETERANOS 2018

 
COPA DA COSTA XUVENIL

 
COPA DA COSTA CADETES 2018

 
COPA DA COSTA INFANTIL 2018

 
COPA PROVINCIAL FEMENINA

 
COPA DA CORUÑA

 
RESUMO 2014
 
MUXIA CAMIÑANDO CARA O MAR
 
SALÓN DA FAMA

 
ESPECIAIS

 
Theme creado por dev-postnuke.com